Skip to main content

Document language

Encontrados 11056 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Xestión de cultura organizacional e prácticas de recursos humanos na banca española multinacional, Gestión de cultura organizacional y prácticas de recursos humanos en la banca española multinacional, Organisational Culture Management and Human Resources Practices in the Multinational Spanish Banks

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quiñones Montoro, Mariela, Supervielle Milburn, Marcos

O artigo aborda a problemática que xera a presenza dominante de empresas multinacionais españolas no sector financeiro de Latinoamérica en torno ao encontro dunha cultura corporativa global coas culturas locais. Nun contexto de “globalización”, tamén entendido como de sostido incremento da “reflexividade”, o artigo pescuda como estas novas condicións sobre as que opera a xa centenaria orien-tación de capitais españois na rexión inflúe nas orientacións para a acción de todos os actores…



Variables asociadas á competencia gramatical e léxica en galego e castelán do alumnado de Galicia ao final do ensino obrigatorio, Variables associated with grammatical and lexical competence in galician and spanish of the Galician students end of compulsory education, Variables asociadas a la competencia gramatical y léxica en gallego y castellano del alumnado de Galicia al final de la enseñanza obligatoria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loredo Gutiérrez, Xaquín, Silva Valdivia, Bieito

Os estudos sobre competencias lingüísticas realizados con probas específicas en Galicia son escasos e non abordan as variables que inflúen nos resultados. Neste traballo analízanse os factores sociodemográficos, sociolingüísticos e escolares que inciden na competencia gramatical e léxica do alumnado de 4º da ESO de Galicia en galego e castelán. A análise de correlación canónica revelou unha incidencia similar nas dúas linguas da variable de rendemento académico lingüístico, pero discrepancias…



A materia de Paisaxe e Sustentabilidade en aulas de secundaria: observación e reflexión crítica desde un modelo alternativo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riveiro Rodríguez, Tania

Esta investigación, de tipo cualitativo, analiza o que acontece cando profesorado de secundaria en activo asume unha nova materia, Paisaxe e Sustentabilidade. Recentemente implantada en Galicia nos primeiros cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, esta materia optativa non presenta fortes restricións curriculares. Está aberta a varios contidos que se poden integrar nas Ciencias Sociais. Ademais, promove unha conciencia ambiental, social e crítica, da que calquera comunidade podería…



Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade, Los efectos iniciales de la Covid-19 en las desigualdades de renta en Galicia y su distribución en la sociedad, The initial effects of Covid-19 on income inequalities in Galicia and their distribution in society

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amoedo, José Manuel, Sánchez Carreira, María del Carmen

A pandemia da Covid-19 ten un efecto considerable nas desigualdades sociais. Este artigo ten como obxectivo identificar, medir e describir os cambios nas desigualdades de renda en Galicia despois da pandemia. Para isto, calcúlanse diferentes indicadores de desigualdade de renda que permiten analizar a súa evolución antes e despois da pandemia (2014-2020), considerando as diferentes fontes de ingreso. Os principais resultados poden sintetizarse en tres aspectos. Primeiro, a pandemia implica un…



Alfonso X e a organización do espazo galego: o final dos tenentes?, Afonso X e Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bermúdez Beloso, Mariña

A figura de Alfonso X é, probablemente, unha das que atraeu, e atrae, máis atención desde distintas disciplinas polas variadas facetas que desenvolveu ao longo da súa vida. Concordan os estudos en destacar a súa relevancia e excepcionalidade, presentándoo como un dos monarcas máis importantes da España medieval (Valdeón Baruque, 2003: 11), unha das grandes figuras do século XIII (González Jiménez, 2004: 5), ou apuntando a que probablemente non tiña igual intelectual entre os seus contemporáneos…



Aportacións á flora de Galicia, VI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Pando, F.J., Gómez Vigide, F., García Martínez, X.R., Blanco Dios, J.B.




