Skip to main content

CAMBIO LINGUISTICO EN EL GALLEGO ACTUAL

FFI2012-33845

•
Funding agency name Ministerio de Economía y Competitividad
Funding agency acronym MINECO
Program Programa Nacional de Proyectos de Investigación Fundamental
Subprogram Subprograma de Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada
Call Proyectos I+D
Call year 2012
State Plan 2008-2011 Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica
Management unit Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación
Beneficiary centre UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resultados relacionados

Resultados totales (Incluyendo duplicados): 2
Encontrada(s) 1 página(s)

Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Publication Artículo científico (JournalArticle)

Sobre a Gallaecia Magna e as relacións históricas e xeolingüísticas entre galego, portugués e asturiano

  • Dubert García, Francisco
Este artigo pretende chamar a atención sobre a existencia dalgúns fenómenos dialectais que mostran a existencia dunha área xeolingüística galego-asturiana (que inclúe o Baixo-Minho portugués) que xa ten a súa orixe no mesmo momento da romanización. De feito, retómase a noción xeo-histórico-lingüística de Gallaecia Magna demarcada por Joseph M. Piel como locus xeográfico orixinario do nacemento do portugués, do galego e do asturiano. Esta área estaba formada polo noroeste de Portugal, as provincias de Pontevedra, Coruña, Lugo e a metade occidental de Oviedo. Algunhas diferenzas entre gale-go e portugués (que agrupan galego con asturiano) deben remitirse á inclusión de Galicia e do oeste de Asturias nesta área. Os fenómenos mostran un prolongado contacto galego-asturiano e unha fidelidade do galego e do asturiano a esta área e un comportamento independente e, ás veces, unitario do portugués e do castelán con respecto a estes fenómenos.
Recercat. Dipósit de la Recerca de Catalunya
Publication Artículo científico (JournalArticle)

Unha nova base de datos para a romanística a partir do "Atlas Linguistique Roman"

  • Valls, Esteve
  • GONZÁLEZ-GONZÁLEZ, MANUEL
Este traballo inscríbese nos proxectos «Descripción e interpretación de la variación dialectal: aspectos fonológicos y morfológicos del catalán» (FFI2010‑22181-C03-02), financiado polo MICINN e mais o FEDER, e «Cambio lingüístico no galego actual» (FFI2012‑33845), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade; e foi posible grazas á axuda do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades., O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) está a elaborar, a partir da explotación do "Atlas Linguistique Roman" (ALiR), unha gran base de datos informatizada con información diatópica, etimolóxica, etnográfica, semántica e mais bibliográfica das distintas falas que integran o contínuum románico. Presentar as características e a utilidade desta base de datos que, malia atoparse aínda nunha fase inicial, xa conta con máis de 57.000 rexistros, é o principal obxectivo deste artigo, que se estrutura en tres apartados: en primeiro lugar, fornécese unha introdución ás principais características do ALiR; en segundo lugar, detállase a estrutura desta base de datos e do formulario que se creou para facilitar as buscas; finalmente, suxírense algunhas posibles explotacións deste novo recurso que se pon ao servizo da romanística. Algunhas destas aplicacións xa se están a desenvolver no CRPIH; outras son unha porta aberta a futuras investigacións., info:eu-repo/semantics/publishedVersion