Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Espirógrafos con impresión 3D na formación de futuro profesorado de educación secundaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández López, Antía, Castiñeira Veiga, Gonzalo, Fernández Blanco, María Teresa

Neste traballo presentamos unha experiencia onde o modelado 3D se posiciona como elemento transversal de cara á aprendizaxe das matemáticas. A experiencia segue a metodoloxía STEAM centrada no traballo interdisciplinario, colaborativo e indagatorio. Está dirixida a estudantes do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas na especialidade de Ciencias Experimentais, Matemáticas, Tecnoloxía e Informática. O...



Matevisión: un proxecto para traballar a probabilidade e a estatística

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castiñeira Veiga, Gonzalo, Núñez García, Cristina

Nas últimas décadas, a necesidade de coñecer conceptos básicos da probabilidade e a estatística cobrou notable importancia. Isto salienta a necesidade de mellorar os procesos de ensinanza e aprendizaxe das mesmas e que teñan en conta o sentido socioafectivo cara ás matemáticas. Neste artigo presentamos una proposta en liña da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), a cal permite o traballo destes conceptos dunha forma efectiva e contextualizada.



Memoria, oralidade e escritura. Sobre literatura oral e literatura escrita

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cerrillo, Pedro C.

As manifestacións literarias populares son máis numerosas que as cultas. Na primeira parte deste traballo, “Literatura culta e literatura popular”, o autor explica as razóns polas que estudamos e coñecemos máis e mellor a literatura escrita –a culta– que a oral –a popular–. Na segunda parte, “Da oralidade á escritura”, abórdase a influencia da imprenta na literatura de transmisión oral, o que favoreceu o paso dunha cultura que tiña as súas raíces na oralidade a outra que se sustentaba na...



Castelao en Cuba

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Neiras Vilas, Xosé

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Percepción e actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa. Unha aproximación á perspectiva ourensá

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Raña, Irene, Suárez Quintas, Soraya

Este traballo ten como obxectivo aproximarse desde as coordenadas da dialectoloxía perceptiva, unha rama dos estudos sobre a variación diatópica que se centra nas percepcións e actitudes dos falantes sobre a lingua, ao coñecemento lingüístico dos falantes dunha zona de fronteira de especial interese no dominio galego: a área sur da provincia de Ourense próxima ao territorio de fala portuguesa.



O diñeiro e as teorías da inflación baseadas no conflicto, Money and conflicting claims theories of inflation

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Musella, Marco

O obxectivo deste traballo consiste en demostrar que, contrariamente ó que se argumenta con frecuencia, existen modelos de inflación baseados no conflicto que consideran explicitamente aspectos monetarios. Para iso preséntanse diversos tipos de modelos nos que a oferta monetaria se considera altemativamente como esóxena e endóxena



Descrición do marco legal e dalgunhas ideas referentes á inspección e ao control das pescas na Unión Europea logo da reforma da política común das pescas, Descripción del marco legal y de algunas ideas referentes a la inspección y al control de la pesca en la Unión Europea tras la reforma de la Política Común de Pesca, Description of the Legal Framework and some Ideas Concerning Fisheries Control and Inspection in the European Union after the Reform of the Common Fisheries Policy

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Álvarez, Xavier

O autor considera que unha aplicación rigorosa da Política Común das Pescas (PCP) é un prerrequisito para o éxito das orientacións en materia de xestión e conservación dos recursos pesqueiros. Nese contexto, analiza os cambios principais que caracterizan a reforma da PCP, repasa os obxectivos da Comisión Europea en materia de control e inspección para asegurar o cumprimento da normativa comunitaria en materia de pesca, e describe o proceso de reforzamento e harmonización do control e da...



Influencia dalgúns matemáticos e universitarios no renacemento cultural de Galicia, Discurso Inagural lido na solemne apertura do Curso Académico 1973-1974

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Abascal, Enrique

A edición en galego do presente discurso é un soño feito realidade grazas ao apoio do Servizo de Normalización Lingüística, do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e á iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas. A proposta nace dun discurso bo e xeneroso, derivado da encomenda á Facultade de Matemáticas da lección de apertura do curso 1973-74, que recae no profesor Enrique Vidal Abascal. El confesa desasosego polo reto, esta é a primeira...



