Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Sobre a norma léxica do galego culto : da prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteagudo Romero, Henrique

Noutros traballos nosos publicados antes temos chamado a atención sobre facetas desatendidas do proceso de constitución da norma culta do idioma galego no período contemporáneo, sinalando en particular a importancia do estudio do léxico e a semántica. O presente contributo ofrécese como unha achega nesa liña. En primeiro lugar, procederemos a desenvolver, explicitar e luír certos aspectos do aparello analítico que vimos empregando, que en artigos anteriores se trataron de xeito sumario e…



Castelao, a arte do humor

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Ramos, Rafael

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gómez, Silvia

O presente estudo ten como propósito fundamental, contribuír á compilación e análise dos videoxogos desenvolvidos en Galicia, centrándose principalmente nos dirixidos á educación. Con este fin, deséñase, valídase e aplícase unha guía de avaliación de videoxogos dirixida a describir e interpretar as características técnicas, pedagóxicas, lúdicas e funcionais dos videoxogos galegos elaborados con intencionalidade educativa que ademais poida ser reutilizada de xeito independente e aplicada a…



Titulización hipotecaria en España: unha análise do risco para as entidades orixinadoras, Titulización hipotecaria en España: un análisis del riesgo para las entidades originadoras, Mortgage securitization in Spain: a risk analysis for the issuing entities

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Casal, Ana, López Penabad, Celia, López Andión, María del Carmen, Maside Sanfiz, José Manuel

O obxectivo de noso traballo é analizar o risco sistemático das entidades bancarias cotizadas orixinadoras de operacións de titulización hipotecaria no mercado español. Para iso utilizamos a metodoloxía do estudo de eventos que se centra nas datas de rexistro na Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e de emisión dos bonos de titulización entre os anos 1993 e 2010. A evidencia empírica mostra que o risco sistemático das entidades orixinadoras aumenta nos días posteriores ao evento para…



Anteproxecto de Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Anteproxecto de Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega elaborada a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.



Benigno Ledo, O cura das abellas, e a modernización da apicultura en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Copena Rodríguez, Damián, Gómez Martín, María

[GAL] Este artigo pretende recuperar a figura de Benigno Ledo González como introdutor e impulsor da modernización da apicultura en Galicia durante as décadas finais do século XIX e a primeira metade do século XX. A análise das publicacións xeradas polo profesor Ledo no exercicio da súa profesión, xunto ás fontes arquivísticas e documentais do período, permitirá comprender a variedade e o alcance da actividade do eclesiástico lucense no proceso inicial de transformación da industria apícola…



Museos, edificios históricos e contorna urbana. Ocaso galego (MARCO, Museo da Cidade Quiñones de León, Museo do Mar de Galicia, Museo Provincial de Lugo, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Museo de Pontevedra)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Coto Orge, María del Pilar

Esta tese aborda diferentes museos galegos situados en edificios históricos dende unha dobre óptica. Aténdese ao museo dende o seu exterior estudando a evolución histórica do seu espazo, os bens inmobles próximos ou lindeiros con este, criterios e perspectivas visuais e a situación do edificio e o carácter da súa contorna. Deste xeito, búscase comprender a implantación urbana do ben en relación coa súa interacción e diálogo cos inmobles próximos. Isto ten como fin realizar unha delimitación da…



Política turística común: un estudo sobre as implicacións dunha concepción nouménica do turismo e sobre a viabilidade da súa implementación na UE, Política turística común: un estudio sobre las implicaciones de una concepción nouménica del turismo y sobre la viabilidad de su implementación en la UE, Common tourism policy: a study on the implications of noumenic tourism approach and on the feasibility of implementation in the EU

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Jiménez García, Mercedes

Neste artigo analízanse dous aspectos que afectan de forma moi importante ao sector turístico. Por unha parte, desde un punto de vista teórico, unha nova conceptualización do turismo –nouménica–, e o seu impacto no deseño dunha política turística común (PTC). E por outra parte, mediante unha análise empírica das entrevistas realizadas a unha mostra de expertos en turismo, a factibilidade da implementación desa política turística común na Unión Europea. As respostas destes expertos evidencian…



