Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

A variación lingüística na obra de Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mackenzie, David

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985

Análise dos padróns de diversidade xenética e epidemioloxía das especies e variedades de Cryptosporidium que parasitan humanos mediante o desenrolo dun protocolo multilocus de tipado xenético de alto rendemento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abal Fabeiro, José Luis

A criptosporidiose é unha enfermidade causada por un grupo de protozoos pertencentes ó phylum Apicomplexa que cursa xeralmente en forma de diarreas autolimitadas acompañadas de episodios de dor abdominal e vómitos. A falla dun tratamento específico contra dita doenza, a patoloxía soe resolverse de forma espontánea en poucas semanas, aínda que pode resultar letal en doentes inmunocomprometidos e naqueles países en vías de desenvolvemento destaca a súa potencial capacidade de compromete-lo normal…

Emigración e mercado de traballo. Españois en Arxentina (1882-1926), Emigración y mercado de trabajo. Españoles en Argentina (1882-1926), Emigration and Labour Market. Spaniards in Argentina (1882-1926)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Galdo, María Xosé, Cordero Torrón, Xosé

Neste traballo preséntanse as posibilidades que ofrecen as series de inmigración arxentinas entre os anos 1882 e 1926 á hora de realizar un estudo sobre a contribución española á formación do mercado de traballo naquel país, con necesidades urxentes de incorporación de man de obra. Destácase a contribución dos homes e mulleres españois, resaltando a representación destas últimas que non fora considerada en traballos realizados sobre outras series estatísticas

Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica, Áreas léxicas y dominios lingüísticos en el noroeste de la península ibérica, Lexical Areas and Linguistic Domains in the Northwest of the Iberian Peninsula

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negro Romero, Marta, Sousa Fernández, Xulio

Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte de datos para coñecer a distribución xeográfica das va-riedades e tamén o modo en que estas se interrelacionan, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinadas áreas asociadas a unha mesma variable. A pesar do valor destas obras e da riqueza da información que fornecen para a investigación nos distintos ámbitos da lingüística, deica agora son poucos aínda os traballos que as utilizaron para descubrir as…

Protesta campesina e proprietarizaçom. A luita pola terra na Galiza no dealbar do capitalismo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Velasco Souto, Carlos F.

A conflituosidade foi um dos recursos tradicionalmente empregados polas colectividades parroquiais galegas para consolidar a possessom da terrra que traballavam e alcançar cotas progressivamente superiores de domínio sobre ela. Essa conflituosidade viu-se estimulada pola irrupçom do liberalismo, sendo substituída pouco a pouco, apartir dos meados do século XIX, por umha estratégia de proprietarizaçom sobre a base da aceitaçom (relativa) das pautas do individualismo burguês. Contudo a protesta…

Investigación en educación: perfil e actitudes dos alumnos/as de mestrado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez García, Iria, Mira Miñones, Beatriz, López Ben, Isabel

A investigación é a ferramenta coa que se dota á sociedade para acadar o seu futuro. No campo da educación a investigación segue a ser unha práctica non extendida, realizada polos teóricos, pero contemplada como unha dificultade para gran parte dos docentes que poñen en práctica os labores propios da acción educativa nas aulas. Este estudio desenvólvese coa vocación de recoller a experiencia relativa á investigación dos estudantes do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación…

A detección das necesidades de formación na empresa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miguel Domínguez, José Carlos de, López Cabarcos, María Ángeles, Barreiro Fernández, Begoña, Sánchez Vilariño, Guillermo

Censura e Ilustración

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Barreiro, Xosé Luís, Rodríguez Camarero, Luis, González Fernández, Martín

XX Aniversario da Fundación da Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela

Proposta dunha metodoloxía para a participación pública nos procesos de planificación forestal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bruña García, Xabier

A participación da sociedade nas decisións relativas á planificación e ordenación do territorio é fundamental para acadar solucións viables e duradeiras. A actuación conxunta de todos os sectores involucrados na planificación forestal, tanto de carácter táctico como estratéxico, permite elaborar solucións á xestión futura dos recursos do monte, seleccionando e aplicando aquela ou aquelas de consenso. A procura de acordos entre os grupos de interese é o factor máis importante na planificación de…