Aplicación do método das series de Taylor ao estudo do movemento orbital e rotacional do satélite artificial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Isasi Freire, Iago

Presentamos nesta Tese o traballo realizado no eido da Astrodinámica no tocante ao movemento rototranslacional do satélite artificial. A cerna das nosas investigacións é o emprego do método de series de Taylor para poder integrar as ecuacións que rexen o movemento traslacional e rotacional do satélite artificial. Mediante a técnica de diferenciación automática e a creación dunha álxebra de series axeitada seremos quen de implementar o devandito método en sendos propagadores orbitais con...



Tipoloxía e valor de conservación dos bosques da Reserva de Biosfera “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” (Lugo, Galicia, España)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Romero Franco, Rosa, Ferreiro da Costa, Javier, Díaz Varela, Ramón Alberto

Despois de realizar unha caracterización ambiental da Reserva de Biosfera de “Os Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e un resumo dos cambios acontecidos na súa cuberta vexetal ao longo dos derradeiros 20.000 anos, descríbense os tipos de bosques existentes nesta reserva a partir das referencias dispoñibles e de información inédita. Para rematar, discútese a importancia dos bosques existentes nesta reserva con relación á conservación dos seus valores biólóxicos mediante a...



Os referentes nacionais en Rosalía e no provincialismo galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Beramendi González, Justo

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Perfil do propietario forestal individual en Galicia: obxectivos e prácticas de xestión no nordeste da Comunidade, Perfil del propietario forestal individual en Galicia: objetivos y prácticas de gestión en el noreste de la Comunidad, Profile of the Galician Individual Forest Owner: Forest Management Aims and Practices in the Community Northeast

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marey Pérez, Manuel, Rodríguez Vicente, Verónica, Crecente Maseda, Rafael

O monte arborado en Galicia experimentou un auxe significativo nas últimas décadas tanto en superficie coma en valor económico. Este desenvolvemento forestal foi obxecto de importantes publicacións centradas, principalmente, en inventarios ou en censos relativos á produción e subministración da madeira. Porén, as condicións nas que se asenta este éxito non están tan amplamente documentadas, isto é, a estrutura da propiedade forestal e o perfil do seu xestor son practicamente tópicos...



O estatuto da leitura e da escrita na formação de profesores: reminiscencias memoriais da experiencia docente

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreira da Silva, Gilberto, Fontebasso, Maria Rosa

Vive-se um tempo em que a fragmentação, a fragilidade e a insolidez permeiam a realidade. O mundo do espetáculo e das imagens parece avançar e substituir o mundo das palavras, com a conseqüente contaminação da educação em todos os níveis. Neste quadro, é interessante pensar o lugar da leitura e da escrita como processos que se têm modificado ao longo da história, mas que parecem resistir e constituir- se num lugar privilegiado de continuidade e permanência. Neste contexto, procurar-se-á...



A escrita e o olhar filosófico: ressonâncias do pensamento de Maurice Blanchot

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteiro, Hugo

Una explícita tendencia a la exteriorización marca el tono de la filosofía contemporánea, en un movimiento caracterizado por una aproximación cada vez más nítida entre literatura y filosofía. La escritura de Blanchot porta singularmente la señal de esa exteriorización, llevada al límite en la idea de lo Neutro. En este artículo, intentamos analizar la idea de lo Neutro como interrupción del rumbo unificador y totalizador de toda una tradición filosófica, poniendo en tela de juicio el acto...



A imaxe de Arxentina, The image of Argentina

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ortigueira Sánchez, Manuel

Na presente investigación mostrámo-los resultados dun macroestudio realizado en oito países diferentes. A utilídade da información obtida está relacionada coa enorme transcendencia que ten a imaxe dun país para o desenvolvemento das súas relacións de intercambio con outros países. Neste traballo recollémo-la imaxe dun país onda, xa hai anos, acudiu unha enorme cantidade de galegos para mellora-las súas condicións de vida. Estámonos a referir á Arxentina. O lazo histórico mantído con este país é...



