Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Publication
Artículo científico (JournalArticle)
Travesías das baleas pola poesía contemporánea de Galicia e Irlanda: Xénero, empoderamento e extinción, Travesías de las ballenas por la poesía contemporánea de Galicia e Irlanda: Género, empoderamiento y extinción, Voyages of Whales through Galician and Irish Contemporary Poetry: Gender, Empowerment and Extinction
O presente artigo analiza o motivo literario da balea na poesía contemporánea de Galicia e Irlanda desde unha perspectiva ecofeminista que integra os debates recentes na ecocrítica e no feminismo. A análise das interrelacións na opresión de muller e natureza lévanos a considerar o motivo da balea alén do tropo de empoderamento feminino para ponderar o efecto do espolio dos cetáceos e a participación no mesmo das industrias baleeiras de Galicia e Irlanda. A poesía actual destas comunidades propón transxéneses figuradas de balea e humano para que non esquezamos a nosa natureza animal e recoñezamos o outro que levamos dentro. Observamos nesta poesía a repulsa de fenómenos como o da espectacularización da natureza e a explotación dos seus recursos ata o exterminio, promovéndose unha actitude de empatía e de respecto pola diferenza relativa do outro. Damos conta, así mesmo, do tratamento diferenciado do motivo da balea nos dous sistemas literarios tanto no tocante á súa visibilidade como á súa dimensión máis ou menos alegórica ou ecolóxica.
View at: http://hdl.handle.net/10347/16887