Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Árbores senlleiras nos Camiños de Santiago en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bernárdez Villegas, José Gaspar, Rigueiro Rodríguez, Antonio, Ojea Martínez de la Escalera, Beatriz

O Camiño de Santiago é un itinerario milenario que conduce dende todos os puntos de Europa e da Península Ibérica cara ao lugar onde están soterrados os restos do apóstolo Santiago O Maior. O descubrimento do sepulcro no noroeste peninsular é a orixe da peregrinación que, dende a Idade Media ata os nosos días, guiou milleiros de fieis cara o Lucus Sanctus. No ano 711 prodúcese a entrada dos musulmáns na Península Ibérica polo sur, que chegan aos territorios do norte en escasamente dous anos. Os...



Ars amandi e vellez: a cencerrada

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Pérez, Xavier, Bouza Pérez, Maite

A cencerrada é un fenómeno social que expresa a movilización do pobo en prol da defensa da moral tradicional. É unha reacción suscitada por un abano de causas relativamente amplo que ten como fin primordial o repudio dos matrimonios entre conxugues de idades desiguais, ós amancebamentos, as infidelidades e calquera outra forma de relación que fose considerada ilícita. Era esta unha forma de presión moral, exercida mediante o emprego do escarnio, que se desenvolvía tanto en aldeas e vilas como...



Castelao: a integridade do intelectual patriota

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rei Romeu, Manuel

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Cumprimento e adhesión á ordenación do marisqueo en contextos institucionais concretos: ánalise do furtivismo marisqueiro en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Ballesteros, Hugo

Nesta tese desenvolveuse unha liña de investigación sobre o furtivismo marisqueiro en Galicia, o cal foi entendido como a falta de adhesión voluntaria á ordenación marisqueira . A achega central deste traballo foi presentar as potencialidades da co-xestión dos recursos nas comunidades marisqueiras galegas, enfatizando a súa capacidade para intervir na xestión adaptada do furtivismo. Catro vectores de estudo foron abordados nesta tese: a) Explorouse o ambiente institucional comunitario e os...



Coronavirus e desinformación en Europa: análise de proxectos de fact checking para loitar contra a manipulación informativa en España, Reino Unido, Francia, Italia e Alemaña

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casás García, José

A desinformación é un dos grandes retos que enfronta o xornalismo no contexto da sociedade rede. A evolución das novas tecnoloxías da información trouxo consigo a ruptura dos monopolios informativos creados na sociedade industrial. A democratización da produción e acceso á información foi unha das consecuencias positivas deste proceso, mais atopámonos con outras negativas. "Desinformación" é xa un concepto instalado no vocabulario da cidadanía. Esta investigación ten por obxectivo...



Microenxerto e recultivo do calo basal na micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crecente Campo, Santiago

Estudouse o recultivo do calo basal e o microenxerto sobre patróns xuvenís para mellorar a micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro. O recultivo do calo basal permite aumentar a produción de microbrotes, con un menor custo unitario, con respecto ó uso exclusivo de explantos ‘convencionais’ (nós e ápices). As veces que pode recultivarse un explanto con calo basal depende do xenotipo e do estado ontoxenético. Cando a micropropagación inclúe o recultivo do calo basal, a taxa...



¿Influente ou influínte? : Prescrición e uso da vogal temática verbal da C-III nos adxectivos en –nte na lingua galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Este estudo céntrase nos problemas que o sufixo -nte e, en xeral, estes adxectivos con -nte lles ocasionan ós usuarios do estándar; con todo, e por razóns de tempo e espazo, no presente estudo só me vou centrar nunha única cuestión: a calidade da vogal situada á esquerda do sufixo -nte, xeralmente considerada vogal temática verbal, nos temas de adxectivos que por medio deste sufixo se relacionan con temas verbais da C-III gal.



