Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Análise da competencia de emprendemento do alumnado dos ciclos de Técnico Medio e Superior en Administración e Xestión dende unha perspectiva de xénero: un estudo de caso, Análisis de la competencia de emprendimiento del alumnado de los ciclos de Técnico Medio y Superior en Administración y Gestión desde una perspectiva de género: un estudio de caso, Analysis of the entrepreneurship competence of students of the Higher and Media Technician cycles in Administration and Management from a gender perspective: a case study
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chaves Freira, Silvia
Nos últimos anos son moitas as iniciativas postas en práctica, con máis ou menos éxito, co obxectivo de fomentar o emprendemento entre a poboación española e, especialmente, entre as mozas e mozos. Trátase dunha importante fonte de riqueza para a sociedade e a economía dun país, dado que co emprendemento xorden novas empresas, conséguese fomentar a innovación e a creatividade, supón a creación de postos de traballo e o desenvolvemento de novos produtos e servizos.
Neste estudo analízase o grao…
Xénero e institución total. O traballo da muller en prisión, Género e institución total. El trabajo de la mujer en prisión, Gender and total institution. Women's work in prison
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Riobó, María
Mediante a perspectiva de xénero abordarase a situación das mulleres nos cárceres femininos. Achegarémonos ao concepto de cárcere a través da institución total de Goffman para despois repasar a historia das prisións de mulleres en España. Abordaremos as características das mulleres reclusas na actualidade, a súa ideade, nacionalidade e etnia, tipoloxía delituosa e situación procesual; tamén a súa condición de nais ou de pertenza ao colectivo LGTBIQ+. Por último, analizaremos o traballo que…
Trastorno Límite de la Personalidad: propósito de un caso
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caseiro López, Sandra
En el presente trabajo se describe y analiza el proceso de evaluación e intervención llevado a cabo en el caso real de un paciente con Trastorno Límite de la Personalidad (al que apodaremos D) con el objetivo de explorar el nivel de mejoría tras la aplicación de un tratamiento psicológico. La inestabilidad emocional, cierta alteración de la identidad, dificultades en las relaciones interpersonales, así como sintomatología depresiva y ansiosa, son, principalmente, algunos de los síntomas y…
Análise dimensional
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Rodríguez, José Gregorio, Carballo Sánchez, Rodrigo
Esta Unidade Didáctica (en diante UD) constitúe un material de apoio para o
seguimento dunha parte da materia de Hidráulica I. De entrada non existe
ningún prerrequisito legal para poder cursar esta materia. Non obstante,
considérase recomendable ter cursado previamente, e superado con éxito,
Matemáticas I, II e III e Física I e II, por proporcionar unha base axeitada
para a comprensión da materia.
Nesta UD expóñense os conceptos básicos de análise dimensional
e impartiranse nocións…
Introdución ao control de procesos químicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Soto Campos, Ana María
A presente Unidade didáctica (en diante UD) encádrase no primeiro Bloque da materia “Instrumentación e Control de Procesos” do terceiro curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. É a única UD do bloque introdutorio. Pretende dar unha idea global de que é o control de procesos químicos e cal é a súa utilidade, cales son as técnicas dispoñíbeis e a instrumentación necesaria para implementalas. Amosará ao alumnado que dependendo dos obxectivos e investimentos a realizar, poden…
Introdución á programación lineal: resolución de problemas de programación lineal mediante "software" libre
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Davila Pena, Laura, Saavedra Nieves, Alejandro, Casas Méndez, Balbina
Preséntase unha introdución á programación e lineal e dúas ferramentas informáticas gratuítas que permiten a resolución dos problemas de programación lineal. Efectúase unha ilustración das ferramentas por medio de exemplos.
Roles de xénero, política das emocións e poder entre Castela e Portugal no século XV : dos tratados á cronística, Roles de género, política de las emociones y poder entre Castilla y Portugal en el siglo XV : de los tratados a la cronística, Gender roles, politics of emotions and power between Castile and Portugal in the 15th century : from treatises to chronicles
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gestoso Cancelo, Uxía
O presente traballo formula unha análise das masculinidades e feminidades vinculadas ao exercicio do poder de reis e raíñas durante a primeira metade do século XV, dende unha perspectiva comparativa entre os reinos de Castela e Portugal. Para iso, prestaranse atención tanto ás pautas de comportamento, coma á expresividade das emocións, a través das cales comprender a construción das estruturas do poder monárquico, en paralelo ás regras de relación entre os sexos. Partirase entón dun estudo dos…
Colaboración coa RAG para a creación de pezas audiovisuais destinadas ao fomento do uso do galego entre a mocidade, Colaboración con la RAG para la creación de piezas audiovisuales destinadas al fomento del uso del gallego entre la juventud, Collaboration with the RAG to create audiovisual pieces intended to promote the use of galician among youth
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alcayde Dans, Xián Lois, Quiroga Rodríguez, Paula
Proxecto feito en colaboración coa RAG. Elaboración en equipo dunha campaña audiovisual dividida en cinco capítulos. Cada peza está protagonizado por un personaxe público. Estes son referentes para cada un dos retrucantes, un por capítulo, no que van coñecelos para conversar ao redor das súas preocupacións. Os conflitos expostos están relacionados coa lingua. O proxecto se destinará a promocionar o emprego da lingua galega entre a mocidade, aumentar a autoestima social respecto do idioma e…
A evolución no tratamento da natureza nos libros de texto de EXB e Educación Primaria entre 1970 e 2013., La evolución en el tratamiento de la naturaleza en los libros de texto de EGB y Educación Primaria entre 1970 y 2013., The evolution in the treatment of nature in the textbooks of EGB and Primary Education between 1970 and 2013.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Valcárcel, Marta, Villamor Pérez, Alba
Nas rutinas dominantes da escola, o peso da acción didáctica recae no uso do libro de texto, que perdura fortemente arraigado á ensinanza no tempo e, é por tanto a través deste, que o alumnado e o profesorado median o proceso educativo. Tendo en conta isto, o interese deste Traballo Fin de Máster estriba en analizar baixo o prisma dos manuais escolares, a evolución da presenza e do tratamento nestes en torno á natureza, en relación ó contido, ó obxecto de estudo e ó escenario para a práctica…
Guía alimentaria para embarazadas vexetarianas galegas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez González, Anaís
[GLG] As dietas vexetarianas, ben planificadas, son aptas para tódalas etapas da vida e poden ofrecer beneficios na prevención de certas enfermidades, ademais de xerar un menor dano ambiental en comparación coas dietas ricas en produtos de orixe animal. Sen embargo, é fundamental educar e informar ás persoas que seguen este tipo de alimentación sobre os nutrientes clave aos que se debe prestar especial atención.
Nas últimas décadas a popularidade das dietas vexetarianas incrementouse, facendo…
Análise do programa galego de detección precoz do cancro colorrectal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Cabarcos, Lucía
[GLG] Introdución:
O cancro colorrectal (CCR) é o tumor de maior incidencia en España, representando unha das principais causas de morbilidade e mortalidade. A súa elevada incidencia, xunto cun longo período de latencia e a existencia de probas de cribado eficaces, xustifican a implantación de programas como o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), estratexia clave na prevención e diagnóstico precoz do CCR en Galicia.
