Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Significado da paisaxe xeográfica e humana na poesía galega de Rosalía e Curros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lorenzo Rivero, Luis

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Rosalía, Curros, Pondal: Literatura e colonización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tarrío Varela, Anxo

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



A Universidade ós ollos da peme galega, The University as seen by gallician PYME

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Cotón, Manuel, Fernández López, Sara, Rodríguez Sandiás, Alfonso, Ximénez Rodríguez, Santiago

Coñece-lo que opinan as empresas da universidade é un bo principio para senta-las bases dunha futura colaboración Peme-Universidade. Partindo desta premisa, no naso traballo analizámo-lo papel que desempeñan determinadas caracterfstlcas ou variables na opinión que da universidade leñen ss empresas. Esta análise permitiranos concluir cunha serie de orientacións para favorece-lo achegamento dende o lado académico ó mundo empresarial



Innovación aberta: desafíos organizacionais deste modelo de xestión da innovación para as empresas, Innovación abierta: desafíos organizacionales de este modelo de gestión de la innovación para las empresas, Open Innovation: Organizational Challenges of this Model of Innovation Management for Firms

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Rodríguez, José, García Lorenzo, Antonio

O obxectivo deste traballo é ofrecer unha reflexión e unha análise dos principais problemas que formula a nivel organizacional a innovación aberta. Para iso utilizamos dous elementos conceptuais claves do deseño organizacional: a coordinación e os incentivos, que nos serven para enmarcar as principais dificultades que se derivan da posta en funcionamento dun modelo de innovación aberta. Os problemas de coordinación xorden como resultado da colaboración con outros axentes. Dentro deste ámbito...



O Practicum como achegamento ao mercado laboral en educación social, Practicum as an approach to the labor market in social education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro González, María del Rosario, García Antelo, Beatriz, González Gómez, Isabel María

As materias de Practicum nos estudos de Grao de Educación Social supoñen unha introdución do alumnado ao mundo laboral, convertendo este período de prácticas nun dos momentos máis agardados polos/as estudantes na súa formación. O obxectivo principal deste traballo é coñecer a valoración do alumnado de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela sobre o proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias profesionais durante o desenvolvemento da súa estadía de prácticas,...



O non cumprimento da lei de gibrat en economías en desenvolvemento: o caso de Ecuador no período 2000-2013, El no cumplimiento de la ley de gibrat en economías en desarrollo: el caso de Ecuador en el período 2000-2013

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Simbaña Taipe, Luis Enrique, Rodríguez-Gulías, María Jesús, Rodeiro-Pazos, David

Ecuador foi un dos países latinoamericanos que experimentou cambios significativos no campo social e económico nas últimas décadas, converténdose nunha das economías máis importantes da rexión. Por iso, resulta relevante coñecer as relacións existentes entre o tamaño e a taxa de crecemento das empresas deste país. Este traballo realiza a súa achega ao contrastar a lei de Gibrat cunha mostra de 25.179 empresas de todos os sectores económicos para o período 2000-2013. Aplicamos o método...



Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024), Investigación y crítica en la LIJ del marco ibérico e iberoamericano (2004-2024)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Red Temática de Investigación "LIJMI"

A Rede Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) celebra o vinte aniversario da súa creación co volume Investigación e crítica na LIX do marco ibérico e iberoamericano (2004-2024), un recurso imprescindíbel para as persoas que investigan a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), pero tamén unha ferramenta útil para aqueloutras que median entre o libro e a lectura. Con este novo monográfico danse a coñecer as accións desenvolvidas...



A gheada na onomástica (achegas á estandarización)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Boullón Agrelo, Ana Isabel

A estandarización da onomástica ten características específicas con respecto ó léxico común. Unha das dificultades vén derivada das formas opacas cando existen dúas pronuncias distintas. Isto é o que ocorre con algúns topónimos e apelidos grafados con <j> ou <g> + e, i nos antigos nomenclátores ou nos rexistros: poden interpretarse como formas pronunciadas con gheada, ou ben como castelanizacións doutras que tiñan orixinariamente /∫/. O caso de Reguengo é exemplificador: aparecía...



