Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
O contrato de vitalicio
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Trigo García, Belén
O contrato de vitalicio consiste na prestación de alimentos a cambio
dunha cesión patrimonial.
A diferenza dos contratos arrendamento e parzaría, vistos no tema
anterior, e da compañía familiar galega, que se verá no tema seguinte, o
contrato de vitalicio non é exclusivo do medio rural. Desta forma, o cambio de
circunstancias socio-económicas que carrexa o declive doutras figuras determina,
en cambio, unha presenza do contrato de vitalicio cada vez máis importante
no tráfico xurídico. Entre…
O ciclo contable
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Gil, Luis Ignacio
A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar
determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de
decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública,
entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores,
propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información
contable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será
publicada periodicamente a través dos estados contables (balance,…
Introdución á estratexia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Vázquez, Guadalupe, Vázquez Rodríguez, Paula
Tódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unha
orientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e a
incerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesario
para os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo á
determinación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto á
análise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación da
estratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe…
O focómetro de ocular
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Flores Seijas, José Ramón
Esta unidade didáctica corresponde ao estudo do focómetro, instrumento
utilizado para a medida das potencias das lentes oftálmicas, que resulta
imprescindíbel no lugar de traballo de calquera profesional relacionado co
coidado visual: oftalmólogo, optometrista, óptico, ou técnico de óptica.
Este estudo consta de dúas partes, diferentes mais relacionadas.
Por unha banda estúdanse as bases teóricas do instrumento, nas aulas
expositivas; e por outra, nas aulas interactivas e xa no obradoiro,…
Subvariedades homoxéneas minimais nos espazos hiperbólicos complexos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cidre-Díaz, Ángel
Os espazos simétricos constitúen unha clase moi importante de variedades de Riemann. O seu estudo está intimamente ligado á teoría de grupos de Lie, posto que os seus grupos de isometrías son grupos de Lie cunha estrutura moi rica. Por este mesmo motivo, trátase dunha clase de espazos na que resulta moi interesante estudar a xeometría das súas subvariedades, en especial daquelas cun alto grao de simetría.
Por unha banda, a compoñente conexa da identidade do grupo de isometrías dun espacio…
A eficiencia dos servizos públicos dos concellos galegos: estimación e factores contextuais, La eficiencia de los servicios públicos de los ayuntamientos gallegos: estimación y factores contextuales, Public services efficiency in Galician local governments: estimation and contextual factors
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Ferreirós, Manuel
O presente traballo pretende contribuír a ampliar o coñecemento acerca da eficiencia dos servizos públicos municipais no contexto da Administración local de Galicia. A diferenza de investigacións anteriores, proporciónanse explicitamente as medidas de eficiencia dos servizos mínimos de prestación obrigatoria de 289 concellos galegos de menos de 50.000 habitantes para os anos 2010, 2013 e 2016, empregando o método DEA. Así mesmo, nunha segunda etapa examínase o efecto potencial que producen…
Actitudes lingüísticas e aprendizaxe de linguas: revisión teórica e proposta didáctica para a lingua galega, Actitudes lingüísticas y aprendizaje de lenguas: revisión teórica y propuesta didáctica para la lengua gallega, Linguistic Attitudes and Language Learning: Theoretical Review and Didactic Proposal for the Galician Language
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Framil de Amorín, Isaura
As actitudes lingüísticas xogan un papel determinante nos procesos de adquisición e aprendizaxe de linguas, xa que constitúen unha das formas de expresión da conciencia lingüística dos falantes.
Así, xunto a outros elementos centrais no ámbito da sociolingüística, como as crenzas ou os estereotipos, as actitudes lingüísticas contribúen a construír visións e ideas sobre un idioma, factores que influirán no desenvolvemento do usuario como falante dunha lingua nun determinado contexto social.
Nas…
A configuración da imaxe dos liderados políticos con perspectiva de xénero na prensa escrita: temas, atributos e emocións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aragunde Rey, Raquel
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a configuración da imaxe de Pedro Sánchez, Yolanda Díaz, Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijóo como líderes políticos nos medios de comunicación. Centrándose nos artigos de opinión publicados nas versións dixitais de El País e El Mundo nos meses previos ás eleccións xerais de xullo de 2023, o seu obxectivo principal é explorar a influencia do xénero e a ideoloxía na representación de atributos, temas e dimensións emocionais asociadas a estes…
Estudo dos reguladores de m6A en ARN en envellecemento acelerado e no rexuvenecemento mediante reprogramación somática celular
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Constenla Quinteiro, Ana
[GLG] Este traballo de fin de grao céntrase no estudo dos reguladores epitranscritómicos da modificación N6-metiladenosina (m⁶A) no ARN, un mecanismo clave no control post-transcricional da expresión xénica. A investigación aborda dúas situacións biolóxicas contrapostas: o envellecemento acelerado, a través do modelo da síndrome de proxeria de Hutchinson-Gilford (HGPS), e o rexuvenecemento celular, mediante reprogramación somática a células nai pluripotentes inducidas (iPSCs).
Na primeira…
Teatromático: o xogo dramático como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas en educación infantil, Teatromático: el juego dramático como herramienta de aprendizaje de las matemáticas en educación infantil, Theatrical theatre: dramatic play as a tool for learning mathematics in early childhood education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Basdedios Tilve, Eva
As matemáticas adoitan ser percibidas polo alumnado de forma negativa, xerándolle estrés o momento de enfrontarse a elas ao consideralas demasiado difíciles. Partindo desta premisa, o obxectivo principal deste traballo é explorar as posibilidades educativas e os beneficios do xogo dramático en combinación co emprego de material non estruturado, máis concretamente de pezas soltas, nas aprendizaxes de conceptos matemáticos na etapa de Educación Infantil, comprobando a súa eficacia tanto a nivel…
Control óptimo de sistemas discretos e ecuacións diferenciais ordinarias
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Caridad, David
Neste traballo estudaranse os problemas de control óptimo sen restricións, tanto no caso discreto coma no continuo. O primeiro que se buscará nestes problemas será, proporcionar métodos que permitan o cálculo do gradiente do funcional custo, ˜ J, no caso discreto. Estes particularizaranse no caso onde o problema sexa evolutivo, aproveitando esta estrutura para reducir o custo computacional. No caso continuo consideraranse problemas onde o estado veña dado por unha EDO. A forma na que se…
Dinámica de poboacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caneda Pájaro, Andrea
Neste traballo estudaremos os sistemas de ecuacións diferenciais, as ecuacións en diferenzas e os modelos matriciais aplicados á modelización da evolución poboacional. Comezaremos co estudo do caso dunha única especie e, posteriormente, analizaremos a evolución conxunta de varias especies que coexisten nunha mesma contorna. Esta segunda parte estruturarase segundo a clasificación clásica das interaccións interespecíficas: competencia, mutualismo e depredación, facendo especial fincapé nesta…
Os problemas de bancarrota
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Souto, Hugo
A motivación deste traballo baséase nun problema concreto e moi importante que houbo que resolver uns anos atrás e deixou ao mundo paralizado: a crise da COVID. A distribución inicial das máscaras é fundamental para limitar a expansión do virus, polo que os diferentes estados tiveron que afrontar un problema de repartimento polo seu territorio dun ben escaso.
