Skip to main content

Document language

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Vicente Risco e o seu proxecto dun Diccionario ideolóxico da lingua galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
de Paula Pombar, Mª Nieves

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Marco estratéxico de converxencia económica de Galicia (MECEGA) 2007-2013, Marco estratégico de convergencia económica de Galicia (MECEGA) 2007-2013, The Strategic Framework of Economic Convergence of Galicia (MECEGA) 2007-2013

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios

O Marco estratéxico de converxencia económica de Galicia (MECEGA) é o documento de planificación comunitaria elaborado pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, que recolle os obxectivos e a estratexia que rexerá a intervención dos Fondos Estruturais FEDER e FSE, do Fondo de Cohesión/FEDER e da Cooperación Territorial Transfronteiriza na Comunidade Autónoma no período 2007-2013. Así mesmo, o MECEGA é coherente coas actividades políticas e prioridades galegas, co Marco…



A Minerva compostelá. As súas glorias, Catálogo da exposición. Colexio de Fonseca, 7 de outubro de 2021-22 de xaneiro de 2022

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Iglesias, José Manuel

Mirar desde o presente cara a atrás —con orgullo e respecto e con ansias dun futuro mellor— é unha das ideas que Varela de Montes desenvolve nun discurso que pronuncia na universidade compostelá, referíndose a ela, alá por 1847. Pois ben, desde unha formulación similar, proxéctase esta mostra, titulada A Minerva Compostelá. As súas glorias. Na súa posta en escena pártese do que supoñen dous espazos emblemáticos do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca: o chamado Salón Artesoado —tamén…



Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández García, María Isabel, González Noya, Ana María, Maneiro Maneiro, Marcelino, Gómez Fórneas, Esther, Rodríguez Silva, Laura, Rouco Méndez, Lara

Nesta comunicación queremos presentar as mulleres pioneiras de Lugo que a finais do século XIX e comezo do XX estudaron carreiras universitarias de Ciencias. Pretendemos dar unha visión do comezo da presenza da muller na universidade e máis concretamente nas carreiras consideradas de ciencias (Farmacia, Medicina, Física, Química, Matemáticas), mostrar o desenvolvemento da súa actividade profesional e que así sexa coñecido o seu labor e valorado na súa xusta medida. É máis importante e destacada…



Nomenclatura das aves do concello de Ames

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pedreira López, Carlos, Costoya Hernández, Mª Isabel, López Pérez, Flora, Otero Soengas, Gonzalo




Conservación e xestión de humidais en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramil Rego, Pablo, Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, Ferreiro da Costa, Javier

A finais do Século XVIII, Francisco Cónsul Jove i Tineo, erudito e profesor de física, publicaba grazas aos auspicios da Sociedade de Amigos do País da Cidade de Santiago, a súa célebre Memoria sobre el conocimiento de las tierras verdadero, i económico método de cultivarlas adaptado al clima, i circunstancias de Galicia, i Asturias (1786), na que describe a abundancia de humidais nos territorios galegos e asturianos: “se hallan muchas lagunas, i terrenos cenagosos, sin que jámas se huviesen…



La figura del emprendedor y su conceptualización, A figura do emprendedor e a súa conceptualización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús

O emprendedor precisa ter unha visión clara dos procesos centrais de xestión e amplos coñecementos sobre a toma de decisións para poder levar adiante os seus negocios en forma proactiva. Ao longo do presente artigo desenvolverase o concepto de emprendedor desde as súas orixes e farase un repaso de todos os autores que, durante anos, foron conceptualizando o devandito termo. Desde Cantillon que é o primeiro autor que emprega o termo de emprendedor, pasando por Mill, Say, Walras, Casson,…



A representación dos espazos rurais e urbanos na poesía galega actual: imaxinario territorial, localización e globalización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Sández, María

Partindo do xiro espazocéntrico que se produciu nas últimas décadas na cultura occidental, que levou a unha proliferación do pensamento arredor do espazo enriquecido polos fenómenos contemporáneos da globalización e as estratexias correlativas de localización, e tendo en conta as reflexións sobre a evolución das cidades postindustriais, os modos de habitación dos espazos, o desenvolvemento da ecocrítica e o ecofeminismo, as achegas interdisciplinares que xunguen conceptos como a xestión do…



A cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela: datos para a historia dunha reivindicaciónA cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela: datos para a historia dunha reivindicación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Boullón Agrelo, Ana Isabel, Tato Plaza, Fernando R.

