Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Estrutura xenética e ferramenta de identificación racial na Rubia Galega
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mejuto Vázquez, Nicolás
A Rubia Galega é unha das razas máis valoradas na industria cárnica española, aínda que en Galicia acada unha maior importancia pola súa adaptación ao sistema de produción e territorio galego, aportando riqueza social, económica e ecolóxica. Dende as primeiras caracterizacións da raza a finais do século XIX e inicios do XX, a Rubia Galega experimentou, por vía dos concursos pecuarios, a implementación da inseminación artificial, plans de mellora e recuperación racial; grandes cambios que a…
Violencia de xénero: impacto das ordes de protección e do proceso xudicial no benestar psicolóxico das vítimas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballedo Roca, Coral
A violencia de xénero é definida como todo acto de violencia contra ás mulleres que
teña ou poda ter como resultado dano ou sufrimento por motivo de xénero. Trátase dun
fenómeno altamente prevalente e universal, cuxas consecuencias sobre as vítimas obsérvanse
tanto a nivel físico como psicolóxico, sendo frecuente a sintomatoloxía postraumática,
depresiva ou ansiosa. Cando as vítimas interpoñen unha denuncia, encaran xudicialmente ao
agresor e, en aras de protexer os seus dereitos e garantir a…
Métodos de valoración de startups
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferrín Castro, Pablo
O presente traballo procura explicar qué é unha startup e seleccionar os métodos existentes axeitados para a súa valoración. O obxectivo principal é xerar un modelo co que valorar startups ou empresas de recente creación de base tecnolóxica, tendo en conta que para o capital de risco o horizonte temporal da valoración só comprende o periodo correspondente ás fases de maior crecemento. O modelo poderá ser adaptado en función do grao de desenvolvemento da startup. Durante o transcurso do traballo…
Bioquímica da lactación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villamarín Cid, José Antonio
Esta unidade didáctica denominada «Bioquímica da lactación» forma parte da materia «Aspectos básicos e clínicos da lactación» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia trátase o proceso fisiolóxico da lactación dun xeito transversal. Nunha primeira parte estúdanse os aspectos básicos do proceso relacionados coa estrutura anatómica e a formación da glándula mamaria, coa síntese e secreción dos compoñentes do leite e coa regulación hormonal da lactación…
Mareas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballo Sánchez, Rodrigo, Iglesias Rodríguez, José Gregorio, Sánchez Carricoba, Marcos
A presente Unidade Didáctica (en diante UD) encádrase dentro do Bloque
Temático I da materia (Procesos Litorais), onde se caracterizan os distintos
procesos que determinan o deseño das distintas actuacións no litoral
(Bloque II). Para iso, é preciso coñecer o clima marítimo ao que estarán
sometidas. Unha vez definidas as condicións da ondada (UD 2 e 3) resulta
imprescindible ademais coñecer as variacións do nivel do mar.
O nivel do mar é unha variable de importancia capital na zona litoral.
As…
Muller e ensinanzas técnicas e industriais na educación secundaria: evolución, situación actual e retos para o futuro., Mujer y enseñanzas técnicas e industriales en la educación secundaria: evolución, situación actual y retos para el futuro., Woman and technical and industrial studies in secondary education: evolution, current situation and challenges for the future.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Díaz, Rocío
A escasa presenza feminina nas titulacións de carácter técnico e industrial é un feito que apenas mudou nas últimas décadas. Os diversos plans e iniciativas desenvolvidas recentemente co fin de fomentar a participación das rapazas nestas disciplinas deixan constancia de que, a pesar de ser considerada por moitos unha problemática do pasado, a polarización dos estudos en función do sexo é unha realidade actual.
Tomando isto en consideración, este Traballo de Fin de Máster pretende coñecer a…
Percepción social do cambio climático no alumnado de educación secundaria, Percepción social del cambio climático en el alumnado de educación secundaria, Social perception of climate change in secondary school students
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bañobre Pena, Andrea
O estudo das percepcións sociais é relevante para comprender os sentidos, os significados e a postura que os suxeitos asumen ante fenómenos socioambientais complexos como o cambio climático. Este traballo presenta unha investigación de campo con estudantes de ensino secundario, cuxo obxectivo é coñecer as definicións grupais que elaboran sobre o cambio climático. Recorreuse a unha metodoloxía de carácter cualitativo, empregando unha técnica proxectiva para recoller respostas por escrito e orais…
Estudo da regulación do metabolismo do ferro no fígado, en resposta a unha dieta baseada en proteína de orixe vexetal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ángel Reimúndez, Cecilia
[GAL]
A homeostase do ferro é fundamental para garantir unha concentración adecuada deste elemento para os procesos biolóxicos. Nos mamíferos, a biodispoñibilidade de ferro está regulada pola interacción da molécula hepcidina coa ferroportina, principal transportador de ferro na membrana celular. En condicións de eritropoiese mellorada, requírese máis ferro para proporcionar aos eritroblastos en desenvolvemento o ferro adecuado para a síntese do grupo prostético hemo da hemoglobina, polo tanto,…
A pegada educativa nos semanarios anarcosindicalistas galegos. Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), La impronta educativa en los semanarios anarcosindicalistas gallegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) y Solidaridad (1935-1936), The educational impact of Galician anarcho-syndicalist weeklies Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) and Solidaridad (1935-1936)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Merayo Fernández, Inés
A investigación estuda a influencia educativa dos semanarios anarcosindicalistas galegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), co obxectivo de analizar o contido educativo destas publicacións. O estudo ten como propósito destacar a relevancia das prácticas e discursos educativos no contexto do movemento obreiro galego prefranquista, proporcionando unha perspectiva sobre o papel transformador da educación anarquista. A memoria histórica é esencial para preservar…
ASCON: conflito e memoria na reconversión naval galega
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Cortegoso, Fabio
O presente traballo analiza o proceso de reconversión naval na Galiza na década de 1980, tomando como estudo de caso o conflito xerado arredor do peche do estaleiro ASCON, situado na Ría de Vigo. O obxectivo principal é examinar as dimensións estruturais, políticas, sociais e simbólicas do devandito proceso, así como os seus efectos sobre o emprego, a comunidade local e a memoria colectiva.
A investigación combina a análise documental co uso de fontes orais e hemerográficas, incluíndo…
O caso do Pazo Novoa. Reconstrución de escenas con TinkerCAD e maquetas 3D para desenvolver o sentido espacial, El caso del Pazo Novoa. Reconstrucción de escenas con TinkerCAD y maquetas 3D para desarrollar el sentido espacial, The case of Novoa´s manor house. Reconstruction of scenes with TinkerCAD and 3D models to develop spatial sense
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reseco Aguado, Lucía
A revolución tecnolóxica está a producir novas ferramentas de urxente incorporación ao ámbito educativo. Neste contexto, os procesos de modelado e impresión 3D xorden como alternativa a unha ensinanza tradicional que se ve substituída pola combinación de teoría e práctica e que atopa no deseño e produción de prototipos unha vía idónea para desenvolver o sentido espacial. Así, o obxectivo principal do presente TFG é propoñer unha secuencia didáctica destinada ao 5º curso da Educación Primaria…
O sistema urbano. As áreas metropolitanas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paül Carril, Valerià, Vila Vázquez, José Ignacio
Esta unidade didáctica inclúese dentro da materia de Xeografía de España (6 créditos ECTS), correspondente ao terceiro curso do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio e que se imparte no primeiro semestre. Dentro do bloque xeral da poboación, dos asentamentos e das actividades da materia de Xeografía de España, o estudo do sistema urbano constitúe un dos aspectos centrais para a comprensión doutros elementos e procesos xeográficos chave de España tales como o espazo rural, a economía, a…
Series de Fourier e resolución de ecuacións en derivadas parciais en dimensión superior
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gallagher Romero, Thomas
Neste traballo ampliamos o estudado na materia Series de Fourier e Introdución ás EDPs sobre o uso das series de Fourier e o método de separación de variables para a resolución de problemas iniciais e de fronteira coas ecuacións da calor, de ondas e de Laplace. O obxectivo principal foi explorar máis profundamente os conceptos fundamentais e as técnicas avanzadas para a dedución e a resolución destes modelos matemáticos. Fixemos un enfoque particular nos métodos analíticos e numéricos que…
Introdución á xestión dos recursos humanos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballo Penela, Adolfo
A presenza de persoas é unha característica común a todas as organizacións.
