Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Análise da propiedade da comunicación en Galicia. Estudo das estruturas dos grupos de comunicación galegos e dos seus protagonistas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Ramil, Sandra

Análise da configuración histórica e da organización das empresas de comunicación galegas no século XX e na primeira década do século XXI. É un estudo da propiedade e da formación e evolución dos grupos de comunicación no contexto económico, social e político, así como do proceso de configuración do mapa actual da comunicación en Galicia; con especial atención ás biografías das principais familias que conservan a propiedade dos medios galegos de comunicación



Rosalía de Castro e a música

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Filgueira Valverde, Xosé

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Catro ensaios de economía da lingua e da cultura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casares Berg, Håkan Olof

Este traballo elaborouse para describir fenómenos sociais a partir da análise de variables económicas que afectan á lingua e á cultura. O obxectivo principal é ofrecer unha panorámica do significado da economía da lingua e da cultura en clave rexional e aplicar unha metodoloxía propia das ciencias económicas a fenómenos culturais e lingüísticos. Elaboráronse catro ensaios interrelacionados, pero diferentes, que pretenden dar conta de dous fenómenos culturais e dous lingüísticos, cada un co seu…



A avaliação do ensino mediatizado no ensino recorrente da região autónoma dos Açores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreira, Sérgio, Cardoso, Eduardo Luís

No ano lectivo 2003/2004, a Secretaria Regional da Educação e Cultura (SREC), da Região Autónoma dos Açores (RAA), implementou um projecto inovador no ensino recorrente. A Escola Básica 3/ S Vitorino Nemésio, na Ilha Terceira, tornou-se a primeira escola portuguesa com ensino recorrente mediatizado via internet, ao nível dos 2.º e 3.º ciclos e ensino secundário. Esta investigação tem por objectivo responder a interrogações relativas a um sistema contemporâneo sobre qual existe pouca informação.…



Barlia robertiana (Loisel.) Greuter (Orchidaceae) en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Romay, X., Parada, A.

Segundo as últimas revisións realizadas sobre as orquídeas galegas non se atopan rexistros de esta especie en Galicia, ainda que se teñen dúbidas sobre a súa presenza na provincia de Lugo (Cortizo & Sahuquillo, 1998; Aedo, 2005; Pimentel et al., 2005; Romero, 2008), xa que foi citada por Merino (1909) entre Doncos e Pedrafita do Cebreiro como Orchis longibracteata Biv. Dado que o prego de referencia non se conserva na actualidade, e mientras non sexa confirmada a súa presenza nos…



O tempo coma castigo na lírica de Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caparrós Esperante, Luís

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Relación entre os hábitos de consumo e os grupos lingüísticos en Galicia, The relationship between consumption habits and linguistic groups in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Redondo Bellón, Ignacio

Logo de analiza-la evolución do galego durante os últimos anos, este estudio empfrico desvelou numerosas diferencias significativas nos niveis de consumo dos grupos lingüisticos galego, castelán e bilingüe de Galícia, aínda eliminando os efeclos da clase social e do hábitat. lsto verificouse en productos de diversa índole como comestibles envasados, bebidas, artigos de limpeza doméstica, cosmeticos e productos de hixiene persoal Observouse o mesme no tocante ó nivel de exposición ós medios de…



Evolución da pobreza na Arxentina durante o período 1993-2003. Unha perspectiva comparada coa situación española, Evolución de la pobreza en Argentina durante el período 1993-2003. Una perspectiva comparada con la situación española, Poverty Trends in Argentina during the 1993-2003 Period. A Comparative Analysis with the Case of Spain

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alfaro, Ana Karina, Núñez Velázquez, José Javier

No presente traballo realízase un estudo comparado dos niveis relativos de pobreza económica en España e na Arxentina durante o período 1993-1999 mediante a análise da súa incidencia e da súa intensidade. Para iso, empréganse datos dos ingresos dos fogares a través do Panel de Hogares de la Unión Europea (PHOGUE), no caso español, e da Encuesta Permanente de Hogares (EPH), no caso arxentino. Por outra parte, inclúese un estudo exhaustivo da pobreza na Arxentina a partir das súas grandes rexións…



