Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Ecuacións diferenciais de orde superior
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Darriba, Juan Bosco
Esta unidade didáctica é unha das seis correspondentes á materia de formación básica Matemáticas III, que consta de seis créditos e impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en
Enxeñería Civil. Esta materia, xunto con Matemáticas I e Matemáticas II —ámbalas dúas materias de primeiro curso, de formación básica e seis créditos cada unha—, forma o módulo ou bloque de Matemáticas, cuxo papel é o de contribuír a acadar tanto as competencias xerais do grado como as específicas de…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9906
Enxeñaría de requisitos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taboada González, José Ángel
Nos temas anteriores estableceuse o software como un elemento de Enxeñaría e propuxéronse unha serie de normas e paradigmas que definen os procesos necesarios para a súa construción, o primeiro dos cales é a
análise do sistema e dos requisitos do software.
Nesta fase o obxectivo fundamental é definir de xeito inequívoco que problema estamos tratando de resolver.
A problemática que se xera é tal que, en realidade, o que acabamos de mencionar como un proceso, se divide en varios que mesmo se…
Trazado de estradas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte
Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas.
No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados co tráfico por estrada, necesarios para poder abordalo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.
A continuación, na presente unidade didáctica (UD2) estúdanse os conceptos…
“Ola, señor, dásme o libro?” : adquisición de estratexias de cortesía en galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rial Montes, Tamara
Ademais de estudar o fenómeno da cortesía, o presente traballo tamén presta atención a cuestións relacionadas coa adquisición lingüística no desenvolvemento ontoxenético e, máis concretamente, coa adquisición da competencia pragmática. Así, tentarase analizar o proceso polo cal os nenos e nenas galegofalantes adquiren as estratexias de cortesía empregadas nas peticións. Os principais obxectivos radican no estudo das estruturas lingüísticas preferidas polos nenos galegos para levaren a cabo unha…
Visións competitivas de conectividade no contexto da Iniciativa Belt and Road : o desenvolvemento de infraestructuras en Indonesia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardo Diéguez, Bruno
As necesidades globais de investimento en infraestructuras corren o risco de quedar sen ser materializadas. Asia é unha das rexións cun maior déficit de infraestructuras. As necesidades de cada país son diferentes, así como o seu modelo de desenvolvemento. Nese contexto, Belt and Road Initiative (BRI) foi anunciada polo presidente chinés Xi Jinping no ano 2013, coa idea de conseguir unha maior integración rexional e conectar o supercontinente Euroasiático. China, polo tanto, presentou un novo…
Sesións prácticas de Clínica Optométrica II
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Montero, Silvia
Esta unidade didáctica denominada “Sesións Prácticas de Clínica Optométrica II”
forma parte da materia Clínica Optométrica II impartida no 2º semestre do terceiro
curso do Grao en Óptica e Optometría
A materia Clínica optométrica II ten por obxectivo principal proporcionarlle
ó alumnado a experiencia clínica necesaria en atención primaria da saúde visual e
ocular, para afrontar con garantías de éxito a práctica profesional. Todas as sesións
prácticas impartiranse no Servizo de Optometría e con…
Primeiros auxilios en Educación Infantil. Actitude do profesorado, Primeros auxilios en Educación Infantil. Actitud del profesorado, First aid in Early Childhood Education. Teacher’s attitude
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Villalón, Elena
Os centros escolares son lugares nos que os nenos e nenas pasan moitas horas cada día, e nos que poden acontecer unha gran variedade de accidentes. É por iso que se fai imprescindible unha actitude por parte do profesorado que garanta unha acción consecuente e eficaz ante as problemáticas que poidan xurdir. Neste traballo analizarase a actitude e os coñecementos sobre primeiros auxilios, facendo tamén referencia ao marco lexislativo vixente. Os obxectivos deste traballo son coñecer a actitude…
A modelización como contexto para traballar o sentido do olfacto en primaria, La modelización como contexto para trabajar el sentido del olfato en primaria, Modelling as a context to work the sense of smell in primary
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Suárez, Silvia
Este traballo Fin de Grao (TFG), que se sitúa na modalidade de iniciación á investigación, consiste na análise dunha secuencia de actividades para traballar o sentido do olfacto e o seu funcionamento mediante a práctica de modelización. A experiencia foi levada a cabo en 5º de primaria nun centro educativo de Galicia.
As preguntas que guían esta investigación son: 1) que ideas previas presenta o alumnado de primaria sobre o sentido do olfacto? 2) como son os modelos do alumnado para explicar o…
Digital puppets: ensaio sobre a identidade educativa actual e a devaluación das humanidades, Digital puppets: ensayo sobre la identidad educativa actual y la devaluación de las humanidades, Digital puppets: an essay on the current educational identity and the devaluation of humanities
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carrero Pazos, Miguel
Toda sociedad humana, como tal, tiene la prerrogativa existencial de formular un sujeto específico para su tiempo, con el objetivo de perdurar en el futuro. En las sociedades post-industriales, la institución educativa es la encargada de crear y definir los sujetos para la sociedad del momento concreto. Hoy vivimos en un mundo de cambios acelerados fugaces, y muchas veces superfluos, en el que las tecnologías actúan como catalizadores. El sistema económico capitalista es el motor de un modelo…
O Ocio Terapéutico como recurso da Educación Social en contextos hospitalarios, El Ocio Terapéutico como recurso de la Educación Social en contextos hospitalarios, Therapeutic Recreation as a resource for social education in hospital contexts
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chaos Núñez, Beatriz
A día de hoxe, os tempos de ocio constitúen un importante indicador da calidade de vida na sociedade de occidente. O ocio entendido como experiencias desenvolvidas nos tempos libres convértese en ocio terapéutico cando o fin da súa práctica é axudar ás persoas a recuperarse tras unha ameaza a súa saúde. Existen servizos hospitalarios que promoven o ocio terapéutico como parte do tratamento a ter en conta para asegurar o benestar dos e das doentes, mais, contamos con profesionais do ámbito…
Eficacia do bloqueo de nervios pectorais para a analxesia postoperatoria na cirurxía da mama: revisión sistemática e meta-análise
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Vior, Lucía
Nesta revisión sistemática con metaanálise estudouse a eficacia analxésica do bloqueo PECS na cirurxía da mama. Na comparación fronte a administración unicamente de Analxesia Xeral, o Bloqueo PECS sí demostrou ser máis eficaz, dado que resultou ser significativamente superior tanto na dose acumulada en 24 horas de equivalentes de morfina (mg) como nas escalas de dor medidas tanto en repouso como en abdución ao longo das 24 horas. Na comparación fronte ao Bloqueo Serrato, o Bloqueo PECS non…
A figura do/a enfermeiro/a escolar en España e o seu papel no benestar emocional dos infantes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Leis Piñeiro, Nerea
INTRODUCIÓN: Actualmente en España o papel da Enfermaría Escolar atópase en proceso de desenvolvemento e conta con moi pouca presenza no sistema educativo en comparación con outros países, tanto europeos como americanos. Este traballo de fin de grado centrarase na saúde emocional de nenos e nenas de Educación Primaria, debido aos grandes cambios aos que están expostos nesta etapa vital e que se ven reflectidos nas emocións, ademais da importancia que se lle está atribuíndo nos últimos tempos á…
Congruencias olímpicas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Fernández, Marcos
No presente traballo de fin de grao tratarase de dar un contexto teórico a determinados problemas das Olimpíadas Matemáticas, ademais de presentar solución a unha selección deles. Na parte teórica tratarase de definir que é unha congruencia, como resolver as
congruencias e sistemas de congruencias de primeiro grao. Na práctica resolveranse problemas de congruencias das Olimpíadas Matemáticas a niveis nacionais e internacionais ademais de algúns problemas de interese
Fomento do Comercio Local en Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caamaño Amado, Marta, Carballido Costas, Carmen, Cernadas Pérez, Roque, Doval Blanco, Xurxo
A realización do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo está baseada en aprender proporcionando un servizo á comunidade, aprendendo mentres se traballa nas
necesidades reais do noso entorno económico. No noso caso o proxecto é unha
colaboración co concello de Santiago de Compostela, onde escollemos dous dos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, e así estudamos a súa
implantación na cidade. O traballo consta de distintos apartados onde iremos
abordando as cuestións relacionadas tanto…
Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Botana Puñal, Candela
A ecografía é unha técnica diagnóstica baseada na creación de imaxes mediante a propagación de ultrasóns a través dos tecidos, que se introduciu na medicina veterinaria como método de diagnóstico na década dos 80. Dentro da mesma, un dos campos onde a ultrasonografía ten unha maior presenza é a reprodución animal, ámbito no que actualmente se consolidou como a modalidade de diagnóstico por imaxe por excelencia en animais de renta e de compañía.
