Skip to main content

Document language

Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Fontes para o estudo da arte medieval

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fraga Sampedro, María Dolores

A materia Fontes documentais e literarias para a Historia da Arte, posúe o carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no segundo ano (2º curso), en concreto no segundo cuadrimestre. Está integrada no módulo Coñecementos sistemáticos e integrados do feito artístico. Esta materia está estreitamente relacionada con Literatura e Arte no mundo antigo e medieval de primeiro curso, Fundamentos teóricos da historia da Arte de primeiro curso, Métodos de Análise e Interpretación do Fenómeno artístico…



A estimulación transcraneal por corrente directa como ferramenta para a mellora da memoria a longo prazo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rodríguez, Alba

[GL] A estimulación transcranial por corrente directa (ETCD) constitúe unha técnica non invasiva de estimulación cerebral que modifica a excitabilidade neuronal causando efectos similares á potenciación a longo prazo. Nos últimos anos ademais, xurdiu un interese sobre o posible uso desta técnica para acadar melloras cognitivas visibles en persoas sans e diversos traballos poñen de manifesto a súa capacidade para obter melloras na memoria a curto e longo prazo. Neste traballo pretendeuse…, [EN] Transcranial direct current stimulation (tDCS) constitutes a non-invasive brain stimulation technique that modifies neuronal excitability leading to similar effects as long term potentiation. Over the last years, an interest was developed on the possible use of this technique to achieve visible cognitive enhancement on healthy individuals, and several research works assess its ability to improve short and long term memory. On this work, it was intended to demonstrate whether this…



A tradición de Dares Frixio no Medievo hispánico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Giadás Quintela, Miguel

O punto central deste traballo será analizar a presenza da obra de Dares Frixio, De excidio Troiae Historia, na Chronica ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa . En segundo lugar, tentar explicar o porqué do uso de Dares na súa obra e, se é posible, intentar filiar textualmente con algunha das familias coñecidas da tradición manuscrita de Dares o texto que empregou Gonzalo para incluílo na súa obra, que se atopa no manuscrito P. I. 4 da Biblioteca de El Escorial. Para esta tarefa levarase a…



Economía circular e dinámica sectorial e territorial das actividades da reparación na Unión Europea e en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López-Bermúdez, Francisco

Neste traballo estudamos as implicacións socioeconómicas das actividades da reparación no ámbito da Unión Europea con atención especial á dimensión territorial das mesmas. O traballo consta dunha parte introdutoria; o desenvolvemento do corpo do traballo, onde facemos unha primeira parte de introdución teórica e unha segunda parte de análise empírica e a parte final do traballo, que inclúe as conclusións e as ampliacións. Os obxectivos do traballo son determinar as implicacións socioeconómicas…



Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muñoz Patiño, Ana María, Rodríguez Pallares, Jannette, Díaz Ruiz, María del Carmen

A unidade didáctica «Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal» está incluída na materia NEUROANATOMÍA (6 ECTS), que se imparte no segundo curso do Grao en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade cursarase a continuación do primeiro bloque do programa da materia, unha vez cos alumnos xa teñen una visión xeral e introdutoria da organización do sistema nervioso. Esta unidade didáctica centrarase no estudo da anatomía macroscópica da…



O salario mínimo: situación na UE, comparativa nos mercados de traballo español e francés e efectos sobre o emprego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pimentel Iglesias, Lois

O presente traballo céntrase no estudo do salario mínimo, un tema en torno ao cal os debates no noso país volveron rexurdir con forza nos últimos tempos. A súa análise, ademais, cobra especial interese no caso español por tratarsedun país cuxos niveis de desemprego adoitan atoparsede xeito sistemáticopor enriba da media da UE. O obxectivo deste traballo consiste en examinar en que posición se atopa España dentro do contexto da UE no referidoao salario…



O finning: eficiencia das políticas e evolución do comercio de aletas de tiburón na Unión Europea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Acevedo Iglesias, Sergio

O maior valor da aleta de tiburón en comparación co resto do animal dende o punto de vista económico incentivou a pescadores a practicar finning, polo que os buques de pesca aforraban espazo de bodega para logo poder encher con peixes máis valiosos, como o espada ou o atún. Tratándose dunha práctica cruel que afecta ao ecosistema, estritamente lexislada (prohibida) dende inicios do recente século, e sendo España, Galicia en especial, dos maiores produtores do mundo de tiburón, demanda a…



Matemáticas e Estatística II, (Versión 2021)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Ramos, José Carlos

Nestes apuntes preséntanse os conceptos básicos da inferencia estatística. Determinámo-las fórmulas dos intervalos de confianza para a media de poboacións normais, para proporcións, para diferencia de medias de poboacións normais, e para diferencia de proporcións. A continuación discutímo-los conceptos fundamentais e o procedemento para realizar contrastes de hipóteses sobre medias de poboacións normais, proporcións, diferencia de medias de poboacións normais, e diferencia de proporcións.…



Evolución de Podemos: Análise da interrelación entre grupos internos, decisións do partido e evolución do seu electorado, Evolución de Podemos: Análisis de la interrelación entre grupos internos, decisiones del partido y evolución de su electorado, Evolution of Podemos: Analysis of the interrelationship between internal groups, party decisions and evolution of its electorate

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Gómez, Álvaro

O presente traballo pretende abordar a evolución do partido político Podemos, baseándose nas contribucións na área do estudo dos partidos políticos de Kitschelt (pero tamén de Panebianco). Deste xeito, enténdese os partidos políticos como "sistemas conflitivos" nos cales se interrelacionan variables internas e externas ao propio partido: as relacións entre os grupos internos do partido, as decisións do partido e o mundo externo ao partido (o seu desempeño…



O réxime xurídico das enerxías renovables, El régimen jurídico de las energías renovables, Legal regime of renewable energies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez del Río, Saúl

As enerxías renovables son unha das principais armas coas que conta a sociedade para facer fronte ao cambio climático e situarse no camiño do desarrollo sostible. Dende a Unión Europea lévase impulsando o cambio no modelo de producción e consumo de enerxía dende fai décadas. España é un dos Estados membros no que as renovables tiveron mellor acollida e desenvolvemento debido ás condicións climatolóxicas privilexiadas coas que conta así como a unha lexislación que favorecía a súa implantación.…



Primeira aproximación aos protocolos notariais de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442), Primera aproximación a los protocolos notariales de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442), First contact to the notarial registries of Johán Rodríguez (Tui Cathedral, 1413-1442)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costas Fragueiro, Brais

En liñas xerais, este Traballo de Fin de Grao ten por finalidade central realizar un primeiro achegamento aos protocolos notariais de Johán Rodríguez, da catedral de Tui (referencias arquivísticas ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1004_1 e ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1003_2). Estes foron producidos a principios do século XV, exactamente entre 1413 e 1442. Para iso, en primeiro lugar, seleccionarase un subcorpus de estudo, caracterizado por un conxunto senlleiro de documentos que reflictan a…



Análise comparativa das escalas de risco Framingham, REGICOR, DORICA, SCORE2 e SCORE2-OP e a súa adecuación á poboación galega, Análisis comparativo de las escalas de riesgo Framingham, REGICOR, DORICA, SCORE2 y SCORE2-OP y su adecuación a la población gallega, Comparative analysis of the Framingham, REGICOR, DORICA, SCORE2 and SCORE2-OP risk scales and their suitability for the galician population

