Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Análise e evolución da aplicación en Galicia do programa de axudas á forestación de terras agrarias (règ. CEE 2080/92), Afforestation measures in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Arias, Ana Isabel, Pérez Fra, María do Mar

As medidas de forestación de terras agrarias teñen experimentado un interesante desenvolvemento dende que foran postas en marcha en toda a Unión pola reforma da PAC en 1992. O Estado Español ten sido un dos membros da UE no que estas medidas foron máis usadas, en especial se o comparamos co resto das medidas de acompañamento postas en marcha na mesma data. En Galicia tamén teñen tido unha grande repercusión, e foron de especial relevancia para o sector forestal como así o manifestan as actuais…



Crecemento urbano: tendencias vs. ruído, Crecimiento urbano: tendencias vs. ruido, Urban Growth: Trends vs. Noise

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Duranton, Gilles

Neste artigo lévase a cabo unha análise comparativa dos modelos de crecemento urbano clásico e aleatorio para comentar a súa capacidade explicativa dos fenómenos de crecemento urbano e da distribución por tamaño das cidades. O proceso de innovación baseado na experimentación incorporado aos modelos de crecemento urbano clásico achega nova luz sobre a coexistencia de cidades diversificadas e especializadas e sobre o papel das cidades diversificadas como cidades viveiro para facilitar a…



Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao… La manícula en el "Cancioneiro da Biblioteca Nacional" (códice 10991)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

Case todas as anotacións de A. Colocci no Cancioneiro da Biblioteca Nacional 10991 (B) teñen sido estudadas e valoradas polos investigadores da lírica galego-portuguesa, con frecuencia procurando respostas a diferentes problemas. No f. 35v, encóntrase o debuxo dunha manciña que sinala cara á singular razo que introduce a primeira tenzón no cancioneiro B, Vi eu donas encelado (B142), dos irmáns Pero Velho de Taveirós e Paai Soarez de Taveirós. A partir da situación desta marca colocciana,…



La trattatistica sul “segretario” e la codificazione lingüística in Italia fra Cinque e Seicento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Buono, Benedict

L’articolo studia alcuni trattati sulla figura del “perfetto segretario”, pubblicati in Italia fra il Cinque e il Seicento, per determinare quale sia la proposta di lingua offerta ai lettori. In questo modo si vuole stabilire in quale misura la tesi bembiana fu accettata da una trattatistica che è in gran parte erede delle esperienze linguistiche maturate nelle corti rinascimentali. Attraverso l’analisi dei passi dedicati al problema della lingua, si può stabilire che, partendo dall’ideale…



Introducción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villares, Ramón, 1951-, Cabo Villaverde, Miguel

Se a violencia é unha linguaxe, como se vén entendendo nos últimos tempos nos campos da socioloxía e da antropoloxía, non escasean en Galicia as súas manifestacións. Tampouco é de estrañar, unha vez imposta nas ciencias sociais unha visión da violencia que lonxe de considerala como unha anomalía aberrante tende a xulgala como un elemento máis da estructura social. Na expresión clásica de Malinowski, a agresión como “un subproduto da cooperación”. As formas de violencia non teñen necesariamente…



Os animais domésticos na poesía galega de Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Isabel

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



As entoacións galega e portuguesa: a fronteira á luz da dialectometría e da percepción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rei, Elisa, Castro Moutinho, Lurdes, Coimbra, Rosa Lídia

O presente traballo, inserido no proxecto AMPER, vai na liña da variación prosódica do galego e do portugués. Tendo estas dúas linguas unha orixe común, interesou aferir o grao de proximidade/afastamento a nivel prosódico de producións de ambos os lados do río Miño. Para tal, realizáronse estudos acústicos que servirán de base a análises dialectométricas que permitirán delimitar as áreas prosódicas das dúas linguas.



A denominación dona nas cantigas de amigo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Díaz, Esther

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Avellentamento e calidade de vida, Envejecimiento y calidad de vida, Quality of Life and Aging

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Millán Calenti, José Carlos

Aínda que nos últimos tempos, e sobre todo nas sociedades desenvolvidas, asistimos a un espectacular avance na “cantidade” de anos vividos, non ocorreu o mesmo se nos referimos á cantidade de anos vividos libres de enfermidade ou de discapacidade, é dicir, á “calidade” deses anos. A calidade de vida (CV) é un constructo multidimensional que se vai ver afectado por factores físicos, psicolóxicos e sociais, denominándose CV relacionada coa saúde (CVRS) unicamente cando nos referimos aos…



