Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez de la Granja, María, López Meirama, Belén

O obxectivo deste traballo é analizar a presenza do galego no léxico dispoñible do español de alumnos de 2º de Bacharelato de Galicia desde o punto de vista da súa distribución, tanto por ámbitos temáticos como por informantes (de acordo con diversas variables de estratificación social). O corpus do traballo está constituído polas palabras marcadas como galegas na obra Léxico disponible en el español de Galicia (en adiante LDEG), elaborada por Belén López Meirama e publicada no ano 2008. A…



A edición sinóptica e a súa aplicación ao estudo da variación lingüística na lírica galego-portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bermúdez Sabel, Helena

A edición sinóptica caracterízase por permitir o contraste de forma con forma, signo con signo, de todas as leccións dunha tradición textual. Por esta razón, é a tipoloxía ecdótica máis axeitada, desde o punto de vista metodolóxico, para a análise da variación lingüística, en canto permite o cotexo automático de todas as leccións transmitidas polos manuscritos. Promovemos a utilización deste tipo de edición, malia a súa escasa aplicación até o momento, porque o seu emprego supón a…



Os desafíos para a sostibilidade empresarial no século XXI, Los desafíos para la sostenibilidad empresarial en el siglo XXI, The Challenges for the Corporate Sustainability in Century XXI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gil Lafuente, Anna M., Barcellos Paula, Luciano

Nas últimas décadas presenciamos cambios económicos, políticos, sociais e ambientais que dunha maneira directa ou indirecta afectan ás empresas. Coa mundialización dos mercados, as economías atópanse máis dependentes unhas das outras e, á vez, máis susceptibles á crise, o que xera tamén un maior grao de incerteza. Ademais, cuestións como o desenvolvemento sostible ou a sostibilidade empresarial actualmente están en evidencia, o que fai aumentar a responsabilidade das empresas fronte aos seus…



Resumo estendido da tese "Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional", Resumen extendido de la tesis "Buenas prácticas psicopedagógicas para la educación vocal y del canto en la infancia: estudio de casos en dos programas de referencia internacional", Summary of the PhD thesis "Best psychopedagogical practices for vocal education and childhood singing: case studies of two internationally renowned programs"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

Resumo en galego de 10 páxinas da tese de doutoramento “Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional”. Inclúe as seguintes partes: introdución, marco teórico, dimensións e preguntas de investigación, obxectivos xerais e específicos, descrición do deseño da investigación, e conclusións da investigación ordenadas de acordo ás preguntas da propia investigación. Inclúe ligazón directa ao texto completo…



Xenealoxía do poder local galaico na Antigüidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Calo, Martín

Ao longo da Antigüidade a Galecia compartimentouse en múltiples entidades políticas locais cun desenvolvemento histórico autónomo. Nesta tese pártese, por primeira vez, dunha conceptualización clara do poder local para fundamentar o seu estudo, que descansa sobre unha reunión e avaliación con vocación de exhaustividade das fontes dispoñíbeis. Confecciónanse unha sólida cartografía histórica e dous grandes catálogos de entidades políticas locais para a época xermánica e a romana. Finalmente,…



Políticas culturais e sociedade do conhecimento no Brasil

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Canelas Rubim, Antonio Albino

O texto trata das relações entre políticas culturais e sociedade do conhecimento no Brasil. De início ele esboça um panorama das políticas culturais nacionais: suas três tradições (ausência, autoritarismo e instabilidade) e a atuação do atual governo do presidente Lula e do ministro Gilberto Gil, com suas iniciativas e limites. Em seguida, as políticas informacionais desenvolvidas pelo Estado brasileiro e as implementadas pelo atual Ministério da Cultura acerca da sociedade do conhecimento são…



Castelao, Raemaekers e o Álbum Nós

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Vázquez, José Manuel B.

