Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Educación, emprego e poboación de Galicia, Educación, empleo y población en Galicia, Education, employment and population in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisán Seijas, María del Carmen

Neste traballo destácase o déficit educativo como o factor máis decisivo na explicación das dificultades de converxencia real coa media europea en PIB por habitante e en taxas de emprego non-agrario, tanto no caso de Galicia como no de España ó longo dos dous primeiros tercios do século XX. A mellora educativa que ámbalas dúas experimentaron no último tercio do século contribuíu a mellora-lo proceso de converxencia coa UE, aínda que son moitas as medidas que cómpre adoptar para impulsa-los...



Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

Esta investigación aborda as características das boas prácticas na educación vocal e do canto na infancia, en resposta a reclamacións provenientes de institucións como o Consello de Europa ou a UNESCO sobre a necesidade de visibilizar as boas prácticas educativas. Recorreuse á realización de dous estudos de caso en países con programas nacionais de canto: Arxentina e Inglaterra. Tres áreas de traballo foron identificadas: Corpo e Mente, Fonación, e Repertorio. Estudadas as singularidades das...



O nivel de esforzo fiscal nos concellos rurais. Análise para os municipios de España de 5.000-20.000 habitantes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Laíño de Castro, Juan José

O obxectivo desta investigación é a construción dun índice de Esforzo Fiscal alternativo ao empregado polo Ministerio de Hacienda para o subconxunto de municipios rurais españois. Para isto, a partir dunha revisión da literatura e a análise da situación das finanzas municipais en España, elabórase un modelo econométrico en dúas etapas. Na primeira, emprégase a técnica non paramétrica DEA (Data Envelopment Analisys), para calcular un índice de eficiencia na explotación das bases impositivas...



A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Iván

De José Rodríguez González (tamén nomeado na literatura científica como Joseph ou Pedro Jospeh Rodríguez González), coñecido como o Matemático de Bermés, aínda quedan aspectos por investigar e profundar. Amosamos neste artigo algún dato novo sobre a súa estadía en Alemaña e presentamos unha tradución ao galego da súa obra Ueber die Gröfsenverhältnisse des Erd-Sphäroids publicada en 1817 na revista Zeitschrift für Astronomie und verwandte Wissenschaften. A existencia deste traballo foi...



Actualidade do pensamento lingüístico de Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Negro, Pilar

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986).



A exposición económica ao risco cambiario: delimitación conceptual e modelos para a súa estimación, La exposición económica al riesgo cambiario: delimitación conceptual y modelos para su estimación, Estimating the economic exposure to the currency risk: conceptual delimitation and estimation models

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vivel Búa, Milagros

A internacionalización empresarial confírelle unha gran relevancia á xestión integral do risco, incluído o xerado polas flutuacións no prezo das divisas. A análise do risco cambiario debe partir da identificación do concepto de exposición cambiaria, xa que non existe unha definición única, senón diferente e máis ampla en función de cal sexa o seu alcance. Este é, precisamente, o primeiro obxectivo que se desenvolve na segunda sección. A continuación, centrándonos na exposición cambiaria de tipo...



O Brasil de Lula: é posible a utopía reformista na globalización financeira?, El Brasil de Lula: ¿es posible la utopía reformista en la globalización financiera?, Lula's Brazil: Is the Reformist Utopia Soluble in Financial Globalization?, Le Brésil de Lula: l’utopie réformiste este elle soluble dans la globalisation financière?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sand Zantman, Alain

Neste texto realízase un balance dos dous primeiros anos da política económica do equipo de Lula. A primeira parte lembra a herdanza do anterior Goberno de Fernando Henrique Cardoso. A pesar de importantes éxitos na loita contra a inflación e na reforma do sector público, aínda perduran profundos desequilibrios internos e externos cunhas elevadas taxas de xuro, unha forte volatilidade das taxas de crecemento e unha notable desigualdade no reparto da riqueza. As tensións aumentan perigosamente...



