Skip to main content

Document language

Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Percorrido pola monumentália castelaoniá

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monterroso Devesa, Xosé María

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Macrofauna bentónica da enseada de Santa Lucía (Ría de Ferrol, Galicia): Diversidade e dinámica temporal a longo prazo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cunha Veira, Xela

Dende o ano 2007 e con periodicidade bimensual, estanse a facer estudos das comunidades da macrofauna bentónica da enseada de Santa Lucía coa fin de avaliar o impacto ambiental do efluente dos ROVs da Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa) situada na marxe sur da Ría de Ferrol (NW de Galicia). Consecuentemente, disponse dunha amplísima información científica dos fondos da enseada durante un dilatado período de sete anos, o que permite formular con fundamento o presente proxecto de Tese,…



O espazo en primeiro lugar. A teoría do Colapso Territorial en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Constenla Vega, Xosé

A xeografía, como disciplina académica, non sempre foi considerada como unha rama importante no seo das humanidades e das ciencias sociais. Porén, a información espacial estivo historicamente moi relacionada co poder e co predominio dos distintos tipos de civilización. Co despregue do modo de produción capitalista temos asistido nos últimos decenios á emerxencia dunha serie de procesos que deron como resultado algunhas patoloxías no comportamento da mesma espacialidade contemporánea a todas as…



Nocello, noelo, tornecelo... Variación léxica e mudanza no galego contemporáneo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negro Romero, Marta

Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte para a realización de estudos que permitan coñecer a variación lingüística nos distintos niveis de análise, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinada área asociadas a unha mesma variable. Para o territorio galego contamos cos datos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) (1934) e do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) (1974). Estes dous atlas ofrecen numerosa información organizada…



Empresas e servicios públicos a creación dunha infraestructura de transporte urbano, A Coruña 1876-1925, Business and public utilities: the rise of an urban transport infrastructure, La Corunna 1876-1925, Empresas y servicios públicos: la creación de una infraestructura de transporte urbano, A Coruña 1876-1925

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez López, Alberte, Piñeiro Sánchez, Carlos

O obxecto da investigación é efectuar unha aproximación ó proceso de xestación do transporte público na principal cidade galega, A Coruña, dende os proxectos previos de finais do século XIX ata alcanza-la consecución da rede básica a mediados dos anos vinte. A incapacidade xestora e financeira do Concello coruñés, trazo xeneralizado nas entidades locais da época, levará á concesión privada deste servicio. Pero tamén o capital privado terá dificultades para implantalo, debido ó retraemento dos…



Algas mariñas como alternativa ao uso de antibióticos en coellos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Al-Soufi Novo, Sabela

O sector cunícola enfróntase a un descenso no consumo de carne de coello e a un aumento da mortalidade nas granxas, debido á dificuldade de manter a saúde intestinal dos cazapos tras as recentes restricións no uso de antibióticos. As macroalgas mariñas aparecen como unha prometedora alternativa, xa que presentan numerosos polisacáridos con potencial efecto prebiótico. O obxectivo deste estudo foi avaliar o emprego de macroalgas nas dietas dos coellos co fin de mellorar a súa saúde intestinal no…



Comportamento de compra no comercio móbil: a importancia dos trazos de personalidade, Comportamiento de compra en el comercio móvil: la importancia de los rasgos de personalidad, Mobile commerce purchase behaviour: The importance of personality traits

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Camoiras Rodríguez, Zaira, Varela Neira, María Concepción

As vantaxes que o comercio móbil proporciona atraeron a atención de empresas e consumidores. A pesar dos seus potenciais beneficios, a investigación sobre os factores que inflúen na súa frecuencia de uso e compra é aínda escasa. Este estudo contribúe a alcanzar un maior coñecemento e comprensión sobre os factores que inflúen na frecuencia de compra no comercio móbil ao vincular o Modelo de Aceptación de Tecnoloxía (TAM) coa literatura dos trazos de personalidade. Esta investigación emprega unha…



Normalización e ensino secundario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Asorey Vidal, Daniel

Centrareime en primeiro lugar no que é a historia do ensino con respecto á nosa lingua, non sempre se poderá falar de ensino secundario, xa que moitas veces carecemos de datos e outras moitas probablemente sexa máis pertinente e interesante comenta-la realidade xeral da docencia. Logo, e tras un pequeno repaso do que foi e é a legalidade en materia lingüística, faremos un sinxelo estudo dos usos e actitudes cara ó galego do alumnado do IFP de Lamas de Abade (Santiago).