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Rodríguez, Marta

Introdución: A enfermidade cardiovascular é a primeira causa de mortalidade no noso medio. Hai moitos factores de risco coñecidos en relación a enfermidade cardiovascular (HTA, DM, dislipemia, idade, sexo, obesidade). Nas últimas décadas foron xurdindo cada vez máis escalas que pretenden calcular o risco, en función destes factores, de padecer un evento cardiovascular ou a morte de causa cardiovascular. Estas escalas son especialmente útiles á hora de iniciar tratamentos preventivos.…



Insivibles á vista : mulleres medievais no cinema (1900-2022), Invisibles a la vista : mujeres medievales en el cine (1900-2022), Invisible in plain sigth : medieval women in film (1900-2022)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Canto González, Inés

O cine inflúe notoriamente no coñecemento histórico que unha gran parte da sociedade ten sobre a Idade Media. A maior parte da representación fílmica sobre as mulleres medievais está marcada polos estereotipos e roles de xénero. Isto, sumado ao escaso tratamento da historia destas mulleres por parte do ensino secundario, condiciona e reforza a mentalidade popular. A través dunha enquisa realizada e da análise dunha listaxe variada de filmes, preténdese presentar unha investigación sobre as…



O Novo Testamento na aula de Grego, El Nuevo Testamento en clase de Griego, The New Testament in Greek lessons

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morón Bandín, Alejandro

A actualidade leva anos experimentando mudanzas a un ritmo cada vez máis frenético. Paralelamente, a longa lista de leis educativas promulgadas desde a chegada da democracia veu acompañada de redefinicións da educación e de cambios tanto nos contidos educativos, en moitos casos, como na forma de os impartir. Este traballo constitúe unha proposta de ensinanza enfocada na inclusión da literatura neotestamentaria como material textual de grande utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe da lingua…



Start-up e emprendemento feminino. Unha aproximación sociocrítica aos factores que impulsan ou limitan o seu desenvolvemento, Start-up y emprendimiento femenino. Una aproximación sociocrítica a los factores que impulsan o limitan su desarrollo, Start-up and female entrepreneurship. A socio-critical approach to the factors that drive or limit their development

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Fernández, Paula

O emprendemento feminino constitúe unha alternativa importante na vida profesional das mulleres. Múltiples fenómenos sociais interceden na decisión das mulleres de iniciar unha start-up, impulsando ou limitando o seu desenvolvemento. Este traballo presenta, cunha perspectiva sociocrítica, unha aproximación á realidade de mulleres que se ven envoltas no mundo da empresa. Trátanse as implicacións que acompañan ao proceso de emprender, dende o marco institucional, social e persoal, perfilando…



Gamificando Matemáticas a través das TIC: unha proposta efectiva e afectiva, Gamificando Matemáticas a través de las TIC: una propuesta efectiva y afectiva, Gamifying Mathematics through ICT: an effective and affective proposal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salgueiro Bereijo, Carla

O obxectivo principal deste traballo é levar a cabo o deseño dunha proposta didáctica enmarcada na área das Matemáticas en 3º curso de Educación Primaria tomando como eixo vertebral da mesma a metodoloxía da gamificación a través do emprego das TIC, destacando a súa importancia como elementos útiles para mellorar a afectividade e a aprendizaxe do alumnado cara esta materia. O traballo comeza facendo unha revisión bibliográfica relacionada co ensino-aprendizaxe das Matemáticas na aula,…



A Unión Europea e o individuo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lirola Delgado, Isabel

A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus…



O "novo" Novo Cinema Galego a través da crítica cinematográfica (2019-2021), El "nuevo" Novo Cinema Galego a través de la crítica cinematográfica (2019-2021), The "new" Novo Cinema Galego through film criticism (2019-2021)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Eiras Rubín, Celia

Ao longo da última década, agromou en Galicia unha nova forma de facer cine. Cineastas e filmes orbitaron arredor da etiqueta ‘Novo Cinema Galego’ coa intención común de expresar a identidade territorial galega mediante a experimentación das formas, afastándose dos modelos industriais. Paralelamente, profesionais da crítica cinematográfica e do xornalismo dedicáronse a cubrir a actualidade do movemento desde medios dixitais e impresos, algunhas e algúns empregando a súa actividade coma…



O pensamento de Ramón Piñeiro: unha aproximación dende a Teoría Política, The political thought of Ramón Piñeiro: an approach from Political Theory.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Álvarez, Sergio María

Dende a perspectiva da Teoría Política, o autor deste traballo pretende unha síntese do pensamento político de Ramón Piñeiro López, tratando de sistematizar as súas principais ideas políticas e determinar a súa teoría política da nación. Con este fin compararemos o seu pensamento político co dos principais teóricos do nacionalismo galego, empregando para elo as categorías e conceptos que manexa a Teoría Política no estudo dos nacionalismos. Do mesmo xeito trataremos de apuntar…



O concubinato rexio como modelo de fundación monástica nas coroas de León e Castela: séculos XI-XIII

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rodríguez, Laura

A investigación deste traballo presenta como tema, o concubinato rexio como modelo de fundación monacal nas Coroas de León e Castela entre os séculos XI e XIII. Analizáronse os casos dalgunhas concubinas coñecidas dos monarcas destes gobernos, que emprenderon diferentes fundacións monásticas, a maioría logo de poñer fin ao tipo de relación á marxe do matrimonio canónico que foi o concubinato. Procedeuse a afondar na interpretación que tomaron estes espazos, en moitas ocasións como lugares de…



Cambio climático e crecemento económico: análise para España e a Unión Europea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Mato, Silvia

O obxectivo deste traballo é dobre. Por unha banda, expor as causas e consecuencias máis destacables do cambio climático, así como os instrumentos a empregar para mitigar e adaptarse á externalidade ou as diferentes conferencias que tiveron lugar dende mediados da década dos 90. Observamos que os acordos internacionais vinculables son tan necesarios como conflitivos; o Acordo de París é o pacto máis recente e esperanzador para por límite ao incremento da temperatura do planeta. Froito do…



A forza do cambio Análise do discurso de Ana Pontón nas campañas de 2016, 2020 e 2024, La fuerza del cambio. Análisis del discurso de Ana Pontón en las campañas de 2016, 2020 y 2024, The power of change. Analysis of Ana Pontón’s speech in the 2016, 2020, and 2024 campaigns

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Pérez, Lucas

O constante éxito do BNG nas sucesivas eleccións autonómicas fai que moitos autores se interesen pola fonte de dito éxito e pola muller que liderou este éxito, Ana Pontón. Nesta investigación buscarase analizar o discurso en campaña da candidata nas eleccións autonómicas dos anos 2016, 2020 e 2024. Para isto, empregaremos a análise crítica do discurso (ACD) e complementarémola con tres entrevistas á candidata Ana Pontón, ao coordinador da área de comunicación do BNG Xavier Campos e ao…



Ferrol en chamas: memoria histórica de 1972 e do X de Marzal dende unha perspectiva de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Falcón Cazás, Iker

[GLG] O traballo de fin de grao baséase na investigación dos sucesos históricos ocorridos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, aplicando unha novidosa perspectiva de xénero que permita incluír nas narrativas o papel fundamental que tiveron as mulleres. Focalizaremos o noso interese no grupo coñecido popularmente como “Mulleres do 72”. Para a realización do traballo levaremos a cabo un baleirado da bibliografía e materiais de variada natureza (audiovisuais,etc.) existente sobre o tema en concreto e…



