Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Implicacións do tempo de pantalla na atención e memoria: revisión e análise, Implicaciones del tiempo de pantalla en la atención y memoria: revisión y análisis, Implications of screen time on attention and memory: review and analysis
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corredoira López, Pastor
Os dispositivos dixitais impregnaron toda realidade existente, incluída a educación. É innegable que, nas últimas décadas, o tempo fronte a eles incrementouse exponencialmente, constatándose déficits na atención e memoria. Por iso, o obxectivo deste TFG é analizar e valorar se o tempo fronte ás pantallas afecta a procesos cognitivos como a memoria e a atención, e se iso se reflicte no rendemento académico. Consultáronse as bases de datos de PubMed, SCOPUS, PsycINFO e ERIC. Os resultados obtidos…
Análise de estratexias de aprendizaxe federada robustas a datos heteroxéneos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Enríquez, Roi
A aprendizaxe federada (AF) permite adestrar modelos de forma descentralizada sen compartir datos sensibles, mais sofre importantes limitacións en contextos con datos heteroxéneos. Os algoritmos tradicionais tenden a fallar na xeneralización global ou na personalización local. Este traballo presenta FLProtector, un marco dual no que cada cliente aprende un incremento local sobre un modelo global compartido, e decide dinamicamente que modelo utilizar en inferencia mediante un autoencoder…
A xeometría do triángulo nos problemas de olimpíadas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Antela Castro, Laura
Neste traballo trataremos de dar un contexto teórico sobre os principais conceptos que aparecen nos problemas das Olimpíadas Matemáticas sobre a xeometría do triángulo, centrándonos nos puntos notables, as circunferencias e as concorrencias e colinealidades. Deste xeito, o traballo está dividido en cinco capítulos. O primeiro con conceptos previos necesarios, os tres seguintes, coa temática na que se centra o traballo, incluíndo exemplos de resultados interesantes e que adoitan aparecer nas…
Síntese estereoselectiva e asimétrica: conceptos xerais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gulías Costa, Moisés
A Síntese Asimétrica é unha materia optativa incluída no 5º curso da titulación de Licenciatura en Química.
A materia está orientada ao alumnado do 5º curso orientados á área de Química Orgánica.
Esta unidade didáctica ten o obxectivo de promover o interese do alumno sobre a materia e facilitar a posterior adquisición de coñecementos ó facer fincapé na importancia da síntese asimétrica hoxe en día e facendo un repaso dos conceptos fundamentais acerca do tema adquiridos en cursos anteriores.
Os…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9928
Introdución ao cálculo de probabilidades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Casal, Alberto
A unidade didáctica Introdución ao cálculo de probabilidades forma parte da materia, de 6 créditos ECTS, Elementos de Probabilidade e Estatística. É unha materia de primeiro curso do grao en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A materia, que forma parte do módulo de Estatística e Probabilidade, impártese no primeiro cuadrimestre do curso a estudantes que, maioritariamente, acceden á Universidade
por primeira vez. A formación básica en contidos de probabilidade e estatística…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9993
Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díez Baños, Pablo, Díaz Fernández, Pablo
Esta unidade didáctica forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía,
epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e…
O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paül Carril, Valerià
Esta unidade didáctica achega o contido central da materia de Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado este documento…
O léxico dispoñible do galego. Análise descritiva e comparativa do vocabulario dos nenos galegos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pérez, Leticia
O obxectivo deste traballo é analizar o léxico dispoñible de alumnos galegos de 6º de educación primaria correspondente ao centro de interese ‘Os xogos e as distraccións’ xa estudado, xunto a outros dezasete, en López Meirama / Álvarez de la Granja (en prensa).
Despois de facer as correspondentes enquisas (na zona de confrontación das comarcas do Eume e Betanzos), editar os datos e vertelos nunha aplicación xa existente e deseñada ao efecto, pretendo describir os datos atopados e comparar os…
A toponimia maior no concello de Negreira, La toponimia mayor en el ayuntamiento de Negreira, Place names in the Negreira council
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pais Villar, Javier
No presente Traballo de Fin de Grao vaise tratar de facer un achegamento lingüístico á toponimia maior do concello coruñés de Negreira. Deste xeito, o obxectivo principal desta monografía é o estudo etimolóxico dos topónimos que se empregan neste concello para denominar as distintas entidades de poboación existentes no municipio. O Nomenclátor de Galicia (en adiante NG) foi a base que se tomou como referencia para a elaboración deste estudo, pois deste recurso tiráronse os topónimos que se…
A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivanera López, Andrea Lorena
Na segunda metade do século XX España experimentou en conxunto un claro proceso de converxencia rexional no PIB por habitante, pero este cesou case por completo a partir da década de 1980. Desde entón fóronse sucedendo etapas de diverxencia e converxencia, nun contexto xeral de estabilidade aproximada das disparidades rexionais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha tendencia á converxencia, apoiada nun achegamento das taxas de…
A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas, La traducción audiovisual como recurso didáctico en el proceso de enseñanza-aprendizaje de lenguas, Audiovisual translation as a teaching resource in the Teaching-Learning Process of Languages
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardo Álvarez, Héctor
[GL] No presente traballo explorarase a potencial validez da tradución como recurso didáctico para a aprendizaxe integrada de linguas ambientais e estranxeiras. Sobre a base de fontes bibliográficas de diversa índole, abordarase un percorrido pola historia da tradución e a súa vinculación coa didáctica das linguas e desenvolverase un marco teórico que sirva como fundamento metodolóxico para o deseño e aplicación dunha proposta didáctica, coa tradución audiovisual como recurso central, destinada…
As capitulacións matrimoniais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Martínez, Ana
A unidade didáctica desenvolve unha materia propia do Dereito de familia e corresponde ao módulo sobre organización económica do matrimonio, pois as capitulacións son a manifestación máis clara do principio de autonomía da vontade en materia matrimonial. Os cónxuxes ou noivos que pensan casar en breve poden pactar, con algúns límites, sobre os aspectos patrimoniais da súa relación. O tema conecta tamén con contidos doutras materias da titulación, como Dereito Civil I, no que se estuda o negocio…
O personaxe da "moura" na mitoloxía galega: Análise desde unha perspectiva de xénero
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López González, María del Mar
A tradición oral é un vasto fenómeno de grande complexidade referido ao conxunto de manifestacións culturais que se transmite de xeneración en xeneración e que ten como papel esencial preservar os saberes, experiencias, prácticas, etc. considerados ancestrais, legandóos ás novas xeracións para a súa sobrevivencia futura. Con relación á literatura de tradición oral e popular, chama a atención a aparición de estudos feitos desde unha perspectiva de xénero, fundamentalmente como consecuencia do…
A integración do medio como recurso na Educación Infantil dende a perspectiva do profesorado, La integración del medio como recurso en Educación Infantil desde la perspectiva del profesorado, The integration of the milieu as a resource in Early Childhood Education from teachers' perspective
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sanín Sánchez, Lorena
No presente traballo preténdese analizar as posibilidades educativas que ofrece o medio dende a perspectiva do profesorado. Centrarémonos en esclarecer a relación entre as concepcións do profesorado e a integración nas aulas de propostas de coñecemento, exploración e investigación do medio.
O traballo de iniciación á investigación adoptou un deseño cualitativo no que a entrevista foi a ferramenta fundamental para a recollida de datos, sendo a análise de contido a estratexia para o estudo da…
Estimación tipo núcleo da función de densidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arrojo Vázquez, Álvaro
[GL] A estimación da función de densidade é un tema de gran importancia no campo da
Estatística xa que calquera variable aleatoria continua queda completamente caracterizada
grazas á súa función de densidade. Dada a importancia da estimación da función de densidade, este tema foi abordado dende diferentes puntos de vista. Presentouse dende unha
primeira aproximación grazas a unha representación gráfica (coñecida como histograma)
ata métodos non paramétricos máis complexos como a estimación tipo…, [EN] The estimation of density function is a real important topic in the field of Statistics
due to the fact that every continuous variable is completely defined by its density function.