Proxecto e método do Gran Diccionario Xerais da Lingua

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ares Vázquez, María Carme, Carballeira Anllo, Xosé María, Hermida Gulías, Carme, Iglesias Sierra, Primitivo, Lema Suárez, Xosé María, López Fernández, Rosa, Navaza, Gonzalo




As metamorfoses da globalización e a s(ed)ucción territorial, Las metamorfosis de la globalización y las s(ed)ucción territorial, Globalization metamorphoses and territorial s(ed)uction

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Laxe, Fernando

A globalización preséntase como a interconexión crecente das economías nacionais. A percepción desa dinámica deu lugar a diferentes sensacións e apostas de futuro. As diversas connotacións intrínsecas ás perspectivas da globalización poden ser ou de carácter pesimista ou ter trazos optimistas. As primeiras fan referencia á desaparición de toda posibilidade de acción dos poderes públicos, o que daría paso a un proceso de agravamento dos indicadores sociais, tales como o emprego, o ancheamento da…



Petróleo e democracia en Venezuela: do fortalecemento do estado á subversión soterrada e a insurrección aberta, Petróleo y democracia en Venezuela: del fortalecimiento del Estado a la subversión soterrada y la insurrección abierta, Oil and Democracy in Venezuela: From the Strengthen of the State to the Covert Subversion and the Open Insurrection

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lander, Luis E.

O artigo comeza lembrando como foi que o Estado venezolano, desde os inicios da industria dos hidrocarburos no país ata a súa nacionalización no ano 1976, foi fortalecéndose no seu rol de propietario do recurso natural non renovable máis importante do país: o petróleo. A nacionalización atopou ao Estado desprovisto política e institucionalmente para afrontar a nova situación, o que posibilitou o desenvolvemento dunha política desde a xerencia da industria dirixida a aumentar os niveis de…



Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina

Esta comunicación amósase como podemos empregar Wikipedia, en particular Galipedia a versión en galego da enciclopedia libre, para introducir a perspectiva de xénero na docencia. Por un lado, Wikipedia é unha fonte de información que nos permite amosar as contribucións das mulleres á ciencia e tecnoloxía e proporcionar modelos de referencia femininos ao noso alumnado. Por outro lado, elaborar entradas enciclopédicas en Galipedia sobre mulleres destacadas na disciplina pode ser un recurso…



Inmigración, traballo e diversidade cultural. Cara unha nova dimensión competencial na formación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abal Alonso, Nuria, Santos Rego, Miguel Ángel, Lorenzo Moledo, María del Mar, Basanta Montenegro, Sonia, Priegue Caamaño, Diana




Libro de Actas 1ª Xornada Máster DIDES USC. 22 xuño 2026, Xornada organizada por profesorado do Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para a Educación Infantil e Primaria (USC)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Valcárcel, Laura, Candal Barreiro, Mario, Rodríguez Fernández, José Eugenio, Fernández Pena, Pablo, Fernández Souto, Antía, Iglesias González, Helena, Muñiz Lesta, Alba, Varela Prados, Javier, Lado Sestayo, Raúl, Diz Otero, Mario

Libro de actas dos traballos presentados no marco da 1ª Xornada do Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para a Educación Infantil e Primaria (USC), no que participaron estudantes da titulación.



Da aldea ao suburbio. Cambios demográficos e territoriais en Galicia, 1990-..., De la aldea al suburbio. Cambios demográficos y territoriales en Galicia, 1990-…, From Village to Suburb. Demographic and Territorial Changes in Galicia, 1990 -...

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferrás Sexto, Carlos

No contexto de despoboamento rural e de declive demográfico xeral que está experimentando Galicia percÍbese un cambio social que vai desde o rural do pasado cara a un novo futuro suburbano, xurdindo novas áreas rurais na periferia das principais cidades como polo de vitalidade demográfica. Cal é o proceso? E o futuro? Os cambios están previstos? Propoño unha reflexión fundamentada en datos demográficos e en antecedentes bibliográficos. Unha Galicia suburbana, ocupada nos servizos, dependente e…



A supervivencia dos comerciantes-banqueiros coruñeses nun marco de crecente competencia: estratexias e resultados (1840-1936), La supervivencia de los comerciantes-banqueros coruñeses en un marco de creciente competencia: estrategias y resultados (1840-1936), Survival of the Banking Houses of Corunna Within an Increasing Competitive Framework: Strategies and Results (1840-1936)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lindoso Tato, Elvira, Vilar Rodríguez, Margarita

