Encontrados 11067 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Deprescrición de benzodiacepinas e antidepresivos en pacientes con trastornos ansioso-depresivos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Rodríguez, Naomi
A descontinuación de psicofármacos, como as benzodiacepinas e antidepresivos, é un dereito
universal recoñecido polos diferentes organismos internacionais que pode resultar dificultoso
ao estar asociado a diferentes síntomas de abstinencia. A falta de investigación respecto ao
proceso, fai que na actualidade os pacientes non conten con estratexias de descontinuación
baseadas en evidencia científica sólida. No marco do presente traballo, levouse a cabo unha
revisión sistemática que tivo…
A experiencia traumática e o patrón atracón-purga. Como se relacionan, variables mediadoras e conseguintes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Posada Alonso, Andrea
A experiencia traumática (ET) é un factor de risco da psicopatoloxía. Unha das patoloxías que se relacionan có trauma son os trastornos da conduta alimentaria (TCA) con patrón bulímico, debido á función de regulación emocional que cumpren as condutas de atracón e purga. A presente revisión sistemática levouse a cabo para revisar a investigación recente acerca da relación entre a ET e o patrón atracón-purga en poboación adulta. Os resultados de dita revisión apoian a relación entre ET a TCA con…
A integración dos aspectos afectivo-sexuais na aprendizaxe sobre o corpo humano na Educación Primaria, La integración de los aspectos afectivo-sexuales en el aprendizaje sobre el cuerpo humano en la Educación Primaria, The integration of affective-sexual aspects in learning about the human body in Primary Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Peiteado Espiño, Victoria
Dende hai décadas, a UNESCO reivindica a nivel internacional a necesidade de incorporar a educación sexual nos currículos educativos. A educación sexual ten como obxectivo comprender que a sexualidade é unha parte integral da vida dos seres humanos e, como tal, contribúe ao desenvolvemento e benestar das persoas. En España, na Educación Primaria, a lexislación educativa establécea como obxectivo das Ciencias da Natureza, atendendo ás dimensións física, emocional, ética e social. Pese a isto, en…
eSaúde: Unha oportunidade para o envellecemento activo?, eSalud: ¿Una oportunidad para el envejecimiento activo?
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loureiro Álvarez, Irene
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) realiza unha revisión bibliográfica sistemática da literatura científica sobre o envellecemento activo e a eSaúde, explorando como a incorporación das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) nos servizos de saúde poden supoñer unha oportunidade para a autonomía e a participación das persoas maiores na sociedade, ao mesmo tempo que se ofrece un mellor coidado da súa saúde. Os resultados permitirían identificar fendas na produción científica e as…
Influencia do uso humano no comportamento da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) en praias de Galicia durante o período post-reprodutivo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gestoso Castroagudín, Andrea
As praias son utilizadas polos humanos para a realización de actividades recreativas e extractivas. Esta presenza supón un problema para as especies de fauna e flora que alí viven, xa que persoas e animais domésticos son percibidos como depredadores pola avifauna. Este problema acentúase cando as especies presentan estados de conservación desfavorables, como é o caso da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). As perturbacións ocasionadas poden provocar cambios no comportamento das especies…
Análise dos procesos de transmisión e mantemento da lingua galega na Costa da Morte, Análisis de los procesos de transmisión y mantenimiento de la lengua gallega en la Costa da Morte, Analysis of the processes of transmission and maintenance of the Galician language on the Costa da Morte
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez López, Lucía
O presente traballo ten como obxectivo investigar a situación da transmisión interxeracional do galego nas familias da área máis occidental da Costa da Morte. En contextos bilingües como é o caso galego, as decisións das familias sobre a adquisición lingüística dos seus descendentes están condicionadas por outros factores sociais, como o diferente prestixio das linguas na sociedade, que poden desencadear procesos de substitución ou cambio lingüístico. A partir dunha serie de traballos…
Identificación de proteínas fosforiladas por a proteína quinasa dependente de AMPc en espermatozoides de mexilón Mytilus galloprovincialis
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Cabanas, Lorena María
[GLG] As modificacións postraducionais que sofren as proteínas tras a súa síntese, entre elas a fosforilación, son factores determinantes para a súa funcionalidade. As proteína quinasas e proteína fosfatasas catalizan o proceso de fosforilación reversible nas proteínas. Unha das proteína quinasas máis estudadas é a proteína quinasa dependente de AMPc (proteína quinasa A; PKA), implicada na regulación de numerosos procesos fisiolóxicos. En mamíferos, a PKA desempeña un papel clave na regulación…
Medida e integración abstractas: desvelando o teorema de Radon-Nikodym
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Lengua, Francisco
Esta memoria presenta un estudo completo e detallado do concepto de medida, comezando polas medidas positivas e estendendo progresivamente a análise a casos máis xerais, como as medidas reais e complexas. Dedícase unha atención especial a un dos resultados fundamentais da Teoría da Medida: o Teorema de Radon–Nikodym, que xunto co Teorema de Descomposición de Lebesgue, é unha ferramentas esenciais para comprender a estrutura e o comportamento das medidas. Para facilitar o desenvolvemento destes…
El problema de Fermat-Weber
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Santos, Carla
O problema de Fermat-Weber é un dos máis coñecidos na teoría de localización. Trátase de atopar o punto que minimice a suma das distancias ponderadas a 3 puntos e foi resolto xeometricamente de distintas formas. A forma xeneralizada deste problema considera n ≥ 3 puntos no plano e, en 1937, Weiszfeld proporciona un método iterativo que foi estudado ao longo de décadas por grandes investigadores que propuxeron modificacións do algoritmo co fin de mellorar este método. Existen diversos casos…
Diferenciación en espazos normados
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riveiro Cabado, Mar
O obxectivo principal deste traballo é estender o concepto de diferenciación de funcións de varias variables reais a un contexto de aplicacións entre espazos normados.
En primeiro lugar, tras expor formalmente a de nición de espazos normados e propiedades de funcións entre estes, formalizarase o concepto de diferencial. A continuación, introducirase a derivada de Fréchet e de Gâteau, para así poder estudar as propiedades do cálculo diferencial. Estenderemos tamén a este tipo de funcións os…
Métodos de clasificación e ensamblado de clasificadores en aprendizaxe supervisada
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez López, Antón
Neste traballo analízanse diversas técnicas de ensamblado en aprendizaxe supervisada, enfocándose en bagging, bosques aleatorios e adaBoost. Inicialmente, explícanse os fundamentos da clasificación estatística e da aprendizaxe supervisada. Seguidamente, examínanse as diferentes estratexias para combinar saídas de clasificadores cando estas consisten en predicións e valores continuos. Finalmente, detállanse os métodos de ensamblado, subliñando as características que os diferencian
Disolucións e as súas propiedades
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Noya, Ana María
Esta unidade didáctica Disolucións e as súas propiedades forma parte da materia de formación básica Química, que se imparte no
primeiro curso do grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. A materia, que é anual, está organizada en catro bloques,pertencendo
esta unidade n.º 2 ao primeiro deles.
