Found 383 result(s)
Found 39 page(s)

Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría

  • González Fernández, Helena, 1967-
A figura auroral de Rosalía de Castro autorizou a aparición de novas poetas a finais do século XX mais, paradoxalmente, a partir da publicación dos seus libros fundacionais non xurdiu unha lexión de autoras que desde Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) escribisen incesantemente a nación, ou simplemente, escribisen incesantemente en galego e tivesen por iso un recoñecemento canónico. Sen dúbida a intervención do patriarcadogaleguista provocou esa interrupción, que se entende mellor cando se teñenen conta os condicionantes socioliterarios que coutaban as mulleres escritoras (González Fernández, 2005: 15-19). Porque a finais do século XIX, e malia excepcións rechamantes, o pensamento hexemónicoconsideraba que as literatas eran unhas sabias ridículas, tal como sesancionara desde o coñecido capítulo V do Émile, ou l’Education (1762) deJean Jacques Rousseau en diante, aínda que houbese, por suposto, vocesdisidentes entre os seus contemporáneos, como Benito Jerónimo Feijoo noseu moi lido discurso XVI, Defensa de las mujeres, do seu Teatro crítico universal(1726). Nese sentido depreciativo do termo debe lerse o coñecido artigo deRosalía de Castro, Las literatas. Carta a Eduarda (1865). Por outra banda, noemerxente discurso nacionalista que vai do XIX ao primeiro terzo do XXopérase unha corrección misóxina que afecta á concepción sexuada danación. Se Murguía seguira a Renan na súa defensa do carácter esencialmente feminino dos pobos celtas, unha idea moi espallada naquela...
Project:


Métodos e problemas para o estudo da intervención institucional nos repertorios culturais do século XVIII: o caso da Universidade de Santiago de Compostela

  • Fernández Seoane, Paula
Textos de comunicaciones defendidas en la X Reunión Científica de la Fundación Española de Historia Moderna, previa evaluación ciega por pares., Peer reviewed
Project:


Testemuño isotópico (13C) do cambio global en Galicia

  • Cabaneiro, Ana
  • Fernández, Irene
[GL] Paralelamente ao aumento das emisións globais de CO2, a concentración do isótopo estable 13C na atmosfera diminuíu a nivel mundial 1,5‰ nos últimos 200 anos e mesmo durante a segunda metade do século XX tanto as medidas directas como as procedentes de rexistros dendrocronolóxicos mostraron unha aceleración desta tendencia, cunha diminución anual do 13C atmosférico de 0,02‰, debido principalmente a un aumento das emisións de gases orixinados pola queima de combustibles fósiles empobrecidos neste isótopo. Nos ecosistemas forestais, o CO2 ambiental fixado durante a fotosíntese e finalmente retido na madeira das árbores proporciona unha axeitada pegada isotópica da composición atmosférica do momento de formación dos aneis de crecemento arbóreo, polo que os valores da relación 13C/12C das series dendrolóxicas poden ser considerados como unha ferramenta idónea para desvelar a composición atmosférica de tempos pasados. A discriminación do isótopo estable 13C, que ten lugar durante o proceso fotosintético, vén determinada en certa medida polas distintas velocidades de difusión do 13C-CO2 e do 12C-CO2 a través dos estomas, pero principalmente polas diferenzas na cinética das reaccións enzimáticas implicadas na súa fixación bioquímica, determinando a combinación destes dous factores a marca isotópica característica de cada especie. Non obstante, a variabilidade isotópica natural entre exemplares arbóreos da mesma especie, incluso para árbores que crecen en condicións moi parecidas, frustra a miúdo a correcta interpretación dendrolóxica dos cambios atmosféricos do 13C a escalas de tempo curtas. Co fin de obter evidencias isotópicas rexionais do cambio global, analizáronse aneis de crecemento de coníferas procedentes de diversos e contrastados ecosistemas do noroeste de España para determinar os cambios no d13C acontecidos durante o último cuarto de século. Múltiples estudos diferenciais árbore a árbore e a expresión do contido isotópico como a variación con respecto á composición dos aneis formados 25 anos atrás permitiron a minimización das perturbacións debidas á variabilidade arbórea interindividual, así como a estandarización interespecífica dos datos. Esta forma de abordar as investigacións isotópicas amplía considerablemente a eficacia da dendrocronoloxía en estudos climáticos ao evitar a influencia dos factores locais e ecolóxicos, proporcionando un reflexo máis fiable da evolución do 13C atmosférico. Deste modo, a partir do estudo isotópico dos aneis de crecemento arbóreo en bosques galegos, demostrouse a existencia dunha diminución real na relación 13C/12C atmosférica, o que nos ofrece, en Galicia e a comezos do século XXI, unha clara evidencia do cambio global., [EN] Parallely to the increase of global CO2 emissions, the worldwide 13C concentration in the atmosphere has decreased over the last 200 years by 1.5‰ and during the second half of the XX century, both direct measures and dendrochronological records showed a sharper 13C decline in the atmosphere of about 0.02‰ per year, mainly ascribed to increased gaseous emissions from the combustion of fossil fuels, usually depleted in this isotope. In forest ecosystems, ambient CO2-C fixed during photosynthesisremains within the growing tree-rings tissues, providing a proper chronological fingerprint of the momentary atmospheric composition and the 13C/12C ratio in dendrological series can be considered as a powerful tool for remote atmospheric reconstruction. Discrimination of the stable carbon isotope 13C, that occurs during photosynthetic processes, is associated with differences in 13C-CO2 and 12C-CO2 stomatal diffusion and especially with differences in the enzymatic reaction kinetics involved in their biochemical fixation, determining the combination of both factors the characteristic isotopic fingerprint of each tree species. However, natural isotopic variability among individual trees of the same species, even under very similar growing conditions often frustrates the accurate dendrological interpretation of 13C atmospheric changes at short timescales. In order to obtain regional isotopic evidences of the global change we monitored d13C shifts in coniferous growing-rings from diverse contrasting ecosystems of the NW of Spain during the last quarter of century. Multiple tree-by-tree differential studies that expressed d13C shifts as 5-year increments respect to the isotopic composition of its own quinquenial growing-rings formed 25 years ago were carried out to minimize disturbances caused by interindividual tree variability and to allow interspecific data standardisation. This particular approach for isotopic data management can considerably improve dendrochronological techniques for climatic studies by avoiding influences of local and ecological factors and by providing indirect but highly trustworthy reflects of the atmospheric 13C evolution. Our isotopic results of growing tree-rings from Galician forests demonstrate the existence of a real decrease in the atmospheric 13C/12C ratio, constituting a clear evidence of global change in Galicia at the beginning of the XXI century., Estes estudos foron desenvolvidos con financiamento procedente da Xunta de Galicia (PGIDIT06PXIB400131PR) e do Ministerio de Ciencia e Innovación (AGL2007-66739-C02-02). Agradecémoslle á Unidade de Xestión Forestal Sustentable (USC) a súa axuda para a selección e determinación da calidade dos bosques e ao Departamento de Bioquímica do Solo (IIAG-CSIC) a súa axuda para a determinación do 13C nun espectrómetro de masas isotópico, parcialmente financiado polo European Regional Development Fund., Peer reviewed
Project:


El paisaje como ingenierı́a inversa de la materia y la memoria, A paisaxe como enxeñaría inversa da materia e a memoria