A orde de entrada da empresa no mercado: implicacións estratéxicas, Entry order of a firm into the market

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, José Manuel, Ruzo Sanmartín, Emilio, Losada Pérez, Fernando

Existe unha gran canlidade de investigación na literatura de marketing arredor da cuestión da orde de entrada das marcas no mercado. A pesar desta gran cantidade de investigación non se atopa un consenso acerca da existencia ou inexistencia dunha vantaxe competitiva derivada desa orde de entrada, o que en moitos estudios se denomina a "vantaxe do pioneiro". No presente traballo preténdese afronta-lo fenómeno da vantaxe do pioneiro, tratando de desenvolver un esquema conceptual que...



Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade. 1837-1863. María Xesús Lama. Vigo, Galaxia, 2018, 375 pp. ISBN: 978-84-9151-040-6

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilavedra Fernández, Dolores

Reseña a: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade. 1837- 1863. María Xesús Lama. Vigo, Galaxia, 2018, 375 pp. ISBN: 978-84-9151-040-6



Desenvolvemento dun método óptico para a determinación de nanomateriais metálicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alves Iglesias, Yeneva

A produción e uso masivo de nanomateriais (NMs) en múltiples ámbitos, tanto industriais como tecnolóxicos e sanitarios, provocou que os investigadores nos preocupásemos polos posíbeis efectos negativos que poden ter ditos NMs sobre a saúde humana. Esta preocupación provocou que nos últimos anos se levasen a cabo estudos de nanotoxicoloxía e nanoseguridade, ciencias estas, que requiren métodos nanometrolóxicos fiables. A finalidade desta tese doutoral é a síntese, caracterización e estudo de...



Da Italorromania dos séculos IX-X á Iberromania do século XII: escritura e reescritura do motivo Fui eo, madre... na cantiga de amigo, From Italo-Romance (9th-10th century) to Ibero-Romance (12th century): formulation and reformulation of the Fui eo, madre motif in the cantigas de amigo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arbor Aldea, Mariña

Neste traballo celébrase o artigo publicado en 2022 por Vittorio Formentin e Antonio Ciaralli en que se edita e se estuda con gran coidado o que até agora é o primeiro e único fragmento coñecido da lírica das orixes (séculos IX-X): Fui eo, madre, in civitate, vidi onesti iovene, / c̻al̻ced̻u̻r̻. A partir deste ensaio, e seguindo o camiño que marcan os dous filólogos italianos, analízanse varias mostras do xénero de amigo que conteñen o segmento inicial da canción procedente da Italorromania,...



Lírica ou como (re)visitar a Idade Media: poesía, historia e arte como experiencias turísticas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arbor Aldea, Mariña, Santiago Gómez, Carmen de

Cultura trobadoresca-Cistercium experientia (Lírica), Piloto I do macroproxecto GEOARPAD - Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e ínnovación, márcase como obxectivo poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente deprimida, que non só ofrece unha riqueza artística senlleira senón que constitúe o berce dunha tradición literaria que guiou o canon da poesía lírica no centro e occidente ibéricos entre os séculos...



Política Exterior e negociación internacional para o Brexit: ameazas e aspectos clave para o sistema educativo e a Formación Profesional en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sande Veiga, Diego

A fin do presente documento é realizar unha análise das ameazas e aspectos clave que deberá enfrontar a Formación Profesional en Galicia como consecuencia do Brexit. Tomando como punto de partida o actual contexto económico, normativo, demográfico e educativo, o estudo céntrase nas principais áreas que se poderán ver afectadas -de forma directa ou indirecta- por esta decisión política, incluíndo aspectos como o financiamento da Formación Profesional, o acceso aos estudos ou a mobilidade dos...