O adolescente viril: o maurismo en Galicia, 1914-1923

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabo Villaverde, Miguel, Míguez Macho, Antonio

A figura de Antonio Maura e o heteroxéneo movemento que invocou a súa figura foron obxecto nos últimos anos dunha atención considerable, na procura de comprender mellor as vías de evolución do sistema restauracionista, as orixes da dereita autoritaria (e non) e a crise última que leva á Ditadura de Primo. Para Galicia o descoñecemento é absoluto, baleiro que nos propoñemos paliar con esta achega e que se produce malia contar con factores específicos que incrementan o interese do seu estudo e...



Capital estranxeiro e empresas multinacionais en Galicia: 1960-1991

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doval Adán, Antonio

Este traballo, que foi premiado pola Real Academia Galega de Ciencias, analiza a entrada e o impacto socioeconómico do capital estranxeiro e das empresas multinacionais en Galicia durante o período comprendido entre 1960 e 1991, identificando ás sociedades foráneas máis significativas establecidas en cada un dos sectores económicos e produtivos da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademáis de facer un balance histórico da magnitude da presenza estranxeira no territorio galego, a investigación...



Screening do consumo abusivo de alcohol entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Couto, Carmen

O consumo de alcohol entre a mocidade constitúe un dos principais problemas de saúde pública, tanto en Galicia, como en España e en Europa, polo que se ten convertido nun dos eixos estratéxicos do traballo preventivo da última década. A pesares dos esforzos realizados, a día de hoxe seguen concorrendo unha serie de elementos que levan á preocupación: (1) dunha parte, a persistencia dun patrón de consumo intensivo ou en forma de atracón, coñecido na literatura como Binge Drinking -caracterizado...



Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Noya, Eva María, Míguez, Vítor

O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un...



A rehabilitación integral de barrios degradados: fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria-programa das ARI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aldrey Vázquez, José Antonio

Este artigo aborda unha figura xurdida do Plan de Vivenda 2005-2008, as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), aprobado polo Ministerio de Vivienda do goberno estatal. Permite, coa achega de importantes fondos públicos, a recuperación de vivendas de particulares, edificios e a reurbanización de barrios con máis de quince anos de antigüidade con problemas de degradación física, social e ambiental. No traballo analízase a significación en Galicia desta figura e apórtase unha metodoloxía para a...



Representacións da infancia e imaxinario social en Vida Gallega (1915-1936) e Céltiga (1924-1932). Entre o conflito e a negociación de significados, Representacións de la infancia e imaginario social en Vida Gallega (1915-1936) y Céltiga (1924-1932). Entre el conflicto y la negociación de significados, Representations of childhood and social imaginary in vida gallega (1915-1936) and céltiga (1924-1932). between conflict and the negotiation of meanings

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bolaño Amigo, María Eugenia

Neste artigo pretendemos analizar as diversas representacións da infancia proxectadas a través da revista galega do primeiro terzo do século XX de maior tirada, influenza social e vida máis longa, Vida Gallega (Vigo), e do semanario ilustrado de meirande repercusión entre a emigración galega a América, Céltiga (Bos Aires). A revisión e análise cualitativa de contido da totalidade dos exemplares publicados baixo ambas cabeceiras ‒no caso de Vida Gallega, un conxunto de 423 números difundidos...



O devir terrano do Casino de Carballo: Como vivir xuntos na fin do mundo, L’esdevenir terrestre del Casino de Carballo: Com viure junts en la fi del món, The terrestrial becoming of Casino de Carballo: How to live together at the end of the world

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Villarino, Brais

O Casino 1889 é unha histórica institución de recreo situada no centro de Carballo (A Coruña). En 2018, cando parecía abocado ao peche, un grupo de persoas novas da vila tomaron conta do espazo. Conformaron unha nova directiva e iniciaron un proceso de transformación que converteu o Casino nunha sorte de centro social autoxestionado. Pouco tempo despois, unha sociedade inmobiliaria instou á entidade a desaloxar o espazo, considerando extinguido o contrato de arrendamento. Porén, o Casino...



Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro da Costa, Javier, Ramil Rego, Pablo

A titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nas primeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de titularidade ou tutela públicas. A partires da promulgación da política autonómica, o conxunto de espazos naturais protexidos galegos aumentará a súa superficie de xeito espectacular, sobre todo coa posta en marcha da Rede Natura 2000, realizándose este incremento fundamentalmente sobre territorios de titularidade...



Algunhas estratexias didácticas no EEES

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez López, Xulio

O EEES ao facer fincapé nos procesos de aprendizaxe do alumnado esixe modificacións na docencia que debe entenderse sobre todo como unha axuda e mediadora dos procesos de aprendizaxe do alumnado. Preséntanse algunhas ideas xerais sobre os procesos de ensino-aprendizaxe, algúns criterios para a selección de actividades e algunhas estratexias didácticas que favorecen a implicación do alumnado nese proceso de aprendizaxe, tales como a aprendizaxe baseada en problemas, a través de proxectos, o...



Acompañamento socioeducativo e benestar: libro de resumos. I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social. CIPIES-25 Santiago de Compostela, 8-9/05/2025, Acompañamiento socioeducativo y benestar: libro de resúmenes. I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social. CIPIES-25 Santiago de Compostela, 8-9/05/2025

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Crespo, Laura, Bisquert i Pérez, Kylyan Marc, Lorenzo Campos, Aida, Rey Álvarez, Álex, Riádigos Couso, Xabier, Esparís Pereiro, Julio

O I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social (CIPIES-25), impulsado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), nace da colaboración entre o colexio profesional, as universidades públicas do Sistema Universitario Galego (Universidade da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo) nas que se imparte o Grao en Educación Social e a Universidade Nacional de Educación a Distancia que tamén conta entre a súa oferta formativa con este título...



Apuntamentos de Crítica xenética sobre “Cartas de inverno”, de Agustín Fernández Paz

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Vázquez, Mar, Ferreira Boo, Carmen

Despois de salientar a figura de Agustín Fernández Paz na literatura infantil e xuvenil galega, estúdanse os diferentes tipos de variantes en Cartas de inverno nas tres edicións empregadas á luz das teorías da Crítica xenética para incidir no proceso habitual de reescrita e autocorreción que realiza Fernández Paz. Conclúese destes apuntamentos que existen dous momentos neste proceso da súa escrita.



Manifestacións populares tradicionais e prensa local na Comarca de Lemos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martín Rodríguez, Almudena

A presente investigación pretende achegar ao lector a realidade xornalística dos medios de comunicación locais da Comarca de Lemos, a través das aparicións das manifestacións populares tradicionais deste territorio na súa prensa local. Extraéronse interesantes conclusións sobre as rutinas produtivas no proceso xornalístico e o peso das tradicións populares tradicionais na axenda temática dos medios, así como a fidelización dos lectores a través da identificación coa comunidade e o medio, todo...



A aposta pola calidade das empresas galegas. Estudo descritivo, La apuesta por la calidad de las empresas gallegas: Un estudio descriptivo, The Bet for the Quality of Galician Companies: A Descriptive Study

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Rama, María Cruz del, Martínez Carballo, Manuel

A contorna globalizada e moito máis competitiva na que operan as empresas na actualidade provocou que estas deban buscar estratexias que lles permitan afrontar con éxito os retos que se lles presentan. Así, hoxe en día a calidade converteuse nunha das variables clave de competitividade que as empresas galegas deben incorporar á súa estratexia corporativa. O propósito do noso traballo é estudar o grao de implantación da calidade/xestión da calidade nas empresas galegas, para o que imos realizar...



