Found 18 result(s)
Found 2 page(s)

Como prenden elas da nación? sobre a poesia épica a comenzos do século XXI

  • González Fernández, Helena, 1967-
Pode facerse cargo a poeta do nós sen sucumbir a unha idea de comunidade sentimental vertebrada a partir dunha postergación utópica? Como pode pór en debate ao tempo a causa das mulleres e a da nación subalterna sen que unha tenda a abranguer a outra como paraugas totalizador? Como se constrúe unha épica non heroica axeitada a un tempo nos que non son posíbeis as narracións míticas ou técnicas sobre a orixe dunha comunidade? Chus Pato e Ana Romaní ofrecen nos seus poemarios publicados a partir do ano 2000 modelos que interrogan á comunidade desde a transformación das formas poéticas do épico para interrogar a identidade nacional desde a diferenza sexual
Project:


Dez especies de formigas (Hymenoptera: Formicidae) novas para Galicia (NO Península Ibérica).

  • García García, Fede
Preséntanse as primeiras citas galegas para dez especies de formícidos: Goniomma hispanicum (André, 1883), Hypoponera punctatissima (Roger, 1859), Iberoformica subrufa (Roger, 1859), Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930), Myrmica spinosior Santschi, 1931, Myrmica xavieri Radchenko, Elmes & Savolainen, 2008, Plagiolepis taurica Santschi, 1920, Stenamma debile (Förster, 1850), Temnothorax aveli (Bondroit, 1918) e Tetramorium alpestre Steiner, Schlick-Steiner & Seifert, 2010. Destaca la presencia de M. karavajevi, por ser a segunda cita ibérica para esta parasita social, e atoparse infestada polo raro fungo parasito Hormiscium myrmecophilum Thaxter, 1914. Ademais, coméntanse caracteres útiles á hora de identificalas. Palabras clave: Hymenoptera, Formicidae, Myrmica karavajevi, Hormiscium, Galicia, NO Península Ibérica, faunística., Ten ant species (Hymenoptera: Formicidae) new for Galicia (NW Iberia). The first Galician records for ten ant species are presented: Goniomma hispanicum (André, 1883), Hypoponera punctatissima (Roger, 1859), Iberoformica subrufa (Roger, 1859), Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930), Myrmica spinosior Santschi, 1931, Myrmica xavieri Radchenko, Elmes & Savolainen, 2008, Plagiolepis taurica Santschi, 1920, Stenamma debile (Förster, 1850), Temnothorax aveli (Bondroit, 1918), and Tetramorium alpestre Steiner, Schlick-Steiner & Seifert, 2010. The occurrence of M. karavajevi is highlighted, for being the second Iberian record for this social parasite, and being found infested by the rare parasite fungus Hormiscium myrmecophilum Thaxter, 1914. Some useful characters for identification purposes are discussed. Key words: Hymenoptera, Formicidae, Myrmica karavajevi, Hormiscium, Galicia, NW Iberian Peninsula, faunistics.
Project:


Sobre algúns mirmecófilos galegos, cunha especie nova para España, Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), e Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae) nova para Galicia

  • García García, Fede
Ofrécense novos datos sobre algúns mirmecófilos galegos, entre os que se poden destacar Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), citada por primeira vez para España e con Myrmica aloba Forel, 1909 (Hymenoptera: Formicidae) como hospedeiro, e Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae), atopada por primeira vez en Galicia e asociada a Formica pratensis Retzius, 1783 (Hymenoptera: Formicidae). Por outra banda, Microdon analis (Macquart, 1842) identificouse polo pupario, e atopouse nun niño de Lasius platythorax Seifert, 1991. Haeterius ferrugineus (Olivier, 1789) (Coleoptera: Histeridae) cítase por primeira vez na provincia de Lugo. Palabras clave: Coleoptera, Diptera, Coccinellidae, Syrphidae, Microdon myrmicae, Coccinella magnifica, mirmecófilos, Galicia, España., New data on some Galician myrmecophiles are given, among which can be highlighted Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), recorded for the first time for Spain and with Myrmica aloba Forel, 1909 (Hymenoptera: Formicidae) as host, and Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae), found for the first time for Galicia and associated to Formica pratensis Retzius, 1783 (Hymenoptera: Formicidae). On the other hand, Microdon analis (Macquart, 1842) was identified by means of the puparia, and was found in a nest of Lasius platythorax Seifert, 1991. Haeterius ferrugineus (Olivier, 1789) (Coleoptera: Histeridae) is recorded for the first time from the province of Lugo. Key words: Coleoptera, Diptera, Coccinellidae, Syrphidae, Microdon myrmicae, Coccinella magnifica, mirmecophiles, Galicia, Spain.
Project:


O proxecto de creto agrícola e a proposta de redención foral (1886). A resposta liberal de Montero Ríos e Díaz de Rábago á crise finisecular