Given the density function importance, this subject was approached by different points
of view. It was presented from a first graphic approach (known as histogram) to non
parametric complex methods as kernel density estimation.
On the present project the kernel density estimation and some different error…
O teorema de Poincaré-Miranda
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Novoa Fernández, Julio
[GL] O teorema de Poincaré-Miranda establece unha condición suficiente para
garantir que unha aplicación continua ƒ: 𝐾 → ℜⁿ ten un cero en 𝐾, onde
𝐾 ⊂ ℜⁿ é un n-cubo e n ∈ N. O obxectivo principal deste traballo é enunciar
e demostrar dito resultado, revisando a proba orixinal de Carlo Miranda e
proporcionando dúas probas alternativas. Con este fin, introducimos unha
serie de conceptos necesarios de combinatoria e topoloxía, incluíndo demostraci
óns do lema de Sperner e do teorema do punto fixo…
Análise da evolución do voto á extrema dereita en España: VOX (2018-2021), Análisis de la evolución del voto a la extrema derecha en España: VOX (2018-2021), The progression of the far-right vote in Spain: VOX (2018-2021)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Santomé, Celia Magdalena
No presente traballo investigarase un tema de constante relevancia á hora de analizar e entender os panoramas europeos actuais: a extrema dereita. A ciencia política trata de estudar este tema para observar como afecta ás sociedades e como aparece dentro destas. Ademais do estudo deste fenómeno en Europa e no Estado español, observarase ao votante do partido de ultradereita VOX, para tratar de definir un perfil similar ao europeo e descubrir as diferenzas entre os votantes da dereita…
O Apolo de Louis XIV: Tres iconografías ovidianas na fontanería de Versalles, El Apolo de Luis XIV: Tres iconografías ovidianas en la fontanería de Versalles, The Apollo of Louis XIV: Three Ovidian iconographies in the plumbing of Versailles
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cisneros Pérez, José Ramón
As representacións do deus Apolo en Versalles, vinculado á figura do rei Louis XIV, configuran un magnífico programa iconográfico fundamentado nas Metamorfoses de Ovidio. Dentro deste programa destacarán especialmente a fontanería e a xardinería, cuxas principais materializacións, obxecto de estudo do presente traballo, son o Estanque de Latona, o Estanque de Apolo e a desaparecida Gruta de Tetis, tres fitos da fontanería versallesa que conforman un eixo nos xardíns o cal nos fala da asociación…
O espectador alerta: a activación da audiencia nas obras de Bruce Nauman
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Amoedo, Lucía
O que se pretende abordar neste traballo é un achegamento a cinco obras de Bruce Nauman (Fort Wayne, 1941) nas que o espectador xoga un papel esencial e específico. Partirase dun contexto histórico-artístico para comprender as condicións que rodean ao artista, seguido dunha introdución aos primeiros anos da súa carreira. Tras isto, a análise das cinco obras, que son: Get Out of My Mind, Get Out of This Room (1968), Live-Taped Video Corridor (1970), Going Around the Corner Piece (1970), Body…
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxicoconsecuencialista
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Docampo López, Laura
A escaseza de auga constitúe un problema a nivel global. Os recursos hídricos existentes non son suficientes para facer fronte á crecente demanda. Polo tanto, é necesario buscar fontes de auga alternativas. Unha solución prometedora é a reciclaxe de augas residuais. A auga reciclada é unha solución medioambientalmente respectuosa e economicamente viable para aliviar a presión sobre os recursos de auga potable dispoñibles. Pode ser utilizada para diversos usos que implican distintos graos de…
O Reino Medieval de Galicia : outra vítima do relato
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Rodríguez, Antón
Baixo o nome “O Reino Medieval de Galicia: outra vítima do relato”, dimana o
obxectivo de afondar nas chaves do esquecemento historiográfico que padece o Reino
Medieval de Galicia dende unha perspectiva o máis neutral e obxectiva posíbel, dentro
da subxectividade inevitábel e inherente á análise histórica. Para iso, tentaremos buscar
as orixes e causas desta problemática na construción dos relatos nacionais do século
XIX, principalmente o español, mais tamén o galego, e a interpretación que…
La marginalidad en lo identitario: la voz de las personas disidentes a las normas de género y la relevancia del contexto educativo, A marxinalización no identitario: a voz das persoas disidentes ás normas de xénero e a relevancia do contexto educativo, Marginalisation in identity: the voice of people dissenting from gender rules and the relevance of the educational context
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Schiavo, Lucía
Las sociedades occidentales están ancladas en un modelo binario y cisgénero en el que las personas disidentes a esta imposición ocupan un espacio de otredad. La escuela no está al margen de esta realidad, por ello, el objetivo de este trabajo consiste en analizar las opiniones y experiencias personales, sociales, familiares y educativas de un grupo de personas con identidades no hegemónicas desde una perspectiva feminista y postestructuralista. A través de una investigación cualitativa, se han…
Historia comparada da literatura. Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Prieto, César
A necesidade de incluír nun programa da materia Introdución á Literatura Comparada unha unidade consagrada á historia comparada da literatura resulta evidente, pois, como se comprobará nos diversos epígrafes que compoñen a unidade, a propia historia institucional da disciplina é en boa medida a da súa conformación como histoire littéraire comparée. En efecto, os estudos comparatistas propiamente ditos xorden no tránsito do século XVIII ao primeiro romanticismo do XIX, cando a idea de literatura…
Os xardíns do Buen Retiro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castiñeiras García, Laura
Os xardíns do Buen Retiro, en Madrid, son un emblemático espazo verde cunha rica e diversa historia. A súa evolución histórico-artística reflicte as tendencias e gustos cambiantes ao longo dos séculos. Inicialmente concebidos, no século XVII, coma un espazo de recreo para a realeza española, os xardíns adoptaron o estilo barroco, con elementos como estatuas, fontes e parterres xeométricos. Durante o reinado de Felipe IV constrúense destacadas estructuras, que conservamos na actualidade, como o…
Lentes de contacto brandas como sistemas de administración de fármacos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereiro Vidal, Tamara
Neste traballo preséntanse as lentes de contacto brandas (SCL, do seu termo en inglés Soft Contact Lenses) como sistemas liberadores de fármacos, propoñéndoas unha alternativa á administración de gotas oftálmicas para o tratamento de enfermidades oculares.
A pesar de que as gotas oftálmicas representan o 95% do mercado de fármacos oculares, sofren diversas limitacións, destacando principalmente a baixa dispoñibilidade causada polo reducido tempo de residencia ocular. Para superar estas…
Achegamento á linguaxe matemática a través da poesía galega. Proposta didáctica para as aulas de secundaria., Acercamiento al lenguaje matemático a través de la poesía gallega. Propuesta didáctica para las aulas de secundaria., Approach to mathematical language though Galician poetry. Didactic poposal for secondary school.