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Algúns feitos estilizados en torno ó comportamento cíclico dos salarios reais en España (1981.1-1998.2), Some stylized facts about the cyclic behabiour of real salaries in spain (1981.1-1982.2)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Frías Pinedo, Isidro, Iglesias Casal, Ana

O obxectivo deste artigo é detecta-las principais regularidades do comportamento ciclico dos salarios reais no contexto da economía española no período comprendido entre o primeiro trimestre de 1980 e o segundo de 1998. Para iso, en primeiro lugar, realizase un intento de caracterización do ciclo económico a través da detección de regularidades no comportamentociclico das principais series macroeconómicas da economía española mediante o cálculo de varios estatísticos sinxelos. En segundo lugar,…



Presión de tempo e contido informativo das promocións de vendas, Presión de tiempo y contenido informativo de las promociones de ventas, Time Pressure and Informative Content of Sales Promotions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alén González, María Elisa, Fraiz Brea, José Antonio, Mazaira Castro, Andrés

No presente traballo de natureza exploratoria faise unha aproximación á limitación de tempo como elemento persuasivo nas promocións de vendas. Esta limitación de tempo non só se materializa na fixación dunha data a partir da cal non se pode participar na promoción senón que o anunciante intenta transmitirlles aos consumidores unha sensación de escaseza coa intención de que o valor percibido do incentivo promocional aumente. Ademais, realízase unha avaliación do grao informativo dos anuncios…



Sobre a Gallaecia Magna e as relacións históricas e xeolingüísticas entre galego, portugués e asturiano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Este artigo pretende chamar a atención sobre a existencia dalgúns fenómenos dialectais que mostran a existencia dunha área xeolingüística galego-asturiana (que inclúe o Baixo-Minho portugués) que xa ten a súa orixe no mesmo momento da romanización. De feito, retómase a noción xeo-histórico-lingüística de Gallaecia Magna demarcada por Joseph M. Piel como locus xeográfico orixinario do nacemento do portugués, do galego e do asturiano. Esta área estaba formada polo noroeste de Portugal, as…



As Reservas de Biosfera de Galicia (NW España)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramil Rego, Pablo, Ferreiro da Costa, Javier

[GAL] O presente traballo analiza o papel que xogan as Reservas de Biosfera no ámbito da conservación e xestión dos espazos naturais en Galicia. Parta elo, realízase unha caracterización do marco estratéxico e normativo do programa MaB así como o da figura de Reserva de Biosfera. Esta análise permite avaliar os contidos das Estratexias da Rede Mundial (Estratexia de Sevilla) e Española (Estratexia de Lanzarote) das Reservas de Biosfera, así como o dos correspondentes Plans de Acción. A…



Proposta de análise dialectométrica da prosodia galega [Póster]

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rei, Elisa, Martínez Calvo, Adela

Na última década fíxose un importante esforzo para describir a entoación do galego e a súa variación dialectal. Esta descrición, fundamentalmente acústica, realizouse a partir dun corpus recollido en 15 puntos de enquisa repartidos ao longo de todo o territorio galego. A partir deste estudo diatópico, xorde a pregunta de se é posible delimitar as áreas prosódicas dialectais do galego. Para responder esta cuestión, levouse a cabo unha análise dialectométrica para medir as distancias entre as…



Esbozo dunha lectura de “Ruinas (desdichas de tres vidas ejemplares)” de Rosalía de Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rodríguez, Aurea

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Musealización popular da tecnoloxía agraria da segunda onda da industralizacion (1890-1940), nas comarcas da Terra de Santiago e Xallas, Popular musealization of agricultural device along the second industrialization wave (1890-1940), in the region of Terra de Santiago and Xallas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Esperante Paramos, Bruno

Recoñecer novas formas patrimoniais sempre é un difícil camiño pedagóxico de asimilación por parte de toda a sociedade. Por isto, nesta comunicación tense como obxectivo dar a coñecer unha habitual forma patrimonial do medio rural, pero que pasa inadvertida para a maioría da sociedade. ¿A que se debe isto? É a cuestión que tento responder, en primeiro lugar, demostrando que a musealización da tecnoloxía agraria pasa desapercibida para boa parte dos profesionais do Patrimonio Cultural da Galicia…



Desigualdade e nivel económico nos países da UE-15. Análise empírica baseada no ECHP (1994-2001), Desigualdad y nivel económico en los países de la UE-15. Análisis empírico basado en el ECHP (1994-2001), Inequality and Economic Level in the EU-15 Countries. Empirical Analysis Using the ECHP (1994-2001)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Troitiño Cobas, Ánxela