Cento vinte anos de bibliografía rosaliana: aspectos senlleiros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pociña, Andrés

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia. 1836-1936

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Rodríguez, Ana Cruz

Nesta investigación analízase a traxectoria das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia entre 1836 e 1936. Estas cooporacións debían actuar en cada provincia coma brazos executores das directrices gobernamentais no relativo á xestión do Patrimonio Cultural. Na práctica, o contexto de precariedade institucional e material condicionaron significativamente a súa eficacia e funcionamento. As Comisións galegas, a pesar das súas manifestas deficiencias, durante...



Represión e corrupción. Aproximación á sociedade galega no «primeiro franquismo»

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Prieto, Lourenzo

O franquismo está no faiado da memoria. O que está nos faios non se tirou aínda e pódese recuperar de cando en vez, sabemos que está alí aínda que non o baixemos e mesmo podemos reciclalo. Sempre está alí á nosa disposición e só facendo inventario poderemos saber o que é e o que vale. O franquismo é un gran descoñecido aínda que creamos saber o que é. Vivímolo moito, está recente e, sobre todo, herdámolo pero coñecemos pouco del en termos historiográficos. A homenaxe a un mestre de...



Focalizar nos micromachismos para abordar a violencia de xénero nas escolas infantís, Focusing on micromachisms to address gender-based violence in early childhood schools

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

Dentro dos múltiples temas que se vinculan á violencia de xénero, entre os máis investigados destacan: o perfil de quen maltrata, as consecuencias da violencia de xénero, os programas de reeducación e terapia, as medidas de prevención e protección, etc. Nesta comunicación pretendo chamar a atención sobre un dos conceptos que máis difícil é, ao meu entender, de erradicar do día a día, que está presente en todas as comunidades (incluso na individualidade) e que non distingue de contextos nin de...



Sistemática, filoxenia e bioxeografía do xénero Santolina (Compositae)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballal Vilaverde, Rodrigo

O obxectivo desta tese doutoral é estudar a variabilidade morfolóxica, a taxonomía e a historia evolutiva do xénero Santolina L. (Anthemideae, Compositae), un xénero distribuído polo oeste do Mediterráneo. No traballo realízase un estudo das relacións filoxenéticas entre os taxones incluídos no xénero, e as súas relacións cos restantes xéneros da subtribo Santolininae (Anthemideae, Compositae) foron inferidas con métodos Bayesianos e de Parsimonia, a partir de secuencias dos espaciadores do ADN...



O ICO: o financiamento con fondo públicos en tempos de crise, El ICO: la financiación con fondos públicos en tiempos de crisis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campo Villares, Manuel Octavio del, Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús

Nun contexto socioeconómico como o actual onde a crise económica, a inestabilidade financeira e a desconfianza política dominan os mercados financeiros, estes reduciron ao mínimo o seu fluxo de crédito cara ao sistema produtivo. Este feito levou a que a necesidade de crédito privada crecese de forma exponencial non só para atender o investimento, senón tamén para garantir o normal funcionamento do ciclo de explotación. En consecuencia, o recurso ao financiamento público convértese nunha...



O corpo no franquismo: territorio colonial, Poder e Colonialidades. Espanha na Galiza de hoje.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Busto Miramontes, Beatriz

O corpo é territorio de guerra. En, por, e a través do corpo desenvólvense disciplinas que converten o corporal –individual e colectivo– nun terreo de conflito e nun universo por colonizar. Pois as guerras non só se libran en territorios xeográficos. As guerras –as súas invasións, os seus abusos, as súas violencias, as súas humillacións, os seus sometementos– pasan innegabelmente polo dominio dos corpos. Ao fin, un corpo que se rende é un corpo que se invade e coloniza. A través da rendición...



Gramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francés

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvete Lorenzo, Sara

A presente investigación xurde dunha dobre intención; por unha banda xerar unha sistemática de análise das diferentes categorías de corte dos corpos femininos, ou feminizados, no cinema e, en segundo lugar, da aplicación de dita sistemática sobre dun conxunto de filmes franceses producidos a finais do século XX e comezos do XXI, denominados como Novo Extremismo Francés. Malia que o punto de partida, o corte dos corpos, semella un obxecto de estudo demasiado amplo e difuso, faise preciso...