Reflotación e declive empresarial: avances na investigación e recomendacións para a investigación futura, Reflotación y declive empresarial: Avances en la investigación y recomendaciones para la investigación futura, Turnaround and corporate decline: Review and recommendations for future research

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Curto Rodríguez, Eduardo, García Chas, Romina

Este traballo realiza unha revisión da investigación no ámbito da reflotación e do declive empresarial desde mediados dos anos setenta do século pasado ata a actualidade. Tomando como base os traballos de Pearce e Robbins (1993) e de Trahms, Ndofor e Sirmon (2013), preséntanse os principais achados realizados pola investigación previa xunto coas carencias fundamentais deste campo de investigación. Ademais, móstranse tamén os avances sucedidos con posterioridade á revisión de Trahms et al. (2013...



Ramón Piñeiro: o filósofo da saudade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carolo Tosar, Rocío

Ramón Piñeiro (1915-1990), intelectual, activista da lingua, político e filósofo. Este traballo pretende dar luz a ese lado máis reflexivo da vida de Ramón Piñeiro. É, tras o acontecido durante a guerra civil, cando Piñeiro precisa responder as grandes cuestións da vida e topa na filosofía o medio para encontralas. Debemos comezar por determinar cales son as principais influencias do pensamento de Ramón Piñeiro, para a continuación intentar dilucidar o seu pensamento filosófico, dividido en...



A clasificación semantica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Oroña, María Beatriz, González Seoane, Ernesto Xosé




O nacemento dunha institución. O deseño, creación e evolución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dende a análise de políticas públicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Castreje, Manuel Joaquín

A investigación analiza a variación nas regras institucionais da política social galega que supuxo a creación na VII lexislatura autonómica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, facendo especial énfase na interacción entre os actores e na mobilización de recursos que estes levaron a cabo. Así, aplicarase o modelo de análise de políticas públicas de Subirats e outros (2008) para observar a evolución no comportamento dos actores, o policy style dominante en cada período...



Características e problemas do comerciante en Galicia, Characteristic and Problems of the Merchant in Galicia, Características y problemas del comerciante en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Losada Pérez, Fernando, Barreiro Fernández, Begoña, Sánchez Vilariño, Guillermo, Ruzo Sanmartín, Emilio

O sector da distribución comercial é un dos sectores productivos que exercen máis influencia no desenvolvemento económico das nacións; de feito, o seu escaso desenvolvemento nos países máis empobrecidos é considerado por numerosos analistas como unha das causas fundamentais para que eses países non consigan mellores resultados económicos nin un maior benestar social para os seus cidadáns. Por iso, no presente traballo propuxémonos como obxectivo analizar cáles son as características...



Estudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corbelle Rico, Eduardo José, Crecente Maseda, Rafael

O abandono da terra agrícola é un tema de plena actualidade en Galicia: existen traballos científicos que confirman a súa existencia, textos legais que falan da “continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias visuais para calquera observador atento. Non obstante, o problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado territorialmente, en grande medida porque a insuficiente desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles sobre coberturas ou usos do solo non permite...



A diferenciação da língua portuguesa no Brasil e o contato entre línguas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lucchesi, Dante

Hoje a grande maioria dos falantes da língua portuguesa não se encontra no território onde esse idioma se formou, mas no Brasil, a grande colônia de Portugal até o ínicio do século XIX. Ao se espealhar pelo mundo, o português entrou em contato massivo com centenas de outras línguas, chegando a gerar nesse processo uma parcela significativa das línguas crioulas hoje conhecidas no mundo. Na coloni-zação do Brasil, houve contextos favoráveis à crioulização, mas inexistem registros históricos de...



Selección natural sobre a cor das flores de Gentiana lutea L.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Blanco, Tania

A variación floral dentro dunha de especie pode resultar da variación espacial nos axentes de selección. A cor floral podería variar pola selección dos animais que se alimentan das plantas. Os polinizadores poderían exercer selección natural sobre a cor, si a cor inflúe na eficacia do consumo. Outros axentes de selección, como os predadores de sementes, poderían seleccionar sobre a cor, si a cor indica recursos alimentarios (sementes) ou si a cor está relacionada con defensas químicas. Así, a...