O obxectivo principal deste artigo é estudar a relación entre a desigualdade e o nivel económico para o conxunto da UE-15 e dos países membros, así como a evolución de ambos os dous fenómenos no período 1994-2001. A variable manexada é a renda dispoñible equivalente dos fogares en paridades e a fonte de datos, o Panel de Fogares da Unión Europea (ECHP). Cuantificamos os niveis de desigualdade a través de índices ben coñecidos e de boas propiedades (Gini, Atkinson 1 e Theil 0), e usamos técnicas…



Magnitude e implicacións da política común de pesca sobre o metabolismo dos recursos mariños: aplicación de indicadores de sustentabilidade ao sector pesqueiro europeo, Magnitud e implicaciones de la política común de pesca sobre el metabolismo de los recursos marinos: aplicación de indicadores de sustentabilidad al sector pesquero europeo, Magnitude and Implications of the Common Fisheries Policy on the Fishery Resources: Applications of Sustainability Index to the European Fisheries Sector

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villasante Larramendi, Carlos Sebastián, García Negro, María do Carme, Carballo Penela, Adolfo, Rodríguez Rodríguez, Gonzalo

Neste traballo abórdanse diversos aspectos vinculados coa capacidade e coas implicacións do desenvolvemento da frota pesqueira comunitaria no ámbito da política común de pesca a través da utilización de indicadores de sustentabilidade. En termos xerais, os resultados suxiren que se produciu unha diminución de capacidade en cada un dos estratos de baixura, litoral e altura, aínda que de forma asimétrica entre cada un deles e entre cada Estado membro. Igualmente, identifícase a existencia dunha…



Elaboración da balanza fiscal de Galicia para o período 2011-2013. Unha análise comparativa co Sistema de Contas Públicas Territorializadas, Elaboración de la balanza fiscal de Galicia para el período 2011-2013. Un análisis comparativo con el Sistema de Cuentas Públicas Territorializadas, Elaboration of the Galician Fiscal Balance for the period 2011-2013. A comparative analysis with the System of Territorialised Public Accounts

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Turnes Abelenda, Alberto, Vence Deza, Xavier

O presente traballo leva a cabo a estimación do saldo da balanza fiscal de Galicia para o período 2011-2013, empregando como base de datos para a imputación do gasto o SICOP, e levando a cabo unha comparativa co saldo estimado no Sistema de Contas Públicas Territorializadas. Como principal novidade, e a diferenza doutros traballos publicados ata o momento para Galicia, o saldo da balanza fiscal preséntase seguindo a seguinte lóxica. En primeiro lugar, elabórase a “balanza fiscal básica”, onde…



A incidencia da evolución das condicións sociolaborais do sector financeiro na motivación interna para a formación dos traballadores, The Influence of the Evolution of Labour Conditions inside the Financial Sector on the Internal Motivation towards Financial Training

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campo Villares, Manuel Octavio del, Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús

A xestión do coñecemento é un factor estratéxico en calquera organización, en que a expansión tecnolóxica, a interacción socioeconómica e a competitividade profesional xogan un papel crecente. Ora ben, o coñecemento debe autoalimentarse, para o cal cómpre contar coa motivación necesaria, que depende das condicións en que os traballadores realizan o seu traballo. O obxecto deste artigo é mostrar a relación entre as condicións sociolaborais, a motivación profesional e a formación na actividade…



Dupondio da caetra

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa García, José Manuel

Esta moeda de bronce da serie coñecida como da caetra ou castrensis apareceu durante as escavacións arqueolóxicas realizadas en 1986 na praza de Santo Domingo, na cidade de Lugo



Políticas de promoción de sectores eólicos periféricos. Estudo do sector eólico galego e os seus efectos económicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Vázquez, Pedro

As singularidades estruturais en rexións periféricas poden cuestionar as políticas de promoción sectoriais tradicionais e o impacto económico derivado deste desenvolvemento. Os principais obxectivos desta tese de doutoramento consisten na cuantificación do impacto económico do sector eólico galego na economía rexional, e analizar a interacción entre as capacidades produtivas locais e os axentes multinacionais para modernizar este sector. En relación coa análise do impacto económico, a…



