Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2017, Legislative reports on Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira López, Alba

O ano 2017 é un ano ermo de iniciativas. Ningunha medida lexislativa, orzamentos sen cambios, un organigrama administrativo sen novidades despois do periodo electoral de 2016 e unha actividade centrada na xestión ordinaria de convocatorias sen cambios. Os preocupantes datos coñecidos sobre a transmisión interxeracional do galego non son contrarrestados con iniciativas desde o Goberno galego. Como único elemento novidoso pódese falar da Ordenanza de uso da lingua galega da Deputación da Coruña.



Estudo técnico das observacións da lúa e sol nas áreas de Cabo San Hadrián e Punta Nariga (Concello de Malpica)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mira Pérez, Jorge

A contemplación das postas e saídas de sol e lúa no mar é unha experiencia que ten marabillado ao ser humano dende hai milenios, especialmente cando se goza dende unha zona que ten algún tipo de significación histórica ou xeográfica. É obvio que, nese caso, tales lugares supoñen un activo como foco de atracción turística. No marco español (o terceiro país no mundo por captación de visitantes estranxeiros), de feito, hai varias áreas que explotan ese recurso, entre as que destacan algunhas da...



Modelos de regresión non lineais con erros nos regresores: unha aplicación á xestión de recursos pesqueiros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Núñez, Juan Carlos

Analízase o xeito no que se estiman modelos de regresión non lineais que se utilizan na xestión de recursos pesqueiros. O obxectivo é demostrar as consecuencias de descoidar a posibilidade de que os regresores deses modelos, poidan estar medidas con erros aditivos.



Algúns desafíos da historiografía literaria: estudo comparatista da periodización nas literaturas española, vasca e eslovena

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Olaziregi Alustiza, María José, Pregelj, Barbara

Dende unha perspectiva comparatista as autoras deste estudo afondan nas características das literaturas vasca, eslovena e española dos séculos XVI e XVII. Partindo dunha introdución na que procuran similitudes entre eses tres sistemas literarios no referente á periodización, demostran como, tendo en conta os diferentes contextos de desenvolvemento e as diferenzas que se estabelecen entre as literaturas grandes fronte ás minoritarias, se obteñen resultados ben distintos. Deste xeito salientan...



Un caso de variación no galego moderno: posibles realizacións do complemento directo dos verbos 'oír' e 'escoitar', A case of variation in modern Galician: potential achievements of the direct object of the verb oír and escoitar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Maceda, María

Neste artigo faise unha exposición das variantes de realización que describe a gramática do galego para a posición argumental de complemento directo nos verbos de percepción auditiva 'oír' e 'escoitar'., [EN] In this article we describe a typology of arguments in the direct object slot for the Galician auditory perception verbs oír and escoitar



Métricas críticas para funcionais cuadráticos da curvatura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caeiro Oliveira, Sandro

Un problema central en xeometría pseudo-riemanniana é a busca de métricas óptimas con respecto a unha certa propiedade xeométrica, o que a miúdo se formaliza na procura de métricas críticas para un determinado funcional. Nesta Tese de Doutoramento clasifícanse as variedades homoxéneas riemannianas que son críticas para calquera funcional cuadrático da curvatura en dimensións tres e catro. Ademais constrúense métricas con curvatura escalar non constante que son críticas simultaneamente para...



Fronteiras internas e espazos naturais protexidos: tres análises na interface entre catro comunidades autónomas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Lage, Roberto

Durante as últimas décadas, declaráronse un elevado número de áreas protexidas transfronteirizas (TBPA). Estas figuras adoitan concibirse no marco das fronteiras internacionais; con todo, estes instrumentos tamén poden ser aplicados no caso das fronteiras internas (entendidas como os límites administrativos que separan as comunidades autónomas en España). O obxectivo principal é analizar a cooperación horizontal en materias de espazos naturais protexidos e os efectos que xera nos casos de...



