Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

O posesivo non concordado en galego e en castelán de Galicia como mudanza sintáctica en curso, El posesivo no concordado en gallego y en castellano de Galicia como cambio sintáctico en curso, Possessive without Concordance in Galician and in Galician Spanish as a Syntactic Change in Progress

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Domínguez, Carme

[GAL] O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito, mais tamén frecuente, posesivo carente de concordancia en locucións adverbiais de significado locativo e outras. Trátase de exemplos como ao lado súa e semellantes. A análise consiste nun baleirado…



Problemas na identificación e acentuación das interrogativas indirectas : Dime que acentúo ben / Dime qué acentúo ben

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cures Vázquez, Luz, Mosquera Carregal, Xesús Manuel, Negro Romero, Marta

O obxectivo da presente comunicación é o de poñer de relevo as vacilacións que suscitan na escrita da lingua galega as denominadas oracións interrogativas indirectas a respecto da súa acentuación gráfica. As súas orixes radican na experiencia acumulada como correctores e/ou tradutores de textos e en reparar nas dúbidas dos usuarios da lingua á hora de determinar se hai que pór ou non acento gráfico, na escasa claridade do texto normativo ao respecto no seu apartado de acentuación en calquera…



A narración das cruzadas na Crónica xeral de 1404

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Pascual, X.I.

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Galicia Diplomática (1882-1893): imaxe, discurso e identidade. A xénese da lectura historicista como proceso identitario na Galicia decimonónica, Galicia Diplomática (1882-1893): imagen, discurso e identidad. La génesis de la lectura historicista como proceso identitario en la Galicia decimonónica, Galicia Diplomática (1882-1893): Image, Discourse and Identity. Origins of the Historicist Interpretation and Galician Identity Process in the Nineteenth-Century

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lorenzo Rodríguez, Abel de

A revista Galicia Diplomática (1882-1893) é un referente dentro das investigacións históricas galegas. Neste artigo pretendemos amosar unha parte do seu legado e os obxectivos e influencias que a unían tanto aos procesos identitarios como ao uso historicista do medievalismo a través do patrimonio, do documento, o debate coa industrialización ou incluso a utilización laica e relixiosa baixo o signo do que W. Benjamin deu en chamar o “corpo como emblema”.



As eleccións sindicais na ensinanza pública non universitaria en Galicia (1987-1998), Union elections in no-university public education in Galicia (1987-1998), Las elecciones sindicales en la enseñanza pública no universitaria en Galicia (1987-1998)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lago Peñas, Pedro, Lago Peñas, Ignacio

Neste artigo analizámo-la evolución do sistema de representación sindical na ensinanza pública non universitaria de Galicia desde 1987 ata 1998. A partir da aplicación da metodoloxía deseñada para os sistemas de partidos, estúdiase con datos agregados a dinámica da competición electoral e examínanse as principais dimensións do sistema de representación sindical: fragmentación, competitividade, concentración e volatilidade



Valoración de preferencias sociais por unha alternativa de rexeneración do litoral fronte a un porto deportivo en Teis (Vigo), Valoración de preferencias sociales por una alternativa de regeneración del litoral frente a un puerto deportivo en Teis (Vigo), Assessment of Social Preferences for an Alternative Regeneration Coastlines Against a Marina in Teis (Vigo)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Durán Medraño, Roi, Vázquez Rodríguez, María Xosé

A importante presenza de portos deportivos nas costas galegas e as previsións de crecemento na oferta de prazas de atracada invitan á reflexión sobre a súa incidencia no benestar da sociedade. É por isto que a incorporación na análise custo-beneficio dos custos sociais asociados resulta útil e necesaria para unha asignación eficiente dos recursos dispoñibles. Neste artigo empregouse o método de valoración continxente para estimar a disposición ao pagamento (DAP) ou variación compensatoria dos…



Avaliación do trigo autóctono panificable dentro dun sistema de rotación sostible