A lírica profana galego-portuguesa contada aos mozos, entre realidade e ficción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez García, Tania

Neste traballo realizaremos un achegamento crítico no que pretendemos cuestionar a realidade literaria da Idade Media que se lle presenta ao alumnado, así como a visión parcial do corpus ao que se dá acollida nos manuais de distintas editoriais empregadas no sistema educativo galego



Emoción para ensinar música: o percorrido dun profesor exemplo de boas prácticas, Teaching music with emotions: training and experience of a teacher example of good practices

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

Como saber se un profesor ou profesora é exemplo de boas prácticas? Traballo nunha investigación na que intentamos dar resposta a este interrogante analizando unhas 100 prácticas na Educación Infantil. Neste texto expoño o recorrido dun profesor, seleccionado para a mostra deste proxecto, e analizo a súa narrativa e pensamento, expoñendo as claves que xustifican a súa didáctica. Os resultados encamiñan as decisións pedagóxicas baixo a influencia dun pedagogo que o marcou de por vida,...



O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiago Gómez, Carmen de

A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha...



Benestar animal nas granxas de vacún da provincia de Lugo e as súas implicacións na produción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Verdes Gil, Sonia

O sector leiteiro é un importante motor da economía rural galega e, especialmente, na provincia de Lugo. Neste momento, os gandeiros están obrigados a ser eficientes e competitivos e o benestar animal inflúe na produtividade condicionando ambos os dous aspectos. O obxectivo do estudo foi avaliar o benestar animal e o seu impacto na produción e na reprodución nas granxas de vacas leiteiras na provincia de Lugo, identificando as súas fortalezas e debilidades para establecer pautas de mellora para...



Hermeneuta da nación : Francisco Fernández del Riego e a filosofía galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Malia a paixón biográfica da que foi obxecto Francisco Fernández del Riego, aínda sentimos saudades dun traballo miúdo de análise da súa biografía intelectual que sitúe o seu hercúleo traballo publicista, divulgador, promotor e escritor na matriz ideolóxica e política do nacionalismo galego. Outrosí, a peneira dos estudos relativos ás múltiples facetas de Del Riego detecta un baleiro na análise do seu rol fulcral como “hermeneuta da nación” no marco da súa vivencia comprometida e teimuda...



Modelos matemáticos e substitución lingüística

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Kabatek, Johannes

Este artigo consiste nunha resención crítica dunha serie de tra-ballos recentes que procuran modelar, baseándose en cálculos matemáticos, o contacto lingüístico e posibles escenarios de desprazamento lingüístico (language shift), é dicir, o paso do uso dunha lingua a outra, ou de morte de linguas (language death). Presentaremos os modelos de Abrams/Strogatz 2003, de Mira e Paredes 2005 e de Mira/Seoane/Nieto 2011, de Minett/Wang 2007 e de Castelló (2010) e Castelló et alii (2012), con...



La otra cara de la belleza: fealdad, vejez y deterioro corporal femenino en la poesía de Quevedo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Juárez Almendros, Encarnación

La representación del cuerpo femenino en la obra poética de Quevedo sigue la división tradicional que coloca la construcción petrarquista de la mujer idealizada, joven, bella, sana, casta, de alta clase social y angelical como foco de la poesía amorosa lírica y la figura opuesta, la mujer lujuriosa, fea, enferma, vieja, pobre y malvada en el eje de la poesía burlesca. En la modalidad festiva la otra cara de la belleza se construye en un continuo de personajes femeninos de diferentes edades y...



O minifundio sostible como un novo escenario para a economía galega, Sustainable Smallholding as New Scene for Galicia Economy, El minifundio sostenible como un nuevo escenario para la economía gallega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferrás Sexto, Carlos, Macía Arce, Xosé Carlos, García Vázquez, María Yolanda, Armas Quintá, Francisco Xosé

Os obxectivos perseguidos a través da nosa investigación son, en primeiro lugar, poñer en evidencia os cambios sociais, económicos e culturais experimentados polo minifundio e pola explotación agraria familiar en Galicia e, en segundo lugar, tratar de definir en positivo o concepto de minifundio en relación coa agricultura familiar enmarcada na nova Política Agraria Común europea. A área de estudo foi definida pola área de influencia da empresa cooperativa Feiraco que engloba a 10.000 pequenas...



Modelización de fenómenos sociais mediante propiedades emerxentes das redes de interconexión dentro dunha comunidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mussa Juane, Mariamo

Andentrarémonos no mundo dos sistemas complexos porque comprendemos que, dentro do marco establecido, a natureza está artellada como tal. Faremos unha introdución as redes, a súa parametrización, a que tipo de redes teóricas existen na litaratura e, a continuación, presentamos un tipo de redes reais, obtidas de Twitter. Acto seguido mergullarémonos no formalismo matemático das estruturas de Turing deslocalizadas, que dan conta desta inestabilidade en sistemas reactivo-difusivos en redes...