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Morado, María
O obxectivo deste traballo é explorar, mediante a revisión bibliográfica, o potencial do uso da poesía na aula de matemáticas. Apoiándose nos beneficios da educación emocional e máis analizando uso histórico e cultural da propia poesía tratará de argumentarse a conveniencia da interdisciplinariedade na materia . Así, formúlase en segundo lugar, unha proposta didáctica para as aulas de matemáticas do Ensino Secundario baseada na poesía galega. Atendendo á pregunta de investigación “existen bases…
Proposta dun indicador sintético de ruralidade: unha aplicación ao caso de Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rocha, Carmen
A ruralidade, como moitos outros termos empregados polas ciencias sociais, trátase dun concepto multidimensional sobre o cal non existe un criterio de definición xeralmente aceptado. Esta falta de consenso, xunto coa multitude de disciplinas científicas implicadas na súa análise, fan do rural un termo difícil de aproximar. Así, o presente traballo ten como obxectivo facer unha proposta para medir o grao de ruralidade dun territorio a través da metodoloxía dos indicadores sintéticos, co…
A educación política para a superación dos discursos de odio na sociedade. Unha análise pedagóxica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fuentes Sánchez, Iván
O planeta terra no s. XXI parece estar enfermo. Guerras, epidemias, recesións, crise climática, cuestionamento da democracia, aumento dos discursos do odio… Un conxunto de afeccións que fan que o futuro das sociedades que habitan o globo terráqueo vexan ameazadas a súa existencia por mor da súa propia acción. Cando a idea de enfermidade aparece, inevitablemente, tamén o fai a idea da cura. ¿É a educación a cura da enfermidade do s. XXI? O certo é que aquel que pretenda que a educación revirta…
Histiocitose de células de Langerhans, estudo clínicopatolóxico retrospectivo e avances no seu manexo diagnóstico e terapéutico, Histiocitosis de células de Langerhans, estudio clinicopatológico retrospectivo y avances en su manejo diagnóstico y terapéutico, Langerhans cell histiocytosis, clinicopathologic retrospective study and advances in its diagnosis and treatment management
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maceiras Outeda, Olalla
Antecedentes: A histiocitose de células de Langerhans (HCL) é unha neoplasia pouco frecuente de células mieloides dendríticas CD207+ e CD1a+, causada por mutacións activadoras na vía MAPK, principalmente BRAFV600E. Pode presentarse a calquera idade e afectar a múltiples órganos. Estase investigando a aplicación das terapias dirixidas á vía MAPK e o papel prognóstico da mutación BRAFV600E.
Material e métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica narrativa sobre a HCL e estudáronse os casos…
Centros nilpotentes en sistemas polinomiais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Varela, Antonio
Neste traballo de fin de grao, enmarcado na área de coñecemento da Análise Matemática, abórdase o problema aberto da caracterización de centros globais en sistemas dinámicos polinomiais. Tras unha recopilación de resultados básicos da análise cualitativa de ecuacións diferenciais introdúcese o concepto de centro local e global, clasificándoos en función do seu sistema linearizado. Dado que o problema é moi amplo, centrouse o estudo na busca de centros nilpotentes en sistemas homoxéneos de grao…
A maxia e a maxia das palabras a través dunha reflexión persoal baseada na lectura de textos escollidos de Horacio e Virxilio
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Braña López, Iria
Este traballo ten por obxecto poñer de relevo o concepto de maxia na súa estreita unión coas palabras en distintos textos escollidos de Horacio e Virxilio, analizando a maneira en que estes autores reflexan situacións máxicas, no caso de Horacio no epodo1 V e XVII e a sátira VIII do libro I; no caso de Virxilio, no libro IV da Eneida e a égloga VIII das Bucólicas, e como a palabra xoga un papel fundamental neses contextos. Para os romanos a palabra é concebida como un instrumento cunha potencia…
A presenza de Shakespeare en Juego de Tronos, La presencia de Shakespeare en Juego de Tronos, The Presence of Shakespeare in Game of Thrones
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Expósito Salgado, Noelia
O presente estudo busca realizar unha achega a aqueles elementos reflectidos na serie de televisión Game of Thrones e que nos poden remitir á obra de William Shakespeare. Para iso disporemos, primeiro, dun apartado teórico que nos permita coñecer a obra de Shakespeare, así como esta ten sido representada tanto no cine como na televisión. Do mesmo xeito, faremos un breve recorrido pola situación da televisión actual americana, reflexionando sobre a chamada Terceira Idade de Ouro da televisión e…
A perspectiva da muller medieval a través das Cantigas de Santa María
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Rodríguez, Antón
No seguinte traballo pretendemos obter unha visión da situación da muller e o papel que desempeñaba no século XIII partindo das Cantigas de Santa María. Utilizaremos un corpus representativo dun número límitado de composicións que nos axudará a establecer algunha conclusión para a análise proposta.
Con esta finalidade, prestaremos máis atención a aqueles aspectos relacionados co patriarcado (moral sexual, vestimentas, estado civil, status social...), coa relixión (musulmás e xudías fronte ás…
O Efecto Pigmalión na Educación Infantil: como inflúen as expectativas do profesorado no rendemento do alumnado?, El Efecto Pigmalión en la Educación Infantil: ¿cómo influyen las expectativas del profesorado en el rendimiento del alumnado?, Pygmalion Effect in Early Childhood Education: how do the teacher's expectations affect student performance?
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guerra Gontán, Alba
As persoas crean continuamente expectativas sobre os demais e sobre si mesmas, que modificarán a súa maneira de actuar e establecer relacións interpersoais. A escola é un dos principais e primeiros contextos de socialización no que os nenos establecerán vínculos de afecto cuns novos referentes: os docentes. O presente traballo pretende analizar a presenza e as manifestacións do Efecto Pigmalión na realidade educativa actual, concretamente na etapa de Educación Infantil: teñen repercusión no…
Desenvolvemento do proxecto de rehabilitación enerxética en edificios de titularidade municipal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campos Maneiro, Daniel, Collazo Leite, Laura, Fernández Maroño, Nerea, Fernández Rodríguez, Paula
Decidimos centrar o noso traballo dentro do ODS13, no desenvolvemento do proxecto de rehabilitación enerxética en edificios de titularidade municipal que se está levando a cabo polo concello de Santiago de Compostela, buscando sobre todo a mellora da eficiencia. Ademais de explicar en que consiste o ODS, a liña de actuación sobre a que fixemos fincapé e o proxecto, tamén destacaremos algunhas accións que se poderían levar a cabo para mellorar o ODS e algunhas propostas a nivel local a 10 anos…
O tratamento da morfoloxía do artigo determinado nos estudos galegos de gramática: unha análise historiográfica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Louzao, Pedro
A morfoloxía do artigo determinado galego é unha cuestión relevante dende un punto de vista teórico. Como se sabe, ten, aparentemente, tres alomorfos en distribución complementaria, aínda que, algúns autores defenden só a existencia de dous. Este traballo ten por obxectivo facer unha análise historiográfica comparativa do tratamento que se lle deu a longo do tempo a esta unidade nos estudos gramaticais galegos. Con este fin analizaremos un corpus composto por estudos de morfoloxía e gramaticas…
Revisión sistemática do manexo avanzado da vía aérea con dispositivos supraglóticos versus intubación orotraqueal e a súa relación coa supervivencia na parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ortiz Porto, Andrés
Obxectivo do estudo: Comparar entre si o efecto da intubación orotraqueal (IOT) e dos dispositivos supraglóticos (SGAs) en relación coa supervivencia a unha parada cardíaca extrahospitalaria (OHCA), para ver que técnica ofrece mellores resultados. A supervivencia que se quere analizar é a medio prazo, que sería vivo ao alta hospitalaria e cun bo estado neurolóxico.