A oficialidade das linguas en relación coa toponimia: o caso de A Coruña

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Portas, María Begoña, Martínez Arribas, Fernando

El tema central de este trabajo viene representado por el estudio de la toponimia gallega desde la perspectiva del proceso de normalización lingüística. Es decir, se trata de ver la problemática que se plantea cuando antiguos topónimos gallegos, traducidos posteriormente al castellano, recuperan oficialmente su forma original a raíz del nuevo marco político-jurídico de los últimos veinticinco años. La investigación presenta dos partes claramente diferenciadas. En primer lugar, se ofrece una...



Simone de Beauvoir: una pensadora da alteridade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Expósito García, Mercedes

Se propone una lectura de Simone de Beauvoir que la vincule con Hegel, uno de sus autores de referencia. La condición de desigualdad entre las conciencias, la mujer como conciencia sierva frente al hombre como conciencia libre, es el marco teórico a partir del cual se formula la pregunta ¿Qué es una mujer? Pregunta que constituye una novedad en la historia de la filosofía y cuya respuesta no puede obviar la condición adscrita a lo femenino: alteridad pura.



Luces e contraluces na poesía de Xosé María Díaz Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Requeixo, Armando

Actas del I Congreso Internacional “Adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas” (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, septiembre de 1995)



O novo “cosmos” das telecomunicacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alcalá, Xavier

Os relatorios que neste libro se recollen foron expostos durante o congreso Comunicar no Século XXI que se celebrou entre os días 22 e 26 de novembro de 1999, organizado polo Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela



Turismo de desastres: aproximación á explotación turística do desastre do Prestige na Costa da Morte, Turismo de desastres: aproximación a la explotación turística del desastre del Prestige en la Costa da Morte, Disasters Tourism: Approximation to the Touristic Exploitation of the Prestige Disaster in the Costa da Morte

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Castro, Alberto, Rodríguez Rodríguez, Gonzalo

Xa sexa movidos pola curiosidade, pola notoriedade dun determinado lugar, polo seu valor histórico, etc., ou polo morbo, o feito é que desde tempos inmemoriais a dor, o dó, a morte, a desigualdade, a fame e así unha longa lista de feitos dolorosos foron susceptibles de ser mercantilizados e comercializados no mercado turístico. Algunhas catástrofes recentes dan boa mostra diso: é o caso dos ataques terroristas do 11S en Nova York, do furacán Katrina en Nova Orleáns, do tsunami que asolou o...



Asesoría científico-técnica sobre o sitio de Cabana Vella (Mondoñedo, Lugo) en relación coa construción do parque eólico Sasdónigas Fase II, Asesoría científico-técnica sobre el sitio de Cabana Vella (Mondoñedo, Lugo) en relación con la construción del parque eólico Sasdónigas Fase II

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa García, José Manuel

Coa finalidade de concluír a caracterización e definición crono-funcional do recinto de Cabana Vella, en 2020 a empresa Norvento Estelo S.L.U. solicitou formalmente a José M. Costa García, investigador de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), a realización dun informe valorativo sobre o recinto de Cabana Vella coas metodoloxías que considerase oportunas, así coma unha avaliación externa da documentación arqueolóxica e técnica producida ata o momento. Este informe responde á...



Misticismo, ironía e humor na obra de Søren Kierkegaard

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiago Dacosta, Alipio

Neste traballo intentaremos xustificar a posibilidade dunha interpretación relixiosa da produción kierkegaardiana, que sexa á vez compatible co dominio da ironía sobre a produción. Para isto será necesario mostrar que a ironía e a comunicación indirecta poderían funcionar precisamente como medios para a edificación relixiosa, especificando unha comprensión acerca do significado da negatividade infinita da ironía. Un estudo das críticas de Kierkegaard ó misticismo, ou máis particularmente, á...



Axuda á decisión: cara a unha nova filosofía de xestión

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díez de Castro, José Alberto, Rodríguez Sandiás, Alfonso, Redondo López, Carmen, Miranda Torrado, Fernando




Isidro Parga Pondal, Doutor en Ciencias. Itinerario investigador

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Leonardo Docanto, Francisco J.