Este traballo persegue como principal obxectivo estudar as orixes e a evolución da banca autóctona galega desde a perspectiva da historia empresarial. Utilizando nova evidencia cuantitativa, analízase a fundación das primeiras casas de banca, as súas fontes de financiamento e as principais estratexias de supervivencia adoptadas para facerlles fronte aos cambios lexislativos e ás maiores esixencias financeiras dunha economía en proceso de desenvolvemento. A capacidade de resposta de cada…



Valoración continxente e fútbol: a cuantificación da disposición a pagar, Valoración contingente y fútbol: la cuantificación de la disposición a pagar, Contingent Valuation and Football: The Quantification of the Willingness to Pay

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castellanos García, Pablo

Este artigo analiza se o formato da pregunta de disposición a pagar ten algún efecto na estimación, a través do método de valoración continxente, do valor dos bens públicos xerados por un equipo de fútbol profesional. Para responder a esta cuestión utilizáronse datos dunha enquisa con formato mixto dicotómico-aberto, realizada mediante entrevistas persoais a 800 individuos. A partir dos ditos datos, a evidencia empírica obtida a través de modelos Tobit e logit revela significativas diferenzas…



Cerámica medieval galega: características, uso e evolución da produción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Toucido, Francisco

A tese afonda no mundo da cerámica galega, trátase da primeira aproximación a esta temática en formato tese en Galicia. A través da revisión das coleccións cerámicas de varios xacementos conséguese unha visión global da evolución da cerámica durante toda a Idade Media galega. Partindo do concepto de cadea técnico operativa lógrase comprender aspectos fundamentais da sociedade medieval, como é a súa economía e produción. Realízase unha caracterización tipolóxica en todos os séculos estudados,…



Análise e contención de epidemias: estudo do efecto da topoloxía da rede e aplicación da teoría de control óptimo ao sistema

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pedrares, Javier

Nos sistemas biolóxicos, e máis concretamente no contexto das enfermidades infecciosas, existen unha serie de interaccións complexas entre os organismos que cohabitan nun mesmo individuo. Estes microorganismos, en concreto os virus, compiten polos mesmos recursos para a súa supervivencia e reprodución. A súa proliferación depende, maioritariamente, da súa capacidade para adaptarse ao medio e superar a competencia con outras especies ou cepas. Dentro deste marco os virus seguen unha dinámica…



O imperialismo romano no mundo poscolonial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Piñeiro, Ana María

El imperialismo es un concepto político moderno que se ha aplicado tradicionalmente para explicar la expansión del Imperio Romano. El fin de los imperios coloniales europeos, en la segunda mitad del siglo XX, modifica bastante el panorama de la investigación del imperialismo romano y abre nuevas perspectivas para su estudio, muy prolífico en los últimos 30 años.



Estética e metaestética en Rosalía de Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rial, Nel

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Sistema teatral e institucións. O caso galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Silva, Inmaculada

Calquera reflexión sobre o teatro galego non pode obviar a súa necesaria definición como sistema mozo e emerxente, fortemente condicionado polas circunstancias do espazo simbólico e social de Galicia no que a convivencia de dúas linguas con cadansúa cultura condiciona absolutamente tódalas accións das artes e da vida. Esta certeza serve de punto de partida para esta Tese de Doutoramento, un punto de partida que, dun xeito ou doutro, é continuador dunha traxectoria persoal na investigación sobre…



Prácticas hoteleiras na xestión de crise por catástrofes: o caso de Galicia, Prácticas hoteleras en la gestión de crisis por catástrofes: el caso de Galicia, Hotel Practices in Disaster Crisis Management: The Case of Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez-Toubes Muñiz, Diego, Fraiz Brea, José Antonio

Este estudo avalía as medidas de xestión que os aloxamentos hoteleiros deben poñer en práctica nunha situación de crise orixinada por unha catástrofe, analizando a importancia e o nivel de utilización destas medidas na fase de recuperación. Para isto, realízase unha análise empírica mediante unha enquisa dirixida aos hoteis de Galicia de tres, catro e cinco estrelas. Suxírese que a redución de custos en partidas diferentes á prestación de servizo, a orientación ao mercado e o emprego de…