O proxecto de crédito agrícola e a proposta de redención foral (1886). A resposta liberal de Montero Ríos e de Díaz de Rábago á crise finisecular, El proyecto de crédito agrícola y la propuesta de redención foral (1886). La respuesta liberal de Montero Ríos y de Díaz de Rábago a la crisis finisecular, Projects of the Agrarian Credit and the Redeption of Tenant Land System. The Liberal Answer of Montero Ríos and Díaz de Rábago Against the 19th End of Century Crisis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Rodríguez, Susana

Este estudo presenta as interaccións habidas entre o pensamento económico e a toma de decisións políticas a través dun caso concreto. Analizamos as propostas referidas á política agraria formuladas por Eugenio Montero Ríos, ministro de Fomento no período 1885-1886, e a influencia que nelas exerceu o economista Joaquín Díaz de Rábago. Ambos os dous foron galegos destacados da segunda metade do XIX. A investigación céntrase nas concomitancias entre as propostas lexislativas e as obras publicadas,…



Aplicacións analíticas avanzadas para a predición do valor nutricional das forraxes máis utilizadas nas explotacións leiteiras de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Crespo, María Sonia

A partir dunha base de datos de máis de catro mil mostras analizada por métodos de referencia, se desenvolveron e validaron calibracións NIRS que permiten a predición, con alto grao de fiabilidade, da composición química e dixestibilidade das principais forraxes utilizadas para a alimentación das vacas de leite de Galicia, da degradabilidade ruminal de ensilaxes de herba e millo e dos parámetros fermentativos destas ensilaxes. Os modelos de predición NIRS desenvolvidos están plenamente…



Escenarios futuros de seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio ambiental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loureiro Veira, Xurxo

O obxectivo principal desta tese é estudar a capacidade do sistema agroalimentario galego para garantir a seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio pola intervención de varios procesos subxacentes. Entre estes procesos atópanse o cambio climático, os procesos de reconversión agrícola, e os de urbanización que orixinaron o sistema de poboamento actual en Galicia. A metodoloxía empregada apoiarase en diversas técnicas e métodos de cálculo como a realización de entrevistas e análise…



Informe da avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2018-2021)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2018-2021) realizado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.



Un horizonte para o desenvolvemento rural: a xestión compartida dos recursos comunitarios

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lorenzo Castiñeiras, Juan José

Nesta reflexión abórdase a situación do rural galego dende unha perspectiva crítica que pretende visibilizar as principais problemáticas existentes. É por iso que semella fundamental centrarse nos trocos acaecidos nas derradeiras décadas que veñen marcados por unha perda de poboación e unha disminución da agricultura destinada ao autoconsumo. Fronte a esa situación e partindo dun enfoque que prioriza o encontro, a xestión dos recursos comunitarios adquire novos significados constituíndo un…



As formas tipo 'tivo' e o contacto lingüístico cos romances centrais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Neste traballo pretendo tomar un ítem lingüístico cuxa historia nunca resultou sospeitosa: o sufixo de número persoa (doravante, SNP) -/o/ da 3sg.ind.prt.pfv nos pretéritos fortes, tipo tivo. Vou aplicarlle a este SNP o método de detección de interferencias que Freixeiro Mato (1998) explicita e tentar levantar sospeitas razoables sobre a orixe converxente desta forma. Se consigo tal, deixarei aberto un desafío: ¿Debemos condenar esta forma e recomendar outras non converxentes, como se fai coas…



Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego, Mamasunción. In the genesis of Galician new cinema

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro-Rozados, Manuel

O texto analiza a curtametraxe Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro como obra fundacional dun cinema galego contemporáneo e comprometido coa identidade cultural e política do país. A curtametraxe parte dunha historia real coñecida por Piñeiro grazas ao seu vínculo coa familia do carteiro e fotógrafo Manuel Barreiro Ouro, quen influíu na súa formación e tamén participou no filme. Este lazo emocional e territorial define o espírito da obra, que se caracteriza por unha estética de non-ficción,…



Rosalía Castro nos libros de EXB e BUP (1)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dobarro Paz, Xosé María, García Criado, Mª.I., Lorenzo García, Mª.E., Martínez Pereiro, Mª. A., Santos Fernández, C.