Novo tratamento contable das sociedades cooperativas no ámbito estatal e da comunidade autónoma galega, New accounting treatment of cooperative societies in Spain and Galician autonomous community, Nuevo tratamiento contable de las sociedades cooperativas en el àmbito estatal y de la comunidad autónoma galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maside Sanfiz, José Manuel

Tratando de recolle-las inquedanzas das sociedades cooperativas e os novos desafíos derivados da Unión Monetaria europea e o proceso globalizador no que estamos inmersos, xurdiron recentemente a Lei xeral de cooperativas (Lei 27/1999) e a Lei galega de cooperativas (Lei 5/1989). Referímonos neste artigo, en primeiro lugar, ás cuestións contables máis destacadas recollidas na Lei xeral de cooperativas (achegas ó capital social, retribución, reembolso e actualización de achegas, determinación e…, Tratando de recoger las inquietudes de las sociedades cooperativas y los nuevos desafios derivados de la Unión Monetaria europea y el proceso globalizador en que estamos inmersos, han surgido recientemente la Ley general de cooperativas (Ley 27/1999) y la Ley gallega de cooperativas (Ley 5/1989). Nos referiremos en este artículo, en primer lugar, a las cuestiones contables más destacadas recogidas en la Ley general de cooperativas (aportaciones al capital social, retribución, reembolso y…



O modelo de financiamento da universidade galega 2011-2015: previsión de fondos e balance, El modelo de financiación de la universidad gallega 2011-2015: previsión de fondos y balance, The model Galician university funding 2011-2015: provident fund and balance

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández López, Sara, Vaquero García, Alberto

En decembro de 2010 aprobouse o modelo de financiamento autonómico para as tres universidades galegas, que rexerá os orzamentos universitarios ata o ano 2015. Este novo sistema enmárcase nun momento de fortes restricións económicas, onde os recursos destinados ás universidades se reducen notablemente. Paralelamente, o novo modelo formula a necesidade de apostar de forma decidida polo financiamento por obxectivos. Este artigo pretende analizar en que medida os vellos problemas que presenta o…



A economía galega: breve balance das tres últimas décadas e perspectivas de futuro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Manuel

Nas últimas tres décadas, Galicia mellorou significativamente o seu nivel de desenvolvemento, reduciu a pobreza e modernizou a súa estrutura produtiva, pasando dunha economía agraria a outra baseada nos servizos e cun sector industrial competitivo, especialmente -pero non só- nos eidos da automoción, téxtil e alimentación. A pesar destes avances, o país perdeu peso demográfico e económico, non logra reter talento novo e cualificado, e mantén unha posición periférica en Europa debido á súa…



«Liberais e intervencionistas puros, brandos, duros…en Europa e o mundo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cancio Álvarez, Miguel

Entrevistas a Jospin, Blair e outros importantes líderes europeos: políticos, economistas, empresarios e científicos sociais. Breves recensións de liberais e intervencionistas.



De Vilanova de Arousa a Vila Nova de Foz Côa. Aproximación xeolingüística a través dos materiais do ALPI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mouzo Villar, Rosa, Pérez Capelo, Carolina

A través desta comunicación pretendemos ofrecer unha panorámica xeolingüística do espazo que abranguen as provincias galegas de Pontevedra e Ourense e a rexión Norte de Portugal. Para isto partimos dos datos que nos proporciona o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, recollidos entre 1934- 1936 e 1954. Ao igual que noutros estudos anteriores nos que se tratou este territorio, a nosa análise será a partir de trazos fonéticos, morfosintácticos e léxicos, a través dos cales poidamos dar conta…



Democracia e cidadanía: Achegas dende unha Ecoloxía Política reconstruída

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Franco Barrera, Alberto José

A natureza é un motivo recorrente do pensamento, un onde en non poucas ocasións a promesa de pureza e inocencia é acompañada pola chamada a suprimir toda mediación e erradicar toda impureza. Cativada polo mundo natural a cuxa protección se consagra e cuxa defensa sostén, a ecoloxía política confundiu dende as súas orixes o obxecto da súa atención co seu reflexo. A dependencia verde respecto dunha concepción da natureza e da súa relación coa sociedade, que está máis preto do mito que da…