Desigualdade e benestar en termos da distribución persoal da renda: a situación galega no marco do estado, Inequality and welfare through the income distribution: Galicia in relation to Spain and other Spanish regions, Desigualdad y bienestar en términos de la distribución personal de la renta: la situación gallega en el marco del estado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Troitiño Cobas, Ánxela

Producción e distribución constitúen dous aspectos básicos da economía de calquera sociedade. Centrándonos no campo distributivo, analizámo-la desigualdade (absoluta e relativa) e o benestar, en función da distribución da renda, para a Comunidade Autónoma galega, así como a situación desta no conxunto do Estado e en relación ás restantes comunidades. A base de datos manexada é a EPF 90/91, xunto cos datos do ingreso reconstruído en Pena Trapero (1996). Aproximámo-la renda dispoñible dos..., Producción y distribución constituyen dos aspectos básicos de la economía de cualquier sociedad. Centrándonos en el campo distributivo, analizamos la desigualdad (absoluta y relativa) y el bienestar, en función de la distribución de la renta, para la Comunidad Autónoma gallega, así como la situación de ésta en el conjunto del Estado y en relación a las restantes comunidades. La base de datos manejada es la EPF 90/91, junto con los datos del ingreso reconstruido en Pena Trapero (1996)....



O sector agrario e agroalimentario en Galicia, balance das transformacións desde a integración europea, 1986-2016, The agricultural and agri-food sector in Galicia, assessment of changes since European integration, 1986-2016

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Iglesias, Edelmiro

Nos últimos 30 anos o sector agrario e o complexo agroalimentario galego tiveron que afrontar profundas mudanzas no seu marco de funcionamento como consecuencia dos cambios nos mercados, nas políticas e nas demandas da sociedade. Nese contexto o sector deu mostras nalgúns aspectos dun notable dinamismo e capacidade de resposta. Como exemplos cabe mencionar a expansión da produción láctea, que permitiu que Galicia se consolidara entre as dez primeiras rexións leiteiras da UE, ou o...



XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións : Santiago de Compostela, 4, 5 e 6 de novembro de 2021 : libro de actas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Sellero, César, Ginzo Villamayor, María José, Ameijeiras Alonso, José, Borrajo García, María Isabel, Saavedra Nieves, Paula, Diéguez Taboada, Millagros, Faraldo Roca, Pedro, López Vizcaíno, María Esther, Martín Vila, María, Saavedra Nieves, Alejandro, Conde Amboage, Mercedes




O vestuário e a casa dos mercadores portugueses seiscentistas: simplicidade ou luxo?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendes Drumond Braga, Isabel M.R.

Partindo de inventários de bens inseridos em processos da Inquisição movidos a mercadores portugueses do século XVII, pretendemos explorar esta documentação a partir do pressuposto metodológico que entende a cultura material associada à vida social e à vida prática das famílias procurando nas actividades do quotidiano o sentido do consumo.



Unha aposta pola creatividade: un “espazo alternativo” no noso congreso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lodeiro, Laura, Lorenzo, Juanjo

A finalidade desta segunda edición (II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da E ducación) foi darlle continuidade á creación, dous anos atrás, dun espazo aberto ao intercambio e á discusión de experiencias e investigacións realizadas na súa meirande parte polo alumnado de Posgrao dos diferentes eidos das Ciencias da E ducación e, particularmente, das U niversidades galegas. Contando cunha elevada participación –na que houbo unha boa resposta de fóra de Galicia tamén-, o congreso...



Dos índices onomásticos cunqueirianos: Merlín e familia vs Merlín y familia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Pereira, María Xesús

A autora leva a cabo neste artigo un estudo contrastivo dos índices onomásticos de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, e da versión castelá, Merlín y familia, elaborada polo propio escritor. A comparación de ambos os paratextos mostra diferenzas que son analizadas no traballo e que revelan estratexias narrativas adoptadas polo autor tanto nos singulares índices onomásticos cos que concluíu a maior parte das súas novelas coma no conxunto da súa narrativa.



A xestión do servicio de recollida de lixo nos concellos galegos, Management of Garbage Collection Systems in Galician City Councils, La gestión del servicio de recogida de basuras en los municipios gallegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Villamarín, Xosé Carlos, Caride Estévez, María José, González Martínez, Xosé Manuel

Neste traballo realízase unha avaliación económica da xestión do servicio de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos nos principais municipios de Galicia. Así, a partir da análise da dispoñibilidade da información por parte dos centros xestores das principais variables asociadas ó servicio, realízase unha valoración dos niveis de prestación a través dun conxunto de indicadores para os distintos planos de interese ?volume do servicio prestado, factores em-pregados e estructura e...