Mecanismos reguladores da competencia para a rexeneración de raíces adventicias en especies leñosas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Camba, Ricardo

Pode loitarse contra o declive dos soutos coa micropropagación de exemplares seleccionados, pero para iso cómpre supera-lo estado de recalcitrancia ao enraizamento que desenvolve o castiñeiro durante o cambio de fase. Elaborouse un protocolo abaratado de micropropagación, analizouse o efecto de diversas hormonas (auxinas, xiberelinas e etileno) e compostos (NPA, PBZ, AgNO₃, STS, H₂O₂, 3,4-MDPU, EGTA e Charkor) no enraizamento e leváronse a cabo experimentos de transcritómica que identificaron...



Unha experiencia para o fomento da lectura nas aulas de E.X.B.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintas Losada, Rosa, Lorenzo Villar, María Fe, Ricart Míguez, Aurora, Irago Silva, Ramón




¿Sabéis quienes son los responsables? A construcción do mito da Guerra Civil: Galicia, febreiro-agosto 1936

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Grandío Seoane, Emilio

Este artigo pretende salientar as diferencias entre as motivacións iniciais da sublevación militar do 18 de xullo de 1936 e o seu desenvolvemento posterior a partir da non resolución agardada dos seus planos de toma inmediata do poder. A modulación deste discurso maniqueo, que mesmo chega ata os nosos días, influe na definición do contexto do goberno da Frente Popular e, no seu conxunto, do réxime republicano. As dúas etapas historicas, II República e Guerra, resultan unidas intencionadamente...



Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Baña Castro, Manoel, Fiel Paz, Rosa, Núñez Pintos, Esther, García García, Isabel

O informe Warnock (1976) sinalaba a imposibilidade de dúas modalidades separadas de educación e a súa coexistencia nun sistema de educación inclusiva. Existen dúas barreiras estruturais para a realización do dereito á educación de persoas con TEA que inciden negativamente sobre a dispoñibilidade, accesibilidade, aceptabilidade e adaptabilidade da educación para este grupo de persoas. Estas barreiras son a visión estereotipada e a discriminación que se ten cara ás persoas con TEA e a escaseza de...



Aspectos gráficos e lingüísticos na transcrición do século XVIII duns documentos medievais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noia Campos, María Camino

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Francisco Asorey, escultor galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Baldonedo, Maribel

En 1959 o catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Otero Túñez, publica a obra: El escultor Francisco Asorey. Trátase dun completo estudo sobre a obra do escultor cambadés feito con testemuñas de primeira man, porque o escultor aínda vivía nesa data. Pero 56 anos da publicación desa obra penso que é necesaria unha revisión do legado artístico do escultor, feito á luz da evolución da historia da arte nos últimos anos e coa perspectiva dos máis de 50 anos transcorridos. Esta tese de...



A relación entre a estructura financeira e a estrategia competitiva da empresa desde o punto de vista do control do risco. Unha mención especial á estratexia de diferenciación, The Relationship between the Financial Structure and the Competitive Stratege from the Point of View of Control Risk: A Special Mention to the Differentiation Strategy, La relación entre la estructura financiera y la estrategia competitiva de la empresa desde el punto de vista del control del riesgo. Una mención especial a la estrategia de diferenciación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Abad, Jesús

A actual situación da contorna imponlle á empresa unha busca continua de vantaxes competitivas a partir dos seus recursos e capacidades. Neste sentido, este traballo ten por obxecto a análise da función financeira como posible fonte de vantaxes competitivas duradeiras, tendo en conta que constitúe unha ferramenta estratéxica de primeira orde de cara ó control global do risco que soporta a compañía. Para iso, procedemos ó estudio das relacións existentes entre a política financeira e a...