Independentemente da súa natureza, tamaño, localización ou funcións desenvolvidas, o logro dos obxectivos organizativos precisa, en maior ou menor medida, de persoas que planifiquen, organicen, dirixan, controlen e desenvolvan as diferentes actividades e recursos involucrados na xestión.
A xestión dos recursos humanos configúrase, por tanto, como unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño…
Equilibrio e valoración de activos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos de equilibrio no contexto de mercados completos e incompletos con e sen activos Arrow Debreu. Así, analízase como as decisións financeiras levan aparelladas a elección dunha senda temporal de consumo óptima e como estas…
Zooloxía: aspectos xerais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Besteiro Rodríguez, María Celia
A presente unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia Ciencias Fundamentais que se imparte no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Veterinaria. Dita materia forma parte do módulo de Formación Básica Común e nel, do bloque de Contidos fundamentais. Reúne os contidos correspondentes a catro grandes ámbitos das Ciencias Experimentais: Zooloxía, Botánica, Química e
Física. Esta unidade didáctica forma parte do ámbito da Zooloxía e pretende facer chegar aos…
Contribución da educación artística á formación como mestra de educación infantil: a miña historia de vida
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Modia Vázquez, Rocío
A formación inicial do futuro profesorado supón o punto medio entre a historia escolar persoal e a futura labor profesional; de aí que sexa imprescindible prestarlle a debida atención como moderadora do aprendido e interiorizado nas etapas educativas anteriores á entrada na facultade sobre os procesos de ensino- aprendizaxe e como desencadéante dunha futura práctica docente de calidade e boas prácticas na educación infantil, a cal supere as resistencias ao cambio e busque a innovación.
Coñecer,…
O mosteiro de Santa María de Meira: proxecto de dinamización do patrimonio monástico a través das TIC
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Otero, Miriam
[GA] Froito do interese pola difusión do importante legado patrimonial monástico conservado no concello lucense de Santa María de Meira, nace o recurso web www.proxectomeira@wordpress.com, o cal, como o seu propio nome indica, baséase nun proxecto de dinamización a través dunha ferramenta de software libre que opera na Internet, enmarcada dentro dos recursos que nos ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, comunmente coñecidas coma TIC.
A día de hoxe a importancia e o…
O Encerado Dixital Interactivo como principal recurso didáctico na ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de educación Primaria, La Pizarra Digital Interactivo como principal recurso didáctico en la enseñanza del inglés como lengua extranjera en la etapa de educación Primaria, The Interactive Whiteboard as the main didactic tool for teaching English as foreign language in Primary Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Gómez, Doa
O presente Traballo de Fin de Grao ten como eixo temático o emprego do Encerado Dixital Interactivo nas aulas de lingua estranxeira inglesa de educación primaria. Encadrado na modalidade de deseño de proposta de intervención, este TFG, tras unha análise bibliográfica sobre as prestacións desta ferramenta, pretende aplicala nas aulas de inglés de primaria cunha base metodolóxica consolidada e innovadora que permita a renovación precisa para unha sociedade cada vez máis informatizada, proceso que…
O proceso de decolonización do Sahara Occidental dende o dereito internacional
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Galego Sisto, Claudia Orosia
Analízase o dereito internacional aplicable ó conflito e cuestións derivadas como a razón pola que España é aínda a potencia administradora do Sáhara Occidental ou a falta de lexitimidade de Marrocos para explotar os recursos naturais do territorio ocupado.
Análise do voto a VOX en Catalunya: a extrema dereita en España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Rodríguez, Roberto
[GLG] No seguinte estudo de investigación trataremos de coñecer e analizar cales son os factores explicativos da decisión de voto a VOX, realizando previamente un repaso a situación actual da familia de partidos de extrema dereita en Europa, a súa actual cuarta ola e tamén, da situación dos mesmos en España a través do caso particular de VOX. Neste análise trataremos de dar resposta a unha serie de preguntas de investigación, que teñen como obxectivo coñecer…
Crise en Europa: os casos de Crimea e Donbas: unha análise dende a teoría do conflito, Crisis in Europe: the cases of Crimea and Donbas: an analysis from the perspective of the theory of conflict, Crisis en Europa: los casos de Crimea y Donbas: un análisis desde la teoría del conflicto
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prieto de Andrés, Daniel
A historia de Ucraína e Rusia estivo sempre unida ao longo dos séculos, dende a orixe do Rus de Kiev ata a caída do Muro de Berlín. No contexto actual observamos o claro deterioro das relacións entre ambos países, polo que será obxecto de interese coñecer que cuestións marcarían ao longo dos séculos as relacións destes países. Ao mesmo tempo, será clave estudar os sucesos máis recentes e de maior importancia, a Crise de Crimea e a Guerra de Donbas, que marcarán sen dúbida as relacións entre…
A motricidade infantil nas aulas do século XXI. Análise da realidade nos centros educativos galegos e perspectivas de futuro, La motricidad infantil en las aulas del siglo XXI. Análisis de la realidad en los centros educativos gallegos y perspectivas de futuro, Children´s motor skills in the 21st century classrooms. Analysis of the reality in the galician educational centers and future perspectives
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Sánchez, Noelia
A motricidade nas aulas de Educación Infantil xustifícase principalmente pola súa contribución ao desenvolvemento integral do alumnado e pola súa importancia na aprendizaxe dos contidos curriculares. A través dunha investigación de campo, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao foi analizar a realidade do tratamento da motricidade infantil nas aulas dos centros educativos galegos. Neste estudo de tipo descritivo e transversal, partiparon 305 docentes de Educación Infantil da nosa comunidade.…
A Integral de Bochner
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Quintela, Airas
[GL] O propósito do traballo é a xeralización da coñecida integral de Lebesgue, que a estenderemos a funcións que toman valores nun espazo de Banach 𝐵 arbitrario. Esta integral xoga un papel moi importante á hora de estudar as solucións de determinadas EDPs, pois os espazos onde se buscarán estarán formados por funcións integrables neste novo sentido. Do mesmo modo, xeralizaremos os famosos espazos de Lebesgue 𝘓ᵖ , estendéndoos de maneira natural a funcións que toman valores nun espazo de…
A radiocirurxía estereotáctica como opción segura de tratamento para as malformacións arteriovenosas cerebrais en nenos: presentación dun caso e revisión sistemática, La radiocirugía estereotáctica como opción segura de tratamiento para las malformaciones arteriovenosas cerebrales en niños: presentación de un caso y revisión sistemática, Stereotactic radiosurgery as a safe treatment option for brain arteriovenous malformations in children: case report and systematic review
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez García, Sara
OBXECTIVOS: A radiocirurxía estereotáctica é unha das opcións de tratamento para as malformacións arteriovenosas cerebrais (MAVc). A literatura publicada ata o momento describe fundamentalmente os resultados en adultos, polo que o obxectivo deste traballo é determinar a eficacia, medida pola porcentaxe de obliteración, e seguridade, representada polas complicacións sintomáticas, radiolóxicas e o resangrado da lesión, desta técnica para o tratamento de MAVc en nenos. MÉTODOS: Preséntase o caso…
Cibercoidados: unha proposta de intervención na aula sobre o uso problemático de Instagram
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paniagua González, Xaime
Con máis de 1.221 millóns de perfís abertos, Instagram constitúe na actualidade a segunda rede social máis utilizada do mundo e cuxa meirande parte de usuarias atópanse por debaixo dos 30 anos (Statista, 2021). A preocupación da psicoloxía polas consecuencias sobre a saúde mental que o uso xeneralizado desta plataforma pode chegar a ter son crecentes. O presente traballo consiste nunha revisión bibliográfica dos estudos publicados ata a actualidade que vinculan dalgún modo o uso de Instagram…
Métodos de aproximación de solucións na Teoría de Xogos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Feás, Sara
A teoría de xogos cooperativa céntrase principalmente en analizar os seguintes dous aspectos dunha interacción multi-axente: qué coalicións se formarán e cómo será repartido o beneficio (ou custe) xerado entre os diferentes individuos involucrados. Para realizar esta distribución seguindo criterios como a xustiza ou a equidade, establécense as chamadas regras de reparto, que serán consideradas solucións dos xogos cooperativos. Sen embargo, cando o número de axentes involucrados é relativamente…
A base xenética da mandíbula Habsburgo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Al-Soufi Novo, Laila
Neste traballo abordamos a relación entre a “mandíbula Habsburgo”, un claro exemplo de prognatismo mandibular, e a alta consanguinidade nesta dinastía a través dunha análise multivariante por compoñentes principais. Os datos manexados proveñen do exame clínico de 18 trazos dismórficos indicativos de prognatismo mandibular e deficiencia maxilar en retratos pictóricos de 15 personaxes da dinastía Habsburgo.