Unha revisión de problemas de horarios e aplicacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Brea González, Sara

Os problemas de horarios consisten na asignación eficiente de recursos limitados a un conxunto de tarefas, tendo en conta determinadas restricións temporais e criterios de optimalidade. No primeiro capítulo comezamos detallando a notación que empregaremos ao longo do traballo. A continuación, no segundo e terceiro capítulo faremos unha revisión de diferentes versións nas que se poden presentar ditos problemas, presentando en cada caso o algoritmo correspondente para atopar unha solución óptima,…



As ecuacións de Laplace e Poisson

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Pérez, Iria

Neste traballo faremos un estudo relacionado coa ecuación de Laplace e Poisson, é dicir, dúas das ecuacións en derivadas parciais máis interesantes e importantes tanto na rama da matemática como na da física. Explicarase nun pequeno contexto histórico como xurdiron e o papel fundamental que xogan en distintas áreas como nas ecuacións de ondas e calor. Ademais, abordaranse tamén problemas con condicións de contorno de tipo Dirichlet, Neumann e Robin, bastante coñecidas.



A teoría da multiplicación complexa e o soño de xuventude de Kronecker

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Rodríguez, Héctor

O soño de xuventude de Kronecker fai referencia ao problema de construír tódalas extensións abelianas dun corpo cuadrático imaxinario, estendendo así o teorema de Kronecker-Weber. Para o estudo desta cuestión, o instrumento central é unha certa clase de curvas elípticas, cunha estrutura aritmética especialmente rica denominada multiplicación complexa. Neste traballo vaise explorar a relación entre estas dúas cuestións. Comezarase introducindo, por unha parte, as curvas elípticas, definindo…



Fórmulas de cuadratura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Sieira, Laura

Neste traballo abordaremos o estudo de métodos numéricos para o cálculo aproximado da integral definida a través de diversas fórmulas de cuadratura. En primeiro lugar, falaremos das fórmulas de cuadratura de tipo interpolatorio polinómico (de tipo i.p.) e daremos unhas pinceladas comúns a todas elas. Estudaremos en profundidade dous casos importantes das fórmulas de tipo i.p.: as fórmulas de Newton-Cotes e as fórmulas de Gauss. Por último, estudaremos as fórmulas de cuadratura compostas, que…



A atmosfera

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Fórneas, Esther, Rodríguez Silva, Laura

Despois de estudar os conceptos básicos da química, as propiedades dos gases, os líquidos, os sólidos, as disolucións, os enlaces químicos, as forzas intermoleculares e visto como a cinética química e os conceptos de equilibrio axudan a entender a natureza das reaccións químicas, neste tema imos aplicar estes coñecementos ao estudo do sistema atmosfera. No entanto que a composición da atmosfera da terra é bastante simple, a súa química é moi complexa e nunca se comprendeu por completo. Os…



Movementos en masa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taboada Rodríguez, Teresa María

O programa que se presenta está especificamente deseñado para o alumnado que cursa o Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais, polo que se centra naqueles aspectos da Xeoloxía Ambiental que non se estudan noutras materias da titulación; por exemplo non se estuda o solo como recursos porque os alumnos cursan distintas materias desa disciplina. Dentro do programa pódense diferenciar claramente dúas partes, na primeira estúdanse os recursos (unidades II a IV) e na segunda os riscos (unidades V…



Valoración intertemporal de activos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é estudar a valoración de activos nun contexto intertemporal no que os investidores adoptan decisións en mercados que poden ser dinamicamente completos na medida que poden corrixir ou adaptar as decisións financeiras adoptadas no pasado á nova información que se foi…



A historia da educación occidental a través da imaxe (dende a antigüidade clásica á ilustración). Elaboración dun arquivo dixital dirixido á docencia universitaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bolaño Amigo, María Eugenia

[GL] Este traballo presenta como obxectivo central a elaboración dun arquivo dixital significativo cunha orientación didáctica para a súa posible utilización nas aulas da disciplina Historia da Educación, que se imparte na titulación de Pedagoxía e outras afíns nas universidades españolas e noutras exteriores. Dito recurso didáctico poderá ser empregado para mellorar e reforzar a aprendizaxe de contidos substantivos no eido da Historia da Educación, grazas á potencialidade informativa das…



Recursos de humor e hixiene verbal: un estudo de caso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Carballo, Carla Catarina

Este traballo céntrase no estudo lingüístico dos límites do humor, malia que se consideran tamén aportacións doutras ciencias como a filosofía e a socioloxía. A investigación céntrase no humor de denigración, que realiza unha ofensa contra colectivos minorizados, polo que se partirá da sociolingüística, a pragmática e as teorías da hixiene verbal. A bibliografía utilizada no marco teórico aborda diferentes aspectos de gran relevancia no estudo como o contexto comunicativo e socio-cultural, a…



Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Serrano Lorenzo, Venancio

O presente Traballo de Fin de Grao, que consta de 9.997 palabras, estuda o obxectivo pobreza encadrado na Estratexia Europa 2020. Dende os anos 70 do século XX, as institucións europeas foron aplicando diferentes plans de loita contra a pobreza até a actual estratexia desta década, a cal procura un crecemento “intelixente, sostible e integrador”. Os cinco principais obxectivos da Europa 2020, entre os que se atopa rescatar da pobreza a máis de 20 millóns de persoas en comparación co ano 2008,…



Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Espinar, Francisco Javier

Cando un composto é soluble noutro podemos formar unha disolución verdadeira. Nesta, o soluto atópanse dispersado a nivel molecular no disolvente de maneira que as moléculas de disolvente e de soluto posúen tamaño similar, polo que podemos asumir que as moléculas de soluto están distribuídas uniformemente no disolvente. En cambio, se unha subtancia é insoluble noutra, non poderemos dispersala a nivel molecular. Non obstante, o que poderemos facer é dividila en pequenas unidades e distribuílas…



A norma xurídica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza

Teoría do Dereito impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Dereito, e persegue sentar as bases do coñecemento xurídico do alumno, explicando os caracteres xerais do Dereito (ontoloxía xurídica), a metodoloxía para o seu coñecemento (teoría da ciencia) e os valores presentes no Dereito (axioloxía xurídica). Todo o cal explicarase sen fixarnos en ningún ordenamento xurídico concreto, aínda que poidan facerse referencias a estes a título de exemplo. A presente Unidade…



Codificación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bouzada Gil, María Teresa

A disciplina xurídica Fundamentos Históricos do Dereito atópase na Memoria de Grao da Facultade de Dereito da USC como unha materia troncal no primeiro cuadrimestre do primeiro curso, cunha asignación de seis créditos ECTS. Nesta materia abórdase a evolución do Dereito español, das súas fontes e das súas institucións, dende a chegada dos romanos á Península ata a actualidade. A vinda dos romanos supuxo un fito xurídico fundamental na nosa historia xurídica, ata o punto que se chegou a definir…



Actitudes e comportamentos das familias autóctonas respecto das persoas de procedencia migrante: unha análise dende a perspectiva da educación intercultural, Actitudes y comportamientos de las familias autóctonas respecto de las persoas de procedencia migrante: un análisis desde la perspectiva de la educación intercultural, Attitudes and behaviours of the native families with regard to people of inmigrant origin: an analysis from the intercultural education perpective