Despoboamento e avellentamento: Galicia cara ao ano 2020, Despoblación y envejecimiento: Galicia hacia el año 2020, Depopulation and Aging: Galicia Toward the Year 2020

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hernández Borge, Julio

O avellentamento demográfico é un dos principais retos ao que teñen que facerlle fronte os gobernos dos países desenvolvidos polas súas numerosas implicacións económicas e sociais. Galicia, como España e Europa, presenta nos nosos días un réxime demográfico evolucionado que trouxo consigo un avellentamento da estrutura por idades da súa poboación, á vez que contribuíu ao despoboamento da meirande parte do seu territorio ao estar ligado a un forte éxodo rural. É esta unha situación que…



Investigación sobre o status micromineral da poboación da provincia de Lugo: intervalos de referencia e determinantes dietéticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivas Fernández, Inés

Os microminerais, tanto esenciais como tóxicos, constitúen un grupo de micronutrientes e contaminantes cun papel decisivo na saúde humana. Os primeiros, como ferro, zinc, iodo ou selenio, son indispensables para multitude de procesos metabólicos, incluíndo a defensa antioxidante, o funcionamento do sistema inmune, a regulación tiroidea e o desenvolvemento cognitivo. Pola contra, elementos como mercurio, chumbo, arsénico ou cadmio carecen de función biolóxica coñecida e resultan tóxicos incluso…



O princípio da beneficência e os animais não-humanos: uma discussão sobre o problema da predação e outros danos naturais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cunha, Luciano Carlos

En este artículo defiendo el deber de minimizar los daños sufridos por animales no- -humanos causados no por el uso de estos como recursos, sino naturalmente. Usaré como ejemplo, a pesar de no ser los únicos, la depredación y la muerte por inanición, norma en la vida salvaje, a los cuales llamaré daños naturales. Inicialmente, presento una argumentación contra el especismo, para enseguida argumentar que la “respuesta-padrón” dada hasta ahora al problema de los daños naturales es insuficiente. A…



Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corbelle Rico, Eduardo José, Enríquez García, María José, Ónega López, Francisco José, Crecente Maseda, Rafael

Este documento presenta o informe técnico do convenio de colaboración Mercado, mobilidade da terra e valorización territorial. Os traballos desenvolvidos ao seu abeiro tiveron como obxectivo principal mellorar a comprensión dos mecanismos de prezo e mobilidade de terras en Galicia e a súa relación coa utilización da terra nas diferentes partes da comunidade autónoma. Un segundo obxectivo, de carácter institucional, estaba orientado á mellora da coordinación e intercambio de datos entre os…



Bio Apps: II encontro galaico-portugués de biometría con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente : Santiago de Compostela, 30 de xuño - 2 de xullo de 2016: programa e resumos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ginzo Villamayor, María José, Pértega Díaz, Sonia, Santiago Pérez, María Isolina

A Sociedade Galega de Estatística e Investigación de Operacións (SGAPEIO), e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) comprácense en presentar o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, o BIOAPP2016. Trátase dunha nova iniciativa conxunta das dúas Sociedades, tralos Encontros celebrados en Braga (2013) e Vila Real (2014), todos eles co obxectivo común de difundir os últimos avances no desenvolvemento e…



Acerca da facenda local e a súa reforma. Unha proposta modesta, About the local finance and its reform. A modest proposal, Acerca de la hacienda local y su reforma. Una propuesta modesta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rego Veiga, Gustavo

Cando está próximo a finaliza-lo proceso de descentralización do gasto e a aprobación do sistema de financiamento para o período 2001-2006, parece que é hora de acometer un proceso de reforma no nivel de administración máis próximo ó cidadán: o local. Para iso, partindo da situación presente da facenda local española en xeral e da galega en particular, reflexionaremos sobre certos elementos que poderían condicionar ou mediatiza-la evolución desta posible reforma



Coñecendo as cooperativas de horta e de flor

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mougán Bouzón, Higinio, Rodríguez Ferreiros, Ruth, Cabaleiro Casal, María José, Ginzo Villamayor, María José, Vila López, David, Rey Louzán, Sandra




"E fisica que fezesse nulla prol non lle fazia" : médicos e medicina nas Cantigas de Santa Maria, "E Fisica que fezesse nulla prol non lle fazia" : doctors and medicine in The Cantigas de Santa Maria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

Nas Cantigas de Santa Maria hai un número significativo de milagres en que a Virxe restitúe a saúde, física ou mental, dun personaxe. Malia a temática destas cantigas, no interior da colección alfonsí encóntranse algunhas referencias á medicina convencional e a aqueles que a practican.