Atopamos unha asociación positiva estatísticamente significativa entre o prognatismo…
Estudo de metabolismo in vitro da 1,3-difenilguanidina e da 1,3-di-o-tolilguanidina
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lage Díaz, María
A 1,3-difenilguanidina e a 1,3-di-o-tolilguanidina son dous aceleradores da vulcanización,
utilizados como reactivos na industria do caucho, potencialmente prexudiciais para a vida
acuática e a saúde humana. Debido a que son substancias persistentes e móbiles poden acadar
con certa facilidade a auga de consumo e supor un potencial perigo para a saúde humana pola
exposición ás mesmas. A biomonitoraxe humana é unha ferramenta interesante á hora de
estimar a exposición a estas substancias e así…
A pé de rúa : moda, street art e street style, A pie de calle : moda, street art y street style, On the street : fashion, street art and street style
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Senande Dubert, Ana María
Arte e moda son dúas correntes primarias, innatas e necesarias para o desenrolo expresivo das persoas. Desde o Paleolítico ata a actualidade, os seres humanos procuraron deixar a súa pegada no seu hábitat dunha maneira ou doutra.
A finais do século XX ocorreron unha serie de cambios sociais e políticos que fixeron que a
sociedade caese nun estado de descontento, rexeitamento e quebrantador ca orde establecida. Isto desencadeou a aparición de diferentes subculturas configuradas desde os…
Imaxe dixital
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Saco López, Pedro José
Os gráficos por computadora están presentes en diferentes manifestacións
do día a día: en televisión, en películas, en libros e revistas, en pósteres
e, por suposto, nos monitores das computadoras. Son tan habituais que
non se lles adoita prestar demasiada atención. Estas imaxes poden provir do
mundo real (por exemplo mediante o uso de fotografías ou debuxos que son
dixitalizados) ou que poden ser xerados nunha computadora (utilizando algún
software).
Neste tema imos describir os gráficos por…
Unha mirada actual da relación entre o xornalismo e a literatura dende Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fontao Saavedra, Amara
O presente traballo pescuda nas formas nas que se entrelazan o xornalismo e a literatura no contexto cultural e lingüístico galego mediante o estudo de tres autores: Rosa Aneiros, Miguel-Anxo Murado e Manuel Rivas. Para tal fin, analizouse un corpus composto por oitenta artigos xornalísticos e tres obras narrativas, empregando unha metodoloxía na que se combinan elementos cuantitativos e cualitativos, unha análise dedutiva e entrevistas en profundidade semiestruturadas. Conclúese que os temas,…
Os “manifestos” da revista Luzes: unha construción discursiva que aposta pola democracia radical, Los “manifestos” de la revista Luzes: una construcción discursiva que apuesta por la democracia radical, The Luzes magazine´ “manifestos”: a discourse structure that bets for radical democracy
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alcayde Dans, Xián Lois
Neste Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a construción discursiva dunha selección de “manifestos” editoriais da revista impresa galega “Luzes” entre o ano 2013 e o ano 2014, empregando para iso unha análise cualitativa en base ás ferramentas achegadas polos avances ontolóxicos da Escola de Essex de pensamento, a través das cales queremos demostrar a carga contrahexemónica e democrático-radical dos devanditos “manifestos”. Para iso faise unha aproximación teórica a esta escola desde as…
INTRA - MURUS: un Museo da Romanización no contexto europeo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Rodríguez, María Anjhara
[GAL]
A cidade de Lugo é un extenso xacemento arqueolóxico que se estende máis aló do perímetro amurallado. Unha circunstancia apreciable coa simple vista da arquitectura monumental da muralla romana, a ponte ou as termas e que tamén se pon de manifesto cada vez que se levan a cabo obras que afectan ao solo urbano e que na actualidade conviven coa contemporaneidade do século XXI. Este traballo trata de ser unha observación reflexiva sobre esa convivencia dos poboadores actuais de Lucus Augusti…
Scande caeli templa, virgo: a viaxe astral de Filoloxía na obra de Marciano Capela, Scande caeli templa, virgo: el viaje astral de Filología en la obra de Marciano Capela, Scande caeli templa, virgo: Philology’s astral journey in Martianus Capella’s work
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fraga Vilas, Iago
A viaxe astral é unha das múltiplas formas de viaxar presentes na literatura clásica, abranxendo as súas configuracións literarias case un milenio de evolución desde Parménides até o propio Marciano. A viaxe astral semella presentarse como un xeito de adquisición de coñecemento dispoñible só para certos personaxes. No elaborar a viaxe astral de Filoloxía, Marciano Capela interaxe con esa tradición para recrear, adaptar ou innovar. Este traballo ofrécese como un estudo da forma particular que a…
Mantemento e transmisión da lingua galega: unha achega ás familias das comarcas interiores da provincia de Ourense, Mantenimiento y transmisión de la lengua gallega: una aproximación a las familias de las comarcas interiores de la provincia de Ourense, Maintenance and transmission of the Galician language: an approach to the families of the inland regions of the province of Ourense
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villamarín Seguín, Marta
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é abordar o estudo dos procesos de mantemento e transmisión da lingua galega nas familias das comarcas do interior da provincia de Ourense. O estudo abarcará as comarcas de A Limia, Allariz-Maceda, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Verín. Esta zona destaca, na súa maior parte, pola homoxeneidade nos aspectos sociais e culturais referentes á emigración a outros territorios, ademais de ser unha das áreas máis despoboadas e envellecidas do país…
Preguntas de repaso de Matemáticas e Estatística II
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Vázquez, Miguel
A vixencia do mandato representativo fronte a disciplina de partido: un cahier d’instructions para ser concelleira do PSdeG de Santiago de Compostela, La vigencia del mandato representativo frente a la disciplina de partido: un cahier d’instructions para ser concejala del PSdeG de Santiago de Compostela, The authority of the representative mandate versus party discipline: a cahier d’instructions for becoming a PSdeG councillor in Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Diego Ferreira, José Manuel
A tensión entre o mandato representativo e o mandato de partido é estrutural en calquera democracia de partidos, pero non necesariamente negativa nin irresoluble. A existencia de límites ao poder é fundamental para que non haxa abuso do mesmo e, por iso, a forma na que se xestione esa tensión pode propiciar unha maior democracia interna no seo das formacións políticas mediante a articulación de mecanismos de deliberación, afondando no funcionamento democrático dos partidos, que é esixencia…