Despois de estudar algúns conceptos básicos e terminolóxicos da química na unidade didáctica anterior (unidade n.º 1), neste tema utilizaremos estes coñecementos para abordar o estudo das…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9929
Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez López, Rosana
A unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Formación Básica Matemáticas para Bioloxía, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía. Esta materia, como parte da Formación Básica da
Rama de Ciencias que a titulación oferta en primeiro curso, pretende, por unha banda, que o alumnado afiance ou desenvolva as
destrezas fundamentais en relación ao cálculo infinitesimal básico. Ademais, propicia unha toma de contacto co…
A imaxe da conflitividade escolar en Educación Primaria na prensa galega, La imagen de la conflictividad escolar en Educación Primaria en la prensa gallega, The image of school conflictivity in Primary Education through Galician Press
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mera Cao, Fátima
[GL] Este traballo recolle unha investigación na que se estuda a imaxe da conflitividade escolar de Educación Primaria na prensa escrita galega. Os medios de comunicación ao recoller noticias sobre o conflito escolar están proxectando unha visión sobre esta temática e á vez están configurando na mentalidade da sociedade unhas ideas que poden corresponderse en maior ou menor medida coa realidade. Estas influencias afectan á actividade educativa xa que todo se desenvolve nun mesmo contexto social…
Medea entre a paixón e a razón: as distintas visións da gran heroína tráxica de Eurípides
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pedreira Sanjurjo, Iria
Previamente a diseccionar a Medea de Eurípides para coñecer á protagonista da traxedia e afondar no seu carácter, motivacións e razóns, un primeiro bloque temático tratará de servir como un preludio contextualizador onde se botará a vista atrás para dar un pequeno repaso ao contexto histórico no que vive o autor, un breve resumo da súa biografía e unha parca síntese da trama da obra Medea e as súas características formais máis orixinais e interesantes. Nun segundo bloque analizarase o personaxe…
Proposta persoal da organización do ambiente de aprendizaxe dunha aula do segundo ciclo de Educación Infantil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sangil Regueiro, Natalia
O traballo que se presenta consiste nunha proposta de innovación baseada no deseño da organización do ambiente de aprendizaxe dunha aula do segundo ciclo de Educación Infantil e na realización dun obradoiro científico. Esta proposta levouse a cabo na aula de 5 anos do colexio Divina Pastora de Lugo, na cal realicei o meu último Prácticum.
Na primeira parte, descríbense os elementos que condicionan a organización do ambiente de aprendizaxe para, posteriormente, afondar nas bases teóricas nas que…
Mejoras en el sistema de trabajo en el concello de Muxía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Caamaño, María Teresa
En este trabajo partiendo de una fundamentación teórica se ha propuesto un estudio empírico para determinar las deficiencias ergonómicas de unos puestos de trabajo situados dentro del Concello de Muxía. Para ello, primeramente se elabora un reportaje fotográfico para ver dichas deficiencias. Seguidamente, se confeccionó un test a medida de la empresa seleccionada. Cuando los empleados hubieron contestado al cuestionario se procedió al análisis de los resultados.
El objetivo final de este…
Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rigueira Rey, Lucas, Miranda Castañón, Marta Inés
Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do
abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se
imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta
materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos
animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías
cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas
trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías
dixestivas…
Os dereitos reais de garantía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Herrero Oviedo, Margarita
Os dereitos reais de garantía son unha categoría especialmente importante
dos dereitos reais, posto que nos encontramos nunha sociedade onde o
principio de responsabilidade patrimonial universal resulta insuficiente. Esta
insuficiencia viría a provocar unha paralización do tráfico xurídico e con iso,
do tráfico económico.
Ante este feito, o dereito pon ao alcance do cidadán instrumentos
xurídicos específicos para evitar o incumprimento absoluto dos seus
dereitos de crédito. Deste xeito os…
Os dispositivos móbiles na aula de Lingua Inglesa: análise de aplicacións de Realidade Aumentada para dispositivos móbiles, Los dispositivos móviles en el aula de Lengua Inglesa: análisis de aplicaciones de Realidad Aumentada para dispositivos móviles, Mobile devices in an English language classroom: analysis of Augmented Reality applications for mobile devices
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilaboa Sáenz de Lubiano, Clara
Este traballo de Fin de Grao ten como temática as posibilidades e potenciais dos recursos de Realidade Aumentada no proceso de ensinanza-aprendizaxe do Inglés como lingua estranxeira. Seguindo a modalidade de iniciación á investigación documental, este traballo fai unha revisión da aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no ámbito educativo, analizando o emprego de dispositivos móbiles (tablets e smartphones) nas aulas, concretamente mediante o traballo coas ferramentas…
Consumo de bolería, pastelería, galletas e cereais na USC : consumo entre as estudantes da USC
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Gómez, Cintia
Este traballo presenta a evolución actual que sufriu o consumo de produtos de bolería, pastelería, galletas e cereais en España e en Galicia, que servirá como base para aanálise dunha investigación de mercado realizada aestudantesdaUniversidade de Santiago de Compostela. O obxectivo principal deste traballo é estudar o comportamento, actitude e coñecemento que teñen osestudantes dos produtos de bolería, pastelería, galletas e cereais e…
Responsabilidade social e igualdade de xénero
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cepeda Sánchez, Irene
A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) é unha práctica empresarial que non ten unha definición concreta, polo que as medidas que se poden aplicar neste ámbito son moi variadas. Este traballo céntrase nun tema concreto dentro da RSC, a Igualdade de Xénero. A situación da muller nas empresas con respecto os homes semella desvantaxosa, polo que se analizarán cales son as principais diferenzas. Para estudar esta situación, débense ter en conta aspectos como a diferenza salarial, as medidas de…
O alcance do uso problemático das TRIC en adolescentes de Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteagudo Gago, Ana
Introdución: O uso das Tecnoloxías da relación, da información e da comunicación (TRIC) está a traer consigo un aumento das chamadas adiccións sen substancia ou conductuais como o uso problemático de internet, dos videoxogos e o xogo online. Entre os grupos de maior risco ante esta nova problemática atopamos aos adolescentes, pois son os que están máis familiarizados e fan un uso máis estendido das mesmas. Obxectivos: Coñecer o alcance do uso problemático das TRIC entre os adolescentes de…
Medidas de conductividade térmica en materiais bidimensionais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Sertal, Javier
O Fe3GeTe2 é un material de Van der Waals caracterizado por fortes enlaces covalentes
no plano e febles interaccións de Van der Waals fóra do mesmo. A diferente natureza das
forzas presentes na estrutura leva a pensar nunha condución térmica anisotrópica nas
diferentes direccións cristalinas. No presente traballo estúdase a anisotropía na
condutividade térmica, prestando especial atención ao estudo da condutividade térmica
fóra do plano co gallo de establecer se o transporte térmico se pode…
Distancia homotópica e planificación de movementos en robótica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Yusta Arruti, Esther
A distancia homotópica é un novo invariante topolóxico, que xeraliza a Categoría de
Lusternik-Schnirelmann e a Complexidade Topolóxica de Farber. Unha aplicación é a resolución dun problema xeralizado de planificación de movementos en robótica. No traballo
daranse as principiais propiedades e métodos de cálculo destes invariantes, así como aplicacións dos mesmos
A poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua galega e literatura, Educación física e Libre configuración, La poesía como recurso didáctico interdisciplinar entre Lengua gallega y literatura, Educación física y Libre configuración, Poetry as an interdisciplinary didactic resource between Galician language and literature, Physical education and Free configuration
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Luna Puente, Nicolás
A poesía é un xénero literario con múltiples posibilidades didácticas alén do traballo estritamente lingüístico. Esta ferramenta didáctica permite ampliar o imaxinario dos discentes en materia motriz, literaria, creativa ou expresiva, entre outras. Por tanto este TFG titulado A poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua galega e literatura, Educación física e Libre configuración constitúe unha asociación de tres áreas do currículo de Educación Primaria coa intención de…
A literatura revolucionaria en Latinoamérica na década dos anos sesenta, La literatura revolucionaria en Latinoamérica en la década de los años sesenta, Revolutionary literature in Latin America in the 1960s
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez González, Carmen
O presente Traballo de Fin de Grado procura mostrar unha análise da relación entre as Revolucións dos anos 60 en Latinoamérica co chamado “boom” cultural, do cal destacaremos principalmente o ámbito literario. Deste xeito, poderemos entender a forte influencia da literatura na conformación dunha identidade política e cultural propia. Os principais obxectivos serán, en primeiro lugar, dilucidar a evolución do artista literario cara a súa configuración como intelectual e consecuente actor da…
O delito de tráfico de menores para a súa adopción ilegal (art. 221 CP)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia
O delito de tráfico de menores para a súa adopción ilegal regulouse por primeira vez no Código Penal de 1995. A súa tipificación foi froito das obrigas supranacionais asumidas por España e da inexistencia no texto punitivo dun precepto capaz de abarcar o total desvalor inherente a esta conduta. A ratio legis do tipo é a sanción daqueles comportamentos que tratan ao menor como unha mercancía susceptible de ser vendida e comprada.