Os festivais internacionais de teatro en Galicia (1984-2020). Achegas para unha análise histórica e artística

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pascual Rodríguez, Roberto

Con esta investigación queremos analizar, explicar e interpretar o proceso de creación, desenvolvemento, diversificación ou especialización dos festivais internacionais de teatro en Galicia, o seu impacto no sistema teatral e a súa incidencia nas comunidades en que xorden e se desenvolven, mostrando o seu impacto tamén nos planos social, económico ou político. Unha investigación coa que tentaremos demostrar que os festivais internacionais de teatro supuxeron unha plataforma para a promoción da…



As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV): estudo e edición

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Giadás Quintela, Miguel

Esta tese é unha monografía sobre os libros I a IV das Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa, bispo de Burgos entre os anos 1313 e 1327. O primeiro volume está adicado integramente ao estudo sobre a figura do seu autor dende diversas perspectivas (familiar, educativa, episcopal e política) e a súa obra, fundamentalmente ao proxecto da súa maior creación, as Cronice ab origine mundi, e todas as cuestións relativas a ela. De igual maneira, reflexiónase tamén alí sobre a súa relación coa…



Historia da división comarcal de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Varela, Alejandro

Esta investigación pescuda o debate acerca das comarcas acontecido en Galicia desde que este se expón como tal, tanto no que respecta aos discursos que se xeraron ao seu redor como aos mapas que se foron deseñando. O obxectivo principal consiste en determinar os distintos significados que se lle atribuíron a esta escala territorial en Galicia, de xeito que se dea determinado como foron evolucionando. Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha análise bibliográfica en profundidade, con…



A avaliación de negocios en Cuba

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Tato, Manuel

O presente traballo ten como obxectivo central realizar unha análise xeral da forma máis resumida posible das principais cuestións de carácter económico que cómpre ter en conta para a presentación e avaliación de novos negocios en Cuba, coa participación do investimento estranxeiro



Galicia ante o futuro da política rexional europea, Galicia ante el futuro de la política regional europea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Faíña Medín, José Andrés, Lirón Lago, Juan José, Patiño Doval, Aurora, Conde Fontao, Juan, López Rodríguez, Jesús, Fernández Munín, Jesús Fernando




Primeiro cuarto de século do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Requeixo Cuba, Armando

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades alcanzou no 2018 o seu primeiro cuarto de século de vida. Nestes vinte e cinco anos andados de existencia moitas teñen sido as iniciativas e actividades que desde el se promoveron, converténdoo nun centro de referencia na promoción e desenvolvemento dos estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos galegos. Non se entende a escena cultural galega, en xeral, e a filolóxica, en particular, sen o concurso do CRPIH, unha…



Espazo lido e espazo representado nas Cantigas de Santa María. Unha nova aproximación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Magán Abollo, Manuel

Esta tese está dedicada ao estudo da configuración do espazo artístico e literario presente nas Cantigas de Santa María a través dos diversos elementos que o conforman, como a descrición textual, a súa representación pictórica ou a xeografía. O traballo estrutúrase en dúas partes: a compoñente escrita, na que se realizan as análises, e a ferramenta web, www.oslugaresdascantigas.gal, onde se poden encontrar mapas, imaxes e unha base de datos dedicada aos lugares mencionados nas Cantigas de Santa…



Avaliação do estado nutricional da mangueira Tommy Atkins no submédio do vale do rio São Francisco: cálculo dos índices DRIS

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pinto, Paulo Augusto da Costa, Dias, L.E., Alvarez, V.H., Choudhury, M.M., Vieira, G.

O Sistema Integrado de Diagnose e Recomendação, DRIS, é uma ferramenta importante na avaliação do estado nutricional das plantas. Os objetivos do presente trabalho foram avaliar o estado nutricional de pomares de mangueira Tommy Atkins no Submédio do vale do São Francisco, no Brasil, mediante o DRIS, relacionar os índices com os teores foliares de nutrientes e discriminar a ordem de limitação de cada nutriente nas subamostras de alta e de baixa produtividade. Foram amostrados sessenta e três…



O comercio exterior dos productos agroalimentarios galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, José Manuel, Barros Fornos, Fernando, Barreiro Fernández, Begoña




O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo. Actas do Congreso Internacional. Santiago de Compostela, 1-6 de abril de 1996

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Casal, Antón A.