  • Criado-Boado, Felipe
Concepción García García (coord.), María del Mar García Miraz (coord.)., [ES] Galicia no es el Noroeste. Cuando llamamos a Galicia el “noroeste”, lo estamos haciendo en relación con la Península Ibérica. Por lo tanto es una denominación que sólo coge sentido como parte de una “imago mundi”, como parte de un mapa cognitivo que vincula Galicia a ser principalmente parte de España. Podríamos haber dicho que Galicia es el “norte” (de Portugal), el “sur” (de la Europa Atlántica húmeda), el “centro-este” (del Atlántico), el “sudoeste” (de Eurasia). De hecho, en términos de dinámicas históricas desde la prehistoria tardía y de la geopolítica actual, muchas de las cosas que ocurrieron y ocurren en Galicia se explican mejor por ser una parte remota de la esquina sudoeste del viejo mundo., [GL] Galicia non é o Noroeste. Cando chamamos a Galicia o “noroeste”, estamos a facelo en relación coa Península Ibérica. Por tanto é unha denominación que só colle sentido como parte dunha “imago mundi”, como parte dun mapa cognitivo que vincula Galicia a ser principalmente parte de España. Poderiamos dicir que Galicia é o “norte” (de Portugal), o “sur” (da Europa Atlántica húmida), o “centro-este” (do Atlántico), o “suroeste” (de Eurasia). De feito, en termos da xeopolítica actual e en termos de dinámicas históricas desde a prehistoria tardía, moitas das cousas que ocorreron e ocorren en Galicia explícanse mellor por ser unha parte remota da esquina suroeste do vello mundo., Peer reviewed
Project:


Afloramento e recursos pesqueiros e marisqueiros do mar de Galicia

  • Álvarez-Salgado, Xosé Antón
  • Alonso-Fernández, Alexandre
  • Fernández-Reiriz, María José
  • Labarta, Uxío
8 pages, 8 figures, As costas de Galicia son un ecosistema do vento. A súa posición xeográfica, no límite septentrional do sistema de afloramento da Corrente de Canarias, e a intrincada morfoloxía da costa son as causas do éxito do Mar de Galicia como fonte extraordinaria de alimentos de orixe mariña. Neste traballo presentamos relacións cuantitativas entre as condición climáticas do Mar de Galicia e os principais recursos acuícolas (o omnipresente mexillón), marisqueiros (berberecho, ameixas e coquina) e pesqueiros (polbo e outras especies obxectivo da pesca artesanal) das nosas costas, en base a recentes estudos resultado da colaboración entre grupos de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo) con empresas do sector, universidades, administración autonómica e confrarías. Tamén reflexionamos sobre o impacto que o cambio climático ten exercido sobre as condicións ambientais e, polo tanto, sobre os recursos mariños explotados da nosa zona, Peer reviewed
Project:


Evolución Holocena do sector costeiro de Punta dos Pericos (Ribeira, A Coruña)

  • Costa-Casais, Manuela
  • Martínez Cortizas, Antonio
  • Pontevedra Pombal, Xabier
  • Berasategui Vinagre, I.
  • Ferro Vázquez, María Cruz
  • Rodríguez Racedo, José
A aplicación das Ciencias da Terra a contextos arqueolóxicos está sendo cada vez máis utilizada para coñecer a información paleoambiental que agochan as formación superficiais -sedimentos e os solos- tanto no xacemento como no seu entorno. A integración dos datos obtidos polas disciplinas das Ciencias da Terra é de gran axuda para coñecer os procesos que se xeran antes, durante e despois do abandono dun xacemento. Coas ferramentas aportadas por cada disciplina, se obteñen da- tos que, integrándoos e relacionándoos entre si, son a base para prantexar a reconstrución e interpretación dos ambientes pasados no que se atopa o xacemento obxecto de estudo. A pesares de obter unha información ampla a reconstrución é sempre parcial, xa que algúns ambientes do pasado sufriron condicións de formación non comparables ás dos ambientes actuais (Martínez Cortizas, 2000)., Peer Reviewed
Project:


Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, Atlas arqueológico del paisaje gallego, An Archaeological Atlas of Galician Landscape (NW Iberia)

