Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Esta tese doutoral realiza a primeira presentación sistemática do pensamento do intelectual galeguista Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915- Vigo, 2012) para enmarcalo no ámbito da Historia do Pensamento Galego. A hipótese da investigación establece que Xaime Isla constitúe un dos principais representantes no século XX do personalismo comunitario e do humanismo cristián na tradición galeguista da Historia do Pensamento Galego no seo dun proxecto intelectual de elaboración das bases…



Curso de micoloxía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rigueiro Rodríguez, Antonio, Fernández Lorenzo, Juan Luis

Os fungos e os cogomelos constitúen un mundo apaixonante ó que hai que achegarse con prudencia, xa que xunto a especies comestibles de delicado aroma e agradable sabor conviven estirpes tóxicas, algunhas incluso letais. E a única regra válida para evitar intoxicacións é o coñecemento das especies máis importantes, comestibles e tóxicas, ó que contribúen os cursos de divulgación. O volume "Curso de micoloxía", cun enfoque teórico-práctico, trata tanto aspectos introdutorios e xerais…



Medievalite: António Nobre e o medievalismo finissecular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira, Paulo Alexandre

Propõe-se, neste artigo, uma releitura da poética de António Nobre, nela discernindo a incidência e funcionalidade dos motivos medievais de matriz cavaleiresca, hagiográfica ou trovadoresca, de forma a demonstrar que esta medievalite consubstancia um éden privado que coliga infância pessoal e pátria.



Alteracións no comportamento depresivo e na plasticidade neural hipocámpica no rato heterocigoto reeler

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romay Tallón, Raquel

La formación hipocámpica abarca el hipocampo y el giro dentado interconectados mediante conexiones unidireccionales. La formación hipocámpica se caracteriza por ser un área muy plástica y ser una de las áreas cerebrales en las que tiene lugar neurogenesis durante la vida adulta. Está implicada en procesos de memoria y aprendizaje. La reelina es una proteína de matriz extracelular que, entre otras zonas del cerebro, es expresada por varios subtipos de interneuronas GABAérgicas en el hipocampo y…



A relación entre desemprego e productividade en España e Portugal: persistencia e longo prazo, Relationship between unemployment and productivity in Spain and Portugal: persistence and long-term prospects

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bande Ramudo, Roberto

O desemprego representa un dos principais problemas das economías europeas, entre elas España. Sen embargo, o naso viciño Portugal, a pesar de haber estado sometido a similares perturbacións no mercado de traballo (e a súa economía en xeral), presenta unha taxa de desemprego moito máis baixa que a española Neste artigo preténdese acouta-la existencia dunha realción de longo prazo entre a taxa de desemprego e a laxa de crecemento da productividade. Se esta relación existe, pódese explica-la…



O papel da empresa pública industrial no desenvolvemento rexional, El papel de la empresa pública industrial en el desarrollo regional, The Role of Public Industrial Enterprises in Regional Development

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Carreira, María del Carmen

A empresa pública pode cumprir unha importante función, contribuíndo ao desenvolvemento económico, tecnolóxico e social de determinadas rexións. Neste artigo estudamos a experiencia española. Para iso analizamos a actuación territorial do Instituto Nacional de Industria. Podemos afirmar que a empresa pública non cumpriu ese papel, ao non reducir as diferenzas rexionais. A decisión de localización de actividades produtivas e especialmente da I+D está moi vinculada co papel da empresa pública…



Percepción social sobre xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia, Percepción social sobre generación de electricidad con fuentes de energía renovables en Galicia, Social Perception on Electrity Generation from Renewables in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prada Blanco, Albino, Vázquez Rodríguez, María Xosé, Soliño Millán, Mario

Neste artigo presentamos unha análise de percepción social sobre a xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia. Realizamos unha enquisa de percepción a unha mostra representativa da poboación galega. A análise de respostas permítenos analizar diferentes cuestións de percepción ou de coñecemento sobre a estrutura de consumo e a produción eléctrica, as vantaxes e os inconvenientes da produción de electricidade con fontes enerxéticas convencionais (e-FEC) e renovables (e…



A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do século XIX e primeiros anos do XX

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Seoane, Ernesto Xosé

Durante a segunda metade do s. XIX, coincidindo coa recuperación literaria do galego, rexístranse os primeiros intentos de describir a súa gramática, de fixar a súa ortografía e de establecer o seu corpus lexical. Tomando como base os textos lingüísticos e os que de forma tanxencial tratan temas desta natureza, este traballo trata de aproximarse ós problemas que os primeiros estudosos do galego moderno tiveron que enfrontar á hora de elaboraren un modelo ortográfico e gramatical, ós medios…