Corilga. Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amarelo Montero, Daniel, Dopazo Entenza, José Manuel, Rial Montes, Tamara, Rodríguez Rodríguez, Reyes, Regueira Fernández, Xosé Luís, García Mateo, Carmen, Fernández Rei, Elisa, Rodríguez Banga, Eduardo, Cardenal López, Antonio

Economía ambiental: perspectiva institucional, Economía ambiental: perspectiva institucional, Environmental Economics: An Institutional Approach

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caballero Míguez, Gonzalo

Neste artigo realízase unha primeira aproximación teórica de corte institucional ó estudio das interrelacións entre economía e medio natural. En concreto, maniféstase a insuficiencia dunha Economía do Medio Natural edificada sobre a economía neoclásica ortodoxa. A partir do teorema de Coase, tantas veces mal interpretado na economía ambiental, e do corpo teórico da nova economía institucional, formúlase unha “revisión débil” que destaca o peso das institucións sobre a cuestión ambiental. Pero…

Leccións de integración no contexto do “NAFTA”. Unha perspectiva para a Unión Europea, Lecciones de integración en el contexto del “NAFTA”. Una perspectiva para la Unión Europea, Lessons From Integration Within “NAFTA”. A Prospect For Europe

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Chousa, Juan Ramón, Melikyan, Davit, Tamazian Shamagian, Artur

Este artigo avalía os problemas xurdidos no desenvolvemento do sistema institucional das economías en transición e estuda o seu impacto sobre a economía. Os autores desenvolven unha metodoloxía para estimar un indicador operacional da dinámica do sistema institucional que busca a interdependencia entre “as reformas institucionais e o crecemento económico” nas economías de transición. Os resultados poñen de manifesto unha certa dependencia entre o desenvolvemento institucional e o crecemento.…

Plácido R. Castro. O valor dun galeguista conspirador

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

O día da Galiza de 1934, o patriarca Ramón Otero Pedrayo escribía nun exemplar do seu libro A romaría de Gelmírez a seguinte dedicatoria: «A Plácido R. Castro, home atlántico, cheo dos degaros das Fisterras e campión do Celtismo por mar e por terra». ¿Mais, quen era este Plácido R. Castro ao que Otero Pedrayo lle dedica unha gabanza tan eloxiosa? ¿Por que facer un exercicio de xusta memoria de Plácido Castro vencendo as inercias do esquecemento? ¿Por que a sede da Fundación Plácido Castro se…

Introdución. Bioeconomía, Emprendemento e Territorio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corbelle Rico, Eduardo José, García Quintela, Marco Virgilio, Loureiro García, María Luz

Guía de recomendacións sobre o uso crítico de tecnoloxía para alumnado de Educación Secundaria, Entre a oportunidade e a prohibición: riscos e malos usos da tecnoloxía en adolescentes, Secundari@ dixit@l: riscos e malos usos da tecnoloxía en adolescentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gómez, Silvia, Gayo Pérez, Pablo, Vidal Esteve, María Isabel, Marín Suelves, Diana

Esta guía de recomendacións sobre o uso crítico e seguro da tecnoloxía, «Entre a oportunidade e a prohibición: riscos e malos usos da tecnoloxía na adolescencia», diríxese ao alumnado de calquera idade que dispón ou fai uso de dispositivos tecnolóxicos. Mediante a representación de situacións, en formato de viñetas e cun texto explicativo, expóñense diferentes exemplos de vivencias que poderían darse na adolescencia. Trátase dun recurso de axuda e concienciación sobre os posibles riscos que se…

Emprego, poboación, industria e desenvolvemento económico en Europa: análise comparativa de España, Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña en 1960-2010 e perspectivas 2011-2020, Empleo, población, industria y desarrollo económico en Europa: análisis comparativo de España, Alemania, Francia, Italia y Gran Bretaña en 1960-2010 y perspectivas 2011-2020, Employment, Population, Industry and Economic Development in Europe: A Comparative Analysis of Spain with Germany, France, Italy and Great Britain for 1960-201 and Perspectives for 2011-2020