Reúnense neste libro as conferencias,relatorios e comunicacións presentadas no Coloquio Internacional "O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo", celebrado en Santiago de Compostela entre os días 1 e 6 de abril de 1996, no marco dos actos conmemorativos do Quinto Centenario da Universidade de Santiago de Compostela e organizado polo Consello da Cultura Gallega, baixo os auspicios da Comisión "Civilizacións Neolíticas de Europa e o Mediterráneo" da Unión Internacional…



As denominacións da ‘chuvia miúda’: variedades diatópicas e lingua literaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González González, María, Varela Vázquez, Begoña

Este relatorio ten a pretensión de percorrer de forma sintética e xeral as diferentes, e abundantes, denominacións que recibe o orballo 'chuvia miúda' no territorio de fala galega. Trátase dun estudo histórico-etimolóxico e motivacional dos datos dialectais e da súa presenza nos dicionarios e na literatura galega.



Presentación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Cortizo, Camilo, Folgar de la Calle, José María, Castro Pérez, Xavier

No desenvolvemento da Historia da vida cotiá, algo afastada no tempo queda xa a aparición das primeiras obras sobre esta temática publicadas pola editorial francesa Hachette nos anos 1930; máis próxima, a mediados da década de 1940, queda xa a monografía de H. Lefebvre Crítica de la vida cotidina, e máis recente, aínda que dos anos 1970, é a obra de F. Braudel Civilización material, economía y capitalismo. Siglos XV-XVIII, na primeira parte da cal cumpre coa súa “recomendación” feita en 1961…



Raíces folclóricas na obra de Rosalía de Castro: o tema do corazón

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Naya Pérez, Xoán

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Diagnóstico do acoso sexual e o acoso por razón de xénero, orientación sexual e identidade de xénero: revisión da situación e análise do fenómeno en contornas virtuais na Universidade de Santiago de Compostela. Memoria do proxecto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villar Varela, Milena

O acoso sexual e por motivos de xénero, identidade de xénero e orientación sexual continúa sendo unha problemática que afecta á sociedade actual, incluso en espazos que deberían de ser seguros como o son as universidades. A pesar dos grandes avances en materia de igualdade e os esforzos por visibilizar esta problemática, moitas persoas seguen sufrindo as consecuencias dun sistema que perpetúa a discriminación e a violencia. É indubidable que os espazos educativos, de aprendizaxe e crecemento…



Reflexións sobre un tigre protestante. Unha conversa con Gonzalo Puente Ojea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Araujo Cardalda, Laureano

A obra de Gonzalo Puente Ojea, extraordinariamente erudita e singular en España, é probabelmente a máis ambiciosa entre as que tratan da igrexa católica desde posicións non dominantes. O autor realizou un esforzo realmente infrecuente entre nós por elaborar un relato do protagonismo da igrexa católica na historia de España do século XX cun modelo alternativo que pode ser localizado nun espazo que abrangue áreas marxinais dos campos filosófico, teolóxico e científico-social, aínda que presenta…



Mesa redonda ‘Proxectos lexicográficos en curso’

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballeira Anllo, Xosé María, González González, Manuel, Pena Romay, Xosé Antonio




Lingua e naçom em Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Belho, Pedro

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Edições de “ Sempre en Galiza”: O Castelao que queremos?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa Casas, Joám José

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Lombao, Tania

O título desta tese de doutoramento é “A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea”. Esta cabeceira engloba as dúas cuestións sobre as que gravita toda a investigación: os medios de comunicación públicos e o sistema de autorregulación no ámbito da xestión. A inferencia política, os procesos viciados na toma de decisións, a caída da credibilidade e a desidia no cumprimento da misión de servizo público abocou ao groso das corporacións de radiotelevisión…



Execución financeira da anualidade do 2008 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, Ejecución financiera de la anualidad del 2008 del Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, Financial Execution of 2008 Annual Payment of the Operational Program FEDER Galicia 2007-2013