Busca de variantes raras en xenes asociados á esquizofrenia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Rama, José Javier

A esquizofrenia é unha enfermidade multifactorial complexa xa que na súa aparición interveñen tanto factores ambientais como xenéticos. Esta tése toma de referencia a hipótese enfermidade común- variante rara que sostén que existen múltiples variantes pouco frecuentes na poboación, que teñen un risco asociado moderado e que estarían influíndo no desenvolvemento da esquizofrenia. Nesta tese tratabamos de buscar variantes raras funcionais en DISC1, un xene asociado á doenza, onde viamos que...



Presentación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Freire Esparís, María del Pilar, Rodríguez Galdo, María Xosé




A coeducación no sistema educativo español : reflexións e propostas, The coeducation in the educative system spanish : reflections and proposals

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Lois, María José, Villar Varela, Milena, Permuy Martínez, Aixa

O presente traballo busca recoller unha serie de estratexias e propostas que permitan abordar a coeducación dende os centros educativos. O artigo describe brevemente a situación do colectivo feminino na actualidade nos ámbitos político, laboral e social primordialmente. Ademais, establece a importancia da coeducación de cara ao desenvolvemento integral das persoas, así como a relevancia outorgada á mesma dende a lexislación tanto estatal como autonómica. A pesares de que non existen “receitas...



O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho: estudo e edición crítica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

O trobador de orixe portuguesa Fernan Fernandez Cogominho desenvolveu o seu labor poético contra o terceiro cuarto do século XIII. O conxunto das súas cantigas perpetuouse nos dous códices confeccionados en Italia nos inicios do século XVI por orde do humanista Angelo Colocci: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, cód. 10991, tamén coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancuti, identificado coa sigla B, e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, cód. 4803, ao que se lle fai corresponder a sigla V....



Bandeiras, pastillas e océanos azuis. A cooperación galega de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de outubro de 2012

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

A seguir presentamos unha escolma de pensamentos e análises sobre a cooperación galega ao desenvolvemento no horizonte das incertezas e inquedanzas que representa a vindeira IX lexislatura en Galicia. Este documento artéllase arredor dun ramallo de preguntas: Que aconteceu nestes últimos tres anos e medio en Galicia? Cal foi o impacto da cicloxénese explosiva que arrombou coa cooperación autonómica en España? Podemos imaxinar escenarios de futuro ou celebraremos en breve un funeral conxunto...



Influencia dos nesgos do comportamento nas decisións de investimento. A importancia da educación financeira en tempos de crises, Influencia de los sesgos del comportamiento en las decisiones de inversión. La importancia de la educación financiera en tiempos de crisis, Influence of behavioral biases on investment decisions. The importance of financial education in times of crisis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Armenteros Ruiz, Tamara, Benito Torres, José Leandro, López Penabad, Celia

Mentres que as teorías financeiras clásicas asumen a racionalidade do individuo, as Finanzas Conductuais sosteñen a influencia de aspectos cognitivos e emocionais en decisións de investimento. O obxectivo deste estudo é contribuír neste campo analizando a presenza de cinco nesgos –Exceso de Confianza, Comportamento de Rabaño, Falacia do Xogador, Falacia da Man Quente e Nesgo Doméstico– e a súa relación coas características persoais do investidor, en especial coa súa EEF. Tamén analizamos o...



A formación recibida para ensinar en galego: valoracións do profesorado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fuentes Abeledo, Eduardo José, González Sanmamed, Mercedes, Iglesias Amorín, Fernando, Santos González, María Carmen, Veiga Río, Emilio Joaquín




Luces e sombras do novo plan autonómico de financiamento das universidades galegas (2016-2020), Lights and shadows of the new state funding system of the Galician universities

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández López, Sara, Vaquero García, Alberto

A finais de 2015 aprobouse o novo modelo de financiamento autonómico do Sistema Universitario de Galicia para o período 2016-2020. Este novo sistema pon énfase no axuste dos cadros de persoal do PDI á demanda real de estudos e mantén o peso do financiamento baseado en resultados, deixando algúns interrogantes abertos con relación á súa aplicación. O obxectivo deste artigo é sinalar os principais elementos deste novo plan de financiamento, tanto no que se refire ás melloras que introduce, como...