Lingua e dialecto. As linguas de España
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz García, María Teresa
En España conviven distintas comunidades que se comunican en variedades lingüísticas tamén diferentes. Algúns consideran que o que falan é unha lingua, mentres que outros o chaman dialecto. A diferenza entre lingua e dialecto é un dos temas sobre os que aínda os lingüistas non se puxeron de acordo, non existen criterios aceptados pola comunidade científica para distinguilos. Desde un punto de vista lingüístico, un dialecto non pode ser
considerado a versión reducida ou imperfecta dunha lingua.…
Prácticas docentes promotoras da aprendizaxe autorregulada: efectos e antecedentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Fernández, Natalia
A educación é un dos maiores retos da sociedade actual. Conseguir que o alumnado se converta en persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social considérase unha prioridade. A aprendizaxe autorregulada (AAR) é clave para conseguir estes propósitos, e a súa ensinanza unha vía para alcanzalos. É por isto, que o obxectivo desta revisión é coñecer as prácticas de promoción da AAR (PAAR), os efectos que teñen no alumnado e as posibles variables asociadas ó proceso. Para elo,…
“¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideoloxías lingüísticas e (des)estandarización en galego, “¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Language ideologies and (de)standardisation in Galician, “¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideologías lingüísticas y (des)estandarización en gallego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Besteiro, Alicia
A ideoloxía lingüística con máis forza nas actuais sociedades occidentais é a ideoloxía do estándar (Milroy & Milroy, 1991; Gal, 2006, 2018): a crenza de que hai unha única forma correcta de falar e de que unha sociedade para ser moderna necesita ter unha variedade estándar para o seu uso na vida pública. Con todo, nesta época de modernidade tardía, a cultura lingüística está mudando e, entre outros procesos, xorden tendencias á desestandarización en distintas linguas europeas (Coupland…
Dúas miradas ás mulleres da Revolución francesa: Madame de Staël e Jules Michelet
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Enriquez Rubal, Ana
Os estudos sobre a participación e implicación das mulleres durante a Revolución francesa estiveron sempre situados nun segundo plano, considerados de escasa importancia para a investigación sobre este período. Porén, hoxe en día está demostrado que as mulleres tiveron un papel fundamental, non só nos principais procesos políticos e sociais da Revolución, mais tamén sendo as principais afectadas negativamente. Neste traballo preténdese, mediante a análise das obras de Madame de Staël, escritora…
Modelos de influenza en grafos. Medidas de centralidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Navarro Martínez, María
Os grafos e as redes adoitan estar presentes no noso día a día en distintos ámbitos: redes sociais, transporte, enerxía....Por iso, o estudo das propiedades dos distintos tipos de redes permite traballar en diferentes disciplinas. Neste traballo amosaránse varios usos como acompañamento á parte teórica e rematarase cun estudo máis intensivo da rede aérea estadounidense. Para isto comezaremos revisando os conceptos fundamentais da teoría de grafos (motivación, redes de fluxo, expresión matricial…
Identificación do comportamento mecánico dunha composición de viga e columnas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mayobre Hermo, Helena
Este traballo consiste nun caso práctico recollido no curso do profesor visitante á USC Vasant Matshagar [5]. O obxectivo do estudo é o de observar como é o comportamento mecánico dun pórtico simple composto por dúas columnas e unha viga. Primeiramente, imos introducir os conceptos de tensor de tensións e tensor de deformación, que nos serán de utilidade, xunto coa lei de Hooke, para desenvolver as ecuacións 3D da elasticidade. A partir do modelo 3D, e xa que a xeometría da estrutura e as…
A análise do mercado turístico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Roget, Fidel
Esta unidade didáctica forma parte da materia
«Impacto Económico do Turismo Urbano» que se imparte no primeiro semestre, dentro do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. Con esta materia preténdese iniciar aos estudantes na análise do impacto económico xerado polo turismo en áreas sub-nacionais, en concreto, en destinos urbanos. Para isto, nunha primeira parte, estúdanse os dous elementos básicos dun mercado, neste caso do mercado turístico, é dicir, a demanda…
Influencia da estacionalidade nos ingresos hospitalarios de pacientes diagnosticadas con Anorexia Nerviosa : unha replicación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torrado Puime, Bernal
[GL] O estudo das influencias estacionais na Anorexia Nerviosa (AN) e en concreto a temperatura ambiental (AT) veñen producindo resultados inesperados en canto á influencia sobre a actividade física das pacientes e o peso no momento das admisións hospitalarias. O noso obxecetivo foi explorar as diferenzas estacionais no índice de masa corporal (IMC) entre os subtipos de Anorexia Nerviosa tipo Restrictivo (ANR) e o tipo con atacaduras e purgas (ANBP).
Analizáronse de maneira retrospectiva as…, [EN] The study of the seasonal influences in the Anorexia Nervosa (AN) and specifically the ambient temperature comes causing unexpected results as for the influence on the physical activity of the patients and the weight at the moment of hospital admissions. Our objective was to explore the seasonal differences in the body mass index (BMI) among the subtypes of Anorexia Nervosa restrictive type (ANR) and the type with bellyfuls and purges (ANBP).
The clinical histories of 84 consecutive…
Mais alá dos estereotipos: problemática da educación artística e proposta de mellora
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Torneiro, Lucía
A Educación Artística é unha materia que se atopa influenciada por
diversos prexuízos e estereotipos presentes na sociedade actual que provocan
que a maioría das persoas non valoren axeitadamente esta área e que o
sistema educativo lle outorgue escaso recoñecemento no currículo educativo.
O ámbito escolar en vez de constituír o principal medio de desterro de ditas
problemáticas non fai máis que reproducir as mesmas debido á utilización de
metodoloxías reprodutivas, como son as fichas, e a…
Análise da autoeficacia percibida e das expectativas do alumnado de FP sobre o módulo de FCT, Análisis de la autoeficacia percibida y de las expectativas del alumnado de FP sobre el módulo de FCT, Analysis of perceived self-efficacy and expectations of FP students about the FCT module
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bran Barral, Francisco
[GL] O presente traballo de investigación realízase co obxectivo de elaborar unha análise da autoeficacia e das expectativas do alumnado de Formación Profesional cara ao módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT).