Il Servizio Sanitario Nazionale Italiano: profili generali

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Egidi, Roberto

Il SSN italiano é considerato dalla Organizzazione mondiale della Sanità, uno dei primi in Europa, se non al mondo, sulla base di tre indicatori fondamentali: il miglioramento dello stato complessivo della salute della propolazione, la risposta alle aspettative di salute e di assistenza sanitaria dei cittadini, l’assicurazione delle cure sanitarie a tutta la popolazione. Insomma, il Sistema sanitario italiano, almeno nell’ambito del panorama europeo, si colloca in un’ area di assoluta...



Un documento en galego de 1474 de Xácome González, notario da terra de Taveirós e Ribadulla

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Louredo Rodríguez, Eduardo

[GL]Neste artigo presentamos a edición crítica dun documento de 1474, escrito en galego e no que aparecen Lopo de Moscoso, conde de Altamira e un escribán do rei, Xácome González, notario público de Taveirós e Ribadulla. Ademais, inclúese a descrición do manuscrito, un comentario lingüístico sobre os castelanismos, así como un índice toponímico e outro antroponímico. Así mesmo, achégase información sobre as dúas personaxes citadas



Papel da interleuquina-6 en gliomaxénese

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Golán Cancela, Irene

Na presente tese doutoral analízase a implicación da interleuquin-6 (IL6) en gliomaxénese. O glioblastoma é un dos tumores máis agresivo e frecuente do sistema nervioso central, e os pacientes mostran niveis altos de IL6 circulante. Baixo un modelo de glioma murino, no que se recapitula a hiperactivación das vías de sinalización EGFR e FGFR coa expresión de H-RasV12, e o desaxuste do ciclo celular coa inactivación de Rb, demóstrase que esta citoquina ten un papel importante no microambiente,...



As vantaxes do efecto made in: unha aplicación ó granito galego, The advantage of the made-in effect: an application to galicien granite, Las ventajas del efecto made in: una aplicación al granito gallego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Senra, Ana Isabel, García Rodríguez, María José

O mercado ó que se dirixen as empresas ten unha dimensión cada vez máis internacional, polo que a demanda de productos procede de consumidores pertencentes a países moi distintos. Diversos estudios realizados demostraron que un dos factores que pode incidir sobre a decisión de compra dun producto é o seu lugar de procedencia, debido a que o consumidor mostra unhas actitudes diferentes en función do país no que foi fabricado, fenómeno que se denomina efecto made in. Consideramos que esta...



Integración e crecemento económico na Comunidade Andina: máis alá da apertura comercial, Integración y crecimiento económico en la Comunidad Andina: más allá de la apertura comercial, Integration and Economic Growth in the Andean Community: Beyond Trade Openness

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia, Aguayo Lorenzo, Eva, Cancelo Márquez, María Teresa

Na actualidade os procesos de integración deben atender non só ás súas proxeccións económicas senón tamén á súa proxección social para o logro dos seus obxectivos. Neste sentido, cabe destacar o caso da Comunidade Andina de Nacións (CAN) polo seu recoñe-cemento do papel da educación. O obxectivo deste traballo é destacar o papel fundamental da apertura económica e da educación no crecemento económico na Comunidade Andina, para o que estimamos un modelo eco-nométrico de datos de panel para os...



Reestruturación produtiva e mercado de traballo: a experiencia brasileira, Reestructuración productiva y mercado de trabajo: la experiencia brasileña, Productive Reestructuring and Employment: The Brazilian Experience, Reestruturação produtiva e mercado de trabalho: a experiência brasileira

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Leite, Márcia

O texto analiza o proceso de reestruturación produtiva no Brasil mediante unha periodización do proceso e a discusión das súas principais características en cada período, buscando descubrir o sentido das transformacións en curso. Tendo en conta as especificidades do proceso brasileiro, pártese da consideración de que hai distintas formas de integración das economías nacionais no mercado mundial, contradicindo frontalmente o principio determinista de que o proceso de globalización tende a...