O sistema galego de innovación e a política de innovación: balance dunha década, Sistema gallego de innovación y políticas de innovación: balance de una década, Galician System of Innovation and Innovation Policies: Balance of a Decade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vence Deza, Xavier

Realízase unha análise dos trazos máis importantes da evolución do sistema galego de innovación ao longo da última década. Examínase a posición relativa de Galicia no cadro europeo con base nos indicadores sintéticos de innovación e examínanse as tendencias evolutivas con base nos indicadores de input e output das actividades de I+D e de innovación. Faise tamén un balance das políticas de I+D e innovación do Goberno autónomo, así como dos cambios na configuración do ensino superior



Análise socioeconómica da Comarca de Valdeorras

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villarino Pérez, Montserrat, García Pita, Pablo, Doval Adán, Antonio

Este capítulo estudia o sistema económico e produtivo que presentaba o conxunto da Comarca de Valdeorras a principios do ano 1993, constituíndo a primeira parte do libro publicado sobre a Comarca de Valdeorras e o seu Plan de Desenvolvemento Comarcal, impulsado pola Presidencia da Xunta de Galicia a través do seu Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Despois de comentar o grao de integración funcional da comarca, faise unha presentación xeral do encadramento territorial e dos…



Recensión do libro "Dirección y control de la actividad productiva", Recensión del libro "Dirección y control de la actividad productiva"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gil Otero, Lidia

Recensión do libro da Prof. ARANDA MARTÍNEZ, Mª. C., Dirección y control de la actividad productiva, Tirant lo Blanch, 2025, 659 páxinas.



A empresa familiar exportadora. O caso das empresas de conxelados e conservas de peixes, moluscos e crustáceos, The Exporting Family Business. The Case of the Companies of Frozen Foods and Tinned Fish, Molluscs and Crustaceans, La empresa familiar exportadora. El caso de las empresas de congelados y conservas de pescados, moluscos y crustáceos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Daponte, Rocío, López Miguens, María Jesús

As empresas familiares que constitúen unha gran parte do tecido empresarial nas economías de corte capitalista non permanecen alleas ao proceso de globalización no que están inmersas a maioría das organizacións. Así, este traballo ten como obxectivo diferenciar as organizacións de conxelados e conservas de peixe, moluscos e crustáceos de Galicia atendendo á característica de ser ou non empresas familiares, para poder analizar a existencia de diferenzas entre ambos os dous tipos de organizacións…



Colaboración tecnolóxica e innovación nas empresas de base tecnolóxica: implicacións das relacións con universidades e outros socios tecnolóxicos, Colaboración tecnológica e innovación en las empresas de base tecnológica: implicaciones de las relaciones con universidades y otros socios tecnológicos, Technological Collaboration and Innovation in Technology Based-Firms: The Role of Universities and Other Technological Partners

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nieto, María Jesús, Santamaría, Lluis

Neste traballo analízase empiricamente o papel da colaboración tecnolóxica no proceso innovador das empresas de base tecnolóxica (EBT). Explórase o impacto da relación tecnolóxica das EBT con distintos socios nos resultados innovadores alcanzados por estas empresas. Particular atención préstaselle ao papel das universidades como motores da innovación e, máis concretamente, como socios tecnolóxicos das EBT. A análise empírica baséase no Panel de Innovación Tecnolóxica (PITEC) para o período 2004…



Imaxe e oferta de aloxamento no medio rural de Galicia, Imagen y oferta de alojamiento en el medio rural de Galicia, Image and Accommodation in Rural Spaces of Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lois González, Rubén Camilo, Piñeira Mantiñán, María José, Santomil Mosquera, David

O contacto coa natureza, a paisaxe verde, os espazos abertos, o descanso, a tranquilidade, o aire fresco, o agro, o gando e o carácter tradicional das súas xentes son tan só algúns dos atributos asociados historicamente ao medio rural de Galicia. Son elementos e atributos territoriais que condicionan as motivacións da demanda e que conforman a súa imaxe como destino turístico. O medio rural galego afronta un intenso proceso de transformación e modificación dos principais elementos que o…



A gheada e o seseo: entre as ideoloxías da estandarización e as ideoloxías da resistencia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Recalde Fernández, Montserrat