No caso do gando vacún, a ecografía representa…
Técnicas analíticas no control da fraude por substitución en produtos da pesca e a súa aplicación en España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castelos Esparís, Javier
A alta complexidade na cadea alimentaria que presentan os produtos da pesca é ideal para a presenza de actividades fraudulentas que poden supoñer un risco elevado para a saúde pública. Co fin de combater as fraudes alimentarias neste sector, existen numerosos mecanismos públicos que verifican que as actividades dos operadores son completamente lícitas. Entre eses mecanismos preséntanse unha gran variedade de técnicas analíticas, tanto de índole biolóxica como química, que permiten identificar…
A prostitución no primeiro franquismo(1939-1956) : unha moralidade que controlar e redimir
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carracedo Prados, Jennifer
Tras a Guerra Civil española, o Decreto abolicionista de 1935 foi suprimido para voltar á reglamentación da prostitución. A este respecto, o réxime franquista creou un discurso amparado pola Igrexa e mais a ciencia, que consistía nunha “dobre moral”, na que a prostituta era considerada un mal necesario, pois representaba a inmoralidade da “mala muller”, pero ao mesmo tempo salvagardaba a virxinidade feminina fronte á suposta natureza hipersexualizada dos homes. Ademais, ao marxe da prostitución…
Prevención secundaria en doentes do sexo feminino con síndrome coronaria aguda con elevación do segmento ST (SCACEST) no noso medio. Seguimento de factores de risco cardiovascular aos 3 anos, Prevención secundaria en pacientes del sexo femenino con síndrome coronario agudo con elevación del segmento ST (SCACEST) en nuestro medio. Seguimiento de factores de riesgo cardiovascular a los 3 años, Secondary prevention in female patients with ST-segment elevation acute coronary syndrome (STE-ACS) in our region. Follow-up of cardiovascular risk factors after 3 years
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vence Nogueira, Xenevra Adriana
Introdución e obxectivos: Os principais obxectivos da prevención cardiovascular son a redución da mortalidade prematura de causa cardiovascular, a mellora da calidade de vida e a diminución dos costes da asistencia sanitaria. A meta deste estudo era determinar o nivel de seguimento no noso medio no sexo feminino das recomendacións das guías da Sociedade Europea de Cardioloxía sobre prevención
secundaria cardiovascular, describir o perfil clínico no momento do evento índice e valorar a…
Presenza de Mycoplasma haemofelis e outros micoplasmas hemotrópicos en gatos do noroeste de España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Parga Braña, Miriam
Os micoplasmas hemotrópicos (hemoplasmas) son bacterias intracelulares que infectan os glóbulos vermellos dunha gran variedade de mamíferos provocando anemias hemolíticas graves; no caso dos gatos, estes patóxenos provocan a anemia infecciosa felina. Os micoplasmas hemotrópicos atópanse amplamente estendidos mundialmente, e nos últimos anos están adquirindo gran relevancia en España. Os obxectivos deste traballo de fin de grado foron determinar a posible presenza de micoplasmas hemotrópicos…
Hidrostática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Moreira, Iván, Carballo Sánchez, Rodrigo, Castro Ponte, Alberte
Esta unidade didáctica forma parte da materia Hidráulica I do segundo curso
do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría
hidráulica. Dita materia ten unha carga de 6 créditos ECTS e impártese no
primeiro semestre. De entrada non existe ningún prerrequisito legal para
poder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable ter
cursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física I
e II, por proporcionar unha base axeitada para a…
Hidrogramas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Valcárcel Armesto, Montserrat
A presente Unidade Didáctica (en adiante UD) encádrase dentro do Bloque
Temático I da materia Hidroloxía, onde se caracterizan os distintos procesos
que determinan a hidroloxía superficial. Para iso é preciso coñecer e definir
o ciclo hidrolóxico e os procesos do escoamento superficial (UD II, III e IV),
ademais de coñecer a importancia da unidade de traballo en hidroloxía: a
conca hidrolóxica e ser capaces de delimitala.
O hidrograma ten unha importancia capital na hidroloxía xa que é a…
Sepultados na memoria: deseño dun proxecto transmedia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Recouso, Susana
O presente traballo ten como obxectivo elaborar unha proposta dun produto transmedia sobre memoria histórica democrática dirixido á mocidade. Este proxecto adáptase aos hábitos de consumo dunha xeración hiperconectada que non responde ao modelo comunicativo tradicional unidireccional. É a proposta para un novo relato da memoria construído desde múltiples historias individuais e que racha co discurso oficial da equidistancia e da impunidade.
O proxecto céntrase nas exhumacións das vítimas do…
Coñecemento, percepción e actitudes da enfermaría na identificación e notificación de eventos adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias, Conocimiento, percepción y actitudes de la enfermería en la identificación y notificación de eventos adversos en las Unidades de Cuidados Intensivos y Urgencias, Knowledge, perception and attitudes of nursing in the identification and notification of adverse events in Intensive Care and Emergency Units
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Iglesias, Pablo
INTRODUCIÓN: Os pacientes tratados na unidade de coidados intensivos (UCI) e nos servizos de urxencias hospitalarias (SUH) están expostos a riscos graves de eventos adversos (EA) co potencial de causar varios tipos de danos. O coñecemento deste aspecto é o primeiro paso para mellorar a seguridade do paciente na UCI e nos SUH.
OBXECTIVOS: Determinar os coñecementos e actitudes das enfermeiras sobre os eventos adversos e a súa notificación.
MATERIAIS E MÉTODOS: Deseñouse un cuestionario ad hoc…
Unha introdución á teoría de Iwasawa
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintela Correa, Borja
[GL] Este traballo pretende realizar unha introdución á teoría de Iwasawa, comezando polo estudo da estrutura dos módulos finitamente xerados sobre Zp[[T]], que se pode entender como unha xeneralización do teorema de clasificación de módulos sobre un dominio de ideais principais. Á súa vez, iso permítenos establecer o teorema de control de Iwasawa para o número de clases dos corpos ciclotómicos.