A gheada no concello de Padrón

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Baleirón Sóñora, Rosario

O Concello de Padrón caracterízase por presenta-lo fenómeno coñecido como gheada consistente en pronuncia-lo /g/ como fricativo laringal. Esta realización, a máis estendida xeograficamente, non é a única xa que, ó seu carón, podemos escoitar unha realización laringal ou glotal, unha fricativa uvular e incluso unha fricativa velar xorda. Despois de encadrar territorialmente o concello de Padrón centrareime no obxectivo fundamental desta exposición: unha aproximación ó que é a situación actual da…



O xénero e a súa influencia nos sectores profesionais, Gender and its influence in professional sectors

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Fernández, Raquel, Santamaría Queiruga, Olaya

Nesta comunicación imos a reflexionar en torno á temática da “masculinización” de diferentes profesións. Concretamente ímonos centrar no perfil do alumnado que cursa Certificados de Profesionalidade do Plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) do sector da construción e outros sectores afíns, analizando o baixo porcentaxe de alumnado feminino que cursa algunha das diferentes especialidades ofertadas das familias profesionais destes sectores, e dos…



Como reverter as desigualdades nos museos: reflexións dende a crítica patrimonial feminista

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Jiménez-Esquinas, Guadalupe

Neste texto quero compartir algunhas das reflexións que veño facendo os últimos anos sobre a pertinencia de adoptar unha perspectiva crítica feminista no ámbito dos museos e do patrimonio, co obxectivo de non seguir perpetuando roles e estereotipos de xénero así como para rachar coas xerarquizacións e dinámicas que xeran desigualdades. A ausencia de mulleres ou a súa representación estereotipada incide na minusvaloración, banalización ou ridiculización do se que asociou historicamente co…



A xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cidrás Fuentes, Aldara

A historia do golpe de Estado de 1936 é tamén, a historia dun asalto ao Estado xurisdicional. E é que a xurisdición non é un aspecto máis do Estado, senón que está na cerna mesma do concepto de soberanía. Os golpistas precisaban configurarse como contraestado que exerce a súa función xurisdicional para evidencciar que eles mesmos eran, en efecto, o verdadeiro Estado. Asemade, foi a través do exercicio desta mesma función xurisdicional como os sublevados canalilzaron fundamentalmente as súas…



Oportunidades da economía galega post COVID-19: A recuperación no ámbito industrial, enerxético e ambiental, Oportunidades de la economía gallega post COVID-19: La recuperación en el ámbito industrial, energético y ambiental, Opportunities of the Galician economy post COVID-19: Recovery in the industrial, energy and environmental area

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Silva, Fernando, Sande Veiga, Diego

A COVID-19 implica moitos cambios nas estruturas económicas tradicionais que non pasan desapercibidos para a economía galega. Unha vez superada a crise sanitaria, é preciso aclarar cales son as consecuencias económicas inmediatas e, sobre todo, pór en valor as oportunidades que xorden para que o noso sector produtivo se adapte a esta nova realidade, en particular o aproveitamento dos Fondos Europeos de Recuperación, Transformación e Resiliencia (fondos Next Generation EU). A necesidade de…



Concepcións dos alumnos sobre mecánica clásica : escolma bibliográfica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Castiñeiras, Xosé Manuel, García-Rodeja Fernández, Eugenio, Arias Vázquez, María Teresa, Illobre González, María Laura, Martínez Rivas, Guadalupe, Otero Echart, María, Rodríguez Lema, Carmen María, Rodríguez Rodríguez, María Dolores, Túñez López, María Génova




Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hermida González, Xoán

Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012) aborda o percorrido polas ‘dinámicas relacionais’, en expresión de Charles Tilly, durante a década dourada dos movementos sociais en Galicia. A década iniciase con Nunca Máis como momento fundacional do movemento social galego actual e percorre diferentes redes e alianzas ata chegar ao nacemento de AGE, como contedor político da cidadanía que buscaba a construción dun novo interface diferente a partidos clásicos e a…



Comparación de estructuras productivas entre rexións transfronteirizas: Galicia e a Rexión Norte de Portugal, A Comparison of Productive Structures Between Neighbouring Regions: Galicia and the Northern Region of Portugal, Comparación de estructuras productivas entre regiones transfronterizas: Galicia y la Región Norte de Portugal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Fernández, Melchor, Fernández Grela, Manuel

Neste traballo ofrécese unha visión comparativa das economías de Galicia e a rexión norte de Portugal, a través das técnicas de análise input-output. A estructura de producción de ambas as dúas economías descríbese utilizando varias ratios estructurais xa clásicas, e identifícanse as relacións de interdependencia dentro de cada economía calculando diversos coeficientes e multiplicadores estándar. Deste modo detéctanse analoxías e diverxencias entrambas as dúas rexións que permiten apuntar…



Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casas Vales, Arturo

A historiografía literaria galega evidencia engarces e rupturas que remiten á propia historia cultural de Galiza e á secuencia de acontecementos históricos que desde o século XIX deliñaron o desenvolvemento social, económico e político do país. Nesas coordenadas entran unha serie de procesos entre os cales destaca a elaboración e propagación de idearios orientados ao logro dunha saída da subalternidade política ou ao horizonte dunha emancipación nacional. Aqueles acontecementos e estes procesos…



Climántica na innovación Erasmus+ 2021-2023

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Luna, Francisco, García Vinuesa, Antonio

Preténdese mostrar as últimas fases na traxectoria do proxecto Climántica desde a súa creación ata a actualidade na que se ten materializado en dous proxectos Erasmus+ de innovación derivados do propio proxecto, que resultaron seleccionados co nº 1 polo Servizo Español para a Internacionalización do Ensino (2021-2023) nas dúas liñas pedagóxicas que identificou Erasmus + para superar barreiras pedagóxicas da COVID-19.



A filosofía integradora e imparativa de Raimon Panikkar. Particularismo, universalidade e harmonía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Prieto, Victorino

El artículo trata del pensamiento de Raimon Panikkar, un pensamiento que persigue una visión armónica de toda la Realidad, elaborada desde una complementación de la Ciencia, la Filosofía y la Teología, convencido de que la separación entre estas disciplinas es unha distinción dualista que Occidente debe superar. Una Filosofía como “sabiduría del amor” más que el socrático “amor a la sabiduría”; y una filosofía imparativa o dialógica, que pretende estar permanentemente abierta en un esfuerzo de…



O papel da fisiocracia nos nosos días: unha reflexión sobre a análise económica dos recursos naturais e o medio ambiente, Phisiocracy in the Present Time: Some Thoughts on the Economic Analysis of Natural Resources and the Environment, El papel de la fisiocracia en nuestros días: una reflexión sobre el análisis económico de los recursos naturales y el medio ambiente

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Torreiro, Marcos

O obxecto deste estudo é tratar de determinar a relevancia das contribucións fisiocráticas nos actuais enfoques económicos para a análise de cuestións relacionadas co medio natural: a Economía dos Recursos Naturais (e Ambientais) e a Economía Ecolóxica. A principal conclusión que se deriva deste traballo é a vixencia de cuestións e argumentacións elaboradas polos fisiócratas nas modernas análises que se encargan de estudar as relacións existentes entre a economía e a natureza



As cláusulas de emprego e condicións de traballo na contratación pública no dereito da Unión Europea, Las cláusulas de empleo y condiciones de trabajo en la contratación pública en el derecho de la Unión Europea, Employment and working conditions clauses in public procurement in EU Law

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miranda Boto, José María

O ordenamento da Unión Europea, paulatinamente, foi admitindo a presenza de cláusulas de contido socio-laboral na contratación pública. A evolución histórica da normativa pon de manifesto que foi un proceso longo e lento, pero a nova Directiva 2014/18/UE semella augurar a consolidación desta situación. A xurisprudencia do Tribunal de Xustiza foi, pola súa parte, bastante errática. Nun primeiro momento admitiu, sen apoio normativo ningún, a presenza destas cláusulas no tráfico xurídico público.…



In Roma nata, per Italiam fusa, in provincias manat. A cidade romana no noroeste: novas perspectivas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Zins, Max-Jean, Lafon, Xavier, Bandelli, Gino, Rossi, Filli, Schattner, Thomas, Jiménez Salvador, José Luis, Ribeiro, Maria do Carmo, Ribeiro, Jorge, Mar Medina, Ricardo, Martíns, Manuela, Meireles, José, Magalhães, Fernanda, Braga, Cristina, Carvalho, Helena Paula Abreu de, Pérez Alberti, Augusto, Ramil Rego, Pablo, López Castro, Hugo, Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, Ferreiro da Costa, Javier, Nárdiz Ortiz, Carlos, González Soutelo, Silvia, Botica, Natalia




A programación de aula no marco da LOE. Unha ferramenta ao servizo das tarefas docentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Tilve, María Dolores, Malvar Méndez, María Laura