As razóns da norma : nós e nosoutros, nosoutras, Reasons behind a prescriptive rule : nós versus nosoutros, nosoutras

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario

Pártese do ditame normativo que establece como estándares nós e nosoutros/-as (na P5 vós e vosoutros/-as), con diferenza de significado, co obxectivo de mostrar a apoiatura da norma. Analízase brevemente o tratamento destas formas na tradición gramatical galega anterior ás Normas, favorable á escolla entre ambas, sen distinción, e mais o seu uso na lingua escrita dos séculos XIX e XX. A análise detense, sobre todo, na descrición do seu estatus na lingua falada nas últimas décadas do século XX,...



Os faiais de Galicia. Ecoloxía e valor ambiental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Rigueiro Rodríguez, Antonio

O traballo que aquí se presenta reúne os resultados obtidos por un amplo grupo de investigadores galegos ao longo de máis de dez anos de traballo orientado ao estudo e caracterización dos bosques dominados por Fagus sylvatica no extremo occidental das montañas cantábricas, nomeadamente daqueles situados dentro do territorio administrativo de Galicia.



O banco de Olímpio Pérez, 1880-1936

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Facal, Xoán Xosé

A tese que apresentamos pretende investigar o banco conhecido como Banco de Olímpio Pérez em honra ao mais eminente membro da família Pérez, Olímpio Pérez Rodríguez. O banco fora fundado e dirigido Manuel Pérez Sáenz em meados do século XIX até o seu falecimento, em 1880. O lapso temporal coberto pola tese vai do ano 1880 em que passa a ser dirigido polo filho de Manuel Pérez, Olímpio Pérez, até o começo da guerra civil espanhola, em 1936, com especial atençom ao período 1880-1915 em que a casa...



XVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, Foro Rec. Mar. Ac. Rías Gal. 18, 18º Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, XXVII Ciclo cultivando o mar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Méndez, Manuel, Fernández Casal, Jacobo, Lodeiros, César, Guerra Díaz, Alejandro

O XVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (FOROACUI), celebrouse na Illa da Toxa os días 8 e 9 de outubro de 2015. Na primeira xornada realizáronse as mesas de traballo: Marisqueo e Pesca de Baixura, Acuicultura, Empresa e Recursos. E dúas conferencias maxistrais: Bioseguridad, criaderos y producción de moluscos en Galicia, e Acuicultura mariña e cociña doméstica. O ciclo “Cultivando o Mar” cumpre vinte e sete edicións e tivo este ano unha especial e emotiva...



Unha lingua de signos galega?, A Galician sign language?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Abelaira, Cristina

A publicación no ano 2007 da Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordo-cegas, supuxo o recoñecemento oficial da lingua de signos española (LSE) e da lingua de signos catalá (LSC), así como o dereito a aprendelas e usalas ó lado doutros medios de comunicación orais. Logo dunha reivindicación histórica por parte do colectivo xordo, a lexislación...



A participación pública na planificación forestal: unha oportunidade ou unha necesidade para a súa aplicación en Galicia, La participación pública en la planificación forestal. Una oportunidad o una necesidad para su aplicación en Galicia, Public participation in forest planning: an opportunity or need for application in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bruña García, Xabier, Marey Pérez, Manuel

A participación social na toma de decisións vinculadas á planificación e á ordenación do territorio constitúe un paso fundamental para acadar solucións viables e duradeiras. Neste sentido, a participación pública convértese nunha clara necesidade da sociedade moderna para tomar determinacións e construír consenso social na xestión dos recursos naturais, en particular, e na gobernanza do territorio, en xeral. Dentro do subsector forestal estanse dando os primeiros pasos para que a participación...