Neste traballo estúdase o problema de bancarrota, un modelo clásico que pode estudarse por si mesmo ou dentro da teoría de xogos, e que…
Interpolación con splines cúbicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barros González, Alejandro
Neste traballo introduciremos os splines e amosaremos como, en contraposición á interpolación polinómica e a cachos, resulta unha moi boa ferramenta á hora de interpolar de forma regular. Unha vez presentada a idea intuitiva, estudaremos o espazo de splines de grao 𝓂 con respecto a unha partición de 𝓃 + 1 nós, e moi especialmente a base do espazo constituída polos B-spline, de gran importancia nos cálculos prácticos. Posteriormente resolveremos o problema de interpolación con splines cúbicos…
A curva ROC e as súas aplicacións en Biomedicina
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noya Suárez, María
A curva ROC é unha ferramenta estatística moi estendida no eido da Biomedicina que permite avaliar a eficacia dunha proba diagnóstica á hora de distinguir entre as/os doentes enfermas/os e sas/sans, isto é, estuda a capacidade dunha variable, que coñecemos como variable diagnóstica, para detectar a presenza ou ausencia dunha enfermidade. A capacidade discriminatoria dunha proba está suxeita a un valor denominado limiar, que permite clasificar a unha/un doente segundo se o resultado para a…
Paisaxe sonora e espazo sonoro: construción e funcións expresivas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Redondo Neira, Fernando
A unidade didáctica IV aborda, ao logo de catro sesións expositivas e outras tantas interactivas, o estudo do son no audiovisual desde o punto de vista da súa localización, e de como de dita localización se derivan distintos efectos expresivos ou dramáticos.
Situamos o estudo destas cuestións unha vez que abordamos xa os fundamentos xerais da expresión audiovisual, principalmente no que atinxe ao traballo coa imaxe, despois de analizar a interacción entre imaxe e son, a partir do concepto de…
A violencia filio-parental, La violencia filio-parental, Child to parent violence
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ansede Fariña, Silvia
[GL] A violencia filio – parental converteuse nun fenómeno en incremento na nosa sociedade, que se constata, principalmente, polo aumento de denuncias xudiciais interpostas polos pais agredidos. Realizamos un traballo de investigación documental, a través dunha metodoloxía baseada na busca e revisión bibliográfica sobre a temática, co fin de conceptualizar e describir este fenómeno. Expoñemos os principais modelos explicativos propostos por diferentes autores, os factores implicados que…, [ES] La violencia filio – parental se ha convertido en un fenómeno en incremento en nuestra sociedad, que se constata, principalmente, por el aumento de denuncias judiciales interpuestas por los padres agredidos. Realizamos un trabajo de investigación documental, a través de unha metodología basada en la búsqueda y revisión bibliográfica sobre la temática, con el fin de conceptualizar y describir este fenómeno. Exponemos los principales modelos explicativos propuestos por diferentes autores,…, [EN] Child to parent violence has become a phenomenon on the rise in our society , which is found mainly by increasing lawsuits filed by parents assaulted. We conducted a desk research , through methodology based on the search and literature review on the topic , in order to conceptualize and describe this phenomenon. We present the main explanatory models proposed by different authors , the factors involved that favor its appearance and maintenance , characteristics of families and minors…
O 2-(3’-Hidroxi-2’-Piridil)Bencimidazol como sonda fluorescente para o estudo de reaccións de trensferencia protónica fotoinducida
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Cid, Lucía
A cuantiosa presenza de procesos de transferencia protónica en sistemas químicos e
biolóxicos, fan do estudo da súa dinámica o obxecto de numerosas liñas de investigación actuais, especialmente centradas no emprego de sondas fluorescentes para este propósito. Neste traballo levouse a cabo a análise do comportamento do2-(3’hidroxi2’piridil) bencimidazol (HPyBI) en diversos disolventes e valores de pH mediante técnicas de espectroscopía electrónica UV-Vis e de fluorescencia, tanto en estado…
Diferenzas de xénero na economía experimental. O Xogo do Ultimato e o Xogo do Ditador
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Bouyssou, Clara
Neste estudo abórdanse as diferenzas de xénero no XU e no XD. A investigación divídese en tres etapas: revisión bibliográfica, meta-análise e réplica dun XU. Os resultados mostran diferenzas de xénero que se manifestan de múltiples maneiras: no grao de volatilidade do comportamento respecto ao experimento que se estea analizar, na variación da cantidade ofertada segundo o xénero e na taxa de rexeitamento nos XU, entre outras. Estas diferenzas son relevantes para os economistas á hora de…
Ruptura de parella e estilos parentais percibidos polos fillos/as
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Vicente, Eva María
[GL] É a familia o noso principal contexto de socialización e coñecemento, e son os pais os seus principales protagonistas. Un cambio na estructura así como na relación destos ten diversas consecuencias, tanto para os proxenitores como para os estilos parentais que estos levan a cabo e, por suposto, para os fillos e fillas. Por iso estimamos importante estudiar como afecta o divorcio ós estilos parentais, analizando as diferencias que se dan entre proxenitores divorciados e proxenitores…
FaceSampler: Selección automática de mostras do usuario para un sistema non colaborativo de verificación de rostros
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Casado, Fernando
Usualmente, nun sistema de reco~necemento facial com un, t omase unha imaxe do
rostro do individuo e proc esase para obter os seus puntos caracter sticos. Logo,
contr astase esta informaci on cun modelo dese suxeito, o que permite clasi car a
cara como pertencente a persoa ou non. Para obter dito modelo, sen embargo,
prec sase dispor dun n umero su ciente de mostras de adestramento da cara do
individuo, que permitan constru r unha codi caci on do rostro o m ais robusta e
discriminante…
Enfermidades parasitarias das abellas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Panadero Fontán, Rosario, López Sández, Ceferino Manuel
Esta unidade didáctica denominada Enfermidades parasitarias das abellas
forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no
primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta
de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses.
Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas.
Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en
Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y
Acreditación»…
Formación en autocoidados en dermatite atópica para doentes e coidadores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couto Lareo, Uxía
Introdución: A dermatite atópica é unha enfermidade crónica multifactorial que cursa por gromos. Para evitar a aparición destes gromos é fundamental un adecuado cumprimento terapéutico e, debido ás altas taxas de falta de adherencia terapéutica, son necesarias ferramentas para asegurar un correcto tratamento. Aquí entra en xogo o papel da educación terapéutica e a creación das escolas de atopia.
Métodos: Revisión bibliográfica de artículos e literatura científicos atopados en bases de datos…
Anuarios, efemérides e bases de datos astronómicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Couto, Javier
[GL] Este traballo versa sobre a orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos
ao longo da historia, os cales constitúen unhas das primeiras publicacións científicas da
Antigüidade. Comezaremos abordando os de maior relevancia histórica, desde as primeiras
recompilacións de estrelas da Antiga Mesopotamia, pasando polos catálogos estelares de
Hiparco de Nicea ou a Uranometría de Johann Bayer ata as primeiras listaxes de obxectos
astronómicos do ceo profundo como o de sobra coñecido…
Ecuacións de Euler-Lagrange en variedades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Bello, Raúl
[GL] O obxetivo principal deste traballo, é a introducción dos SODEs no fibrado tanxente e no fibrado tanxente extendido, así coma a importancia das ecuaccións de Euler-Lagrange e a súa utilidade. Para isto, necesitamos describir o fibrado tanxente 𝘛𝘘 como variedade diferenciable, e os seus elementos xeométricos, como a estructura tanxente canónica, o campo de vectores de Liouville ou os levantamentos de campos de vectores. Tamén extenderemos todos estes conceptos á variedade diferenciable 𝕽 x…
Representacións de grupos de Lie
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Caneiro, Alba
[GL] Este traballo pretende recompilar definicións e resultados básicos da teoría de representacións
de grupos de Lie. En primeiro lugar, preséntanse os fundamentos dos grupos
de Lie, deténdose nos exemplos máis clásicos para dar unha idea máis tanxible destes
grupos abstractos. Introdúcese a noción da álxebra de Lie e descríbese de xeito pormenorizado
a relación co grupo de Lie correspondente. A continuación, focalízase o estudo nas
representacións. Preséntanse resultados relevantes como a…
Nivel de competencia cultural do estudantado de Enfermaría do Campus de Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Roo Triñanes, Andrea
Introdución: A competencia cultural (CC) en saúde defínese como un proceso no que os profesionais sanitarios se esforzan por acadar a habilidade para traballar adecuadamente dentro do contexto cultural do paciente, familia ou comunidade. A diversidade da sociedade actual presenta novos desafíos sanitarios. Para ofertar unha atención de calidade, é fundamental que a formación universitaria non quede allea a estos cambios.