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



As empresas conserveiras e o mercado mundial do atún, Las empresas conserveras y el mercado mundial del atún, Canned Fish Companies and the Tuna World Wide Market

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Gamallo, Ramón

Tras unha descrición do mercado mundial do atún, realízase a continuación unha aproximación ao mundo da industria conserveira de peixe española e galega na que se identifican as súas características principais e na que se pon de manifesto cales delas poden supoñer vantaxes ou debilidades fronte aos fenómenos de deslocalización produtiva. O comportamento dos investimentos realizados por este sector no estranxeiro, porén, amosa un significativo despregamento desde o ano 2001 en adiante. Así, os…



Qualidade pós-colheita de frutos de mangueira ("Mangifera indica" L.) var. 'Tommy Atkins' sob sistema orgânico no submédio São Francisco (Brasil)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pinto, Paulo Augusto da Costa, Choudhury, M.M., De Lins, J.A., Homma, S., Pinto, A.C.C., Silva, C.P. da, Oliveira, R.S.

O objetivo do trabalho foi avaliar a qualidade pós - colheita de frutos de mangueira Tommy Atkins, cultivada sob sistema orgânico. Os frutos foram avaliados logo ao chegarem ao laboratório (0) e após armazenamento em câmara fria a 10,5º ± 1 ºC e 85,5º ± 5 % de UR, durante, 14, 28 e 42 dias após a colheita (DAC), sendo que após cada período, foram retirados da câmara fria e mantidos durante quatro dias a 21 ± 1º C e 55-65 % de UR, após o que foram caracterizados física, biológica e químicamente.…



A costela galega de Eça de Queirós

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quiroga Díaz, José Carlos

A costela galega de Eça de Queirós reconstrúe, con método documental e intención divulgativa, a ascendencia galega do grande escritor portugués. Carlos Quiroga segue a liña materna de Eça, revisa partidas parroquiais, rexistros sacramentais, escrituras e documentos militares, e demostra que un bisavó, Anselmo Vicente do Areal, era natural de Santa Mariña de Areas (comarca de Tui) e asentouse en Valença do Minho, onde formou unha ampla descendencia. O estudo contrasta esta documentación coas…



As novas elites do xornalismo en Galicia. A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (1991-2011)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Lavandeira, Isabel Aránzazu

O obxecto de estudo desta investigación é a formación en Comunicación no ámbito universitario galego; en concreto céntrase nos xermolos e desenvolvemento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que abre as súas portas no ano 1991. O traballo analiza a entrada dos estudos de Comunicación no ámbito universitario como chanzo fundamental á hora de regulamentar e dotar de solidez a actividade profesional, contribuíndo á consideración dunha parte da…



Rafael Dieste e a xeometría. Argumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Díaz, Xosé

Rafael Dieste publicou en vida tres tratados sobre xeometría. As obras, tituladas Nuevo Tratado del Paralelismo (1956), ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza (1967) e Testamento Geométrico (1975), constitúen a sección menos coñecida e estudada da produción diesteana. Os tres libros xiran en torno a un problema común: a cuestión da demostrabilidade do V Postulado de Euclides e, consecuentemente, a disxuntiva entre xeometrías euclidiana e non euclidianas como modelos lexítimos de verdade e…



Sobre o estilo de Devalar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ríos Panisse, María do Carme

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



O Tombo das viñas de Ribadavia. Estudo histórico e lingüístico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Fernández, Luz

Con esta tese de doutoramento, O Tumbo das viñas de Ribadavia. Estudo histórico e lingüístico, quérese facer unha achega á investigación sobre os primeiros textos romances de Galicia. O traballo baséase na interdisciplinaridade e por iso abrangue todos aqueles aspectos que se consideraron necesarios para o perfecto encadramento dos textos que compoñen o pergamiño coñecido como Tumbo das viñas no seu tempo e no seu contexto lingüístico. Deste xeito, tratáronse aspectos paleográficos,…



Estudo descritivo do sector do transporte internacional de mercadorías por estrada en Galicia, A Descriptive Study of the International Road Transportation Sector of Goods in Galicia, Estudio descriptivo del sector del transporte internacional de mercancías por carretera en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lampón Caride, Jesús Fernando

Nos últimos anos estamos asistindo a un cambio na contorna económica marcado pola liberalización da economía e pola globalización dos mercados. Estes supuxeron unha maior facilidade e aumento de intercambio de bens, poñendo de relevo a importancia do transporte neste novo escenario. Galicia e os seus sectores estratéxicos de actividade xa están inmersos nesta contorna vendendo os seus produtos en mercados globais (sobre todo europeos), considerando a exportación como a liña estratéxica para a…



