Found 171 result(s)
Found 18 page(s)

"Globalización, competencia e deslocalización" : perspectivas dende Galicia

  • García Vázquez, José Manuel
  • López Facal, Xan
  • Vázquez Vicente, Xosé Henrique
  • Lago Peñas, Manuel
  • Lago Peñas, Santiago
Fortalezas, debilidades e estratexias para a economía galega do século XXI
Project:


Territorios innovadores : diagnose dos índices I+D+i en Galicia

  • García Vázquez, José Manuel
  • Prada Blanco, Albino
  • Quintás Corredoira, María de los Ángeles
Indicadores dos sistemas de I+D+i e diagnóstico para Galicia
Project:


Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral : Vigo, 13-15 de xuño de 2018

  • Varios
O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018), celebrado na Universidade de Vigo en xuño de 2018, tivo como un dos seus obxectivos identificar as liñas de investigación, as perspectivas teóricas e os deseños metodolóxicos polos que transcorre a lingüística actual. O programa sobre o que se desenvolveu o evento logrou congregar un relevante número de achegas de persoas procedentes de xeografías moi diversas, en forma de pósteres, comunicacións, conferencias plenarias e paneis temáticos. Este libro de Actas que agora presentamos recolle unha parte substancial dos textos presentados no CILX2018. Queremos das as grazas a todas as persoas que enviaron a súa contribución, no formato e no prazo previamente establecidos para podermos poñer á vosa disposición o resultado final neste volume. Precisamente, entendemos que o formato no que se publican estas Actas supón unha primeira oportunidade de visualizar os resultados das múltiples investigacións que se están desenvolvendo no eido da lingüística, o que non impide que se poidan publicar versións ampliadas destes textos noutros formatos e lugares. Desde a organización do CILX2018 desexamos manifestar a nosa enorme satisfacción polo resultado acadado. O esforzo de todas e todos vós enaltece este volume, que agardamos que sexa un instrumento útil para continuar coa reflexión, o debate e a discusión académica sobre as angueiras da lingüística actual. Para favorecer a súa divulgación, o documento tamén está accesíbel no sitio electrónico do CILX2018 (cilx2018.uvigo.gal) a disposición de toda persoa que queira consultalo e descargalo.
Project:


Libro-obxecto e xénero: Estudos ao redor do libro infantil como artefacto

  • Ramos, Ana Margarida
  • Tabernero, Rosa
  • Pereira, Cláudia Sousa
  • Agrelo Costas, Maria Eulalia
  • Mociño González, Maria Isabel
  • Silva, Sara Reis Da
  • Roig Rechou, Blanca Ana
  • Mejuto, Eva
  • Debus, Eliane
  • Pozzobon Spengler, Maria Laura
  • Sanchez Vera, Lourdes
  • Navas, Diana
  • Senís, Juan
  • Rodrigues, Carina
  • Franco Vázquez, Carmen
  • Neira Rodríguez, Marta
  • Calvo Valios, Virginia
  • Cortizas Varela, Olalla
  • Freire Pérez, Estrella
Reúnense neste volume catorce estudos que abordan diferentes modalidades do libro-obxecto, as súas características e potencialidades para a lectura, determinadas fundamentalmente pola materialidade. Neles préstase especial atención ao papel creativo das mulleres e á súa representación nestas obras, dado que o seu emprego temperán contribúe á construción de imaxinarios e á socialización dos máis novos, ao transmitir valores e usos da comunidade e favorecer a interiorización do coñecemento.
Project:


Plan de emerxencias. Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

  • Álvarez álvarez, Mónica
  • Ameijeiras Bouza, Mª Carmen
  • Barcia Baliñas, María
  • Barreiro Díaz, Mª Victoria
  • Caamaño Arcos, Marisol
  • Caamaño Martínez, María
  • Castro Paredes, José Mª
  • Cenoz Osinaga, José Ignacio
  • Chacón Lista, Juan
  • Cibrán álvarez, Mª del Mar
  • Cores Cobas, Camilo
  • Eiras Tasende, Bruno
  • Fompedriña Martínez, Manuel
  • Fontoira Fernández, José C.
  • Freire Tellado, Miguel
  • García Estraviz, Carlos
  • González Araujo, Antonia
  • Iglesias Castro, Miriam
  • Lareo Porral, Carlos Alberto
  • López Pérez, Mario
  • Martín Rodríguez, María Dolores
  • Medina Trigo, Mª Jesús
  • Muñoz Agius, Fernando
  • Pazó Guerrero, Elena
  • Prado Pico, Corsina
  • Prados Sande, Carlos
  • Riplinger Morenza, Gabriela
  • Rodríguez Barreiro, Susana
  • Rodríguez Bestilleiro, Ana
  • Soler Sáez, Pilar
  • Torres González, Mª Dolores
  • Varela-Portas Mariño, Jacobo
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é a encargada de proporcionar, desde o momento que ocorre a emerxencia, un control da situación, unha primeira avaliación e unha asistencia sanitaria que logre salvar o maior número de vidas e volver á normalidade o antes posible. Para isto, a actuación sanitaria debe seguir unha metodoloxía perfectamente establecida, xa que as actuacións organizadas son as mellores ferramentas de traballo. Así pois, é necesario posibilitar normas de actuación o máis protocolizadas posible, para poder traballar nas mellores condicións de seguridade e manter unhas directrices xerais, onde cada persoa coñeza tanto a súa función como a do resto dos componentes do equipo, procedendo, ademais, á súa identificación funcional mediante signos externos (uniformidade, carteis, identificación, etc.); para facilitar o entendemento e a coordinación de todos os implicados en resolver a situación acaecida. Con este fin, preséntase o Plan de emerxencias que a continuación se expón, nun afán de dar sempre a mellor e máis axeitada resposta; obxectivo primordial desde que a FPUS de Galicia–061 se instaura como responsable da medicina prehospitalaria na nosa comunidade autónoma., La Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 es la encargada de proporcionar, desde el momento en que ocurre la emergencia, un control de la situación, una primera evaluación y una asistencia sanitaria que logre salvar el mayor número de vidas y volver a la normalidad lo antes posible. Para esto, la actuación sanitaria debe seguir una metodología perfectamente establecida, ya que las actuaciones organizadas son las mejores herramientas de trabajo. Así pues, es necesario posibilitar normas de actuación lo más protocolizadas posible, para poder trabajar en las mejores condiciones de seguridad y mantener unas directrices generales, donde cada persona conozca tanto su función como la del resto de los componentes del equipo, procediendo, además, a su identificación funcional mediante signos externos (uniformidad, carteles, identificación, etc.); para facilitar el entendimiento y la coordinación de todos los implicados en resolver la situación acaecidad. Con este fin, se presenta el Plan de emergencias que a continuación se expone, en un afán de dar siempre la respuesta mejor y más idónea; objetivo primordial desde que la FPUS de Galicia-061 se instaura como responsable de la medicina prehospitalaria en nuestra comunidad autónoma.
Project:


Advanced search