Emprego e productividade do traballo: unha análise descritiva para as industrias galega e española, Employment and productivity of the work: a descriptive analysis for the galician and spanish industry, Employment and productivity of the work: a descriptive analysis for the galician and spanish industry

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abad Romero, Pilar, González Cerdeira, Xulia, Miles Touya, Daniel

Neste traballo estúdiase o emprego da industria galega mediante a Encuesta Industrial de Empresas, desde dúas vertentes: por unha parte, desde unha perspectiva comparada coa industria española e, por outra, desde unha perspectiva de evolución temporal durante o período 1993 a 1999. Preséntase evidencia do crecemento experimentado no emprego durante este período expansivo, aínda que se detectan algunhas diferencias entre a industria galega e a española. Mentres que na primeira foron as grandes...



Efectos das subvencións públicas sobre o investimento en I+D das empresas manufactureiras españolas, Efectos de las subvenciones públicas sobre la inversión en I+D de las empresas manufactureras españolas, The Effects of Public Subsidies on Private R&D Investment in Spanish Manufacturing Firms

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marra Domínguez, María Ángeles

Neste traballo especifícase e estímase un modelo econométrico que analiza os efectos das subvencións públicas ao investimento en I+D dunha mostra de empresas manufactureiras españolas innovadoras clasificada segundo o tamaño en dúas submostras durante o período 1991-1999. As estimacións confirman que as subvencións públicas teñen un efecto positivo feble e estatisticamente significativo sobre o investimento privado en I+D, polo que non se atopa evidencia de que exista un efecto de substitución...



Intervencións artísticas no espazo público galego (1975-2015)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Viz González, Jorge

A presente tese estuda as intervencións artísticas no espazo público, en Galicia, entre 1975 e 2015. Asume a heteroxeneidade radical de tendencias e estilos que coexisten no espazo público galego, dende a escultura tradicional ata as intervencións activistas con forte carga estética, para negar o discurso da desmaterialización da idea de monumento. Partiuse dunha indagación nas problemáticas teóricas sobre os temas de monumento e arte no espazo público. Tras un preludio de achegamento ao...



A transición do dereito de produtos cara ao novo paradigma da economía circular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Puentes Cociña, Beltrán

Na última década a Unión Europea impulsou a estratexia de economía circular, coa intención de provocar un cambio sistémico no modelo de produción e consumo que garantise a súa sustentabilidade. A aplicación do novo paradigma da circularidade no ámbito dos produtos implica transformacións importantes na forma en que se deseñan, se consomen e se xestiona o final da súa vida útil. Para facer efectiva esta transición, é necesario realizar cambios no dereito de produtos que garantan a durabilidade e...



Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016, Legislative reports on galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira López, Alba

Normativa lingüística aprovada en Galicia entre Xullo y Decembro de 2016. Fin dunha lexislatura gris e incógnita sobre o alcance do Plan de dinamización da lingua no tecido económico



O ferrocarril en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Cornado, Mateo, Lois González, Rubén Camilo, Pazos Otón, Miguel

O Ferrocarril en Galiza é un informe elaborado polos doutores en Xeografía Mateo Varela Cornado, Rubén C. Lois González e Miguel Pazos Otón no que se realiza unha diagnose da situación do ferrocarril en Galicia a día de hoxe e propóñense medidas para a súa mellora



A voltas coas contraccións : cun e con un, Concerning contractions : cun and con un

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xove Ferreiro, Xosé

A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaia seguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo...



Barómetro galego. Do 23 de novembro ao 7 de decembro de 2006. Política e economía en Galicia e España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lagares Díez, Nieves, Máiz Suárez, Ramón

Ámbito: Comunidade Autónoma de Galicia. Universo: Poboación de 18 e máis anos. Tamaño: 2.000 entrevistas, 500 en cada unha das catro provincias. Método de mostraxe: Polietápico, estratificado por conglomerados, con selección das unidades mostrais primarias (concellos) de forma aleatoria proporcional para cada provincia, e das unidades últimas (individuos) por cotas de sexo e idade. O estudo realizouse mediante entrevistas telefónicas asistidas por ordenador (sistema C.A.T.I.). Afixación: Non...



Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Núñez, Aquilino Santiago

O concello de Castrelo do Val, situado na zona suroriental da provincia de Ourense, contaba en 1991 con 1.463 habitantes de dereito repartidos en dezaseis núcleos de poboación. Dende un punto de vista dialectolóxico (Fernández Rei, 1990), a fala deste concello englóbase no bloque central porque nesta zona dise pantalós fronte a pantalois do bloque oriental e a pantalóns do bloque occidental. Dentro do bloque central, esta fala sitúase na área oriental de transición, pois non se empregan il,...