A escola, hoxe por hoxe, atópase ante unha complexa realidade social, froito do vertixinoso desenvolvemento tecnolóxico, económico e cultural. Este conxunto de demandas sociais fai que o labor docente pase a un primeiro plano, polo que os procesos de ensinar e aprender requiren ser planificados minuciosa e debidamente. Neste contexto de planificación, a programación de aula pasa a ser a unha ferramenta de gran utilidade ao servizo das tarefas docentes. Dela depende, en gran medida, o éxito do…



Fraseoloxía e estándar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez de la Granja, María

Nestas páxinas preséntase unha breve reflexión, esencialmente teórica (e feita desde a visión de quen traballa en fraseoloxía e non en estandarización) sobre algunhas das tarefas que debe enfrontar quen pretenda levar a cabo a estandarización das unidades fraseolóxicas e sobre as peculiaridades destas expresións que se deben ter en conta á hora de realizar tal tipo de traballo (ocupareime exclusivamente dos fraseoloxismos, aínda que algunhas das reflexións que se presentan son válidas tamén…



Galicia ante a Estratexia territorial europea, Galicia ante la Estrategia territorial europea, Galicia in View of the European Territorial Strategy

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Laxe, Fernando

O novo escenario que se configura en Europa obriga a repensar estratexias de desenvolvemento que desbordan o ámbito estritamente rexional para poder afrontar liñas de acción multirrexionais. A heteroxeneidade de situacións, de diferenzas rexionais e de distintas dinámicas de integración espacial en Europa subliña a necesidade de compatibilizar obxectivos de competitividade e de cohesión territorial dentro dun marco de crecemento sostido e baixo a perspectiva dunha Estratexia territorial europea…



Carlos Casares na prensa diaria (1968-1992)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Vázquez, Mar

Nesta Tese de doutoramento pártese de fundamentacións teóricas sobre a vinculación entre Literatura e Xornalismo, para a seguir realizar unha descrición e unha clasificación temática das colaboracións en prensa de Carlos Casares publicadas entre 1968 e 1992. Colaboracións realizadas por Casares de forma parella e simultánea á súa produción literaria, e a outras facetas por el desenvolvidas no ámbito da cultura galega. Estas facetas do autor permiten profundar nas relacións entre xornalismo e…



Poderá ser a criminalização do assédio moral e/ou mobbing, rectius no trabalho, respeitadora dos principios constitucionais da necessidade, adequação, proporcionalidade e intervenção mínima penais? A lesão dos direitos fundamentais constitucionais dos trabalhadores: o caso português

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bandeira, Gonçalo S. de Melo

O direito constitucional português ao trabalho: introdução § Algumas ideias sobre o assédio moral ou psicológico: as principais vítimas, as diferenças do bullying (e/ou intimidação ou tiranizar), os fundamentos, o seu estudo § O contexto do ordenamento jurídico português: algumas consequências do assédio moral § O direito geral à personalidade § A distinção entre o assédio moral e outras figuras § O assédio sexual faz parte do assédio moral em sentido amplo § Dentro do problema do “assédio…



Livro das devoracións, na procura do ollar pausado do mundo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cambeiro López, Emilio Xosé

Da disputa cos demais facemos retórica; da disputa con nós mesmos, facemos poesía. Poderíamos dicir que esta cita de W.B. Yeats é unha das máis axeitadas para explicarmos o significado último da poesía, simplemente unha disputa con nós mesmos. Nesta liña ou idea do significado último da poesía poderíase encadrar a obra de Pilar Pallarés. No artigo pretendemos achegarnos tanto ás claves como ao fondo da disputa que achamos no seu último poemario, o Livro das devoracións, cuxo título xa nos evoca…



Estilística do símbolo na poesía rosaliana

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López-Casanova, Arcadio

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Análise dalgunhas características do italiano colloquial en Nuovi racconti romani de A. Moravia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montes, María

Actas del I Congreso Internacional “Adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas” (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, septiembre de 1995)



A persecución política da muller. Lucenses detidas no cárcere provincial de Lugo (1936-1940)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Souto Blanco, María Jesús

O estudo da poboación reclusa feminina durante a Guerra Civil e o franquismo é, aínda hoxe, un aspecto pouco explorado da actividade represiva do réxime. As aproximacións ao tema que teñen como poboación diaria o colectivo das reclusas son moi escasas, predominando a literatura testemuñal feminina ou os estudos de caso, que non permiten unha visión global da dinámica penitenciaria.Esta carencia cobra especial relevancia en Galicia onde as mulleres sufriron unha particular represión polo apoio…