Métodos: Fíxose unha revisión sistemática, seguindo o protocolo de PRISMA, en tres bases de datos distintas: MEDLINE, Embase e…
Análise matemática dalgúns modelos de cuantificador borroso
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Canabal Juanatey, Mariña
[GL] Multitude de fenómenos reais están suxeitos a factores imprecisos, que non poden ser expresados
de xeito exacto e requiren do emprego de variables e conxuntos borrosos. Así, a
predición da evolución dos mencionados fenómenos estará vinculada necesariamente ao emprego
de expresións imprecisas que, na linguaxe natural, se corresponden con enunciados que
inclúen termos como “bastante”, “moitos”, “pouco”, “normalmente”, “case todo”, “case sempre”,
“con frecuencia”, etc. Os números borrosos son…
Os números índice
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arnaiz Iglesias, Martín
O obxectivo deste traballo é facer unha revisión bibliográfica dos números índice. Estudaranse así, en profundidade, os diversos tipos de números índice, tanto os números índice simples coma os complexos. Dentro dos números índice simples, veranse tanto os números índice simples en serie como os números índice simples en cadea, relacionando uns con outros. Da mesma maneira, dentro dos números índice complexos veranse tanto os ponderados como os non ponderados. A utilidade práctica desta…
Métodos de Clasificación con datos obtidos mediante LiDAR
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Pérez, Andrea
O considerable aumento da aparición e severidade de incendios forestais nas últimas décadas, supuxo o inicio de investigacións orientadas a evitar e reducir o seu impacto e aparecemento.
Neste marco, xorde o modelo Prometheus como un capaz de resumir de forma representativa a distribución das masas forestais. Este proceso está respaldado pola tecnoloxía LiDAR, que é capaz de obter puntos tridimensionais cunha gran precisión e facilidade para percorrer áreas amplas.
Neste traballo proponse a…
Matemáticas e Estatística II, (Versión 2023)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Ramos, José Carlos
Apuntes que reflicten os conceptos básicos da inferencia estatística
Fluxo de fluídos compresibles: toberas e compresores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Costa, Gumersindo
Os graffiti de Cova de Eirós: a vida contemporánea dunha cova paleolítica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Soliño, Alba
A Cova de Eirós é ben coñecida polas labores arqueolóxicas e paleontolóxicas que nela se desenvolven dende hai tres décadas. Unha faciana pouco coñecida e estudada nesta é a que compete á súa historia recente, ao valor e usos que os veciños de Cancelo lle deron durante o pasado século, marcados nas súas paredes. Esta labor etnográfica é o abordado no presente traballo, nado do interese e procura dunha lectura positiva dos graffiti que cobren as paredes da cova, dos cales se ten coñecemento por…
Probas materiais dos crímenes contra a humanidade. Un estudo das pegadas da dictadura arxentina (1976-1983)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Villadóniga, Claudia
O auto denominado coma “Proceso de Reorganización Nacional” (1976-1983) é un período da historia recente da Arxentina moi ligado ao exercicio da violencia política. Tras a transición e coa volta da democracia a necesidade da nación de coñecer da verdade vese reflectida nos procesos sociais e políticos. Este será o escenario no que se desenvolve esta nova liña de estudio. A arqueoloxía da represión pretende estudar o ocorrido mediante o análises das probas materiais por especialistas en…
A vulnerabilidade psicolóxica infanto-xuvenil: análise das implicacións da desvantaxe socioeconómica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quijano Ocampo, Viana
A desvantaxe socioeconómica é unha situación que sofren numerosas familias en todo o mundo, experimentando condicións económicas e sociais desfavorables. As persoas nesta posición deben enfrontar obstáculos para satisfacer necesidades básicas e acceder a unha maior calidade de vida. Isto conleva implicacións na saúde mental das familias podendo propiciar a aparición de consecuencias psicolóxicas nos fillos/as. O obxectivo deste traballo é averiguar a influencia da desvantaxe socioeconómica nos…
As circunstancias atenuantes da responsabilidade criminal
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guinarte Cabada, Gumersindo, Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando, Pérez Rivas, Natalia
A unidade didáctica que aquí se presenta ten carácter básico, pois
incide nun dos aspectos esenciais dese sistema de determinación da pena:
as circunstancias atenuantes xenéricas do artigo 21 do Código penal.
Trátase de instrumentos legais de medición da pena, é dicir, son causas de
modificación da pena. Esta é a súa finalidade e sentido no noso modelo
legal. O seu fundamento vincúlaas directamente co principio constitucional
de proporcionalidade. En función delas o xuíz sinalará a…
Indicadores prognósticos de supervivencia na síndrome cólica cirúrxica equina
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Abonjo, Carmen
A síndrome cólica equina é a causa de mortalidade non natural máis común no paciente equino xa que inclúe multitude de patoloxías que supoñen un reto para o veterinario clínico.
Aínda que ao longo dos anos reportáronse multitude de parámetros, ben sendo propedéuticos coma laboratoriais, que inflúen na supervivencia do paciente, segue sendo un campo de estudo con múltiples incógnitas e resultados non concluíntes.
Unha correcta anamnese, reseña, exploración física e toma de mostras e análise de…
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica, Intervención socioeducativa en personas con adicciones desde la Educación Social: una aproximación a la realidad de una Comunidad Terapéutica, Socio-educational intervention in people with addictions from Social Education: an approach to the reality of a Therapeutic Community
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moledo Barreiros, Josefa
As Comunidades Terapéuticas (CT) son unha das principais institucións de reinserción das persoas con adiccións, espazos nos que presenta unha especial relevancia a Educación Social. Neste senso, o obxectivo principal da investigación é estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos/das Educadores/as Sociais nunha CT. Con este propósito, desenvolverase un traballo de iniciación á investigación de campo, seguindo unha metodoloxía cualitativa centrada nun estudo…
Historia, cultura e identidades en América Latina a través do reggaetón, Historia, cultura e identidades en América Latina a través del reggaetón, History, culture and identities in Latin America through reggaeton
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández García, Ada
Este traballo busca comprender aspectos históricos e sociais da América Latina contemporánea través do reggaetón coma produto cultural. A cultura e a arte en todas as súas expresións, neste caso a música, teñen moito que dicir sobre como son as persoas que crean e consumen un determinado tipo de música, como se relacionan entre si e co mundo que os rodea. Por iso mediante os elementos sonoros, visuais e discursivos imos tratar de achegarnos a información histórica e social que nos pode dar:…
A gamificación na ensinanza do inglés. Unha proposta para educación primaria de viaxe ao futuro con misterios culturais, La gamificación en la enseñanza del inglés. Una propuesta para educación primaria de viaje al futuro con misterios culturales, Gamification in English language teaching. A proposal for primary education to travel to the future with cultural mysteries
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballo Gómez, Cristina, Fernández Rubio, Carla
As esixencias do século XXI supoñen un novo campo de actuación para a ensinanza que fai necesario adaptar as estratexias didácticas actuais. Neste senso, a gamificación ofrece oportunidades eficaces para que, coa incorporación de elementos do xogo ao eido educativo, se incrementen a motivación e implicación do alumnado. Conseguintemente, a pretensión central deste traballo é analizar os seus efectos para deseñar unha proposta baseada na gamificación na ensinanza do inglés de xeito globalizado.…
Landscapes and soundscapes: world tour. Unha proposta didáctica para o tratamento de variedades, acentos e culturas do mundo anglófono para a aula de nivel C2 de EOI, Landscapes and soundscapes: world tour. Una popuesta didáctica para el tratamiento de variedades, acentos y culturas del mundo anglófono para el aula de nivel C2 de EOI, Landscapes and soundscapes: world tour. A didactic approach to the treatment of varieties, accents and cultures of the anglophone world for a C2 level EOI class
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bruña Pacheco, María