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiago Cameán, Medea

Este estudo recolle os resultados derivados dunha investigación de campo, cuxo propósito consiste en coñecer, así como analizar as percepcións e actitudes das familias autóctonas que frecuentan o Centro Cívico de Conxo, en relación á integración da poboación inmigrante, dende a perspectiva da educación intercultural. Na actualidade, o fenómeno migratorio medra exponencialmente, así como as súas implicacións. É por iso, que dende a educación xorde a necesidade perentoria de analizar dende a…



Caracteres e teorema de Burnside

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Mora, Manuel

[GL] Se 𝘎 é un grupo finito de orde 𝘯 tal que 𝘯 só ten dous factores primos, dito grupo é resoluble. Isto é o que nos dá o Teorema pᵃqᵇ de Burnside, cuxa proba é o fin do traballo. Para acadar este obxectivo existen dúas vías, a orixinal usando caracteres e outra máis moderna mediante teoría de grupos. Nós empregaremos a orixinal, polo que introduciremos os conceptos de representación dun grupo e a súa relación cos módulos sobre a álxebra de dito grupo, de representación irreducible,…



Variedades cosimplécticas: aplicacións en Mecánica Analítica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cornes Miramontes, Leonardo

[GL] Os obxectivos principais deste traballo son: En primeiro lugar, describir as variedades cosimplécticas, facendo primeiro un pequeno estudo dos espacios vectoriais cosimpléticos. Para unha mellor comprensión da xeometría cosimpléctica, faremos un repaso das variedades simplécticas. Os correspondentes teoremas de Darboux son esenciais no desenrolo deste traballo. En segundo lugar, desenvolvemos a formulación xeométrica das ecuacións de Hamilton para o caso non autónomo, establecendo que as…



A xeometría diferencial dun modelo de movemento da bicicleta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cousiño Sóñora, Ángel Manuel

[GL] Neste traballo estudaremos o modelo sinxelo de movemento da bicicleta sobre o plano. Consideraremos un segmento de lonxitude prefixada que representará ao cadro da bicicleta. Impoñeremos que o vector velocidade do extremo traseiro sexa paralelo a este. Fixando o percorrido da roda dianteira e a lonxitude do cadro, a traxectoria da roda traseira determínase de forma única a través dunha ecuación diferencial de primeiro orde de tipo Riccati, a ecuación da bicicleta. O traballo consistirá,…



Funcións de enfermaría na atención do paciente con Enfermidade Inflamatoria Intestinal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Chan, Inés

Introdución: A Enfermidade inflamatoria intestinal (EII) comprende varias patoloxías que provocan inflamación crónica do tracto gastrointestinal. O termo EII engloba dúas patoloxías principais: a Colite Ulcerosa (CU) e a Enfermidade de Crohn (EC). A función de Enfermaría nestas dúas patoloxías comprende varios aspectos: a xestión das necesidades dos pacientes, a educación sanitaria, o apoio psicolóxico e o fomento da autonomía. A maioría dos pacientes diagnosticados son novos, o que fai que…



A dinámica recente da estructura sectorial galega: unha análise a partir dos sectores característicos da nosa economía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amoedo Fernández, Álvaro José

O presente traballo ten como obxectivo analizar as características sectoriais da economía galega, realizando unha revisión bibliográfica e empregando datos facilitados por diversas fontes, fundamentalmente o IGE, e que nos levan a concluir que a nosa economía ten unhas características moi parexas ás do noso entorno terciarizado, aínda que cunhas particularidades concretas que a distinguen do resto tal e como demostran os sectores característicos que definen a economía galega, tamén analizados…



Utilidade da Escala de Soidade de Jong Gierveld na clínica psicoxeriátrica : un estudo piloto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Burés Soñora, Ana Isabel

A soidade é unha variable cun papel fundamental na poboación envellecida, un sector cada vez máis amplo que conta cunha incidencia elevada de problemáticas de saúde mental. Este tipo de problemas poden verse fomentados ou agravados pola propia experiencia da soidade, o que ten como consecuencia un incremento da fraxilidade e mesmo da mortalidade neste colectivo, as cales deben eliminarse. No presente estudo proponse estudar a introdución da escala de soidade de De Jong Gierveld (De Jong…



Descrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auricularia, Descripción anatómica e histológica del mejillón de río Margaritifera auricularia, Anatomical and histological description of Giant Freshwater Pearl Mussel Margaritifera auricularia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rico Gómez, Uxía

Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas do noso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento por causas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especie demanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente de extinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguir anticiparse a potenciais episodios de mortalidade…



Ideoloxías lingüísticas na era dixital: comentarios sobre lingua galega en TikTok, Ideologías lingüísticas en la era digital: comentarios sobre lengua gallega en TikTok, Linguistic ideologies in the digital age: comments on Galician language on TikTok

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Lago, María

Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar as ideoloxías lingüísticas imperantes na rede a partir da observación sistemática de prácticas discursivas desenvoltas en TikTok sobre o galego. A investigación baseada nun corpus de comentarios metalingüísticos orais e escritos permitiu coñecer mellor a situación e valor social actual da lingua. En Galicia existe unha situación sociolingüística complexa e o desenvolvemento do mundo dixital propiciou que na actualidade as redes…



Obradoiros de Aprendizaxe Socioemocional para a prevención de depresión e ansiedade en adolescentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muiños Lorenz, Antonio

A adolescencia é unha etapa do desenvolvemento caracterizada por unha maior inestabilidade e vulnerabilidade emocional que outros períodos vitais. Ademais, poden coexistir múltiples factores de risco, que neste estadío facilitan a aparición de problemas de depresión e ansiedade, os cales afectan tanto ó benestar inmediato coma o desenvolvemento futuro dos mozos e mozas. Para paliar isto, exponse unha proposta de intervención que consiste no deseño de dous obradoiros educativos que teñen como…



O método contable

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Gil, Luis Ignacio

A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable e requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada a través dos estados contables (balance, conta de…



Papel da odontoloxía forense na identificación de restos cadavéricos en fosas comúns, Papel de la odontología forense en la identificación de restos cadavéricos en fosas comunes, Role of forensic dentistry in the identification of body remains in common graves

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paz Pena, Sara

INTRODUCIÓN: A odontoloxía forense supón un piar fundamental na identificación de vítimas inhumadas en fosas comúns ao borde do esquecemento. A través dela a identificación comparativa é unha das ferramentas máis esclarecedoras a empregar. Non obstante son moitas as veces nas que a ausencia de datos antemortem fai imperativa a utilización da identificación reconstrutiva en base a parámetros antropolóxicos. A través desta revisión estúdase a importancia da recuperación cadavérica e os protocolos…



Enfermidade de Rosai-Dorfman: estudo clinicopatolóxico dunha enfermidade enigmática, Enfermedad de Rosai-Dorfman: estudio clinicopatológico de una enfermedad enigmática, Rosai-Dorfman disease: clinical and pathological study of an enigmatic disease

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Fernandes, Laura

Antecedentes: A Enfermidade de Rosai-Dorfman (ERD) constitúe unha entidade enigmática, tanto por ser unha histiocitose, patoloxía extremadamente infrecuente cunha gran diversidade de formas de presentación, como pola recente descuberta de que, nalgúns casos, as células albergan mutacións de ganancia de función na vía MAPK. Pasando de considerarse como un proceso exclusivamente reactivo a súa clasificación pola World Health Organization no ano 2022 dentro das neoplasias histiocíticas, a ERD…