Dita análise lévase a cabo mediante unha metodoloxía cuantitativa de corte descritivo, para a cal se seleccionou a enquisa como instrumento. Deste xeito, os datos foron extraídos dun cuestionario realizado polo alumnado de diversos ciclos formativos do CIFP Politécnico de Lugo.…
A función das artes en educación e o potencial educativo dos espazos. Proxecto de transformación dun patio escolar, La función de las artes en educación y el potencial educativo de los espacios. Proyecto de transformación de un patio escolar, The role of creative arts and educational potential of the spaces. Project of a playground transformation
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Martínez, Irene
O presente Traballo Fin de Grao resalta a necesidade da educación artística na procura dunha aprendizaxe máis global no alumnado e trata de salientar a importante función das artes como punto de unión nos proxectos entre persoas. A través dunha análise sobre o potencial educativo dos espazos e collendo como referencias os proxectos: “A cidade dos nenos” do psicopedagogo Franceso Tonucci e “Cartografiem-nos” levado a cabo no museo Es Baluard, en Palma de Mallorca, buscase facer unha proposta…
A regulación das vivendas de uso turístico en Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Martínez, Andrés Manuel
O peso económico das vivendas de uso turístico medrou exponencialmente no último lustro da man do auxe da denominada economía colaborativa. O obxecto do presente traballo é analizar a problemática xurídica xurdida nesta materia. Existe un conflito competencial entre as distintas Administracións para regular a actividade, e esa mesma diversidade competencial provoca que non haxa un concepto unitario de vivenda de uso turístico en España. Xunto a isto, este traballo presenta un estudo sistemático…
Análise de perfiles fenotipo-xenotipo no trastorno do espectro autista
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chillón Camaño, Mar
Introdución: O trastorno do espectro autista (TEA) é un trastorno verdadeiramente amplo, onde podemos atopar cadros sindrómicos e non sindrómicos con importantes comorbilidades asociadas, ao cal tratamos de achegarnos na actualidade con numerosas e novedosas técnicas buscando establecer unha diagnose xenética, sempre vencellada a unha elaborada exploración física.
Obxectivos: Realizar unha revisión bibliográfica actualizada e de acordo aos niveis de evidencia establecidos sobre os achados…
Nivel de actividade física dos pacientes con factores de risco cardiovascular. Actividade física en pacientes con patoloxía crónica prevalente
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Otero, Lorena
Obxectivo. O presente traballo busca indagar o nivel de actividade física dos pacientes con enfermidades cardiovasculares (HTA, diabetes e dislipemia), co fin de coñecer se a integran como parte do tratamento ou, se pola contra, segue a ser unha materia pendente.
Material e metodoloxía. Utilizouse o cuestionario IPAQ na súa versión curta e auto-administrada. Recolléronse as enquisas durante os meses de xaneiro e marzo do 2020. Obtívose unha mostra de 98 pacientes pertencentes ao SAP Illas…
Impostos Pigouvianos cen anos dende o seu postulado : realidade actual, análise de converxencia e proposta impositiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Mato, Silvia
O principio de “quen contamina, paga”, naceu en 1920 da man de Arthur Cecil Pigou na súa obra Economics of Welfare. Contando con 100 anos de historia económica, este mecanismo impositivo non conta coa mesma vixencia temporal na práctica. Hogano podemos afirmar que a fiscalidade ambiental debe xogar un papel clave no proceso contra a destrución de ecosistemas, cambio climático e degradación medioambiental. Neste traballo mostramos empiricamente a existencia de converxencia a nivel europeo no…
A heteroxeneidade na Enfermidade de Parkinson a través dos subtipos empíricos: Cara a un futuro con múltiples Enfermidades de Parkinson? Unha revisión bibliográfica, La heterogeneidad en la Enfermedad de Parkinson a través de los subtipos empíricos: ¿Cara a un futuro con múltiples Enfermedades de Parkinson? Una revisión bibliográfica, Heterogeneity in Parkinson’s Disease through empirical subtypes. Towards a future with multiple Parkinson’s Diseases? A literature review
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Conde, María
Introdución: A Enfermidade de Parkinson (EP) presenta unha grande heteroxeneidade clínica, ligada a substanciais implicacións biolóxicas, prognósticas e terapéuticas. Isto xerou unha hipótese: e se non existise a Enfermidade de Parkinson como unha soa entidade nosolóxica e fose máis preciso falar de “Enfermidades de Parkinson”? Como mínimo, cabe plantexarse a súa divisibilidade en subtipos. Para estudar mellor este fenómeno, tratouse de facelo valéndose de dous enfoques: clasificacións…
Marxinalia nos manuscritos dos Beatos altomedievais: o Beato de Girona
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Negro, Susana
Os Beatos son os manuscritos que transmiten o Comentario á Apocalipse de
san Xoán de Beato de Liébana. Durante o século X é elevado o número de beatos
copiados, destacando o Beato de Girona como un dos exemplares máis valiosos desde o
punto de vista artístico. Presenta abundantes miniaturas marxinais, definíndose a
marxinalia como aquelas iluminacións que se atopan no exterior do cadro do texto, que
polo xeral non teñen unha relación directa co discurso central nin unha intencionalidade…
Internet como causa de suicidio en adolescentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Bello, Antón
Introducción: El suicidio representa un grave problema de salud pública que provoca alrededor de un millón de muertes anuales y constituye una de las principales causas de mortalidad en la población juvenil. Con la irrupción de Internet, muchos adolescentes dedican usos excesivos a las nuevas tecnologías, lo que puede conducir a una adicción que, a su vez, conlleva una serie de consecuencias físicas y mentales relacionadas con el suicidio.
Objetivo: Conocer la influencia de las redes sociales e…
Da Covid-19 á condición post-Covid-19: disfunción cognitiva e impacto emocional tras hospitalización
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Bouzas, Lucía
Obxectivos: (1) determinar a frecuencia e perfil de disfunción cognitiva das persoas que requiriron hospitalización, aos 6-9 meses da alta, atendendo á sintomatoloxía neurolóxica durante a fase aguda; (2) determinar a prevalencia de síntomas de estrés postraumático; e (3) investigar a relación entre as queixas cognitivas subxectivas, a gravidade da infección, o impacto emocional e o rendemento cognitivo obxectivo. Método: Participaron 44 pacientes (50% mulleres; 50,9 ± 6,14 anos).…
O grupo dos clérigos composteláns na Compilación Xeral da lírica galega-portuguesa: análise da súa tradición manuscrita, El grupo de los clérigos compostelanos en la Compilación General de la lírica gallego- portuguesa: análisis de su tradición manuscrita, The group of the Compostelan clergymen in the General Compilation of the Galician- Portuguese lyric: analysis of its manuscript tradition
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rancaño Míguez, Miguel
[GL]O presente traballo ten como obxectivo analizar as composicións grupo dos clérigos composteláns e a integración destes dentro da "Compilación Xeral" da lírica trobadoresca galega-portuguesa. Este heteroxéneo agrupamento forma parte dunha extensa colectánea de materiais galegas (cos ciclos de Johan Ayras e as series de amor e amigo dos xograres) inserida entre o final da sección do amigo e o comezo da sección satírica da dita Compilación. Atópase constituída por setenta e catro…
Análise da eficiencia técnica dos albergues do Camiño de Santiago: unha aproximación á eficiencia a través de DEA e da FE
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castiñeira Carracedo, Martiño
Dada a importancia cultural, social e económica que ten o Camiño de Santiago para Galicia é vital ter presente a eficiencia das súas actividades económicas fundamentais, neste caso, a eficiencia técnica dos albergues, cuxos usuarios proveñan do Camiño de Santiago. A investigación fíxose a través da estimación dunha fronteira de produción, empregando dous métodos: a análise envolvente de datos (DEA) e a análise da fronteira estocástica (FE). Explícase a metodoloxía detalladamente que segue cada…
O binomio vida/morte nunha selección de narrativas para a infancia, El binomio vida/muerte en una selección de narrativas para la infancia, The life/death binomial in a selection of narratives for childhood
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Queizán Fernández, María Gloria
No noso século segue presente a tendencia a evitar, tratar con discreción ou
mesmo fuxir do tratamento explícito da morte. Esta situación orixina no eido
educativo un ambiente de dúbidas e de debate sobre cuestións como a súa
introdución nas aulas e, de ser o caso, como facelo. Por tanto, o obxectivo
principal deste TFG é ofrecer un itinerario de lecturas para o segundo ciclo da
Educación Infantil que ten o binomio vida/morte como fío condutor, acompañado
dunha análise crítica desas obras.