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de Fondos

Programa Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007, C(2007)6079, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores económicos e sociais e coas autoridades locais,…



Informe de necesidades sociais de Cabo Verde Desafíos no marco da Axenda 2030 e do V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez-Rodríguez, Ana, Sotelino-Losada, Alexandre, Mella-Núñez, Ígor, Avendaño-Carballo, Nicolás

No presente informe, o que nos move é afondar nas esixencias sociais de Cabo Verde ás que convén prestar atención na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, e cunha liña clara de converxencia coas prioridades transversais do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026) da Xunta de Galicia. É evidente que unha reacción firme diante de necesidades inescusables mediante metodoloxías, estratexias e actuacións impulsadas dende a Academia,…



Roberto Vidal Bolaño na historia do teatro galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tarrío Varela, Anxo

Conferencia pronunciada no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela o día 16 de maio de 2013 co gallo do Día das Letras Galegas



A moura na literatura popular galega: achegamento antropolóxico e estructural a algúns relatos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilavedra Fernández, Dolores

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Viñas, Xan

O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta,…



Terciarización e servizalización na innovación do sector agrario. Factores impulsores e efectos na sustentabilidade da gandería e da viticultura en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Sánchez, Ángeles

A demanda de servizos no sector agrario representa unha estratexia adaptativa das explotacións aos cambios institucionais e de mercado. A co-evolución das dinámicas do sector agroalimentario, os patróns sectoriais de innovación, os cambios na política pública e nas convencións alimentarias, así coma os cambios en organización, xunto coas mudanzas nas estruturas agrarias, impulsan unha crecente complexidade e especialización nos procesos produtivos das explotacións, que requiren do apoio de…



Reflexións de urxencia sobre a territorialidade crebada de España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Puñal, Antonio

A internacionalización da cuestión de Catalunya: a necesidade dun novo proceso constituínte (Senado territorial, Tribunal Constitucional independente e referendo) : - É congruente o noso deseño constitucional institucional cun desenvolvemento cooperativo do Estado autonómico español? - Como se chega a un Estado vertical? - Temos en España un Poder Xudicial e un Tribunal Constitucional independentes? - Poder xudicial e discriminación territorial. A internacionalización da Catalunya. - Unha…



Implantación e desenvolvemento dun sistema de xestión ambiental en Ence-Pontevedra, Implementation and Development of a System of Environmental Management in Ence-Pontevedra, Implantación y desarrollo de un sistema de gestión ambiental en Ence-Pontevedra

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Buela Fontenla, José

No presente traballo expóñense as distintas fases e etapas que transcorreron durante o proceso de implantación dun Sistema de Xestión Ambiental (SIXA) na fábrica de pasta de papel de ENCE en Pontevedra. Destacan as actividades referentes á educación-sensibilización ambiental previa á propia implantación do sistema, por considerar que foi clave para a predisposición do persoal ante a instauración desta ferramenta de traballo que supón un SIXA



Análise socioeconómica da Comarca de Deza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villarino Pérez, Montserrat, García Pita, Pablo, Doval Adán, Antonio

Este capítulo estudia o sistema económico e produtivo que presentaba o conxunto da Comarca do Deza a principios do ano 1994, constituíndo a primeira parte do libro publicado sobre a Comarca de Deza e o seu Plan de Desenvolvemento Comarcal, impulsado pola Presidencia da Xunta de Galicia a través do seu Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Despois de comentar o grao de integración funcional da comarca, faise unha presentación xeral do encadramento territorial e dos elementos…



A arte de narrar no ensino do dereito penal: os relatos como estratexia pedagóxica, The Art of Storytelling in Criminal Law Education: Narratives as a Pedagogical Strategy

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia

O ensino do Dereito penal enfronta o desafío de transmitir contidos complexos e altamente abstractos sen perder de vista a súa dimensión humana e social. Neste contexto, o uso de narrativas pedagóxicas preséntase como unha estratexia capaz de facilitar a comprensión de conceptos xurídicos, fomentar unha aprendizaxe significativa e promover o pensamento crítico do alumnado. Este traballo analiza o potencial da narración de historias como ferramenta didáctica na docencia universitaria do Dereito…