Os modelos lingüísticos no ensino non universitario de Galicia desde a análise de políticas públicas.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Garrido Cid, Malco

A presente investigación analiza o proceso de deseño e implementación dos distintos modelos lingüísticos aplicados no ensino non universitario de Galicia após a consecución da Autonomía -recollidos no Decreto 247/1995, Decreto 124/2007 e Decreto 79/2010-. Partindo dun marco de análise de políticas públicas, preténdese explicar o contido final dos diferentes modelos a partir do estudo polo miúdo dos actores implicados, dos recursos que mobilizan no proceso e das regras institucionais que…



Rehabilitación da cognición social en pacientes con traumatismo cranioencefálico : unha revisión sistemática

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paredes Medina, Elena

A relevancia da rehabilitación da cognición social en pacientes con TCE radica no seu impacto directo na reintegración social e funcional destas persoas. Obxectivo. Examinar a evidencia dispoñible sobre as intervencións para a rehabilitación da cognición social en pacientes adultos con traumatismo cranioencefálico (TCE). Método. Revisión sistemática en tres bases de datos (Scopus, PubMed e PsycINFO), ata maio de 2024. Seleccionáronse ensaios clínicos aleatorizados (ECA), estudos…



Romasanta, historia en movemento: Unha viaxe entre a realidade e o mito, Romasanta, historia en movimiento: Un viaje entre la realidad y el mito, Romasanta, history in movement: A journey between reality and myth

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fanego Lestegás, Antía

No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allariz, explorando tanto os espazos naturais e os feitos históricos como a mitificación que envolveu a súa figura ao longo do tempo. A idea é que, durante un día, as persoas participantes visiten os…



A transformada de ondeletas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rocamora Penín, Mario

Neste traballo presentaranse distintas ferramentas matemáticas para o estudo de sináis. Partindo da teoría das series de Fourier, que permite expresar unha función periódica como suma de funcións máis sinxelas (seno e coseno), veremos a súa extensión natural para funcións non necesariamente periódicas, a transformada de Fourier. Analizaremos o problema de que, se ben a transformada de Fourier permite un estudo global das frecuencias presentes nunha función, non é capaz de ubicar en qué momento…



O complexo de Vietoris-Rips para conxuntos de puntos no plano, El complejo de Vietoris-Rips para conjuntos de puntos en el plano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gerpe Vilas, Brais

O complexo de Vietoris-Rips é un complexo simplicial introducido por Vietoris en 1927 e reinventado por Rips cara 1990. Este é moi útil á hora de captar a topoloxía dunha mostra de puntos nun espazo métrico, pero debido a que pode ser moi complexo, os autores de introducen no traballo citado o complexo sombra; o cal xorde dunha proxección do primeiro e resulta moito máis sinxelo á hora de estudalo. Neste traballo trataremos de establecer (restrinxíndonos aos espazos euclidianos En), cales son…



Grupos topolóxicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montaña Fernández, Marcos

O obxectivo principal deste traballo é o de servir como unha introdución ao estudo dos grupos topolóxicos: espazos topolóxicos que teñen ademais estrutura de grupo e de xeito que as aplicacións multiplicación e inversión, operacións propias do grupo, son continuas. Para elo, comezamos por presentar a noción de grupo topolóxico, por obter algunhas das primeiras propiedades que se seguen da definición, e amosar unha clase importante de homeomorfismos de grupos topolóxicos, as translacións. A…



Introdución á química de coordinación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fondo Busto, María Matilde, Maneiro Maneiro, Marcelino

Esta unidade didáctica pecha un conxunto de temas destinados a conceptos básicos da materia, encadrados no Bloque I, e abórdase despois de estudar algunhas xeneralidades dos metais de transición e de ver cales son os métodos de beneficio dos metais a escala industrial. Nesta unidade iníciase o estudo da química de coordinación, que é unha parte fundamental da química dos metais de transición. Deste xeito, en todos os temas seguintes do programa do curso farase uso dos coñecementos aprendidos…



Clasificación de Superficies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Masa Vázquez, Xosé María

A superficie é un obxecto matemático importante e, como tal, dedícaselle un espazo amplo nos estudos do Grao. Constitúe o exemplo máis sinxelo de variedade multidimensional e as súas propiedades xeométricas, establecidas en gran medida por Gauss hai 200 anos, constitúen o punto de partida do estudo en dimensións superiores. Estudo que, en dimensión dous, se desenvolve na materia Teoría Global de Superficies, que se cursa ao tempo que esta. Aquí adóptase un punto de vista máis abstracto,…



Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Carreira, María del Carmen, Rodil Marzábal, Óscar

A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do…



Trastorno do espectro autista: intervención educativa do alumnado con TEA, Trastorno del espectro autista: intervención educativa del alumnado con TEA, Autism spectrum disorder: educational intervention of students with ASD.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cousillas Abelenda, Noemí

[GL] Neste traballo de fin de grao recóllense algúns dos enfoques actuais acerca do Trastorno do Espectro Autista. Comezando pola evolución histórica do concepto para entender o concepto actual, e seguindo coas teorías etiolóxicas e as características do alumando que presenta este trastorno do desenvolvemento. A continuación recóllense as pautas para a súa intervención educativa. Para isto tratamos polo miúdo a escolarización e a resposta educativa, para rematar explicando os modelos e…



O compromiso 2.0 nos concellos galegos. Análise da xestión dos espazos en rede nos municipios de Galicia, El Compromiso 2.0 en los ayuntamientos gallegos. Análisis de la gestión de los espacios en red en los municipios de Galicia, The Commitment 2.0 on Galician councils. Analysis of the network spaces management in the municipalities of Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vizoso García, Ángel Antonio

Traballo relativo ao estado da cuestión no que respecta ao emprego das ferramentas 2.0 na administración local de Galicia, tanto dende o punto de vista cualitativo como cuantitativo. Análise do xeito de traballar nesta materia a das tecnoloxías propias da administración 2.0.



Finanzas sostibles e investimento socialmente responsable: unha análise comparativa da performance dos bonos verdes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Bande, Cristina

O presente traballo busca afondar no campo das finanzas sostibles, o cal adquiriu gran importancia nos últimos anos, especialmente trala aprobación dos obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU. O obxectivo principal foi establecer as relacións existentes entre as finanzas sostibles e diferentes sectores como son o sector público, o sector empresarial e o sector financeiro. Posteriormente, o traballo encamiñouse e describir os mercados de capitais, facendo especial fincapé nos bonos verdes,…



Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Cabrera, Helena

Galicia non é un paraíso natural: é verde eucalipto. Ou piñeiro, como ben louba Pondal no himno galego. O IV Inventario Forestal Nacional, recollía que por primeira vez na historia, o 20% da superficie arborada de Galicia corresponde a poboacións de eucalipto, 2 puntos percentuais por enriba da seguinte especie máis común, a de piñeiro pinaster ou piñeiro do país. Os últimos datos dispoñibles falan de que un 51,2% da superficie arborada de Galicia corresponde na actualidade a plantacións…



Características básicas do sistema detector

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Flores Seijas, José Ramón, López Lago, María Elena