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



A violencia contra a muller nos casos de subtracción internacional de menores, Violence against women in international child abduction cases

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Castro, Ignacio

A presente comunicación analiza o alcance que a violencia contra a muller ten nos casos de subtracción internacional de menores como motivo para denegar a súa restitución. Por un lado, á luz dos obxectivos do Convenio da Haya sobre os aspectos civís da subtracción internacional de menores e ao constatado paralelismo entre violencia de xénero e abuso de menores, deféndese que a devandita violencia debe ser causa suficiente para denegar a restitución do menor. Por outro lado, recoñecendo que é…



Márketing ecolóxico e sistemas de xestión ambiental: conceptos e estratexias empresariais, Ecological Marketing and Environment Management Systems: Concepts and Business Strategies, Marketing ecológico y sistemas de gestión ambiental: conceptos y estrategias empresariales

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lorenzo Díaz, María Montserrat

Nos últimos anos, as empresas móvense nun novo escenario de competitividade onde non só se enfrontan a unha dimensión económica e social, senón tamén a unha esixencia ecolóxica. Conscientes da modificación que está a se producir na contorna da empresa, neste artigo analizamos cómo a empresa debe orienta-la súa xestión cara á nova relación de intercambio empresa-contorna natural-”stakeholders” e as estratexias que deben adoptar no ámbito do márketing ecolóxico (producto, prezo, comunicación e…



O valor da xestión do capital intelectual nos parques científico-tecnolóxicos. Proposta dun novo modelo organizativo para Galicia, El valor de la gestión del capital intelectual en los parques científico-tecnológicos. Propuesta de un nuevo modelo organizativo para Galicia, The Value of Intellectual Capital Management in Scientific and Technologic Parks. Proposal of a New Organizational Model for Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Babío, Nuria Begoña

Desde hai unha década, os parques científicos e tecnolóxicos configuráronse como axentes clave do sistema de innovación galego. A creación dunha contorna física que sirva de lugar de encontro entre a empresa e a universidade, co apoio da Administración local e orientado a favorecer o contacto, o coñecemento e o tránsito de ideas e de experiencias entre as comunidades científica e empresarial, provocou que nos últimos dez anos se implantaran diferentes tipos de parques co obxectivo de que estes…



Patrimonio, memoria e identidade labrega a través da apropiación popular da tecnoloxía agraria en Galiza, Heritage, memory and peasant identity thought the popular appropriation of the agrarian technology in Galiza, Patrimonio, memoria e identidad campesina a través de apropiación popular de la tecnología agraria en Galicia, Ondarea, oroimena eta nekazal identitatea Galiziako nekazal-teknologiaren jabetze popularraren bidez

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Esperante Paramos, Bruno

Na actualidade moita xente recupera e restaura unha maquinaria agrícola concreta. Trátase fundamentalmente de vesadoiros, sachadoras e sementadoras que se usaron nos traballos agrícolas da última fase da agricultura orgánica en Galiza, é dicir, entre 1890 e 1940. Estamos pois ante unha apropiación popular do patrimonio que se crea ó marxe das institucións que ostentan o discurso dominante da memoria e do patrimonio galego labrego. A acelerada perda de peso das actividades agrarias na sociedade…



Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez López, María

Canción do Sur (Song of the South, 1946) é un filme de Walt Disney practicamente descoñecido. Non está á venda en formato doméstico en ningún país do mundo e nos Estados Unidos é o único título da compañía nunca comercializado en VHS nin en DVD por mor do seu suposto racismo. O filme baséase nas Historias do tío Remus de Joel Chandler Harris. Nelas, un antigo escravo relátalle ao fillo da súa ama fábulas sobre animais. Nesas historias un coello burla, a base de enxeño, os seus inimigos o raposo…



A ideoloxía político-social de Rosalía: raíz do seu pesimismo existencial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Davies, Catherine

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Apoio social percibido e axuste nos estudantes universitarios de primeiro ano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez López, Zeltia

A investigación a nivel internacional conceptúa o primeiro ano de universidade como un período especialmente crítico para a maioría de mozos que se atopan nunha nova etapa evolutiva, coñecida como adultez emerxente, na que deben desenvolver simultaneamente novos padróns de resposta comportamental, cognitiva e afectiva para manexar adecuadamente as novas esixencias do medio. O acceso á Educación Superior enfronta aos adultos emerxentes, en moitos casos, á separación de familia e amigos, á…



A orientación da actividade aseguradora de vida cara á creación de valor, Life Insurance Activity: A Value Creation Approach, La orientación de la actividad aseguradora de vida cara a la creación de valor

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero González, Luis, Fernández López, Sara, Rodríguez Sandiás, Alfonso

Este traballo ten por obxecto analizar as estratexias de xestión de activos e pasivos que permitan orientar a actividade aseguradora de vida cara á xeración de rendibilidade. Por iso, abordamos, en primeiro lugar, as particularidades da proxección do fluxo de caixa neste sector para, posteriormente, detérmonos en dúas ferramentas básicas: o valor intrínseco e o EVA. A súa aplicación nas compañías de seguros supón un cambio estratéxico moi importante na medida en que son os resultados e a…



Comportamento innovador. Unha análise das empresas localizadas na Comunidade galega, Comportamiento innovador. Un análisis de las empresas localizadas en la Comunidad gallega, Innovative Behaviour. An Analysis of Firms Placed in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montoro Sánchez, María Ángeles

O obxectivo deste traballo é a análise do comportamento innovador das empresas con maior esforzo por persoal empregado e gastos destinados a I+D na Comunidade galega. A análise do Panel de Innovación Tecnolóxica permitiu elaborar un perfil da empresa galega innovadora con base no tipo de innovación que realiza (en produto e en proceso), nas relacións de cooperación que mantén con outras organizacións, no acceso a fontes de financiamento públicas complementarias para o desenvolvemento da…



Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pichel Mira, Rafael

O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acoso e vitimización escolar ás contornas dixitais, fenómeno coñecido como cyberbullying. Malia a preocupación social suscitada, a abordaxe científica desta nova problemática continua inmersa nunha serie…



A metodoloxía COIL e a súa inclusión nas políticas de internacionalización no Sistema universitario de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Blanco, María, Longueira Matos, Silvana, Olveira Olveira, María Esther

A aprendizaxe colaborativa internacional en liña, coñecida como COIL (Collaborative Online International Learning), é unha metodoloxía innovadora que contribúe á internacionalización do currículo académico nun contorno de intercambio virtual e intercultural. O obxectivo deste traballo é achegarse ao coñecemento desta metodoloxía (a súa significación, características e competencias relacionadas) e examinar a inclusión que esta ten dentro das políticas de internacionalización das institucións…



Castelao e Portugal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Henríquez Salido, Mª do Carmo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina, Pérez Comuñas, María José, López Martínez, Paula, Aymerich López, María de la Inmaculada, Bao Varela, María del Carmen, Flores-Arias, María Teresa, García Fandiño, Rebeca, Costas Lago, Natalia, Rodríguez Malmierca, María José, Cernadas García, Eva, Hospido Quintana, Almudena, Roibás Cela, Laura, Ling Ling, Josefina F., García Deibe, Ana María, Domínguez González, Raquel, Acevedo Arteaga, Laura, Pérez Meirás, María Dolores, Taboada Iglesias, María Jesús, López Lago, María Elena, Aguayo Lorenzo, Eva