Na segunda parte, presentamos resultados máis recentes que permiten entender mellor a estrutura…
Variación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernos, Variación en la expresión del futuro en gallego a través de textos narrativos moderno, Variation in the expression of future tense in Galician through modern narrative texts
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Domínguez, Ana
Nalgunhas variedades romances, como o español de América, estase a producir un notable avance no proceso de substitución do futuro morfolóxico (-rei) pola forma perifrástica ir (a) + infinitivo para a expresión dos valores temporais de futuridade (Bermúdez, 2016). En galego, os estudos existentes (Meier, 1974; Rojo, 1974; López Martínez, 2012), aínda que apuntan cara ao mantemento do valor de prospección en ámbalas dúas formas, tamén amosan, con certas diferenzas, un aumento na frecuencia de…
O impacto da participación en actividades de ocio na calidade de vida das persoas maiores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pose Suárez, Nuria
Este Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigación busca examinar os beneficios percibidos da participación regular en actividades de ocio en variables psicosociais como a soidade, a autoestima ou a satisfacción coa saúde por parte dos adultos…
As enfermidades periodontais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muñoz Crego, Ángeles, Santos Rodríguez, Ysabel, Seoane Prado, Rafael
A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental.
Está por tanto dirixida aos alumnos que xa cursaron materias biolóxicas básicas de interese como a anatomía, bioquímica, citoloxía e histoloxía, que facilitan a aprendizaxe dos conceptos de relevancia da materia…
Mecanismos de patoxenicidade bacteriana
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muñoz Crego, Ángeles, Santos Rodríguez, Ysabel, Seoane Prado, Rafael
Actualmente, a materia Microbioloxía Clínica impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso da Licenciatura en Bioloxía e, logo da implantación completa do EEES, pasará a ser unha materia optativa do último curso do Grao. Está, por tanto, dirixida aos alumnos de 4º Curso, que xa posúen coñecementos previos de Microbioloxía Xeral. Por iso, os alumnos xa saben que a biosfera terrestre contén infinidade de microorganismos de tipos moi diversos, a maior parte dos cales é descoñecida para o home…
A relevancia da linguodiversidade no estudo da linguaxe : Unha visión ecolingüística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez, Vítor
O presente traballo parte da hipótese de que o estudo da linguaxe humana debe levarse a cabo a partir dun número amplo de linguas, maneira de proceder que dará solidez á teoría no seu conxunto e permitirá deitar luz sobre fenómenos particulares dun sistema lingüístico concreto. Asumimos que non existe a lingua humana en termos da cal se poida coñecer a facultade da linguaxe así como o comportamento das linguas no seu conxunto.
Os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Análise do primeiro obxectivo: fame e pobreza
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Briones Mouta, Paula
O establecemento dos obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan…
A figura de Diotima no "Simposio" de Platón
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Sánchez, Lúa
Neste traballo preténdese ofrecer os resultados dunha lectura detida do discurso
de Diotima no Banquete de Platón. Trátase dun traballo de interpretación en hipótese xa
que un estudo da situación actual da investigación ao redor da súa figura non permite
asegurar se nos atopamos fronte a unha personaxe feminina real ou ficticia. O feito de que sexa unha muller a que pronuncia o discurso é salientable no contexto no que este se inclúe, mais resulta complexo chegar a unha descrición precisa da…
Mulleres, educación e mercado de traballo : comparativa entre Grecia, Italia e Portugal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pallín Arias, Óscar
Este traballo céntrase na relación existente entre o nivel educativo das mulleres e a súa participación no mercado laboral. A análise lévase a cabo mediante modelos econométricos para tres países do sur de Europa como son Grecia, Italia e Portugal, incluídos no réxime de benestar mediterráneo. Para elo terase en conta, de xeito separado, a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel secundario ou terciario, e por outra banda só a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel superior. Os…
Como ensinar o patrimonio a través das novas tecnoloxías, Como enseñar el patrimonio a través de las nuevas tecnologías, How to teach the heritage through the new technologies of information and communication
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardo Moure, Lucía
[GL] Expóñense neste traballo os resultados dunha investigación cualitativa relacionada co ensino do patrimonio histórico, mediado polas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, a través da análise dos proxectos realizados no CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña). A hipótese principal que se postula é se os recursos tecnolóxicos melloran o proceso de ensinoaprendizaxe na área de Ciencias Sociais. Á vez, a investigación engloba unha segunda hipótese que é se as TIC contribúen á mellora…
A relixión política e a súa utilización como instrumento do imperio romano: O culto de Xúpiter Optimo Máximo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Folgueira Ríos, Francisco
A relixión romana é política, é dicir, é unha relixión propia da comunidade, da sociedade que conforman os cidadáns e polo tanto no se pode desligar do Estado. Esa relixión social caracterízase polos seus ritos que son realizados publicamente e que son imprescindibles para manter a pax deorum. Sen ela os deuses negaríanse a ser os garantes do bo funcionamento da sociedade, así que o mantemento das tradicións é fundamental. Estes principios existiron dende a fundación de Roma, onde o monarca xa…
A importancia da intermediación financeira para o crecemento económico. Teoría e evidencia empírica internacional
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riveiro Formoso, Fernando
O presente Traballo de Fin de Grao busca entender a relevancia que teñen os bancos e outros intermediarios financeiros para explicar a taxa de crecemento dunha economía. Na primeira parte, discútense os mecanismos teóricos polos que os sistemas financeiros poden ser determinantes para o crecemento. Nunha segunda sección, elabórase un modelo teórico de crecemento con intermediación financeira para caracterizar analiticamente a cuestión. Na terceira parte, procédese a realizar unha estimación…
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Casás, Antón
O presente TFG tomará como punto de partida e eixe central a novela Antón e os inocentes (1976) de X. L. Méndez Ferrín para abordar, no campo da literatura galega, unha análise política que vaia alén do conflito da Guerra Civil. Na investigación prevese reflexionar desde a orientación marxista da socioloxía da literatura, que entende a obra literaria como o resultado dun estado de causas na sociedade. Porén, dada a dirección activista da novela, esta tamén poderá ser analizada desde o punto de…
Análise económico-financeira de Bodegas Martín Códax SAU
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez Míguez, Marta
Neste traballo realizamos unha análise económico-financeira da empresa Bodegas Martín Códax SAU coa finalidade de elaborar unha diagnose sobre a súa situación, posicionamento no sector e evolución. O uso de técnicas como a análise vertical, de tendencias ou o cálculo de ratios sobre os estados contables da empresa e os agregados do grupo de comparación sectorial permítennos definir a Martín Códax como unha empresa solvente pero cunha estrutura financeira desequilibrada e cunha rendibilidade…
Análise do tratamento do bloque de xogos e deportes da área de Educación Física en Primaria e propostas didácticas innovadoras, Análisis del tratamiento del bloque de juegos y deportes del área de Educación Física en Educación Primaria y propuestas didácticas innovadoras, Analysis of the treatment of the block of games and sports in the area of Physical Education in the Primary Education and innovative didactic proposals
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Radío Rioseco, David
O presente Traballo Fin de Grao desenvolve un análise do bloque de xogos e deportes do currículo de Educación Física nas aulas de Primaria para coñecer a situación dos deportes alternativos e a súa integración nas ofertas educativas e propostas didácticas dos centros educativos. Pártese dun estudo teórico da situación para chegar a afondar nela cun estudo de investigación levado a cabo nos centros educativos do concello de Noia, mediante enquisas tanto a mestres como ao alumnado. Trala…