Novos catalizadores biomiméticos de manganeso: estudo da súa actividade antioxidante.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gándara Lafuente, Ana
[GLG] O manganeso é un metal esencial que participa en numerosos procesos biolóxicos. Está presente no centro activo ou actúa como cofactor de antioxidantes naturais. Por iso, o uso de complexos de manganeso presenta unha potencial aplicación como un modelo biomimético destes encimas antioxidantes. A función destes encimas é neutralizar ás especies reactivas de osíxeno, fortes oxidantes que causan o estrés oxidativo, para manter o equilibrio biolóxico e evitar danos celulares. Estes…
Do privado ao público: A experiencia persoal como forma de expresión artística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Rodríguez, Carmen
Este traballo explora o papel central da experiencia persoal e a biografía na creaciónartística contemporánea, destacando como subxectividade, memoria ou identidade convértense en ferramentas esenciais para a expresión e a crítica social. Este divídese en dous partes: unha primeira teórica, onde se explora a evolución do enfoque biográfico da historia da arte, dende a lenda do artistas como xenio ata as políticas de identidade contemporánea; e unha segunda parte analítica, centrada na…
Derivación numérica: aplicación ao deseño de esquemas de diferenzas finitas para a resolución de EDP
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Touceda Vázquez, David
Neste traballo abordaranse os aspectos básicos da aproximación de derivadas mediante fórmulas numéricas, empregando unha coñecida expresión do erro para demostrar a inexistencia de fórmulas de Gauss en derivación numérica e establecer condicións necesarias e suficientes para a superexactitude dunha fórmula. Verase despois que con ese coñecemento se poden deseñar facilmente métodos de diferenzas finitas para a resolución de ecuacións en derivadas parciais. Este TFG require programación en MATLAB.
Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamarina Ríos, Duarte
As ecuacións diferenciais son ecuacións que se utilizan para modelizar fenómenos que proveñen da física, química, bioloxía e
economía, por nomear algunhas disciplinas. Casos onde aparecen este tipo de relacións son, por exemplo, deformacións de estruturas, problemas de combustión, modelización de poboacións, problemas meteorolóxicos, etc. Teñen a súa orixe co cálculo diferencial que arranca no século XVII, cando aparecen as derivadas cos traballos de Newton (1642 – 1727) e Leibniz (1646 – 1716…
Teratoxénese
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cruz Landeira, Angelines
A presente unidade didáctica forma parte da lección 3, que trata de mecanismos de toxicidade. Xunto á mutaxénese e a carcinoxénese constitúe un mecanismo especial de toxicidade. Tamén xunto aos anteriores caracterízase polo longo período de latencia que pasa, moitas veces, entre a exposición a un tóxico e a manifestación dos efectos. Comparte, ademais con eles a característica de que, ás veces, un mecanismo xenotóxico está na base fisiopatolóxica do proceso.
A teratoxénese é un problema que…
Explanacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte, Núñez Temes, Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas.
No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados co tráfico por estrada necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.
A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais,…
Consello de Administración. Presenza feminina nas empresas do sector do petróleo e enerxía do Ibex35
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Padín, Rocío
O obxectivo fundamental deste traballo é analizar a presenza da muller nos consellos de administración (en adiante CA) das empresas do sector do petróleo e a enerxía do IBEX35. Para realizar o estudo utilizouse como fonte de información os informes anuais de goberno corporativo (en adiante IAGC) que deben presentar cada exercicio as propias empresas.
En termos xerais, os resultados acadados indican que existe unha ampla variabilidade nas empresas deste sector en canto á participación feminina…
Alimentación en sistemas de muxido robotizado: descrición das racións formuladas e factores que afectan ao consumo de concentrado no robot
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Correa Fernández, Alexandra
As granxas que adquiren un sistema de muxido robotizado enfróntanse a numerosos e novos retos para acadar o éxito do seu funcionamento. Gran parte destes retos gardan unha estreita relación cos cambios no manexo da alimentación que este sistema implica, pois parte do segredo na aceptación do robot por parte das vacas atópase no concentrado do robot e o equilibrio na formulación coa ración do presebe . Sobre todo en sistemas de tráfico libre, no que as vacas deben acudir de xeito voluntario.…
Xeometría dos fibrados tanxentes e cotanxentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Souto Pérez, Silvia
[GL] Os obxectivos principais deste traballo son: En primeiro lugar, describir os fibrados tanxentes e cotanxentes dunha variedade diferenciable como variedades diferenciables, e introducir os elementos xeométricos canónicos destas variedades, como son, a 1-forma de Liouville e a estrutura simpléctica canónica no fibrado cotanxente; a estrutura tanxente canónica e o campo de vectores de Liouville no fibrado tanxente. Para isto faise, en ambos casos, unha pequena introdución dos conceptos…
Dálle unha volta: unha proposta didáctica arredor da metáfora conceptual
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Espiñeira, Sara
A publicación de Metaphors We Live By (1980) de Lakoff e Johnson marcou un antes e un despois na Lingüística cognitiva, pois revelou que a metáfora conceptual non só se trata de un fenómeno ubicuo, senón que actúa a diario como reitor da nosa fala, do noso pensamento e das nosas accións. En canto parte da estruturación conceptual da nosa mente, a metáfora permítenos acceder aos dominios máis complexos e abstractos da realidade, ademais de fornecer un marco cultural no que recoñecermos como…
Introdución ao análise multivariante en bioestatística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Pérez, Andrea
[GL] Unha das posibles aplicacións das matemáticas é no ámbito sanitario, por exemplo
para controlar a efectividade de medicamentos. Para levar isto a cabo, debemos controlar
os posibles erros e asegurar fiabilidade dos nosos estudos. Unha das situacións nas que é
importante este control é cando se levan a cabo centos ou miles de probas o que nos leva
a ter que facer certos axustes para non superar o marxe de erro inicial fixado. Ao longo
deste traballo comezamos cos casos sinxelos dun único…
O método de sub e sobresolucións para problemas diferenciais ordinarios
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rozas Trastoy, Santiago
[GL] O obxectivo principal deste traballo será estudar o procedemento para atopar solucións
dunha ecuación diferencial coñecido como método das sub e sobresolucións. Este método
céntrase principalmente na obtención do que chamaremos sub e sobresolucións do problema
para despois, grazas a diferentes resultados que presentaremos ao longo do traballo, poder
afirmar que o problema orixinal posúe unha solución entre estas dúas funcións.