A linguaxe non sexista no CORGA: descrición e reflexión sobre as variantes empregadas, El lenguaje no sexista en el CORGA: descripción y reflexión sobre las variantes empleadas, Non-Sexist Language in CORGA: Description of the Variants Used and Further Reflection

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caíña Hurtado, María, Domínguez Noya, Eva María, López Martínez, María Sol

Nas últimas décadas un sector da poboación entende que o masculino se considera termo non marcado da oposición xenérica por seren tradicionalmente os homes os que posuían o poder, e non sente que as diferentes identi-dades xenéricas estean representadas no masculino empregado como termo non marcado. Asistimos pois á loita para acadar a igualdade entre homes e mulleres tamén dende a lingua, por unha banda facendo visible o xénero feminino, e pola outra anulando a distinción xenérica como…



Voces da memoria na LIX, Voces de la memoria en la LIJ

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Red Temática de Investigación "LIJMI"

A memoria, no seu sentido máis amplo, é o centro de interese de Voces da memoria na LIX, o novo monográfico da Rede Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de investigación e mediación entre o libro e a lectura. Aquelas persoas interesadas en obras como as autobiografías, os relatos de vida, as memorias, relatos de viaxes ou…



As fronteiras do heroe

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Busutil, Guillermo

Despois de nomear varios autores que se achegaron á temática da Guerra Civil na Literatura española, Guillermo Busutil detense na novela La muerte tiene la cara azul, de Rafael Ballesteros, publicada por RD Editores en 2009 e galardoada co Premio Andalucía da Crítica. Dáse conta da estrutura desta obra en cinco bloques narrativos (“El peligro de la libertad”, “Rencor de hiena”, “Verás el sol”, “La imparcialidad del viento” e “Miss Damiani”) e achégase ao contido de cada un deles, malia deterse…



”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Santomé, Cecilia

A complexidade atribuída á escrita de Virxinia Woolf atopou no formato do relato curto un terreo óptimo para a experimentación de novas fórmulas narrativas, rachando cos presupostos asociados á novela burguesa en voga e deseñando as constantes que habían marcar algunhas das grandes obras de Woolf (como, por exemplo, To the lighthouse, The waves ou Mrs Dalloway). A riqueza dos seus textos breves reside na condensación de trazos innovadores que presentan, enmarcados nunha forma narrativa…



7 relatos curtos contra a violencia de xénero. I Concurso de relatos curtos contra a violencia de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramos Castelo, Ismael, Grela del Río, Adriana, Nicolás Fernández, Ignacio, Ammerman Yebra, Julia, Liñares García, Olalla, Martínez Agulleiro, Luís Miguel, Sánchez Álvarez, Javier

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, convocou o I Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero en outubro de 2012. Esta iniciativa foi dirixida ao alumnado, co obxectivo de fomentar a súa formación en valores como a tolerancia cero á violencia de xénero. Cabe destacar que a convocatoria tivo un considerable grao de participación con 105…



Análise microespacial do crecemento en áreas urbanas. Aplicación de tecnoloxías da información xeográfica no entorno da Coruña

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Bregua, Ángel

Esta tese de doutoramento ten como principal obxectivo coñecer a evolución e incidencia do proceso de urbanización na contorna inmediata da cidade da Coruña e no propio municipio central, tanto desde o punto de vista da súa expansión física como da súa composición residencial. O principio da investigación situase na necesidade de obter de forma clara o modelo de expansión da área urbana desde a década de 1970 en pleno desenvolvementismo económico até a segunda década do século XXI. A…



A performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas contemporáneas: Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rozados Lorenzo, Larisa

Comezando o século XXI xurdiron novas voces poéticas no contexto galego representativas da emerxencia de novas linguaxes e práctica de resistencia fronte aos discursos hexemónicos, ao subverteren cuestións relacionadas coa idea dunha identidade unívoca, pechada, non mutable; cunha idea de autoría baseada nun principio de autoridade, cunha figura individual caracterizada polos presupostos do “xenio” autoral; e co canon patriarcal. Afondamos na obra de Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea…