Autonomía enerxética local e desenvolvemento rural sustentable. Análise da predisposición a participar en comunidades enerxéticas renovables, Autonomía energética local y desarrollo rural sostenible. Análisis de la pre-disposición a participar en comunidades energéticas renovables, Local energy autonomy and sustainable rural development. Analysis of the predisposition to participate in renewable energy communities

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Cabarcos, María Ángeles, Romero Castro, Noelia María, Miramontes Viña, Vanessa

As comunidades enerxéticas renovables (CER) postuláronse na literatura académica como unha potencial fonte de oportunidades para o desenvolvemento rural sustentable. As novas liñas estratéxicas do Goberno da nación apuntan a que poderían empezar a incentivarse dun modo máis contundente, polo que se fai necesario a análise dos condicionantes da predisposición a participar e/ou investir neste tipo de iniciativas. Con base na información recollida a través dunha enquisa nunha pequena localidade de…



A onomatopeia como creadora de denominación da chuvia/chover

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fidalgo Francisco, Elvira

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caamaño Remuiñán, Zaira, Souto Lema, José Manuel

Folleto didáctico realizado con motivo de la celebración de la Exposición "O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)" realizada en Santiago de Compostela y en A Coruña en el 2019 y comisariada por Montserrat Capelán y Javier Garbayo



Cambiarías o conto do lobo?. Practicar a lectura e a escritura creativa en clave de ciencia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caamaño Rojo, María José, Macía Arce, Xosé Carlos, Puig Mauriz, Blanca

Preséntase unha proposta didáctica para analizar as representacións sociais e espaciais sobre o lobo na literatura, practicando a lectura crítica e a escritura creativa en clave de ciencia. A actividade está dirixida a alumnado de sexto de primaria e utiliza un enfoque interdisciplinar que permite promover as competencias lingüísticas, sociais e científicas de maneira integrada, así como o desenvolvemento de pensamento crítico.



Notas sobre os inicios da Astronomía en Galicia: de Domingo Fontán a Ramón María Aller

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Iván

No desenvolvemento da Ciencia en xeral e da Astronomía en particular, son numerosos os exemplos de persoas que dedicaron parte do seu tempo a experimentar cuestións que lles suscitaban curiosidade. Queremos amosar neste artigo unhas notas coas primeiras achegas sobre distintas cuestións astronómicas de algúns galegos ou residentes en Galicia. Salientamos, entre outras, as observacións planetarias de Domingo Fontán Rodríguez e do papel xogado polo seu mestre José Rodríguez González, unha…



H. D. Thoreau: unha aproximación transcendentalista á estética da Natureza nos arredores de Walden

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fumega González, Roberto

A presente tese ten por obxectivo unha aproximación ao pensamento de Henry David Thoreau a partir dunha perspectiva apoiada na apreciación estética da Natureza. Thoreau é coñecido sobre todo polos seus escritos políticos e polo estudo da súa obra dende a disciplina filolóxica, así como por un crecente interese social cara a súa figura, en relación co pensamento ecoloxista. Porén, o noso enfoque artéllase dende o punto de vista da estética da Natureza, coa intención de relacionar o resto de…



Desigualdade e pobreza en Galicia nos anos 2007 e 2010. Como se distribúen os efectos da crise?, Desigualdad y pobreza en Galicia en los años 2007 y 2010. ¿Cómo se distribuyen los efectos de la crisis?, Inequality and Poverty in Galicia between 2007 and 2010. How is the Distribution of Crisis Effects?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Coberlle Cacabelos, Fernando, Troitiño Cobas, Ánxela

O obxectivo deste traballo é analizar os efectos que a actual crise económica está producindo sobre a distribución da renda en Galicia. Utilizamos tres variables clave: i) o ingreso dispoñible equivalente; ii) o ingreso dispoñible equivalente excluíndo as prestacións por desemprego, co obxecto de medir o efecto de tales prestacións; iii) o ingreso dispoñible equivalente incluíndo o aluguer imputado. Seleccionamos índices de desigualdade e pobreza de boas propiedades (Gini, Atkinson, Theil, FGT)…



Participación infantil e adolescente en Galiza. Unha análise socioeducativa de experiencias de acción cidadá