No…
Violencia doméstica: malos tratos a menores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Calvo, María Sol
A historia do maltrato os nenos remóntase ás orixes da historia do home e é sorprendente ver como ao longo do tempo se mantivo, ata épocas recentes, unha situación de permisividade por parte da sociedade. De feito, o abuso e os malos tratos infantís foron ignorados a nivel social e xurídico ata despois da II Guerra Mundial.
De entre todos os tipos de violencia cara aos nenos, imos referirnos a aquela que se desenvolve nun espazo determinado -o medio familiar- e nunhas circunstancias que…
Mecánica ondulatoria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Rodríguez, José Gregorio, Carballo Sánchez, Rodrigo
A presente Unidade Didáctica (en diante UD) é unha continuación da UD II
na que se estudan os fundamentos da ondada. Ambas as unidades
encádranse dentro do Bloque I da materia, onde se caracterizan os distintos
procesos que determinan o deseño das actuacións litorais (Bloque II). Para
o seu deseño, é esencial coñecer o clima marítimo ao que estarán
sometidas; en particular, as condicións da ondada constitúen, na maioría
dos casos, a solicitude máis importante.
Os datos de partida fan referencia…
Validación dun dispositivo “point of care” para a medición de calcio en granxa
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abraira Castro, Icía
[GAL]
A hipocalcemia é a patoloxía máis prevalente e que máis perdas económicas provoca nas vacas de leite. Máis do 50% das vacas multíparas presentan hipocalcemia subclínica (HCS) dentro dos primeiros catro días despois do parto.
A HCS aumenta o risco doutras patoloxías posparto e está asociada á redución da produción de leite durante a lactación, problemas reprodutivos e complicacións nasaúde dos animais. Por iso, a suplementación profiláctica con Ca no posparto é unha práctica común, pero…
Gamificación e matemáticas: unha combinación gañadora, Gamificación y matemáticas: una combinación ganadora, Gamification and mathematics: a winning combination
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lobeiras Casal, Denise
Este traballo céntrase en analizar o impacto da metodoloxía da gamificación no proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas nun grupo de estudantes de 6º de Educación Primaria. O obxectivo principal é avaliar os cambios nas actitudes e sentimentos do alumnado cara a materia, especialmente a nivel afectivo, mediante cuestionarios aplicados antes e despois do desenvolvemento da proposta didáctica. Deste xeito, comprobarase se esta técnica pode aumentar a motivación e reducir as emocións…
Entre o caos e o control. Discurso ideolóxico e político no cinema de Nolan. (Os casos de The Dark Knight e Tenet)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pérez, Nuria
O cinema é un medio visual e discursivo que pode funcionar como ferramenta ideolóxica e filosófica para comprender o pensamento contemporáneo e desenvolver lecturas sociais e políticas. Nese sentido, o real pode ser representado mediante a simboloxía a través de significados complexos que nos levan a participar activamente na súa construción, articulando diálogos ideolóxicos arredor de conceptos como o poder, a xustiza e o control. Este traballo, polo tanto, propón empregar unha metodoloxía que…
A resolución de problemas como eixo vertebrador no desenvolvemento do Pensamento Computacional e na aprendizaxe da Robótica Educativa en Educación Primaria, La resolución de problemas como eje vertebrador en el desarrollo del Pensamiento Computacional y en el aprendizaje de la Robótica Educativa en Educación Primaria, Problem solving as the backbone of the Computational Thinking and the learning of Educational Robotics in Primary Education
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pedro López, Aida de
Dado que resulta imprescindible desenvolver habilidades asociadas ao Pensamento Computacional (PC), á Resolución de Problemas (RP) e á Robótica Educativa (RE) para favorecer unha adaptación axeitada ás necesidades da sociedade actual, faise necesaria unha educación que responda a estas novas demandas. En consecuencia, diversas investigacións formulan recomendacións sobre como integrar estas competencias de maneira efectiva na práctica educativa. A pesar disto, as propostas existentes son…
Análise estatística de táboas de frecuencia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Santamaria, Xabier
Neste traballo preséntase unha revisión dos métodos estatísticos para a análise de táboas de frecuencias. En primeiro lugar, recórdanse as distribucións de probabilidade das variables discretas mais relevantes e relacionadas coas táboas de frecuencias: Binomial, Multinomial, Poisson e Hiperxeométrica. Despois, faise un repaso dos conceptos fundamentais da Inferencia Estatística e a súa aplicación a táboas de continxencia. Mais adiante estúdanse as táboas de continxencia bidimensionais,…
Mulleres matemáticas na historia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Meizoso Suárez, Tania
Neste Traballo Fin de Grao estudarase a presenza das figuras femininas nas matemáticas ao longo da historia, así como as súas achegas aos distintos campos desta ciencia, profundando especialmente na obra de cinco mulleres dos últimos séculos. Para acadar este obxectivo, comezarase cunha introdución sobre a historia das matemáticas na que se resaltarán os aspectos máis relevantes, achegando á vez unha idea do contexto sociopolítico das distintas épocas. Continuarase cunha enumeración dos motivos…
Xeometría global de curvas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Otero, Candela
O obxectivo deste traballo é contextualizar, enunciar e demostrar algúns dos teoremas máis relevantes da teoría global de curvas planas desde a perspectiva da xeometría diferencial. Así, abordaremos o estudo da Umlaufsatz de Hopf, o teorema da curva pechada de Jordan, a desigualdade isoperimétrica, o teorema de Fenchel e o teorema dos catro vértices. Despois dunha breve introdución aos conceptos básicos da xeometría diferencial de curvas planas, presentaremos as ferramentas necesarias para o…
Conservación por calor
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cobos García, Ángel, Díaz Rubio, Olga
Esta unidade didáctica denominada Conservación por calor forma parte da materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» que se impartirá no primeiro semestre do 2º curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética. A materia estrutúrase en diferentes unidades didácticas, tratando cada unha delas as diferentes tecnoloxías de procesado dos alimentos, tanto de conservación coma de transformación. A presente unidade didáctica aborda a conservación dos alimentos por calor. Este método permite destruír os…
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9904
Valoración de activos continxentes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros.
O propósito da unidade é introducir os fundamentos da valoración de activos continxentes por medio dos activos Arrow‐Debreu. A partires da valoración con activos Arrow‐Debreu obtéñense as probabilidades neutrais ao risco, probabilidades que nos permiten valorar un activo como o valor esperado…
Transformación, fusión e escisión
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vivel Búa, Milagros
A empresa non é un ente estático e, polo tanto, a súa propia estrutura pode experimentar alteracións significativas ao longo do tempo. Así, unha sociedade mercantil pode levar a cabo un proceso de transformación co obxectivo de modificar a súa estrutura xurídica, adoptando unha forma social diferente á orixinal. Este proceso de transformación constitúe o primeiro punto de análise neste tema.