Vinte anos de Galicia na Unión Europea, Veinte años de Galicia en la Unión Europea, Twenty Years of Galicia in the European Union

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prada Blanco, Albino, Lago Peñas, Santiago

Neste traballo facemos unha revisión polo miúdo dos agregados de produción e ocupación da economía galega desde o seu ingreso na Comunidade Económica Europea no ano 1986. En conxunto, os resultados acadados son discretos, cunha lixeira mellora de Galicia nos indicadores per cápita no conxunto de España grazas á forte perda de peso poboacional, e cun mellor comportamento de Galicia respecto da media da UE-15 por ese mesmo factor demográfico e polo forte ciclo expansivo e asimétrico no escenario…



A profesión docente en ciencias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Castiñeiras, Xosé Manuel, García-Rodeja Gayoso, Isabel, Jiménez Aleixandre, María Pilar, Lorenzo Barral, Francisco Manuel

Unha vez aprobada a L.O.G.S.E., e na perspectiva de transformación do sistema educativo, diferentes análises coinciden en sinalar a relevanza, cara ó desenvolvemento dos obxectivos da reforma, da participación do profesorado, chégase a dicir que o éxito ou fracaso destes obxectivos dependería da medida en que o profesorado os faga seus (Xunta de Galicia, 1990). Neste traballo pretendemos reflexionar sobre as necesidades que a transfomación educativa plantexa cara a formación inicial do…



A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dopazo Entenza, José Manuel

Neste traballo preséntase un conxunto de persoas xunguidas pola relación familiar coa Illa de Ons. Actualmente neste territorio tan só viven tres persoas, con todo, o corpus oral está formado polas persoas que naceron e desenvolveron a súa adolescencia e adultez en Ons (primeiro grupo de idade), as que naceron na illa e marcharon na infancia ás comarcas próximas (segundo grupo de idade) e, finalmente, as que xa naceron nos lugares de destino e tan só son descendentes (terceiro grupo de idade).…



A paratradución do proletariado na poesía galega dos setenta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Valverde Otero, Alberto

Partindo das bases metodolóxicas desenvolvidas arredor do ámbito da paratradución e mais doutras teorías como o marxismo (dende Gramsci até F. Jameson) e socioloxía literaria, este traballo céntrase na ideoloxía como elemento paratradutivo para analizar a presenza da noción de proletariado na poesía galega de finais do franquismo. A partir dunha escolma de textos aproxímase ao devir político e social da Galicia situada na mal denominada transición, propoñendo unha nova achega para cartografar a…



A lexislación laboral en España. Os gobernos conservadores (1875-1920)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Velasco Martínez, Luis, Miranda Boto, José María

Dende a segunda metade do século XIX, e ata a chegada da mentalidade conservadora corporativista durante a ditadura de Primo de Rivera, comezouse a desenvolver a lexislación laboral en España. Nese senso, resultaron pezas claves nese desenvolvemento os distintos gobernos de signo conservador do período. Neste artigo repasaremos a obra lexislativa conservadora, centrándonos nalgúns dos aspectos ideolóxicos que facilitaron o que creemos foi unha aposta conservadora pola regulación do mundo do…



As promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Juiz Fernández, Cristina

A tese doutoral que leva por título As promocións na prensa galega e española (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise pretende facer un estudo de todas as iniciativas promocionais que desenvolveron os principais xornais galegos e do estado español dentro dunha estrutura ríxida enmarcada en tres bloques de traballo.  O primeiro bloque da investigación é eminentemente teórico. Nel vanse conxugar as achegas teóricas que duns e doutros autores se poidan corresponder co tema a tratar e que…



O Instituto da Lingua Galega (1971-1990). Contribución á investigación e á normalización do galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rei, Francisco

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Orde dos clíticos pronominais en complexos verbais do galego: da variación ao cambio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Raña, Irene

Esta investigación ten como obxectivo analizar os cambios na disposición dos clíticos en construcións con máis dunha forma verbal en textos galegos dos dous últimos séculos. Algúns traballos previos mostraron que a variable tempo parece un desencadeante importante no cambio que se vén producindo na lingua galega nestas construcións. Estes estudos baséanse fundamentalmente na comparación da lingua medieval coa moderna. A nosa análise céntrase no estudo de textos escritos de tres períodos…



Informe da avaliación final do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Informe de avaliación final do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013) elaborado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.