Intervención socioeducativa en contextos de prostitución. Aproximación ao traballo de rúa na comarca de Santiago de Compostela”, Intervención socioeducativa en contextos de prostitución. Aproximación al trabajo de calle en la comarca de Santiago de Compostela, Socio-educational intervention in prostitutional’s contexts. Approach to street work in Santiago de Compostela’s region
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lima Reboiras, Yéssica
A seguinte investigación trata de facer unha aproximación á intervención socioeducativa en contextos de prostitución na comarca de Santiago de Compostela. A citada tarefa faise a través da revisión bibliográfica para a teorización do concepto; ao achegamento da relación entre a Educación Social e o ámbito da prostitución a través da revisión de documentación teórica e de investigacións previas; e, igualmente, a análise do traballo de tres entidades que se enmarcan nos contextos de prostitución…
Avances da bioloxía molecular e celular na aplicación biomédica: edición xenómica, terapia xénica e inmunoterapia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loureiro Veira, Martiño
Nos últimos anos describíronse distintas ferramentas de edición xenómica, e novas están a
emerxer baseadas no sistema CRISPR-Cas9. Este, que emprega á proteína Cas9 cun sgRNA
como guía, destaca pola súa eficiencia, accesibilidade e versatilidade, sendo aplicado en campos
diversos. Con todo, presenta algúns inconvenientes, como os efectos off-target, que teñen que
ser tidos en conta na súa aplicación. Na clínica, as ferramentas de edición xenómica empréngase
experimentalmente para tratar…
A España Viva: o xermo nacionalcatólico e xenófobo no discurso de Vox, La España Viva: el germen nacionalcatólico y xenófobo en el discurso de Vox, España Viva: the nationalcatholic and xenophobic germ in Vox ́s speech
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Ramos, José Javier
[GLG] A irrupción de Vox na vida política española prantexa unha serie de retos que, para ser correctamente resoltos, piden coñecer mellor a natureza de Vox. Neste traballo explórase a dimensión nativista, composta por unha combinación de nacionalismo e a xenofobia, presente no seu discurso, a través da perspectiva que nos ofrece a Análise Crítica do Discurso (ACD). Ao mesmo tempo se lanza a hipótese de que, dentro do seu discurso, podemos atopar unha concepción de España herdeira das teses…
O Colexio Familiar Rural de Negreira, unha loita pola educación para o rural galego, El Colegio Familiar Rural de Negreira, una lucha por la educación para el rural gallego, The Rural Family College of Negreira, a struggle for education for the Galician rural
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campos López, Silvia
Coa preocupación por pensar as alternativas posibles para o rural galego, valémonos da memoria oral para achegarnos a unha experiencia de formación profesional agrícola que se deu en Galicia nos recentes anos setenta: o Colexio Familiar Rural de Negreira. Establecemos os seus antecedentes directos nas Maisons Familiales Rurales francesas, que guiarán outras moitas accións educativas de xestión democrática e renovación pedagóxica. Analizamos esta iniciativa con forte impacto social e pedagóxico,…
A evolución dos retratos de Franco dende 1936 ata 1975
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Prado, Raquel
As artes plásticas e o cartelismo tiveron, durante o Franquismo, como cometido principal
a lexitimización e perpetuación da figura de Franco como Xefe de Estado e Caudillo
salvador de España. Este traballo pretende, por tanto, facer un recorrido polos diversos
retratos de Franco que se foron difundindo polo país dende o comezo da Guerra Civil
española, en 1936, ate a súa morte á altura de 1975. Buscando esa consolidación no poder
a través da arte, elaborouse cuidadosamente unha iconografía…
As complicacións cardiovasculares e neurolóxicas debido ao consumo de cocaína
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Jubón, Aldara
Introducción: la cocaína es una droga extremadamente adictiva, y dentro de sus efectos se
encuentran complicaciones graves como ataques al corazón, accidentes cerebrovasculares o
incluso el coma.
Objetivos: se establece como principal, revisar la asociación entre el consumo de cocaína y la
aparición de complicaciones cardiovasculares y neurológicas. Como objetivos secundarios,
analizar la asociación del consumo de cocaína con la aparición de cardiopatía isquémica y
accidente cerebrovascular…
Intervención de enfermaría sobre a adición ao tabaco e outras substancias en adolescentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Cabanas, Iván
Introdución: O tabaco é unha droga legal en España que estimula o sistema nervioso central e crea adición debido á nicotina. É prexudicial para a saúde en todos os seus usos, tanto para as persoas que o consumen como para as que están arredor. A idade de inicio de consumo forma parte da adolescencia temperá, polo que é moi importante realizar intervencións a nivel preventivo.
Obxectivos: O obxectivo primario é coñecer as expectativas de consumo e o consumo actual no alumnado de primeiro da ESO…
Introdución aos Modelos Mixtos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Losada González, Diego
No eido da Estatística, os modelos de regresión son a principal ferramenta empregada cando
o que se precisa é estimar a relación entre variables aleatorias. En concreto, veremos como unha ou varias variables (que chamaremos variables explicativas) inflúen sobre outra variable (que chamaremos variable resposta). Moitas bases de datos concernentes ao eido da Educación, a Medicina ou as Ciencias Medioambientais están xerarquicamente organizadas debido á propia natureza destas, de xeito que os…
Emparellamentos Estables: Algoritmo de Gale-Shapley
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Andrade, Uxío
A primeira parte deste traballo centrarase en introducir e desenvolver as propiedades matemáticas do algoritmo de Gale-Shapley. Este algoritmo pretende dar solución ao problema de
atopar emparellamentos estables entre dous conxuntos diferenciados, nos que cada elemento dun
conxunto ten unha orde de preferencias sobre o outro conxunto. Este algoritmo, a pesar do seu
carácter abstracto e teórico, introducirase a través dun caso particular, no que os emparellamentos son individuais, e que soe…
Regresión xeralizada aplicada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Camino Enriquez, Alba
Os modelos de regresión serven para explicar e modelar a relación que existe entre unha
variable resposta e unha ou máis variables explicativas. Tomando como base o modelo de regresión
lineal simple clásico presentaremos distintas extensións que permitan xeralizar dito modelo. En
concreto, expoñeremos dous modelos de regresión sobre unha variable resposta discreta: o modelo
de regresión loxística e o modelo de Poisson. É dicir, estes modelos en lugar de presentar unha
distribución continua como…
Xestión comunitaria de proxectos educativos: análise de experiencias vertebradas por fondos comunitarios de coñecemento e identidade, Gestión comunitaria de proyectos educativos: análisis de experiencias vertebradas por fondos comunitarios de conocimiento e identidad, Community-based management of education projects: an analysis of experiences based on community funds of knowledge and identity
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Longa Iglesias, Mariña
Neste traballo de fin de grao búscase problematizar a dicotomía dentro-fóra da
aprendizaxe e o hermetismo escolar a través do recoñecemento e posta en valor da función
educativa das comunidades que rodean as escolas. Con esta fin, lévase a cabo unha
revisión teórica dos fondos comunitarios de coñecemento e identidade e dos ecosistemas
educativos locais e unha posterior investigación cualitativa sobre as posibilidades e
limitacións atopadas na dimensión práctica deste tipo de proxectos en Galiza…
O patrimonio cultural: definicións e usos sociais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Herrero Pérez, Nieves
O turismo constitúe hoxe en día en Europa un sector económico estratexicamente deseñado desde as propias institucións do Estado para facer fronte á crise dos sectores produtivos primarios que sofren determinadas rexións europeas como Galicia como consecuencia da integración económica europea. Os valores da natureza, da historia e da tradición, dos que xa
temos falado, van ser utilizados na mobilización de fluxos turísticos desde as zonas máis desenvolvidas, industrializadas e urbanizadas cara a…
Sistema de financiamento local e autonómico en España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cadabal Sampedro, María
A materia Federalismo Fiscal está enmarcada no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos, que se sitúa temporalmente no primeiro semestre do 4º curso do Grao. Así, pois, está destinada aos alumnos do Grao en Economía do Campus de Santiago de Compostela.