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Almeida García, Fernando

Avaliación da resposta do trigo autóctono (Triticum aestivum L.) en rotación con Lupinus albus L. doce incluíndo un ano de barbeito fronte ao monocultivo, na localidade de Tabeaio, concello de Carral, na Provincia da Coruña. Os resultados mostraron como a rotación influíu no rendemento de gran, nas impurezas en forma de sementes doutras especies, no peso hectolitro e no peso de mil sementes. O monocultivo afectou negativamente ás variables anteriores. Por outro lado, contribuíuse a avaliación…



Relatoría da xornada "Miradas Complementarias: Unha análise multidisciplinar do conflito palestino-israelí en Oriente Próximo"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gutiérrez Díaz, Elena, Calvo Rivera, Érika

O día 30 de outubro a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu, en colaboración coa Fundación Araguaney, dúas mesas redondas que tiveron como propósito profundar, dende unha mirada interdisciplinar, no conflito palestino-israelí en Oriente Próximo. Trátase dunha iniciativa que se integra, xunto con outras, no plan institucional adoptado pola "Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina" así como na…



Factores estruturais que contribúen ao problema dos incendios en Galicia: mudanzas no medio rural e deficiencias na xestión do territorio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Iglesias, Edelmiro

Dados os problemas que xera o modelo de xestión de terras vixente en Galicia, resulta imprescindible abordar unha reforma estrutural adaptada ás necesidades actuais do medio rural. Reforma non centrada na propiedade, senón nos usos; que, sen alterar a distribución da propiedade, impulse a mobilización produtiva e unha adecuada xestión das superficies. Esta reforma, necesaria tamén por outros motivos económicos e ambientais, constitúe unha condición para reducir o risco de incendios a medio e…



Castelao no bosque de cruceiros. A viaxe a Bretaña de 1929

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Novo, Olga

Durante a viaxe a Bretaña de 1929, Castelao establece contacto con intelectuais bre-tóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país. Este artigo achega documentación inédita sobre esta estancia, fundamental non só para o proxecto persoal do autor, senón tamén para a común aventura atlantista do grupo Nós.



O control ideolóxico na Galicia da Ilustración

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, Xosé Ramón

El presente libro es hijo de tres iniciativas paralelas y complementarias. En primer lugar, del Ciclo de Conferencias que bajo el título "Ilustración e Educación en Galicia" organizó un grupo de profesores de la Facultad de Filosofía e CC. da Educación para conmemorar el XX Aniversario de la creación de dicho Centro, y que se celebró del 16 al 19 de enero de 1995.



Notas a unha cantiga dionisíaca

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couceiro, Xosé Luís

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Apuntes para a integración dos estudiantes xordos na aula de ciencias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Martínez, Susana, García-Rodeja Gayoso, Isabel

A investigación acerca dos problemas da aprendizaxe das Ciencias en alumnos con deficiencias auditivas son escasas en España, a pesar da necesidade por parte da comunidade xorda dunha cultura científica para entender e incorporarse a unha sociedade altamente tecnificada. Neste traballo preténdese chamar a atención do profesorado de ciencias sobre as dificultades destes estudiantes, e difundir algunhas ideas ca finalidade de ir dando respostas ás necesidades educativas deste colectivo e…



Unha análise socioeconómica da vulnerabilidade en Galicia: o camiño dende a escola até a inserción laboral

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Varela, Bruno

A educación constitúe un elemento fundamental para o desenvolvemento e crecemento económico. As condicións socioeconómicas familiares e territoriais poden determinar os resultados educativos e, polo tanto, son fundamentais para abordar o fracaso escolar. O fracaso escolar repercute no potencial capital humano dos países. O obxectivo principal desta tese é analizar a vulnerabilidade socioeconómica en Galicia (rexión periférica cun alto grao de equidade educativa) e o seu efecto sobre o fracaso…



Informe da avaliación intermedia do III Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2014-2017)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Informe da avaliación intermedia do III Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2014-2017) realizado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.



