Investigo. Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo
Publicación
Libro o Monografía (Book)
Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas. Edición e estudo dun novo texto galego do século XVIII
Neste libro dáse a coñecer un manuscrito inédito, escrito en galego arredor da década de 1770, que contén cincuenta décimas dirixidas contra o Cura de Fruíme. Trátase dunha longa carta en verso, sen datar e sen emisor coñecido, en que se fai unha retranqueira censura contra o Cura polos Petitorios que este anualmente publicaba co obxecto de recadar bens para o culto da Virxe das Dores.
A escaseza de textos en galego no período dos Séculos Escuros así como a extensión da composición, o rexistro lingüístico empregado e a súa calidade poética converten as décimas nun texto transcendental neste período da lingua e obrigan a matizar afirmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Ofrece dúas edicións das décimas, unha paleográfica e outra anotada e actualizada graficamente, claves para comprender o seu contido, conxecturas sobre a súa datación e autoría e unha completa análise dos trazos gráficos, morfosintácticos e léxicos., Ministerios de Economía y Competitividad | Ref. FFI2013-47589-P
Proyecto:
MINECO FFI2013-47589-P