A continuación, deben considerarse outras operacións sociais relevantes que o Plan Xeral Contable…
Os xéneros dialogados na lírica románica medieval
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez García, Tania
Neste traballo pretendemos estudar e caracterizar os xéneros dialogados presentes nas distintas tradicións líricas romances partindo dos tratados poéticos que fan alusión a eles e dun corpus representativo de cada dominio lingüístico. Con esta finalidade, centraremos a nosa atención naquelas modalidades nas que o intercambio comunicativo directo entre dous interlocutores (xeralmente trobadores, aínda que en certas tradicións serán máis propiamente poetas) é un elemento constitutivo fundamental…
A responsabilidade social empresarial e os recursos humanos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Sanmiguel, Zulema
A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é un conxunto de medidas que adoptan as empresas e as organizacións de forma voluntaria para o ben común. Os motivos polos que establecen estes códigos de conduta para este fin poden ser diversos.
O traballo que nos atinxe consta de 9.963 palabras e pretende saber se os empregados coñecen este concepto aplicado aos Recursos Humanos (RRHH) e o perciben nas empresas nas que traballan. Poderemos así recoñecer o grao de coñecemento e a valoración que…
Drogas de abuso e adicción a psicofármacos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Caneda, Eduardo Guillermo
A materia de Farmacoloxía do Comportamento é unha materia optativa de
segundo ciclo da especialidade de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da
Licenciatura en Psicoloxía, pero pode moi ben ser seguida por calquera
alumna/o de calquera especialidade que o desexe. A súa condición de
optativa circunscribiranos a traballar entre persoas interesadas a priori en
coñecer os seus contidos e dotarse das competencias básicas para o
manexo de psicofármacos que requiren as tarefas propias da Psicoloxía.…
A paisaxe sempre foi así?. Unha experiencia para a ESO
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Sánchez, Noemí
Para ensinar ciencia tendo en conta a ciencia non basta con transformalos coñecementos científicos e levalos á aula, senón que é preciso abordar aspectos relacionados coa natureza das ciencias facendo explícito na aula como dende a ciencia se constrúe o coñecemento científico. Esta investigación realizouse no marco do desenvolvemento dunha unidade didáctica na que se traballaron competencias científicas en indagación e argumentación e na que o alumnado, facendo uso de ferramentas propias da…
Impacto económico do marisqueo a flote na Illa de Arousa empregando a metodoloxía Input-Output
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ambrós Fernández, Lledó
O obxectivo deste traballo é amosar a importancia económica do marisqueo a flote na Illa de Arousa. Para lograr este obxectivo empregouse a metodoloxía input-output a través da cal se amosaron as relacións do marisqueo a flote con todas as ramas de actividade coas que está interrelacionado. Para a realización deste traballo, ademais da consulta de fontes bibliográficas, realizouse traballo de campo. En primeiro lugar, para a obtención da información…
Inferencia estatística con datos truncados
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Portela Comba, Iria
[GL] Este traballo está centrado nos métodos estatísticos para a análise de datos truncados.
Comezouse introducindo a relación que existe entre a distribución orixinal e a distribución
truncada dunha poboación, creando unha serie de estimadores que permiten estimar características
da poboación total a partir dunha mostra observable. Fíxose un estudo destes
estimadores, indicando as súas propiedades principais. Ao longo de todo o traballo foise
ilustrando con exemplos cada método que se…
Existencia de solución de Ecuacións Diferenciais Ordinarias por medio de series de potencial
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Rodríguez, Paula
Este traballo está principalmente baseado na busca de solucións para as ecuacións
diferencias ordinarias empregando series de potencias. Ao empregar dito método sobre
uns cantos exemplos clásicos da física-matemática vamos a chegar a sua solución xeral.
Tamén veremos a relación de ditas solucións coas calculadas empregando bases de Hilbert
ortonormais sobre os respectivos espazos 𝐿².
O primeiro capítulo divídese en tres partes. A primeira parte fundamentase principalmente
nun conxunto de…
Unha introdución ás Variedades Diferenciables
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Oubiña Galiñanes, José Antonio
Esta é a versión imprimible das presentacións utilizadas para impartir a materia Variedades Diferenciables. Preséntanse as nocións básicas da teoría das variedades diferenciables, tanto dende o punto de vista global como local, as aplicacións diferenciables entre variedades e tipos especiais destas. Considéranse os campos de vectores e as formas diferenciais en variedades e estúdase o cálculo integral de formas en variedades diferenciables. Finalmente, próbase unha versión xeral do teorema de…
Mantemento e transmisión da lingua galega: unha achega ás familias da área de Compostela, Mantenimiento y transmisión de la lengua gallega: aproximación a las familias del área de Compostela, Maintenance and transmission of the Galician language: an approach to the families in the area of Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Buján, Pedro
O meu Traballo de Fin de Grao tentará abordar o estudo dos procesos de mantemento e transmisión da lingua galega nas familias da área da Compostela. Esta zona, destacada pola súa heteroxeneidade, non só a nivel lingüístico, senón tamén social e territorial, é de moito interese para o campo da sociolingüística, sendo ademais unha das áreas galegas máis extensas e poboadas. Para o seu estudo, empregaranse datos de pesquisas realizadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), de índole…
A guerra cultural entre potencias: articulación ideolóxica das diferentes tendencias artísticas entre os Estados Unidos e a Unión Soviética (1917-1955)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mediero Vázquez, Sofía
No presente traballo, analizarase o percorrido do discurso artístico-cultural entre os Estados Unidos e a Unión Soviética, dende o estalido da Revolución de Outubro aos primeiros anos da Guerra Fría. Así, preténdese facer unha aproximación á articulación dos diferentes movementos artísticos de cada potencia en relación á defensa ideolóxica dos principios propios. Para isto, presentaranse un análise do contexto histórico e do relato político, a fin de comprender as tendencias estéticas que foron…
Estudo sociolaboral e económico do Concello de Silleda, Estudio sociolaboral y económico del Ayuntamiento de Silleda, Social, labor and economic study of the Silleda Council
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Pena, Andrés
Coñecer o lugar no que vivimos pasa necesariamente por analizar as súas
fortalezas – e tamén as súas debilidades –, por descubrir que sucedeu no pasado
para ser capaces de comprender o presente e proporcionar unha guía que
permita acadar un futuro máis próspero e sostible que aproveite as
oportunidades que nos ofrece unha contorna cada vez máis cambiante e volátil.