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisán Seijas, María del Carmen

Esta análise comparativa do emprego e do desenvolvemento económico de España con Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña ten por obxecto analizar as causas que explican os menores niveis de renda real, salarios e taxas de emprego en España en comparación cos ditos países, e recomendar as políticas económicas que poden ter un impacto máis favorable para diminuír a elevada taxa de paro de España e avanzar no proceso de converxencia real cara aos niveis de desenvolvemento económico e social deses…

Tácticas químicas para controlar a interacción de sistemas sintéticos con ácidos nucleicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calo Lapido, Renata

Esta tese describe o deseño e síntese de tres sistemas diferentes, capaces de interactuar e recoñecer secuencias específicas de ácidos nucleicos. Na primeira parte, sintetizáronse análogos funcionais da oncoproteína MYC e o seu dominante negativo OMOMYC, así como derivados marcados con fluoróforos. Usáronse dúas estratexias alternativas que implican unha ou dúas ligazóns químicas nativas, obténdose moi bos rendementos. Estas miniproteínas terapeuticamente relevantes, son capaces de dimerizar e…

Análise comparada do Sistema Universitario Galego e a presenza das mulleres no mesmo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamaría Queiruga, Olaya, Santos González, María Carmen

A presenza da muller no sistema universitario nas diferentes ramas de coñecemento segue sen ser equilibrada. Se consultamos os datos dos últimos anos sobre o alumnado matriculado nas universidades por áreas de coñecemento, como veremos a continuación, seguen existindo grandes diferencias en canto as titulacións escollidas segundo o sexo. Nesta comunicación imos facer unha análise da presenza que teñen as mulleres no ensino universitario. Máis concretamente, centrarémonos no Sistema…

Prensa e cultura. Estudo de caso: os suplementos de cultura de La Voz de Galicia e Faro de Vigo (1980-1997)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fernández, Jorge

Este traballo realiza a primeira aproximación sistemática ao fenómeno xornalístico dos suplementos culturais publicados nos diarios galegos durante os anos da transición e consolidación da democracia. Para iso desenvolvemos un marco teórico que relaciona os conceptos de cultura e comunicación e ofrecemos unha perspectiva xeral dos antecedentes –que, con formatos moi variados, apenas cruzan os límites temáticos do literario-, e doutras influencias, derivadas en especial dos suplementos…

Distribución municipal da realidade socioeconómica galega, Galician Socioeconomic Reality Municipal Distribution, Distribución municipal de la realidad socioeconómica gallega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rúa Vieites, Antonio, Redondo Palomo, Raquel, Campo Campos, Cristina del

Neste artigo trátase de establecer se a favorable evolución socioeconómica galega da última década se produciu por igual en toda a súa xeografía ou se, pola contra, tivo lugar en polos existentes de desenvolvemento, aumentando as diferencias existentes previamente. Para iso, establecerase unha clasificación dos municipios da Comunidade Autónoma atendendo a unha serie de características socioeconómicas dadas por un número amplo de variables. Utilizaranse técnicas estatísticas multivariantes de…

Sistemas de innovación rexionais: o caso do País Vasco, Sistemas de innovación regionales: el caso del País Vasco, Regional Innovation Systems: The Basque Country Case

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Rodríguez, Jesús, Faíña Medín, José Andrés, Manso, Guillermo

Este traballo céntrase na análise dos impactos do sistema rexional de innovación no País Vasco, e especialmente na súa capacidade para impulsar a transformación estrutural da economía vasca e potenciar a súa competitividade no contexto da crecente globalización e ampliación da UE. Despois de describir as grandes liñas da formación e do desenvolvemento do sistema vasco de innovación rexional, analízanse os seus trazos máis idiosincráticos (o papel dos centros tecnolóxicos), as etapas e os…

Anteproxecto. V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Anteproxecto de V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026) elaborado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