O patrón desigual de crecemento europeo: unha análise semiparamétrica a nivel rexional, El patrón desigual de crecimiento europeo: un análisis semiparamétrico a nivel regional, The Unequal Pattern of European Growth: A Regional-Based Semiparametric Analysis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez González, Daniel, Vence Deza, Xavier

O obxectivo deste traballo é analizar a relación entre a desigualdade e a renda dispoñible equivalente a nivel rexional e contrastar o tipo de relación existente entrambas as dúas variables na Unión Europea (UE) no contexto do modelo de crecemento neoliberal. Neste traballo estimamos un modelo con datos de panel mediante o método de mínimos cadrados ordinarios (MCO) de efectos fixos e, ademais, analizamos a posible existencia de autocorrelación espacial no modelo e a necesidade de...



O soño do guieiro (Lembranzas dun vello galeguista)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Delgado Gurriarán, Florencio

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Poder e representación política en Galiza (1790-1856). Avance de investigación e algunas premisas de partida

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Alonso, Xosé Ramón

No capítulo “A política” da moi popular Historia de Galicia IV. Edade contemporánea editada por Galaxia en 1981, o profesor Barreiro afirmaba que “o tratamento da chamada historia política non pode ser alleo ó contexto dialéctico no que nos movemos”, unha argumentación que máis adiante completaba coa presentación da política como manifestación externa dos movementos de base e da loita de clases. Facía explícito, xa que logo, o peso teórico que o materialismo histórico tiña na súa investigación....



Educación social e escola. Unha análise da última década (2006-2016)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cid Fernández, Xosé Manuel, Riveiro Olveira, Sofía, Carrera Fernández, María Victoria, Castro Rodríguez, María Montserrat, Rodríguez Rodríguez, Jesús, Fernández de Sanmamed Santos, Alberto, Cid Rodríguez, Antía, Alonso Ruido, Patricia, Candia Durán, Francisco Xosé

Nos tempos que corren póñense cada vez máis en evidencia as carencias e deficiencias do sistema educativo formal que precisa, para a súa superación, a busca de novas vías que fagan da escola un espazo de aprendizaxe, crecemento e desenvolvemento individual e colectivo, efectivo e eficaz. Nesta liña, a incorporación aos centros escolares dos e das profesionais da Educación Social ha de ser un paso relevante que implique unha mellora significativa nas intervencións educativas. En realidade non...



Os materiais didácticos musicais en Educación Primaria. Un estudo sobre a percepción dos docentes especialistas en Educación Musical en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cores Torres, Antía

Esta investigación ten como obxectivo analizar a percepción dos docentes galegos especialistas en Educación Musical sobre os materiais didácticos musicais, incidindo no coñecemento, uso, valoración e formación na etapa de Educación Primaria. Para acadar este propósito optouse por un deseño metodolóxico mixto empregando como instrumentos de recollida de datos un cuestionario e unha entrevista, elaborados ad hoc. A mostra está conformada por douscentos docentes especialistas de Educación Musical,...



Dúas cidades diferentes en case todo pero iguais nos "vicios": a prostitución en Santiago de Compostela e Vigo durante o primeiro tercio do século XX

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pernas Oroza, Herminia, Fernández González, Manuel, 1969-

O estudio da prostitución en Galicia é un campo de investigación novo, xa que se comezou a tratar na década dos noventa do pasado século. O obxectivo deste traballo é presentar en común os casos de dúas cidades que xa tiñan sido estudiadas por separado. Hai que subliñar os abundan­ tes aspectos comúns que presentaba o exercicio da prostitución nos dous núcleos urbanos: prosti­ tutas regulamentadas con perfiles moi similares que tiñan moi difícil abandonar a actividade, coin­ cidencias na...