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riádigos Couso, Xabier

Diferentes normativas e estudos científicos evidencian avances na participación infantil e adolescente, aínda que persisten baleiros sobre como se concreta este exercicio na práctica. A través dun deseño de métodos mixtos analízanse experiencias de acción cidadá na Galiza. Os resultados mostran o predominio de escenarios institucionais (municipais e escolares), mentres que os autoxestionados e dixitais son exiguos. Factores como redes de participación infantil e adolescente, estruturas estábeis…



Rosalia em Curros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marco, Aurora

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



As Árbores Senlleiras de Galicia. Diagnóstico da situación actual e proposta de liñas de actuación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bernárdez Villegas, José Gaspar

Cada vez existe unha maior admiración e respecto polos monumentos naturais a escala global e, dentro de devanditos monumentos, destaca a crecente consideración polo arborado singular. Galicia conta desde o ano 2007 cun Catálogo galego de árbores senlleiras que se foi modificando durante os últimos anos e no que se recollen as árbores e formacións máis destacados de Galicia polas súas características dendrométricas, históricas, culturais, científicas ou paisaxísticas. O presente traballo é…



Rara avis: Plácido Ramón Castro del Río e o liberalismo galeguista

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Esta conferencia ofrece catro hipóteses sobre a biografía de Plácido Castro e o seu traballo no galeguismo tras da Guerra Civil que revelan que o seu posible “desterro interior” unicamente agochaba unha maior discreción no seu rexo e firme compromiso co galeguismo, a liberdade e a democracia.Hipótese 1: Desempeña un papel fundamental na “conversión liberal” de Xaime Isla Couto tras da Guerra Civil. Hipótese 2: Participa na reconstitución do Partido Galeguista na clandestinidade e na…



A Reserva de Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Rigueiro Rodríguez, Antonio

O ciclo de conferencias Luis Asorey (Organizado pola Real Academia de Ciencias, Deputación de Lugo, Universidade de Santiago) do ano 2013 representou a edición número 24 desta actividade e dedicouse á Reserva de Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xa que o ano anterior centrárase na Reserva de Biosfera Terras do Miño. O eixo central nos dous casos foi poñer de relevo os valores naturais destes territorios e achegarse a técnicas de desenvolvemento rural…



As matemáticas que fixeron Ordes, The mathematics that shaped Ordes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Candal Parafita, Alba, Castiñeira Veiga, Gonzalo

Neste artigo preséntase unha proposta didáctica dirixida a un grupo de estudantes de 2º da ESO, centrada nos contidos e competencias relacionados co sentido espacial e o sentido da medida. O obxectivo principal é favorecer unha aprendizaxe significativa da materia mediante a introdución de elementos vinculados ao concello de Ordes, ao tempo que se promove unha actitude máis positiva do alumnado cara ás matemáticas.



Antropologia trascendentale e spontaneità in Kant

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sgarbi, Marco

El objetivo del presente artículo es demostrar que aquello que caracteriza trascendentalmente al ser humano para Kant es su autoconsciencia de ser un ser espontáneo. El ser espontáneo dell ser humano se explica a través de sus facultades superiores del alma que pertenecen propiamente solamente a este y que son eminentemente espontáneas. Si, pues, la investigación filosófica sobre la antropología requiere el estudio de aquello que diferencia cualitativamente y trascendentalmente al ser humano de…



Contributos para umha história da lingüística galega (1964-1974)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Henríquez Salido, Mª do Carmo

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Vixencia actual da “Literaturwissenschaft”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villanueva Prieto, Francisco Darío

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Educación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transition

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardellas Santiago, Miguel

Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente. O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer…



Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión), Über die spezielle und die allgemeine Relativitätstheorie (Gemeinverständlich). Galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Einstein, Albert, Mira Pérez, Jorge, Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

A teoría da relatividade restrinxida e xeral supón un dos cumios da capacidade intelectual do ser humano. Reformulou os conceptos de espazo e tempo, a comprensión da orixe e evolución do Universo, e propiciou a entrada na era nuclear. Para os historiadores de dentro duns séculos esta fazaña do xenial físico Albert Einstein será un dos fitos do século XX. Hai multitude de libros divulgativos sobre ela, pero este ten o decisivo valor de ser escrito polo mesmo Einstein en 1916, ano seguinte ao de…



Recintos Fortificados en Altura na costa atlántica galega. Estudo Arqueolóxico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pereiro, Mario