Primeiramente sentaremos as bases do método para despois…
Análise do rol da enfermaría de Atención Primaria en materia de prevención e diagnóstico precoz do VIH na comarca de Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Viaño Rial, Javier
Introdución: o VIH/SIDA é un problema de saúde pública cuxa prevención é posíbel mediante métodos sinxelos e que sendo diagnosticado de xeito precoz mellora substancialmente as condicións do paciente. A enfermaría de Atención Primaria desenvolve un rol fundamental neses dous eidos: a prevención e o diagnóstico precoz. Existen numerosas aptitudes coas que a enfermaría de Atención Primaria debe contar para poder desenvolver con éxito este rol. Obxectivos: coñecer as aptitudes e actitudes da…
Análise das desigualdades de xénero no mercado laboral en España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fuentes, Stella
A economía feminista caracterízase por presentar unha visión máis realista do mundo social e económico e integra na súa análise unha visión sectorial de xénero. Na actualidade, a existencia de desigualdade e pobreza social e económica adquiriu unha maior relevancia social; nun contexto no que as persoas traballadoras adquiren cada ver un menor poder en termos de renda. Ademais, son as mulleres as maiores prexudicadas destas ineficiencias sociais, dado que obteñen as taxas de pobreza e risco de…
A situación da Lingua Galega entre o alumnado en prácticas do grao de Educación Primaria, La situación de la lengua gallega entre el alumnado en prácticas del grado de educación primaria, The situation of the Galician Lenguage among trainess in the primary education degree
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Redosinda
No presente documento vese reflectido un traballo de investigación sobre cal é a situación da lingua galega entre o alumnado en prácticas da educación primaria. Para acadar esta información, fixen dúas enquisas, unha previa a empezar o Practicum II e outra, unha vez rematado. Estas foron dirixidas ao alumnado pertencente a cuarto curso do grao de educación primaria da Universidade Santiago de Compostela. O principal obxectivo foi comprobar se as ideas sobre o uso da lingua galega se seguían…
Xenética da conservación do lince ibérico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pazos Linares, Elena
O lince ibérico (Lynx pardinus, Temminck 1827) é un mamífero da orde Carnivora,
familia Felidae, que chegou a ser considerado o félido máis ameazado do mundo mais que,
apoiado en ambiciosos programas de conservación, ten experimentado un cambio de tendencia que o sitúa en vías de recuperación. Esta especie, paradigmática para a avaliación do impacto da restrición demográfica en fenómenos que resultan na perda de variabilidade xenética e, en consecuencia, de potencial adaptativo e no incremento…
O delito de corrupción deportiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia
A regulación, pola Lei Orgánica 5/2010, do 22 de xuño, da corrupción entre particulares (art. 286 bis CP) é froito das obrigacións supranacionais asumidas por España. Con todo, o lexislador español foi máis aló do disposto nas normas sobre corrupción privada existentes nese momento —que limitaban a súa aplicación ás actividades económicas, financeiras ou comerciais— tipificando, no apartado 4º do citado artigo, a fraude nas competicións deportivas. Desta forma, adiantouse ao que, anos máis…
A xestación da violencia guerrilleira na Arxentina (1966-1973)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Rodríguez, Paulo Daniel
Dito traballo pretende abordar as causas históricas, tanto a nivel internacional como na particularidade nacional arxentina, á aparición de violencia política organizada no período da ditadura militar autodenominada Revolución Arxentina. Para isto, analízase o contexto económico, político, social e cultural nacional e internacional na medida en que estes contribúen ao esclarecemento da cuestión. En resumidas contas, pódese dicir que a violencia guerrilleira neste período responde a dinámicas…
Arcanxos : combatentes, mensaxeiros e custodios. Tipos iconográficos en Europa e a súa tradición en América Latina, Arcángeles : combatientes, mensajeros y custodios. Tipos iconográficos en Europa y su tradición en América Latina, Archangels : fighters, messengers and custodians. Iconographic types in Europe and their tradition in Latin America
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Huertas Gómez, Cristina
A través dun percorrido que abarca dende o Renacemento ao Barroco búscase establecer os diferentes tipos iconográficos das representacións dos arcanxos canónicos: San Miguel, San Gabriel e San Rafael, procurando tamén as súas orixes no mundo antigo. Para isto préstase atención aos episodios que protagoniza cada arcanxo e que contribúen a xerar a súa tipoloxía conceptual. Na mesma liña, tamén se atende a tradición que continúan esas mesmas imaxes nas rexións hispanas de América. Por outra parte,…
Aproximación á oración en francés
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodriguez Pedreira, Nuria
A presente unidade didáctica pretende introducir conceptos gramaticais básicos para lograr a correcta aprendizaxe dos contidos que se van impartir en unidades posteriores. Aquí formúlanse problemas comúns derivados de nocións que resultan equívocas para os estudantes. É o caso do propio termo «gramática» que non significa o mesmo se se concibe en sentido amplo ou en sentido estrito. O mesmo se falamos de «gramática» vs. «gramáticas», de «morfosintaxe» entendida como unha única disciplina ou…
Fundación de sociedades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vivel Búa, Milagros
O empresariado é o protagonista da actividade económica a través da
organización eficiente dos recursos escasos e os medios dispoñibles para
satisfacer as necesidades humanas. Baixo unha perspectiva legal, este
empresario pode desenvolver o seu negocio como persoa física,
constituíndo un empresario individual, ou como persoa xurídica, creando
para iso unha sociedade.
Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Contabilidade
Financeira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración e…
Tipoloxías vitimais e prevención
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia
A formulación de tipoloxías vitimolóxicas remóntase ás orixes da vitimoloxía, debéndose as primeiras a Von Hentig e Mendelsohn —os chamados pais da vitimoloxía—, quen xogaron un papel fundamental nos seus inicios coa formulación das teses da predisposición vitimal e a contribución da vítima á súa propia vitimización. Ao orixinarse dentro dun paradigma positivista, o interese da nova disciplina centrouse, inicialmente, no estudo teórico daqueles factores que permitían diferenciar as vítimas das…
O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna : un estudo sobre o oficio de ama de cría
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Freire Fontaíña, Alba
No presente traballo abórdase a cuestión do aleitamento alleo -por mulleres diferentes das nais- dende unha perspectiva ampla na que se entrecruzan os aspectos sociais, económicos e culturais. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada, tratamos de comprender e explicar que a función desenvolta polas amas de cría na Idade Moderna no Reino de Galicia foi esencial para a supervivencia das crianzas e ao mesmo tempo, unha actividade pagada que abarcou os estratos máis baixos da…
A influencia da percepción de represión sobre a intención de acción colectiva normativa e non normativa : un estudo sobre a participación no movemento ecolóxico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Doval, Amina
O cambio climático que levamos experimentando dende fai décadas como consecuencia, principalmente, do aumento nas emisións de gases de efecto invernadoiro, incrementadas a partir da Revolución Industrial, está a producir estragos importantes no noso planeta, ameazando de xeito importante á vida no mesmo. Fronte a esta problemática, milleiros de persoas alzan a súa voz a través de colectivos organizados que cada vez se atopan con máis trabas legais. Na presente investigación, trátase de…
Intervencións preventivas dixitais dos trastornos da conduta alimentaria: unha revisión bibliográfica. Proposta aplicada para a prevención selectiva dos trastornos da conduta alimentaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carro Mareque, María Fátima
A elevada incidencia dos Trastornos da Conduta Alimentaria pon en relevancia a
importancia dos programas preventivos. Actualmente, o uso de formatos dixitais permite
chegar a máis persoas e resolver outras dificultades das intervencións presencias. O
obxectivo do presente traballo foi realizar unha revisión bibliográfica para coñecer a
efectividade dos programas dixitais preventivos dos últimos dez anos. O estudo seguiu as
recomendacións da declaración PRISMA e usáronse as bases de datos…
A televisión local en Galicia, La televisión local en Galicia, Local television in Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Cerdeira, Jessica
A televisión local naceu como resposta á necesidade da sociedade por ter contido informativo audiovisual que tratase dos temas máis próximos ás persoas. Este modelo de televisión permite, ademais, que os cidadáns poidan participar dela e contar as súas historias na televisión. No caso concreto de Lugo, a cidadanía lucense puido desfrutar de tres proxectos televisivos entre 1994 e 2017, ano no que cesaron as emisións a través de TDT. Por esta razón, esta investigación ten por finalidade…
BAF (Benestar, amizade e futuro): programa de promoción da inclusión social en Educación Primaria a través do uso de cromos, BAF (Bienestar, amistad y futuro): programa de promoción de inclusión social en Educación Primaria a través del uso de cromos., BAF (Welfare, friendship and future): social inclusion promotion programme on elementary education through the use of trading cards.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amenedo Seijas, Andrea, Besteiro Lago, María, Fernández García, Alba María
O modelo de inclusión que lidera as últimas políticas educativas leva a asumir un esquema social onde as diferenzas individuais non desaparecen, senón que se busca a creación dun ambiente onde cada persoa se sinta valorada, respectada e sexa quen de participar plenamente para alcanzar o seu potencial máximo. Este ideal lexislativo, tan aparentemente eficaz a nivel teórico, non sempre se traduce de forma efectiva na realidade das aulas de Educación Primaria.