Recursos enerxéticos e mineiros, Recursos energéticos y mineros, Energetic and mining resources

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez González, Xosé Antón, Doldán García, Xoán Ramón, Regueiro Ferreira, Rosa María

Na temática dos recursos enerxéticos e mineiros, analizarase a evolución no ámbito galego e as perspectivas de futuro, dentro do español e internacional. Na actualidade, utilízase un grande volume de recursos enerxéticos propios, mais a capacidade de transformación enerxética require importacións crecentes de enerxía primaria (petróleo, carbón ou gas natural) para exportar enerxía transformada. A desaparición da minaría enerxética fixo perder peso á actividade mineira en Galicia, o que, xunto á…

As vacas e os elefantes na obra poética de Lupe Gómez: a construção do eu perante o outro absoluto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Almeida, Ana Bela

Esta apresentação pretende reflectir sobre o processo de transfiguração que se opera sobre a presença do animal ao longo da obra poética de Lupe Gómez e sobre a sua importância para a construção de uma autobiografia poética que, seguindo o pensamento de Haraway (1991) poderíamos caracterizar como próxima do ciborgue, situando-se, como este, no ponto em que a fronteira entre o humano e o animal é violada. Também Lupe Gómez, enquanto construção autobiográfica na obra poética da autora, procura…

Teoría marxista das crises capitalistas. Un exemplo da visión normativa dos políticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sanjiao Otero, Francisco Javier

Marxist theories of business cycles, their causes and the role of capitalist government in them, show the limits of normative theories to explain the behaviour of political agents in social groups where the premises are not strictly observed. The default of this premises explain problems to apply marxist systems.

O galego como lingua vehicular no ensino universitario: problemas e resultados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silva Domínguez, Carme

Actas del I Congreso Internacional “Adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas” (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, septiembre de 1995)

A encrucillada galega dos anos trinta: Igrexa, política e violencia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Grandío Seoane, Emilio

Dúas son as bases do réxime franquista nos seus corenta anos de existencia: dunha banda a súa orixe a partir dun golpe e unha guerra civil de tres anos dirixida por sectores militares de orientación reaccionaria; doutra unha sorte de fundamentalismo relixioso católico, alcumado a posteriori “nacionalcatolicismo”, froito da percepción da xerarquía católica da perda de poder social dentro dese proceso de laicización do primeiro terzo do século XX. Nesta pequena contribución pretendemos achegarnos…

Características produtivas, da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Paz, Iván Manuel

No presente documento realízase unha caracterización da raza porcina Celta, abordando aspectos que van dende o estudio de consanguinidade inicial, ata as propias característicasda carne e produtos cárnicos elaborados con ela. As especiais características de rusticidade da raza porcina Celta permítenlle unha perfecta adaptación ás condicións de hábitat dos bosques autóctonos galegos, cargados de peculiaridades orográficas e climáticas, fan que estes animais poidan explotarse totalmente en réxime…

A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: un achegamento paradigmático

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez, Vítor

Este traballo ten o duplo obxectivo de contribuír ao coñecemento da expresión da incerteza en textos argumentativos e de afondar no coñecemento do sistema modal epistémico da lingua galega. Con este fin, analizáronse, nos textos argumentativos que constitúen CORTEGAL, as formas lingüísticas que codifican incerteza seguindo o achegamento paradigmático proposto por Nuyts (2001), aplicado polo autor ás linguas xermánicas occidentais e aínda non reproducido noutras linguas. Este achegamento parte…

Comunicación e imaxe suxerida nas formacións orquestrais de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fandiño, Xaime, Pérez Seoane, Jesús, López, Zósimo

As orquestras, no último século, convertéronse nun fenómeno cultural en Galicia. Un movemento, herdeiro das bandas, que ambientaba as festas das cidades e que pouco a pouco se foi ruralizando ata chegar ao momento actual, no que toda festa galega que se precie, alá onde se celebre, está amenizada por unha afamada orquestra. Na adecuada difusión das festas e das súas actuacións, o cartel xoga un papel fundamental. Incluso as orquestras contan cos seus propios afiches2, cos que dan a coñecer as…