A cultura do lume e os montes galegos. Aproximación a unha relación histórica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabana Iglesia, Ana

O lume en épocas históricas, tivo, como ten na actualidade, unha múltiple casuística. Trataremos de analizar a distinta natureza que presentou ao longo da historia o lume no monte, pasando de elemento natural e ferramenta agropecuaria a mostra de descontento e protesta contra determinadas disposicións forestais que cambiaron as fórmulas de uso e xestión do espazo a monte. Isto é, indagaremos, a partir das fontes históricas dispoñibles e dos traballos xa existentes, na conversión do “lume no…



A relación entre a distribución funcional e persoal da renda. Proposta metodolóxica e aplicación para España e Galicia no período 2007-2021

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amoedo, José Manuel

Esta tese de doutoramento aborda o estudo da distribución e as desigualdades, unha das principais problemáticas de estudo no eido da Economía e, en xeral, das Ciencias Sociais. Porén, o coñecemento sobre dita temática aínda presenta importantes limitacións teóricas, metodolóxicas e empíricas. Esta investigación céntrase nunha das principais eivas que se encontra no estudo desta problemática: o limitado coñecemento sobre a relación entre a distribución funcional e persoal da renda, é dicir, na…



Os hábitats de interese comunitario en Galicia: descrición e valoración territorial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramil Rego, Pablo, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Hinojo Sánchez, B. A., Rodríguez González, Patricia María, Ferreiro da Costa, Javier, Rubinos Román, M., Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, De Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, Ramón Alberto, Martínez Sánchez, S., Cillero Castro, C.

No procedemento de configuración e implementación da Rede Natura 2000, a información ambiental, referida aos tipos de hábitats e especies incluídas nos anexos da DC 92/43/CEE, convértese nun elemento esencial no deseño, xestión e seguimento das áreas protexidas e da propia rede. Non obstante, en moitas áreas xeográficas, a información existente é escasa, ou presenta deficiencias en canto á xeorreferenciación dos seus compoñentes. Esta situación vese agravada no caso dos hábitats, cando se trata…



Multipolaridade soberanista: a alternativa xeopolítica do século XXI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cela Díaz, Rubén

Esta tese de doutoramento analiza a crise da globalización neoliberal unipolar e explora o xurdimento dunha alternativa xeopolítica baseada na multipolaridade soberanista. A través dunha metodoloxía fundamentalmente cualitativa e dun enfoque multidisciplinar examínase a evolución do modelo neoliberal desde o seu nacemento até a situación de crise relativa na que, defendemos, se atopa na súa fase actual globalizada, así como o papel que se agarda que desempeñe a soberanía das nacións neste novo…



Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos, Constructing an inventory of medieval placenames: the Tombo de Toxos Outos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Lema, Paulo

A toponimia medieval veu sendo utilizada historicamente como un instrumento ao servizo de determinadas propostas etimolóxicas, mais poucas veces se concibiu como unha ferramenta que permita comprender globalmente as transformacións internas e os procesos de renovación do sistema toponímico, en constante interacción coa historia e a xeografía. Por outra banda, a relevancia dada á toponimia nos índices incluídos nas diversas coleccións documentais é escasa, cando non nula ou deficiente. Co…, [EN] Historically medieval place-names have been used to support certain etymological proposals, but have rarely been thought of as a tool for improving our overall understanding of internal change and the renovation process within the toponymic system in constant interaction with history and geography. Moreover, little if any attention has been paid to the place-names in indices of document collections, or else have received inadequate treatment. In order to put this right, we have constructed…



Cara á sostibilidade: buscando puntos de encontro entre a economía ambiental e a economía ecolóxica, Hacia la sostenibilidad: buscando puntos de encuentro entre la economía ambiental y la economía ecológica, Towards Sustainability: Looking For Points of Convergence between Environmental Economics and Ecological Economics

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Vázquez, María del Rosario

O obxecto do traballo que presentamos é a identificación de posibles puntos de encontro entre a economía ambiental e a economía ecolóxica. É frecuente que, cando se trata de resaltar as diferenzas entrambos os dous enfoques, se vincule a economía ambiental coa “optimalidade” e a economía ecolóxica coa “sostibilidade”; porén, esta visión é demasiado simplista. Neste artigo analizamos a conexión dos dous enfoques coa sostibilidade, o que nos permite obter algunhas proposicións que, en contra do…



Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueira, Juan Carlos, Fandiño, Xaime, González Núñez, Mara, López, Zósimo, Neira Pereira, Henrique

O presente traballo constitúe unha primeira aproximación á industria da música nas festas populares de Galicia desde o eido universitario, unha tarefa de investigación pendente pois ata o de agora os estudos que se achegaron ó mundo das orquestras de baile e ás festas con verbena fixérono baseándose unicamente en suposicións e estimacións de axentes actuantes no sector, dada a complexidade de obter datos como o número de actuacións das orquestras, a cifra de integrantes das mesmas ou a propia…



Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, 2023

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivera Capón, Pablo, López López, Carlos, Macho Benito, Andrea, Fernández Reija, Luis J., Ferreiro da Costa, Javier, Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, López Castro, Hugo, Oreiro Rey, Carlos, Blanco Sandá, Diego, Ramil Rego, Pablo

A normativa estatal (Lei 42/2007) e autonómica (Lei 5/2019) designa as Reservas da Biosfera como áreas naturais protexidas por instrumentos internacionais vinculadas co Programa MaB da UNESCO. As Reservas da Biosfera, para a súa integración e mantemento como tales, deben respectar as directrices e normas aplicables da UNESCO e as establecidas a nivel estatal e autonómico e contar, como mínimo, cunha ordenación espacial integrada por: unha ou varias zonas núcleo cos obxectivos básicos de…



A singularidade do discurso trobadoresco de Alfonso X, The singularity of Alfonso X’s troubadour discourse

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Díaz, Esther

No presente traballo destácase o cancioneiro profano de Alfonso X como a produción máis persoal do monarca, no que se pode percibir a voz propia dun trobador que se acomoda aos canons da tradición trobadoresca europea, ao mesmo tempo que se erixe en cabeza visible dunha corte que se consolida como o espazo más dinámico da lírica trobadoresca peninsular. Para iso analízase o labor de acollida da corte alfonsí das correntes literarias foráneas que logo traslada a súa propia obra, as…



A representación feminina nas cantigas de Alfonso X

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Díaz, Esther

El estudio analiza el papel y las funciones de las figuras femeninas en el cancionero profano de Alfonso X el Sabio. Se destaca la presencia de mujeres tanto en las cantigas de amor y de amigo, vinculadas a la tradición trovadoresca, como en las cantigas de escarnio, donde la mirada hacia lo femenino adopta un tono más realista y satírico. Mientras las primeras reproducen los códigos corteses y la idealización de la dama, las segundas ofrecen una visión crítica y burlesca de mujeres de diversa…



As mulleres medievais. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa. Con dous apéndices sobre antecedentes e supervivencias na lírica peninsular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bermúdez Beloso, Mariña, García-Fernández, Miguel, Morán Cabanas, Maria Isabel, Ramos, Maria Ana, Sleiman, Michel, Souto Cabo, José António, Vázquez García, Tania

Este volume ofrece unha antoloxía singular que renova o estudo da lírica galego-portuguesa ao combinar, por primeira vez, as voces femininas —históricas e ficcionais— dos cancioneiros coa análise das imaxes escultóricas e das miniaturas que acompañan os textos medievais. A obra adopta unha perspectiva claramente interdisciplinar, integrando literatura, historia, iconografía e cultura material para mostrar con maior profundidade como se configurou a experiencia e a representación das mulleres…



De Vilanova de Arousa a Vila Nova de Foz-Côa: a fronteira galego-portuguesa a estudo a partir dos materiais do ALPI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mouzo Villar, Rosa, Pérez Capelo, Carolina

Tomando como punto de partida os materiais que fornece o Altas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI), ofrécese nestas páxinas unha panorámica do territorio que abranguen as provincias galegas de Pontevedra e Ourense e a rexión norte de Portugal, para o que se realiza unha aproximación a diversos fenómenos dialectais pertencentes aos diferentes planos da lingua: fónico, morfosintáctico e léxico.