Neste traballo presentamos a biografía científica de Isidro Parga Pondal, o científico galego con mais proxección e impacto internacional na primeira metade do século XX, pese a Guerra Civil. Analizamos o seu itinerario vital, de produción científica e as súas investigacións, a variación temática das mesmas, os seus centros formativos e as persoas da comunidade científica internacional que nel influíron. En definitiva, o impacto que tivo o seu labor investigador e de aplicación ao...



Analise dos elementos narrativos de “Cousas”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noia Campos, María Camino

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



O fenómeno da ditongación goianesa. Características principais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pousa Ortega, Helena

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Un novo capítulo na historia literaria de Galicia: José Casal Lois

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Pérez, Domingo

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



María Victoria Moreno: autora de libros de texto ou como explicar a literatura galega á mocidade: análise dunha achega ao proceso de normalización lingüística, María Victoria Moreno: author of textbooksor how to explain Galician literature to young people: an analysis of an approach to the process of linguistic normalization

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena Presas, Monserrat

Este artigo afonda no contexto e no contido dos dous libros de texto que María Victoria Moreno redactou nos anos 1985 e 1987, desvelando os seus puntos fortes, as súas feblezas e a recepción no seu tempo, mais sobre todo o enorme esforzo compositivo que tivo que supor a súa elaboración.



Economia agrícola das comunidades romanas do NW peninsular: dados carpológicos da Terronha de Pinhovelo (Bragança, Portugal)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tereso, João Pedro

Um estudo paleoetnobotânico realizado sobre macro-restos vegetais do povoado romano da Terronha de Pinhovelo (Nordeste de Portugal), forneceu informações acerca das práticas agrícolas das comunidades indígenas dos séculos IV/V D.C.Foram recolhidos depósitos com quantidades significativas de macro-fosseis vegetais em vários compartimentos e estruturas domésticas. Os dados recolhidos sugerem a existência de uma agricultura cerealífera caracterizada pelo domínio de Triticum spelta, T. aestivum, T....



A saúde e a educación psicomotriz nas escolas unitarias dun C.P.R.A.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maceiras García, María Lourdes, Segovia Largo, Ángel, García López, Teresa, Barros Dios, Juan Miguel, Sampedro Martínez, Pilar, Bernal Vizoso, Mª Carmen, Gestal Otero, Juan Jesús




Unha homenaxe debida

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Axeitos, Xosé Luís, Grandío Seoane, Emilio, Villares, Ramón, 1951-

Por máis que as razóns sexan puramente administrativas, o tránsito cara á situación da jubilatio dun profesor universitario aconsella facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos a unha celebración algo especial. Non se trata de palabras e músicas que leve o vento, nin de fastos propios de «paraninfos», senón de traballos e investigacións, cuxos contidos han de ficar para o porvir. Esta foi a idea que nos moveu, a persoas e institucións das que de contado se falará, para elaborar...



Emprego e produción de Galicia no período 2001-2008. Efectos da industria e do turismo nos sectores de servizos, Empleo y producción de Galicia en el período 2001-2008. Efectos de la industria y del turismo en los sectores de servicios, Employment and Production of Galicia in the Period 2001-2008. Effects of Industry and Tourism on the Service Sectors

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisán Seijas, María del Carmen, Aguayo Lorenzo, Eva

Presentamos unha análise da evolución do valor engadido real e do emprego sectorial de Galicia no período 2001-2008, con especial referencia aos importantes efectos positivos que a industria e o turismo teñen sobre o desenvolvemento dos sectores de servizos e sobre outros sectores produtivos. Foi un período positivo para a economía galega ao ter aumentado de forma importante o nivel de converxencia coa media española polo que respecta aos indicadores de renda real producida por habitante, de...