A dimensión socioafectiva composta,…
Estudo da reactividade dun arino derivado do antraceno
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijóo Díaz, Raquel
Os materiais derivados do grafeno reúnen unha combinación única de propiedades físicas e químicas que os fai moi interesantes para a súa utilización como materiais moleculares. Nos derradeiros anos, levouse a cabo un intenso traballo no campo da química sintética, para preparar, partindo de unidades moleculares pequenas, unha gran variedade destes materiais. O grupo de investigación COMMO (Guitián/Pérez/Peña) destaca polo desenvolvemento de metodoloxías sintéticas baseadas na química de arinos,…
Desenvolvemento e optimización dun novo modelo dinámico in vitro para a simulación do sistema dixestivo humano e a súa aplicación no ámbito das ciencias da saúde
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Roade Pérez, Paula
[GAL]
Cada vez hai máis conciencia entre a poboación acerca dos beneficios ou inconvenientes que poden carrear para a saúde os distintos compoñentes que forman os alimentos. Para avaliar os efectos destes elementos, cabe pensar que o método más axeitado son os estudos in vivo en humanos ou animais. Porén, non é doado levalos a cabo por consideracións éticas, económicas, etc. Debido a isto, como alternativa, nos últimos anos desenvolvéronse modelos in vitro estáticos e dinámicos, que permiten…
Caracterización do home ideal nos Traballos e Días de Hesíodo: valores en sociedade e pericia no agro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Decabo Nogueira, Esteban
Os Traballos e Días de Hesíodo constitúen, para os estudosos da cultura grega (e en concreto da Época Arcaica), unha fonte inesgotable de datos sobre o ideal de vida e relacións interpersoais dese tempo. Nesta obra podemos atopar dende unha detallada descrición dos valores que se consideran fundamentais nunha persoa (entre os que destacan a xustiza ou a laboriosidade) ata un minucioso catálogo dos labores agrícolas axeitados para cada estación do ano, enmarcado todo isto nun contexto didáctico,…
Hábitos de vida en adolescentes do CPI Tino Grandío: análise comparativa con estudos nacionais e proposta dende a enfermería comunitaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villar Pérez, Lucía
[GLG] Obxectivo:
Analizar os hábitos de vida do alumnado adolescente do CPI Tino Grandío en relación coa alimentación, a actividade física, o sono e o consumo de substancias, comparando os resultados obtidos cos datos nacionais dispoñibles nos estudos HBSC e ALADINO, co propósito de propoñer intervencións dende a enfermería comunitaria que favorezan a promoción da saúde en contornas rurais.
Metodoloxía:
Realizouse un estudo observacional, descritivo e transversal durante o terceiro…
Raíces e alas: unha proposta de intervención psicosocioeducativa nun caso de ACNEAE, Raíces y alas: una propuesta de intervención psicosocioeducativa en un caso de ACNEAE, Roots and wings: a psycho-social educational intervention proposal for a student with special educational needs
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moares González, Rita
O presente Traballo de Fin de Grao versa sobre o deseño dunha intervención psicosocioeducativa dirixida a unha alumna de terceiro curso de Educación Primaria. O seu historial persoal inclúe situacións de vulnerabilidade socioeconómica e de violencia intrafamiliar, que repercuten no seu desenvolvemento integral, e que supoñen a identificación co grupo de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (por motivos de condicións familiares). A proposta intégrase no proxecto “Raíces que…
Enredando idades: programa interxeracional no eido da Educación Primaria a través das TIC, Enredando edades: programa intergeneracional en el ámbito de la Educación Primaria a través de las TIC, Entangling ages: an intergenerational program in the field of Primary Education through ICTs
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Otero, Iria
Na actualidade, son escasas as oportunidades que se brindan para a promoción da relación entre xeracións nunha sociedade dixital onde cada vez están máis distantes. Ao mesmo tempo, a escola constitúe o escenario idóneo para loitar contra esta fenda xeracional a través da educación. Por estas razóns, deseñouse un programa de educación interxeracional no que a infancia se relaciona coa adolescencia e coa terceira idade a través das novas tecnoloxías. Dirixido ao 5º curso de Educación Primaria,…
Métodos estadísticos en bioinformática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Robles, Celia
Neste traballo abordarase o estudo das secuencias de ADN empregando os métodos estadísticos como ferramenta fundamental. Estudaranse diversas cuestión relacionadas co proceso de ensamblado que forma parte da secuenciación dun xenoma. Previamente levarase a cabo o estudo dos conceptos de probabilidades e variables aleatorias, así como unha introdución dos procesos estocásticos, en concreto, dos procesos de Poisson, que son necesarios para modelizar o proceso de secuenciación. Finalmente,…
Series de Fourier e ecuacións en derivadas parciais en dúas e tres dimensións espaciais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lema Dourado, Paula
O obxectivo principal deste traballo será o de estender conceptos e ideas sobre series de Fourier e as súas aplicación as ecuacións en derivadas parciais ao caso de máis dimensións. En primeiro lugar, introdúcese as nocións e resultados sobre as series de Fourier nunha e máis variables. Estudaranse os teoremas máis relevantes sobre a converxencia, principalmente a uniforme. Os restantes capítulos, estarán adicados as ecuacións da calor, Laplace e ondas. Trataranse estes problemas desde o…
Drenaxe
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte, Carballo Sánchez, Rodrigo
Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas.
No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder aborda-lo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.
A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases…
O alumnado de Educación Infantil nas aulas hospitalarias : a educación emocional como resposta educativa, El alumnado de Educación Infantil en las aulas hospitalarias : la educación emocional como respuesta educativa, The preschool students in hospital classrooms : the emotional education as an educational response
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Docampo, Laura
[GL] Na actualidade, cada vez son máis os profesionais que defenden o principio de individualización como eixo vertebrador da Educación Infantil. A idea de inclusión deu lugar a colectivos cada vez máis dispersos e con características claramente diferenciadas, sendo as escolas hospitalarias un dos exemplos máis destacables en canto á diversidade.