A pantasma do iberismo no Portugal do século XIX

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Cuesta, Pilar

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



A colaboración entre universidade e industria no marco dos sistemas rexionais de innovación: o caso galego, Collaboration between university and industry in the framework of regional systems of innovation: the galician case, La colaboración entre universidad e industria en el marco de los sistemas regionales de innovación: el caso galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Manuel

A colaboración entre a Universidade e a industria (CUI) é un fenómeno que ten cada día maior relevancia tanto nas instancias políticas como nas académicas. Este artigo pretende analiza-lo dito fenómeno usando o marco dos Sistemas Rexionais de Innovación (SRI). Deste xeito, nunha primeira parte, definímo-la CUI como unha das compoñentes do sistema de innovación nun determinado territorio e que, polo tanto, responde ás súas características globais. Na segunda parte do artigo damos conta da CUI,…



Violencia adolescente nas redes sociais por apartarse da normatividade sexual feminina, Teen violence on social media by straying from female sexual regulations

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Lois, María José, Villar Varela, Milena, Barreiro Fernández, Felicidad

A feminidade normativa forma parte do esquema de percepcións dunha orde simbólica, establecida polos mecanismos patriarcais, e totalmente interiorizada, que implica que as categorías asociadas á muller, e construídas baixo os criterios do heteropatriarcado, se asuman, como naturais e obxectivas. Isto provoca unha importante dificultade para rachar e desprenderse do concepto de feminidade imperante, incluso nos contextos nos que se loita pola igualdade. Esta normatividade sexual feminina é…



O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Caramés, Santiago

O obxectivo da presente tese de doutoramento é construír un relato historiográfico e interpretativo da arquitectura galega entre 1970 e 2000 arredor dunha idea fundamental: a autorreflexión e as olladas vernáculas que articulan as propostas arquitectónicas analizadas. Non en van, estas liñas tendentes á introspección están profundamente estendidas tanto no debate interno como na crítica recibida externamente e son, polo tanto, homologábeis ás tendencias teóricas e críticas internacionais desta…



As políticas municipais de xénero en España: o caso dos municipios galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paleo Mosquera, Natalia

En este libro se realiza una aproximación a las políticas de género implementadas por los gobiernos municipales gallegos durante la legislatura 2007-2011. Así, en primer lugar, se describen las principales características de dichas políticas y, a través del diseño de un índice cuantitativo, se mide su nivel de desarrollo en los municipios gallegos. En segundo lugar, a través de un análisis multivariable, se examina la influencia que tienen sobre las políticas municipales de género un conjunto…



VII Xornada de usuarios R en Galicia: programa e resumos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ginzo Villamayor, María José

A Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG comprácese en presentar a VII Xornada de Usuarios de R en Galicia. Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa contempla dezaoito relatorios ao longo de todo o día. Dos cales catro son convidados e ás outras…



Monarquía e nación liberal: o caso de España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barral Martínez, Margarita

A figura dos reis europeos foi alterada por mor da Revolución francesa ao iniciarse un proceso de redefinición da institución monárquica no novo marco constitucional do liberalismo. Pero a disputa pola lexitimidade establecida entre monarcas, parlamentos e gobernos sería intensa ao longo do século XIX.



O papel das oficinas de turismo na xestión do destino: Rede de Oficinas de Turismo de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Vázquez, Núria

Esta investigación ten como obxectivo determinar un modelo de rede das oficinas de turismo a nivel autonómico, que coordine as oficinas pertencentes á Xunta de Galicia, aos concellos e a outras institucións públicas galegas, e que contribúa a mellorar a imaxe no destino Galicia. Co estudo das oficinas de turismo existentes en Galicia (Xunta, provinciais e municipais) detéctanse unha serie de problemas na xestión e na organización, así como un solapamento dos servizos de información turística…



A iniciativa comunitária Leader no marco teórico da política agraria, The LEADER Community Initiative in the Theoretical Agrarian Policy Context, La iniciativa comunitaria Leader en el marco teórico de la política agraria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Fra, María do Mar