Obxectivos: Avaliar a CC do estudantado de 1º e 4º curso da Facultade de…
Revisión sistemática sobre os posibles efectos da inxesta de azucres libres coa alimentación complementaria sobre as preferencias alimentarias nos lactantes e a obesidade infantil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lamas Sóñora, Lorena
Introdución: A prevalencia do sobrepeso e a obesidade infantil está relacionada coa inxesta de azucres libres. Este tema merece ser revisado debido ao actual problema de saúde pública que comprende a obesidade infantil. O presente traballo pretende analizar como inflúe nas preferencias alimentarias o consumo de azucres libres e a súa relación coa obesidade infantil.
Obxectivos: Analizar as evidencias científicas en relación co consumo de azucres libres en lactantes durante a alimentación…
A ensinanza da resistencia a antibióticos dende un enfoque “One Health”, La enseñanza de la resistencia a antibióticos desde un enfoque “One Health”, Teaching antibiotic resistance from a "One Health" approach
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Costa, Irene
A resistencia a antibióticos (RA) é unha cuestión socio-científica de impacto social cuxa ensinanza na aula de ciencias dende o enfoque “Unha soa Saúde” (One Health) resulta esencial para poder actuar de forma responsable fronte a este problema.
Este TFM forma parte da liña de investigación en didáctica das ciencias sobre problemas socio-científicos relacionados con problemas de saúde humana, animal e ambiental. As preguntas de investigación son: 1) Cales son os coñecementos, hábitos e crenzas…
A necesidade de naturalizar o entorno escolar: un proxecto de intervención asentado nos patios verdes e vivos, La necesidad de naturalizar el entorno escolar: un proyecto de intervención asentado en los patios verdes y vivos, The necessity to naturalize the school environment: an intervention project based on green and living courtyards
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Francos Tella, Lucía, Pérez Piñeiro, Laura
Los actuales patios de recreo están dominados por el pavimento de cemento y por las pistas deportivas de grandes dimensiones. Condiciones que presentan, cuando menos, dos inconvenientes: no dan respuesta a la diversidad existente en la sociedad y no están preparados para hacer frente a las exigencias climáticas del porvenir. Sobre este aspecto, investigaciones de todo el mundo demuestran los beneficios de que la infancia crezca en contacto con el entorno natural. Es en la naturaleza donde los…
Definición e tratamento da asma grave mal controlada. Emprego de tratamentos biolóxicos na Área Sanitaria de Santiago a propósito dunha serie de casos, Definición y tratamiento del asma grave mal controlada. Empleo de tratamientos biológicos en el Área Sanitaria de Santiago a propósito de una serie de casos, Definition and treatment of severe uncontrolled asthma. Use of biologic treatment options in the Sanitary Area of Santiago regarding a series of cases
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilas Olveira, Antía
A asma é unha das enfermidades respiratorias máis prevalentes en España. O seu gran número de pacientes fai que a súa afectación e sintomatoloxía sexa heteroxénea. Para facilitar a súa abordaxe os pacientes poden dividirse en varios subgrupos segundo o seu fenotipo e o nivel de control da súa asma. A aproximación terapéutica dos pacientes asmáticos debe ser multifactorial e as estratexias de tratamento farmacolóxico divídense en seis niveis segundo a gravidade e a dificultade de control…
Mellora das competencias emocionais no alumnado con NEAE, ECOPHE. Deseño dunha proposta de intervención, Mejora de las competencias emocionales en el alumnado con NEAE, ECOPHE. Diseño de una propuesta de intervención, Improvement of emotional competencies in students with NEAE, ECOPHE. Design of an intervention proposal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Agras, María
A intelixencia emocional consta dunha serie de competencias fundamentais para o desenvolvemento integral e o benestar persoal. A súa inclusión nas aulas é recollida na lexislación vixente dirixida á etapa de infantil, onde se inclúe o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, cuxa intelixencia emocional pode verse afectada en maior medida. O alumnado con condicións persoais e de historia escolar enfróntase non só a limitacións socioculturais que afectan á súa confianza,…
Arte Comunitaria como estratexia de transformación dende a Educación Social. Unha revisión sistemática a través de experiencias, Arte Comunitario como estrategia de transformación desde la Educación Social: una revisión sistemática a través de experiencias, Community Art as a transformation strategy in Social Education: a systematic review through experiences
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Álvarez, Álex
As artes, entendidas como a máxima expresión das culturas, constitúen unha ferramenta fundamental para catalizar a transformación social dende a Educación Social. Este estudo céntrase en evidenciar si, e de que xeito, a Arte Comunitaria (AC) pode contribuír á intervención socioeducativa, baseándose na análise de diversas intervencións no ámbito da Animación Sociocultural (ASC), para extraer a relevancia da súa conxunción dende a praxe. Dende esta inquietude formúlase o obxectivo xeral da…
Santuario da Virxe da Barca: devoción, literatura e propaganda
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Diz Cancela, Diego
Este traballo aborda a obra dun autor galego tardo-barroco, Riobóo y Seixas, sobre un coñecido santuario, o da Virxe da Barca, coa que contribuíu a revitalizalo. O traballo entra así nun ámbito de estudo entre a relixiosidade "popular" ou "local" e a piedade culta e trata de poñelas en relación. O interese sobre este santuario débese á revitalización recente como destino xacobeo, aproveitando a política turística e o interese social pola viaxe a pé como unha nova forma de…
O sudoku: unha aplicación da investigación de operacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Darriba Golán, Lorena
O presente traballo céntrase no estudo matemático e computacional da resolución dun sudoku, partindo da súa conexión cos cadros latinos. Analízase a súa existencia e enumeración, sentando as bases dun marco teórico sólido para comprender a estrutura subxacente do sudoku. A continuación, descríbese o xogo nun contexto histórico e formal, estudando as súas regras e propiedades, o número total de taboleiros posibles, e, ademais, o problema do número mínimo de pistas necesarias para garantir unha…
Estimación non paramétrica de rexións de elevada densidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Canoura Quirce, Lucía
A estimación non paramétrica de conxuntos de nivel e rexións de elevada densidade (highest density regions, HDR) permite identificar as rexións do espazo nas que unha distribución presenta unha maior concentración de datos. Neste traballo revísanse os principais procedementos empregados para a súa reconstrución. En particular, estúdanse os métodos plug-in, os métodos de exceso de masa e os métodos híbridos, así como distintos criterios para seleccionar a ventá de suavizado do estimador núcleo…
Sistemas de xestión da seguridade alimentaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Botana López, Ana María
Segundo a Conferencia do Perfil Profesional do Diplomado en Nutrición Humana e Dietética a titulación persegue como obxectivo xeral a formación de "un profesional da saúde,con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9851
Heterocedasticidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Andión, María del Carmen
A unidade didáctica que aquí se presenta sitúase no marco da materia Econometría II que se imparte no 3º curso do Grao de Administración e Dirección de Empresas. Esta materia corresponde ao segundo cuadrimestre e necesita dos coñecementos previos adquiridos na materia introdutoria do primeiro cuadrimestre Econometría I.