Obxectivos:
Describir a organización,…
Avaliación humana de modelos de aprendizaxe automática para mellorar o seu impacto na medicina
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena Iglesia, Sandra
O presente Traballo de Fin de Grao propón a creación dun modelo de aprendizaxe automática para predicir o risco de nacementos de bebés con baixo peso. O modelo desenvolvido en Python partiu dunha base de datos do proxecto IMPACT-BCN, con variables demográficas e clínicas das nais, así como medidas dos bebés nas diferentes ecografías. Seleccionámolas en base a unha serie de criterios para lograr a maior precisión posible, alcanzando no mellor modelo un 73,13% de precisión .
De forma paralela ao…
Estándares de desenvolvemento da competencia motriz na poboación infantil galega
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Golán Garrido, Lorena
Introdución: A actividade física é fundamental para o benestar físico, mental e social, especialmente durante a infancia. Porén, as taxas actuais de inactividade e sedentarismo infantil son preocupantes e están relacionadas cun desenvolvemento insuficiente das habilidades motrices básicas (HMB). Estas habilidades son clave para favorecer estilos de vida saudables ao longo da vida. Neste contexto, a falta de estándares que definan unha competencia motriz normativa dificulta a detección temperá…
A Nova Canción Latinoamericana: manifestación musical dunha efervescencia cultural global, La Nueva Canción Latinoamericana: manifestación musical de una efervescencia cultural global, The Nova canción Lationamericana: musical expression of global culture effervescence
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández García, Ada
Este traballo aborda o fenómeno da Nova Canción Latinoamericana (NCL), coma un movemento cultural e unha expresión musical que se inscribe nun período de efervescencia cultural a nivel mundial na década dos anos sesenta. Se tentará afondar en como os procesos históricos, políticos, económicos e sociais acontecidos no contexto da Guerra Fría Latinoamericana afectan no eido cultural, concretamente no musical. A NCL estará fortemente marcada polos cambios estruturais globais, o desenvolvemento da…
A iniciación deportiva e deporte escolar
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cons Ferreiro, Miguel, Navarro Patón, Rubén
A unidade didáctica denominada «A iniciación deportiva e o deporte escolar» forma parte da materia optativa de Mención en Educación Física «Xogos populares e xogos regulados en Educación Primaria», que se imparte dentro da titulación de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria.
A integral de Kurzweil-Stieltjes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reinal Giménez, Santiago
Neste traballo introduciremos a integral de Kurzweil-Stieltjes e exporemos como, cun sinxelo cambio na clásica definición de Riemann, obtense unha poderosa ferramenta que chega incluso a superar á de Lebesgue. Exporemos dun xeito practicamente completo a teoría que trae consigo esta integral, e retornaremos á definición de Kurzweil-Henstock para destacar algunhas importantes propiedades que herda neste caso. Principalmente faremos fincapé nos teoremas clásicos de converxencia que comparte con…
Métodos de orde superior para resolver unha ecuación non lineal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mato González, Simón
No presente Traballo de Fin de Grao, abordamos a resolución numérica de ecuacións non lineais empregando métodos de orde superior. Presentamos varios destes métodos, ofrecendo un marco teórico que nos permite aplicalos de forma efectiva.
Na parte práctica, implementamos todos os métodos estudados en Matlab, programas que se amosan no Anexo. Esta implementación axudounos a contrastar os métodos e poñer en práctica a teoría adquirida ao longo do traballo.
Sarnas sarcóptica, psoróptica e corióptica dos animais domésticos. Demodicose
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Fernández, Pablo, Morrondo Pelayo, María Patrocinio
Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de 4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía,
epidemioloxía, bioloxía Animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica, e serán impartidos en tres sesións de docencia teórica, unha de prácticas clínicolaboratoriais e dúas…
Patrimonio e institucións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rodríguez, Begoña
Os contidos desta materia "Xestión e lexislación de Patrimonio Histórico-Artístico" estrutúranse en tres grandes módulos, sendo o de Patrimonio e Institucións o primeiro, polo que funciona cun carácter introdutorio para o alumno, e serve para o establecemento dos rudimentos básicos da xestión patrimonial.
Con esta unidade trátase de realizar un achegamento a aquelas institucións ou organismos que, tanto a nivel supranacional como nacional ou local, se encargan de velar pola tutela…
Firmes e conservación de vías
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte
Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as
bases da enxeñaría de estradas.
No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.
A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases…
Bullying e ciberbullying: Marco normativo e prevalencia nas etapas da educación básica, Bullying y ciberbullying: Marco normativo y prevalencia en las etapas de la educación básica, Bullying and cyberbullying: Political framework and actual situation at the stages of basic education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gómez, Nahyr
[GL] O presente traballo pretende afondar nos fenómenos do bullying e do ciberbullying, analizar o marco normativo no que se insiren e indagar acerca da situación actual dos mesmos nas etapas da educación básica: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Para acadar ditos obxectivos levouse a cabo unha revisión bibliográfica sobre ambas problemáticas e unha minuciosa revisión das investigacións máis recentes desenvolvidas no ámbito estatal e autonómico.
Tras realizar dita análise…, [ES] El presente trabajo pretende profundizar en los fenómenos del bullying y del ciberbullying, analizar el marco normativo en el que se enmarcan e indagar acerca de la situación actual de los mismos en las etapas de la educación básica: Educación Primaria y Educación Secundaria Obligatoria. Para alcanzar dichos objetivos se llevó a cabo una revisión bibliográfica sobre ambas problemáticas y una minuciosa revisión de las investigaciones más recientes desarrolladas en el ámbito estatal y…, [EN]The main aim of this project is to deepen into the social phenomena of bullying and cyberbullying, by analyzing the political framework in which they are inscribed and by doing research on their current standing in the different periods of basic education: Primary Education and Compulsory Secondary Education. To attain these objectives aims a bibliographical review was carried out on both problematics and a meticulous review of the most recent investigations developed in the state and…
Figuras da emigración en "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro : achega para unha catalogación e caracterización intratextual
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López López, Adela
Este traballo pretende realizar unha catalogación e caracterización intratextual das figuras da emigración recollidas no libro de Rosalía de Castro Cantares gallegos centrándome en tres poemas fundamentais da súa poética migratoria: “Adios ríos, adios fontes”, “Airiños, airiños aires” e “Castellanos de Castilla”. Estes tres poemas poderían ser como os tres actos dun drama social e sentimental, o da emigración galega: “Adios rios, adios fontes” como primeiro acto onde se formularía a…
Análise de variables relacionadas coa avaliación moral e a gravidade percibida do acoso e o ciberacoso escolar
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Faraldo, Irene
[GL] O acoso escolar foi entendido tradicionalmente a partir da relación entre un agresor e unha vítima, sen embargo, a investigación actual dirixe os seus esforzos cara o espectador, xa que está presente na maioría dos episodios de acoso e, a través do seu modus operandi, inflúe decisivamente neste fenómeno. Os últimos achados confirman a existencia de múltiples factores que poden influír sobre o seu comportamento, entre eles, percibir pouca gravidade no acoso e a adherencia a crenzas…
Arte urbana: apreciar, gozar e colaborar. Entender e expresar a arte urbana, un paseo pola contorna, Arte urbano: apreciar, gozar y colaborar. Entender y expresar el arte urbano, un paseo por el entorno, Urban art: appreciate enjoy and collaborate. Understand and express the urban art, a walk by the surroundings
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Campos, Ana
Co seguinte proxecto exponse un traballo de dobre finalidade. Por unha parte a arte, en concreto a arte urbana, e por outra parte a realización dun proxecto de traballo comunitario en base ao tema a tratar, a arte urbana.