  • Martínez Rodríguez, Susana
Este estudo plantexa as interaccións habidas entre pensamento económico e a toma de decisións políticas a traveso dun caso concreto. Analizámo-las propostas referidas á política agraria plantexadas polo Ministro de Fomento Eugenio Montero Ríos (1885-1886) e a influencia que nelas exerciu o economista Joaquín Díaz de Rábago. Ámbolos dous foron galegos destacados da segunda metade do XIX . A investigación centrouse nas concomitancias entre as propostas lexislativas e as obras publicadas. Ainda que tamén pescudamos aspectos biográficos máis correspondencia persoal co gallo de evidencia-la amizade e a cooperación existentes entre eles.
Project:


Camiños denominativos cara a un mesmo concepto

  • Freixa, Judit
  • Fernández Silva, Sabela
Neste artigo presentamos unha revisión teórica sobre o concepto especializado e a relación que mantén coa variación. Nós defendemos que existe un grao de motivación importante na denominación terminolóxica e que, a través dela, se fan visibles uns trazos semánticos determinados, achegándonos así unha visión particular do concepto. Por último facemos unha proposta de análise da variación terminolóxica consistnete en recompilar as diferentes variantes e analizar o contenido semántico expresado na denominación. Os exemplos foron tirados dun corpus de textos bilingüe francés-galego sobre o marisqueo.
Project:


Anatomia de 'tanta visibilidade' das mulleres na literatura

  • González Fernández, Helena, 1967-
En la actualidad la visibilidad de las escritoras en la literatura gallega es un logro del programa feminista y, al mismo tiempo, una ruptura de las reglas literarias. Las mujeres en cuanto que escritoras no han conseguido todavía un estatuto de normalidad en el sistema literario aunque sus propuestas sean más innovadoras y reconocidas que nunca, por eso en este artículo se analizarán algunos de los síntomas de misoginia existentes en la interpretación patriarcal de esta visibilidad.
Project:


Ocupa-la palabra

  • González Fernández, Helena, 1967-
Abonda con repasa-los manuais de historia da literatura galega para comprobar que a presencia feminina de certo releyo queda limitada a unha figura sobranceira, Rosalía de Castro, que logo foi acompañándose de Pura Vázqtíez, Luz Pozo Garza, Xohana Torres ou Maria Xosé Queízan. Poucas máis son as escritoras galegas de antes de 1976 que tiveron acceso 6 recoñecemento xeral. Cerramenre este mangado de nomes é máis ben caríveiro en comparación coa longa restra de autores masculinos, pero resulta moito máis rechamante se o comparamos co grande pulo que está a te-la poesía de muller hoxe en día; un pulo moito maior ca noutros xéneros, e aínda así moi por detrás da literatura infantil e da crítica literaria. A presencia destacada da muller nestes ámbitos lévanos, necesariamente, a constara-lo efecto espello que se produce entre a súa situación social e os xéneros literarios ós que semella ter un acceso máis doado...
Project:


Algunhas reflexións sobre a educación bilingüe

  • Vila, Ignasi
Reflexión sobre o concepto de educación bilingüe e a súa práctica educativa. Dada a gran variedade lingüística do alumnado que se pode atopar hoxe nas aulas, os modelos de educación bilingüe dos últimos 50 anos necesitan ser reformulados. A modificación da organización escolar, o reforzo do uso da lingua oral, a aprendizaxe cooperativa ou novas metodoloxías que promovan a actividade conxunta entre profesorado e alumnado son algúns dos novos criterios a ter en conta, segundo o autor
Project:


"As mulleres sostemos a metade do ceo": Xohana Torres ingresa na real academia galega

  • González Fernández, Helena, 1967-
Con estas palabras comeza o discurso co que Xohana Torres (Santiago de Compostela, 193 1) ingresa o 27 de outubro de 2001 na Real Academia Galega, RAG. Como antes fixo Luz Pozo ~arza', apoeta leva á institución a voz das escritoras galegas, que escriben desde unha encrucillada identitaria dobre: a nación e o xénero. Unha encrucillada que, se o prefiren, e recollendo un texto da tamén poeta, Lupe Gómez, tamén se pode definir como "un cristal 1 atravesado por / unha patria" (1995, p. 11). Atravesada, si, porque a figura auroral de Rosalía de Castro, amordazada polo patriarcado galeguisra desde finais do século XIX, non permitía que as mulleres falasen con voz de seu
Project:


Tres argumentos para di/versificar as identidades de xénero: Arden, Pronomes e Lob*s

  • González Fernández, Helena, 1967-
O noso propósito é presentar o proxecto máis ambicioso de poesía gai e lesbiana galega escrito, en paralelo, por Ana Romaní e Antón Lopo. A súa esculca poética representa unha interesante proposta de experimentación formal, na que se renova a concepción da poesía ó levala e adaptala a outros soportes, sen perder por iso a intensidade e a emoción lírica. Ademais ofrece dúas reflexións diferentes e complementarias sobre as identidades homosexuais, nas que se subliña o dereito a saír da sombra, a reivindicación do goce sexual (a arder e a ser lob*), e a definirse por posición e non pola imposición das convencións xenéricas (a rebeiión contra os pronomes).
Project:


Advanced search