Na costa atlántica da Galiza, no noroeste da Península Ibérica, existe unha concentración de xacementos fortificados con características similares entre eles, que non poden ser clasificados nin coma castros, entendidos estes como poboados da Idade do Ferro, nin coma castelos da Plena ou Baixa Idade Media, e que habitualmente foron datados entre os séc. V-X e.c. Estes xacementos apenas coñecen estudos arqueolóxicos en profundidade, polo tanto, os datos existentes sobre eles son parciais ou nulos…



A planificación turística sostible: unha análise aplicada ao municipio de Caldas de Reis, A Sustainability Tourism Destination Planning: the Case Aplication of Caldas de Reis, La planificación turística sostenible: un análisis aplicado al municipio de Caldas de Reis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardellas de Blas, Xulio X., Padín Fabeiro, María Carmen

O turismo como actividade económica presenta cada vez en maior medida unha notable importancia no ámbito local, fornecendo ingresos e emprego, ademais de servir como motor de desenvolvemento doutros sectores económicos, tales como a agricultura, a pesca, a artesanía, a construción, o transporte, etc. Con todo, tamén é certo que pode significar un factor desequilibrador e incluso ter un impacto negativo sobre o territorio, polo que cómpre un debate sobre os problemas do seu desenvolvemento.…



A formación do profesorado en educación intercultural. Avaliación e perspectivas de futuro en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cernadas Ríos, Francisco Xabier

Partindo da conveniencia de aproveitar a diversidade cultural aportada pola presenza de alumnado inmigrante nas aulas -un dos retos de futuro máis importantes aos que se enfronta o sistema educativo-, o traballo céntrase na necesidade de formación do profesorado no eido da Educación Intercultural, a partir das opinións dos protagonistas: profesoras e profesores de Educación Infantil e Primaria en Galiza. O documento estrutúrase en dúas partes. Na primeira delas, preséntanse as bases teóricas…



Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia. Exposición. Unidade didáctica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Unidade didáctica da exposición "Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia".



Ensino superior em Portugal: décadas de profundas exigências e transformações

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Almeida, Leandro S., Vasconcelos, Rosa

O Ensino Superior em Portugal passou nos últimos anos por duas importantes transformações introduzindo mudanças significativas nas práticas de ensino e de aprendizagem. Após uma fase de acentuada massificação, em que uma Universidade de elite acabou por receber alunos muito diversificados nas suas motivações, conhecimentos e expectativas, daí decorrendo taxas elevadas de insucesso escolar e de abandono, nos últimos anos as mudanças passam pela adesão aos princípios da Declaração de Bolonha.…



Lirismo e alteridade: uma leitura da trajetória poética de Helena Villar Janeiro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marques Samyn, Henrique

Apresenta-se uma interpretação da trajetória poética de Helena Villar Janeiro. O corpus de análise é constituído pelas coletâneas de poemas publicados por aquela autora em língua galega, desse modo incluindo desde O sangue na paisaxe (1980), obra assinada juntamente com Xesús Rábade, até Pálpebra azul (2003). Advogase uma leitura do percurso poético de Helena Villar como caracterizado por múltiplas formas de tratamento da alteridade, tanto no tocante às condições de produção poética quanto no…



Alfredo Guisado, entre o cosmopolitismo do Orpheu e a Xente d’a aldea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lourenço, António Apolinário

Filho de galegos imigrados em Lisboa, Alfredo Guisado foi um dos principais amigos e colaboradores de Fernando Pessoa, tendo sido um dos fundadores da revista Orpheu, o primeiro órgão da Vanguarda portuguesa. Foi também um dos primeiros (e durante algum tempo dos únicos) a conhecer o segredo da heteronímia pessoana. Os poemas e os livros que publicou nos anos em que esteve ligado ao Modernismo português contam-se entre os mais representativos dos vários ramos do movimento órfico: o Paulismo, o…



O concepto de nación en Castelao: análise desde a perspectiva da filosofía moderna e dos novos paradigmas da socioloxía do coñecemento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Garrido Couceiro, Xoán Carlos

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Castelao e as cruces de pedra

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Valle Pérez, Xosé Carlos

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Externalidades ambientais e prezo da vivenda en Madrid: unha análise con regresión cuantílica espacial, Externalidades ambientales y precio de la vivienda en Madrid: un análisis con regresión cuantílica espacial, Environmental externalities and housing price in Madrid: an application with spatial quantile regression