Con este proxecto, levado a cabo nunha escola de Infantil e Primaria, o que se pretende é mediante os proxectos comunitarios de traballo a ensinanza da arte urbana no contexto educativo. Os proxectos de traballo son plans de acción e realización, que se levan a cabo entre o…
Almáciga
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ares Montes, Xiao, Boo González, Manuel, Castellano Díaz, Julia, Chaves Otero, Rubén
Neste traballo elaboramos un estudo sobre o barrio da Almáciga, no norte da cidade de Santiago de Compostela, a partir de información recollida de diversas fontes sobre distintos aspectos da zona como historia, territorio e poboación. A continuación, realizamos unha análise DAFO sobre a mesma e resaltamos os aspectos a mellorar propoñendo solucións co fin de acadar unha maior calidade de vida dos seus residentes e impulsar o desenvolvemento do barrio. Co obxectivo de obter información sobre a…
Modelado do ciclo do xofre en post-tratamentos de efluentes de reactores anaerobios
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Liñares Lamas, Alberto
Neste Traballo Fin de Máster realízase unha modificación dun modelo matemático que simula o funcionamento dun sistema MBR (Biorreactor de membranas) para o post-tratamento dos efluentes dun reactor anaerobio UASB que trata augas residuais urbanas en Cartagena (Murcia). O modelo cuantifica os principais procesos físicos e biolóxicos que teñen lugar en augas con estas características. Descríbese a eliminación biolóxica de materia orgánica, nitróxeno e metano (importante Gas de Efecto Invernadoiro…
Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Prol, David
O teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectos positivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ou empresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador desta modalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de que forma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo ou factores persoais (idade ou sexo) sobre a…
Posturas fronte á doutrina cristiá na obra de Páladas de Alexandría
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morón Bandín, Alejandro
O traballo pretende un estudo da obra poética de Páladas de Alexendría co obxectivo de coñecer, por medio dos seus escritos, as actitudes que amosaba perante ao cristianismo e a súa presenza no ámbito alexandrino do Imperio Tardío. El, o epigramista máis produtivo da Antoloxía Palatina, foi testemuña e partícipe das tensións sociais, relixiosas e políticas da Alexandría do século IV e así o reficten bastantes dos seus versos. Mediante a lectura crítica do conxunto dos epigramas, contidos na súa…
O impacto da inmigración nas prácticas lingüísticas da infancia e da mocidade de Ames
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Núñez, María
A infancia e a mocidade galega teñen un papel de grande relevancia para comprender a situación sociolingüística na que se atopa Galiza. Desta maneira, os estudos con nenos e mozos son fundamentais para elaborar un diagnóstico da saúde do idioma pois neles atópanse unha serie de expectativas futuras. A zona periurbana de Santiago de Compostela presenta unha elevada porcentaxe demográfica de poboación xuvenil que está experimentando un importante crecemento nos últimos anos. Nesta área localízase…
Violentadas e concienciadas? A violencia contra as mulleres na Galicia medieval
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Fernández, Bibiana
As mulleres galegas sufriron ao longo da Idade Media múltiples formas de violencia, independentemente da súa posición socioeconómica. Por iso, o obxectivo deste traballo é afondar no coñecemento desas situacións violentas e intentar dilucidar a capacidade de resposta das mulleres. O método empregado para tal fin foi a elección de referencias bibliográficas relacionadas coa problemática que se plantea e a análise das mesmas. O esquema a través do cal se expón a información descuberta iníciase…
O universo e as súas distancias
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Nuñez, Irene
Neste traballo exporanse as principais técnicas utilizadas para a determinación de distancias no universo, tanto a nivel local (Sistema Solar) como a nivel extragaláctico.
Na primeira parte, introdúcense conceptos astronómicos que serán de utilidade en capítulos seguintes, véxase o concepto de estrela, as súas distintas clasificacións; conceptos
fotométricos como o da intensidade, luminosidade e do corpo negro. A continuación, preséntanse as definicións de unidades de distancias astronómicas:…
A participación infantil municipal en Galiza: percepcións e escenarios de oportunidade na construción de cidadanía, La participación infantil municipal en Galiza: percepciones y escenarios de oportunidad en la construcción de ciudadanía, Municipal child participation in Galiza: perceptions and scenarios of opportunity in the construction of citizenship
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riádigos Couso, Xabier
A construción histórica das representacións sociais das infancias nas sociedades occidentais repercutiron na súa consideración como cidadanía, delimitando o tipo de relacións que se espera delas coas sociedades e entre as distintas xeracións. As sucesivas transformacións sociais, políticas, educativas e culturais nas últimas décadas deron lugar a novas cidadanías; alentadas, en parte, pola inclusión progresiva na vida pública das nenas, nenos e adolescentes a través da súa participación e…
Tradución automática neuronal para o galego baseada en modelos multilingües
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fernández, Pablo
O campo da tradución está a vivir unha revolución nos últimos anos grazas á inclusión da intelixencia artificial. Continuamente aparecen novos modelos capaces de traducir as linguas máis faladas do mundo entre si, acadando nalgunhas áreas resultados similares ás traducións feitas por humanos. Porén, isto provoca unha situación de desvantaxe naquelas linguas cun número de falantes reducido, que normalmente se exclúen destes sistemas, impedindo a moitas persoas empregar a súa lingua materna para…
A evolución das dinámicas xeomorfolóxicas do estuario do Tambre
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Villar, Marta
Este traballo céntrase na análise dos cambios históricos nas dinámicas xeomorfolóxicas do estuario do Tambre, no interior da ría de Muros-Noia, mediante unha análise sedimentolóxica, e da cartografía dos principais cambios a partir da análise dunha secuencia de imaxes aéreas. A análise ten en conta os profundos cambios derivados da construción de infraestruturas na liña de costa, especialmente na vila de Noia, así coma nas principais cuncas fluviais que alimentan o sistema. Os resultados…
Recoñocemento do terreo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Temes, Carlos
Esta unidade didáctica serve de peche ó primeiro módulo da programación da materia “Enxeñaría e Morfoloxía do Terreo” do segundo curso da titulación de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Especialidade Transportes e Servizos Urbanos, que se dedica a senta-las bases da mecánica de solos.
Os primeiros temas expoñen con detalle as principais características dos solos e os fundamentos básicos do seu comportamento tensodeformacional, definindo os parámetros resistentes que se precisan nos cálculos.