Denominacións para ‘pedra’, ‘penedo’ e conceptos afíns en galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Vázquez, Begoña

Pretendemos aproximarnos ó campo semántico das pedras, baseándonos esencialmente no material do ALGa ó que engadiremos información complementaria tirada de traballos dialectais sobre a fala de distintos lugares de Galicia (estudos monográficos contemporáneos éditos e inéditos). Con todo, levar a cabo aquí un estudo, aínda que fose superficial, desta noción e conceptos afíns era unha tarefa inviable se se pretendía respecta-lo tempo de exposición.



Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Puñal Rama, Ana Belén

A investigación académica en Comunicación e Xénero desvela as discriminacións que das mulleres se fan nas representacións mediáticas. No Estado español, estes estudos adoitan estar referidos ás representacións sobre as mulleres brancas occidentais, heterosexuais e de clase media. Desa carencia nace a presente investigación, que está centrada nas representacións sobre a prostitución en El País e ABC, dende 1977 até 2012. Neste traballo analízase a valoración que fan El País e ABC do fenómeno da…



Sobre as relacións lingüístico-literarias entre as versións ibéricas derivadas do Roman de Troie. Un estado da cuestión

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pichel Gotérrez, Ricardo

A materia de Troia foi un ciclo temático susceptíbel de ser integrado en diferentes obras hispanas de carácter literario ou historiográfi co ao longo do século xiii, especialmente no Libro de Alexandre e na General Estoria. Tradicionalmente enténdese que este é o primeiro estadio asimilativo das xestas troianas nas nosas letras romances. No entanto, ao tempo que a caída de Ilión se fi ltraba polas fendas da nosa produción historiográfi ca e fi ccional, xurdían novas formas de refundición…



Valoración do estado sanitario e nutricional do gando vacún leiteiro en produción ecolóxica do norte de España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Orjales Galdo, Inmaculada

A normativa ecolóxica esixe unha serie de puntos que difiren do manexo do gando leiteiro convencional polo que a información coñecida ata o de agora non sempre é aplicable. A restrición no uso de tratamentos e os cambios nos aspectos nutricionais fan que o estado sanitario e nutricional sexan os puntos críticos polos que os gandeiros están preocupados. De forma xeral, a optimización das prácticas de manexo en termos de prevención son esencias para un correcto control da saúde do ubre e das…



Estudo da eliminación de drogas de abuso do organismo trala abstinencia, a través da análise en pelo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez García, Ana

Nos últimos anos, houbo un aumento significativo no uso de matrices biolóxicas alternativas no campo da Toxicoloxía Clínica e Forense. Estas matrices ofrecen unha toma de mostra menos invasiva e máis sinxela que as matrices tradicionais. O pelo, en particular, destaca coma unha alternativa moi útil debido á súa extensa ventá de detección, que pode abarcar meses ou incluso anos. Isto permite levar a cabo estudos retrospectivos do consumo e establecer perfís cronolóxicos. Por isto, o principal…



Plan de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño, 2023

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivera Capón, Pablo, López López, Carlos, Macho Benito, Andrea, Fernández Reija, Luis J., Ferreiro da Costa, Javier, Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, López Castro, Hugo, Oreiro Rey, Carlos, Blanco Sandá, Diego, Ramil Rego, Pablo

A Reserva da Biosfera “Terras do Miño, foi declarada no ano 2002 pola UNESCO, sendo a primeira Reserva da Biosfera que se designou na Comunidade Autónoma de Galicia. A súa xestión recae na Deputación de Lugo. No momento da súa declaración a Reserva comprendía un territorio de 363.668,9 ha, pertencentes a 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, Páramo,…



O Rei Sabio: un príncipe cristián, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doubleday, Simon R., Giadás Quintela, Miguel