Redes socioculturais da lírica galego-portuguesa: sobre os autores das tenzóns

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

Na lírica galego-portuguesa, é posible encontrar diálogos de distinto tipo entre trobadores e xograres. Nesta ocasión, centrarémonos no núcleo de tenzóns transmitidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (BNP, cod. 10991) e no Cancioneiro da Vaticana (BAV, Vat. Lat. 4803), atendendo a tres aspectos fundamentais que permiten valorar a autoría de cada un dos diálogos: a súa reprodución dentro dunha serie de cantigas, a información atributiva concedida por distinto tipo de rúbricas, e as mencións…

Entrevista a Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Fernández, Ruth

Xosé Luís Axeitos Agrelo foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas no Instituto Rafael Dieste e profesor da U.N.E.D. na Coruña. Dende o 23 de xaneiro de 2010 é Secretario da Real Academia Galega, institución na que ingresou o 30 de outubro de 2004, desempeñando os cargos de arquiveiro e bibliotecario. Mais a súa principal contribución á cultura galega é sen dúbida o seu gran labor como estudoso, erudito, editor e documentalista da literatura contemporánea. Nesta entrevista interesámonos…

Das “Mans do Guía” a “Ramón Carballo”: innovación e tradición en “Cousas”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, 1963-, Pena Penabade, Cruz, Rodríguez López, Samuel

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)

De lexicografía galega. Un diccionario máquina

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamarina, Antón

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.

Travesías das baleas pola poesía contemporánea de Galicia e Irlanda: Xénero, empoderamento e extinción, Travesías de las ballenas por la poesía contemporánea de Galicia e Irlanda: Género, empoderamiento y extinción, Voyages of Whales through Galician and Irish Contemporary Poetry: Gender, Empowerment and Extinction

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Palacios González, Manuela

O presente artigo analiza o motivo literario da balea na poesía contemporánea de Galicia e Irlanda desde unha perspectiva ecofeminista que integra os debates recentes na ecocrítica e no feminismo. A análise das interrelacións na opresión de muller e natureza lévanos a considerar o motivo da balea alén do tropo de empoderamento feminino para ponderar o efecto do espolio dos cetáceos e a participación no mesmo das industrias baleeiras de Galicia e Irlanda. A poesía actual destas comunidades…

Situación das relacións fabricante-detallista no sector de bens alimentarios en Galicia, Current Manufacturer-Retailer Relations in the Galician Grocery Context, Situación de las relaciones fabricante-detallista en el sector de bienes alimentarios

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mejías Sacaluga, Ana María, Prado Prado, José Carlos

O desprazamento progresivo do poder de mans do fabricante ó vendedor -que na actualidade asume a dobre función de almacenista e detallista-, promovido fundamentalmente polo proceso de concentración no seo da distribución comercial vivido recentemente, derivou no endurecemento dos procesos de negociación entrámbalas dúas partes. Os detallistas, ademais, atoparon no desenvolvemento da función loxística un elemento máis co que exerce-lo seu poder sobre os fabricantes, á vez que incrementan a súa…

A economía política do círculo vicioso nas institución municipais viguesas: Claves e retos de futuro, The Political Economy of the Vicious Circle in the Local Institutions of Vigo. Keys and Challenges for the Future, La economía política del círculo vicioso en las instituciones municipales viguesas. Claves y retos de futuro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caballero Míguez, Gonzalo

Neste artigo sométese a unha análise rigorosa a economía política de Vigo, utilizando como soporte teórico os últimos desenvolvementos da nova economía institucional e da análise política de custos de transacción. A realidade viguesa caracterízase por unha situación de éxito económico e de fracaso político que é percibida correctamente polos vigueses. Ó afronta-la análi-se desta situación, este estudio detecta a existencia dun círculo vicioso no seo das institucións municipais viguesas, o cal…