O papel da disociación no Trastorno Límite da Personalidade: análise e implicacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Agrelo Ribadeo, Paula
O trastorno límite da personalidade (TLP) é unha condición psicopatolóxica grave, heteroxénea, común e altamente comórbida, que, actualmente, se considera un asunto de saúde pública notorio. Así mesmo, a súa gravidade vese aumentada coa presenza de experiencias disociativas, as cales se amosan cunha elevada prevalencia neste trastorno. Por conseguinte, lévase a cabo unha revisión bibliográfica que pretende examinar o rol da disociación no TLP, en canto a manifestacións, correlatos,…
Detección de clientes maliciosos ou ruidosos na aprendizaxe federada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Enríquez, Roi
Federated learning (FL) emerges as a promising solution for collaborative de-
velopment of artificial intelligence models without compromising the privacy of
distributed data. However, data heterogeneity, diverse local learning methodolo-
gies, and the presence of malicious attacks pose significant challenges that hinder
the effectiveness and security of the global model. This work explores solutions
to enhance the robustness of federated learning, not only in scenarios with high
data…
O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Calaza, iván
O século XX estivo marcado por múltiples acontecementos cuxas consecuencias chegan ata a actualidade. No apartado da información e da comunicación, a comezos deste século, foi cando os xornais se consolidaron como as principais fontes de información, aínda que xa apareceran nas dúas centurias anteriores. A prensa pasou a ser a narradora dos feitos que estaban cambiando o mundo. Este mesmo fenómeno deuse, non só nas grandes cidades, senón tamén nas vilas máis pequenas. Vilalba (Lugo) é un claro…
Proxecto de Establecemento dun sistema silvopastoral no Monte Público de Rascalobos (Traba de Laxe, A Coruña)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Fernández, Alejandro
[GAL]
Neste proxecto búscase poñer en valor os produtos que o monte pode producir mediante o correcto manexo e xestión dun sistema silvopastoral. Ao mesmo tempo estaríase previndo o risco de incendios ao diminuír a carga de combustible, que, debido á dificultade de acceso con maquinaria a certas zonas do monte, aumenta considerablemente. O promotor deste proxecto é a asociación cabalar e cultural “Abrindo o Rejo” que, mediante a concesión que mantén dende o ano 1963 o Concello de Laxe e a…
A beleza útil: Tradición artesanal e técnica industrial na arte do cambio de século
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Castiñeira, Irene
Este traballo aborda a relación entre artesanía e industria na configuración do deseño moderno entre finais do século XIX e comezos do XX, a partir da análise das propostas do movemento Arts and Crafts e das distintas interpretacións nacionais do Art Nouveau. Explórase como a tensión entre produción manual e técnicas industriais se converte nun dos eixes fundamentais da estética, ideoloxía e crítica da arte aplicada neste período. A través do estudo de casos concretos, reflíctese como distintos…
Factores determinantes no desenvolvemento da competencia motriz de nenos e nenas de Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Candal, Laura
Introdución: Realizar actividade física regularmente é fundamental para levar a cabo con destreza actividades motrices, que establecen a base para un estilo de vida activo e saudable. Non obstante, na actualidade, non se están alcanzando os mínimos requiridos, o que pon de manifesto un aumento considerable da inactividade física e do sedentarismo. Isto repercute negativamente no desenvolvemento motor na infancia e en etapas posteriores, xa que as actitudes que se adquiren sendo nenos/as tenden…
As artes gráficas como ferramenta de transformación: A gráfica galega do contexto da resistencia cultural e política nos anos sesenta e setenta
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montero Vázquez, Lara
As artes grafícas foron para o movemento antifranquista e galeguista na Galiza durante o “desarrollismo” franquista (1959-1975) unha ferramenta idónea para construir e promocionar a súa resistencia, tanto no ámbito política e sindical como cultural. O gravado, o cartel e o deseño gráfico editorial foron empregados para: promocionar e aproximar ao público as súas iniciativas culturais e políticas, vehicular as súas mensaxes mais críticas, e retomar o proxecto cultural galego truncado pola guerra…
Unha introdución á análise de datos circulares
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Lorenzo, Sara
Os datos circulares son observacións que se identifican como puntos ou vectores na circunferencia do círculo unidade. Neste Traballo de Fin de Grao consideraremos ferramentas clásicas para a análise descritiva de mostras de datos circulares, introduciremos algúns modelos destacados de distribución e presentaremos algúns procedementos inferenciais para este tipo de observacións, entre eles contrastes (uniformidade, bondade de axuste) e estimacións. Os distintos instrumentos estatísticos serán…
O número de voltas dunha curva ao redor dun punto
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Rey, Sabela
O número de voltas que realiza unha curva pechada ao redor dun punto é un concepto topolóxico con interesantes aplicacións en diversos campos das matemáticas. Neste traballo definiremos formalmente esta idea partindo de coñecementos elementais de topoloxía. Relacionarémolo con outros conceptos topolóxicos importantes como son o grao dunha aplicación ou o Grupo Fundamental, e estudaremos algunhas das súas destacadas aplicacións, tanto dentro da propia topoloxía como noutras ramas das matemáticas.
O método de sub e sobresolucións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reborido Fuentes, Mencía
O método de sub e sobresolucións é unha ferramenta moi útil para probar a existencia de solución de ecuacións diferenciais. Neste traballo, facemos un estudo do método para problemas de primeira e segunda orde.
Comezamos cada capítulo definindo o que son as sub e sobresolucións relativas a cada problema a considerar. Despois, probamos o teorema principal do método para cada caso, onde vemos que as probas destes teoremas seguirán a mesma liña de razoamentos. Finalmente, proporcionamos diferentes…
Resolución de ecuacións diofánticas de orde superior
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Omil Pazos, Lois
Este traballo ten como meta dar ao lector unha perspectiva global das diferentes ecuacións diofánticas, das formas existentes de estudar a súa resolubilidade e, de ser o caso, de achar as devanditas solucións. Ademais, para amosar a utilidade dos estudos que se realizan no documento, propóñense e resólvense numerosos exemplos prácticos mediante os conceptos e resultados que se van definindo e probando, respectivamente. O traballo comeza expoñendo diversos métodos elementais para a resolución…
Análise a longo prazo da ondada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gallego, Mario, Veigas Méndez, José Miguel, Carballo Sánchez, Rodrigo
A presente Unidade Didáctica, Análise a longo prazo da ondada, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñería Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño
das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a…
Activos de renda fixa
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
Esta unidade introduce a valoración dos activos de renda fixa e as variacións que experimenta esa valoración ao longo do tempo como consecuencia dos cambios no tipo de xuro. Así, introdúcese o concepto de ricos de activos de renda fixa e a problemática asociada á súa xestión por medio dos…
Avaliación dun programa de actividade física mediante xogos populares en escolares de Educación Primaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ríos Liz, Yago
O traballo que se presenta ten como obxectivo principal valorar os efectos dun programa de actividade física sobre xogos populares, na saúde física, mental e social do alumnado de Educación Primaria do CEIP Otero Pedrayo de Rábade.
Para a investigación contouse cunha mostra representativa de 89 escolares (45 nenas e 44 nenos) cunhas idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Os tempos do recreo foron os momentos elixidos para realizar a intervención.
A recollida de información levouse a cabo…
A figura docente a través da literatura infantil e xuvenil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tacón García, Antía
[GL]O propósito do presente traballo consiste en caracterizar a figura docente na narrativa infantil e xuvenil, a partir da análise documental dunha mostra de obras significativas, e co fin de así realizar un achegamento ás constantes que rodean ao profesorado no imaxinario cultural e colectivo. A grande importancia da escola como espazo na literatura infantil e xuvenil, e o feito de que estas obras se atopan principalmente destinadas a mozos e mozas en idade escolar, motivan dita escolla. En…
Proposta para a investigación e dinamización do patrimonio castreño no Concello de Lalín
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Vázquez, Gerardo
La presente propuesta se formula como un proyecto de investigación, conservación y difusión del patrimonio castreño en el suroeste del ayuntamiento de Lalín, abarcando las parroquias de Vilatuxe, Barcia, Gresande, Cristimil y Prado. En él se apuesta por la planificación de un proceso de investigación arqueológica, que irá ligado a la configuración de una serie de rutas turísticas y al desarrollo de un conjunto de actividades de carácter divulgativo.