Aspectos socioeconómicos dos accidentes de tráfico en Galicia, Aspectos socioeconómicos de los accidentes de tráfico en Galicia, Socioeconomics Aspects of Roads Accidents in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Moreira, Roberto

O continuo desenvolvemento da literatura sobre os custos asociados ao transporte por estrada contribuíron a situar este tema nas prioridades políticas. Este traballo pretende cuantificar os graves custos socioeconómicos dos accidentes de tráfico ocorridos en Galicia no ano 2003 a partir da literatura científica sobre esta cuestión. O noso desexo sería alentar as institucións públicas implicadas a utilizar a avaliación rigorosa e metódica dos custos dos accidentes no transporte como unha…



Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Fernández, Tamara

Esta tese de doutoramento proxéctase como un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo no contexto da ditadura franquista, de 1945 a 1966, anos que marcan o período de consolidación por excelencia do réxime. A investigación pretende achegarse ao universo delituoso a través da integración de múltiples perspectivas metodolóxicas e analíticas, entre outras: a historia local, o xiro espacial, a da microhistoria e a da historia cotiá, aquelas que…



As Cantigas de Pero d’ Armea. Edición crítica e estudo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Campo, Francisco

O obxectivo principal deste traballo é o de presentar unha edición crítica, elaborada segundo os parámetros da crítica textual contemporánea, dos textos líricos do xograr galego Pero d’ Armea, quen posiblemente, desenvolveu a súa actividade poética entre o segundo e o terceiro cuartos do século XIII. Ata o de agora, só existen edicións parciais, feitas con criterios de edición de distinta profundidade, polo que se fai necesaria unha edición crítica total das súas composicións. As cantigas de…



O ensino-aprendizaxe do imperialismo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pousa Castelo, Manuel Ramón

A investigación estuda as metodoloxías e estratexias de transmisión do coñecemento acerca do imperialismo contemporáneo nas aulas de ensino secundario e as formas de recepción do mesmo por parte do alumnado. Para estudalo, partiuse da definicion de imperialismo de Fieldhouse: “umbrella word comprehending the whole gamut of relations between a dominant and a subservient society” (1981, 1). Empregando a mesma, investigouse o imperialismo ó longo de todo o período e non exclusivamente o…



Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Rosas, Xesús

Bos Aires foi o lugar de cerne e principal foco de desenvolvemento da radiodifusión galega no exterior, un fenómeno comunicativo que se estendería posteriormente aos principais países de asentamento da colectividade en Europa e América. Dadas as súas dimensións e características este movemento radiofónico ofrece moitos puntos de interese para o seu análise, pois ao liderado cuantitativo das audicións galegas engádese a alta calidade acadada por gran parte destas experiencias, sobre todo por…



Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do festival de Cans en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Alonso, Francisco Javier

“Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do Festival de Cans ” é un traballo de investigación sobre o festival de curtametraxes galego. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa obténdose datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes procedeuse ao establecemento de relacións entre…



Modelo de Avaliación de Programas de Educación Patrimonial (MAPEP). Deseño e avaliación do programa Patrimonializarte

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Calviño, Leticia

A tese de doutoramento recolle o deseño e aplicación do programa Patrimonializarte e a súa avaliación seguindo o Modelo de Avaliación de Programas de Educación Patrimonial (MAPEP). Trátase dunha investigación avaliativa dun estudo de casos que segue o principio de complementariedade metodolóxica no que se utilizan instrumentos cualitativos e cuantitativos, que permiten obter información rigorosa dos múltiples aspectos do programa. O MAPEP atende aos seguintes momentos: avaliación de…



Demografía e sustentabilidade do sistema público de pensións, Demografía y sostenibilidad del sistema público de pensiones, Demography and sustainability of the public pension system

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Taín, Miguel Anxo

Os sistemas públicos de pensións constitúen un dos alicerces básicos sobre os que se asenta o estado do benestar do que se dotaron os países desenvolvidos. A evolución recente dos seus estados financeiros puxo en cuestión a súa sustentabilidade nas condicións actuais e abriu o debate sobre as reformas necesarias para podela garantir. En todo caso, os factores demográficos que condicionan o gasto en pensións teñen unha dinámica difícil de alterar, polo que resulta de interese analizar a súa…



Marketing e comunicación. catalogación e análise da nova variable do marketing aplicado á comunicación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sixto García, José