Nesta comunicación, presentamos o proxecto Unha enxeñeira ou científica en cada cole organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Esta iniciativa pretende incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas STEM (ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas), mediante actividades didácticas nos centros educativos que rachen cos estereotipos sexistas da nosa sociedade.…



Análise e diagnose do estado actual dos conxuntos históricos no Camiño Francés en Galicia. Unha proposta de planificación urbanística supramunicipal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noya Méndez, Francisco Javier

Abórdase a análise e diagnose do estado de conservación do legado patrimonial tanto cultural como arquitectónico ao longo da rexión histórica que conforma o Camiño Francés en Galicia, así como o modo no que os instrumentos de planificación territorial e urbanística, xeral ou o desenvolvemento das distintas divisións administrativas polas que discorre o primeiro itinerario cultural europeo, contribúen á súa recuperación, rehabilitación, conservación, e finalmente, á súa transmisión. Esta rexión…



XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións : Vigo, 24-26 de outubro de 2019 : libro de actas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Roca Pardiñas, Javier, Domínguez Puente, Ana, Ginzo Villamayor, María José, Gómez Rúa, María, Iglesias Pérez, María del Carmen, Longa Sayáns, María Jesús, Lorenzo Picado, Leticia, Pardo Fernández, Juan Carlos, Saavedra Nieves, Alejandro, Vaamonde Liste, Antonio




Tendencias e problemas da pesca galega no contexto mundial e comunitario, Tendencias y problemas de la pesca gallega en el contexto mundial y comunitario, Trends and problems of Galician fishing in world and community context

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Lafuente, Manuel, Iglesias Malvido, Carlos

Neste traballo inténtase valora-la posición de Galicia no contexto das novas tendencias da pesca mundial e comunitaria. Para iso, ademais de sintetiza-los cambios máis significativos nestes escenarios, recollemos argumentos esenciais das discusións económicas recentes sobre regulación de pesqueiras, a fin de sustenta-las nosas reflexións finais sobre as perspectivas inmediatas da pesca galega



Radiografía do sector comercial minorista en Galicia, Picture of the Retail Trade Sector in Galicia, Radiografía del sector comercial minorista en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ruzo Sanmartín, Emilio, Díez de Castro, José Alberto, Barreiro Fernández, Begoña, Losada Pérez, Fernando

O sector da distribución comercial posúe cada vez máis importancia nas economías dos países desenvolvidos. Porén, nos últimos anos, e como froito dos cambios observados nos ditos países, estanse producindo numerosas transformacións na súa estrutura. Posto que España e Galicia non son alleas a todas estas transformacións, no presente traballo realízase unha descrición actualizada do sector da distribución comercial minorista en Galicia, localizando este estudio no contexto da Unión Europea e de…



As macroalgas como ferramentas de control ambiental: da escala rexional ao cambio global

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pacín Salvador, María do Carme

As algas pardas, en particular as do xénero Fucus, desempeñan funcións ecolóxicas clave nos ecosistemas costeiros temperados, como a produción primaria ou a creación de hábitats estruturais. Porén, a súa capacidade para acumular elementos potencialmente tóxicos pode alterar a súa fisioloxía e facilitar a transferencia de contaminantes a través da cadea trófica. Esta propiedade motivou o seu uso como biomonitores, aínda que con limitacións, na avaliación ambiental mariña. A pesar da redución…



Scórpio, um romance fundacional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quiroga Díaz, José Carlos

‘Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero’ reúne unha vintena de ensaios de diversos autores nos que se analiza a biobibliografía do escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2020. Os artigos analizan tanto as circunstancias do autor no tempo que lle tocou vivir (orixes, Preguerra, Guerra Civil, Posguerra, Democracia e últimos anos) como as diversas facetas que o caracterizan como persoeiro (intelectual, académico, lingüista, narrador, poeta, dramaturgo, autor infantoxuvenil, estudoso…