Explorando métodos non-supervisados para calcular a similitude semántica textual, Exploring Unsupervised Methods to Sematic Textual Similarity

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gamallo Otero, Pablo, Pereira Fariña, Martín

Neste traballo preséntanse varios métodos non-supervisados para a detección da similitude semántica textual, os cales están baseados en modelos distribucionais e no parseado de dependencias. Os sistemas son avaliados mediante datasets empregados na ASSIN Shared Task, celebrada conxuntamente co PROPOR 2016. Os métodos máis básicos ofrecen un mellor comportamento que aqueles, mais complexos, que inclúen información sintáctico-semántica na análise das oracións. Por último, o uso de modelos…



O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fidalgo Francisco, Elvira, Fernández Guiadanes, Antonio

Trátase da transcrición paleográfica conservadora do códice florentino das Cantigas de Santa María (B.R. 20), que reflicte os trazos da escritura gótica, coa súa alternancia de caracteres rectos e unciales segundo as Leis de Meyer e o rico xogo de abreviaturas que permitían aforrar o valioso espazo do manuscrito. Posto que este tipo de edicións tan conservadoras non adoitan ser as máis habituais dada a laboriosidade da súa confección, xa que se recolle tipografía nada común (letras unciales,…



Breve achega á fraseoloxía do Couto de Oíns (Arzúa), Brief approach to the phraseology of O Couto de Oíns (Arzúa)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García García, Nuria

Esta recadádiva reúne diversas unidades fraseolóxicas (así como tamén algunhas expresións monolexicais) recollidas na parroquia do Couto de Oíns, pertencente ao concello de Arzúa. O obxectivo principal foi facer unha breve achega á fraseoloxía propia deste lugar con unidades pertencentes a diversos campos semánticos (como son as festas, o tempo atmosférico, o tempo cronolóxico, a sexualidade, a riqueza etc.). A metodoloxía que se seguiu foi a realización de diferentes entrevistas cara a cara a…



A recepción popular de Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Baliñas Fernández, Carlos

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Estratexias para a mellora da empregabilidade en colectivos vulnerables, Strategies for improving vulnerable groups’ employment

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

Na presente comunicación faise en primeiro lugar un breve estudo das características do mercado de traballo actual. Insístese no construto de empregabilidade como concepto cambiante e inténtase clarexar que é o que buscan as empresas na actualidade, así como se destacan as cualidades máis demandadas. Ofrécese ademais a perspectiva e realidade que viven as persoas pertencentes a colectivos vulnerables sobre todo nestes tempos tan competitivos como nos que estamos. Consecuentemente, alúdese á…



Identificación de novos biomarcadores de cardiotoxicidade en pacientes de cancro de mama

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cebro Márquez, María

O cancro de mama (CM) é o cancro máis prevalente en mulleres en todo o mundo. Enfoques terapéuticos actuais, como cirurxía, terapia de radiación e/ou terapia sistémica son seleccionados en función do tamaño do tumor, o perfil de estróxenos, proxesterona e/ou do receptor HER2, a implicación dos ganglios linfáticos e a presenza ou ausencia de metástases. Na última década, a combinación terapéutica da cirurxía, radioterapia e quimioterapia supuxo un avance importante na supervivencia de pacientes…



Edición diplomática enfrontada de B e V: cuestións de paleografía, codicoloxía e crítica textual da Lírica profana galego-portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Guiadanes, Antonio

A presente tese ofrece unha transcrición completamente conservadora dos textos comúns ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V), que se complementa coa transcrición das notas marxinais, a indicación das correccións por sobreescritura e dos desprazamentos abreviativos. Coa finalidade de mostrar a utilidade do material así presentado para a posterior elaboración de edicións críticas, estúdanse algúns loci critici que se detectaron nas cantigas.…



Proposta de IV Plan director da cooperación galega (2018-2021)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Proposta de IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) elaborado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE informado favorablemente polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) o 18 de abril de 2018.



Aproximación a unha xeografía da sida en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González-Pérez, Jesús M.