O contido impártese o primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4.5…
Vectores e xeometría no espazo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilar Rivas, Miguel Ángel
Esta segunda unidade didáctica constitúe unha magnífica introdución para
comprender a precisión dun argumento matemático e para iniciarse na
construción de demostracións, pois combina de xeito moi satisfactorio dous
dos elementos da matemática: abstracción e aplicación.
A unidade anterior de Matrices e sistemas lineais tiña, entre outros
obxetivos, observar unha serie de propiedades e cuestións comúns
ós diferentes contidos presentados que agora, nesta unidade didáctica,
pretendemos abstraer e…
Grupos e equipos de traballo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hermo López, María Teresa
Esta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns…
Voltar a Serra de Terzas : Serafín Estévez Martínez : historia e memoria dun exiliado galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nieves Estévez, Uxía
Cando indagamos o acontecido na Guerra de España, historia e memoria convértense
en dous enfoques necesarios para interpretar pasado. Ambas serven para rescatar os relatos da persecución e a represión sobre os vencidos, sobre todo de aquelas persoas anónimas que non tiveron nin se lles deu voz para contar o que viviron. Este traballo parte da premisa de dar voz a un relato anónimo para artellar o periplo vital dunha maioría. Polo tanto, analizaremos o exilio e a volta ao Estado español…
Cosmopolitismo e europeísmo na revista Nós, Cosmopolitismo y europeísmo en la revista Nós, Cosmopolitanism and Europeanism in the Nós magazine
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Rodríguez, Antonio
A revista Nós (1920-1936) supuxo para a cultura e o xornalismo galegos un dos fitos máis importantes da primeira metade do século XX así como da historia de Galicia. Nós foi o órgano de expresión da xeración de autores homónima que renovaron e innovaron no eido literario e xornalístico e desenvolveron unha gran labor na dignificación e valorización da lingua, converténdose nun dos grupos máis significativos do panorama galego. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar dous trazos…, La revista Nós (1920-1936) supuso para la cultura y el periodismo gallegos uno de los hitos más importantes de la primera mitad del siglo XX así como de la historia de Galicia. Nós fue el el órgano de expresión de la generación de autores homónima que renovaron e innovaron en el campo literario y periodístico y desarrollaron una gran labor en la dignificación y valorización del idioma, convirtiéndose en un de los grupos más significativos del panorama gallego. Este Trabajo de Fin de Grado tiene…, Nós magazine (1920-1936) was one of the most important landmarks of Galician culture and journalism in the first half of the 20th century, as well as the history of Galicia. Nós was the organ of expression of the homonymous generation of authors who renewed and innovated in the literary and journalistic fields and developed a great work in the dignification and valorization of the language, becoming one of the most significant groups of the Galician scene. The purpose of this Final Degree…
O xornalismo de banda deseñada na (re)presentación das crises humanitarias, El periodismo de cómic en la (re)presentación de crisis humanitarias, Comics-journalism in the (re)presentation of humanitarian crisis
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fole Garza, Xiana
A banda deseñada adquire unha especial sensibilidade á hora de retratar realidades complexas, como son as crises humanitarias e os conflitos internacionais. Este traballo analiza o tratamento do conflito palestino-israelí en banda deseñada, dentro da corrente en voga coñecida como cómic-xornalismo e a partir das obras Palestine (2015) e Foonotes in Gaza (2020) de Joe Sacco, Chroniques de Jérusalem (2011) de Guy Delisle e How to understand Israel in 60 days or less (2012) de Sarah Glidden.…
A cultura da cancelación en redes sociais, La cultura de la cancelación en redes sociales, The culture of cancellation in social networks
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Lorda, Uxía
Coa irrupción de internet e das redes sociais os debates públicos pasaron a desenvolverse no espazo dixital. Os avances formais que trouxo a democratización de internet contan coas súas sombras que se reflicten en polarización, campañas de acoso, forte emocionalidade e na chamada cultura da cancelación. A perda de apoio cara a quen expresa unha opinión disidente e que, nun principio, debe ser sinalada, é unha das realidades máis actuais con importantes efectos na sociedade. Na presente…
Desenvolvemento dunha demo de videoxogo independente que mesture as mecánicas rítmicas co xénero de aventuras: "The Grove", Desarrollo de una demo de videojuego independiente que mezcle las mecánicas rítmicas con el género de aventuras : "The Grove", Development of an indie video game demo that mixes rhythm mechanics with the adventure´s genre: "The Grove"
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Táboas Giráldez, Alexandre
O presente traballo explorará os procesos produtivos e creativos da industria dos videoxogos a través da posta en práctica do desenvolvemento da demo dun videoxogo de forma independente. A través da estudo de cada un dos procesos artísticos, tecnolóxicos e conceptuais que engloba o medio, buscarase facer unha achega ao funcionamento do modelo de creación dos videoxogos, entendendo o papel e relevancia de cada unha das disciplinas que se incorporan dentro destas obras interactivas, así como das…
Implicación familiar en Educación Primaria: avaliación da formación docente, Implicación familiar en Educación Primaria: evaluación de la formación docente, Family involvement in Primary Education: assessment of teacher training
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Iglesias, María
A implicación familiar nas escolas de EP presenta, na actualidade, unha insuficiencia notoria debido á escaseza de formación existente neste eido, tanto para o futuro profesorado como para os e as docentes en activo. Neste horizonte, o presente TFG ten por finalidade analizar a formación dos mestres e mestras na implicación familiar nos centros escolares na etapa de Educación Primaria. Así pois, óptase por unha metodoloxía cualitativa, baseada nunha revisión documental a partir de referencias…
Pobreza e Desigualdade Económica: Unha aproximación ao caso dos concellos galegos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Franco Rodríguez, Mateo Santiago
Este traballo aspira a acadar un mellor entendemento da relación entre pobreza e desigualdade económica, así como das forzas que explican as dinámicas de perpetuación da pobreza e aumento das desigualdades na actualidade. Neste sentido, búscase estudar a influencia da desigualdade económica sobre a pobreza e a posible existencia dunha tendencia cara a redución das desigualdades no longo prazo vencellada ao nivel de desenvolvemento económico, como auguraba a conxetura de Kuznets. Para isto…
Influencia das relación familiares na calidade de vida das persoas con demencia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dafonte Iglesias, Anabel
No presente traballo analízase a influencia das relacións familiares na calidade de vida das persoas con demencia mediante a realización dun revisión sistemática, seguindo a guía PRISMA. Empregáronse dúas bases de datos: Dialnet e PubMed, para as cales se trazou unha estratexia de busca concreta e se seleccionaron os estudos máis relevantes segundo uns criterios establecidos. Os resultados evidencian que as relacións familiares positivas e cohesionadas se asocian a un maior benestar físico e…
As mulleres galegas traballaban ou botaban unha man? Unha aproximación á realidade social e laboral das mulleres do rural a través de fotografía de Ruth Matilda Anderson
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mayán Rodríguez, Leticia
Neste traballo investigaremos a realidade das mulleres da Galicia rural a través da fotografía de Ruth Matilda Anderson. Analizaremos que factores impulsaron a creación da Hispanic Society of America e o traballo de Ruth en Galicia. Empregaremos tres fotografías concretas como fonte de información sobre os traballos femininos que non constan noutras fontes primarias. As imaxes actuarán como fío conductor para achegarnos á realidade social e laboral feminina da Galicia rural da década de 1920. A…