A iniciativa comunitária LEADER é um programa público desenhado desde umha perspectiva de actuaçom local que tem no meio rural o seu âmbito de intervençom e na consecuçom do desenvolvimento integral destas áreas o seu objectivo declarado. Esta iniciativa surge num momento de câmbio de paradigma, no que as políticas tradicionais de apoio ao desenvolvimento de corte sectorial passam a ser substituídas por outras formas de intervençom no espaço. O objectivo deste trabalho é: 1) Realizar umha…



Mulleres inmigrantes latinoamericanas e empresariado étnico: dominicanas en Madrid, arxentinas e venezolanas en Galicia, Mujeres inmigrantes latinoamericanas y empresariado étnico: dominicanas en Madrid, argentinas y venezolanas en Galicia, Latin American Inmigrant Women and Ethnic Entrepreneurship: Dominican Women in Madrid, Argentin and Venezuelan Women in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Oso Casas, Laura, Villares Varela, María

Este artigo presenta, desde unha perspectiva comparada, as estratexias empresariais das mulleres inmigrantes dominicanas en Madrid e das arxentinas e das venezolanas en Galicia. O texto céntrase na análise das variables que facilitan ou que dificultan a estratexia empresarial, a saber: a situación familiar e o tipo de migración (mulleres casadas, xefas de fogares monoparentais ou solteiras sen cargas familiares); as redes sociais e comunitarias e a presenza de “enclaves” étnicos; a experiencia…



Responsabilidade Social Empresarial e resiliencia, Responsabilidad Social Empresarial y resiliencia, Corporate Social Responsibility and Resilience

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Chousa, Juan Ramón, Romero Castro, Noelia María

Nunha contorna globalizada, interdependente e en constante cambio non só compiten os produtos e os servizos que desenvolven as empresas, senón tamén os modelos de negocio. O éxito empresarial non pode seguir sustentándose en bases tradicionais, e as empresas deben asumir un proceso de permanente renovación da súa estratexia e ofrecer novas respostas ás necesidades e esixencias da sociedade baixo o marco que formula o concepto de “desenvolvemento sostible”. A responsabilidade social empresarial…



Luz Pozo Garza: obra non reunida e dispersa nas revistas culturais. Exhumación, recompilación e catalogación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negreira Barcia, Cristina

Luz Pozo Garza é unha artista galega coñecida, principalmente, polos seus textos poéticos. Ao longo de sete décadas de creación, a súa actividade cultural estendeuse alén da publicación de libros; tendo as súas producións unha gran presenza en múltiples revistas culturais. Na presente tese, procédese a exhumar, recompilar e catalogar a obra dispersa (e non reunida) da autora ribadense en revistas culturais. Trátase dunha obra multidisciplinar que irradia máis alá do xénero lírico, abranguendo…



Fóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villarmea Álvarez, Iván

Os cinemas pequenos teñen tendencia a reducir a escala dos seus relatos: antepõem o cotián ao extraordinario, a anécdota á épica e o enxeño aos valores de produción. Por este motivo, moitos filmes galegos dos últimos anos utilizan o espazo que fica no fóra de campo para construír o seu discurso: pode ser un fóra de campo espacial, contiguo e momentáneo, que chame a atención do público nunha determinada dirección; ou un fóra de campo temporal, indeterminado e definitivo, que permita facer…



A comunicación institucional nos concellos galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Núñez, María Luísa

Esta tese, titulada A comunicación institucional nos concellos galegos, enúnciase sobre as premisas de ciencia novel e de actividade práctica, que requiren concretarse desde o piar da profesionalización. Con esta investigación pretendemos describir a xénese, o desenvolvemento e a situación actual da comunicación institucional local en Galicia. O desiderátum contempla a configuración dun marco teórico, no que, desde un punto de partida histórico, achegámonos ao concepto de información de fonte,…



Castelao e a Facenda Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Yebra Martul-Ortega, Perfecto

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Avaliação de estado nutricional da mangueira Tommy Atkins no submédio do vale do rio São Francisco: estabelecimento das normas DRIS

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pinto, Paulo Augusto da Costa, Dias, L.E., Alvarez, V.H., Choudhury, M.M., Vieira, G.