Resultado da falta de investigacións e a situación pouco visible destes espazos, este contexto educativo tórnase nun lugar pouco coñecido. Sen embargo…
Crecemento económico e liberdade económica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Franco Rodríguez, Mateo Santiago
Á hora de explicar o crecemento económico asume unha grande importancia o papel das institucións. Institucións como poden ser a propiedade privada ou o imperio da lei afectan aos incentivos que confrontan os axentes económicos, determinan o seu comportamento e, consecuentemente, os resultados económicos tais como a eficiencia, a acumulación e a innovación. Polo tanto, as institucións teñen un efecto significativo sobre o crecemento económico (North, 1990). O obxectivo do presente traballo é…
Aprender sobre a diversidade dos seres vivos a través das prácticas científicas, Aprender sobre la diversidad de los seres vivos a través de las prácticas científicas, Learning about living beings diversity through scientific practices
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Silveira, Daniel
O estudo realizado neste traballo de fin de máster pretende analizar a capacidade do alumnado de explicar fenómenos cientificamente e de aplicar criterios de clasificación taxonómicos a través de dúas actividades relacionadas coa diversidade dos seres vivos. As actividades propostas foron realizadas por 50 estudantes de 1º de ESO que cursaban a materia Bioloxía e Xeoloxía nun centro urbano de Santiago de Compostela. Este estudo enmárcase na investigación cualitativa e céntrase na análise das…
Desenvolvemento Económico II: análise do desenvolvemento humano nas rexións italianas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castellano Díaz, Julia
Este traballo propón unha óptica do desenvolvemento baseada no desenvolvemento humano, salientando a importancia doutras variables ademais das puramente económicas nas que se fundamenta o crecemento. O proxecto realiza unha análise do desenvolvemento humano nas rexións italianas durante o período 2007-2014 co propósito de estudar as disparidadesinterrexionais e a variación destas notempo. O indicador suxerido é un IDH adaptado que…
Programación estocástica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ares Méndez, Iria
[GL] A priori podemos pensar que o problema dun agricultor que debe decidir as cantidades que vai plantar de certos cultivos e o problema dun coordinador de rutas de transporte dun distribuidor de carburante non teñen nada en común; porén, non é certo. Ademais do obxectivo de optimizar certos beneficios ou custos suxeitos ás diversas restricións sobre as variables de decisión, algúns parámetros (rendementos de cultivos ou demandas de clientes, respectivamente) poden distar de ser deterministas,…, [EN] A priori we can think that the problem of a farmer who has to decide the quantities to plant of certain crops and the problem of transport route coordination of a fuel distributor have nothing in common; however, it is not true. Besides the objective of optimizing certain benefits or costs subject to several restrictions on decision variables, some parameters (crop yields or customer demands, respectively) may be far from deterministic, be subject to uncertainty and require treatment as…
Unha introdución ás ecuacións en diferenzas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lema Pailos, Martín
[GL] Neste traballo estudaremos as ecuacións en diferenzas. Introduciremos o cálculo en
diferenzas para así poder traballar coas ecuacións en diferenzas, vendo métodos explícitos
para resolvelas en certos casos e resultados que garanten a existencia de solución. Tras
isto, veremos os sistemas de ecuacións lineais en diferenzas de forma breve, comprobando a
analoxía existente cos sistemas de ecuacións lineais diferenciais á hora da busca de solucións.
Por último, pasaremos a estudar o…, [EN] In this work we will study the difference equations. We will introduce the calculation in
differences in order to work with equations in differences, seeing explicit methods to solve
them in certain cases and results that guarantee the existence of a solution. After this, we
will see the systems of linear equations in differences in a brief way, checking the existing
analogy with the systems of differential linear equations when looking for solutions. Finally,
we will study the asymptotic…
Modelos lineais de regresión cuantil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gil Rial, Lucía
[GL] O obxectivo desta memoria é presentar os modelos de regresión cuantil. Para isto def
ínese previamente o concepto de variable aleatoria así como as súas principais caracter
ísticas. Préstase especial atención á estimación de cuantís mostrais, que pode ser vista
como un problema de optimización, e resultará de gran utilidade para a estimación do
modelo cuantil. A continuación preséntase o modelo de regresión en media, que ten como
propósito estudar posibles relacións entre distintas…
Procesamento analítico en liña de datos medioambientais en arquitecturas Big Data
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferrón Lea, Diego
A evolución das solucións Big Data nos últimos anos vén de ser exponencial, motivando
un novo enfoque respecto do tratamento de grandes cantidades de información que
non poden ser procesadas ou analizadas con ferramentas tradicionais. Ditas solucións
constitúen o fundamento dos modernos sistemas de apoio á toma de decisións (DSS) en
diversos dominios de aplicación, como por exemplo a análise do mercado levada a cabo
por unha aeroliña ou a monitorización e xestión do sistema de saúde dun…
Determinación de elementos críticos tecnolóxicos en mostras de pescados e moluscos mediante ICP-MS
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández del Río, Alba
Na actualidade incrementouse o uso dos denominados elementos críticos tecnolóxicos por mor dos avances nas tecnoloxías, o que implica a súa potencial liberación no medioambiente. Debido a isto, é de interese estudar a súa presenza en diferentes matrices medioambientais.
No presente traballo desenvólvese un método de determinación simultánea do contido total de elementos críticos tecnolóxicos (Ga, Ge, Y, Nb, Ru, Rh, In, Te, La, Ce, Pr, Nd, Eu, Sm, Gd, Tb, Dy, Ho, Er, Tm, Yb, Lu, Ta, Pt, Tl e U)…
Análise das cadeas globais de valor no sector textil : estudo dos seus impactos ambientais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Ponte, Pablo
No presente traballo, realízase unha dobre aproximación teórica aos conceptos e implicacións das Cadeas Globais de Valor (CGV) e da economía circular (EC). Incluíndo unha análise empírica que integra esa dobre perspectiva. En primeiro lugar, analízase o concepto de CGV, vantaxes e desvantaxes. Ademais de presentar como funciona a súa estrutura en termos de gobernanza e upgrading. En segundo lugar, apórtase unha descrición teórica da EC, así como os seus principios e implicacións dentro do…
VOX ¿dereita radical?: unha análise do discurso, VOX ¿derecha radical?: un análisis de discurso, VOX, radical right?: a discourse analysis
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Rodríguez, Ángela
Este traballo, aborda dende a literatura e a evidencia empírica, o xurdimento dunha nova vertente da extrema dereita: a dereita radical, empregando as aportacións de autores coma Cas Mudde, Elisabeth Carter ou Roger Eatwell, entre outros. A partires desta revisión da literatura, lévase a cabo o estudo concreto do partido político español VOX, analizando o seu discurso dende o enfoque metodolóxico da Análise Crítica do Discurso e o uso do programa de análise de contido Atlas.ti9. Os resultados…
EmocionArte. Unha perspectiva integral da Educación Artística, EmocionArte. Una perspectiva integral de la Educación Artística, ArtEmotion. A integral perspective of Art Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Ferreiro, Lucía
A arte constitúe un aspecto esencial das nosas vidas. A través dela podemos ver o mundo con outros ollos, deixar fluír a nosa creatividade e embargarnos nun universo cheo de emocións. Porén, a Educación Artística segue a ser unha disciplina marxinada e infravalorada dende o sistema educativo. Por todo isto, neste traballo denúnciase a súa situación crítica e deféndese unha reinvención da mesma, dende o punto de vista da interdisciplinariedade e da inclusión de diferentes disciplinas artísticas…
Unha introdución ós grupos topolóxicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Fernández, David
[GL] Un espazo topolóxico que tamén é un grupo tal que a multiplicación e
a inversión son continuas é un grupo topolóxico. Neste traballo estudaremos
propiedades da topoloxía xeral dos grupos topolóxicos, os homomorfismos
entre eles, os seus subgrupos topolóxicos, os seus espazos cocientes e os seus
produtos. Ademais trataremos os axiomas de separación, metrizabilidade,
compacidade, compacidade local e conexión no contexto dos grupos topolóxicos
As 27 rectas da superficie cúbica lisa do espazo proxectivo P3
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Campo, Miguel
Próbase a existenza dunha recta na superficie cúbica lisa de P3. A partir de aquí e mediante
argumentos xeométricos atópanse as 27 rectas de cúbica e tradúcese as relacións entre elas en números de interseccións. De xeito natural faise o estudo do Grupo de Picard da cúbica, amosando que toda curva C ⊂ S da cúbica é linealmente equivalente a unha combinación lineal de 6 das rectas da cúbica e unha cónica residual nun plano contendo a unha determinada recta de S. O concepto linealmente…
Que é a teoría de categorías?