Avaliación do impacto do Programa Fondo Tecnolóxico 2007-2013 en Galicia: resultados, concentración das axudas e fugas de recursos, Evaluación del impacto del Programa Fondo Tecnológico 2007-2013 en Galicia: resultados, concentración de las ayudas y fugas de recursos, Impact Evaluation of the Technology Fund Programme 2007-2013 in Galicia: Results, aid concentration and leakage of resources

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sande Veiga, Diego, Vence Deza, Xavier

Avalíase o impacto en Galicia da implementación do Programa Operativo para e polo beneficio da I+D+i empresarial-Fondo Tecnolóxico 2007-2013, que constituíu un instrumento singular das políticas de innovación financiado polos Fondos Estruturais da Unión Europea e dirixido ás comunidades autónomas españolas do Obxectivo Converxencia da Unión Europea. A través da análise proposta trátase de identificar o impacto deste Programa plurianual –que mobilizou un importante volume de recursos e cuxa…

A administração fiscal portuguesa anterior ao século XV. Algúns aspectos fundamentais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Figueiredo Marcos, Rui Manuel

Este estudo visa traçar un panorama da administração fiscal portuguesa no Idade Média. Concede-se especial atenção aos diferentes sistemas de tributação e ao funcionalismo que os suportava.

Castelao: primeiras caricaturas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Pérez, Clodio

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds

Estudo estrutural e magnético de complexos polinucleares de imidazolidonas e bases de Schiff

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doejo Paz, Jesús

A presente Tese Doutoral ten por obxectivo xeral a obtención e estudo magnético de complexos metálicos polinucleares, co fin último de obter imáns moleculares. Deste xeito, neste traballo analízase a interacción de diversos metais da primeira serie do bloque d con pequenas imidazolidinas e con bases de Schiff polidentadas, que permitan a síntese de complexos metálicos de baixa nuclearidade, para ser empregados como bloques iniciais na obtención de complexos de nuclearidade maior. Os ligandos…

Materiais moleculares de lantanoides como imáns e termómetros luminescentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Barreira, Cristina

A presente tese céntrase na obtención de materiais moleculares bifuncionais de lantanoides que se poidan comportar como moléculas imán (SMMs) e termómetros luminescentes. Con este propósito, explorouse a síntese de complexos de ións oblato con xeometrías fortemente axiais, como a bipirámide pentagonal ou hexagonal, co obxectivo principal de obter SMMs estables ao aire, con elevada barreira enerxética para a inversión do spin (Uef), alta temperatura de bloqueo (TB) e luminescencia sensible á…

As dimensões relacionais que resultam das narrativas escolares

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendes Gomes Ribeiro, Cristina

Neste artigo aportam-se novos elementos sobre o potencial das narrativas escolares para o alargamento do espectro que sustenta a dialéctica entre a teoria e a praxis da classe docente. Os relatos de vida escolar presentes neste estudo foram objecto de análise, interpretação e compreensão, num respeito profundo pelos seus narradores. Inscritos no microssistema de Bronfenbrenner (1979), procurou-se desocultar as acções exercidas pelos diferentes palcos e actores educativos dentro das nove…

Borges para Valente: de Aleph a Alef

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fer, Claudio

Neste artigo reúnense por primeira vez todas as referencias feitas por José Ángel Valente, na súa obra creativa e crítica, a Jorge Luis Borges, así como as lembranzas persoais dos seus encontros co escritos arxentino en Berlín e Bos Aires. Ademais, analízanse as recreacións de Borges feitas por Valente e a función modélica daquel a propósito da súa arte da persoa e das súas obras exemplares, sempre percibidas por este como auténticas leccións de mestre.

A onomástica persoal na lírica medieval galego-portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

O obxectivo deste estudo é amosar unha visión xeral da antroponimia incluída na lírica medieval galego-portuguesa.