O presente estudo pretende analizar dunha forma exhaustiva e completa o
panorama económico, laboral e social do concello de Silleda…
Circustancias agravantes
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando, Guinarte Cabada, Gumersindo, Pérez Rivas, Natalia
O Código penal español prevé un sistema de penas relativamente
determinadas, isto é, un sistema baseado na fixación dun marco punitivo
dentro de cuxos límites, superior e inferior, o xuíz debe determinar
(motivadamente e a través de determinadas regras e criterios legais) a pena
axeitada ao caso particular. A unidade didáctica que aquí se presenta ten
carácter básico, pois incide nun dous aspectos esenciais dese sistema de
determinación da pena: as circunstancias agravantes xenéricas do…
O modelo curricular do sistema educativo español
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Balsa, María Josefa
O ámbito educativo é un dos tres ámbitos clásicos de intervención que ten a psicoloxía. Dentro deste campo de actuación enmárcase a materia “Psicoloxía e Currículo”, unha materia optativa que se oferta aos alumnos de 5º de Psicoloxía. “Psicoloxía e Currículo” intenta coaxudar na formación dos futuros psicólogos e psicólogas que van a desenvolver a súa actividade profesional no ámbito escolar. Neste sentido, desenvolve unha serie de coñecementos que os capacitaran para proporcionar asesoramento…
Populismo e cultura política en Perú : análise dos episodios e historia política no século XX : o goberno dos poucos e o xogo coas maiorías
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dacal Araújo, Laura
O presente traballo busca reabrir o debate na análise política dos pasados gobernos e réximes da América Latina contemporánea, nos cales o concepto de "populista" se aceptou como adxetivo para definir os liderados de grande parte dos modelos políticos que se instauraron no continente. Nas seguintes páxinas escollemos o Perú do século XX para analizar este fenómeno, as súas implicacións e os episodios máis destacados que poderían confirmar o populismo como unha práctica ben acollida…
A participación dos gremios nas festividades públicas da Idade Moderna : prestixio institucional a través da cultura popular
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Castelo, Lucía
Os gremios constituíron un dos elementos fundamentais da vida urbana da Idade Moderna, non só no relativo ao mundo laboral, senón tamén no que á sociabilidade se refire. Á súa vez, os gremios conformaban identidades de grupo, froito desa mesma sociabilidade, unhas identidades intensificadas grazas á súa participación en festas públicas que, aínda obrigada, constituía unha oportunidade para exaltar o propio prestixio e poder do gremio sobre as outras institucións. En consecuencia, o conflito…
Raíñas e mulleres na España contemporánea : a feminidade hexemónica na transición do século XIX ao XX a través das figuras de María Cristina de Habsburgo e Victoria Eugenia de Battenberg
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fraga, Daniel
Coa construción do estado liberal-burgués na Europa contemporánea atopámonos coa edificación dunha nova dimensión das figuras monárquicas coma representantes ideais dos valores hexemónicos na sociedade. Isto faise aínda máis evidente no caso das raíñas na transición entre o século XIX e o XX, onde numerosos procesos históricos, como o desenvolvemento da loita feminista ou a inclusión da muller no mundo laboral, acabaron por rachar ca xerarquización sexual decimonónica e, por tanto, co ‘anxo…
Efectos dun programa de adestramento en Tarefas Duais na soidade e saúde autopercibida nunha mostra de adultos maiores institucionalizados
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villamide Gesto, Jhilenia
O progresivo envellecemento da sociedade e o consecuente incremento da institucionalización de adultos maiores implica a abordaxe dos cambios físicos, cognitivos, funcionais e psicosociais nestes contextos. Dentro das alternativas de servizos e intervencións existen os adestramentos en tarefas duais, ou mutitarefa, caracterizadas pola realización de dúas actividades de forma simultánea, en vez de secuencial. Este tipo de intervencións, relativamente recentes, están demostrando ser prometedoras…
Elaboración e análise dun catálogo de medios de temática ambiental
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Meda López, Xiana
Este traballo aspira a crear un catálogo de medios que reúna e analice algunhas das canles de información que a cidadanía ten a súa disposición para adquirir coñecementos sobre medio ambiente e natureza, e cales son as características principais que as definen.
Por unha parte, a elaboración do catálogo busca reunir a oferta comunicativa que existe sobre temática ambiental (galega e nacional), así como converterse nunha guía de consulta neste eido. Por outra, pretende transmitir a importancia de…
Aportacións ao estudo da marcha e a súa evolución ante o envellecemento, revisión bibliográfica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Garea Sánchez, Nerea
Introdución
Ano tras ano vemos como a esperanza de vida media vai aumentando a nivel mundial, producíndose así un incremento da poboación anciá. Co envellecemento prodúcense unha serie de modificacións, instauradas paulatinamente, nos mecanismos que controlan o equilibrio e a locomoción que modifican o patrón normal da marcha, constituíndo a marcha senil.
Obxectivos
Analizar os cambios producidos na deambulación dos xerontes, establecer unha relación coas caídas e determinar os beneficios do…
Estigmatización do adulto con esquizofrenia: revisión sistemática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Jarazo Mirás, Antía
Introdución: A esquizofrenia é unha enfermidade mental grave e crónica, caracterizada por trastornos moi heteroxéneos en múltiples modalidades mentais, incluída a cognitiva, a emocional ou a condutual. Ademáis da enfermidade, as persoas que a padecen tamén teñen que lidiar co estigma que esta acarrea, vendo mermada a súa capacidade para relacionarse e desenvolver actividades esenciais da vida diaria e, por tanto, a súa calidade de vida.
Obxectivos: A presente revisión sistemática céntrase na…
Programa de educación para a saúde dirixido á prevención das Agresións Sexuais Facilitadas por Drogas (DFSA) en adolescentes galegos: un proxecto de investigación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quiñones Gómez, Alicia
Introdución: O termo anglosaxón “agresións sexuais facilitadas por drogas” (DFSA) emprégase para facer referencia a un tipo de delito sexual no que as vítimas son sometidas a violencia non consentida mentres se atopan incapacitadas e/ou inconscientes polos efectos dunha ou máis substancias psicoactivas (drogas). A evidencia científica sinala que de tódalas substancias empregadas nas DFSA a máis utilizada é o alcohol, sobre todo nos casos de DFSA oportunista, situándose a súa detección nas…
Novos retos sistémicos: na procura doutros públicos desde o canon da LIX, Nuevos retos sistémicos: en la procura de otros públicos desde el canon de la LIX, New Systemic Challenges: In Search of Other Audiences from the Canon of the LIX
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivas Cantelar, Noela
O presente traballo busca estudar e sistematizar, a través da análise de tres obras narrativas, o fenómeno de migración de tres autores canónicos da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIX), Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey, cara á narrativa para público adulto a partir da segunda década do século XXI.
Desenvólvese unha achega expositiva á traxectoria literaria de cada un destes autores no eido da LIX, contextualizada no marco socio-político e cultural da Galicia…
Estereoisomería
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seijas Vázquez, Julio Antonio, Vázquez Tato, María del Pilar
A planificación da materia fíxose mediante unha ordenación segundo os distintos grupos funcionais. Isto permite subministrar os coñecementos básicos sobre a estrutura das moléculas orgánicas ao mesmo tempo que posibilita a introdución progresiva dos
distintos tipos de reaccións (substitución, eliminación, adición,…). Esta ordenación é aconsellable, dende o punto de vista pedagóxico, para o alumnado que se inicia no estudo da química orgánica, pero non impide que se vaian introducindo ao longo…
Actitude cara á publicidade en Internet e o uso de Ad Blockers
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Rodríguez, Carolina
A publicidade busca xerar actitudes nos consumidores. Co nacemento de Internet e a súa implantación como medio de marketing, esta reinvéntanse e aparecen novos formatos na rede. Así, os usuarios están expostos a continuos impactos publicitarios a través deste medio, que poden chegar a ser excesivos de xeito que a publicidade online remate por acadar a denominación de molesta e intrusiva. Esta percepción dá lugar á aparición dos bloqueadores de publicidade online ou Ad Blockers, que están…
“Os do monte”: movemento antifranquista galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ulloa Quintas, Daniel
A resistencia armada en Galicia ó franquismo, ó contrario do que a memoria política e social garda, tivo unha grande importancia: foi a primeira resistencia organizada en España e mantívose no tempo. O estudo da guerrilla que chega ó público xeral ten sido parcial e moi personalizada en figuras relevantes.