Como continuación dunha materia do primeiro cuadrimestre na que se estudan os conceptos e ferramentas básicas, a Econometría II
complementa e amplía a anterior xa que…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9869
Desenvolvemento dun entorno interactivo de baixo custo para a animación de personaxes utilizando dispositivos de captura de movemento sen marcas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noya Noya, Roberto
Nos inicios do cinema de debuxos animados, a partires de 1920, os encargados
de darlle vida ás personaxes animadas eran debuxantes. Estes profesionais eran
capaces de xerar unha animación debuxando, fotograma a fotograma, o movemento
que unha personaxe debía realizar (Fig. 1.1). Esta técnica foi amplamente utilizada
nos anos posteriores, dando lugar a múltiples producións, entre as que destacan as
da factoría Disney. A finais da década dos setenta xorden as primeiras técnicas para xerar imaxes…
A educación emocional na vellez : aproximación e proposta educativa, La educación emocional en la vejez : aproximación y propuesta socioeducativa, Emotional education in the elderly : socioeducational approach and proposal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Felpeto Santero, Lucía
[GAO]A educación emocional é unha necesidade do ciclo vital que pretende o desenvolvemento integral das persoas polo que, na etapa da vellez, ao detectar unha carencia da mesma, faise unha carestía ineludible, sendo deste xeito un campo de traballo emerxente na Educación Social. Para o tratamento da mesma é preciso o establecemento dunha serie de criterios denominados boas prácticas, centrándose estas neste TFG no lecer coma eixo principal, o cal se materializa en maior medida a través do…
A prevención e detección das dificultades de aprendizaxe, La prevención y detección de las dificultades de aprendizaje, Prevention and detection of learning difficulties
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Pereira, Zaida
[GL]A investigación a desenvolver estuda a prevención e detección das dificultades de aprendizaxe, co obxectivo de proporcionar unha análise reflexiva e profunda sobre esta temática. Para iso este TFG desenvolverase atendendo á modalidade de traballo ou metodoloxía de iniciación á investigación documental.
Migracións de xénero: De Venezuela a Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Bustelo, Alejandro
No seguinte traballo exponse un análise da relación entre as inmigracións femininas, de orixe venezolano, cara Galicia e as desigualdades e/ou discriminacións que teñen que afrontar en ditos procesos polo feito de ser mulleres. A hipótese de partida do presente TFG é que na crecente feminización das migracións venezolanas cara Galicia pódese ver o efecto do concepto de xénero nas desigualdades e problemas. O obxectivo xeral do presente TFG é analizar o modelo de migración das mulleres…
Teoría de grafos na investigación de operacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cobas Cornide, Yolanda
[GL] Un dos principais obxetivos deste traballo é recompilar as nocións e resultados básicos
da teoría de grafos que se utilizan especialmente na investigación de operacións. A teoría
de grafos pode ser utilizada noutras ramas das matemáticas como pode ser a álxebra
ou a topoloxía. Neste traballo centrámonos nas características e propiedades que se precisan
principalmente na investigación de operacións. O estudo dos grafos realízase dende
un punto de vista teórico, mencionando e describindo…
Desigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerables
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintans Badillo, Consuelo
Introdución: manter a equidade en saúde é fundamental para o desenvolvemento
sustentable. Obsérvanse desigualdades entre grupos poboacionais a nivel global
determinadas polos factores socioeconómicos. Problemas ambientais como a
contaminación atmosférica (carcinóxeno de Grupo 1) reforzan estas desigualdades,
consideradas inxustas. Cómpre considerar as emisións do transporte, industria,
tabaquismo e condicións da vivenda.
Obxectivos: realizar unha búsqueda bibliográfica para coñecer os efectos…
A enfermería na prevención das úlceras por presión no ámbito hospitalario: unha revisión sistemática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Caamaño, Sonia
Introdución
As úlceras por presión (UPP) representan un dano do tecido epitelial e subxacentes debido a mecanismos como a presión, a fricción e o cizallamento. Ademais, certos factores individuais aumentan o risco de padecelas, como a idade avanzada e a presencia de pluripatoloxías. Existen escalas que avalían este risco e permiten actuar dun xeito precoz e previr a aparición de UPP.
Constitúen un problema moi presente aínda na actualidade e desencadean numerosos problemas para o doente, os…
Principais normas de seguridade alimentaria para a exportación de conservas de peixe e produtos pesqueiros
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seráns Pérez, Manuela
Nos últimos anos, as empresas españolas de conservas de peixe e marisco en xeral, e as galegas en particular, aumentaron notablemente as súas exportacións a terceiros. Os grandes países importadores, como Estados Unidos, desenvolveron unha normativa de aplicación aos produtos importados cada vez máis esixente coa finalidade última de garantir a seguridade alimentaria.
O presente Traballo de Fin de Máster pretende contribuír a ampliar o coñecemento sobre a normativa norteamericana en relación…
Os albores da topoloxía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mesías de Concepción, Nuno Xoán
A Topoloxía é un campo das matemáticas relativamente moderno que se asenta sobre a noción de espazo topolóxico, o cal á súa vez se basea no concepto de conxunto aberto. O obxectivo deste traballo é realizar unha lectura crítica e revisión do artigo The emergence of open sets, closed sets and limit points in analysis and topology e presentar de forma simple e ordenada o proceso histórico que no artigo se narra de como se foron desenvolvendo os conceptos básicos para a topoloxía así como a…
Obxectivo de desenvolvemento sostible 11: desenvolvemento de políticas rurais e urbanas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paz Aldrey, Lucía, Mosquera Pérez, Alejandra, Mañá Blanco, Marta
Primeiro, contextualízase o territorio do Concello de Santiago de Compostela, o que servirá de base para entender parte das conclusión dos apartados posteriores. Despois, explícase o obxectivo principal do traballo e a aplicación do ODS número 11 en Santiago de Compostela, mediante a súa integración nos vectores estratéxicos da Axenda Urbana do Eixo Atlántico xunto coa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). A continuación, coméntanse os puntos identificados na EDUSI…
Monitorización preditiva en procesos complexos non estruturados con información insuficiente, Predictive monitoring in complex unstructured processes with insufficient information
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gamallo Fernández, Pedro
A monitorización preditiva de procesos, rama de investigación en auxe nos últimos anos pola súa utilidade para empresas e institucións, permite predicir o comportamento futuro dunha instancia en execución dun proceso de negocio. Nos últimos anos, ás técnicas convencionais empregadas neste campo sumáronselle novas aproximacións baseadas en aprendizaxe profunda, área da intelixencia artificial que está gañando moita popularidade ultimamente. Destas aproximacións, as que mellores resultados están…
Puntada sen fío na economía circular: exame das limitacións das fibras celulósicas e a bioeconomía no téxtil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Durán Rubí, Elisa
O concepto de Economía Circular espertou un interese crecente polo seu potencial para transformar o modelo lineal de produción, consumo e residuos. Non obstante, a súa implementación adoita centrarse unicamente na expansión dos mercados "verdes", como a reciclaxe e a bioeconomía, para impulsar o crecemento económico. Este artigo defende a adopción dunha visión transformadora que englobe aspectos ambientais, sociais e institucionais para acadar un desenvolvemento sostible. O estudo…
Neurotoxicidade do Metilmercurio, Methylmercury neurotoxicity
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caamaño Lourido, Eloi
O mercurio (Hg) é un metal tóxico empregado historicamente para diferentes propósitos como a minería de metais preciosos, constituíndo un contaminante ambiental a nivel mundial. As súas características fisicoquímicas permítenlle experimentar unha serie de procesos bioxeoquímicos a partir dos cales, mediante a participación da microbiota acuática, prodúcense diferentes especies derivadas, entre as cales destaca o metilmercurio (MeHg+).
