Skip to main content

Resultados relacionados

Resultados totales (Incluyendo duplicados): 3
Encontrada(s) 1 página(s)

Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Publication Capítulo o parte de un libro (BookPart)

Notas sobre o antecedente (único?) de BV primeira cala

RUC. Repositorio da Universidade da Coruña
Publication Capítulo o parte de un libro (BookPart)

Sobre un trobador “menor”: Nuno Treez

  • Eirín, Leticia
[Resumo] Este traballo é un estudo do cancioneiro de Nuno Treez –probabelmente un xograr de orixe galega–, de quen a tradición manuscrita nos transmitiu unicamente catro composicións pertencentes ao xénero de amigo, todas elas ambientadas en San Clemenço do Mar, que fai referencia á ermida desta advocación situada na Illa do Santo do Mar na costa de Marín. Deste xeito, e para alén da fixación textual das cantigas, este traballo supón un achegamento ao estudo das súas principais singularidades: a actitude da amiga, a abundante presenza de léxico concreto ou, entre outras, a eventual lectura dos textos como un ciclo ou secuencia narrativa.
RUC. Repositorio da Universidade da Coruña
Publication Capítulo o parte de un libro (BookPart)

As cantigas de Estevan Travanca

  • Eirín, Leticia
[Resumo] Este traballo é un estudo do cancioneiro de Estevan Travanca, probabelmente un trobador de orixe portuguesa activo na segunda metade do século XIII. É considerado un dos “poetas menores” da poesía trobadoresca galego-portuguesa debido aos escasos textos que a tradición manuscrita nos transmitiu da súa autoría, en concreto catro cantigas de amigo máis unha composición de amor cuxa atribución continúa a ser cuestionada e que até ao momento ten sido adxudicada ao propio Travanca, a Joan Perez d’Avoin ou a Estevan Reimondo. Así, e para alén da fixación textual das catro composicións de amigo, este capítulo inclúe unha análise retórica e literaria das cantigas, nas cales destacan motivos como a ausencia e a partida do amigo ou a morte por amor. Consideramos que o estudo integral dos denominados “trobadores menores” resulta de grande interese porque permite caracterizar globalmente a súa obra no contexto da escola trobadoresca galego-portuguesa.