Ás veces aínda relegados a un segundo plano, o(s) contexto(s) sociocultural(is) asociado a calquera lingua meta e as relacións interculturais da mesma co contexto do/a aprendente estranxeiro/a constitúen unha parte integral da aprendizaxe de linguas. Así o recollen os currícula para as Escolas Oficiais de Idiomas de España, e particularmente para as galegas. Os/as aprendentes de inglés como lingua estranxeira nun nivel Avanzado C2 deben non só entrar en contacto, senón tamén comprender un amplo…
A perspectiva esquecida: o feminismo na configuración do canon na “Nova Narrativa Galega”, La pespectiva olvidada: el feminismo en la configuración del canon en la “Nova Narrativa Galega”, The forgotten perspective: feminism in the configuration of the canon in the ‘Nova Narrativa Galega’
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Collazo Rial, Xiana
Este traballo de fin de grao busca analizar a relevancia da perspectiva feminista nos procesos de configuración do canon, aplicado ao contexto dos debates literarios que a "Nova Narrativa Galega" (NNG) suscitou nos anos 80 e 90. A investigación levada a cabo neste traballo ten unha dobre intención. Por unha banda, analizar os debates literarios da NNG nos 80 e 90 co obxectivo de sinalar que o canon, como o construto social que é, pode ser cuestionado e revisado. Pola outra, búscase…
O impacto da reforma laboral de 2022 no perfil dos traballadores fixos descontinuos: análise empírica para Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pampín Suárez, Tania
O presente traballo pretende analizar o impacto que puido ter a reforma laboral de 2022 sobre a figura dos traballadores fixos descontinuos na comunidade autónoma de Galicia. En concreto, analízase o perfil que tiñan estes nos anos 2019, 2021 e 2024 e compárase o seu perfil e a súa evolución co dos traballadores temporais para ver se houbo cambios relevantes en torno ás variables elixidas (sexo, idade, nivel de estudos, lugar de nacemento e ocupación). En teoría, a reforma laboral mellorou…
Desenvolvemento dun método rápido para asegurar a identidade varietal en aceites de oliva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreira González, Lidia
[GLG] O aceite de oliva é un dos produtos cun maior risco de adulteración tanto polos seus elevados beneficios para a saúde e elevada calidade, como polo grande impacto socio-económico e alto prezo de mercado. O fraude alimentario pode deberse tanto á mestura con aceites vexetais máis baratos como á falsificación do orixe, cultivar ou categoría. Para previlo, é moi importante poder realizar análises rápidos, sensibles e in-situ en diferentes puntos da cadea de suministro, asegurando a súa…
Análise dos programas de prevención do cancro de cérvix en España: unha revisión bibliográfica, Análisis de los programas de prevención del cáncer de cérvix en España: una revisión bibliográfica, Analysis of cervical cancer prevention programs in Spain: a bibliographic review
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Carnero, Paula
[GAL]
Na actualidade, o cancro de cérvix uterino ocupa o cuarto lugar entre os tipos de cancro máis diagnosticados en mulleres no mundo. A súa elevada incidencia fai desta patoloxía un problema de saúde pública cuxas causas, en gran parte previsibles e controlables, requiren un enfoque integral baseado na detección precoz e promoción da saúde.
Esta situación levou á implementación de numerosas estratexias de prevención primaria e secundaria como a vacinación e os programas de cribado, claves…
Memoria dun cadáver: Iugoslavia: Varias memorias conviven nun único espazo post-traumático
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Díaz, Diego
A cruenta guerra que nos 1990 enmudeceu Europa tivo consecuencias que aínda se perciben no espazo ex-iugoslavo. A memoria que se construíu nestes novos países sobre o conflito e mais o anterior Estado foi nun comezo de tipo nacional e de auto-vitimización, mais progresivamente veremos un camiño cara a reconciliación e xestos de vontade de realizar memoriais conxuntos. Así mesmo, atoparemos no nivel social sectores opositores a este paradigma nacionalista de esquecemento, así como se albisca…
A produción lítica do Corro dos Mouros (Adai, Lugo): análise e interpretación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Castelo, Laura
Recóllese unha síntese sobre o material lítico documentado na campaña de escavación do ano 2024 no xacemento O Corro dos Mouros (Adai, Lugo). Este inscríbese nos coñecidos como xacementos tipo ‘roda’, concepto que achega algunhas problemáticas referidas á súa funcionalidade e interpretación, mais que parece corresponderse con enclaves vinculados co mundo funerario e ritual. Mediante as novas perspectivas ao respecto, desenvólvese unha análise completa da industria lítica, destacando…
A segregación escolar e a atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante Unha revisión sistemática da cuestión en España, La segregación escolar y la atención educativa al alumnado de origen inmigrante: una revisión sistemática de la cuestión en España, School segregation and educational support for students of immigrant origin: a systematic review of the issue in Spain
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vinseiro Ríos, Ángela
A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás políticas educativas que os regulan. De aí que o obxectivo deste traballo céntrese en explorar e sintetizar criticamente a literatura científica sobre este fenómeno no sistema educativo español non…
Estudo das características fenotípicas e xenéticas en homes con lipodistrofia parcial familiar, Estudio de las características fenotípicas y genéticas en hombres con lipodistrofia parcial familiar, Study of phenotypic and genetic characteristics in men with familial partial lipodystrophy
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Calvo, Laura
A lipodistrofia parcial familiar tipo 2 (LDPF2) é unha patoloxía infrecuente, pero non por iso deixa de ter importancia o seu diagnóstico. É unha enfermidade que se herda, na súa maioría, de xeito dominante, polo que debería haber o mesmo número de mulleres que homes diagnosticados. Porén, hai un claro desequilibrio a favor das primeiras, ademais de que, no caso dos segundos, gran parte deles descóbrense a raíz das mulleres da familia. É por isto que se analizaron diferentes variables…
Deseño e síntese dun novo híbrido porfirina-nanografeno
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Carballo, Marina
A preparación de híbridos obtidos da fusión de porfirinas con nanografenos derivados de diversos hidrocarburos policíclicos aromáticos está a suscitar un crecente interese no ámbito da investigación, debido á capacidade de modificar as propiedades optoelectrónicas destes sistemas. Aínda que a investigación destes híbridos é intensa, a literatura relativa aos que combinan derivados de acenos e porfirinas é escasa. Neste traballo, proponse acadar a
funcionalización dun sistema nanografénico de…
Análise non estándar
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fraga García, José Manuel
Neste traballo abordaremos o estudo dos infinitesimais. A súa existencia foi motivo de debate durante os últimos centenares de anos, sen chegar a unha conclusión ata a segunda metade do século XX. Veremos que, en efecto, tales entidades existen e forman parte dun conxunto máis amplo, o dos números hiperreais. Comprobaremos que dito conxunto ten a estrutura de corpo e se constrúe como extensión do corpo dos reais. Probado isto, procederemos a ver as vantaxes que o uso dos infinitesimais implica…
Análise de datos censurados
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Candal Parafita, Alba
A censura é un fenómeno que se produce con frecuencia na Análise de Supervivencia e está asociada a unha perda parcial de información. Neste traballo, ilustramos como os estimadores non paramétricos tradicionais, como a función de distribución empírica ou o seu análogo condicional, fallan no intento de dar unha estimación da función de distribución (condicional) dunha variable aleatoria 𝘛censurada pola dereita. No contexto dos datos censurados, introducimos o estimador de Kaplan-Meier e o…
Espazos vectoriais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fernández, Celso, Fernández Vilaboa, José Manuel
Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría.
Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da
natureza, físicas ou sociais, economía,…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9994
Métodos alternativos ao uso de insecticidas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seco Castro, José Manuel
Esta unidade didáctica inclúese na materia de Química Orgánica Agrícola que se imparte no quinto curso da licenciatura en Química
e supón unha carga lectiva de 60 horas. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais sobre compoñentes orgánicos do solo, praguicidas e produtos naturais de interese agrícola.