Este trabalho teve por objetivo estabelecer as normas do sistema integrado de diagnose e recomendação (DRIS) para manga, variedade Tommy Atkins. Foram avaliados sessenta e três pomares comerciais representativos do Submédio do Vale do Rio São Francisco, no Nordeste do Brasil. A região não dispõe de um conjunto de normas de diagnose de tecidos foliares para o cultivo, sendo o diagnóstico do estado nutricional e as recomendações de fertilização baseados em faixas de teores de nutrientes em folhas…



A recepción da teoría darwiniana da evolución en Karl R. Popper

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Rodríguez, Ana María

En este trabajo se pretende revisar la controversia que Popper mantuvo con la teoría darwiniana de la evolución. Se señala la presencia de nociones y ejemplos tomados del darwinismo ya en los escritos de los años 30, el cuestionamento del evolucionismo al hilo da refutación del historicismo durante los cuarenta y los posteriores intentos por rehabilitar su estatuto científico a partir de la década de los 60. Esta secuencia permite plantear que, si bien Popper trató de mostrar que su pensamiento…



Introdución

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lama López, María Xesús, Nogueira Pereira, María Xesús




Castelao na Argentina, etapa transcendental na luita pola autonomia da Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abraira, José Benito

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Demandantes de atención personalizada e benestar. Contribución ao seu estudo a partir da análise dos cambios na dinámica familiar, Demandantes de atención personalizada y bienestar. Contribución a su estudio a partir del análisis de los cambios en la dinámica familiar, Welfare and Personalized Attention Requiring People. Contribution to his Study from the Analysis of the Changes in the Familiar Dynamics

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Galdo, María Xosé, Freire Esparís, María del Pilar

Nos últimos anos, a composición dos fogares en Galicia experimentou profundos cambios: incrementouse a proporción representada polas familias nucleares, reduciuse o tamaño medio familiar, aumentou a importancia dos fogares unipersoais, etc. Estes cambios poderían implicar modificacións na tradicional función da familia como representante dun ámbito de seguridade para os seus membros máis vulnerables. Por iso, neste traballo analizarase a importancia que ten na actualidade a atención ao coidado…



Identificación e caracterización de microorganismos contaminantes de produtos lácteos, e busca de biomarcadores peptídicos mediante LC-ESI MS-MS

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Abril, Ana

Ó capítulo I deste traballo centrase na identificación das cepas illadas dun sobre contaminado de leite condensada e a caracterización dunha nova subespecie de Bacillus safensis (BC09T). Realizouse o estudo filoxenético de BC09T a partir dos xenes do 16S rRNA, gyrB e tuf. Levouse a cabo a secuenciación do xenoma e o seu análise. Realizouse tamén o estudo fenotípico, quimiotaxonómico e proteómico mediante MALDI TOF. Segundo tódolos resultados determinouse que a cepa BC09T representa unha nova…



Innovación industrial e dependencia tecnolóxica de España. Mikel Buesa Blanco y José Molero Zayas (1989). Innovación industrial y dependencia tecnológica de España. Madrid. EUDEMA Universidad, 312 pp.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doval Adán, Antonio

Recensión sobre o libro “Innovación industrial y dependencia tecnológica de España”, elaborado polos profesores e investigadores Mikel Buesa Blanco e José Molero Zayas, editado en Madrid en 1989 por EUDEMA Universidad. Ao longo das 312 páxinas, os autores analizan as condicións nas que se produce a innovación industrial no Estado español a partires das tecnoloxías importadas, adentrándose nas causas e factores que favorecen a importación de tecnoloxía estranxeira. A publicación confirma, dunha…



Cancións para voz e piano de Andrés Gaos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gaos, Andrés, Trillo, Joam, Capelán, Montserrat

En el presente libro se editan todas las canciones que, para voz y piano, compuso Andrés Gaos Berea (1874-1959), con excepción de las patrióticas. Se trata de un total de 20 canciones: 1 gallega, 9 francesas y 10 en castellano, 4 de ellas escolares. Son obras compuestas a lo largo de la vida del compositor, desde 1891 hasta 1959 y en las que se puede apreciar sus diferentes etapas compositivas. La edición de la música corrió a cargo de Joám Trillo y el estudio introductorio de Montserrat Capelán