O turismo en Ecuador. Novas tendencias no turismo sostible e contribución ao crecemento económico, Tourism in Ecuador. New trends in sustainable tourism and contribution to economic growth

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castillo Montesdeoca, Eddy Antonio, Martínez Roget, Fidel, Vázquez Rozas, María Emilia

Nas últimas décadas o turismo destacou como unha actividade con potencial para diversificar a estrutura económica dos países fronte actividades económicas tradicionais. Ecuador, un país cunha estrutura produtiva moi dependente do sector primario, coa necesidade de diversificar a súa matriz produtiva e xerar novos ingresos que melloren a súa economía, impulsou unha serie de iniciativas no sector turístico. O turismo de masas evidencia importantes problemas como a masificación, a degradación das...



O camino do exilio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Rivas, Isabel

O traballo pretende ofrecer unha síntese do significado histórico do exilio republicano gale-go de 1939. Quén foron aqueles que emprenderon o camiño do exilio, a odisea que representou a súa fuxida e as iniciativas políticas e culturais que levaron adiante no desterro son algúns dos aspectos que se repasan neste estudo.



O espírito da nación: Visións arquetípicas, nacionalidade e feminidade na poesía irlandesa actual

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lojo Rodríguez, Laura María

Este artigo explora a necesidade de dar conta da relación espiñenta entre xénero e nación na poesía irlandesa de mulleres. O corpo feminino é utilizado metaforicamente para aludir á abstracción do concepto de nación en base á capacidade reprodutora da muller a través dunha iconografía firmemente enraizada na tradición literaria irlandesa. O feito paradoxal reside na exclusión sistemática da muller dos procesos políticos e culturais que interveñen na construción da nación á que o corpo feminino...



O día en que se inagurou a Academia Galega: o problema da(s) lingua(s)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Montero, Xesús

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Notas sobre nacionalismo e movilización bélica na Guerra Civil Española (1936-1939)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Seixas, Xosé Manoel

A guerra é un factor intrinsecamente xunguido ao desenvolvemento histórico das identidades nacionais e dos nacionalismos europeos dende finais do século XVIII. E actúa de dúas maneiras sobre os procesos de construción e difusión social do nacionalismo e a identidade nacional, mediante dous efectos que se enfortecen de xeito mutuo.



Cambio estructural e eficiencia porductiva da economía galega, Cambio estructural y eficiencia productiva de la economía gallega, Strutural change and production efficiency in Galician economy

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mella Márquez, Xosé María

O artigo fórmulase analiza-lo cambio estructural da economía galega acontecido nos tres últimos lustros, aprecia-los seus efectos sobre a eficiencia productiva e valora-los factores claves do crecemento económico de Galicia. Conclúese que os cativos avances experimentados na productividade afunden as súas raíces na pobre dotación de activos intanxibles da rexión. Polo tanto, a intensificación dos stocks de capital humano e tecnolóxico é fundamental para eleva-la capacidade e maila eficiencia...



A educación en América Latina, entre o cambio social e a inercia institucional, La educación en América Latina, entre el cambio social y la inercia institucional, The Education in Latin America Between Social Change and Institutional Inertia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López, Néstor

América latina vén de grandes cambios sociais, políticos, económicos e culturais, e unha das consecuencias destas transformacións é o asentamento de situacións de pobreza extrema e de exclusión. Fronte a este novo contexto xorde a pregunta sobre se non se estarán conformando escenarios sociais nos cales non están garantidas as condicións mínimas para que as prácticas educativas teñan lugar. O traballo aborda este interrogante, desenvolvéndoo en ton de ensaio a partir da observación de...



Turismo e catedrais en Galicia, unha relación (in)necesaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Solla, Xosé Manuel

O obxectivo deste artigo é analizar o papel que xogan as catedrais galegas na promoción e organización dos produtos turísticos. Durante moito tempo o turismo urbano, coa excepción de Santiago de Compostela, foi o grande esquecido da oferta turística de Galicia. Só nos últimos tempos se lle ten prestado atención, incorporándose as cidades e vilas con inusitada forza. O patrimonio relixioso forma parte indiscutible dos recursos turísticos que se ofertan malia que frecuentemente é difícil falar...