De xeito moi xeral pódese definir a Química agrícola como a parte da ciencia que estuda os principios químicos da agricultura e as
aplicacións agrícolas da química. Desde a perspectiva da…
O ingreso público
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ballesteros Ron, Alejandro
A materia Facenda Pública: Ingresos e Gastos se enmarca no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. A materia está destinada aos alumnos do Grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A programación docente está dividida en cinco unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para coñecer a Economía do Sector Público. A primeira parte, está destinada á contextualización da economía pública, á definición dos seus…
Introdución aos modelos de datos de panel
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Casal, Ana
A materia na que se enmarca esta unidade didáctica corresponde ao 3º curso do grao de Administración e Dirección de Empresas. A materia de Econometría II proporciona ao estudante técnicas econométricas de dificultade media que permiten a análise cuantitativa da realidade económica e empresarial. Tamén, esboza algúns temas de gran relevancia na modelización econométrica proporcionando as ideas básicas e os conceptos necesarios para poder abordalos nun futuro con profundidade. Así, a materia…
Estrutura temporal dos tipos de xuro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados
Financeiros.
Esta unidade ten como obxectivo analizar a estrutura temporal dos tipos de xuro, é dicir a relación existente entre os tipos de xuro a diferentes prazos. En particular, estudarase a curva cupón cero, a súa utilidade no proceso de valoración dos activos financeiros e os diferentes
métodos que…
O mercado de produtos de oliveiral en España: Situación actual e perspectivas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Rodríguez, Irene
No presente traballo lévase a cabo un estudo de mercado dos produtos do sector do oliveiral en España. O obxetivo principal é o de amosar as oportunidades e as inclinacións deste sector na actualidade, realizando para iso unha análise dende o punto de vista da oferta e da demanda e obtendo información de fontes secundarias.En primeiro lugar, faise unha análise polo lado da oferta, tendo en conta a produción e as vendas netas do total do sector e das subcategorías de produto, así como a súa…
Cando as Meninas baixan do cadro : un proxecto interdisciplinario para sexto curso de educación primaria, Cuando las Meninas bajan del cuadro : un proyecto interdisciplinario para sexto curso de educación primaria, When the Meninas come out of the painting : an interdisciplinary project for the sixth grade of primary education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carbia Vilar, María
O proxecto interdisciplinario Cando as Meninas baixan do cadro xurde do interese por explorar as posibilidades do traballo coa arte en Primaria, conxugando a perspectiva da didáctica da historia da arte e o enfoque da teoría das intelixencias múltiples de Gardner, para prestar atención a distintas formas de ensinar e de aprender. O centro de interese é o cadro de Velázquez As Meninas (1656), en torno ao cal se deseñaron unha serie de actividades que ofrecen distintas miradas da obra para…, El proyecto interdisciplinario Cuando las Meninas bajan del cuadro surge del interés por explorar las posibilidades del trabajo con el arte en Primaria, conjugando la perspectiva de la didáctica de la historia del arte y el enfoque de la teoría de las inteligencias múltiples de Gardner, para prestar atención a distintas formas de enseñar y de aprender. El centro de interés es el cuadro de Velázquez Las Meninas (1656), en torno al cual se diseñaron una serie de actividades que ofrecen distintas…
O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Méndez, Diego
O traballo divídese en tres grandes apartados un primeiro no cal se aborda cal é o peso do sector lácteo, sector produtor máis industria, na economía galega aportando os datos de Valor Engadido Bruto (VEB) e emprego, a súa vez estes datos serán comparados cos datos a nivel estatal. Na importancia que hoxe ten o sector lácteo en lácteo en Galicia tivo unha influencia moi importante a Política Agraria Común (PAC), polo cal se abordara brevemente cal foi a súa evolución e como esta afectou o…
O fomento do galego empregando o folclore nun colexio plurilingüe de Santiago de Compostela: deseño de material complementario para a clase de música de terceiro de educación primaria, El fomento del gallego utilizando el folclore en un colegio plurilingüe de Santiago de Compostela: diseño de material complementario para la clase de música de tercero de educación primaria, The enhancement of Galician language using folklore in a multilingual school in Santiago de Compostela: design of supplementary materials for music lessons in the third year of primary school
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cores Torres, Antía
[GL] O presente traballo fin de grao desenvolve unha proposta de intervención educativa na que se pretende potenciar o emprego da lingua galega mediante a utilización do folclore nun colexio plurilingüe de Santiago de Compostela. Establécese como punto de partida a clase de Música e deséñase un material complementario ao libro de texto para terceiro de Educación Primaria con actividades nas que está presente tanto o traballo das destrezas básicas da lingua galega coma o desenvolvemento de…
Historia e actualidade do cabaqueiro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Souto, Raquel
O cabaqueiro e unha xerga creada e introducida na comarca do Baixo Miño polos telleiros, maioritariamente homes e algunhas mulleres, que emigraban da comarca para traballar na producción de tellas en Castela. Os telleiros criaron esta xerga con fin comercial por unha banda, e de facer comunidade por outra. Esta fala que naceu no lugar de traballo, foi trasladada até nosa comarca, facendo que léxico cabaqueiro perdure na lingua galega falada nalgunhas parroquias do Baixo Miño a día de hoxe.
Para…
Harry Potter, da tradición oral á oralidade pop
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Izaguirre, Marta
Características diferenciais da violencia de xénero en grupos etarios especiais : adolescentes e anciás
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Ferreiro, Alberto
Introdución: A violencia de xénero, en particular a violencia de parella contra a muller, é unha problemática común na nosa sociedade. A maioría da literatura céntrase na violencia sufrida por adultas novas e de mediana idade, descoñecéndose os efectos noutros colectivos como as adolescentes e as mulleres maiores. Obxectivos: Identificar as características da violencia de parella nas adolescentes e anciás co fin de establecer similitudes e diferenzas co grupo xeral de mulleres maltratadas.…
Análise mostral : estudo do deseño sistemático
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pérez, André
As enquisas son un instrumento cun papel chave na nosa sociedade, pois constitúe nunha base para a toma de decisións, tanto no ámbito privado coma no público. Para a súaelaboración será necesario en primeiro lugar a selección dunha mostra, tendo en conta que o tratamento de datos de toda a poboación non vai resultar posible por razóns financeiras e de tempo. Neste traballo profundizamos nun tipo concreto de mostraxe probabilística, coma é a mostraxe…
Saúde mental e crise económica, Salud mental y crisis económica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Betanzos Freire, Sarela
Obxectivo: O obxectivo deste estudo é realizar unha revisión da literatura publicada ata o momento sobre a influencia que a última crise económica sufrida en España (2008-2014) tivo sobre a saúde mental da poboación adulta española.
Material e métodos: Realizouse unha busca sistemática en PubMed, Medline e Scopus obténdose finalmente un total de 21 artigos para revisar.