Trátase dun potente neurotóxico que pode supoñer un risco…
Golpe, guerra e violencia en Galicia : un estudo sobre os perpetradores e as actitudes sociais en Arteixo (1936-1939)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lema Rega, Carlos
No presente traballo analízanse varios aspectos dos procesos de violencia desatados a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Este estudo, enmarcado xeograficamente no concello de Arteixo (A Coruña), céntrase primeiramente en identificar os actores implicados nos asasinatos e en describir as súas traxectorias, así como as dinámicas propias da súa participación nas matanzas. Por outra parte, examínanse tamén os comportamentos e actitudes da sociedade a través da súa participación nos…
Biomonitorización da acumulación de metais tóxicos e esenciais en troitas (Salmo trutta) do lago artificial de As Pontes de García Rodríguez
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiras Ramos, Cathaysa
[GAL]
Este estudo investiga a acumulación de elementos tóxicos e esenciais en troitas no lago situado dentro da antiga mina de lignito de As Pontes de García Rodríguez (noroeste do Estado español), comparando os resultados con exemplares de augas de tramos anteriores do río Eume e dunha piscifactoría local. Tomáronse mostras de fígado e músculo de exemplares do lago (n=16), do río (n=14) e da piscifactoría (n=10) capturados entre marzo e abril de 2022 para posteriormente ser tratadas por…
Proposta educativa para o desenvolvemento da visualización espacial a través dunha viaxe artística en Educación Infantil., Propuesta educativa para el desarrollo de la visualización espacial a través de un viaje artístico en Educación Infantil., Educational proposal for the development of spatial visualization through an artistic journey in Early Childhood Education.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesia Bascoy, Andrea de la
O presente Traballo de Fin de Grao enfócase nun ámbito das matemáticas escolares descoñecido para moitos e moitas: a visualización espacial. A través da súa exposición preténdese visibilizala xunto coas habilidades que a conforman, aspirando así a darlle un espazo dentro das aulas de Educación Infantil.
Farase co apoio do modelo que proporcionan as Traxectorias de Aprendizaxe, un enfoque que tenta promover rutas de aprendizaxe para fomentar o progreso matemático do alumnado en diversos ámbitos,…
“Illa Cordura”: unha curtametraxe de animación 3D de ficción, “Illa Cordura”: Un cortometraje de animación 3D de ficción, “Illa Cordura”: A fictional 3D animated short film
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Filloy, Mario
O presente traballo consistiu na preprodución, produción e posprodución dunha curtametraxe de animación 3D de 11 minutos: “Illa Cordura”. O proceso de creación seguiu en grande medida un pipeline tracional de animación 3D. O primeiro paso consistiu na ideación e busca de referencias temáticas e estéticas, atopando unha forte base na literatura de H.P. Lovecraft e na historia dos fareiros e faros galegos do s. XIX. Unha vez establecido este marco pasouse á escritura do guión e á configuración…
Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía, Los límites de la sexualidad: el valor del consentimiento en la pornografía, The boundaries of sexuality: the value of consent in pornography
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferro Diz, Lucía
A pornografía é un dos novos planos da sociedade que actualmente se sitúa no cumio da economía global e que conseguiu chegar a gran parte da poboación e á súa visión da sexualidade. Debido á súa importancia, o obxectivo deste traballo é analizar esta industria e os seus efectos sobre a sociedade. Máis concretamente, o obxecto de estudo é o valor do consentimento na pornografía meinstream.
O consentimento é o principio político que regula o sexo, por iso é determinante facer unha análise de como…, Pornography is one of the new planes of society that is currently at the top of the global
economy and that has managed to reach a large part of the world's population and their
vision of sexuality. Due to its importance, the aim of this paper is to analyze this industry
and its effects on society. More specifically, the object of study is the value of consent in
mainstream pornography.
Consent is the political principle that regulates sex, which is why it is crucial to do a study
of how…
Aportes da disciplina de conservación restauración en museos: do plan de conservación preventiva ás actividades didácticas. Aplicación na Domus do Mitreo, Lugo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Espiño López, Lucía
Dende este traballo queremos resaltar a versatilidade da figura profesional do conservador-restaurador no ámbito museístico, dado o valor das súas achegas en distintos departamentos, e dentro de equipos de traballo multidisciplinares.
En primeiro lugar, na vertente técnica, o papel dos restauradores é fundamental no coidado dos bens culturais e na redacción e implantación do necesario Plan de Conservación Preventiva. Esta ferramenta de traballo segue unha metodoloxía para identificar os…
A Lei do “si é si” e o seu impacto na percepción da violencia de xénero: un estudo da cobertura mediática e da opinión pública en España (2020 – 2023)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Galbán, Aida
Os obxectivos do presente traballo son examinar o papel dos medios de comunicación na configuración da opinión pública no que respecta á Lei do “si é si” e a percepción actual da cidadanía no que respecta á concienciación sobre a violencia de xénero. A consecución destes obxectivos levouse a cabo mediante unha metodoloxía mixta e cun análise de datos a través do aplicativo SPSS. Finalmente, tras unha minuciosa análise obtívose que os medios de comunicación si tiveron influencia significativa na…
Proposta de intervención en Artes Vivas para o Arde Lucus
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Navia Fernández, Aarón
[GAL]
A idea básica será investigar sobre as posibilidades de actuación ao redor das artes vivas para achegarse á posible elaboración de distintas ferramentas vinculadas ao tratamento da cultura que permitan incorporar novas propostas de actuación na programación do Arde Lucus. Resulta evidente que a creación do Arde Lucus, a principios do século XXI dentro das festas de recreación histórica, ten suposto un pulo de primeira orde para a cidade de Lugo e na súa, curta pero xa dilatada,…
A cooperación transfronteiriza e territorial
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Trillo Santamaría, Juan Manuel, Paül Carril, Valerià
Introdución as políticas de cooperación territorial e transfronteiriza da UE.