Familia e actividade económica. Estratexias reprodutivas dos fogares galegos, 1880-1930, Familia y actividad económica. Estrategias reproductivas de los hogares gallegos, 1880-1930, Family and Economic Activity. Reprodutive Strategies of the Galician Households, 1880-1930

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Freire Esparís, María del Pilar

Os estudos xurídicos e antropolóxicos máis frecuentemente citados asígnanlle á “casa”, nunha sociedade agraria tradicional como a galega no período 1880-1930, unha significación que traspasa a do simple lugar de residencia e de centro da explotación campesiña, e descríbena como unha “institución” que ten no sistema hereditario non igualitario de “mellora” e nas fórmulas familiares de cooperación no traballo na “casa” os seus máis firmes fundamentos. Con todo, como revelan as máis recentes...



Referentes femininos en Galipedia, un recurso para introducir a perspectiva de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina

Nesta comunicación amósase como podemos empregar Wikipedia, en particular Galipedia a versión en galego da enciclopedia libre, para introducir a perspectiva de xénero na docencia. Por un lado, Wikipedia é unha fonte de información que nos permite amosar as contribucións das mulleres á ciencia e tecnoloxía e proporcionar modelos de referencia femininos ao noso alumnado. Por outro lado, elaborar entradas enciclopédicas en Galipedia sobre mulleres destacadas na disciplina pode ser un recurso...



Aplicación da intelixencia artificial na elaboración de artigos científicos de review: uso do software VOSviewer coas redes bibliométricas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Costa, Gumersindo, Arias Calvo, Ana, Moreira Vilar, María Teresa

Nos últimos 30 anos tivo lugar un troco copernicano na xestión bibliográfica da investigación, pois a liña de tempo dende o primeiro envío á revista científica ata a súa publicación acurtouse vertixinosamente, cunha redución de máis dun 200%. Así dende que se enviaba o artigo por primeira vez á revista, a análise de revisión e publicación final, o tempo medio era de nove meses (aínda que existían casos de ata dous anos); agora ben, este tempo minorouse na actualidade ata practicamente un mes...



Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeo: utilidade forense dos criterios da análise de contido

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sanmarco Vázquez, Jéssica

A avaliación da credibilidade das declaracións é unha das probas determinantes dentro dos procesos xudiciais en delitos da esfera privada. Por iso é imprescindible contar con métodos e procedementos obxectivos, fiables e válidos, que permitan realizar un informe de avaliación psicolóxico forense que axude o sistema de xustiza na súa labor. Unha das técnicas coas que contamos é o análise de contido, existindo diferentes ferramentas amplamente empregadas, coma o CBCA ou o SEG. Do mesmo xeito, é...



O Espazo Europeo de Educación Superior: a razón instrumental dunha universidade ó servizo da empresa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pardo Pérez, Juan Carlos, García Tobío, Alfonso

O Espazo Europeo de Educación Superior está concibido e planificado desde fóra da Academia, polos poderes económicos e polos poderes políticos. No punto de mira desta reforma están dúas dimensións básicas da universidade: a transmisión do saber e a creación do coñecemento. A reforma referida á transmisión do saber materialízase na remodelación dos estudos co propósito de que a formación universitaria se adapte ó mercado. En canto á creación do coñecemento, a reforma aspira a establecer as...



Sobre problemas no tratamento descriptivo da palabra composta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Valdés, Juan Luis

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Internacionalización-cooperación nas pemes de Vigo e da súa área metropolitana, Internacionalización-cooperación en las pymes de Vigo y de su área metropolitana, Internationalization-Cooperation in the SME of Vigo and ItS Metropolitan Area

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cal Bouzada, María Isabel, Verdugo Matés, María Victoria, Fernández-Jardón Fernández, Carlos María

O obxectivo deste traballo é a análise do proceso de internacionalización das pemes de Vigo e da súa área metropolitana. Para iso utilizáronse os resultados dunha enquisa realizada a empresas desa área xeográfica. Baseándonos no “modelo do proceso de internacionalización” (Uppsala-Model) e analizando a teoría asociada aos indicadores de magnitudes económicas, concretados cos comportamentos da empresa galega e utilizando técnicas multivariantes, cuantificouse o grao e a forma de...