A Realidade Virtual como recurso didáctico na Formación Profesional: unha revisión sistemática, La Realidad Virtual como recurso didáctico en la Formación Profesional: una revisión sistemática, Virtual Reality as an didactic resource in vocational education and training: a systematic review
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rúa García, Alba
Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten coma finalidade analizar a evidencia científica dispoñible sobre o uso da Realidade Virtual (RV) como recurso didáctico na Formación Profesional (FP). Con este propósito, realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos Web of Science, ERIC, Scopus e Dialnet Plus, seguindo a declaración PRISMA. Incluíronse investigacións empíricas, cualitativas, cuantitativas ou mixtas; de corte transversal ou lonxitudinal, publicadas en revistas científicas e…
Introdución ao modelo de Black-Scholes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Prado, Martiño
Publicado no ano 1973, o modelo de Black-Scholes supuxo un importante avance na teoría de valoración de opcións financeiras, xa que explicitaba unha solución para o prezo teórico das opcións europeas. O obxectivo deste traballo é realizar unha introdución a este modelo. O documento comeza explicando conceptos financeiros básicos e, posteriormente, aborda os fundamentos matemáticos necesarios sobre os que se sustenta o modelo. Destacan o movemento browniano xeométrico e o Lema de Itô. A…
Caracterización electrónica e medición da escala de placa de cámaras CCD no telescopio Meade do observatorio astronómico R.M. Aller
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torreiro Martínez, Marta
O eixe central do presente traballo será o telescopio Meade LX600, instrumento situado na cúpula este do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago de Compostela, ao cal lle acoplaremos unha cámara CCD ST 2000XM. O noso obxectivo será caracterizar os aspectos básicos do comportamento electrónico da cámara CCD, comprobar se os resultados medidos se corresponden cos proporcionados polo fabricante e obter unha referencia para comprobar a súa evolución co paso do tempo. Ademais faremos…
A fauna intersticial: xeneralidades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Besteiro Rodríguez, María Celia
A presente unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia obrigatoria Bioloxía dos fondos mariños, de 6 créditos ECTS, que se imparte no segundo semestre do máster en Biodiversidade e conservación do medio natural, do que é responsable o Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. Dita materia forma parte do módulo de Bioloxía Mariña.Esta unidade didáctica forma parte do ámbito da Zooloxía e pretende facer chegar aos estudantes os principios básicos da configuración do…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9852
O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muñoz Crego, Ángeles, Santos Rodríguez, Ysabel, Ferreirós Domínguez, Carlos, Criado Álvarez, María Teresa
Actualmente, a materia Microbioloxía II impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso do Grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Está, polo tanto, dirixida ao alumnado de 2º Curso que xa posúe coñecementos previos acadados na Microbioloxía I, que é impartida no primeiro cuadrimestre, e que trata dos aspectos básicos morfolóxicos, fisiolóxicos e xenéticos dos microorganismos.
Todos os estudantes de ciencias da saúde deben comprender os fundamentos da enfermidade…
Introdución: Economía financeira e valoración
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados
Financeiros.
O propósito da unidade é introducir os obxectivos básicos da Economía Financeira relacionados coa toma de decisións, por parte de individuos ou de empresas, relacionadas coa asignación intertemporal de recursos nun contexto polo xeral de incerteza. Así, introdúcese a problemática da valoración…
A acción exterior dos gobernos subestatais. Os casos da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, La acción exterior de los gobiernos subestatales. Los casos de la Xunta de Galicia y el Concello de Santiago de Compostela, The external action of the sub-state governments. The cases of the Xunta de Galicia and the Concello de Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueiro Varela, Daniel
A escena internacional está deixando de estar protagonizada polos Estados-nación, dando paso a novos actores internacionais coma os gobernos subestatais, quen, na busca da internacionalización dos seus territorios, desenvolven políticas de acción exterior. Ao abeiro desta tese, o presente traballo ten como obxecto de estudo a acción exterior dos gobernos subestatais, a través da análise de dous casos: a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, así como da normativa en española e…
Formación de interxeccións e marcadores do discurso sobre verbos de movemento en galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Brandón, Celtia
O presente traballo versa sobre os marcadores do discurso e interxeccións derivadas dos verbos de movemento "andar", "ir" e "vir", pretendendo esclarecer, na medida do posible, os conceptos de "interxección" e "marcador do discurso" e estudar a súa versatilidade, especialmente distinguida nos verbos de movemento. Alén diso, téntase facer unha contribución a este aspecto concreto dos estudos da lingua galega e poñela en paralelo con outras…
Achega ó léxico dipoñible do galego nos centros de interese do campo e da cidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Carril, Laura
O obxectivo do traballo é realizar un estudo sobre o léxico dispoñible do galego nos centros de interese do campo e da cidade. A tal fin, levarei a cabo enquisas en varios centros educativos, uns perteneceran a zonas rurais e outros a zonas urbanas. Nas enquisas preguntarei sobreléxico relacionado co campo e a cidade, que é o meu obxecto de estudo. Os alumnos entrevistados serán previsiblemente de 6º de primaria, aínda que a selección de curso dependará da dispoñibilidade dos centros. Para…
Asociación do uso das novas tecnoloxías e os estilos de vida dos usuarios de internet
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Sanmartín, Irene
INTRODUCIÓN: A eclosión durante as últimas décadas das novas tecnoloxías, e, concretamente, internet, supuxo grandes cambios na vida dos usuarios, facilitando moitos dos seus aspectos, pero tamén trouxo consigo consecuencias negativas, como un uso inadecuado do mesmo ou unha posible adicción. Debido a isto, parece necesario estudar a relación entre o uso das novas tecnoloxías e os estilos de vida dos seus usuarios. MATERIAL E MÉTODOS: Levouse a cabo un estudo transversal, descritivo, mediante…
Regresión lineal con datos censurados
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreira Miranda, María
[GL] Os datos censurados son bastante habituais no contexto da Análise de Supervivencia, que é unha parte da Estatística que se centra en modelizar o tempo que transcorre
ata que ocorre un determinado suceso. Un exemplo notable desta situación é o tempo de
vida dunha certa enfermidade que se pode definir como o tempo que pasa dende o comezo dun experimento ata que ocorre un determinado suceso de interese que chamaremos
morte ou fracaso (falecemento do/da doente, fin do estudo, perda de…, [ES] Los datos censurados son bastante habituales en el contexto de la Análisis de Supervivencia, que es una parte da Estadística que se centra en modelar el tiempo que transcurre
hasta que ocurre un determinado suceso. Un ejemplo notable de esta situación es el tiempo
de vida de una cierta enfermedad que se puede definir como el tiempo que pasa desde
el comienzo de un experimento hasta que ocurre un determinado suceso de interés que
llamaremos muerte o fracaso (fallecimiento del o de la…
Estudo do problema de deformación dunha placa elástica rectangular usando o operador bilaplaciano
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mosquera Vázquez, María del Carmen
[GL] Neste traballo expoñemos o proceso para a obtención das ecuacións tridimensionais da elasticidade lineal nun corpo homoxéneo e isótropo, para a continuación deducir o modelo dunha placa en flexión mediante un problema de contorno asociado ao operador bilaplaciano. Abordamos a continuación a discretización do devandito problema mediante o método de diferenzas finitas. Finalmente, amosamos varios exemplos numéricos como aplicación.