Cine e perspectiva de xénero en física e matemáticas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina, Verdejo Rodríguez, Amelia

Nos últimos anos o cine empregouse como recurso didáctico na ensinanza universitaria en materias de distintas disciplinas, dende o Dereito a Bioloxía. Nesta comunicación facemos unha revisión do emprego do cine con fins didácticos e propoñemos unha selección de películas que poden ser utilizadas para introducir a perspectiva de xénero en física ou matemáticas, amosando as contribucións científicas das mulleres e os estereotipos sexistas que aínda persisten na nosa sociedade, ademais de motivar...



Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández López, Xoán Francisco

“Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia” comprende cinco artigos de Xoán F. Fernández López. Escritos no período que vai de 1992 a 2014, tratan varios temas sobre a agricultura desenvolta en Galicia no pasado. Neste limiar vou comentar dous aspectos. Un deles trata das palabras que herdamos para nomear as formas de manexo do monte e as aplicadas ó cultivo do castiñeiro. Este meu modo de ver os seus artigos débese...



Coopera-Aprende. TAC-RIES. Técnicas de Aprendizaxe Cooperativa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alvariñas, M., Carnota Carneiro, Mª del Pilar, Ceinos Sanz, María Cristina, Couce Santalla, A., Lorenzo Moledo, María del Mar, Méndez Lois, María José, Nogueira Pérez, Miguel Anxo, Pino Juste, Margarita Rosa, Priegue Caamaño, Diana, Valcarce Fernández, Margarita, Crespo Comesaña, Julia, Díaz García, M. T., Fernández Rey, Elena, García Murias, Rebeca, Gillanders, Carol

O material educativo que contén xerouse e articulouse no marco dunha acción mancomunada dentro da Rede sobre Inmigración, Educación e Sociedade (RIES), que teño a honra de coordinar e que está composta por cinco grupos de investigación da USC e un da Universidade de Vigo. O interese operativo de todos os integrantes desta agrupación científica por reunir, baixo idéntico formato de presentación, algunhas das máis acreditadas técnicas de aprendizaxe cooperativa, ten que ver co enfoque pragmático...



Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario, Xove Ferreiro, Xosé

O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento...



Rosalía á luz de Mara

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Negro, Pilar

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Castelao en Montevideo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Meilán Martínez, Manuel

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Estrutuctura e evolución da ideoloxía política de Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Beramendi González, Justo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



As ideas sobre a xeneración espontánea e a "xeneración espontánea de ideas"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García-Rodeja Gayoso, Isabel, Díaz de Bustamante, Joaquín María

Tres preguntas fundamentais no ensino das ciencias son: ¿como se aprende?, ¿como podemos favorece-lo aprendizaxe da ciencia?, ¿que ensinar?. A historia da ciencia, neste caso da bioloxla podenos ser útil nestes tres aspectos do ensino



De como a literatura transforma a vida das persoas: a lectura na obra de Agustín Fernández Paz, How literature changes people’s lives: reading in the works of Agustín Fernández Paz

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena Presas, Monserrat

Este artigo parte da constatación de que a maioría das obras de Agustín Fernández Paz conteñen numerosísimas referencias aos libros e á lectura. Tras unha concisa explicación das trabes da escrita deste autor, explóranse as posibles funcións que a referencia a obras esenciais da literatura ten na súa produción, partindo tanto do que ten achegado a antropoloxía da lectura, como dos propios textos do autor. Igualmente, resáltanse as estratexias empregadas para achegar a mocidade á lectura. En...