O papel dos gobernos locais na sustentabilidade agrícola: Análise do cultivo de pataca coma motor rural na Limia, El papel de los gobiernos locales en la sostenibilidad agrícola: Análisis del cultivo de la patata como motor rural en la Limia, The role of local governments in agricultural sustainability: Analysis of potato cultivation as a rural driver in Limia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Alonso, Tania
Este Traballo Fin de Mestrado estuda o papel das administracións locais no seo do desenvolvemento agrario e alimentario, partindo dunha tendencia de desagrarización galega preocupante e de limitacións das competencias dos gobernos locais en dita materia. O estudo busca analizar, particularmente, a situación do sector pataqueiro na comarca da Limia. Concretamente, profundarase na análise do concello de Xinzo de Limia por tratarse do territorio local onde especialmente se leva a cabo esta…
Os coñecementos e comportamentos da poboación xuvenil da cidade de Lugo en relación co cancro de pel e a súa prevención, Los conocimientos y comportamientos de la población juvenil de la ciudad de Lugo en relación con el cáncer de piel y su prevención, Knowledge and behaviors of the youth population of the city of Lugo regarding skin cancer and its prevention
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Palmeiro López, Noa
[GAL]
Existe un consenso xeral na comunidade científica sobre o aumento da incidencia do cancro de pel nos últimos anos. Este defínese coma un conxunto de neoplasias malignas que se producen pola división e proliferación celular descontrolada. Destacan dous tipos: os carcinomas cutáneos e o melanoma. Trátase dunha enfermidade multifactorial, na que destaca a importancia dos factores de risco modificables, principalmente a exposición excesiva á radiación ultravioleta, polo que as estratexias de…
Entre a transformación e o esquecemento: A loita pola preservación do legado histórico-artístico dos pazos galegos a través do exemplo ferrolano do Pazo da Merced
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pita Caruncho, Helena
Os pazos galegos son construcións señoriais tradicionais que desempeñaron un papel fundamental na historia, na arquitectura e na estrutura social e identidade de Galicia, especialmente entre os séculos XVI e XIX. Porén, o seu estudo e análise resulta confuso xa que son arquitecturas con elementos visuais que a miúdo se repiten, pero con características que cambian en función da adaptación ao territorio. Este traballo trata de achegar unha introdución xeral sobre a definición e tipoloxías…
Transformada de Fourier. Aplicación á teoría do sinal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Vázquez, Héctor
O obxectivo deste traballo é estudar a transformada de Fourier e aplicala á teoría da mostraxe e recuperación de sinais. Primeiro, introdúcense as series de Fourier e revísanse algunhas das súas propiedades máis relevantes. Tamén se estudan os espazos de sinais L² e preséntanse algúns resultados de converxencia. Partindo das series de Fourier, defínese a transformada de Fourier e analízanse diversas propiedades alxébricas e analíticas da mesma. Estúdase o Teorema Integral de Fourier, que…
Inferencia estatística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crujeiras Casais, Rosa María
As bases da probabilidade e a estatística, segundo a Association for Computing Machinery e a IEEE Computer Society, subxacen aos conceptos de fiabilidade, seguridade e dependencia, factores fundamentais no ámbito da Enxeñaría en xeral e da Enxeñaría Informática, en particular. Con esta premisa, as devanditas asociacións elaboraron unhas guías para o deseño dos currículos formativos nos Graos en Enxeñaría Informática, onde se establece como obxectivo fundamental que o alumnado destes títulos…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9902
Sucesións e series de funcións reais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Espinar, María Victoria
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Cálculo Diferencial e Integral,e está destinada a estudantes que inician o estudo da análise matemática. A súa finalidade é presentar de maneira gradual os conceptos fundamentais e as técnicas básicas das sucesións e series funcionais.
As sucesións e series de funcións, que xa foron motivadas en temas anteriores do curso, posúen unha importancia e interese intrínsecos. Por un lado, con elas pódense definir novas funcións, polo outro, permiten…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9984
Histoloxía Vexetal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Ruiz de Ocenda, Rosa Ana
A Histoloxía Vexetal é o estudo dos tecidos que compoñen as plantas, a súa disposición e a súa función dentro delas. Constitúe o elo básico da organización das plantas superiores.
A célula vexetal primitiva, marcada pola presenza dunha parede externa que a distingue da célula animal, vai sufrindo
modificacións ó longo do proceso evolutivo ata alcanzar un elevado grado de especialización. O máis alto é a especialización no proceso de condución que, a semellanza dos animais, levou á…
Disolucións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Peña Crecente, Rosa María, Barciela García, Julia
A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrios en disolución que constitúen a base doutras metodoloxías de análise posteriores. A nivel xeral, é importante comprender o concepto de disolución xa que estamos cotianmente en contacto con…
A carie dental
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Prado, Rafael, Muñoz Crego, Ángeles, Santos Rodríguez, Ysabel
A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos e a forma en que estes se relacionan co ser humano− se estudan as…
Análise económico - financiero do sector acuícola
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueiras Brea, Cristina
Galicia conta cunha gran costa, o que a converte nun lugar ideal para levar a cabo todo o relacionado co sector pesqueiro. Neste caso, está centrado no sector acuícola, importante na economía galega tanto por pertencer ao sector pesqueiro como pola súa relevancia e importancia na economía galega. A pesar disto, é un sector fortemente afectado por diversos aspectos como pode ser o furtivismo ou as mareas vermellas que fan que non se poida vender toda a produción que se esperaba.
Ademais disto,…
As saídas escolares en educación primaria: unha necesidade de onte e de hoxe, Las salidas escolares en educación primaria: una necesidad de ayer y de hoy, School trips at primary school: a past and present need
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mouzo Villar, Rosa
[GL] As saídas escolares son actividades académicas dun importante valor no proceso de ensino-aprendizaxe. Este tipo de prácticas introduciuse na escola da man dos movementos de renovación pedagóxica co propósito de unir aprendizaxe e experiencia, de establecer un vínculo estreito entre a escola e o contexto que a rodea. As saídas didácticas foron pensadas para romper esa barreira entre a escola e a comunidade, e polo tanto, é fundamental a súa integración no currículo de Educación Primaria, xa…
Fallos de mercado: Asimetrías de información nos mercados de seguros sanitarios
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Sedano, Alejandro
Neste traballo amoso como se estudaron as asimetrías de información que afectan os mercados de seguros, cal foi o resultado de contrastar estas hipóteses coa evidencia empírica, especialmente no caso dos seguros médicos, e cales son as principais medidas que se aplican polas autoridades á hora de intervir nos mercados de seguros sanitarios. Como conclusión, sublíñanse algunhas das eivas atopadas nos diferentes apartados estudados e o moito que aínda queda por avanzar no estudo destes mercados.