Nesta tese investíganse as actitudes cara a gheada e o seseo galegos no marco das ideoloxías da estandarización e da resistencia. Adoptarase un enfoque integrador e sociohistoricamente contextualizado, que toma como perspectiva analítica a sociolingüística crítica e a análise do discurso. Por unha banda, analízase o seu tratamento dende arriba, tomando como obxecto de análise o discurso metalingüístico de axentes e institucións relevantes no proceso de cultivo e estandarización do galego dende…



Español coloquial na gramática de Mathias Kramer (s. XVII)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Regueira, Isolina

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Xénese e formulación da xestión da calidade na Comunidade Autónoma de Galicia, Génesis y formulación de la gestión de la calidad en la Comunidad Autónoma de Galicia, Origins and formulation of quality management in the Autonomous Region of Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bastos Boubeta, Miguel Anxo, Seijo Villamizar, Javier

Este artigo trata sobre cal é a orixe, a formulación e o xeito en que se desenvolve un escenario de xestión para a calidade, no contexto da autonomía de Galicia. O instrumento de análise para alcanzar esta situación iníciase a través dunha ferramenta en calidade pública que pasa a estar referenciada pola organización burocrática como Cartas de Servizo (CdS). Estas constitúen un dos elementos primordiais para consolidar unha axenda gobernamental autonómica en calidade da xestión, así como o…



O sector público galego nos anos noventa, El sector público gallego en los años noventa, Galician public sector in the nineties

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Corbacho, Xaquín

Neste traballo analízanse determinados aspectos básicos do sector público galego durante os anos noventa, mostrando, á súa vez, certos trazos que se consideran caracterizadores del. O raquitismo orzamentario municipal, a existencia dunha tupida rede de dependencias financeiras, a escasa descentralización fiscal, os comportamentos contradictorios con respecto ás empresas públicas ou o clientelismo político marcan de modo decisivo a súa funcionalidade e dinámica actual



A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico... ou como xorde a diversidade dialectal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

A expresión da 2ª persoa de singular do pasado perfectivo de indicativo (o conxunto de formas descendentes do sufixo verbal latino -ISTĪ) presenta no noroeste ibérico unha gran riqueza dialectal, pois sucesivas mudanzas lingüísticas causadas por fenómenos lingüísticos diacrónicos de diversa índole foron creando ó longo do tempo unha considerable variación: cantaste, cantastes, cantache, cantaches, bebeches, bebiches, bebestes... O estudo desta diversidade actual ilustra dúas facetas…



A morte en femenino na lírica galego-portuguesa: o pranto pola morte de Beatriz de Suabia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corral Díaz, Esther

A morte «real» da dama no corpus da lírica trobadoresca non é un tema habitual. Pero da Ponte, un autor innovador e renovador da tradición poética, compón o «único» pranto feminino conservado na lírica galegoportuguesa, Nosso Senhor Deus! Que prol vus ten ora. No artigo estudarase este lamento que deplora a morte de Beatriz de Suabia. Atenderase á contextualización da cantiga na tipoloxía elexíaca, ao personaxe da raíña, e á análise do texto. A arquitectura deste pranto segue o paradigma do…



A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Morandeira, José Gerardo

A investigación titulada “A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909-2009)” conseguiu, dende o campo de estudo das Ciencias Sociais, e máis especificamente nos das Ciencias da Comunicación e da Xornalística, localizar e clasificar todas as iniciativas de prensa deportiva creadas en Galicia ao longo do século estudado. Aínda que a comunicación deportiva está a alcanzar un notable interese como fenómeno social e económico, a súa teorización é un fenómeno recente.…



Etiquetaxe e desambiguación automáticas en galego: o sistema XIADA

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Noya, Eva María

A construción de recursos lingüísticos, entre os que se encontran os corpus ou bases de datos textuais, é necesaria en toda lingua para continuar profundando no seu coñecemento, mais tamén é fundamental para o procesamento da linguaxe natural. Nos últimos anos, ademais, as novas tecnoloxías xorden como un parámetro máis de clasificación das linguas en función da súa presenza ou ausencia nelas. Neste marco sitúase o presente traballo, onde se recollen e describen polo miúdo os diferentes…



Outra contribución á cuantificación do cambio lingüístico en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Neira, Modesto Aníbal