O proceso da visión pode dividirse en 3 etapas: 1. Formación da imaxe, o ollo funciona como un sistema óptico que forma imaxes dos obxectos exteriores sobre a súa parte posterior: a retina. 2. Adquisición da imaxe, i.e. a transdución dos sinais ópticos en sinais neurais, que se leva a cabo nas células fotorreceptoras da retina. 3. Tratamento das imaxes, que se realiza en parte na propia retina, mais fundamentalmente no córtex visual. Estas 3 etapas permiten que o noso sistema visual constrúa,…



Enfermidades de transmisión sexual Sífilis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Peteiro García, María del Carmen

Ó finalizar a unidade didáctica, os estudantes serán capaces de: — Coñecer a clínica das enfermidades de transmisión sexual máis frecuentes no noso medio. — Comprender as diferentes formas clínicas de presentación das mesmas. — Saber o tratamento adecuado e utilizalo. — Saber obter información clínica do interrogatorio para chegar ó diagnóstico morfolóxico. — Saber seleccionar as probas (laboratorio, etc) para chegar ó diagnóstico. — Utilizar correctamente a terminoloxía específica destas…



Percepcións e actitudes lingüísticas aos dous lados da raia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Nicolino, Lucía

O traballo consistirá nunha investigación sobre a actitude lingüística dos falantes nunha zona de fronteira, prestando atención a ambos lados da raia. Indagarase na percepción e actitude dos falantes fronte a unha lingua diferente pero semellante á súa e como ésta constrúe unha identidade diferenciada ou tal vez enfrontada coa propia. Preténdese recoller aqueles trazos que os propios falantes identifican como comúns a ambos lados e cales consideran exclusivos da súa zona, co obxectivo de chagar…



Novas tendencias nas relación entre adolescentes, familia e escola, Nuevas tendencias en las relaciones entre adolescentes, familia y escuela, New trends in the relationships between adolescents, family and school

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Castro, Noelia

O desenvolvemento do alumnado adolescente ten lugar nunha sociedade en constante cambio e vese influído por factores económicos, sociais e culturais que é preciso ter en conta. O presente TFM pertence á modalidade de revisión documental e o seu obxectivo é realizar unha análise das novas tendencias no estudo do desenvolvemento adolescente, prestando especial atención ás relacións adolescentes-familia e familia-escola nesta etapa. Para iso lévase a cabo unha revisión nas bases de datos Eric,…



O voleibol como ferramenta no proceso reeducador de menores internos por medida xudicial. Proposta de intervención socioeducativa, El voleibol como herramienta en el proceso reeducador de menores internos por medida judicial, Volleyball as a tool in the re-education process of juvenile inmates by judicial measure

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramos Baltasar, Aida

O voleibol, como deporte en equipo cunhas características únicas, guiado dende a óptica educativa pode converterse nun poderoso instrumento para a reeducación de menores internos/as por medida xudicial. Estes/as adolescentes adoitan presentar carencias sociopersoais remarcadas, en xeral, por unha baixa autoestima e un infravalorado autoconcepto, o que actúa como motivador das condutas delituosas. Por elo, nos centros de reeducación de menores resulta imprescindible abordar a educación en…



Algunhas aplicacións do análise funcional á teoría fundamental de EDO e outras ecuacións funcionais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pais Romero, Daniel

[GL] A análise matemática proporciona ferramentas para tratar certas cuestións sobre as ecuacións funcionais. Empréganse moito conceptos como converxencia, derivabilidade,... No primeiro capítulo, vése como, a partir dunha ecuación, chegar a unha solución equivale a atopar puntos fixos, bótando man de métodos iterativos, como o método das aproximaci óns sucesivas para atopalos. Ademáis, defínense termos como a diferenciabilidade, e trátanse resultados relacionados con ela como o problema do…



Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de co2

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muñiz-Mouro, Abel

No presente Traballo Fin de Máster realizouse un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de dióxido de carbono (CO2) por absorción en distintos disolventes químicos non empregados comunmente a nivel industrial. Establecéronse comparacións entre o uso de N,N‑Dimetiletilendiamina (DMEN) e o uso dunha mestura de etanolamina (MEA) e N,N-Dimetiletanolamina (DMEA) no proceso de absorción de CO2, podendo así analizar a influenza da composición do disolvente, tendo en conta que estes compostos…



Dúas memorias e dous relatos, un con Historia, outro sen ela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lagares Seijas, Lucía

Memoria, esquecemento e historia son tres elementos inseparables, cuxa relación pode variar segundo as configuracións historiográficas de cada momento. Con todo, na actualidade, as tendencias historiográficas predominantes declinan cara a creación dun novo relato, dunhas novas interpretacións e dunhas novas miradas. Inseridos nestas lóxicas estará o seguinte traballo, no que o principal obxectivo é indagar na memoria de Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, e partindo deste, establecer…



A utilización da táboa espiñal na inmobilización dun paciente con sospeita de lesión medular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereiro Villaverde, Alba

Introdución: A día de hoxe, os traumatismos constitúen un problema de saúde pública que cobra cada vez máis importancia. Os de tipo cerrado poden chegar a causar unha lesión medular, o que incrementaría aínda máis a súa repercusión a nivel social e económico, polo que se trata de evitar esta situación minimizando os movementos da vítima a través da inmobilización, cuxo elemento estándar é o taboleiro espiñal. Obxectivo: O obxectivo desta revisión é analizar o taboleiro espiñal e determinar a…



Dimensión en álxebra e xeometría

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montaña Fernández, Pablo

As variedades alxébricas son os subconxuntos do espazo afín determinados por un sistema de ecuacións polinómicas. A falta dun análogo do teorema da función inversa provoca que a noción de dimensión neste tipo de conxuntos requira a introdución de nocións de dimensión no contextodos aneis conmutativos. O obxectivo deste traballo é analizar as propiedades que debe verificar unha definición de dimensión neste ámbito e estudar a dimensión de Krull como definición apropiada. Veremos varios…



A figura de Briseida: relevancia e biografía na Ilíada

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Bernárdez, Laura

Este traballo ten por obxectivo o estudo da figura de Briseida: como era a vida dunha muller hai miles de anos que, sendo filla do rei Briseo e, polo tanto, princesa en orixe, viviu a súa vida convertida en escrava de guerra. No contexto global do conflito bélico máis importante da época, a Guerra de Troia, Briseida é utilizada, xunto con Criseida (filla do sacerdote Crises) como premio dos dous guerreiros mais destacados da batalla: Agamenón e Aquiles. Cando ao primeiro lle quitan a súa…



Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintiá Rey, Alba

Os signos de validación posúen unha función excepcional nos diplomas: aportan autenticidade e, por conseguinte, validez xurídica. Pois son empregados por outorgantes, testemuñas e confirmantes, ademais de por scriptores e notarios. Coñecida a súa importancia, cómpre preguntarse como son plasmados nos cartularios, fontes primordiais para o estudo da Idade Media ante a escaseza de orixinais; nesta ocasión, a partir do estudo de caso dos de Caaveiro (AHN, Códice 1439) e de Castañeda (BNE, MSS…



Efecto da cutícula sobre a captación HAPs no brión Physcomitrella patens (Hedw.) Bruch & Schimp