Este libro non só é a versión en lingua galega da edición orixinal en inglés. Supón unha posta ao día que ten en conta os últimos estudos sobre Afonso o Sabio, especialmente os referidos á relación do Rei con Galiza. Trátase dunha biografía de Afonso, o rei filósofo do século XIII, e da súa fascinación pola cultura islámica, que deixou unha pegada indeleble na civilización occidental. Simon Doubleday traza a historia da vida e da época do rei, penetrando o seu mundo emocional e amosando como a…



A recompilación de música e baile de tradición oral en Galicia: as recollidas, The compilation of music and dance of oral tradition in Galicia: the ‘recollidas'

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Fernández, Carme

Este artigo versa sobre un proceso de recompilación de músicas e bailes de tradición oral que se deu en Galicia, especialmente durante a década dos 90 e que se popularizou baixo o nome de recollidas. A súa relevancia ven dada polo gran número de persoas implicadas e a influencia que tivo na conformación actual da música e baile tradicional galegos. Ademais, o escaso tratamento e conexión das recollidas co campo científico-académico supón un baleiro moi propicio sobre o que investigar.…



Rosalía, poeta metafísico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Queiruga, Andrés, 1940-

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



A avaliación de investimentos en tecnoloxías da información. Aplicacións á teoría da decisión multicriterio, The evaluation of investments. Applications of multicriteria decision theory, La evaluación de inversiones en tecnologías de la información. Aplicaciones a la teoría de la decisión multicriterio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Sánchez, Carlos

O problema da selección de investimentos formulouse tradicionalmente desde a óptica da economía da empresa, considerando criterios financeiros como o valor actual neto ou a taxa interna de rendemento. Estes métodos están avalados polo seu fundamento teórico e pola súa acreditada eficacia práctica; sen embargo, a evidencia empírica suxire que non son adecuados para a avaliación de sistemas de información. Este artigo propón o fundamento dun método práctico para a avaliación de investimentos en…



Análise socioeconómica da Comarca do Carballiño

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doval Adán, Antonio

Este capítulo estudia o sistema económico e produtivo que presentaba o conxunto da Comarca do Carballiño a principios do ano 1997, constituíndo a primeira parte do libro publicado sobre a Comarca do Carballiño e o seu Plan de Desenvolvemento Comarcal, impulsado pola Presidencia da Xunta de Galicia a través do seu Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Despois de comentar o grao de integración funcional da comarca, faise unha presentación xeral do encadramento territorial e dos…



Como seleccionar un material para a fabricación da orza dun barco?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casteleiro Núñez, Verónica, Blanco Anaya, Paloma, García-Rodeja Gayoso, Isabel, Lourido Fernández, María Isabel

A actividade que se propón neste traballo é unha práctica de laboratorio, seguido finalmente dunhas cuestións en relación a dita práctica. Con esta actividade preténdese poñer en acción o coñecemento, conseguindo así achegar os fenómenos da natureza ós estudantes, desenvolver competencias e ter a oportunidade de analizar a evolución da aprendizaxe do alumnado.



A peregrinación feminina a través das cantigas, Women's pilgrimage through the cantigas, La peregrinación femenina a través de las cantigas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Díaz, Esther

Neste traballo analizarase o fenómeno da peregrinación na lírica profana galego-portuguesa asociado á participación feminina. Os estudos publicados ata o momento fixáronse en parcelas de ambos ámbitos sen proxectar a visión no seu conxunto. O exame atento do variado repertorio dos cancioneiros cos diferentes xéneros e modalidades proporcionará unha perspectiva multidisciplinar de dous puntos de vista contrapostos sobre esta viaxe que suscita a súa fascinación literaria: unha peregrinación local…



Tradución, tradición e edición : consideracións desde o prólogo do Tratado de Alveitaria galego, Translation, Tradition and Edition: Reflections on the Prologue to the Galician Text Tratado de Alveitaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Barcala, Gerardo

Desde o prólogo da tradución galega do De medicina equorum (DME), coñecida entre a comunidade investigadora como Tratado de Alveitaria (TA) e transmitida polo ms. 23076 da BNE, este traballo reflexiona sobre algunhas das súas leccións e o seu tratamento no proceso de edición crítica. Para tal fin pártese da comparación do prólogo galego co do ms. Lat. Cl. VII 24 da Bilioteca Nazionale Marciana de Venezia e con outros elementos da tradición da obra. Esta permite mostrar a autenticidade dalgunhas…