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Unha aproximación ao impacto económico directo do turismo académico: o caso dos intercambios Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela, Una aproximación al impacto económico directo del turismo académico: el caso de los intercambios Erasmus en la Universidad de Santiago de Compostela, An Approximation of Direct Economic Impact of Academic Tourism: The Case of Erasmus Exchange Program in the University of Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pawlowska, Ewa, Martínez Roget, Fidel

Nos últimos anos, o turismo relacionado cos intercambios universitarios está cobrando importancia como unha nova tipoloxía de turismo. Existe, porén, bastante confusión polo que respecta á súa conceptualización. Neste traballo proponse o termo “turismo académico” para describir este movemento turístico, á vez que se trata de estimar o impacto económico directo xerado polos estudantes Erasmus recibidos pola Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2007-2008. Os resultados do…



A xestión do risco normativo no sistema financeiro, La gestión del riesgo normativo en el sistema financiero, The Management of Regulatory Risks in the Financial System

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintás Seoane, Juan R.

O artigo analiza, en primeiro lugar, o ámbito normativo actual como un ámbito de risco, facendo fincapé na preocupación que esperta a súa xestión (tendo en conta o seu crecente impacto na estrutura de custos das entidades) e indagando nas causas que explican os seus actuais niveis de complexidade e de esixencia. A continuación, achéganse as claves básicas para unha adecuada xestión do risco normativo, distinguindo dous niveis: a xestión colectiva, a través das asociacións patronais (ás que…



Ciencia, poder e estratexia na Universidade de Santiago a finais do século XVIII. A polémica sobre a Física Experimental e a apertura cara a un novo modelo de institución

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Seoane, Paula

Neste artigo propoñemos a análise dun cadro de conflito específico –o da polémica sobre a Física Experimental– que emerxe na Universidade compostelá de finais do século XVIII. O obxectivo é deseñar unha abordaxe do asunto que nos permita aproximarnos ao coñecemento dos parámetros de estruturación e das dinámicas de funcionamento que nesa altura definen o espazo universitario. Iso pasa, entre outras cousas, pola atención aos grupos de poder que partillan en distribución xerárquica as posicións…



Realidade® intempestiva: agregar a favoritos. Xéneros discursivos e efectos de realidade na última poesía peninsular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cochón Otero, Iris

A actualización da poesía para enfrontar os retos derivados da posmodernidade conduciu nalgúns discursos emerxentes (en especial de resistencia) a unha evidente procura de impureza e realismo no que atinxe ás fórmulas xenolóxicas empregadas. O traballo escolma e analiza distintos modos de integración na última poesía peninsular de xéneros discursivos cotiáns, masivos e institucionais e realiza un balance dos resultados textuais e comunitarios así logrados. PALABRAS CHAVE: antipoesía, caricatura…



Percepción e actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa. Unha aproximación á perspectiva ourensá

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Raña, Irene, Suárez Quintas, Soraya

Este traballo de iniciación á investigación pretende dar conta do desenvolvemento e primeiros resultados dun proxecto encadrado no ámbito da dialectoloxía perceptiva. Nel búscase indagar nos imagotipos ou imaxes mentais que os habitantes do rural fronteirizo da provincia de Ourense proxectan en relación cos seus veciños portugueses e, especialmente, coa lingua que estes falan.



Debates ideolóxicos e políticos en Galicia no período 1846-1868

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, Xosé Ramón

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Unha reflexión sobre a evolución dos métodos de xestión de existencia e a súa influencia no ámbito da información contable, A reflexion upon the evolution of stok management methods and their influence on accounting data, Una reflexión sobre la evolución de los métodos de gestión de existencia y su influencia en el ámbito de la información contable

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Porto Serantes, Nélida, Castromán Diz, Juan Luis