Análise socioeconómica da Comarca de Ordes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villarino Pérez, Montserrat, García Pita, Pablo, Doval Adán, Antonio

Este capítulo estudia o sistema económico e produtivo que presentaba o conxunto da Comarca de Ordes a principios do ano 1993, constituíndo a primeira parte do libro publicado sobre a Comarca de Ordes e o seu Plan de Desenvolvemento Comarcal, impulsado pola Presidencia da Xunta de Galicia a través do seu Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Despois de comentar o grao de integración funcional da comarca, faise unha presentación xeral do encadramento territorial e dos elementos...



Bem-estar comunitario e visitantes a través do caminho em Santiago : grandes narrativas, ideias e prácticas culturais na cidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Feijó, Elias J.

O presente volume trata da comunidade local e da sua relação com visitantes em dimensões culturais. Foca-se no caso de Santiago de Compostela e as relações estabelecidas entre a sua comunidade e o conjunto de visitantes no quadro do predomínio do conceito e instituição Caminho de Santiago. Coesão social, identidades, espaços, consumos… perpassam o livro, onde se formulam ideias sobre o funcionamento das comunidades, como podem relacionar-se a elaboração e a transmissão de ideias sobre a cidade,...



Formacións superficiais e evolución dos solos nas montañas do Courel

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Alberti, Augusto

A memoria estuda a diversidade edáfica das Montañas do Courel como resultado da interacción entre material parental, clima, biota, relevo, actividade humana e tempo, integrando enfoques históricos, morfolóxicos, analíticos e estatísticos. Delimítase o marco territorial e revísase a evolución do concepto de solo. Defínense 53 Unidades Ambientais nun SIX e analízanse 28 perfís con medidas de densidade, textura, pH, C e N, catións, CIC, Fe r Al e P dispoñible. A clasificación WRB diferencia solos...



A Cultura Popular na Galicia Medieval: Ocio e Devocións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Coira Pociña, Juan

A cultura popular constituíu un dos eixos da Idade Media, pois case a totalidade da poboación, neste caso concreto do noroeste peninsular, era partícipe ou comprendía os seus significados. Nesta cultura, o ocio e os seus elementos tiñan unha importancia capital, sobre todo pola súa función na concepción do tempo e a estreita relación coa devoción, expresadas ambas, principalmente, no marco espazo-temporal da festividade. A pesares da relevancia da festividade o ocio, como a devoción, non se...



Valoración racial e autenticación do sistema de produción ecolóxica de leite no Norte de España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Bermúdez, Ruth

A gandería ecolóxica é un sistema de produción en crecemento, onde os gandeiros do noroeste de España non estar satisfeitos coa raza utilizada para produción. Durante a elaboración da presente Tese de Doutoramento observouse que as Holstein producen máis leite pero menos sólidos, presentando maior lonxevidade que outras razas aínda que peor eficiencia reprodutiva. A opinión dos consumidores é fundamental para establecer estratexias de mercado, encontrouse que unha grande maioría das persoas...



Implementación e avaliación dun proceso de ensinanza-aprendizaxe colaborativo na titulación de Administración e Dirección de Empresas, Implementación y evaluación de un proceso de enseñanza-aprendizaje colaborativo en la titulación de administración y dirección de empresas, Implementation and assessment of a collaborative teaching-learnig process for the degree of business administration

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández-Feijóo Souto, Belén, Pino Juste, Margarita R.