Estudo dos cambios na actividade eléctrica cerebral asociados ao declive na memoria de traballo visoespacial, no envellecemento san e no deterioro cognitivo leve
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arosa Penín, Juan
[GL] O deterioro cognitivo leve (DCL) é un estadio intermedio entre o envellecemento san e o que cursa con demencia. No presente estudo seleccionáronse dous grupos de participantes (Control san e DCL) nos que se estudaron os cambios na conduta e na actividade eléctrica cerebral ante unha tarefa de memoria de traballo (MT) visoespacial, con tres niveis de dificultade (fácil, intermedia e difícil), determinada pola cantidade de items a codificar en MT. Os obxectivos principais foron a obtención…
Avaliación das melloras produtivas e reprodutivas coa implantación do robot de muxido
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López García, Elio
Debido ao aumento do número de robots de muxido en Galicia nos últimos anos, no seguinte
estudo analizáronse en 18 explotacións de Galicia como cambiaron os principais parámetros
reprodutivos (intervalos dende o parto á inseminación fecundante e entre partos e número de
inseminacións por xestación) e produtivos (produción, porcentaxe de graxa e proteína e reconto
de células somáticas) obtidos a partir de datos do control leiteiro dun ano antes da instalación do
robot de muxido e do segundo ano…
Recollida e xestión de residuos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Perales Hernández, Eduardo, Rabuñal Iglesias, María Isabel, Sanmartín Geada, Sonia
Neste traballo que vamos a realizar para a materia Desenvolvemento Rexional e Local queremos afondar na análise do ODS relativo ó clima na Axenda 2030. Máis concretamente imos estudar a aplicación do mesmo na cidade de Santiago de Compostela. Para isto procedemos, en primeiro lugar, a estudar a relación deste obxectivo cos traballos de planificación estratéxica realizados neste ámbito, incluíndo a Axenda Urbana do Eixo Atlántico. En segundo lugar, realizamos unha serie de entrevistas cos…
A álxebra exterior das formas diferenciais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Casal, Tomás
[GL] As formas diferenciais, introducidas por Élie Cartan, son obxectos que aparecen de forma natural en cálculo multivariable, xeometría diferencial e física. O obxectivo deste traballo é estudar algunhas nocións elementais sobre as formas diferenciais en variedades diferenciables. As formas diferenciais defínense como seccións diferenciables de certos fibrados vectoriais, e teñen estrutura de álxebra exterior graduada. Estudamos algúns operadores lineares que son derivacións e antiderivacións…
Rexistrado de imaxes hiperespectrais baseado na transformada rápida de Fourier
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ordóñez Iglesias, Álvaro
O proxecto centrarase no estudo de diferentes algoritmos xa existentes para rexistro de imaxes RGB que están baseados na transformada rápida de Fourier. A raíz dese estudo seleccionaranse os máis prometedores para desenvolvelos e analizar diferentes posibilidades de aplicación destes algoritmos ás imaxes hiperespectrais, pois a súa aplicación non é directa. Investigarase tamén sobre diferentes métodos de extracción de características das imaxes hiperespectrais para así poder reducir a súa…
O Salnés, terra de monxes e santos: relixiosidade campesiña e mariñeira nos séculos XVI-XVIII
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodiño Mayán, Joel
O presente traballo pretende elaborar unha análise da relixiosidade na Península do Salnés do Antigo Réxime, centrado no campesiñado e os sectores do mar en tanto que son as actividades socioeconómicas que máis poboación ocupaban neste marco cronolóxico-territorial. Deste xeito, partindo dunha análise tanxencial de fontes exclusivamente bibliográficas (a concreción xeográfica dificulta a existencia de monografías sobre o tema) , tratarase o papel da…
Análise Alxébrica Construtiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crespo Otero, Alfredo
[GL] A Análise Alxébrica é unha teoría desenvolta a mediados do século pasado que estuda
sistemas lineares de ecuacións baseándose esencialmente en Teoría de Módulos e Álxebra
Homolóxica. O punto de partida é o isomorfismo de Malgrange. Este, xunto con outros
resultados, permite probar que as propiedades de todo sistema linear poden caracterizarse
estudando un determinado módulo asociado, dalgún xeito, ao sistema.
Nos últimos anos, con todo, adoptouse un enfoque construtivo, co deseño e a…
Clasificación das superficies compactas por cirurxía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Expósito Patiño, Daniel
[GL] Comezamos o traballo cun capítulo introdutorio no que presentamos nocións
básicas de espazos de identificación e pegados de espazos, así como unha visión
elemental sobre accións de grupos. Engadimos a definición de superficie pechada e
describimos dous métodos para construír as da lista para irnos familiarizando con
elas. Ambas perspectivas conducen a diferentes probas do teorema de clasificación,
a clásica de Radó e a baseada no teorema de uniformación de Riemann-Poincaré.
A nosa…
Grupos e música: transformacións de acordes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Iglesias, Lucía
O traballo consiste en ver a relación que hai entre a teoría de grupos e a teoría musical.
Comézase estudando grupos, prestando especial atención ás accións de grupos en conxuntos e ós grupos libres. Posteriormente, aplícase o estudado ó caso do grupo simétrico. Identifícase o conxunto das 12 notas musicais da escala cromática co grupo cíclico de 12 elementos. A continuación, defínese o conxunto dos acordes de tres notas maiores e menores, e danse unha serie de transformacións no mesmo. Os…
Sedimentación: deseño de sedimentadores primarios e secundarios
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Costa, Gumersindo
O acaparamento de terras en África: un ensaio de caracterización dos axentes instigadores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Medín Carracedo, Pablo
Desde 2007, o acaparamento de terras aumentou drasticamente en todo o mundo. Este traballo céntrase en África, a rexión máis afectada por este proceso. A confluencia de varias crises en relación co prezo dos combustibles e dos alimentos fixo saltar as alarmas a nivel internacional, especialmente entre os países e as grandes empresas do norte global, por facerse con terras en países empobrecidos do sur con grande cantidade de recursos e baixas rendas.
O obxecto deste traballo é caracterizar os…
Adaptacións ás alteracións da parede celular en Arabidopsis Thaliana
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Baltrusch Montero, Kai Lois
As paredes celulares primarias de plantas conforman unha estrutura moi dinámica e versátil implicada na regulación do crecemento. Están compostas principalmente por celulosa, pectinas e hemicelulosas como o xiloglucano (XiG). Analizar os efectos da alteración ou eliminación experimental dun ou varios destes compoñentes, permite achegarnos á comprensión da estrutura, dinámica e función da parede primaria.
É obxecto deste estudo investigar as respostas de Arabidopsis thaliana fronte ás…
Dereitos da personalidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gude Fernández, Ana
Esta unidade didáctica forma parte da materia “Dereito Constitucional II”,
sendo o seu destinatario o alumnado do segundo curso do Grao en Dereito.
Os chamados dereitos da personalidade non formaron parte das
declaracións de dereitos ata épocas relativamente recentes. A Declaración
universal de Dereitos humanos recólleos no artigo 12 e a Constitución
española de 1978 no 18. Foi o primeiro texto constitucional do noso país en
regulalos.
Unha democracia digna de tal nome non pode afirmarse sen o…
Distribución da pobreza na cidade de Santiago de Chile
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Fernández, Luis
Chile é coñecido como unha das economías máis sólida de América Latina. Os datos do país son moi positivos nun sentido económico. Sen embargo estas boas cifras económicas, agochan o descontento dunha gran parte da poboación debido as consecuencias dun sistema económico neoliberal herdado da ditadura de Pinochet, onde a privatización de servizos xerou unha desigualdade no acceso a educación, saúde, vivenda e transporte. Unha desigualdade e fenda entre clases que os diferentes gobernos…
Un ramo republicano cada 12 de novembro : o recordo vivo dos Adrio
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Adrio Nieto, Mirian
O 12 de novembro de 1936, en Pontevedra, dez persoas foron asasinadas pola violencia golpista. Pódese pensar que as únicas vítimas dese día foron os asasinados, pero a violencia foi máis alá, polo que cabe preguntarse se tamén se debería incluír baixo esta denominación ao colectivo das familias. Así, poñendo o foco nunha delas, a dos Adrio; e a partir de fontes diversas como entrevistas e memorias dos protagonistas, non só se tratará como a violencia dos perpetradores perdurou durante varias…
Aplicación das principais técnicas de análise input-output a diferentes economías : estudo dos coeficientes importantes, da estrutura sectorial e do seu cambio
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Andión Mosquera, Álvaro
Un dos métodos de análise económica máis útiles para comprender a estrutura produtiva dun país nun ano determinado é o marco input-output, que describe, por medio de matrices, as transaccións produtivas que teñen lugar entre os distintos sectores de actividade. Con base en técnicas de álxebra matricial, este modelo permite o cálculo de diversos indicadores, que resumen as características e evolución temporal das diferentes industrias da economía considerada.