Física. Guías para unha docencia con perspectiva de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina

No estado español as mulleres son maioría entre o alumnado universitario, pero continúan sendo unha minoría nas carreiras cientificotécnicas. A Guía para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero de Física ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para visibilizar ás científicas e eliminar a visión androcéntrica que predomina na ciencia e, en particular, no ámbito da física.



Entre Penélope e Ulises: 30 anos de cooperación galega para o desenvolvemento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Facer xusta memoria e valorar tres décadas da política pública de cooperación en Galicia esixe unha mestura de audacia inconsciente e crítica prudente. Primeiramente, para desbotar a tentación da negatividade e do pesimismo. Seguidamente, para eliminar as paixóns tristes que agroman da frustración e o resentimento. E, por último, para evitar o conformismo inxenuo e a resignación. Velaquí, logo, que a mellor noticia destes trinta anos sexa o simple recoñecemento da existencia dunha política...



Titorización de proxectos a emprendedores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús, Rocha Lopéz-Sors, Carlos de la

O presente traballo ten por obxecto expoñer unha metodoloxía práctica de como titorizar aos potenciais emprendedores, acompañado dun caso real, “Gaia Dos Nenos”, idea orientada a satisfacer as necesidades das nais e dos bebés, con produtos ecolóxicos e que permita unha conciliación familiar en sintonía coa conservación do planeta. Para este traballo, analizaremos brevemente os antecedentes históricos do concepto de emprendedor, os principais obstáculos para o desenvolvemento da función...



O enfrontamento cos límites da representación (imaxes entre a transgresión e a provocación)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Otero, Xosé

Proponse un achegamento ao estatuto do obsceno nos límites da representación artística, coas súas sucesivas declinacións nas operacións de transgresión e provocación. Transgresións que han coñecer contínuas e, así mesmo, distintas manifestacións ao longo do tempo marcadas polo contraste entre a moral pública e o gusto privado, e que atopan un punto de inflexión coa chegada dos medios técnicos de reprodución artística (a fotografía, o cine). Planando sobre todas elas, os temas da sexualidade, a...



Apuntes sobre “Un ollo de vidro”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casas Rigall, Juan, Abuín González, Anxo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Alocución inaugural do Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Albor, Xerardo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



A música alén do currículo escolar 0-6, Music beyond preschool curriculum 0-6

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

A Educación Infantil (0-6) neste país é unha etapa educativa non obrigatoria, polo tanto, non hai ningún currículo que seguir de forma estrita. Este é libre e pode definilo cada escola, de acordo cos alicerces que rexen o binomio instrución-educación nela, por iso se di que é intencional. De aí que o peso dos eidos do “saber”, “saber facer” e “saber estar” sexa maior ou menor, e por esta razón a música ten máis ou menos presenza na vida dunha escola infantil. Mais a música non só debe ligarse á...



Herbario de Rosalía de Castro : nasín cando as prantas nasen

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Sández, María, Fraga Vila, María Isabel

Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as...



Castelao agora e sempre

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carvalho Calero, Ricardo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Algunhas reflexións sobre a terminoloxía usada en arqueoloxía: arredor do termo castrametación e o seu emprego na lingua galega, Some reflections on the terminology used in archeology: around the term castrametación and its use in the Galician language

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa García, José Manuel, Diéguez Diéguez, Concepción

O feito de contar cunha terminoloxía propia é un dos elementos que mellor exemplifica a autonomía e solvencia adquiridas por unha disciplina científica. Ao manterse un discurso formalmente correcto, sensible e axustado ao obxecto de estudo redúcense os equívocos na transmisión do coñecemento. Nesta liña, a partir do estudo histórico do vocábulo castrametación, neste traballo afondaremos na casuística específica da da arqueoloxía, na que este proceso dista de estar concluído –o que transmite a...