Esta tese de doutoramento analiza o uso das contornas sociais propias da web 2.0 na comunicación pública galega a partir da hipótese de que as redes sociais son empregadas polas institucións públicas galegas como ferramenta de marketing en Internet. Para comprobar a veracidade de tal afirmación, arrinca dunha aproximación ao propio concepto de marketing, interpretando os condicionantes históricos, sociais e económicos que propiciaron a aparición do termo e acabaron provocando a súa…



XI Xornada de usuarios R en Galicia: programa e resumos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ginzo Villamayor, María José

A Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA) comprácese en presentar a XI Xornada de Usuarios de R en Galicia. Este evento busca converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en compartir as súas experiencias e establecer colaboracións dentro da comunidade, ao tempo que promove e difunde o coñecemento libre da linguaxe estatística R e as súas aplicacións prácticas. O programa contempla vinte relatorios ao longo de todo o día. Dos cales seis…



Sen rancor nin esquecemento. As accións da memoria traumática na Transición en Galicia (1976-1986)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morgade Valcárcel, Iria

Un consenso colectivo construído sobre o esquecemento do trauma. Un desexo común nese esquecemento froito da busca dun futuro en paz. Estas son as premisas sobre as que se fundamentou o relato da Transición. Fronte a este relato mitificado da orixe da democracia, desenvolvéronse posicións críticas co proceso transicional que o consideraron un tempo de imposición do silencio e de trunfo da amnesia colectiva. Ambas lecturas negaron a existencia da memoria traumática no espazo público durante a…



Dereito Individual, Derecho individual

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gil Otero, Lidia

Esta recompilación xurisprudencial recolle oito sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia1 ditadas no primeiro semestre de 2025, relativas ao dereito individual do traballo. Nelas preséntanse formulacións de interese doctrinal e xurisprudencial relativas ao réxime de emprego público, a audiencia previa do despedimento disciplinario, os dereitos económicos e profesionais vinculados ao contrato fixo descontinuo, a dispoñibilidade do crédito sindical, a prohibición de subcontratación…



Contributos da escola para a inclusão digital

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva, Bento Duarte, Barbosa Pereira, Maria da Graça Caridade

Este texto pretende analisar o contributo da escola para a inclusão digital, um tema fundamental uma vez que vivemos na era da Sociedade da Informação e Comunicação. Tendo em conta as estratégias de inclusão expressas em iniciativas institucionais que aliam tecnologia e educação, analisamos a relação dos jovens com as TIC, em particular com o computador/Internet, nas suas vivências diárias em contexto formal (escolar) e informal (familiar), expressa nos usos, competências e valorização dos…



¿Qué poderías ver polo noso microscópio? A utilización do modelo de organización da materia en distintos niveis educativos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz de Bustamante, Joaquín María, Vázquez Vázquez, G., García-Rodeja Gayoso, Isabel

Un dos problemas cos que, como profesores de Ciencias, nos ternos atopado cando realizamos prácticas de microscopia cos nosos alumnos, é a dificultade que manifiestan estos de interpreta-las súas observacións, de saber qué é o que están a ver. A problemática preséntase en tódolos nivéls educativos e está en relación coa concepción que da materia ten o estudiante, tanto de escala ou nivel estructural como de discontinuidade. Estas ideas resultan dificilmente reemplazables ( Lucas, A., 1987;…



Variación e cambio lingüístico en tempo real. Un estudo sobre o galego con base en materiais xeolingüísticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Lorenzo, David

O traballo ten o obxectivo de estudar o cambio lingüístico do galego falado entre o primeiro terzo do s. XX e a primeira década do s. XXI. Os materiais que se analizan están tomados de tres proxectos de documentación xeolingüística realizados en tres momentos deste intervalo: o ALPI (1934-1935), o ALGa (1974-1977) e a NEnq (2008), denominación coa que identificamos o proxecto desenvolvido especificamente para rexistrar os datos do período máis recente. A investigación enmárcase na lingüística…



Unha cooperación pobre para os máis pobres. Análise do Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

En decembro de 2010 serán aprobados os segundos orzamentos da lexislatura 2009‐2013 do Goberno da Xunta de Galicia polo Partido Popular. Por segundo ano consecutivo, a Coordinadora Galega de ONGD quere presentar á opinión pública unha análise dos devanditos orzamentos en relación á cooperación exterior ao desenvolvemento da Xunta de Galicia. Como principal instrumento da política económica e social de goberno, os orzamentos permiten analizar as principais liñas de actuación da Xunta de Galicia…



Recepción de formatos audiovisuais interculturais Galicia-Portugal emitidos pola TVG: Análise de audiencias en Galicia e na emigración galega da Área Metropolitana de New York

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taboada García, Marcos

A investigación parte da premisa do acaído, tanto en termos sociais como económicos, dun achegamento da industria audiovisual galega cara os espazos lusófonos, valéndose a tal efecto da capacidade xeradora dun contexto favorable a tal fin a través das canles públicas de televisión, coa conseguinte tentativa de, ao tempo, avanzar na identificación de novos públicos potenciais ao abeiro da incardinación no devandito bloque xeolingüístico.