VI Encontro da Mocidade Investigadora: Libro de resumos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Martínez, Darío, Cao Labora, Daniel, Carbajales Pérez, Carlos, González Barcia, Luis, Moldes Diz, Yolanda, Muñoz Menéndez, Cristina, Vieites Blanco, Cristina

Libro de resumos correspondentes ás presentacións durante o VI Encontro da Mocidade Investigadora - Ciencias



Espazos comunicativos como lugares de encontro social: dos teleclubs ás radios comunitarias en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amorín López, Oliva

O lugar de encontro social, categoría central desta tese, supón a existencia dun espazo físico común que posibilita a participación, o diálogo entre as persoas e a relación de compartir, e que contribúe así mesmo ao fortalecemento do tecido asociativo. Baixo esta perspectiva, abórdase o estudo das radios comunitarias galegas, concretamente de Cuac FM da Coruña e de Radio Filispim de Ferrol. Inclúese ademais a revisión doutros espazos comunicativos de participación comunitaria en Galicia, os...



A responsabilidade social empresarial e os stakeholders: unha análise clúster, La responsabilidad social empresarial y los stakeholders: un análisis clúster, Corporate social responsibility and stakeholders: a cluster analysis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dopico Parada, Ana, Rodríguez Daponte, Rocío, González Vázquez, Encarnación

Nos últimos anos o sector empresarial veu realizando un crecente esforzo no desenvolvemento de políticas de “responsabilidade social empresarial” (RSE). Este comportamento susténtase na expectativa de que estas políticas melloran as relacións cos stakeholders –ou grupos de interese– e a reputación empresarial. Neste traballo dimensiónase a RSE utilizando o enfoque dos grupos de interese e aplicando unha análise clúster a unha mostra de empresas galegas. Como resultado identificamos catro...



O proceso de territorialización do sector pesqueiro europeo, El proceso de territorialización del sector pesquero europeo, The Territorialisation Process of the European Fishing Sector

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Laxe, Fernando

A Política Común Pesqueira (PCP) enfróntase a tres grandes retos: o da preservación e conservación dos recursos, o do modelo de xestión dos recursos e os consabidos mecanismos de control e, finalmente, o da competitividade do sector económico da pesca e os seus efectos sociais e territoriais. A PCP procura os principios da boa gobernabilidade, desexa contribuír a unha pesca responsable e quere estar definida sobre a base dunha compatibilidade cun sistema global de explotación duradeira dos...



A contribución das enerxías renovables ao benestar. Unha lección aínda non aprendida, La contribución de las energías renovables al bienestar. Una lección todavía no aprendida, The Contribution of Renewable Energy to Wellness. Not Yet a Lesson Learned

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueiro Ferreira, Rosa María

Nos últimos vinte anos as enerxías renovables acadaron un maior protagonismo dentro do panorama enerxético mundial debido á crecente demanda de enerxía dispoñible –en particular eléctrica–, á procura dunha maior diversificación enerxética, á asunción de políticas para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a que a súa utilización permite conxugar estes obxectivos coa obtención de altos rendementos produtivos. Dentro do conxunto das enerxías renovables destacou o papel da enerxía...



Relacións de poder no sistema de valor: aplicación empírica na cadea da madeira de Galicia e do País Vasco, Relaciones de poder en el sistema de valor: aplicación empírica en la cadena de la madera de Galicia y del País Vasco, Power Relationships in the Value System: Empiric Application in the Wood Value Chain of Galiza and Basque Country

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gueimonde Canto, Ana, Diéguez Castrillón, María Isabel, Sinde Cantorna, Ana Isabel

Este traballo examina as relacións de poder interempresarial que se manifestan nun subsistema de empresas configurado como sistema de valor. O obxectivo da investigación é duplo: caracterizar as estruturas de poder asimétrico que se desenvolven neste marco e investigar a influencia do poder interempresarial sobre o rendemento organizativo. A evidencia empírica obtívose do sector da serra da madeira de Galicia e do País Vasco. Sobre estes datos, o estudo presenta resultados que sustentan que o...