O presente traballo trata de facer…
ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas, ADESORA: Las Mujeres Más Allá de las Alcobas, ADESORA: Women Beyond the Bedchambers
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramos Mesía, Iria
A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No…
A comunicación en redes sociais da extrema dereita: análise dos contidos de Vox, pseudo-medios e creadores de contido españois no contexto das eleccións xerais do 2023, La comunicación en redes sociales de la extrema derecha: análisis de los contenidos de Vox, pseudo-medios y creadores de contenido españoles en el contexto de las elecciones generales del 2023, Far-Right Social Media Communication: Analysis of the Content Published by Vox, Pseudo-Media and Spanish Content Creators in the Context of the 2023 General Elections
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Poy, Xoel
As redes sociais emerxeron e consolidáronse nas sociedades contemporáneas como un escenario fundamental para a interacción política, converténdose en espazos propicios para a difusión de discursos e axendas ideolóxicas. A transformación que supuxeron afecta tamén á propia democracia, propiciando un espazo onde a participación, o debate e a difusión de contidos ten influencia tanto nos procesos electorais como na saúde mesma do sistema. A extrema dereita é, neste sentido, unha das correntes que…
Proposta de prevención do acoso escolar na aula de Educación Infantil, Propuesta de prevención del acoso escolar en el aula de Educación Infantil, Prevention proposal of bullying in the early childhood education classroom
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Armesto, Aroa
O acoso escolar é unha realidade da nosa sociedade que afecta directamente á institución educativa. Este caracterízase por ter uns participantes concretos e diversas clasificacións sobre a súa tipoloxía, presentando certos factores causais e de risco que fomentan a súa aparición. Todas estas singularidades non distan daquelas que diferenciaban esta problemática na súa orixe, a finais do século XX, aínda que actualmente se focaliza a atención na súa prevención. O proceso preventivo é fundamental…
A modificación postraducional neddilación e o seu rol no metabolismo humano, La modificación postraduccional neddylación y su rol en el metabolismo humano, Neddylation: a post-translational modification with a role in human metabolism
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Franco, Jose Antonio
O termo “modificacións postraducionais” fai referencia a todo proceso bioquímico sofrido por unha proteína trala súa biosíntese. Estas alteracións sobre a estrutura nativa da proteína, xeralmente mediante proteólise e adición de grupos modificadores, teñen a potestade de alterar a súa funcionalidade e características, polo que constitúen un mecanismo molecular fundamental á hora de entender a bioloxía da proteína. Un avance no coñecemento das diferentes modificacións postraducionais en…
Pontes sobre o tempo: unha proposta para o tratamento da vellez nas aulas de filosofía, Puentes sobre el tiempo: una propuesta para el tratamiento de la vejez en las aulas de filosofía, Bridges over time: a proposal for addresing aging in philosophy lessons
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prieto Collazo, Ruth
A crecente atomización dos núcleos familiares xunto coa falta de políticas públicas específicas determinan que parte da poboación da terceira idade pase a última etapa da súa vida en soidade ou en centros residenciais. Ademais, a tendencia ao envellecemento demográfico contrasta cun relato social lastrado de estereotipos e prexuízos cara á vellez que podemos englobar baixo os termos idadismo e xerontofobia. Esta situación abre unha serie de problemas e desafíos que, pola súa natureza, permiten…
Deseño, desenvolvemento e avaliación de Minacción: material didáctico para o Centro de Interpretación “A Mina”, Diseño, desarrollo y evaluación de Minacción: material didáctico para el Centro de Interpretación “A Mina”, Design, development, and evaluation of Minacción: educational material for the Centro de Interpretación “A Mina”
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Álvarez, Alba
Os materiais didácticos posúen unha gran relevancia no ámbito educativo, especialmente cando se dirixen á infancia. A súa importancia radica na capacidade para facilitar as aprendizaxes de maneira interactiva, contribuíndo a unha maior comprensión e curiosidade. O presente Traballo de Fin de Grao ten como propósito principal achegar un material didáctico que apoie e reforce o proceso de ensino e aprendizaxe das temáticas mineiras e enerxéticas. A proposta deseñada céntrase na elaboración dun…
Liminalidade e Transición: Ritos de Pasaxe nas Transmasculinidades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barros Fernández, Nee
[GLG] Os ritos de pasaxe son manifestacións culturais que marcan a transición entre estados vitais, sociais ou temporais. Este Traballo de Fin de Grao explorará este concepto aplicado ás experiencias das persoas trans, concretamente aos homes trans e transmasculinidades. Partindo da conceptualización de Van Gennep (1909), analizaremos os procesos de separación, transición e agregación para entender como as persoas transmasculinas conceptualizan e experimentan as súas propias transicións, tanto…
O preito da capitalidade de Galicia nos procesos estatutarios: da II República á Lei de Sedes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Barbeito, Alejandro
Galicia viviu dous procesos constituíntes para a súa autonomía política: o Estatuto republicano de 1936 e o vixente, de 1981. Esas oportunidades abriron a porta a unha necesaria concreción, que non se deducía tan doadamente coma noutros territorios: a capitalidade. Preténdese abordar o tratamento que se lle deu á cuestión: dende os axentes políticos encargados da redacción estatutaria; os debates e discusións mantidos nos órganos representativos oficiais; mais tamén as reaccións municipais,…
As matemáticas que fixeron Ordes: unha proposta didáctica para a Educación Secundaria, Las matemáticas que hicieron Ordes: una propuesta didáctica para la Educación Secundaria, The mathematics that made Ordes: a didactic proposal for Secondary Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Candal Parafita, Alba
Neste traballo de fin de máster preséntase unha proposta didáctica dirixida a un grupo de estudantes de 2º da ESO, centrada nos contidos e competencias relacionados co sentido espacial e da medida. O obxectivo principal é favorecer unha aprendizaxe significativa da materia a través da introdución de elementos vinculados ao concello de Ordes, ao tempo que se promove unha actitude máis positiva do alumnado cara ás matemáticas. Inclúese unha revisión teórica sobre as dificultades habituais na…
O armario de Carmela. Deseño dun recurso literario para combater estereotipos cara á vellez na infancia, El armario de Carmela. Diseño de un recurso literario para combatir estereotipos hacia la vejez en la infancia, Carmela's cupboard. Design of a picture book to erradicate stereotypes towards the elder during childhood
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reseco Aguado, Lucía
A paulatina incorporación da muller ao mercado laboral continúa a xerar, en pleno século XXI, diversas dificultades no eido da conciliación da vida familiar e profesional e fai necesario involucrar os avós e avoas na crianza dos seus netos/as. Consecuentemente, as relacións entre a nenez e vellez comezaron a ser obxecto de estudo coa finalidade de fomentar a creación de vínculos positivos, para o cal se traballou dende distintas áreas, entre as que se atopa a educación literaria. O obxectivo do…
Modelización estatística espacial: redes espaciais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mazaira López, Antón
Neste traballo abordaremos os fundamentos para a inferencia estatística en datos espaciais distribuídos nunha rede de nodos, describindo as ferramentas necesarias para estudar a dependencia espacial entre eles. En cada unha das observacións, temos como obxectivo analizar unha variable resposta tendo en conta as interrelacións cos seus nodos "veciños". Así, á hora de modelizar dita variable resposta en función doutras variables explicativas, a súa distribución no espazo engade unha…