Resultados: A saúde mental da poboación española veuse afectada negativamente pola crise, aumentando a prevalencia de…
A vestimenta das clases populares rurais galegas e a súa folclorización entre 1850 e 1940
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Míguez, Alejandro
Neste traballo abordaremos o estudo histórico da evolución da vestimenta dos labregos galegos entre 1850 e 1940 en dous sentidos, a común e a idealizada folcloricamente. Nunha Europa, que cara mediados do século XIX vive o nacemento dos nacionalismos, elementos como o traxe serán recurrentes na procura de sinais de identidade, poñéndose en valor o folclore das clases populares como depositaria da verdadeira identidade colectiva que se quere construir. A sociedade galega, como a europea, era,…
Estudo sobre as tendencias de futuro da industria turística: catálogo de experiencias para os ciclos formativos de Turismo na Formación Profesional, Estudio sobre las tendencias de futuro de la industria turística: catálogo de experiencias para los ciclos formativos de Turismo en la Formación Profesional, Study of the future trends in the tourism industry: catalog of experiences for Tourism in Vocational Training
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Chazo, Nuria
A crise sanitaria derivada da pandemia da Covid-19 afectou a tódolos ámbitos a nivel mundial. Como seres humanos, vímonos na obriga de levar a cabo severos cambios nun curto período de tempo. Estes cambios afectaron a tódolos campos: político, sanitario, social, económico, educativo, etc. En todos eles o uso da tecnoloxía foi imprescindible para avanzar mentres o mundo enteiro se paralizaba.
Este traballo ten como obxectivo recompilar as novas tendencias da industria turística a través dunha…
Topoloxía dos espazos euclidianos, (Versión 2023)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Ramos, José Carlos
Nestes apuntes cúbrense aspectos fundamentais da topoloxía do espazo euclidiano. En particular, trátanse conceptos como o de bóla aberta e conxunto aberto, que serán a base para sentar outros temas topolóxicos como a converxencia de sucesións, a continuidade de funcións, e a compacidade e conexión de subconxuntos do espazo euclidiano
Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes, Identidad a través de la lengua: sáficas neohablantes, Identity through language: sapphic new speakers
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Allariz Pena, Inés
Co meu Traballo de Fin de Grao pretendo estudar a relación entre ser neofalante de galego e ser sáfica. É dicir, analizarei a construción da identidade das entrevistadas a través da lingua en persoas novas de orientación sexual non heteronormativa. Defino neofalante de galego como a persoa que recibe o castelán como lingua inicial e o ten como lingua habitual durante as primeiras etapas da súa vida, pero que nun proceso de muda, se converte en galegofalante habitual (monolingüe ou bilingüe).…
Factores de risco familiares para as conductas autolesivas non suicidas en adolescentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Muíño Raña, Ana
As autolesións non suicidas (NSSI polas súas siglas en inglés) son unha problemática con elevada prevalencia en adolescentes. Relacionáronse cunha variedade de factores de risco, entre os que parecen identificarse variables familiares. A importancia destas non é un fenómeno exclusivo das NSSI, senón que existe evidencia da súa influencia en distintos aspectos da saúde mental. Neste sentido, o obxectivo deste traballo foi responder as seguintes preguntas: existen factores familiares que aumentan…
Illamento e caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes da mastite bovina, Aislamiento y caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes de la mastitis bovina, Isolation and characterization of mastitis related bacteria bacteriophages
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez López, Lucía
A resistencia aos antimicrobianos considérase a pandemia silenciosa. Estímase, que no ano 2050 as bacterias multirresistentes provocarán anualmente 10 millóns de mortes. No caso do ganado leiteiro, a mastite é unha das principais patoloxías que require do uso de antibióticos e nos últimos anos estase a complicar o tratamento das mesmas debido ao aumento das resistencias bacterianas. Como consecuencia, estanse a buscar alternativas ao uso de antibióticos, como é o caso dos bacteriófagos, virus…
Repercusión renal dos procedementos diagnósticos radiolóxicos. Revisión bibliográfica a propósito dun caso, Repercusión renal de los procedimientos diagnósticos radiológicos. Revisión bibliográfica a propósito de un caso, Renal repercussion of radiological diagnostic procedures. Bibliographic review of a case
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pernas Basanta, David
A nefropatía por contrastes é un cadro clínico producido polo uso de contrastes radiolóxicos
en probas diagnósticas, que producirán un dano renal agudo por necrose tubular aguda. Ista é unha entidade infradiagnosticada e frecuentemente pasada por alto. A pesar dos avances na radioloxía intervencionista e no manexo de pacientes nefrolóxicos, segue sendo unha
importante causa de fallo renal en pacientes hospitalizados, sobre todo en pacientes de risco e na cateterización cardíaca. Con motivo da…
Estratexias de inscrición das sensibilidades queer na filmografía de ficción de João Pedro Rodrigues: o caso de Fogo-fátuo (2022), Estrategias de inscripción de las sensibilidades queer en la filmografía de ficción de João Pedro Rodrigues: el caso de Fogo-fátuo (2022), Inscription strategies of queer sensibilities in the fictional filmography of João Pedro Rodrigues: The case of Fogo-fátuo (2022)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calviño Tato, Pablo
O desenvolvento dun cinema especificamente queer a partir dos anos 90 rompeu coa política esencialista e identitaria que dominaba os filmes gais e lésbicos das décadas anteriores. O “new queer cinema”, tal e como o definiu Ruby Rich no 1992, xurdiu en paralelo aos avances das teorías queer no escenario académico norteamericano e formulou propostas cinematográficas baseadas na apropiación, no pastiche, na ironía, na irreverencia formal e na apelación ao corpo. Nesta investigación propoñemos unha…
A educación artística e a creatividade infantil dende o enfoque Reggio Emilia: Un atelier na aula, La educación artística y la creatividad infantil desde el enfoque Reggio Emilia: Un atelier en el aula, Arts Education and Child Creativity from the Reggio Emilia approach: An Atelier in the classroom
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Camino Rivera, Cristina
Entender la aportación que realizan los inmigrantes tanto en países de origen como de destino resulta imprescindible para elaborar políticas públicas acertadas. Por parte de las instituciones, la numerosa jurisprudencia dictada en la materia en los últimos 50 años ha servido para consensuar una teoría que afirma la efectiva contribución que estos flujos ocasionan. Sin embargo, los estudios econométricos que tratan de cuantificar dichos efectos no son concluyentes, arrojando en ocasiones…, Entender a aportación que realizan os inmigrantes tanto nos países de orixe como nos de destino resulta imprescindible para elaborar políticas públicas acertadas. Por parte das institucións, a numerosa xurisprudencia ditada na materia nos últimos 50 anos serviron para consensuar unha teoría que afirma a efectiva contribución que estos fluxos ocasionan. Con todo, os estudios econométricos que tratan de cuantificar os devanditos efectos non son concluíntes, arroxando en ocasións resultados…, Understanding the economic contribution of migrants to both, the economies of their countries of origin as well as those of residence, has proven critical to develop effective public policies. The copious amounts of jurisprudence dictated on this subject by several institutions over the last fifty years has contributed to the consolidation of the theory that vindicates the real contribution of these economic fluxes. Yet, those econometric studies that had aimed to effectively quantify those…
O teorema de Krasnoselskii en espazos produto para sistemas de operadores e aplicacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández-Pardo, Laura M.
[GL] A teoría do punto fixo consolidouse como unha rama das matemáticas con gran potencial para abordar unha ampla variedade de problemas en análise non lineal, especialmente na demostración da existencia, unicidade ou multiplicidade de solucións de ecuacións diferenciais e integrais. En concreto, o teorema do punto fixo de Krasnoselskii en conos de expansión-compresión foi empregado en numerosos traballos de investigación para obter solucións non triviais a este tipo de problemas. Co obxectivo…
10 anos do novo municipalismo: Os casos de Compostela Aberta e Marea Atlántica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moure Pérez, Manuel
A realización do Traballo Fin de Máster busca mediante a selección de dous casos específicos responder a seguinte pregunta de investigación: Cal foi a contribución do novo municipalismo de Marea Atlántica e Compostela Aberta nas axendas dos gobernos locais?