Química orgánica e química macromolecular
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lazzari, Massimo, Nieto Suárez, Marina
A materia Química do Grao en Física forma parte con Bioloxía e Informática para
científicos do módulo de Formación básica de contido transversal e, á par destas, ten
unha duración de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo cuadrimestre do primeiro
curso da titulación, polo que os alumnos dispoñen, na mellor das hipóteses, só dos
coñecementos básicos de Química adquiridos no bacharelato (sempre que cursasen
a modalidade “ciencia e tecnoloxía”) o só se enfrontaron a ela na introdución a
Física e a…
As disparidades económicas a nivel provincial e comarcal en Galicia : análise da súa dinámica no presente século (2000-2016)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fariñas, Adrián
O estudo das disparidades entre as provincias galegas permite afirmar que se está a producir, nas últimas décadas, un proceso de converxencia en Galicia, dándose un achegamento de Lugo e Ourense cara Pontevedra e A Coruña. Sen embargo, este fenómeno non se debe a un dinamismo maior das provincias orientais senón á perda constante de peso demográfico, concentrándose cada vez máis a actividade económica na costa atlántica. Descendo ao nivel comarcal, as disparidades son maiores dada a…
As penas privativas de liberdade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abel Souto, Miguel
A unidade didáctica as penas privativas de liberdade está destinada aos alumnos de segundo curso da Facultade de Dereito e forma parte do terceiro bloque, sobre as consecuencias xurídicas do delito, da materia Dereito penal I. No que atinxe á súa duración, serán precisas 3 horas de clases expositivas e outras 3 prácticas ou interactivas, pero ademais serán necesarias 2 horas para un café-coloquio, 4 para un videofórum, 8 para a realización individual dun comentario a unha resolución xudicial,…
Superficies de traslación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez-Gigirey Villar, Rosalía
[GL]Unha superficie é de traslación se pode obterse ao desprazar unha curva β(t) ao longo doutra curva α(s) e a súa parametrización obtense sumando ambas curvas, x(s,t) =α(s)+β(t). As propiedades da superficie obtida dependerán da xeometría das curvas xeratrices α e β. O noso obxectivo é analizar as superficies de traslación con curvatura de Gauss constante e, nalgúns casos, con curvatura media constante. A análise dependerá do carácter plano ou espacial das curvas xeratrices e da posición…
Existencia de solucións de ecuacións diferenciais ordinarias periódicas por medio da teoría de sub e sobre solucións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Brouet Alonso, Alba Marie
[GL] A teoría de sub e sobre solucións tenta probar a existencia de solución do problema
de contorno por medio da existencia de sub e sobre solucións. Este método reemplaza o
problema de atopar solución por un novo problema, atopar dúas novas funcións, unha sub
e unha sobre solución, de xeito que se poda garantir a existencia de, polo menos, una solución
entre elas.
Ademais de probar a existencia de solución, este método tamén proporciona certa localización
das solucións. Entre a sub e a sobre…
Síntese dun precursor do octaceno
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Castro, Saleta
Os acenos son hidrocarburos policíclicos aromáticos (HPAs) constituídos pola fusión lineal de aneis de benceno, que presentan unha estrutura ríxida, planar e aromática estendida. Os acenos formados por poucos aneis bencénicos, como o naftaleno e o antraceno, pódense extraer do petróleo e derivados. Sen embargo, a medida que aumenta a súa lonxitude é mais complicado illalos ou sintetizalos. Os acenos de gran tamaño foron obxecto dun intenso estudo durante as últimas décadas debido as súas…
Integración dunha plataforma de xestión de laboratorios co equipamento dos laboratorios de Televés Ladetel
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Otero, Rosa Elena
Ladetel é un laboratorio pertencente á Corporación Televés, cuxa actividade consiste fundamentalmente na realización de ensaios para o marcado CE de aparatos electrónicos, tanto de clientes internos como externos. Como parte do "Programa Industrias do Futuro 4.0" da Xunta de Galicia, Televés está a desenvolver o seu proxecto Corp4Future, contexto no que o seu laboratorio de ensaios Ladetel enmarca unha actividade de implantación dun sistema de calidade conforme á norma ISO 17025. A…
Estudo comarcal de causas e motivacións dos incendios forestáis (ECOCAM): predición do fenómeno incendiario en Galicia. Innovación no eido da prevención e a sostenibilidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mantilla Sánchez, David Ramón
A liña de investigación escollida para desenvolver neste proxecto son os delitos ecolóxicos e a sustentabilidade. Se tiveramos que crear unha táboa clasificatoria de atentados ecolóxicos en Galicia, os incendios forestais acadarían o primeiro posto moi por diante de todas asdemaisaccións merecedoras de reproche penal -vertidos, emisións, uso de velenos e artes prohibidas contra a fauna, etc-. A atípica configuración dos incendios forestais, na estruturado código penal…
Cartas familiares dende a fronte. Guerra e correspondencia de soldados da parroquia de Baión na Guerra Civil (1936-1939)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Novo, David Manuel
A pesar da abonda historiografía sobre a o Golpe de xullo do 36 e a Guerra Civil ás que atendemos na actualidade, resulta paradoxal o escaso ou nulo acceso dos historiadores a unha documentación tan valiosa para a escritura e fundamento da Historia e dos estudos sobre Memoria Histórica como é a correspondencia de guerra. Sexa por impedimento da arquivística ou polas reticencias daqueles que sucederon ós seus protagonistas, a ausencia dun estudo sistemático destas fontes primarias no relato…
Controlabilidade e observabilidade en sistemas dinámicos lineais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Padín Domínguez, Iago
[GL] Presentes nun amplo rango de disciplinas, os sistemas dinámicos lineais representan as relacións e os cambios que se producen ao longo do tempo entre conxuntos de elementos dun mesmo medio. Esta definición tan aberta é a que permite aplicar estes sistemas con tanta diversidade. Así pois, tanto a capacidade de modificar e controlar certo proceso, como de observar e deducir as causas dun resultado son de gran interese en campos tan dispares como a economía ou a bioloxía. A raíz destes…
Deseño do carrozado dun camión para loxística de iogurt
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilela Torrón, Daniel
O obxectivo deste proxecto é a realización do deseño dun furgón isotermo-frigorífico homologado nun camión DAF LF 180. A empresa solicitante do carrozado decidiu aumentar a súa flota de vehículos debido a un aumento do reparto e destinará devandito camión ao transporte de iogur, por iso é necesaria a existencia dun equipo de frío.