A recepción de Rosalía en Portugal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Cuesta, Pilar

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Discurso de clausura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez López, Ramón

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986. Discurso de clausura do Ilmo. Sr. D. Ramón Martínez López, presidente da Fundación Castelao



Achega cuantitativa sobre o futuro do galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mira Pérez, Jorge

A evolución do número de falantes de dúas linguas en uso na mesma zona xeográfi - ca ao longo da historia pode parecer algo difi cilmente predicible. Porén, un sistema de ecuacións que considera as dúas linguas coma entes en competición é capaz de reproduci-la curva de evolución histórica do sistema galego-castelán. O dito modelo matemático baséase en tan só dous parámetros esenciais, como son o prestixio de cada lingua (o percibido polos propios falantes) e unha distancia interlingüística....



Factores determinantes en modelos econométricos rexionais de migración interna, Factores determinantes en modelos econométricos regionales de migración interna, Determinant Factors in Regional Econometric Models of Internal Migration

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aguayo Lorenzo, Eva

Desde finais dos anos oitenta, o patrón tradicional de movementos migratorios interrexionais en España, das rexións máis pobres e con maiores taxas de paro cara ás máis ricas, convive cun fluxo en sentido oposto denominado “migración inversa”. Esta característica –común nos países máis desenvolvidos da OCDE– deu lugar a unha certa invalidación dos tradicionais modelos migratorios de desequilibrio dos anos sesenta. Na nosa revisión da literatura empírica sinalamos os diferentes determinantes da...



Franciscanismo galego medieval. Compendio documental e estudo da sociedade e mentalidades

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Cid, Andrés

Empregando diferentes fontes e bibliografía realizouse un estudo das diferentes ordes franciscanas da Galicia actual no transcurso dos séculos XIII, XIV e XV. Utilizáronse maioritariamente fontes editadas e bibliografía de apoio para este estudo, non obstante, editáronse tamén novos documentos, os cales constitúen a columna vertebral desta tese de doutoramento. No referente á temática abordada neste traballo fíxose un percorrido polos tópicos clásicos de todo estudo sobre unha orde regular,...



Visitar, comerciar e habitar a cidade : desenvolvemento do proxecto expositivo e participación social en Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pena, Zósimo, López-Iglésias Samartim, Roberto, Bello Vázquez, Raquel, Pazos Justo, Carlos, Iriarte Sanromán, Álvaro, Sotelo, Susana

A obra quer dar conta das três exposições temáticas que, inscritas no projeto expositivo geral A Cidade, o Caminho e Nós, serviram para transmitir à cidadania de Compostela (entre outubro de 2019 e janeiro de 2020) os principais resultados com relação às diversas visões de Santiago e às diferentes imagens e práticas de visitantes, habitantes e comerciantes de Compostela. A partir das informações declaradas por mais de 3.700 pessoas que, respondendo a diversas entrevistas, colaboraram no...



Carolina Michaëlis de Vasconcelos e os Cancioneiros Galego-Portugueses

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vieira, Yara Frateschi

O nome de Carolina Michaëlis de Vasconcelos está geralmente associado, e com razão, à edição do Cancioneiro da Ajuda (Halle, 1904). No entanto, já antes de publicá-la, ela teve em conta as edições diplomáticas dos apógrafos italianos (1875 e 1880), o que a levou a modificar o projeto inicial da edição do Cancioneiro lisboeta e, ainda, a editar e analisar, em vários trabalhos, composições que se encontravam apenas nos outros dois Cancioneiros. Além disso, após a morte de Monaci, exerceu um papel...



Estudio dun poema descoñecido de Rosalía de Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fontoira Surís, Lydia

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



O artigo cos nomes propios de persoa no galego moderno

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sousa Fernández, Xulio

Tentamos con esta comunicación facer unha pequena achega a unha cuestión que tradicionalmente foi obviada ou tratada superficialmente polos estudiosos do galego e daquelas linguas irmás nas que tamén atopámo-la concorrencia destes dous elementos. Ocuparémonos unicamente dos nomes propios de persoa ou nomes de pía e naquelas ocasións en que estes aparecen acompañados de artigos definidos na súa forma singular. Deixamos fóra da nosa atención os apelidos, alcumes e aqueloutros sintagmas con nomes...