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Colmenero Crispín, Pablo

Os hidrocarburos policíclicos aromáticos (HAPs) son contaminantes presentes na atmosfera, cun aumento xeneralizado nas última décadas e que proveñen da queima de combustibles fósiles. A asimilación de estes compostos no corpo humano pode provocar problemas de saúde que dependendo de múltiples factores poden derivar en cancro. A súa monitorización é, polo tanto, importante para a saúde pública e para a caracterización da contaminación atmosférica. Os resultados presentados neste traballo para os…



Cambios na política de devolución das compras online e comportamento do consumidor: o caso Inditex

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lage Díaz, Cristina

O presente traballo trata de estudar o comportamento do consumidor con respecto á devolución de compras online de moda en España, así como avaliar o impacto que tivo o cambio na política de devolución do grupo Inditex no comportamento dos seus clientes. A pandemia da Covid 19 provocou un aumento considerable das compras online de moda e, asemade, das devolucións destas, que nestes últimos anos se mantiveron. Ata o de agora, as grandes compañías do sector asumían os custos que estas supoñían,…



Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000-2021)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muíños Calvelo, Emilio

Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) analízanse as tendencias recentes da traxectoria enerxética de Galicia dende o ano 2000 ata o 2021 co obxectivo de identificar posibles desafíos vinculados ás fontes de enerxía empregadas. Polo tanto, a relevancia desta investigación reside en comprender a situación enerxética actual en Galicia para propoñer medidas que faciliten a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e eficiente. Neste contexto, aplícase unha metodoloxía baseada na revisión…



A implicación da Pedagoxía do Proxecto no desenvolvemento integral das persoas e as comunidades: o caso de Altair Galiza, La implicación de la Pedagogía del Proxecto en el desarrollo integral de las persoas y las comunidades: el caso de Altair Galiza, The involvement of the Pedagogy of the Project in the integral development of people and communities: the case of Altair Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Raíndo Vázquez, Aida

Nun contexto no que o ocio de consumo, individualista e inmediato, está cada vez máis estendido, despunta Altair Galiza, un movemento xuvenil de acción voluntaria adicado á educación nos tempos libres. Baseándose na Pedagoxía do Proxecto, busca defender o dereito ao ocio, entendéndoo como un dereito universal e un recurso para o desenvolvemento humano. O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar esta iniciativa empregando achegas das persoas que participan nel, en aras de propoñer,…



Elección con incerteza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Microeconomía Intermedia. A impartición desta unidade ten lugar unha vez que os alumnos teñen comprendido as ferramentas básicas da teoría da elección. O obxectivo da unidade é introducir os elementos básicos da teoría que explica a toma de decisións de consumo e seguro en condicións de incerteza. Esta tarefa é ardua e complexa posto que a comprensión dos instrumentos de análise require dunha certa capacidade de abstracción e dunha certa soltura no…



Aproximación ás estratexias de marketing empregadas polas plafatormas de vídeo baixo demanda en redes sociais: os casos de "Arde Madrid" (Movistar+) e "Elite" (Netflix), Aproximación a las estrategias de marketing utilizadas por las plataformas de video bajo demanda en redes sociales: los casos de ‘Arde Madrid’ (Movistar+) y ‘Élite’ (Netflix), An approach to marketing strategies used by video on demand platforms: The cases of ‘Arde Madrid’ (Movistar+) and ‘Élite’ (Netflix)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Puga Ledo, Lucía

Dende a aparición do vídeo baixo demanda, os espectadores teñen unha maior liberdade á hora de elixir que, onde, cando e como ven o contido audiovisual que desexan, cobrando unha maior importancia e converténdose en usuarios activos. Esta situación e as súas características obrigan ao mundo audiovisual a actualizarse e adaptarse ós novos medios. Nesta nova etapa, a publicidade debe empregar os novos recursos brindados por Internet para chegar dunha forma máis directa ós usuarios, buscando…



O galego, de lingua popular a lingua morta? O deber da educación cunha lingua minorizada., El gallego, ¿de lengua popular a lengua muerta? El deber de la educación con una lengua minorizada., Galician language, from a popular language to a dead language? The education system’s duty with a minorized language.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Campello, Noelia

Preséntase unha investigación centrada na realidade educativa da lingua galega, tendo en conta o seu contexto e situación de lingua minorizada. Séguese unha metodoloxía mixta mediante a que se analizan algúns dos elementos fundamentais da Educación Primaria: o Decreto 105/2014, os libros de texto máis empregados nas aulas da comunidade e dúas enquisas realizadas a docentes e alumnado. Con isto, tamén se leva a cabo unha experiencia innovadora na materia de lingua galega con alumnado de 6º de…



DiverXidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maseda Prado, Andrea

[GAL] Os centros educativos constitúen un espazo especialmente vulnerable, pois é aquí onde a mocidade convive gran parte do día e aprende consciente e inconscientemente de forma constante. DiverXidade é unha exposición itinerante coa que normalizar e visibilizar a diversidade de xénero e sexo-afectiva entre a xente moza, abrindo así a porta a novas identidades máis flexibles e libres dos prexuízos e estereotipos que fertilizan o terreo da desigualdade e a violencia. A través de sete…



Uso das TIC na intervención en habilidades socioemocionais de poboación infanto-xuvenil con TEA: unha revisión bibliográfica, O programa IntegraTEA como proposta de intervención

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gerpe Rieiro, Eva

As dificultades na interacción social e na expresión e recoñecemento emocional son propias do Trastorno do Espectro Autista (TEA), interferindo na adaptación das persoas con esta condición. Ante esta realidade, aumentou o interese nos serious games como potenciais ferramentas dixitais na intervención psicolóxica. Este traballo pretende revisar a evidencia actual sobre o uso destes videoxogos no desenvolvemento de competencias socioemocionais en nenos/as e adolescentes con TEA, e propoñer unha…



Axudádeme a cantar. Guía Docente

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
DePalma, Renée, Busto Miramontes, Beatriz, Campo Martínez, Carme, Caramés Agra, Chus, Estévez Vila, Xaime, López Villar, Cristina, Otero, Marta, Quiroga, Santiago, Vázquez Castro, Carolina

Esta Guía docente parte do documental Axudádeme a cantar, producido como proxecto do Consello da Cultura Galega (Sección de Lingua, Literatura e Comunicación) no ano 2023. O documental, que consta de seis episodios, foi elaborado para visibilizar o papel central das mulleres no patrimonio musical e literario de Galicia, na súa faceta de cantantes e tocadoras de instrumentos de percusión de man. Tamén cabe recoñecer a súa importancia na organización de festas e bailes comunais. O obxectivo desta…



Análise e aplicacións do algoritmo de Dijkstra na optimización de rutas: na busca do camiño máis curto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bacariza Villamarín, Adrián

A proposta deste traballo é levar a cabo una revisión do problema do camiño máis curto e estudar os diversos algoritmos propostos na literatura para a súa resolución. Dentro da variedade de algoritmos existentes, prestarase especial atención ó algoritmo de Dijkstra. O estudo centrarase tanto na análise computacional como na base matemática dos algoritmos. Ademais, tratarase de mostrar a súa aplicación plantexando algún problema da vida real. O traballo poderase centrar nos seguintes aspectos:…



Comparativa entre metodoloxías clásicas e de aprendizaxe automática na análise de series temporais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Figueroa Martínez, Antón