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Coro Chasco, Yrigoyen, Sánchez Reyes, Beatriz

A contaminación atmosférica e o ruído son dous importantes problemas propios das grandes cidades. Neste artigo analízase o impacto de ambas as dúas variables sobre o prezo da vivenda na zona centro da cidade de Madrid. Para iso, seleccionáronse dúas medidas subxectivas de contaminación atmosférica e ruído correspondentes a unha mostra de 5.080 vivendas que, xunto con outras variables de características desas vivendas, de accesibilidade e de datos socioeconómicos, serán empregadas no contexto…



Aforro e sistema financeiro, Ahorro y sistema financiero, Saving and financial systems

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Isla Couto, Xaime, Martínez Cobas, Francisco Xavier, Rojo, Javier

O traballo presenta o aforro galego e o uso que fai deste o sistema financeiro. Logo dun repaso polo pasado e polos cambios producidos ata a situación actual, coméntanse as variables que afectarán á súa evolución



A distribución da I+D entre as rexións españolas, La distribución de la I+D entre las regiones españolas, Regional Disparities in the Enlarged European Union

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villaverde Castro, José, Maza Fernández, Adolfo

Neste traballo analízase o esforzo investidor en I+D realizado en España nos últimos anos. Tras evidenciar que, no contexto da UE, é moita a distancia que nos separa do esforzo realizado polos países máis avanzados e que as disparidades entre eles son amplas, aínda que decrecentes, o traballo –mediante a aplicación de indicadores de desigualdade e técnicas non paramétricas– céntrase en desvelar as características da distribución rexional da I+D en España. A este respecto, a principal conclusión…



A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Neste traballo pretendo analizar a obra dialectolóxica de Ricardo Carvalho Calero; en concreto, voume centrar na súa proposta de clasificación das variedades dialectais do galego. Para iso, presentarei, en primeiro lugar, a súa visión do galego como lingua unitaria: aínda que presenta variación dialectal, non contén dialectos no seu interior, senón entidades que el denomina modalidades. En segundo lugar, prestarei especial atención a como elaborou a súa clasificación, ós seus presupostos…



Rosalía e a dor dos inocentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Losada Castro, Basilio

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



As relacións de Alfonso R. Castelao cos comunistas durante a Guerra Civil e no exilio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez, Santiago

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Benestar socioeconómico dos concellos galegos: unha aproximación á súa medida, Socioeconomic Welfare of Galician Councils: An Approximation to its Measurement, Bienestar socioeconómico de los municipios gallegos: una aproximación a su medida

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Vizcaíno, María Esther, Sánchez Fernández, Patricio, Iglesias Patiño, Carlos Luis

O obxectivo final deste traballo é chegar a unha comparación territorial entre os concellos galegos no referente ó nivel ou calidade de vida ou, cando menos, á súa aproximación. Para este propósito empregarase o método da distancia P2 de Pena Trapero. Como resultado obterase unha ordenación dos concellos galegos que permitirá observar os desequilibrios, en canto ó nivel de benestar e desenvolvemento, existentes a nivel municipal en Galicia



Desenvolvemento sostible na costa brasileira, Desarrollo sostenible en la costa brasileña, Sustainable Development in the Brazilian Coast, Desenvolvimento sustentável na costa brasileira

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cunha, Icaro

Este artigo presenta unha discusión das relacións entre desenvolvemento e medio ambiente na costa brasileira, franxa dunha grande extensión, ecoloxicamente importante, na cal se localizan algunhas das principais cidades do país. En décadas recentes, estas rexións veñen sendo reocupadas nun proceso inducido pola aper-tura de novas estradas, pola implantación de polos industriais e de infraestruturas portuarias. Os asentamentos humanos caracterízanse pola carencia na súa localización dunha base…



Solitóns asociados a ecuacións de evolución xeométrica e estruturas quasi-Einstein

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Valle Regueiro, Xabier

A ecuación quasi-Einstein aparece de forma natural no contexto da xeometría riemanniana. O noso propósito nesta primeira parte da tese é dar a estrutura local das variedades quasi-Einstein hemi conformemente chás. Distinguimos dúas posibilidades: o gradiente da función potencial é isotrópico ou non isotrópico. Este segundo caso dá lugar a produtos warped con base dada por un intervalo real e fibra Einstein. Se, polo contrario, o gradiente da función potencial é isotrópico, entón a variedade é…



A garantía da vivenda digna e accesible. Crise económica e sustentabilidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintiá Pastrana, Andrei