Neste traballo téntase ofrecer un enfoque xenérico, sen agarrarse ós nomes e cunha perspectiva que ten presente que a loita contra o franquismo está na base da consecución da democracia en…
Análise dos desempeños de estudantes de educación secundaria na avaliación e deseño de investigacións científicas, Análisis de los desempeños de estudiantes de educación secundaria en la evaluación y el diseño de investigaciones científicas, Analysis of secondary students’ performances in evaluating and designing scientific investigations
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Vidal, David
Este traballo pretende examinar e comparar os desempeños de estudantes de distintos cursos no deseño e avaliación de investigacións, así como analizar a utilidade dos apoios educativos na planificación de investigacións. Os participantes son 61 alumnos e alumnas, procedentes de tres cursos distintos (2º, 3º e 4º de ESO), que cursan a materia de Física e Química nun IES do centro de Lugo e que participan na resolución de tres actividades escritas durante dúas sesións de 50 minutos cada unha. O…
O impacto da identidade rexional propia nas industrias creativas e culturais : un estudo para as rexións da Unión Europea
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amoedo, José Manuel
Neste traballo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. Para facelo organizamos o traballo en dúas partes, máis unhas conclusións o seu remate. Nunha primeira parte, de carácter teórico, facemos unha recopilación da literatura existente sobre o tema, definindo os conceptos chave e establecendo as relación existentes entre elas dende un punto de vista teórico. Desta…
Análise socioeconómica do barrio de Vista Alegre
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gómez, Iria, López Nieto, Iris, Mato Villamarín, Alberto, Míguez Rosario, Adrián
No presente traballo realizamos unha análise socioeconómica do barrio de Vista Alegre, mediante o cal nos informamos acerca das principais vantaxes e inconvenientes que existen, a día de hoxe, nesa zona concreta do Concello de Santiago de Compostela. Desta forma, conseguimos cumprir o primeiro dos obxectivos deste traballo: coñecer as necesidades reais e a estrutura económica de Vista Alegre.
É importante destacar que a información e os datos que se mostran ao longo desta análise socioeconómica…
Os problemas léxico-semánticos e a súa anotación no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lodeiros Souto, Natalia
Hoxe en día a Lingüística de Corpus é unha peza fundamental da Lingüística Aplicada. É difícil concibir a lingüística actual sen os corpus. Neste senso, os corpus de aprendentes son ferramentas esenciais para comprendermos e mellorarmos a teoría da adquisición das linguas e as metodoloxías necesarias para o proceso de ensinoaprendizaxe. Neste traballo afondaremos no funcionamento dos corpus de aprendentes con anotación informatizada de erros e nas súas clasificacións dos problemas léxico…
Os residuos de competencia municipal na Galiza: análise dende unha perspectiva circular
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Páramo Telle, Óscar
A Economía Circular preséntase como un novo paradigma económico acorde cos límites físicos da Terra. Dado o seu carácter multidisciplinar e a súa numerosa diversidade de enfoques, os indicadores existentes para cuantificala varían amplamente. Unha vez analizado como xurdiu o concepto, que diferentes maneiras de entendelo existen e algúns dos indicadores existentes, tentarase facer unha aproximación da medición da Economía Circular nalgunha das súas dimensións na Galiza. Tendo en conta as…
Estudo do envellecemento de máscaras cirúrxicas desbotables
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carreiras Suárez, Sandra
As máscaras cirúrxicas téñense convertido nun requirimento global neste último ano, o cal está contribuíndo ao problema da contaminación por plásticos. Neste traballo estudouse o envellecemento acelerado das máscaras, co obxectivo de simular o proceso natural de degradación e estudar o seu mecanismo. Para acelerar o envellecemento utilizáronse dous métodos de uso común na ciencia de materiais: o termoenvellecemento acelerado e o fotoenvellecemento acelerado. O seguimento levouse a cabo mediante…
Entre Washington e Bruxelas: unha análise histórica da política exterior de España cara Cuba (1976-2016)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiras Barreiro, Cristina
[GL] A definición da política exterior española está determinada pola busca dun equilibrio entre o peso da relación bilateral cos Estados Unidos e a pertenza á Unión Europea. Nesta dialéctica, a aproximación cara Cuba dende comezos do segundo período democrático revélase como un espazo para medir o ángulo de inclinación cara un ou outro polo. O presente traballo final de máster toma como punto de partida unha análise dos antecedentes históricos que conformaron o trinomio España-Estados Unidos…
Relación entre habilidades motrices básicas locomotrices e variables antropométricas: un estudo realizado con alumnado de 1º-3º de educación primaria, Relación entre habilidades motrices básicas locomotrices y variables antropométricas: un estudio realizado con alumnado de 1º-3º de educación primaria, Relationship between locomotor fundamental motor skills and anthropometric variables: a study carried out with 1º-3º primary schoolchildren
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mohedano-Vázquez, Nair
Obxectivo: Analizar a relación entre o desenvolvemento das Habilidades Motrices Básicas (HMB) locomotrices e as variables antropométricas de alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria. Metodoloxía: Participaron no estudo 79 nenos e nenas. Para avaliar as HMB combináronse varias baterías (TGMD-2, TGMD-3, Victorian FMS Assessment e Get Skilled Get Active). Clasificouse aos e ás participantes en tres grupos: normopeso, sobrepeso e obesidade en función do seu índice de masa corporal (IMC) de acordo…
Avaliación dos pacientes duais con trastornos psicóticos comórbidos en programa de tratamento con antipsicóticos inxectables de longa duración, Evaluación de los pacientes duales con trastornos psicóticos comórbidos en programa de tratamiento con antipsicóticos inyectables de larga duración, Evaluation of dual diagnosis patients with comorbid psychotic disorders in a long-acting injectable antipsychotic treatment program
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mato Gómez, Lucía
A patoloxía dual defínese como a coexistencia, no mesmo individuo, dun trastorno aditivo máis un trastorno mental comórbido. Dentro destes últimos, os trastornos psicóticos presentan unha elevada prevalencia. En Galicia téñense desenvolto programas con antipsicóticos inxectables de longa duración (APLD) para mellorar a atención integral a estes pacientes con trastornos mentais severos comórbidos. Este estudo enmárcase no proxecto “Avaliación dos pacientes a tratamento nas redes asistenciais de…
Unha introdución á interpolación por funcións spline
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Fernández, Alba
[GL] Neste texto faremos unha introdución á interpolación polinómica de Lagrange e veremos
as principais desvantaxes deste método, que motivan a aparición dos splines. Seguidamente
trataremos o proceso de interpolación polinómica con funcións spline, centrándonos nos de
grao tres por ser os máis empregados na práctica.
Tratamento Rexenerativo da Periimplantite. A propósito de 2 casos, Tratamiento Regenerativo de la Periimplantitis. A propósito de 2 casos, Peri-implantitis Regenerative Treatment. A description of 2 cases
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Chueca, Jose Daniel
Seguimento de dous casos de pacientes diagnosticados con periimplantitis activa. O tratamento basouse nunha primeira fase de desbridamento non quirúrxico da lesión e una rexeneración ósea posterior con inxertos particulados e membranas L-PRF. Caso 1: Técnica rexenerativa en 6 implantes superiores e seguimento a 1 ano. Caso 2: Técnica rexenerativa en implante unitario de circonio en zona estética e seguimento a 3 anos e 4 meses
Abordaxe e prevención da intoxicación etílica aguda en adolescentes: unha revisión sistemática
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Garrido Parada, Martín
Introdución: nos servizos de urxencias hospitalarias españois son frecuentes as admisións de adolescentes por intoxicacións derivadas dun consumo agudo de alcohol, que xera un importante dano no organismo. Ademais, provoca condutas de risco asociadas que poden derivar en agresións, accidentes de tráfico ou relacións sexuais sen protección. As enfermeiras debemos ser capaces de identificar de xeito precoz un consumo de risco para realizar intervencións preventivas así coma de coñecer o manexo,…