O dinamismo que presenta o contorno empresarial supón para as organizacións empresariais importantes retos; entre eles, é importante o que presenta a reducción do ciclo de vida do producto e, consecuentemente, o risco de obsolescencia técnica ou comercial dos stocks almacenados nas empresas. Neste contexto adquire relevancia a información financeira emitida nas contas anuais das organizacións sobre as existencias e a súa perda de valor recollida nas contas compensadoras. Neste traballo…, El dinamismo que presenta el entorno empresarial supone importantes retos para las organizaciones empresariales; entre ellos hay que destacar el que presenta el acortamiento del ciclo de vida del producto y, consecuentemente, el riesgo de obsolescencia técnica o comercial de los stocks almacenados en las empresas. En este contexto adquiere relevancia la información financiera emitida en las cuentas anuales de las organizaciones sobre las existencias y su pérdida de valor recogida en las cuentas…



O marco comunitario de apoio 2000-2006 e a estratexia de desenvolvemento económico de Galicia no novo período de programación dos fondos estructurais da Unión Europea, El marco comunitario de apoyo 2000-2006 y la estrategia de desarrollo económico de Galicia en el nuevo período de programación de los fondos estructurales de la Unión Europea, The community support framework 2000-2006 and the economic development strategy for Galicia in the new period of programming the European Union structural funds

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Faíña Medín, José Andrés, Lirón Lago, Juan José, Ramos Mulero, Francisco

Este traballo explica o contido do Marco de Apoio Comunitario das Rexións Obxectivo nº 1 de España 2000-2006 no que se integra Galicia, así como a Estratexia de Desenvolvemento Económico, concretada no Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia (PEDEGA) que a Xunta de Galicia desenvolverá no período 2000-2006 e que será cofinanciada con axudas dos Fondos Estructurais Comunitarios (FEDER, FSE, FEOGA-O, IFOP). Esta estratexia ten como obxectivo impulsa-lo desenvolvemento…



O transporte como produto turístico en Galiza: unha análise da oferta actual, O transporte como produto turístico en Galiza: unha análise da oferta actual, Transport as Tourist Product in Galicia: A Current Offer Analysis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paül Carril, Valerià, Pazos Otón, Miguel

Este artigo analiza aqueles transportes que en Galicia se converteron nunha atracción turística por si mesma e, xa que logo, en produtos turísticos. En primeiro lugar, delimítase teoricamente a diferenciación entre transporte «como» turismo e transporte «para» o turismo. Isto faise a través dunha revisión da literatura xeográfica xerada sobre a cuestión e dunha mención de varias experiencias internacionais de referencia. A continuación son estudadas as experiencias concretas de Galicia mediante…



Aprendizaxe-Servizo no Ensino Secundario: proxectando vínculos entre Patrimonio e Educación para a Cidadanía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lobato García, Margarita

Esta tese comezou polo interese por coñecer a implantación dos proxectos de Aprendizaxe-Servizo en España e na Comunidade Autónoma de Galicia, empregando como elemento de análise o patrimonio histórico, artístico, cultural e natural, dende a perspectiva da Educación para a Cidadanía no Ensino Secundario. Estruturamos a tese en dúas partes: na primeira procedemos a expoñer o estudio teórico sobre os aspectos plantexados anteriormente, que nos levou ao deseño duns instrumentos como por exemplo as…



Traballos de Fin de Grao con perspectiva de xénero nas disciplinas CTEM

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina

Nos últimos anos impulsouse a integración da perspectiva de xénero nos contidos da investigación e a innovación, principalmente a través do programa Horizonte 2020. Dado que o traballo de Fin de Grao é o primeiro contacto do estudantado universitario coa investigación, pretendemos coñecer cal é o nivel de implantación da perspectiva de xénero nestes traballos. Para iso revisamos os premios que conceden as tres universidades públicas galegas, centrándonos nas disciplinas CTEM (Ciencia,…



Un novo glosario do Cancioneiro da Ajuda. A microestrutura das entradas verbais, A new glossary of the Cancioneiro da Ajuda. The microstructure of verbal entries

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Barreiro, Francisco Xavier

Na presente contribución preséntase a configuración da microestrutura dos verbos empregada na confección dun novo glosario do Cancioneiro da Ajuda. O texto de partida é unha nova edición –interpretativa e aínda inédita– do cancioneiro realizada por Mariña Arbor. A preparación dos materiais realizouse nun marco que transcende, amplamente, o propio glosario. No seu horizonte están o Dicionario Histórico Galego, o Dicionario do Galego Medieval e a Gramática Histórica da Lingua Galega. Na cerna da…