Ao considerar un conxunto de datos, podemos atoparnos con observacións independentes ou con observacións que presenten algún tipo de dependencia espacial ou temporal, como é o caso das series temporais. Ao ter en conta esta dependencia, xorde naturalmente a teoría estatística da análise de series temporais, na que nos adentramos nas seguintes páxinas. O obxectivo deste traballo é a descrición e comparación dos diferentes modelos e metodoloxías de análise de series temporais. Partindo desta base…



Os teoremas da incompletude de Gödel

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carro Viqueira, Álvaro

Os teoremas da incompletude de Gödel, formulados polo lóxico austríaco Kurt Gödel en 1931, tiveron un impacto revolucionario na matemática e na filosofía. O primeiro establece que en calquera sistema lóxico suficientemente potente como para incluír á aritmética dos números naturais, habería sempre enunciados verdadeiros mais non demostrables dentro dese sistema. O segundo nega a posibilidade de probar a súa propia consistencia. Neste traballo abordarase o estudo dos sistemas lóxicos, que son…



Decisións financeiras con incerteza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é caracterizar as preferencias dun investidor polos activos financeiros ante unha situación de incerteza. As preferencias son un ingrediente fundamental da teoría de elección de carteira. Con esta finalidade, introdúcese a utilidade esperada e descríbense diferentes…



Iniciación á investigación etnomatemática: a comunidade chinesa de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fraga Guerra, Adrián

Ningunha forma de coñecemento se desenvolve á marxe do seu contexto natural, social e cultural. Estes contextos [etno], no noso mundo, son moitos e moi diversos, como tamén as formas de entendelo e convivir con el [matema] a través de técnicas e medios diversos [ticas]. Esta premisa converte a toda matemática en etnomatemática e invalida o paradigma absolutista que defende a existencia dunha única matemática, a occidental, que se expandiu por todo o mundo, excluíndo e substituíndo en moitos…



O cuestionamento actual da centralidade do traballo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dopazo Abreu, Carmen M.

O presente traballo ten como punto de partida unha cuestión que, como se poderá comprobar nos contidos, foi recorrente ao longo da historia da socioloxía. Foron moitos os autores que se cuestionaron cal é o grao de importancia que ten o traballo na escala de valores dunha determinada sociedade e tamén se chegará algún día no que o traballo xa non exista como forma de organización da actividade humana. Tras oito anos seguidos de profunda crise económica recoñecida na práctica totalidade dos…



Diagnose socioeconómica da parroquia de Laraño

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Araújo Sabell, Esteban, Cadavid González, Iago Xesús, Oliveira Espinoza, Ana María de




Diagnóstico por imaxe na displasia de cóbado do can

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Víctor

Ao longo da historia houbo un cambio na mentalidade da xente en relación cos animais, pasando en moitas ocasións de ser simples máquinas de traballo ata ser considerados coma un membro máis da familia. Este feito fixo que cada vez nos centremos máis na súa saúde e benestar, prestando unha especial atención nas enfermidades que lles afectan (respiratorias, cardíacas, dixestivas, coxeiras…). Unha destas patoloxías é a displasia de cóbado, unha enfermidade do desenvolvemento da articulación do…



Importancia de suplementar ácido docosahexaenoico nas enfermidades hereditarias do metabolismo intermediario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Sesto, Paula

Introdución. O ácido docosahexaenoico é un LC-PUFA omega-3 moi importante durante a infancia, que se atopa en grandes cantidades no cerebro e na retina. Dadas as restrinxidas dietas en nutrientes de alto valor biolóxico que seguen os pacientes con erros conxénitos do metabolismo intermediario, é posible que teñan unha carencia deste ácido graxo. Métodos. Realizouse unha revisión sistemática na que se pretende ver a evidencia dispoñible sobre os beneficios que podería aportar suplementar DHA a…



Xeración automática de prognósticos meteorolóxicos a curto prazo con técnicas avanzadas de xeración de linguaxe natural

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Freire, Diego

A ciencia de datos (Data Science) sempre intentou extraer coñecemento de grandes volumes de datos mediante a súa interpretación utilizando métodos analíticos e técnicas de visualización. Sen embargo este coñecemento extraído no proceso de análise presentase aos usuarios dunha maneira que non sempre é facil de interpretar e, de feito, moitas veces é necesaria unha formación previa para chegar ao seu entendemento. Non solemos pensar na linguaxe coma unha interface de usuario, pero se nos paramos…



As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo, Las visitas virtuales como nuevo método de difusión cultural: el caso de la Rede Museística Provincial de Lugo, Virtual visits as a new method of cultural dissemination: the case of the Rede Museística Provincial de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rego Román, Javier

[ES]La Rede Museística Provincial de Lugo está elaborando una página web educativa con el fin de recoger y difundir los proyectos didácticos pasados, presentes y futuros de la institución, de una manera interactiva y digital, teniendo siempre presente que la función educativa de un museo tiene que ser la cuna de su existencia.



Efecto da radiación UV‐B e da combinación da temperatura e o CO2 sobre a ecofisioloxía dos organismos colonizadores do patrimonio cultural granítico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Velón, Diana

Un dos problemas máis importantes no campo da conservación do Patrimonio Cultural é a colonización dos sustratos por parte de biofilms. Estes biofilms, compostos en moitos casos por compendios de algas e cianobacterias, están en gran medida influenciados por cambios ambientais. Nun contexto de cambio climático como o actual é esencial entender cales son estes procesos e en que medida van a afectar aos organismos e, polo tanto, qué consecuencias terá esto sobre o biodeterioro do patrimonio.…



Sistemas dinámicos discretos unidimensionais: estabilidade, bifurcacións e aplicacións en bioloxía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabadas Dosantos, Borja

As ecuacións diferenciais ordinarias serven para modelar o comportamento dunha especie cando esta evoluciona no tempo de maneira continua. Sen embargo, cando o crecemento da poboación é un proceso estacional, resulta máis axeitado traballar con sistemas dinámicos discretos unidimensionais. O obxectivo principal deste traballo é introducir ao alumno no estudo cualitativo dos sistemas dinámicos discretos unidimensionais e a súa aplicación. Un esquema aproximado dos contidos é o incluído a…



Homofobia e VIH/sida no Estado español (1933-2000): ruptura ou continuidade?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Vázquez, Ezequiel

A homofobia é un elemento presente en todas as sociedades burguesas (e non só nestas), o cal se caracteriza pola súa permeabilidade (especialmente a nivel discursivo), para verter odio cara a comunidade gai xa dende a Plena Idade Media (especialmente no IV Concilio de Letrán de 1215), pese a que para este traballo vaise a remontar ao século XIX. A chegada da pandemia de VIH/sida en España, marcou o inicio dunha sorte de cruzada contra un colectivo que acababa de experimentar o fin da represión…



Xestión terapéutica do síndrome de Takotsubo, popularmente coñecido como "síndrome do corazón roto"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mosquera Mouro, María

Introdución. O síndrome de Takotsubo é unha miocardiopatía caracterizada por unha disfunción sistólica do ventrículo esquerdo, recoñecida por presentar taxas de morbimortalidade elevadas. Na fase aguda, pode desencadear complicacións potencialmente mortais. Ademais, son numerosas as secuelas que levan a un empeoramento da calidade de vida dos afectados. Obxectivos. Expoñer as estratexias terapéuticas existentes, amosar as evidencias actuais que denoten a necesidade de elaboración de guías…