O furgón deberase illar optimizando a perda de frío, aumentando o rendemento no aforro enerxético e considerando aspectos económicos en función dos materiais a…
Algunhas funcións patolóxicas en análise
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez García, Carlos
O obxetivo deste traballo é estudar certas propiedades patolóxicas que poderían ter certas
funcións, e comprobar se existen tales funcións que as teñan ou non. Entre outras cousas, comprobarase que existen funcións continuas nos irracionais e discontinuas nos racionais, funcións continuas en todo punto e non diferenciables en ningún punto, funcións diferenciables en todo o seu dominio pero non monótonas en ningún intervalo do dominio ou funcións continuas e sobrexectivas de imaxe [0, 1]2 e…
A percepción dos contrastes de vogais tónicas e de sibilantes en castelanfalantes de Pontevedra, La percepción de los contrastes de vocales tónicas y de sibilantes en castellanohablantes de Pontevedra, The perception of the contrasts of stressed vowels and sibilants in Spanish speakers from Pontevedra
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corredoira Sartier, Carlota
En relación cos cambios que se están a producir no castelán de Galicia en que en certos grupos sociais deixaron de producir os contrastes de vogais que se asociaban tipicamente a este (Amengual & Chamorro 2015, Tomé 2018, Mayr et al. 2019, Regueira & Fernández Rei 2020) e que diferentes estudos detectaron a perda da produción dos contrastes entre vogais medias abertas e pechadas e entre as sibilantes /s/ e /ʃ/, especialmente en falantes urbanos da banda occidental (Vigo en Mayr et al.…
O proceso de individualización do romance galego fronte ao latín vulgar galaico e aos romances veciños, El proceso de individualización del romance gallego frente al latín vulgar galaico y a los romances vecinos, The process of individualization of Galician romance versus Galician vulgar latin and neighboring romances
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sambade Vázquez, Rosalía
En primeiro lugar, introducirase o concepto de lingua e a problemática que se produce arredor da súa delimitación. Desta maneira, presentarase o contexto de diversidade lingüística como un continuum en que os factores que permiten o seu acoutamento son maioritariamente extralingüísticos. Polo tanto, empregarase como criterio principal de diferenciación a conciencia metalingüística.A continuación, realizarase unha pequena descrición do proceso de latinización de Gallaecia e unha presentación da…
We shall overcome: o movemento polos dereitos civís a través da teoría da acción colectiva (1954-1968)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Insua González, Aloia
Durante a segunda metade do século XX tivo lugar un ciclo de mobilización a escala internacional, con variantes cronolóxicas, en métodos e en obxectivos, mais en contacto entre si. Nos Estados Unidos xorde o movemento polos dereitos civís a mediados da década de 1950. Este estaba composto por distintos grupos e tendencias, entre as que triunfou a mobilización pacífica. As súas conquistas e fracasos dependeron da situación da comunidade negra na posguerra e da capacidade de organización do…
As fontes do crecemento económico español
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Verdugo Matés, Rosa Maria, Murias Fernández, María Pilar
España e de Galiza ten carácter obrigatorio. Esta materia encádrase dentro
da formación da área de Estrutura Económica no Grao en Administración e
Dirección de Empresas. Temporalmente, os seus contidos desenvólvense
ao longo do primeiro semestre do 2º curso de Grao en Administración e
Dirección de Empresas, sendo a súa carga lectiva de 6 ECTS, impartíndose
cada semana 2 horas de clase expositiva e 1,5 horas de clase interactiva.
A programación docente desta materia está formada por cinco…
O discurso xornalístico a través da rede social TikTok no panorama mediático español, El discurso periodístico a través de la red social TikTok en el panorama mediático español, The journalistic discourse through the social network TikTok in the Spanish media landscape
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Fernández, Lucía, Corredoira Rebolo, Ainara
A continua evolución das redes sociais provocou transformacións no xeito de comunicar a través destes espazos. No novo paradigma do ecosistema dixital, instaurado dende a irrupción dos cibermedios, a actividade xornalística non é allea a este tipo de cambios, que teñen como resultado a adaptación aos novos entornos comunicativos e aos seus formatos derivados. O obxectivo deste estudo é dar conta do tipo de produción noticiosa presente na canle social de TikTok, unha plataforma de entretemento…
Ciclos políticos orzamentarios no nivel rexional: o caso das comunidades autónomas españolas, Ciclos políticos presupuestarios en el nivel regional: el caso de las comunidades autónomas españolas, Political budget cycles at the regional level: the case of spanish autonomous communities
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Ferreirós, Manuel
O presente traballo supón un intento de avanzar na comprensión do fenómeno dos ciclos políticos económicos ou orzamentarios no contexto subnacional das Comunidades Autónomas españolas. En concreto, examínase a existencia dunha potencial cooperación entre distintos niveis de goberno na produción de ciclos políticos orzamentarios a nivel autonómico mediante unha distribución oportunista de transferencias discrecionais dende o goberno central cara os seus homólogos autonómicos. Así mesmo, estúdase…
O comportamento político da xuventude española nas eleccións xerais do 2019 e 2023, El comportamiento político de la juventud española en las elecciones generales del 2019 y 2023
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Eirín, Carlos
O presente Traballo de Fin de Grao realiza unha análise do comportamento político da xuventude española nas eleccións xerais do 2019 e 2023, observando como serían as actitudes cara a política da xuventude en cada momento concreto e realizando comparacións tanto coas persoas mozas doutros estudos como cos grupos de idade máis avanzada, vendo ademais que variables son as que inflúen en maior medida sobre o voto e a abstención. As achegas servirán para delimitar unhas pautas de comportamento que…
Análise do cambio lingüístico en tempo aparente no val de Camba, Análisis del cambio lingüístico en tiempo aparente en el valle de Camba, Analysis of linguistic change in apparent time in the Camba valley
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vence Muras, Iria
Este traballo ten como obxectivo o estudo do cambio lingüístico e variación en tempo aparente no val de Camba (Rodeiro). Trátase dun territorio ben delimitado a nivel xeográfico, situado na provincia de Pontevedra, nunha zona limítrofe coa provincia de Lugo e próxima á de Ourense. No estudo seleccionaremos un grupo de fenómenos do ámbito da fonética, como son a gheada e o rotacismo; da morfoloxía, como o emprego do demostrativo iste, ise, aquil, especialmente interesante por tratarse dunha área…
Ecuacións das augas pouco profundas: solucións analíticas e numéricas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Cebeiro, Martín
As ecuacións das augas pouco profundas teñen unha importante presenza en hidráulica e nas ciencias medioambientais. Ter un modelo matemático sinxelo que describa a realidade con precisión trae consigo grandes beneficios. Seguindo esta motivación, este traballo está dedicado a introducir as ecuacións das augas pouco profundas e á súa resolución, abordada tanto dende o punto de vista analítico coma numérico. Comézase estudando as propiedades matemáticas do correspondente sistema de leis de…
Grupos de permutacións na clasificación de álxebras de evolución idempotentes, Grupos de permutacións en la clasificación de álgebras de evolución idempotentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lago Pereira, Alexandre
Unha álxebra de evolución E sobre un corpo K é unha K-álxebra dotada dunha base B que verifica que o produto de calquera par de elementos distintos de B sempre é nulo. As álxebras de evolución idempotentes de dimensión finita teñen a propiedade de que o seu grupo de automorfismos, Aut(E), é finito e admite unha representación mediante permutacións. No contexto do problema de realización de grupos xorde a pregunta natural de se toda representación mediante permutacións dun grupo finito G pode…
Teoremas de punto fixo en conos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Torrón, Andrea
Este documento engloba distintos teoremas de punto fixo definidos sobre conos en espazos de Banach e algunha das súas aplicacións ao estudo da existencia de solución de ecuacións diferenciais non lineais.
No primeiro capítulo establécense os conceptos fundamentais como espazo de Banach, cono e función de Green, así como resultados nos que se apoiarán as demais partes. Tamén se define de xeito axiomático o índice de punto fixo. A partir deste último aspecto, no segundo capítulo establécense os…
Son verdadeiramente raras as denominadas funcións raras?
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Orgeira Rumbo, Sara
En liñas xerais, o obxectivo deste traballo é realizar unha revisión histórica da construción e consecución de rigurosidade no campo da Análise Matemática, enfocándonos fundamentalmente nos séculos XVIII y XIX, época primordial para o desenvolvemento desta última.