Modelos da bioloxía matemática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Muíño, Adrián
[GL] A bioloxía matemática é unha área de coñecemento que estuda os principios que rexen
a estrutura, o desenvolvemento e o comportamento dos sistemas biolóxicos, e que ten como
obxectivo a representación matemática, tratamento e modelado destes sistemas. Veremos
como xurdiu, e cales foron os descubrimentos máis importantes nos primeiros pasos desta
área. Ademais, tamén explicaremos o seu compoñente principal, o proceso de modelaxe. Nos
seguintes capítulos centrarémonos en distintos modelos…
Mecanismos de atención en aprendizaxe profunda para monitorización preditiva en minaría de procesos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteagudo Lago, Pablo
A minaría de procesos pon o seu foco en extraer coñecemento a partir dos rexistros de eventos, que conteñen información relativa a diferentes instancias pasadas dun proceso. Non obstante, moitas das metoloxías propostas para isto están fortemente ligadas ao conxunto de datos concreto baixo estudo, o que dificulta a súa xeralización. Fronte a isto, a aprendizaxe profunda proporciona un conxunto de algoritmos de aprendizaxe automático
que tratan de atopar abstraccións de alto nivel sobre os datos…
Flotación: fundamentos e casos prácticos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Costa, Gumersindo
Elección de autoinxector ou spray nasal para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado, Elección de autoinyector o spray nasal para la atención de reacciones anafilácticas por parte del futuro profesorado, Auto-inyector or nasal spray choice among forthcoming teachers to take care of anaphylactic reaction
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Triñanes Pérez, Laura
Este traballo estuda a percepción dos futuros/as mestres/as sobre o uso do autoinxector e o atomizador de adrenalina empregados na atención das reaccións anafilácticas. Para iso, formouse a un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, quenes, posteriormente, interviron nunha simulación de reacción anafiláctica. A simulación constaba de dúas partes, na primeira podían escoller o dispositivo a empregar (autoinxector/atomizador); mentres que na segunda,…
Aspectos demográficos de Pilularia globulifera L. na Terra Chá (Reserva da Biosfera Terras do Miño)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Irimia Yáñez, Daniel
No presente traballo realizouse unha busca da especie Pilularia globulifera L. durante os meses da época estival no 2016, na comarca da Terra Chá. Mediante o emprego de sistemas de información xeográfica (SIX) delimitáronse aqueles lugares onde se atopou o taxon Pilularia globulifera L., estimouse a súa abundancia e representouse no mapa en cuadrículas UTM de 1x1 km; conferindo cores distintivas a cada rango de abundancia. Partindo dos datos recompilados por J. Rodríguez Oubiña no 1985,…
A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Galdo Lorigados, Kesia
No presente traballo analízase a evolución da dinámica xeomorfolóxica do río Alemparte e a praia de Riosmar, localizada no Concello de Foz (Lugo) como ferramenta para un uso e xestión do territorio baseado nos principios de “coñece e valora”. A estrutura do estudo dividese en dúas partes, nunha primeira abordouse a evolución da área de contacto entre río e mar mediante o desenvolvemento de cartografías da escarpa erosiva da fronte da praia dende o ano 1956 ao presente. Posteriormente, xa nunha…
O movemento corporal como recurso de aprendizaxe nas aulas de educación primaria, El movimiento como recurso de aprendizaje en las aulas de educación primaria, Movement as a learning resource in primary education classrooms
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Albarellos Graña, Antía
El movimiento corporal puede generar beneficios para la salud al incentivar la práctica de actividad física y puede convertirse en un recurso educativo de relevancia en las aulas.
Este Trabajo Fin de Grado tiene como objetivo conocer la presencia o no de movimiento corporal como recurso de aprendizaje en las aulas de educación primaria, y la valoración que se tiene de este entre el profesorado en activo de la etapa, como elemento transversal en las aulas.
Este trabajo de iniciación a la…
Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Martínez, Diego
A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicos
combinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de
Sistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do
primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia con
marcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materia
da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa o
alumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran os…
Inmersión, presencia e identificación: como o nivel de realismo do deseño de personaxes, do espazo e da xogabilidade determinan a experiencia do individuo nos videoxogos, Inmersión, presencia e identificación: cómo el nivel de realismo del diseño de personajes, del espacio y de la jugabilidad determinan la experiencia del individuo en los videojuegos, Immersion, presence and identification: how the level of realism in character design, space and gameplay determines the individual’s experience in video games
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Ledo, Fátima
Na industria dos videoxogos existe unha tendencia a perseguir e privilexiar o realismo, potenciando o investimento e desenvolvemento de novas tecnoloxías de cara a ofrecer representacións cada vez máis detalladas sen, non obstante, estar inequivocamente probada a súa efectividade en labores de implicación. O obxectivo deste estudo é, consecuentemente, avaliar ata que punto o realismo do deseño de personaxes, dos espazos e/ou da xogabilidade determina o nivel de inmersión, presencia e…
O uso do sintetizador na composición musical para cine: a súa evolución e aplicación en casos concretos, El uso del sintetizador en la composición musical para cine: su evolución y aplicación en casos concretos, The usage of the synthesizer in musical scoring for films: the usage of the synthesizer in musical scoring for films
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Dono, Arón
Neste estudo buscaremos analizar o desenvolvemento e efectos da inclusión dos sintetizadores e outros instrumentos electrónicos na composición musical e deseño sonoro das bandas sonoras da produción fílmica da segunda metade do século XX. Comezando coa propia influencia contemporánea presente no traballo de mestres da música cinematográfica coma Bernard Herrman, e como esta conduce á innovación electrónica, ata a normalización e democratización destes métodos de composición e produción nos anos…
O Corpiño: Preprodución, produción e posprodución dunha curtametraxe documental, O Corpiño: Preproducción, producción y posproducción de un cortometraje documental, O Corpiño: Preproduction, production and posproduction of a documentary short film
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Navarrete Pérez, Blanca, Rodeiro Maseda, Antía
O Corpiño é unha curtametraxe de corte etnográfico centrada no fenómeno do Corpiño, un santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, no que se celebra anualmente unha singular e moi concorrida romaría. A través da recompilación de testemuñas de persoas con diversos perfís: veciños, ex-ofrecidos, confrades, antropólogos, xornalistas... explora a historia e tradición tanto do santuario coma da romaría. Ademais, pon en valor o aspecto…
Eficacia dos coidados de enfermaría no síndrome confusional agudo. Unha revisión sistemática, Eficacia de los cuidados de enfermería en el síndrome confusional agudo. Una revisión sistemática, Nursing care effectiveness in acute confusional state. A systematic review
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Vázquez, Uxía
Introdución: O síndrome confusional agudo (SCA) é un trastorno neurocognitivo flutuante, que cursa cunha alteración do nivel de conciencia e da atención, e afecta maioritariamente á poboación ancián. A pesar da súa alta prevalencia, segue estando infradiagnosticado. Ademais, require de coidados especializados durante o seu curso para evitar complicacións, xa que supón unha importante carga asistencial, emocional e económica.