Galicia, Portugal, Brasil. Unha lanza pola dialectoloxía, Galicia, Portugal, Brazil. A spearhead for dialectology

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario

Móstrase o valor dos datos lingüísticos, coa súa variación no espazo e no tempo, e a importancia do labor dos lingüistas para desvelar a información esencial que conteñen a forma e significado das palabras, non só para a historia da lingua senón para a historia da cultura e das conexións establecidas outrora entre pobos e territorios, por veces moi distantes. Aténdese ao vasto mundo do bloque galego-portugués, co foco de atención situado en Europa (Portugal e Galicia) e en América (Brasil),…



O anonimato do dador e o direito a conhecer a própria origen. Uma aproximação de direito comparado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreira Freitas, Susana

O direito ao conhecimento das origens genéticas está Constitucionalmente consagrado, mas a sua superioridade é restringida aquando aplicação da Lei da Procriação Medicamente Assistida. A superioridade do anonimato é sustentada pela defesa da imunidade jurídico familiar e social do dador e, pela presumível diminuição do número de dadores, ficando no esquecimento o interesse superior da criança nascida com o recurso às técnicas de procriação medicamente assistida. Existe um maior número de casos…



A dimensión prosódica da oralidade: achega dende AMPER

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Escourido Pernas, Ana, Fernández Rei, Elisa, González González, Manuel, Regueira Fernández, Xosé Luís




O golpe de Estado, as persecucións e a retagarda na guerra civil española: as actitudes sociais en Galicia (1936-1939)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Sánchez, Concepción

O Golpe militar do 18 de xullo de 1936 converteu o territorio español en escenarios de retagarda e confrontación bélica ata 1939. Neste espazo e tempo, os sublevados chegaron ao poder por medio da acción violenta e empregaron unha serie de estratexias nas que a sociedade xogou un papel relevante. O foco da análise sitúase, precisamente, nos seus comportamentos e actitudes dentro deste contexto. A finalidade é coñecer cal foi a función da participación social nos xuízos militares instruídos e,…



Políticas culturais e desenvolvemento socioeconómico: algunas anotacións sobre a situación galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bouzada Fernández, Xan

Este artigo analiza a crecente proximidade entre os obxectivos e os contidos das políticas culturais e os intereses socioeconómicos, desde distintas dimensións, esencialmente, o impacto económico e laboral dos investimentos públicos no sector cultural e os contidos reguladores das políticas culturais. O traballo examina tamén os efectos na relación entre cultura e economía de fenómenos como a rexionalización das políticas culturais ou a emerxencia das cidades en tanto que actores culturais. O…



Os pensamentos de “as negras”, claves para unha análise temática de “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Ferraces, Xosé Luis

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Ruta Botánica polo Campus de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira-Espinel Plata, Javier, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Iglesias Díaz, María Isabel, Rigueiro Rodríguez, Antonio

Esta obra deriva do Inventario da Flora Leñosa do Campus Universitario de Lugo, traballo encargado pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolvido entre os meses de marzo e setembro de 2011. Nas aproximadamente 34 ha e media que ocupa o Campus lucense identificáronse 230 taxóns leñosos entre especies, híbridos, variedades silvestres e cultivadas (cultivares). Ademais, pola súa abundancia en todo o Campus, incluíronse as herbáceas Cortaderia selloana e Phormium tenax, polo que o…



Coñecendo o cooperativismo na gandería

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mougán Bouzón, Higinio, Rodríguez Ferreiros, Ruth, Cabaleiro Casal, María José, Ginzo Villamayor, María José, Vila López, David, Rey Louzán, Sandra

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, elabora este Manual sobre o cooperativismo na gandería (Coñecendo o cooperativismo na gandería), co obxectivo de que constituía un elemento básico de referencia para o coñecemento da realidade e evolución do cooperativismo gandeiro en Galicia. A día de hoxe faise fundamental coñecer a realidade das sociedades cooperativas no que se refire á súa dimensión, ás súas actividades principais, aos seus niveis produtivos, ao tipo e número de persoas…