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pazos Moure, Alex
A teoría de categorías permite expresar numerosas realidades matemáticas en diversos
ámbitos cunha linguaxe común, facilitando a súa clasificación e a busca de conexións entre
ditos ámbitos, ou entre aspectos diferentes do mesmo. E unha ferramenta potente para o
estudo de estruturas matemáticas, guiando as definicións de construcións habituais, como
o produto tensor ou o módulo libre, que teñeen análogos que, a primeira vista, semellan non
ter nada que ver. Coa fin de incidir nestas…
Arquitectura altomedieval en Portugal. Construción e reconstrución
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Vázquez, Antonio
O presente traballo consta de dúas partes diferenciadas. En primeiro lugar procúrase facer unha aproximación á realidade arquitectónica na alta Idade Media en territorio portugués. Abórdanse debates historiográficos, estilísticos e terminolóxicos como a cuestión mozárabe ou o termo «reconquista». Alén disto, tamén se tratan obras concretas do patrimonio conservado, como São Frutuoso de Montélios, São Pedro de Lourosa ou São Pedro de Balsemão. A segunda parte trata as restauracións «en estilo»…
O legado dos Elefantásticos: unha viaxe épica cara a unha nova era matemática, El legado de los Elefantásticos: un viaje épico hacia una nueva era matemática, The legacy of the Elephanteastics: an epic journey towards a new mathematical era
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montero Fernández, Sara
A introdución da resolución de problemas nas aulas é un dos maiores retos da educación. Explicar de que tratan as matemáticas é unha das maiores dificultades ás que nos enfrontamos os docentes.
No presente Traballo Fin de Grao móstrase a relación entre o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático, a creatividade e a resolución de problemas matemáticos por medio dunha proposta de innovación didáctica que segue un enfoque STEAM. As dificultades detectadas nos discentes ao redor deste aspecto…
Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Vila, María José
A unidade didáctica Condución de calor en réxime non estacionario:
determinación de propiedades de transporte está incluída na materia
Experimentación en Química Industrial 1 que se imparte no primeiro
semestre do terceiro curso do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos
Industriais, é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía
específica en Química Industrial. É unha materia, de carácter totalmente
práctico, polo tanto o seu desenvolvemento farase integramente no
laboratorio.
A…
Análise do autoconcepto, do perfil psicolóxico e ansióxeno en xogadores de balonmán
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torre Pousada, Lucía de la
O balonmán é un deporte moi dinámico con constantes accións que causan incertezas, require de unha gran axilidade e habilidade de pensamento técnico-táctico, polo que exixe aos xogadores posuír un idóneo desenvolvemento psicolóxico. No presente estudo tratamos de establecer o perfil psicolóxico, o autoconcepto, os niveis de ansiedade e a autoconfianza dunha mostra de xogadores de balonmán (N=121), buscando se existen relacións entre estes e explorando as diferenzas que poidan xurdir en función…
Análise discursiva da loita pola hexemonía a través dos espazos de comunicación de masas: o caso de Íñigo Errejón na precampaña e a campaña das eleccións á Asemblea de Madrid do 4 de maio de 2021, Análisis discursivo de la lucha por la hegemonía a través de los espacios de comunicación de masas: el caso de Íñigo Errejón en la precampaña y la campaña de las elecciones a la Asamblea de Madrid del 4 de mayo de 2021, Discursive analysis of the struggle for hexemony through mass media spaces: the case of Íñigo Errejón in the pre-campaign and campaign for the elections to the Madrid Assembly on 4th May 2021
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calviño Tato, Pablo
A Escola de Essex inaugurou un novo paradigma para comprender o fenómeno do discurso. Seguindo os traballos de Laclau e Mouffe, esta investigación emprega os fundamentos onto-epistemolóxicos da súa proposta para analizar a articulación discursiva mobilizada por Íñigo Errejón na precampaña e na campaña das eleccións á Asemblea de Madrid do 4 de maio de 2021. Seguindo un método que combina a Discourse Theory co frame analysis, identificamos os marcos de diagnóstico, de prognóstico e de motivación…
Elaboración de produtos xornalísticos multimedia, Elaboración de productos periodísticos multimedia, Development of multimedia journalism products
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loureiro Sánchez, Ana
Nun escenario social e cultural no que as representacións artísticas identitarias, a busca de pertenza ou a reivindicación do territorio se consolidan coma unha contrareacción a fenómenos como a globalización, a nostalxia e a reivindicación das expresións da cultura tradicional semellan consolidarse como saída a esa necesidade de definir a personalidade en sociedade. Nos últimos tempos tense comezado a falar da "modernización da cultura tradicional" como forma de reinterpretar a…
Xogando no zoo: Recursos dun zoolóxico para actividades educativas baseadas no xogo destinadas á Educación Primaria, Jugando en el zoo: Recursos de un zoológico para actividades educativas basadas en el juego destinadas a Educación Primaria, Playing in the zoo: Zoo resources for educational activities based on games for Primary Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Eichelbaum Goicoechea, Beatriz
Coa investigación levada a cabo neste traballo fin de máster pretendeuse realizar unha revisión bibliográfica actualizada sobre a educación ao aire libre e os seus derivados (educación en, para e sobre) para poder crear unha actividade educativa que incluíse todos os seus aspectos.
A actividade educativa deseñada foi levada á práctica nun parque zoolóxico con 84 rapaces, tanto nenos como nenas, cunhas idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos. Para facer posible unha análise cualitativa e…
O método das rexións solución aplicado a sistemas con condicións non lineares
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tella Álvarez, Marcos
[GL] O método das rexións solución pertence a unha serie de técnicas de resolución de problemas diferenciais consistentes en procurar solucións en zonas axeitadas do espazo de traballo.
Comezaremos esta presentación introducindo os antecedentes ao método das rexións solución presentes na literatura, para así pór en contexto ao lector. Logo diso, faremos unha análise exhaustiva do funcionamento e as características de ditas rexións, observando as similitudes e diferenzas respecto dos métodos…
Comparación do nicho realizado das diferentes poboacións coñecidas de vespa velutina (Himenoptera, Vespidae) e predición do risco de invasión en Europa
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Negreira, Javier
As especies invasoras son, actualmente, un grave problema tanto medioambiental como económico e social. Este é o caso de Vespa velutina (Lepeletier, 1836), un membro da familia Vespidae actualmente invasor en Europa, Corea e o Xapón. Os perniciosos impactos que produce nas áreas invadidas inducen a necesidade de predicir o futuro alcance da súa invasión, para o cal é necesario coñecer previamente o seu nicho ecolóxico. O obxectivo deste traballo é, polo tanto, caracterizar e comparar o nicho…
A beleza prerrafaelista: as musas do pasado entre o estilo, o ideal feminino e a herdanza artística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chenlo Souto, Lucía
A arte da Irmandade Prerrafaelista floreceu a finais do século XIX no Reino Unido como un movemento reivindicativo fronte á rixidez que imperaba na Academia da época. Os seus principais integrantes —Dante Gabriel Rossetti, William Holman Hunt e John Everett Millais— avogaron por un retorno á inspiración do pasado medieval, afastándose dos convencionalismos vixentes. A súa proposta estética fundamentouse no culto á verdade promovendo unha forte exaltación da natureza, da beleza e da…