A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): políticas de innovación, mercados e sociedades labregas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Esperante Paramos, Bruno

Esta tese analiza a moto-mecanización da agricultura familiar en Galiza entre 1939 e o ano 2000. lnvestíganse as políticas estatais de innovación, os mercados e as comunidades labregas en relación á introdución de tractores. Centrámonos tanto na evolución da Ditadura franquista dende os anos corenta, como no impacto dos créditos norteamericanos no cambio tecnolóxico. De igual xeito, definimos o paradigma da agricultura industrial na agricultura dos anos sesenta, no que se aplican agresivas…



A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a dieta e o sistema agroalimentario como eixos da sustentabilidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bisquert i Pérez, Kylyan Marc

A investigación que aquí se presenta pretende abordar a configuración da dieta e o sistema agroalimentario como elementos de especial relevancia para a Educación Ambiental no actual contexto de crise socioambiental, en tanto que a súa análise e a proposición de alternativas poden constituír ferramentas cunha gran potencialidade na promoción da sustentabilidade. Para tal fin, céntrase o foco de atención nun emerxente movemento social estreitamente vinculado ao campo transdisciplinar da…



Novos apuntamentos para a biografía de José Rodríguez González, o matemático do Bermés

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Iván

A pesares dos diversos traballos publicados sobre a figura de José Rodríguez González, e tamén dos esforzos realizados nos últimos tempos a prol do recoñecemento deste persoeiro, aínda quedan aspectos inéditos por tratar e segue a ser necesario completar a súa biografía e reivindicar a repercusión histórica das achegas deste matemático galego do século XIX. Pretendemos neste artigo, contribuír con novos apuntamentos para unha pendente biografía completa, unha vez analizados polo miúdo…



A xestión patrimonial do mosteiro de Celanova na Baixa Idade Media

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vaquero Díaz, María Beatriz

Este traballo ten como obxectivo a análise da xestión patrimonial do mosteiro bieito de Celanova, das estructuras administrativas nas que se agrupan as propiedades e dos seus responsables relixio­ sos e laicos.



Limiar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Brea López, Mercedes, Fernández Rei, Francisco

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Cambios relacionados coa idade na actividade eléctrica cerebral diante dunha tarefa de memoria de traballo viso-espacial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pinal Fernández, Diego

O declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores. Consecuentemente, nesta tese de doutoramento analizouse o sinal electroencefalográfico durante a codificación, mantemento e recuperación da información en memoria de traballo viso-espacial. Deste…



Modelo de asignación de recursos na loita contra incendios forestais, Resource management model in forest fire fighting

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quiñoa López, Xosé Luís, Porto Vila, Rosalía, Lorenzo Díaz, María del Carmen

Neste traballo proponse, en primeiro lugar, unha metodoloxia que permita dividir un conxunto de puntos en función de atributos (ou características) quelles concimen, para construir partes del cun certo grao de homoxeneidade. Ademais, no caso dun espacio xeográfico determinado, unha vez dividido, a loita contra incendios forestais presenta unhas características que incitan á utilización da análise matricial. Analizase a influencia que poden te-los diferentes puntos, uns sobre outros, en primeiro…



Recentes desenvolvementos no campo da información e a contabilidade ambiental, Recent Developments in Environmental Information and Accounting, Recientes desarrollos en el campo de la información y la contabilidad ambiental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maside Sanfiz, José Manuel

Neste traballo recollemos, nunha primeira parte, diferentes iniciativas relacionadas coa obriga crecente á que se ven sometidas as empresas de incorporar información ambiental nos seus informes financeiros. Así mesmo, dado que as necesidades informativas dos diferentes usuarios só son cubertas parcialmente pola información ambiental recollida nos informes ambientais, analizámo-la evolución e a situación actual destes como aquelas ferramentas máis utilizadas polas empresas para revela-la súa…