A ‘avaliación’ e os instrumentos económicos en materia de políticas públicas de medio ambiente. Referencia ó Protocolo de Kioto, The “Evaluation” and the Economic Instruments in the Camp of the Environmental Policy. With Reference to Kyoto Protocol, La ‘evaluación’ y los instrumentos económicos en materia de políticas públicas del medio ambiente. Referencia al Protocolo de Kioto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Añón, María

En decembro de 1997 chegouse a un acordo sobre o Protocolo de Kioto que poñía as bases dos mecanismos que se van empregar polos países industrializados de cara a reducir emisións contaminantes dos gases de efecto invernadoiro (GEI) procedentes da actividade humana, que provocan o quentamento atmosférico e repercuten no clima do planeta e que, igualmente, se formulou na Reunión da Unión Europea en Bonn e na Conferencia das Partes do Convenio sobre o Cambio do Clima (COP7) de Marrakech, en...



A resposta neoinstitucional aos problemas da pesca: estado da arte sobre as Cotas Transferibles Individuais, La respuesta neoinstitucional a los problemas de la pesca: estado del arte sobre las Cuotas Transferibles Individuales, The New Institutionalist Response to the Problems of Fisheries: State of Art on Individual Transferable Quotas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Ballesteros, Hugo, Rodríguez Rodríguez, Gonzalo, Guedes Alcoforado, Ihering

A maior parte das pesqueiras do mundo están, cando menos, plenamente explotadas. O principal elemento causal desa situación é a falta dun ambiente institucional regulador dunha actividade pesqueira que, sen regras do xogo definidas, seguiu nas últimas décadas unha tendencia combinada de sobreexplotación dos recursos do mar e de resultados económicos ineficientes. O noso obxectivo é analizar a regulación institucional como fonte de solucións para os principais problemas da pesca moderna, que...



Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía, The feminist movement and children’s literary criticism in Galicia: a cartography

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena Presas, Monserrat

Habitualmente non se refi re a literatura infantil e xuvenil como unha das áreas de incidencia do movemento feminista. Porén, dende os seus comezos, á literatura dirixida a infancia e a mocidade apúxoselle un condicionamento instrutor que a situou, en moitas ocasións, no ámbito educativo. Así, o movemento feminista ocupouse, no marco das prácticas a prol da coeducación, de revisar moitos dos textos que a compoñen. O ámbito galego non foi unha excepción a isto, polo que este traballo pretende...



Voces da Estatística e da Investigación de Operacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martín Vila, María, Ginzo Villamayor, María José

O 20.10.2020 se celebra o día Mundial da Estatística. A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) se quere sumar a eses actos e por iso deseñou e enviou un breve cuestionario a persoas do ámbito Estatístico e da Investigación de Operacións. Tratouse que esta pequena mostra de entrevistas breves represente tanto ao ámbito académico como á administración ou a empresa para así coñecer de man dos nosos colegas como lles afectou a crise sanitaria que...



A redefinición da política de control de fronteiras da Unión Europea á luz da crise de refuxiados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Durán Suárez, Carlos

O presente traballo de investigación constitúe un percorrido crítico polos cambios experimentados na política de control de fronteiras e de asilo da Unión Europea como consecuencia da crise de refuxiados afrontada por Europa na pasada década. As orixes da crise poden situarse nos movementos de desprazados producidos polos conflitos que tiveron lugar, desde 2011, en varios países do norte de África e de Oriente próximo, na denominada Primavera Árabe. A rápida deterioración da situación en varios...



Contraste empírico do modelo CAPM: aproximación á non linealidade para o mercado español de capitais, Contraste empírico del modelo CAPM: aproximación a la no linealidad para el mercado español de capitales, CAPM Empirical Test: Non Linear Approach to the Spanish Stocke Exchange Market

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lado Sestayo, Rubén

O CAPM tivo un papel fundamental na explicación do proceso de formación de prezos. Non obstante, os seus resultados empíricos á hora de valorar activos non foron de todo satisfactorios debido, entre outras cuestións, á distinta resposta dos investidores ante as subidas e baixadas do mercado ou ante movementos extremos deste. Neste traballo analízase se o comportamento diferenciado dos investidores ten efectos na valoración de equilibrio dada polo modelo CAPM. Así, utilizando un modelo de...