Este artigo presenta o deseño e avaliación dunha experiencia innovadora nunha materia da licenciatura de Administración e Dirección de Empresas mediante unha metodoloxía cooperativa. O obxectivo é motivar o alumnado e mellorar o seu rendemento académico a tra-vés de diversas formas de interacción, reducindo a asimetría no diálogo educativo e fomentando nos estudantes o desenvolvemento de calidades como a responsabilidade e o traballo en equipo. Entre as vantaxes do método destacamos a...



O cooperativismo como fórmula empresarial de futuro para canaliza-lo espíritu emprendedor colectivo, Cooperativism as a future business formula to channel the collective entrepreneurial spirit, El cooperativismo como fórmula empresarial de futuro para canalizar el espíritu emprendedor colectivo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vargas Sánchez, Alfonso

É un feito que as formas empresariais de economía social, coa empresa cooperativa como principal expoñente, veñen desempeñando un papel cada vez máis activo e destacado na sociedade contemporánea, na que o fomento da capacidade emprendedora se converteu nunha das prioridades das políticas de emprego. Tanto é así que hai quen chegou a cualifica-la creación de empresas como a oitava arte. Na actualidade, o empresario identifícase coa figura do emprendedor, que cando é colectivo atopa na...



Crecemento económico e innovación: un breve apuntamento acerca da evidencia empírica, Crecimiento económico e innovación: un breve apunte acerca de la evidencia empírica, Economic Growth and Innovation: A Short Note about the Empirical Evidence

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Myro, Rafael

Este artigo estuda as relacións entre progreso técnico e esforzo tecnolóxico propio nos países máis desenvolvidos, un aspecto central para a súa política económica, e por iso suxeito a un permanente debate. Malia os notables avances que se produciron na teoría do crecemento durante máis de dúas décadas, que lograron situar a innovación no seu centro, e malia a proliferación dos contrastes empíricos, que tenderon a confirmar as hipóteses centrais, enriquecendo notablemente o campo de análise,...



A medición da calidade de vida nas comarcas galegas, La medición de la calidad de vida en las comarcas gallegas, Measurement of Quality of Life in the Galician Counties

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Vizcaíno, María Esther, Sánchez Fernández, Patricio

No presente artigo abórdase unha proposta que pretende achegar unha medida da calidade de vida das comarcas galegas desde un punto de vista socioeconómico. Con este propósito emprégase a técnica da Análise Envolvente de Datos, habitualmente utilizada noutros eidos científicos e académicos e que, neste caso, se empregará para a construción dun indicador sintético que permita a comparación das comarcas en termos de calidade de vida. Os resultados obtidos proporcionan non só unha separación entre...



Galicia como marco da competitividade empresarial no contexto da Estratexia de Lisboa, Galicia como marco de la competitividad empresarial en el contexto de la Estrategia de Lisboa, Competitiveness of Galician Firms in the Context of the Strategy of Lisbon

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Araújo, María Luisa del, Bande Vilela, María Belén

A situación actual de crise internacional está provocando a minoración da toma das decisións de carácter estratéxico que configurarán a futura contorna internacional nos seus aspectos económico e social. Neste traballo reflexiónase sobre elas e sobre os seus efectos potenciais. Pártese das propostas da Estratexia de Lisboa para avaliar a situación relativa de Galicia no primeiro mundo e os elementos que poden mellorala no futuro próximo



A certificación das competencias profesionais: Certificados de Profesionalidade, The certification of professional skills: Professional Certificates

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamaría Queiruga, Olaya

A Formación Non Regrada como obxecto de estudo ven sendo nos últimos anos un tema de gran interese en investigación, mais, non existen demasiadas achegas cando falamos da certificación da profesionalidade ou dos certificados de profesionalidade. Este foi a motivo polo cal decidimos indagar en torno a esta cuestión e realizar a tese de doutoramento en relación a esta temática. O noso obxecto de estudo está constituído pola vinculación que existe entre os certificados de profesionalidade e a...