Para abordar esta empresa, introduciremos un concepto pouco convencional, pero que nos será de gran utilidade: o de función rara.
Que entendemos por función rara? De que modo medimos tal rareza? Son realmente raras as funcións que así…
Elementos do grupo 14
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Rodríguez, Javier
A presente unidade didáctica está dedicada aos elementos do grupo 14 da táboa periódica e os seus compostos. Céntrase no carbono e o
silicio e nos seus compostos: hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxosales.
Estes temas abórdanse despois de facer un repaso do que é a estrutura atómica, a táboa periódica e as súas propiedades, e os distintos tipos de enlace químico que axudarán a comprender mellor o comportamento destes elementos e reactividade destes e dos seus compostos.
Obxectivos…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9942
O principio de Hamilton
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez de Santos, José Manuel
A materia Mecánica Clásica II forma parte do bloque que no Grao en Física se dedica á Mecánica Clásica, que é a parte da Física que estuda o movemento das partículas e os corpos materiais e que comprende a teoría iniciada por Galileo e Newton e desenvolvida
nos séculos XVIII e XIX por Lagrange e Hamilton, incluíndo tamén a Relatividade Especial de Einstein.
A materia divídese en catro bloques temáticos de similar peso e duración temporal. O primeiro deles ten un marcado carácter teórico e…
Trematodoses
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Vázquez, María Sol
A formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de Enfermidades parasitarias achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena,
diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das…
As vítimas invisibles da violencia de xénero, Las víctimas invisibles de la violencia de género, The invisible victims of the violence of kind
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García del Campo, Elena
[GL] As mulleres e os seus fillos e fillas son as principais vítimas que sofren a violencia de xénero. Mentres que no caso das mulleres maltratadas existe una crecente proliferación tanto de investigacións como de recursos de axuda, a atención e intervención sobre as consecuencias que se derivan para os seus fillos aínda é bastante escasa. Actualmente máis do 10% da poboación infantil son testemuñas directas da violencia nos seus fogares e, en máis da metade dos casos, ademais de ser testemuñas…
A maldade leva nome de muller : do realismo ao expresionismo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Linares García, Erea
Ao longo da historia da arte a muller adoptou o rol de musa ou modelo dun pintor varón e a súa representación iría mudando ao longo do tempo. A pesar desta evolución, a tendencia de amosar a muller como obxecto de desexo do home é unha tónica que se mantén ao longo de toda a historia da arte. Porén, a evolución da representación da muller será especialmente rechamante durante a arte contemporánea, un período artístico que se ve afectado polos grandes cambios políticos e sociais como foi a…
Aparello locomotor activo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández de Trocóniz Revuelta, Patricia
O plano de estudos do grao en veterinaria inclúe 18 ECTS para á materia básica da
rama de Ciencias da Saúde «Anatomía Animal», posteriormente dividida en tres
disciplinas de 6 ECTS cada unha: Anatomía Veterinaria I, Anatomía Veterinaria II e
Citoloxía e Histoloxía Veterinaria. A Anatomía Veterinaria proporcionará ao alumno
«coñecementos de morfoloxía, topografía e estrutura dos órganos e sistemas» (RD
1393/2007).
Dado que o curriculum de Bioloxía, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria
(ESO)…
Contrato de Viaxe Combinada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nieto Alonso, Antonia
O turismo desempeña un papel cada vez máis importante na economía e,
singularmente, as viaxes combinadas constitúen unha parte fundamental da
actividade turística. Non cabe dúbida de que o sector dos servizos
combinados se vería estimulado para alcanzar maior crecemento e
produtividade adoptándose un mínimo de normas que supoñan unha serie
de garantías efectivas para os consumidores e usuarios de viaxes
combinadas.
Dito doutro xeito, se o turismo pode ser o alicerce do progreso
social e…
Separación e divorcio. Repercusións no ámbito escolar na etapa de Educación Infantil, Separación y divorcio. Repercusiones en el ámbito escolar en la etapa de Educación Infantil, Separation and divorce. Repercussions in the school environment at the pre-school stage
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Penedo, María Jesús
A familia é o contexto de desenvolvemento fundamental para o ser humano. As transformacións sociais, económicas, políticas e culturais tiveron efectos na estrutura, dinámica e funcións da familia. Entre os cambios que afectaron a esta institución, o máis significativo é o aumento da taxa de divorcios, dando lugar a novas estruturas familiares. O divorcio é unha realidade actual que afecta tanto aos pais como aos fillos. O presente traballo pretende poñer en evidencia os aspectos relacionados…, La familia es el contexto de desarrollo fundamental para el ser humano. Las transformaciones sociales, económicas, políticas y culturales tuvieron efectos en la estructura, dinámica y funciones de la familia. Entre los cambios que afectaron a esta institución, el más significativo es el aumento de la tasa de divorcios, dando lugar a nuevas estruturas familiares. El divorcio es una realidad actual que afecta tanto a los padres como a los hijos. El presente trabajo pretende poner en evidencia los…
Topoloxía dos espazos euclidianos, (Versión 2021)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Ramos, José Carlos
Nestes apuntes cúbrense aspectos fundamentais da topoloxía do espazo euclidiano. En particular, trátanse conceptos como o de bóla aberta e conxunto aberto, que serán a base para sentar outros temas topolóxicos como a converxencia de sucesións, a continuidade de funcións, e a compacidade e conexión de subconxuntos do espazo euclidiano.
Calendula: simplificando a xestión terapéutica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Souto, José Ángel
O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento dunha ferramenta para a xestión persoal da medicación e a mellora da adherencia, integrada na operativa das oficinas de farmacia a través da Folla de Medicación Activa e do Plan de Dispensación. Proponse que para acadar este obxectivo esa ferramenta resida no teléfono móbil do paciente, e que este poida usala cando acode á farmacia para obter a información continua en ditos documentos. Como obxectivo secundario, proponse a realización dun…
Control de calidade e seguridade en laboratorios de microbioloxía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Rodríguez, Ysabel, Muñoz Crego, Ángeles, Seoane Prado, Rafael
A materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola…
Incubadora de proxectos culturais: Proposta de diversificación do tecido económico local no Concello de Rianxo, Incubadora de proyectos culturales: Propuesta de diversificación del tejido económico local en el Ayuntamiento de Rianxo, Cultural projects incubator: Proposal for the development of the local economic of the Municipality of Rianxo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hermo Martínez, Iago
[ES]El fin principal de este Trabajo Fin de Máster es el diseño de una acción concreta para un plan de desarrollo local de mayor envergadura en el Ayuntamiento de Rianxo mediante la creación de una incubadora de proyectos culturales. Un proyecto que busca obtener un impacto positivo en los principales indicadores locales: actividad económica, contexto demográfico, oferta sociocultural, educación y otros.
O patrimonio local como centro dunha proposta educativa para o ensino e a aprendizaxe das Ciencias Sociais, El patrimonio local como centro de una propuesta educativa para la enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias Sociales, Local heritage like centre of an educational proposal on the teaching and learning of Social Sciences
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Betanzos-Morán, Uxía
As escolas atópanse totalmente desconectadas da entorna que as rodea, situación que conduce a que o alumnado descoñeza os aspectos históricos, sociais, naturais e culturais máis característicos da súa localidade. Co fin de reconducir esta situación, emerxen diferentes correntes dentro da Didáctica das Ciencias Sociais centradas en basear o ensino e a aprendizaxe na contorna na cal se encadra o centro escolar.