O discurso das gramáticas e as gramáticas do discurso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio

Reflexións sobre as gramáticas e o tratamento que nelas se dá á pragmática.



A atención municipal vía internet na Galiza…é de calidade?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gonçalves Vicente, Ângelo

Esta investigación aborda o grao en que os concellos galegos están a aproveitar as novas posibilidades comunicativas que ofrece a Internet para facilitar o relacionamento coa cidadanía e, deste modo, mellorar a calidade dos servizos públicos e a satisfacción cidadá cos mesmos. A tal fin, estúdase o número de concellos que dispoñen de sitio web e de correo electrónico, e tamén a atención que desde os correos electrónicos ofrecen á cidadanía.



Mercado e políticas de comunicación no Brasil e na Arxentina (2000-2005) nunha perspectiva histórica, Mercado y políticas de comunicación en Brasil y en Argentina (2000-2005) en una perspectiva histórica, Market and Politics of Communication in Brazil and Argentina (2000-2005) in a Historical Perspective

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bolaño Siqueira, César Ricardo

Neste artigo presentaranse algúns elementos do marco ?bastante máis complexo? dos sectores audiovisual e das telecomunicacións no Brasil e na Arxentina, sobre todo desta última, xa que información máis detallada sobre o caso brasileiro pode atoparse en textos da miña autoría e que son citados na bibliografía. Tamén se analizarán outros elementos vinculados co tema da política externa brasileira en materia de comunicación, dos acordos do Mercosur sobre a cultura e do debate sobre a crise dos...



A planificación rexional en Portugal e na Comunidade Europea, La planificación regional en Portugal y en la Comunidad Europea, The Regional Planning in Portugal and the European Community, Planeamento regional em Portugal e na Comunidade Europeia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mourão, Paulo Jorge Reis

Planificar no espazo obriga a repartir, concibir, dividir, decidir e a actuar. Repartir recursos, concibir políticas, dividir o territorio, decidir con claridade e actuar con eficacia e con eficiencia. Este traballo demostra a riqueza da terminoloxía do espazo rexional así como, utilizando os exemplos de Portugal e do proxecto comunitario europeo, verifica a múltiple complexidade dos procesos de planificación rexional incluídos, avanzando con ritmos distintos e en función de determinantes como...



Ciencias en educación infantil: unha experiencia con circuítos eléctricos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez López, Andrea, Vidal López, María Ángeles, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Nesta comunicación preséntase unha proposta de actividades de ciencias para educación infantil tendo en conta as achegas de autores como Arcá et al (1990), Benlloch (1992) e Eshach (2006), Harlen (1989), que fan referencia a importancia de realizar actividades onde os nenos podan construír referentes dos conceptos científi cos o poder facer observacións, predicións, inferencias, e poder discutir e intentar explicar e interpretar o que acontece nas actividades de indagación. Asemade se deseñou...



As eleccións municipais de 2015 na prensa escrita galega. Tratamento do novo escenario político

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cortez-Lobão Sineiro, Francisco

Esta investigación céntrase no comportamento da prensa escrita galega ante as eleccións municipais de 2015, no contexto da crise do sistema español de partidos. Analizamos catro dos xornais máis salientables de Galicia e analizamos o seu comportamento ante os cambios na contorna.



Actividade científica do matemático José Rodríguez González durante a súa estadía en Madrid (1819-1823)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Iván

Aínda que existen varias biografías sobre José Rodríguez González (1770-1824), natural da parroquia de Santa María de Bermés, bispado de Lugo, como a realizada por Ramón María Aller en 1929, cómpre facer unha profunda revisión sobre os datos biográficos que se coñecen deste persoeiro. Unha vez analizada polo miúdo toda a información dispoñible, semella o momento oportuno para ir incorporando así mesmo os últimos achados atopados sobre a vida deste científico, agora que estase a piques de...