Descrición dos distintos erros cometidos polos auditores cando redactan informes de auditoría: un estudo aplicado ás empresas galegas, Descripción de los distintos errores cometidos por los auditores cuando redactan informes de auditoría: un estudio aplicado a las empresas gallegas, Description of the different mistakes made by the auditors when they draft audit reports. A study applied to the galician companies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mareque Álvarez-Santullano, Mercedes, López Corrales, Francisco Xavier

O informe de auditoría de contas anuais debe seguir o formato e a terminoloxía específica recollida nas Normas técnicas de auditoría (NTA) para cumprir o seu fin, o que implica a expresión dunha opinión profesional sobre o contido das contas anuais por parte do auditor. Este traballo pretende analizar os erros que conteñen os informes de auditoría dunha mostra representativa de empresas galegas no período 2004-2007. A observación realizada permitiu concluír que os informes que non conteñen unha…



A fortuna crítica da obra de Díaz Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Pereira, María Xesús

Estudo panorámico da fortuna crítica de Xosé María Díaz Castro. Analízanse os principais factores que foron conformando a recepción da súa obra. Identifícanse as achegas que máis influíron na interpretación da poesía do autor e estabelécense catro puntos de inflexión no proceso de recepción no período que vai da publicación de Nimbos á actualidade



Cine en feminino: as mulleres de I. Bollaín

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Folgar de la Calle, José María, Martín Sánchez, Rita

Na derradeira década do século pasado, ‘feminizouse’ tímidamente a industria do cinema español. Nese proceso, o papel de Bollaín é relevante.



Modelos neuroinformáticos para a descoberta de fármacos neuroprotectores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Durán, Francisco Xavier

Introduçom A compreensom e o tratamento das doenças neurodegenerativas constituem ainda um desafio apesar da pesquisa intensiva. Novos algoritmos computacionais inspirados no processamento cerebral da informaçom e a disponibilidade pública de dados experimentais permitem umha nova abordagem para este enigma. Métodos A partir da base de dados ChEMBL construímos um conjunto de dados unificado de ensaios independentes sobre interaçons de fármaco-alvo implicadas principalmente na neuroprotecçom.…



Xeomorfoloxía e Paisaxe nun espazo de montaña: sector lucense da Serra de Ancares

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Otero, Marta

A Serra de Ancares representa unha das principais paisaxes de montaña de toda Galicia, cuns elementos xeomorfolóxicos únicos. A presente tese pretende manifestar a importancia da xeomorfoloxía nos Ancares galegos dende dúas perspectivas: a primeira como axente condicionante na distribución dos diferentes usos e coberturas do solo e polo tanto da paisaxe da serra, e a segunda, como ferramenta válida na posta en valor dos recursos naturais. Comprobouse a relación entre a xeomorfoloxía e o…



Características da empresa e rendemento exportador, Characteristcs of the firm and export performance

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Araújo, María Luisa del, Varela González, José Antonio, Barreiro Fernández, José Manuel

Este traballo trata de demostra-la influencia de tres características do perfil das empresas (tamaño, participación do capital estranxeiro e sector de actividade) no seu rendemento exportador, medido a través das variables probabilidade de exportar e propensión exportadora. A utilización da análise de varianza, de regresión (lineal e loxística), log-lineal xerárquico e do algoritmo "CHAlD" permite mostra-la influencia daminante do tamaño da empresa na probabilidade de exportar -o…



A economía cubana no período 1990-1998 e a súa perspectiva

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Tato, Manuel

Este traballo ten como obxectivo fundamental ofrecer unha análise económica xeral dos principais factores que incidiron na evolución descendente da economía socialista de Cuba dende 1990 ata 1994, evolución que se iniciou co derrubamento do socialismo nos países de Europa oriental, especialmente na antiga URSS, así como a súa perspectiva a curto prazo, fundamentalmente para o ano 1999. Formúlanse as causas principais que provocaron o decrecemento da economía cubana dende 1990 ata 1994 e as…



Os mercados de carbono na Unión Europea: fundamentos e proceso de formación de prezos, Los mercados de carbono en la Unión Europea: fundamentos y proceso de formación de precios, Emission Markets in the European Union: Fundamentals and Price Formation Process

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Erias Rey, Antonio, Dopico Castro, Jesús Ángel

O obxectivo deste artigo é analizar os fundamentos básicos dos mercados de carbono integrados no Sistema da Unión Europea de comercio de emisións (EU-ETS) e do proceso de formación de prezos dos permisos de emisión transferibles (PET) neses mercados. Con ese fin estúdanse os principais elementos institucionais do sistema –axentes, activos, operacións e mercados organizados– e formúlanse os factores determinantes dos prezos do carbono. O estudo concreto de prezos realízase a partir das…