A Xeografía mantén un especial interese polo comportamento socio-espacial do VIH/sida. No seguinte traballo presento unha análise territorial do VIH/sida en Galicia como xeografía das enfer­ midades e dos equipamentos. Estúdiase a incidencia e mortalidade a través da distribución territo­ rial, a súa caracterización por sexo e idade e categorías de transmisión. Os esforzos en política pre­ ventiva e os avances curativos (tratamento antirretroviral) lograron controla-lo aumento no núme­ ro de…



A construción social do risco no ecosistema informativo dixital: dos medios de comunicación á intelixencia artificial no caso do gas radón, The Social Construction of Risk in the Digital Information Ecosystem: From the Media to Artificial Intelligence in the Case of Radon Gas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pascual Presa, Noel

O gas radon constitúe un risco para a saúde pública a nivel mundial sendo a primeira causa de cancro de pulmón en non fumadores e a segunda en fumadores. A súa orixe ten lugar na propia cadea de desintegración do uranio, principalmente en rocas e chan. Cando o radon emana do terreo pódese acumular en espazos pechados como vivendas e lugares de traballo. Durante o proceso de descomposición xéranse partículas radioactivas que se vinculan ao aire que respiramos, e ao ser inhaladas adhírense ás…, Radon gas poses a significant global public health risk, being the leading cause of lung cancer among non-smokers and the second leading cause among smokers. It originates from the natural decay of uranium, which is primarily found in rocks and soil. When radon seeps from the ground, it can accumulate in enclosed spaces, such as homes and workplaces. During its decay, it releases radioactive particles that attach to the air we breathe. Once inhaled, these particles adhere to the cells of the…



Léxico dialectal e estándar literario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Seoane, Ernesto Xosé

Este traballo pretende mostrar as repercusións do uso literario sobre a difusión e sobre o estatuto de palabras que en principio teñen unha escasa presenza na lingua oral espontánea e popular e, de maneira especial, daquelas que as enquisas dialectolóxicas nos mostran como características de áreas dialectais marxinais ou restrinxidas. Con este fin, partimos dunha pequena escolma de voces que non trata de ser representativa, senón que simplemente aspira a fornecer exemplos que ilustren os…



A fecundidade de Ourense: nova estimación e evolución comparada, 1981-1991, Fertility in Ourense: new estimation ano comparative evolution, 1981-1991

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Viso Outeiriño, Pablo, Vaamonde Porto, Ramón

Na evolución recente da poboación de Galicia existe un grave problema de datos que distorsiona as análises que, dende a demografía ou as disciplinas que pretenden busca-las causas dos seus acontecementos, fan referencia á súa provincia interior. Este traballo ten unha dobre finalidade: corrixi-las cifras oficiais e presentarlle unha aproximación ó curso da fecundidade nun periodo e nun espacio que ata o momento se presentaban escuras e confusos



Análise económica do litoral galego: situación actual e perspectivas futuras, Análisis económico del litoral gallego: situación actual y perspectivas futuras

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús, Vaquero García, Alberto

O obxectivo deste traballo é realizar un estudo socioeconómico do litoral galego por municipios costeiros agrupados en comarcas. O estudo identifica os principais recursos para a costa galega e as oportunidades de futuro para este espazo económico.



A orientación á innovación de Taiwan, La orientación a la innovación de Taiwan, The Innovation Orientation of Taiwan

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Huang, Hui-Wen, Sande Veiga, Diego

A innovación adoita considerarse unha fonte crucial de vantaxe competitiva, renovación organizativa, crecemento e éxito dunha empresa. Crea valor para os accionistas, aumenta a satisfacción dos clientes e fomenta a lealdade, contribuíndo así a aumentar as vendas e os beneficios. A revisión bibliográfica da innovación tamén demostra que a innovación se considera un elemento importante do éxito nun mercado cada vez máis complicado e competitivo. Especialmente a contorna empresarial segue…



Corpos de seducción. A imaxe da muller na publicidade e a citación posmoderna

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amorós Pons, Anna

O texto céntrase no estudio da imaxe da muller na publicidade. En primeiro lugar, analízanse os diferentes arquetipos de fémina que presenta a publicidade hoxendía. En segundo lugar, centramos a análise desa imaxe nas transferencias –desde outros eidos artísticos– existentes no deseño publicitario. A través dunha mostra seleccionada de anuncios, onde se amosan corpos de muller, viaxaremos pola complexa paisaxe da intertextualidade e das perversións da citación posmoderna.