Incidencia pedagóxica e tratamento didáctico de Castelao na escola galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Fernández, Ernesto David

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)

Cambios fonéticos e fonolóxicos no galego contemporáneo, Phonetic and phonological change in present-day Galician

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueira Fernández, Xosé Luís

Neste traballo preséntanse as descricións dalgúns cambios fonéticos e fonolóxicos que, segundo os datos dispoñibles, se produciron e se están a producir no galego tradicional (transmitido de pais a fillos) nos últimos tempos. Entre eles están cambios que afectan ao vocalismo pretónico, cambios na realización da gheada e do seseo, ou cambios na estrutura da sílaba. Algúns son cambios espontáneos, outros dirixidos desde as instancias promotoras do galego estándar, e outros poden estar motivados…, [EN] This paper focuses on certain recent phonetic and phonological changes which available data suggest have occurred or are currently taking place in traditional Galician (i.e. as transmitted from parents to their children), including the development of pretonic vowels, loss of the lateral [], alterations in the realization of the dialectal phenomena known as gheada and seseo, and changes in syllable structure. Some of these changes are spontaneous and some are due to the influence of…

Aproximacións ó castelanismo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Graña Núñez, Xosé

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.

Estructura de mercado turístico galego, Estructura del mercado turístico gallego, Structure of Galician tourist market

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Graña, Carla, Ramil Díaz, María

O obxectivo deste traballo é presentar unha análise da estructura do mercado turístico en Galicia. Comezamos cun estudio dos principais efectos da actividade turística, centrándonos no máis inmediato: o desenvolvemento do propio sector. Con este fin, efectúase unha análise da evolución da demanda e a oferta no sector turístico e, para os anos máis recentes, desagréganse os datos, o que permite deduci-los principais trazos desta actividade en España, e máis concretamente en Galicia

Felicidade pública e libre mercado. O xurdimento de valores liberais na Ilustración galega, Felicidad pública y libre mercado. El surgimiento de valores liberales en la Ilustración gallega, Public Happiness' and Free Market. The Assumption of Liberal Values in the Galician Enlightenment

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto

Entre os ilustrados galegos predominan as formulacións moderadas, e cando se enfrontan aos problemas socioeconómicos con frecuencia non van máis alá de pedir a reforma dos aspectos máis inxustos e ineficaces da sociedade do Antigo Réxime, sen cuestionar as súas bases ideolóxicas e éticas fundamentais. Algúns escritores, porén, fanse eco das propostas máis radicais da Ilustración europea e defenden ideas que só se poden desenvolver nun marco xurídico político de corte claramente liberal. Os…

O léxico da enfermidade nas Cantigas de Santa Maria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

Con frecuencia, as Cantigas de santa Maria son postas como paradigma de obra medieval que, máis que propiciar, requiren dunha observación multidisciplinar que favoreza unha mellor comprensión do conxunto. Deste modo, os estudos léxicos enténdense necesarios non só polos avances que poidan supoñer propiamente no eido lingüístico, senón tamén polas implicacións que poden ter noutras disciplinas máis próximas como a Literatura e a Filoloxía. Debido ás características da colección, a enfermidade…

Regreso a O porco de pé

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morán Fraga, César C.

Análise d’O porco de pé na que se pon de relevo como se leva a cabo a parodia dun tipo social, o comerciante castelán ou maragato, nesta obra do ourensán Vicente Risco e noutras de escritores galegos, tales como Eduardo Blanco Amor, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro. César C. Morán Fraga detense nas actitudes e funcións do narrador, fala do tempo e do espazo no que transcorre a acción, así como da caracterización dos personaxes que deambulan por esta…

Simposio Internacional Muller e Cultura , 27-29 de febrero de 1992

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marco, Aurora

Reúnense neste volume as ponencias e comunicacións presentadas no Simposio Internacional Muller e Cultura, celebrado en Compostela os días 27, 28 e 29 de febreiro de 1992. A iniciativa de convocar este evento foi tomada polo Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da Associaçom Galega da Língua.

Comportamento da productividade da economía galega no contexto económico español

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Rozas, María Emilia, Aguayo Lorenzo, Eva, Expósito Díaz, Pilar, Rodríguez González, Xosé Antón

Léxico de Naútica na narrativa de Alfredo Conde

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Rodríguez, Luisa