  • Criado-Boado, Felipe
  • Parcero-Oubiña, César
  • Otero Vilariño, Carlos
  • Aboal-Fernández, Roberto
  • Ayán Vila, Xurxo
  • Barreiro, David
  • Ballesteros-Arias, Paula
  • Cabrejas, Elena
  • Costa-Casais, Manuela
  • Fábrega-Álvarez, Pastor
  • Fonte, João
  • Gianotti, Camila
  • González-García, A. César
  • Güimil-Fariña, Alejandro
  • Lima Oliveira, Elena
  • López Noia, Raquel
  • Mañana-Borrazás, Patricia
  • Martínez Cortizas, Antonio
  • Millán Lence, Matilde
  • Rodríguez-Paz, Anxo
  • Santos Estévez, Manuel
Este documento PDF é unha separata coa selección dalgunhas páxinas do libro para dar unhaimpresión xeral dos seus contidos e formato.-- Este documento PDF es una separata con la selección de algunas páginas del libro para dar una impresión general de sus contenidos y formato.-- This PDF document is a selection of some pages of the text to given an overall impression of the book contents.-- Criado-Boado, Felipe; Parcero-Oubiña, César; Otero Vilariño, Carlos; Cabrejas, Elena (eds.); Rodríguez-Paz, Anxo (ed. gráfica), [GL] A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a “ natureza”. Este libro é unha especie de “atlas” arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos (“invisibilizados”) baixo estas. Por iso precisamente as chamamos “arqueolóxicas”. A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial., [ES] El paisaje es un producto de las formas de ser, de estar, de pensar y de actuar propias de cada sociedad. El paisaje gallego actual es el resultado de nuestras formas de ser, estar, pensar y actuar. Pero también lo es de las de todas aquellas personas que nos precedieron en el tiempo. Muchas cosas que consideramos características del paisaje de Galicia son el producto o el efecto de la acción humana, no sólo de eso que llamamos “naturaleza”. Este libro es una especie de “atlas” arqueológico de los paisajes culturales de Galicia. Y decimos “una especie” porque no es un atlas en el sentido convencional de conjunto de mapas. Lo que hace este libro es describir las diferentes formas de paisaje que se sucedieron a lo largo de una parte de la historia de lo que hoy llamamos Galicia, en concreto desde la prehistoria reciente (desde el inicio del periodo que se denomina “neolítico”) hasta la época medieval. El relato parte del paisaje tradicional de Galicia para, a continuación, descubrir los elementos típicos de este paisaje y ver cuáles estaban presentes –o ausentes- en los paisajes que lo precedieron y que contribuyeron a su conformación. Los paisajes arqueológicos son algo que no existe. Sus restos, o bien se incorporaron en gran medida a las formas posteriores de paisaje, o bien subyacen relictos y olvidados (“invisibilizados”) bajo éstas. Por eso precisamente llamamos a esos paisajes “arqueológicos”. La historia que hacemos aquí es una historia humana del antropoceno, un concepto cada vez más utilizado para definir una nueva etapa geológico que está marcada por la dominación humana de los sistemas de la Tierra, una etapa en la que la dinámica socioecultura modifica activamente el mundo y sustituye un medio natural por un medio cultural y cada vez más artificial., [EN] The landscape is a product of each particular society’s ways of being, thinking and acting. The landscape we see in Galicia today is the result of our ways of being, thinking and acting, but also those of the people who lived here in the past. Many of the things that we consider to be the most typical elements of the Galician landscape are a product or effect of human action, and not only of what we refer to as “nature”. This book is a kind of archaeological “atlas” of the cultural landscapes of Galicia, and here we say ‘a kind’ because it is not an atlas in the conventional sense, containing a series of maps: instead, what this book does is to describe the different types of landscape that appeared over much of the history of what is now Galicia, from late prehistory (beginning of the Neolithic) to mediaeval times. The story begins with what we know as the traditional landscape. It identifies its typical elements that are present or missing from the landscapes that preceded it, and which helped to create it. And so, archaeological landscapes are something that does not exist; their remains are either largely incorporated in subsequent forms of the landscape, or lie lost and forgotten (“invisible”) beneath them. It is precisely for this reason that we refer to them as “archaeological landscapes”. The narrative we present here is a human story from the Anthropocene period, a concept that defines a new geological stage marked by human influence of the Earth’s different systems, a stage in which sociocultural action has actively altered the world, replacing a natural environment with an increasingly artificial cultural environment., Peer reviewed
Project:


Advanced search