Con este mesmo cometido e tomando como base os enfoques da Educación Patrimonial e da…
Intoxicacións por alcohol metílico: Do "Caso do Metílico" á actualidade, Intoxicaciones por alcohol metílico: Del “Caso del Metílico” a la actualidad, Methyl alcohol poisonings: From “Methyl alcohol Case” to the present
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Rodríguez, José
As intoxicacións por metanol todavía existen e son cada vez máis frecuentes. Nos países occidentais, adoitan verse en forma de casos illados por intentos autolíticos ou por inxestión accidental. Pola contra, nos países con ingresos máis baixos e nos que están prohibidas as bebidas alcólicas son comúns os brotes masivos producidos polo consumo de bebidas adulteradas con metanol que se distribúen ilegalmente polo país. Debido ao baixo prezo do metanol, buscan obter o máximo beneficio.
Así foi o…
Superficies separables
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pose Lagoa, Iria
[GL] O obxectivo desta memoria é estudar as superficies separables no espazo Euclídeo.
Ditas superficies están determinadas por unha ecuación 𝑓(x) + 𝘨(y) + ℎ(z) = 0 onde 𝑓,
𝘨 e ℎ son funcións reais dunha variable real e conteñen ás superficies de translación e
de revolución como casos particulares. Proporcionarase unha clasificación completa das
superficies separables con curvatura de Gauss constante, distinguindo os casos en que dita
curvatura é cero ou non, así como das superficies con…
Aspectos Teóricos dos Métodos Runge-Kutta
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Suárez, Lucía
Neste traballo presentaremos diferentes propiedades e resultados referidos aos métodos Runge-Kutta. Comezaremos co estudo dos métodos dun paso, abordando a consistencia, estabilidade, converxencia e orde de devanditos métodos. Tras isto, centrarémonos no estudo destes conceptos nunha familia concreta dos métodos dun paso, que son os chamados métodos Runge-Kutta. Finalmente, estudaremos algúns aspectos teóricos relativos á estabilidade numérica dos métodos Runge-Kutta, que introduciremos en…
Unha aposta meteórica para abolir as matemáticas do xurásico, Una apuesta meteorítica para abolir las matemáticas del jurásico, A meteorite bet to abolish jurassic mathematics
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Vázquez, Alba
Neste traballo de fin de grao de mestre/a de educación primaria preséntase unha proposta didáctica innovadora para traballar as matemáticas dentro dun contexto interdisciplinario. Partindo dun tema de interese para o alumnado, esta proposta foi concibida para abordar, principalmente, contidos relacionados coas magnitudes e a súa medida, aínda que tamén se traballan contidos doutras materias. A metodoloxía empregada no desenvolvemento da proposta está baseada na aprendizaxe colaborativa e segue…
A protección no traballo ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión Europea, La protección en el trabajo a las personas que informen sobre infracciones de Derecho de la Unión Europea, The protection at work for people who report violations of European Union Law
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Villares, Andrea
A Directiva (UE) 2019/1937 consolida a nivel europeo unha figura de orixe estadounidense: a dos whistleblowers. Este anglicismo refírese a persoas que no contexto das súas actividades laborais coñecen irregularidades que danan o benestar da sociedade e polo tanto, deciden denuncialas. Coa expansión desta práctica a Europa, os whistleblowers pasaron a denominarse alertadores, denunciantes ou informantes. O lexislador europeo decatouse de que os alertadores son un perfecto aliado para descubrir…
A ameaza do cambio climático: eco-ansiedade e eficacia colectiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez González, Mariña
Apelar ao medo nas comunicacións sobre o cambio climático nos medios é unha cuestión amplamente debatida. Varios autores propoñen a necesidade de incluír información de carácter remedial, posterior ás mensaxes ameazantes, para paliar os posibles danos provocados pola ameaza. Entre estes danos, atópase a eco-ansiedade. Neste traballo realizouse un experimento con grupos aleatorios, divididos en tres grupos, que recibiron diferentes tipos de textos sobre o medio ambiente, con diferentes graos de…
A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia
A doutrina española tiña reclamado, de forma reiterada, a creación dunha categoría de estado perigoso para imputables, argumentando que unha pena axustada simplemente á súa culpabilidade non era o instrumento axeitado para facer fronte á ameaza que representaban. De entre os diversos modelos que ofrece o dereito comparado, o lexislador español decidiuse por unha solución dualista creando a nova medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada. Esta medida permite controlar, unha vez…
Dinámica das dunas e xestión do espazo costeiro na praia de Laxe
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vigueret Santabaya, Anxo
O traballo consiste nun estudio da dinámica das dunas, a vexetación e o crecemento urbano na praia de Laxe. O obxectivo principal é analizar se a evolución recente das dunas responde a un proceso exclusivamente natural ou resultado de intervencións antrópicas. Ademais, preténdese avaliar a dicotomía entre a restauración e a renaturalización como opcións de xestión para a área. A partir do uso de cartografía evolutiva mediante imaxes aéreas e documentación técnica histórica das obras…
Educación en contextos penitenciarios: unha análise dende a perspectiva do profesorado de formación profesional
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Pena, Andrés
O artigo 25 da Constitución Española asume o ambicioso reto da reinserción social das persoas privadas de liberdade como un dos piares do noso sistema penal. Os cárceres, coma calquera lugar destinado a encerrar a persoas que están sometidas a algún tipo de castigo, son escenarios hostís para a educación. Non obstante, esta convértese nunha prestación necesaria que debe contribuír ao desenvolvemento integral das persoas internas. Nos últimos anos estase a ver na Formación Profesional unha…
Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Ferreiro, Eduardo, Miranda Barrós, David, Buján Seoane, Sandra, Barreiro Fernández, Laura
A unidade didáctica titulada Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do
medio físico está encadrada dentro da materia de Xeomática do Máster da
Terra e do Territorio (MTT).
Os alumnos do MTT proceden de diferentes campos das enxeñerías
e das ciencias sociais con disciplinas afíns á temática do máster, tales
como: Administración Pública, Antropoloxía, Bioloxía, Ciencias Ambientais,
Dereito, Empresariais, Estatística, Economía, Xeografía, Xeoloxía,
Xeomática, Humanidades, Informática, Enxeñería…
Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Rivas, Áurea Antía
A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que permite inducir cambios nas oscilacións cerebrais endóxenas involucradas en diferentes procesos cognitivos. En estudos previos, a estimulación mediante oscilacións theta (4-7 Hz) e gamma (30-80 Hz) tivo a capacidade de modular a memoria episódica (ME) e a memoria de traballo (MT). Entón, o obxectivo deste traballo é determinar a efectividade da HD-tACS-theta (6 Hz) e HD-tACS-gamma (60 Hz)…
O uso das novas tecnoloxías na SBS (Special Broadcasting Service) da Televisión Pública Australiana
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vaz Álvarez, Martín
Esta investigación pretende analizar os usos das novas tecnoloxías e os novos formatos na televisión pública australiana a través do caso do Special Broadcasting Service, a emisora étnica deste país. O principal interese desta investigación centrase na súa segunda canle, a SBS Viceland, onde a súa recente fusión coa produtora norteamericana Viceland está a plantexar novas posibilidades comunicativas a través dunha maior atención á cultura de Internet e aos formatos típicos desta plataforma