Príncipes e pastores. Os arcebispos de Santiago de Compostela na época moderna

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Golán, Fernando

Esta tese sitúase nun espazo historiográfico múltiple, que parte da historia social, a través da recomposición dun sector social relevante, para acceder á historia da cultura na súa vertente de estudo da imaxe e do imaxinario social. En esencia búscase articular a realidade social e a súa percepción polos suxeitos e axentes sociais que participaron dela. Para isto seleccionouse un grupo social determinado, os arcebispos de Santiago durante a época moderna, porque neles se concita a dobre serie...



XVII Informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo agrario en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mougán Bouzón, Higinio, Cabaleiro Casal, María José, Rodríguez Ferreiros, Ruth, Ginzo Villamayor, María José, Vila López, David, Ares Fernández, Carlos, Couso Costa, Loli, Fernández Redondo, Mario, Francos Gendra, Ricardo

O cooperativismo agroalimentario en Galicia é un factor fundamental na vertebración do desenvolvemento rural, tanto no ámbito territorial como no social e económico. A súa fortaleza reside na capacidade que posúe para converterse en vector de cohesión social e económica, xerando emprego de calidade directo e indirecto, e en resorte de defensa e adaptación aos cambios no sector agroalimentario e no contorno xeral. As cooperativas agroalimentarias enfróntanse hoxe a grandes retos e desafíos,...



O protagonismo feminino na lírica galego-portuguesa. Entre historia e literatura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiago Gómez, Carmen de

Son pocas las mujeres nobles que dejaron su huella en la producción lírica gallego-portuguesa. En las cantigas de amor esta ausencia encuentra su justificación en el respeto de los autores por la convención poética del tradicional precepto del celar (heredado de los trovadores provenzales). En el género de escarnio y maldizer, el propio estatuto social de dichas mujeres explica que, en la mayor parte de las ocasiones, su identidad se esconda en el anonimato ( cfr. el empleo de sustantivos...



Elementos literarios femininos na poesía de Rosalía de Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noia Campos, María Camino

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



¿Por qué casa a xente? Sobre as decisións polas que as persoas elixen siguer solteiras e non aceptar unha proposta matrimonial, Why do people get married? About the decisions that make people remain single and not accept a marital proposal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Giménez Fernández, Eduardo L.

Aplicase a análise económica ao comportamento individual no momento mesmo de decidir casar, é dicer, de aceptar unha oferta matrimonial. Esta investigación realizase no marco dun modelo de búsqueda. Asemade identificanse os factores que influen en dita decisión. A teoría pode reproducir certos feítos da realidade como a actual elevada idade da xente ao casar, e exténdese ao caso da decisión de ser noivo e da formación das parellas de feíto. Finalmente realizouse unha calibración con datos de...



A formación de capital humano en Galicia (1860-1900): alfabetización e atraso económico, The formation of human capital in Galicia (1860-1900). Literacy and economic backwardness, La formación de capital humano en Galicia (1860-1900): alfabetización y atraso económico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Domínguez, Blanca

Galicia afrontou durante o século XIX un proceso de cambio económico no cal a mobilidade da poboación constituíu o motor da difusión da alfabetización, nunha sociedade predominantemente rural e de hábitat disperso. No desenvolvemento da alfabetización persistiron características tradicionais, como o pronunciado desequilibrio entre as taxas de alfabetización de ámbolos dous sexos, que prexudicaba espe-cialmente ó sexo feminino, principal compoñente da poboación galega. As femias accedían menos á...



Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios V1003 e B1559, Intertextuality, interpretation and contextualization of “escarnios” V1003 and B1559

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

As cantigas de escarnio Ũa dona foi de pran (V1003), de Gonçal’Eanes do Vinhal, e Ja lhi nunca pedirán (B1559), de Afonso Mendez de Besteiros caracterízanse por presentaren aspectos métricos, rimáticos e textuais comúns que permiten considerar que entre estas dúas composicións existe unha relación de seguir. Neste traballo interésanos principalmente reflexionar sobre cal sería o sentido de cada un dos textos e seu respectivo contexto de produción, con intención de afinar, na medida do posible,...



Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowski

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prado Orbán, Xabier

O informe PISA (OCDE, 2006) pon de manifesto o fracaso escolar na ESO en tres competencias básicas: comunicación lingüística, matemática e científica. Dito informe revela que na comunidade autónoma galega, entre outras, o alumnado, cando remata ditos estudos, ten serias dificultades para representar, interpretar e comprender a realidade, construír e comunicar o coñecemento; utilizar os símbolos e as formas de expresión e razoamento en ciencias e matemáticas, resolver problemas relacionados coa...



Catálogo da flora de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Buján, María Inmaculada

[GAL] Hai 100 anos a Flora de Galicia de BaltasarMerino sinalaba a 1.854 plantas como integrantes do patrimonio natural galego. A recompilación de citas florísticas e novidades taxonómicas publicadas ao longo destes anos, permitiron inventariar en 2.391 plantas ao compendio da flora vascular galega, distribuída en 801 xéneros e 157 familias. O resultado, é froito do esforzo de numerosos autores que fixeron posible que se manifeste un notable avance no coñecemento florístico galego e o seu...



O turismo na Praia das Catedrais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crecente Maseda, J.M., Carballo Neira, M.C., Santiago Tojo, R., Álvarez Seoane, Carmen Denébola

[GAL] A Praia das Catedrais, localizada en Ribadeo (Galicia, España), é un dos espazos naturais mais paradigmáticos de Galicia. Nos últimos anos o número de visitantes incrementouse notablemente, o que supón un problema para a súa conservación e desfrute. Nesta publicación analízanse en primeiro lugar a oferta e a demanda turística a diferentes escalas territoriais (parroquia, municipio, xeodestino, provincia e Comunidade Autónoma). A continuación, preséntase un estudo das estratexias de...



Interaccións entre olería e metalurxia na Cultura Castrexa: sítulas de bronce e as súas analoxía cerámicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Novo, Cristina

O obxectivo principal desta tese doutoral é aportar unha nova perspectiva aos estudos de cerámica e metalurxia da Idade do Ferro do noroeste peninsular, establecendo paralelos entrambas producións. Durante décadas, na literatura arqueolóxica téñense feito continuas referencias á posible orixe metálica de determinadas formas e/ou decoracións dentro do catálogo cerámico castrexo. Para elo, asúmese a idea de que a cerámica e o metal dos castros non é resultado de procesos illados senón que forman...



O movimento nacional de organização dos catadores de materiais recicláveis no Brasil: um movimento em movimento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gonçalves de Andrade, Marcelino

Neste texto apresentamos urna discussao sobre a condição dos trabalhadores catadores de materiais recicláveis no Brasil, procurando destacar a situas;ao de precarizção, exploração e de preconceito que sofrem estes trabalhadores no desempenho dessa atividade, seja coletando os materiais reci­cláveis nas ruas das cidades ou nos aterros de resíduos sólidos dos mais diversos municípios bra­sileiros. Um trabalho que, mesmo sendo a base de um setor económico cada vez mais lucrativo, o da...



O reto didáctico do conflito: pensar e traballar a memoria histórica como educadoras e educadores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Almansa, Andrés, Riveiro Rodríguez, Tania

A memoria histórica do 36 e o franquismo continúan sendo un problema latente na sociedad. Considerando as posibilidades formativas deste tipo de temas socialmente conflitivos proponse o seu traballo en educación, comezando por Primaria. Para elo é necesario reorientar a formación do profesorado cara un pensamento crítico acorde coa defensa dos dereitos humanos e unha utilización alternativa de métodos e fontes.



Clientelismo político e poderes locais no mundo rural galego da Transición á democracia (1973-1983)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Antelo Alvite, Xurxo

Esta tese doutoral ten por obxectivo o estudo das relacións de clientelismo político no mundo rural galego da Transición á democracia. En concreto, pretendemos estudar os actores que conformaron as redes clientelares e as mercadorías empregadas para o intercambio, así como analizar a relación entre a continuidade en democracia do persoal político local da Ditadura franquista e a transformación do clientelismo político acontecida co cambio de sistema político.