Obxectivos: Describir os coidados de enfermaría no síndrome…
Optimización de sistemas dinámicos biolóxicos con ecuacións diferenciais alxébricas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castedo Pereira, Carla
Para a comprensión e manexo de sistemas dinámicos biolóxicos, a modelización matemática é esencial. Para a súa optimización é preciso empregar problemas de control óptimo, que habitualmente inclúen ecuacións diferenciais alxébricas, a modo de restricións. Para a resolución deste tipo de problemas, de dimensión in nita, existen varios tipos de estratexias distintas. Neste traballo profundizarase nos métodos directos, que realizan unha discretización do problema de control óptimo, transformándoo…
A defensa das plantas fronte a patóxenos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Segura Iglesias, Antonio Luis, Torre Noya, Francisco Luís de la
Esta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS.
Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con outras materias do Grao, como Botánica, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal, Bioquímica e Xenética. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais para entender as interaccións entre os organismos…
Tratamento dos datos analíticos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Yebra Biurrun, María del Carmen
Esta unidade didáctica é a primeira toma de contacto do alumnado co estudo do tratamento dos datos analíticos e a comprobación da súa calidade.
Este estudo poderase completar máis adiante dentro do programa desta materia cando se presente o resto dos parámetros de calidade dos métodos analíticos. A importancia deste tema radica en que unha vez obtidos os datos analíticos, o primeiro aspecto que se ten que considerar é a verificación da calidade dos mesmos en termos de exactitude e precisión. A…
Modelo de valoración de activos CAPM
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos en equilibrio denominado CAPM. Con este propósito, explícase a determinación do risco e da rendibilidade esperada dun activo ou dunha carteira de activos, introducindo así o concepto da diversificación e a determinación do…
Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sande Mayo, María Jesús
A Unidade didáctica á que agora nos debemos enmárcase no segundo bloque da materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo…
Marketing con causa e imaxe de marca
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cernadas Calvo, Laura María
En un entorno empresarial cada vez más competitivo y donde los consumidores son cada vez más exigentes, las empresas buscan fórmulas que les permitan crecer y establecer un feedback con la sociedad y con el entorno. En este punto es donde las acciones de marketing con causa (MCC) se convierten en una herramienta óptima para las compañías, las organizaciones sin ánimo de lucro (ONG) y los consumidores en general. Es por ello que también se las conoce como estrategias Win-Win-Win.
Además, se ha…
Lugo : o tránsito cara a multiculturalidade dunha cidade galega
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Souto, Xoán Carlos
O estudo da inmigración en Lugo revela un menor impacto inmigratorio, como no resto de Galiza, en relación co estado español. Algunhas conclusións do estudo sobre a integración na nosa cidade son: a existencia de diferentes graos de integración dependendo da nacionalidade, a importancia das persoas que dirixen as asociacións de inmigrantes (pois sen eles seguramente moitas delas non seguirían adiante) ou a imposición de lexislacións abusivas. En canto a pregunta se existe en Lugo unha…
Relacións hídricas, nutrición e transporte nas plantas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Gacio, María del Carmen
Esta unidade didáctica denominada «Relacións hídricas, nutrición e transporte nas
plantas» forma parte da materia «Fisioloxía vexetal» que se imparte no primeiro
semestre do 2º curso do Grao en «Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria». Esta
materia trata dos distintos procesos fisiolóxicos que acontecen nas plantas.
Nunha primeira parte, estúdase como a importancia da auga para os seres vivos é
consecuencia das súas propiedades físicas e químicas exclusivas. Por outra parte,
analízase o…
O traballo por proxectos: unha alternativa de enriquecemento curricular para o alumnado de altas capacidades, El trabajo por proyectos: una alternativa de enriquecimiento curricular para el alumnado de altas capacidades, Projects based learning: a curriculum enrichment alternative for the gifted students
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Recarey Rama, Milena
O alumnado de altas capacidades precisa respostas activas para as necesidades específicas que presentan debido ás súas características cognitivas, madurativas e socioafectivas dentro da escola. O traballo por proxectos pode chegar a palialas, xa que se trata dunha metodoloxía que busca dar resposta ás necesidades de todo o alumnado en xeral de maneira participativa, inclusiva e significativa, onde o rol que desempeña o docente é de guía dun proceso interdisciplinar no que os alumnos/as son os…
Técnicas de clasificación no contexto de Big Data
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arán Paredes, Josefa
[GL] O principal obxectivo deste traballo é introducir a análise discriminante e algunhas técnicas de clasificación, centrándose no seu papel no contexto de Big Data. No primeiro capítulo preséntanse os conceptos xerais da clasificación, as regras e a idea de optimalidade. Os principais métodos paramétricos de clasificación (regras lineais e cuadráticas) e algúns non paramétricos (regra dos 𝑘 veciños máis cercanos e regras tipo kernel) son explicados no segundo capítulo. O terceiro trata sobre…
Partidos políticos en redes sociais: a axenda político-dixital nas estratexias de campaña para as eleccións galegas do ano 2020, Partidos políticos en redes sociales: la agenda político-digital en las estrategias de campaña para las elecciones gallegas del año 2020, Political parties and social networks: the political-digital agenda in the campaign strategies for the galician elections of 2020
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Basanta Díaz, Susana
O uso das redes sociais por parte dos partidos políticos forma parte dende hai décadas da comunicación política dos mesmos,tendo co paso do tempo unha importancia crecente. Do mesmo xeito, no ámbito de estudo da Ciencia Política, a comunicación política dixital tamén ten un crecente interese,centrado en establecer as principais dinámicas comunicativas que se dan neste novo espazo político, así como en determinar cales son as características das relacións entre os…
O proxecto eTwinning: tecendo redes entre música e sostibilidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pico Suárez, Sarai
O presente Traballo de Fin de Grao entrelaza os campos de música e ciencia a través dun ambicioso proxecto de colaboración cun alumno da Universidade Pública de Navarra. Este proxecto levouse a cabo a través de eTwinning, unha plataforma dixital de colaboración que facilita a comunicación entre a comunidade educativa de Europa, e das súas inmediacións, creando redes de colaboración entre centros e proporcionando unha grande variedade de recursos aos docentes. Na actualidade, o noso planeta…
Hexemonía, lexitimidade e democracia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendizábal Recuna, Pablo
No presente Traballo de Fin de Grao pretendo clarificar unha perspectiva teórica sobre como se dan as relacións entre a hexemonía, a lexitimidade e a democracia. Deste xeito, abordarei a interrelación entre hexemonía e democracia nas súas dimensións normativas e funcionais. Á hora de abordar as interrelacións que se dan entre estes dous conceptos, o concepto de lexitimidade xoga un papel fundamental. Isto en tanto que a lexitimidade é a base sobre a que se sustenta a relación hexemonía…