Esta tese analiza a marxe xurídico-política para o desenvolvemento da garantía do dereito á vivenda nun contexto de crise económica e difuminación das fronteiras entre o dereito público e privado. O traballo ofrece unha revisión das dimensións internacional, constitucional e competencial do dereito á vivenda e o dereito á propiedade. Esta é logo contrastada mediante a análise sistematizada dos últimos desenvolvementos en materia habitacional no plano lexislativo autonómico. Conclúese que estes…



Desenvolvemento da competencia científica a través dun problema contextualizado: a bioacumulación de mercurio nos ecosistemas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Duarte Sánchez, Ana María, Blanco Anaya, Paloma, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Neste estudo analízase como os estudantes resolven un problema contextualizado nun problema ambiental actual, a bioacumulación de metais nos ecosistemas. O problema proposto aborda a contaminación por mercurio dos ecosistemas mariños que chega a dieta por procesos de bioacumulación



A linguaxe figurada na Literatura Infantil e Xuvenil. Fina Casalderrey

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pousada Pardo, Verónica

Esta tese doutoral enmárcase na escola da Lingüística Cognitiva. Tendo en conta que a linguaxe figurada é unha fonte de coñecemento que lle permite ao ser humano percibir e comprender o mundo, xa que impregna a totalidade da nosa experiencia diaria (as emocións, os conflitos, as dificultades...), constituíndo un reflexo fiel dun determinado pobo, da súa cultura e do seu modo de vida; este proxecto de investigación ten como obxectivo principal a análise descritiva e explicativa de expresións…



Libro de Resumos da III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ_3)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xuntanza Investigador@s Nov@s no ámbito da Química

Libro de Resumos da III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ_3). A XINQ é un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poden dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega. Isto desenvólvese a través de sesións abertas de comunicacións orais nas que esta mocidade investigadora presenta, en lingua galega e…



Achegas ao estudo da ilustración dos Salmos Penitenciais nos libros de horas manuscritos: xestión e explotación dun corpus de miniaturas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabada Giadás, María Cristina

Un dos obxectivos da presente tese foi elaborar un instrumento que contribuíse ao coñecemento sobre a iluminación dos Salmos Penitenciais -unha das seccións habituais dos libros de horas- sustentándoo na análise cuantitativa e cualitativa dun corpus extenso de miniaturas e na elaboración dun catálogo de imaxes. Os datos estatísticos obtidos a partir dunha descrición das escenas máis utilizadas nas ilustracións compiladas serviron para trazar un panorama global da iluminación dos Salmos…



As denominacións dos meses do ano: perspectiva lexicográfica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aira González, Raquel, Martínez Baleirón, Mónica

O obxectivo deste traballo é ofrecer unha achega ó estudo das denominacións populares dos meses que van de xuño a decembro e apuntar algunhas ideas sobre o uso de distintos campos semánticos para nomealos. Intentaremos superar unha visión descritiva sinalando algunhas liñas de interpretación lingüística e antropolóxica que axuden a explicar a presenza de diferentes grupos motivacionais na conceptualización do ciclo anual. No plano lexicográfico analizaremos o tratamento que os dicionarios…



Espazos protexidos e desenvolvemento territorial: unha análise comparativa de estudos de caso galegos e internacionais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Franqueira, Daniel del

Os espazos protexidos foron vistos tradicionalmente como unha das estratexias máis empregadas para loitas contra a perda de biodiversidade, quecemento global, contaminación e efectos negativos derivados da actividade humana. A base filosófica sobre a que se asentan muda, e o novo paradigma de protección da natureza engade a eses obxectivos outros como o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da xente que vive dentro.



Análise da mobilidade de pasaxeiros no corredor noroeste, Analysis of Passengers Mobility in the Northwest Corridor, Análisis de la movilidad de pasajeros en el corredor noroeste

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caride Estévez, María José, González Martínez, Xosé Manuel

Neste traballo analízase, a partir dos datos obtidos cunha enquisa sobre mobilidade, a actual oferta de transporte no corredor Galicia-Madrid. O estudo empírico desenvolvido permite caracterizar os usuarios actuais e potenciais deste corredor, coñecer a tipoloxía dos desprazamentos e, con iso, xerar un conxunto de información necesaria para avaliar os efectos sobre o comportamento dos usuarios ante melloras nunha modalidade de transporte como pode ser a incorporación da alta velocidade…