As segundas partes por veces son mellores. Na senda das Humor-Sofías

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salvador Agra, Saleta de, Lesta García, Laura, Martínez Suárez, Yolanda, Pérez Pereiro, Marta




Strumenti giuridici alternativi alla tutela giurisdizionale nell'ordinamento amministrativo italiano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Manganaro, Francesco

El ordenamiento administrativo italiano ha ido construyendo un conjunto de instrumentos jurídicos que tienen como fin evitar el conflicto en el ejercicio de la actividad administrativa o solucionar conflictos existentes de una manera rápida y eficaz. Entre los primeros destacan las técnicas de colaboración, coordinación y concertación entre Administración y particulares o entre distintas Administraciones (convenios de colaboración, acuerdos-programa, acuerdos marco, etc). Y entre los segundos,…



Os ciclos electorais e o esforzo orzamentario nos concellos galegos, The electoral cycles ano the budgetarian effort in the galician councils

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ballesteros Ron, Alejandro

Neste traballo demóstrase que os cancellos galegos de máis de 20.000 habitantes realizan políticas electoralistas, xa que programan os seus gastos e ingresos tendo en canta a data das eleccións. Aínda que os indicios que aparecen son de pouca entidade, entendemos que se presenta na maioría dos cancellos. Nunha primeira parte, buscamos o modelo que nos serviría de referencia para analiza-los orzamentos das facendas locais galegas. Na segunda, mostramos un breve panorama dos sucesos políticos que…



O sector industrial galego: perspectivas ante un novo século, El sector industrial gallego: perspectivas ante un nuevo siglo, Galician industrial sector: perspectives in the face of a new century

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ares Fernández, Juan José

Neste traballo analízase a evolución da industria galega nunha parte significativa da década dos noventa dende a perspectiva dunha comparación das principais variables macroeconómicas das diferentes agrupacións industriais. Esta comparación é o fundamento para a percepción das perspectivas de cada unha das agrupacións na próxima década. Os resultados revelan a evolución positiva do sector de confección de prendas de vestir e as dificultades do sector extractivo-enerxético e alimentario. De…



A acidificación dos océanos: un contexto real para traballar na aula

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moreira Coello, Víctor, Blanco Anaya, Paloma, García-Rodeja Gayoso, Isabel

A acidifcación dos océanos é un problema ambiental derivado fundamentalmente da queima de combustibles fósiles e das consecuentes emisións de CO2 á atmosfera. Foi na última década cando a humanidade comezou a ser verdadeiramente consciente do problema. Polo tanto, trátase dunha cuestión de actualidade e bastante descoñecida xa que recentemente a comunidade científica comezou a traballar nesta liña delimitando o marco desta grave consecuencia para os océanos (Orr et al., 2005; Doney et al.,…



Vello ceo nórdico : antoloxía da poesía estonia contemporánea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Talvet, Jüri, Casas Vales, Arturo, Hix, H. L., Barbeito Varela, José Manuel, Palacios González, Manuela




Evolución da etioloxía das mamites bovinas en galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández, Gonzalo, Barreal, María Luisa, Pombo, M.B., Ginzo Villamayor, María José, González Manteiga, Wenceslao, Prieto, A., Díaz, J.M., Lago, N., González Palencia, J.

Aínda que as posibles causas de mamite no gando vacún son moi diversas, os axentes infecciosos seguen manténdose como a causa principal, e un elevado número de especies de bacterias, fermentos e fungos foron descritas como responsables da aparición de mamites no gando vacún leiteiro.



A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Navaza, Gonzalo

O artigo trata do uso dos grafemas <g> e <j> para o fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ en topónimos e apelidos galegos. Sostén que ese uso nos séculos xix e xx non é, como ás veces se cre, continuación da tradición medieval, por más que nalgúns casos coincida con ela, senón o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815. Para demostralo compara as formas escritas dos nomes de parroquias nunha fonte previa a esas reformas, o Catastro…