RUC. Repositorio da Universidade da Coruña
Publicación
Contribución de congreso (ConferenceOutput)
Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCT
BIOINTEGRASAÚDE 2023, celebrada en A Coruña o día 14 de Decembro de 2023, organizada polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), É fundamental realizar unha diagnose precoz do glaucoma para preservar a saúde visual dos
pacientes. Mediante distintos patróns de Tomografía de Coherencia Óptica (OCT), é posible medir o
grosor das capas do tecido nervioso en diferentes partes da retina, extraendo información sobre o seu
estado e a súa evolución. Neste traballo, presentamos dúas aproximacións automáticas baseadas en
aprendizaxe profunda para a segmentación das capas da retina nos tres patróns OCT máis comúns para
a diagnose do glaucoma: escaneos circulares ao redor do disco óptico, radiais a través do disco óptico,
e volumétricos extraídos sobre a superficie macular. A primeira aproximación aproveita a similitude
entre as distintas vistas da retina para adestrar un único modelo multi-vista capaz de realizar a
segmentación en calquera dos patróns. A segunda aproximación utiliza unha serie de modelos
especificamente adestrados para maximizar a precisión en cada unha das vistas, precedido por unha fase
de decisión na que se determina automaticamente o modelo axeitado para analizar cada imaxe.
Obtivéronse resultados satisfactorios, cunha precisión de 0.85±0.07 e 0.88±0.09, así coma unha
exhaustividade de 0.87±0.06 e 0.87±0.07, respectivamente, para a primeira e segunda aproximación. O
uso destes sistemas pode resultar de gran utilidade á hora de acadar unha diagnose precoz desta
patoloxía, axudando a preservar a calidade de vida dos pacientes., Este traballo foi financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación y
Universidades, Gobierno de España (refs. PID2019-108435RB-I00,
TED2021-131201B-I00, e PDC2022-133132-I00); Consellería de
Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia a través de
grupos de referencia competitiva con ref. ED431C 2020/24 e da
axuda predoutoral con ref. ED481A 2021/161.
Proyecto:
AEI / Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 PID2019-108435RB-I00
,
AEI / Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2021-2023 TED2021-131201B-I00
,
AEI / Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2021-2024 PDC2022-133132-I00
HANDLE: http://hdl.handle.net/2183/36445
Ver en: http://hdl.handle.net/2183/36445