Unha aproximación matemática á lingüística
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Buján Souto, Saúl Carlos
Desde a segunda metade do século XX, a revolución tecnolóxica fixo da computación unha ferramenta indispensable na investigación científica. Ao mesmo tempo, foi un dos principais factores que contribuíron á globalización da sociedade actual. Estas dúas circunstancias repercutiron directamente no campo da lingüística, axilizando procesos demasiado custosos para un ser humano e facilitando estudos dun maior número de linguas.
A necesaria formalización da linguaxe para este enfoque computacional…
Optimización de problemas con ecuacións diferenciais alxébricas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Comesaña Soliño, Iago
A optimización de problemas con restricións de tipo diferencial descríbese a través dos co- ñecidos como problemas de control óptimo, obxecto de estudo do traballo. Así pois, alén dunha presentación dos sistemas de ecuacións diferenciais e alxébricas, introdúcese esta clase de problemas. Apórtanse comentarios e interpretacións sobre a súa definición e lévase a cabo unha breve discusión teórica, na que se enuncia o principio do máximo de Pontryagin, resultado de grande importancia nesta área que…
Teoría de punto fixo e aplicacións ás ecuacións diferenciais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pardo, Laura María
A teoría de punto fixo ten demostrado ser unha rama das matemáticas que conta con moito potencial para a resolución de múltiples problemas en análise non linear, tales como a proba de existencia, unicidade ou multiplicidade de solución de ecuacións tanto integrais como diferenciais. Os conceptos de grao topolóxico e índice de punto fixo son de gran utilidade para a proba de diversos resultados que poden encadrarse dentro desta teoría, tales como os teoremas de punto fixo de Brouwer e Schauder,…
O cálculo de variacións e as súas aplicacións
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Puente Rodríguez, Helena
Ao longo deste traballo faremos unha introducción aos conceptos fundamentais do cálculo de variacións. Comezaremos por expoñer os exemplos clásicos que fomentaron o desenvolvemento posterior, que nos levará ao resultado clave da materia, a ecuación de Euler-Lagrange. Veremos algúns exemplos concretos e a súa resolución, así como posibles xeralizacións a funcionais con derivadas superiores e funcións de n variables. Posteriormente tamén se tratarán aplicacións a problemas reais que xorden na…
Introdución á monitorización ambiental
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barciela Alonso, María Carmen, Peña Vázquez, Elena María
Nesta unidade faise en primeiro lugar unha introdución á monitorización ambiental para pasar, en segundo lugar, a explicar o proceso de mostraxe ambiental. A etapa de mostraxe é unha das primeiras etapas do proceso analítico e unha das máis importantes. Unha etapa de mostraxe mal planificada levará á obtención de resultados erróneos no proceso analítico.
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9781
Estrutura e funcións celulares
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Candal Suárez, Eva María
A célula é a unidade básica da vida. Todos e cada un dos organismos están formados por unha ou máis células. Todas estas células comparten características esenciais que se conservaron ao longo da evolución. Por exemplo, todas as células conteñen material xenético que dirixe todas as actividades celulares e se transmite ás células fillas. Todas están rodeadas por unha membrana plasmática que define a identidade da célula, xa que separa o seu contido interno (o citoplasma) do medio externo.…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9853
Aplicacións lineais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Vilaboa, José Manuel, Rodríguez Fernández, Celso
Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría.
Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía,…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9924
Vectores e xeometría no espazo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilar Rivas, Miguel Ángel
Esta segunda unidade didáctica constitúe unha magnífica introdución para comprender a precisión dun argumento matemático e para iniciarse na construción de demostracións, pois combina de xeito moi satisfactorio dous dos elementos da matemática: abstracción e aplicación. O término espazo vectorial provén do estudo dos vectores libres do espazo euclídeo. Aínda que a primeira definición aparece no século XIX cun carácter xeométrico, enseguida víuse que outros moitos conxuntos podían dotarse da…
As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con trastorno do espectro autista (TEA), Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el proceso de enseñanza-aprendizaje del alumnado con trastorno del espectro autista (TEA), Information and communication technologies (ICT) in teaching and learning process of students with autism spectrum disorder (ASD)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Graíño Pereira, Silvia
[GL] Baseo o meu proxecto na inclusión e o traballo mediante as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), co alumnado autista. Actualmente as TIC atópanse na vida diaria das persoas e na escola como reflexo deste novo modelo de sociedade. Resulta por iso necesario traballar con ditas ferramentas co alumnado con TEA, non só por ser unha forma de inclusión na realidade social, senón polas potencialidades que as tecnoloxías poden ter no proceso de ensino-aprendizaxe e no desenvolvemento…, [ES] Actualmente las TIC se encuentran en la vida diaria de las personas, y en la escuela como reflejo de este nuevo modelo de sociedad. Resulta por ello necesario trabajar con dichas herramientas con el alumnado con TEA, no sólo por ser una forma de inclusión en la realidad social, sino también por las potencialidades que las tecnologías pueden tener en el proceso de enseñanza-aprendizaje y en el desarrollo integral y evolutivo del sujeto. Analizaré en qué medida contribuyen a la mejora del…, [EN] I base my project on inclusion and work through Information and Communications Technology (ICT), with autistic students. ICT currently found in the daily lives of people, and at school as a reflection of this new model of society. It is therefore necessary to work with these tools with students with ASD, not only as a form of inclusion in the social reality, but also by the potential that technologies can have on the process of teaching and learning and integral development and evolution…
A Unión Económica e Monetaria: A introdución do Euro e panorama xeral de futuro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tarrío Soto, Mario
Europa, un continente dividido e enfrontado durante séculos, comezou no último terzo do século XX o proceso de unificación das súas divisas. Este Traballo de Fin de Grao relata cales foron as distintas fases polas que Europa transitou cara o nacemento do Euro, explicando o seu deseño inicial e o contexto económico que o condicionou. Empregando maioritariamente documentos de traballo e datos de bases estatísticas internacionais, tamén se procurarán evidencias sobre se Europa cumpre coas…
A relixión na poesía galega dos séculos XIX y XX
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crespo Vázquez, María
El objetivo principal de este Trabajo de Fin de Máster es conocer cuál es el tratamiento dado a la religión en la poesía gallega de los siglos XIX y XX. Fueron seleccionados 2 poetas del siglo XIX y 3 del siglo XX: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas y Xosé María Díaz Castro. En dicha elección se aplicaron dos criterios: el peso del autor en el sistema literario gallego y la relevancia de la religión en sus versos. Se estudian las siguientes obras…
Intoxicacións por gases asfixiantes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cruz Landeira, Angelines
Esta unidade didáctica denominada «Intoxicacións por Gases Asfixiantes»
forma parte da materia «Medicina Legal» que se imparte no segundo
semestre do 5o curso do Grao en Medicina. Esta materia aborda, entre
outros contidos, a aplicación dos coñecementos médicos para a resolución
de cuestións xudiciais, e estrutúrase en diferentes módulos temáticos. A
materia está adscrita ás Areas de Medicina Legal e de Toxicoloxía. A maior
parte dos módulos son impartidos pola primeira, mentres que o…
A primeira columna da inscrición en persa antigo de Behistum: transcrición, tradución, comentario e glosario etimolóxico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Neira, Laura
Este traballo de fin de grao consistirá na transcrición, tradución e comentario filolóxico dun texto en persa antigo: a columna I da inscrición de Behistum. O texto consérvase en escritura cuneiforme, inscrito no monte que leva este mesmo nome, no oeste de Irán. Data do século VI ou V a.C. (periodo do Imperio Aqueménida) econtén unha autobiografía do rey Darío I. Aínda que análise se centrará na lingüística, será necesario recorrer as outras disciplinas como a historia antiga ou a historia da…