O papel do sector público empresarial na innovación : a experiencia española no contexto privatizador do periodo 1980-2003

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Carreira, María del Carmen

O sector público empresarial constituirá o tema central desta tese de doutoramento. Se nos fixamos nas principais empresas españolas, por volume de emprego, facturación, capitalización bursátil, gasto en I+D ou incluso presenza internacional, atopámonos que moitas delas chegaron á posición que ocupan sendo empresas públicas. Nós estamos interesados en analizar o papel xogado polo sector público empresarial na innovación en España, creando e implantando novas actividades, realizando actividades…



Limiar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario, Angueira, Anxo, Cebreiro Rábade, María do, Vilavedra Fernández, Dolores




A discusión na aula e as experiencias interpretativas na progresión de modelos sobre procesos de transformación de materia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sesto Varela, Vanessa, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Nesta comunicación preséntase un traballo que pretende examinar en que medida a discusión na aula e as experiencias interpretativas na aula permiten a evolución dos modelos mentais iniciais dos estudantes sobre procesos de transformación da materia



Estratexias didácticas para o desenvolvemento de competencias interculturais no alumnado de Educación Secundaria a través das Ciencias Sociais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dopico González, Montserrat

A tese consistiu no deseño, implementación e avaliación dun programa de desenvolvemento das competencias interculturais en alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC a través da materia de Historia, utilizando un modelo pedagóxico baseado no traballo con emocións e no tratamento da inmigración como tema controversial. O traballo de campo desenvolveuse en cinco centros educativos de Galicia, coa colaboración de 10 docentes e 244 alumnos e alumnas. Os resultados apuntan á necesidade de seguir investigando…



A balanza de pagamentos tecnolóxicos de Galiza: entre a dependencia e a irrelevancia tecnolóxicas, The Technology Balance of Payments of Galice: Between Technology Dependence and Irrelevance, La balanza de pagos tecnológicos de Galicia: entre la dependencia y la irrelevancia tecnológicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vence Deza, Xavier, Rodil Marzábal, Óscar

Realízase unha aproximación cuantitativa á Balanza de Pagamentos Tecnolóxicos de Galiza, recollendo os pagamentos e ingresos correspondentes aos fluxos de “tecnoloxía non incorporada” para os anos 1998 e 1999 a partir dun inquérito ás empresas. Os resultados revelan, tanto a nivel global como sectorial, un escaso volume de fluxos tecnolóxicos inmateriais e un elevado déficit no comercio de coñecementos e servizos tecnolóxicos, confirmando a profunda dependencia de Galiza



Cambio e resiliencia nos sistemas agrícolas e na xestión de recursos vexetais no noroeste da Península Ibérica (1000 a.n.e.-400 d.n.e.)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Teira Brión, Andrés Manuel

A conformación dos castros como modelo de asentamento predominante acarrexou unha serie de consecuencias sociais e económicas, cuxo reflexo se viu nos cultivos e na interacción das comunidades do noroeste Peninsular cos recursos vexetais do medio. A transformación dos sistemas agrarios ao longo do I milenio a.n.e. supuxo unha tendencia cara un sistema económico cada vez máis baseado na acumulación de excedentes de cereais, dentro da diversificación de cultivos existente. A irrupción de Roma…



Arte Tardoantiga e Altomedieval na Gallaecia entre Iria Flavia e Tui (ss. IV-IX)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torre Llorca, María Jesús de la

Este traballo é unha viaxe pola Galicia altomedieval, ao longo da vía XIX do Itinerario Antonino, entre as antigas dioceses de Iria Flavia e Tui, para reunir diversas manifestacións artísticas, principalmente capiteis e outras pezas escultóricas, datadas entre os séculos IV e IX d.C. e estudalas dende a Historia da Arte e a Arqueoloxía. Historiograficamente, algunhas destas manifestacións artísticas foron consideradas como tardoantigas, suevas ou visigodas. O noso estudo fai unha revisión desas…