A consideración social do galego no século XIX e os intentos de modificala

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hermida Gulías, Carme

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



V Xornadas de Usuarios R en Galicia, 25 de outubro de 2018, Santiago de Compostela. Libro de resumos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ginzo Villamayor, María José

A Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG comprácese en presentar a V Xornada de Usuarios de R en Galicia. Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa contempla dezaseta relatorios ao longo de todo o día, ademais de dous obradoiros: Introdución a R e…



Proposta de fiscalización das rendas procedentes de primeira venda de fungos silvestres comestibles de interese socioeconómico, Propuesta de fiscalización de las rentas procedentes de la primera venta de hongos silvestres comestibles de interés socioeconómico, Proposal of income tax of first commercialization of edible wild mushrooms with social an economic importance

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Esteban Laleona, Sonia, Frutos Madrazo, Pablo de, Martínez Peña, Fernando

Neste artigo analízase a forma na que a Axencia Tributaria podería regular a fiscalización das rendas provenientes da primeira venda de fungos silvestres comestibles de interese socioeconómico. A falta de adaptación da normativa actual ás características do suxeito pasivo está provocando unha bolsa moi importante de fraude fiscal, co que isto supón en relación coa ruptura dos principios xerais que deben rexer en materia tributaria. O modelo que se propón pretende corrixir esta disfuncionalidade…



Capital estranxeiro e innovación en Galicia, Foreign Capital and Innovation in Galicia, Capital extranjero e innovación en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Manuel

Analízase o comportamento innovador das empresas de capital estranxeiro implantadas en Galicia e de qué maneira estas inflúen na capacidade innovadora da economía galega. Os resultados da análise empírica indican que as filiais de multinacionais en Galicia participan da febleza innovadora amosada polo aparello productivo e polo Sistema Galego de Innovación no seu conxunto



A muller emprendedora nos viveiros galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús, Camino Santos, Marta

As últimas décadas supuxeron un grande avance para a muller en canto a cambios laborais e sociais, cuxos exemplos máis característicos os encontramos na masiva incorporación das mulleres ao mercado de traballo e a conseguinte feminización do colectivo asalariado. Neste momento de crise económica no que nos encontramos, as devanditas políticas de igualdade retardáronse dun xeito espectacular, ademais de producirse un forte aumento do desemprego especialmente entre o sector feminino. Os viveiros…



Nenas transgresoras na LIX, Nenas transgresoras en la LIJ

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Red Temática de Investigación "LIJMI"

Nenas transgresoras na LIX é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI). Pensado para as persoas con responsabilidade directa na mediación lectora -persoal docente de diferentes etapas educativas, de bibliotecas, de librarías...-, pero tamén accesíbel para o público xeral con responsabilidade indirecta ou interesado na temática -caso das familias-, esta obra achégase ás personaxes nenas que…



Camilo J. Cela, ‘autotradutor’ ao galego de La Familia de Pascual Duarte

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dasilva, Xosé Manuel

Xosé Manuel Dasilva dá a coñecer neste traballo a intención de Camilo José Cela de se encargar da autotradución da súa novela La familia de Pascual Duarte no ano 1952, o cal demostra recorrendo a varios testemuños epistolares nos que se recolle a proposta formulada á Editorial dos Bibliófilos Gallegos a través de Carlos Martínez-Barbeito. Ademais de salientar as posíbeis motivacións que levaron a Cela a concibir esta idea, analiza os motivos polos que o seu proxecto non acabou callando e apunta…



De santo Acisclo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couceiro, Xosé Luís

Un sector moi importante da Onomástica, polo menos na nosa cultura, correspóndelles ós haxiónimos; o seu estudo sempre chamou a atención dos curiosos lectores de tal materia, sobre todo cando se incidía naqueles nomes que, por teren entrado en épocas realmente recuadas no culto e na devoción popular, acusan unha erosión fonética que só a mestría do estudoso é capaz de descubrir para asombro do afeccionado.