Dimensionalidade da capacidade económica nas comarcas galegas, Dimensionalidad de la capacidad económicas en las comarcas gallegas, Dimensionality of the economic capacity whithin the Galician counties

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Patiño, Carlos Luis, López Vizcaíno, María Esther, Sánchez Fernández, Patricio

Neste artigo o obxectivo xeral que se establece é realizar unha análise exploratoria dun conxunto suficientemente amplo de variables que, nun primeiro momento, están relacionadas coa capacidade económica a nivel comarcal. Dentro deste marco xeral, en primeiro lugar, créase un indicador sintético da capacidade económica mediante unha análise de compoñentes principais que permitirá obter unha clasificación segundo diversas características combinadas. A continuación, realízase unha análise…, En este artículo el objetivo general que se establece es realizar un análisis exploratorio de un conjunto suficientemente amplio de variables que, en un primer momento, están relacionadas con la capacidad económica a nivel comarcal. Dentro de este marco general, en primer lugar, se crea un indicador sintético de la capacidad económica mediante un análisis de componentes principales que permitirá obtener una clasificación según diversas características combinadas. A continuación, se realiza un…



Comportamento enerxético de Galicia durante o período 2001-2006 a partir dos seus balances enerxéticos, Comportamiento energético de Galicia durante el período 2001-2006 a partir de sus balances energéticos, Energetic Behaviour of Galicia in the Period 2001-2006 Based on the Analysis of the Energetic Balances

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Silvosa, Anxo Ramón

O obxectivo do presente traballo é describir o comportamento enerxético de Galicia no sexenio 2001-2006. Para analizar os principais fluxos enerxéticos do período de referencia empregouse información procedente dos correspondentes balances enerxéticos anuais. O traballo está estruturado en catro partes. En primeiro lugar estúdase a enerxía primaria e destácase o elevado grao de dependencia enerxética que Galicia ten dos combustibles fósiles (petróleo, carbón, gas natural, etc.) procedentes do…



Contra a fenda de xénero en innovación: fomento de vocacións femininas en aeroespaciais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina, Lorenzo González, María de las Nieves, Álvarez Fernández, María Inés

Nesta comunicación presentamos as actividades de carácter transversal que pretenden atraer máis alumnado feminino as disciplinas CTEM, onde podemos atopar unha fenda de xénero que prexudica á innovación e polo tanto á sociedade. En particular, analizaremos as actividades desenvolvidas no grao en enxeñería aeroespacial, que pretenden dar visibilidade o papel levado a cabo por grandes e descoñecidas mulleres na enxeñaría á vez que se dá valor a amosar o papel da enxeñaría na sociedade.



Modelización da estabilidade dimensional e da densidade da madeira de bidueiro procedente de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pulgar Lorenzo, José Ángel

Esta tese de doutoramento investiga a densidade e a estabilidade dimensional da madeira de bidueiro (Betula celtiberica Rothm. et Vasc.) procedente de Galicia. As masas de bidueiros ocupan na actualidade unhas 21.000 hectáreas en Galicia, o que supón un importante recurso forestal e ambiental na rexión. O estudo pretende achegar resultados exhaustivos sobre as características da madeira do bidueiro, fundamentalmente para comprender as súas potenciais aplicacións na industria e para un enfoque…



Novas tendencias na caracterización e xestión da biodiversidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rigueiro Rodríguez, Antonio, Romero Buján, María Inmaculada, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio

O volume "Novas tendencias na caracterización e xestión da biodiversidade" estrutúrase en tres módulos ou bloques temáticos. O módulo Compoñentes da Biodiversidade, os relatores centráronse na flora galega ameazada, no interese de conservación da pteridoflora galega, na diversidade sílvica do subsector galaicoasturiano septentrional e as ameazas dos bosques deste territorio, nos fungos superiores como recurso natural e a importancia da súa conservación e na herpetofauna e avifauna…



Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Rodríguez, Alberte, Salvador Fernández, Jorge, López Guitar, Manuel José, Gómez Cereijo, Jorge

A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto ás esixencias normativas impulsadas nos últimos anos desde distintos ámbitos lexislativos, implican a necesidade de contar con fundamentos teóricos e desenvolvementos metodolóxicos que eviten a súa…



Formas “proibidas” en Sempre en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rábade Castinheira, Joam Carlos

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



As copias como testemuños lingüísticos: a lingua galega no manuscrito V da Crónica de Iria (s. XVII)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Boullón Agrelo, Ana Isabel

A Crónica de Iria chegou ata nós a través de varios manuscritos, dos cales o máis antigo conservado é o da catedral de Santiago, C, escrito por Rui Vázquez en 1468, como el mesmo deixou dito no colofón da obra. A pesar dun indicio tan claro, desde un principio suscitou dúbidas en canto á súa autoría, porque varios estudosos o consideraron copista, non autor.



Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Agrelo Costas, María Eulalia

O obxectivo central deste traballo de investigación, co que se desexa obter o título de doutora, é demostrar como Agustín Fernández Paz se formou na institución docente, chegou a ocupar o seu centro e, desde ela, o centro da institución literaria. Este proceso articulouse a partir da publicación de obras literarias dirixidas en primeira instancia aos máis novos, é dicir, as que conforman a denominada literatura infantil e xuvenil galega, unha literatura que tardou moitos séculos en chegar a ser…



Descrición, cartografía e valor de conservación dos bosques da Devesa da Rogueira (Serra do Courel, NW Península Ibérica)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Romero Franco, Rosa, Real Rodríguez, Carlos, Ferreiro da Costa, Javier

Se presenta un estudo detallado dos tipos de bosques existentes na Devesa da Rogueira (Folgoso do Courel, Lugo, España) elaborado a partir da información previamente publicada e da realización de novos traballos de inventariación en campo. En total, recoñécense 21 comunidades diferentes de bosques, para as que se describe a súa ecoloxía, caracterización florística e distribución dentro da área de estudio. Tendo en conta a reducida extensión da superficie arborada estudiada (310 ha) e a súa…



Emprego e poboación na rexións europeas: un modelo econométrico, Employment and population in the european regions: an econometric model, Empleo y población en las regiones europeas: un modelo econométrico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aguayo Lorenzo, Eva, Guisán Seijas, María del Carmen

O obxectivo principal deste traballo é pór de manifesto a interdependencia entre o emprego non-agrario e a poboación nas rexións europeas. Logo de analiza-los datos de densidade de emprego non-agrario e de densidade de poboación de 98 rexións europeas en 1995, presentamos un modelo econométrico interrexional que recolle esa interdependencia



Algunhas reflexións sobre o traballo de laboratorio nas clases de ciencias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García-Rodeja Gayoso, Isabel, Díaz de Bustamante, Joaquín María, Bugallo Rodríguez, Anxela

Nos últimos anos, tense producido un gran aumento no número de publicacións sobre o ensino da ciencia; isto levo u, nalgúns casos, a cambia-las estratexias que o profesor emprega nas clases de ciencias e a replantexarse o papel do decento e do alumno na aula. Dentro deste ámbito cómpre tamén reconsidera-los obxectivos do traballo práctico de laboratorio nas clases de ciencias, e as implicacións deste tipo de traballo nas estratex1as de ensinoaprendizaxe. Nos primeiros estudos sobre este tema,…



Concepción Arenal, pensamento social en acción, Concepción Arenal, pensamiento social en acción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira López, Alba

Pensar e escribir para convencer e facer. Non se pode separar o pensamento social de Concepción Arenal recollido nos seus numerosos escritos da súa vocación de activismo social. Concepción Arenal escribiu sobre a condición da muller, sobre as prisións, sobre a infancia, sobre os obreiros, sobre a vivenda, sobre a situación das institucións de beneficiencia… e todo o que escribiu intentou canalizalo nun intenso labor de creación de institucións e asociacións desde a sociedade civil neses mesmos…



Sobre linguas e fronteiras no noroeste da Península

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Reflexión sobre a posible segmentación do contínuum xeolectal do noroeste da Península