Liderado transformador, engagement e creatividade no contexto de pemes intensivas en coñecemento, Liderazgo transformador, engagement y creatividad en el contexto de pymes intensivas en conocimiento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Vázquez, Guadalupe, Castro Casal, Carmen, Álvarez Pérez, María Dolores

A creatividade individual constitúe un input fundamental para a innovación e a competitividade das pemes intensivas en tecnoloxía e coñecemento. Este artigo considera que os supervisores cun estilo de liderado transformador poden estimular a creatividade dos empregados mediante o engagement. Os resultados do estudo, contrastado mediante ecuacións estruturais nunha mostra de empregados de pemes intensivas en tecnoloxía e coñecemento, así o confirman. Este achado supón importantes implicacións...



Castelao na Guerra Civil

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Emilio

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barba Núñez, María

A educación ambiental (EA) está a vivir un proceso sistemático de desmantelamento xustificado de modo recorrente nos determinantes e consecuencias da crise económica. Fronte a esta dubidosa argumentación, este traballo explora a xénese e traxectoria da EA en Galicia, co obxecto de desvelar as loitas de poder que condicionaron a súa evolución e determinan o estado actual. Empréganse as teorías sociolóxicas de Bourdieu como marco para realizar unha representación da súa traxectoria como campo...



Formas de cooperación e as súas implicacións contables nun contexto internacional: unha referencia á peme galega, Enterprise cooperation forms and its accountable implications in an international contex. A reference to the galician small and medium company, Formas de cooperación y sus implicaciones contables en un contexto internacional. Una referencia a la pyme gallega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramos Stolle, Asunción, Diéguez Fernández, Ricardo, Rivero Fernández, Dolores, Gallego Rodríguez, Elena

Este traballo presenta os resultados dun estudio realizado entre unha mostra de pemes, situadas na rexión galega, que manteñen relacións comerciais co Mercosur, dirixido a coñece- la estructura dos seus acordos de cooperación con empresas locais coa intención de consolidar e estabiliza-la súa presencia neste importante mercado. Concretamente, a análise estendeuse sobre a súa actividade exportadora, primeiro paso para a adoptar unha estratexia compartida no exterior, sobre os factores que...



Elaboración de estatísticas enerxéticas. Comparación do balance enerxético galego co doutras comunidades autónomas, La elaboración de estadísticas energéticas. Comparación del balance energético gallego y de otras comunidades autónomas, Developing Energy Statistics. Comparison of Galician Energy Balance with other Autonomous Regions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chas Amil, María Luisa

A enerxía é fundamental para o desenvolvemento económico e para a permanencia dos actuais estándares de vida. O incremento na demanda fai que haxa unha preocupación crecente sobre as pautas de produción e de consumo, sobre a necesidade de camiñar cara a un sistema enerxético sustentable e sobre o impacto que o uso dos combustibles fósiles ten no medio ambiente. Por todo isto, desde sempre se considera fundamental dispoñer de información contrastable que permita realizar unha análise correcta da...



A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Pousa, María Concepción

A tese de doutoramento ten por finalidade describir a lingua do concello ourensán de Viana do Bolo, variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central. Para a análise da devandita variedade pártese esencialmente dun amplo corpus oral formado polo discurso libre de tres xeracións de informantes en moitos puntos do municipio, que permite describir o vianés a través dos ámbitos da fonética, a morfosintaxe e o léxico...



A legitimação regionalista perante o surto nacionalista: a lógica das perguntas de Vida Gallega a Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regional como caso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Feijó, Elias J.

La irrupción de ideas nuevas o renovadas en un sistema o anfisistema que proponen y son objeto de acción para su implementación puede dar lugar a cambios relevantes en el mismo. En ocasiones, se trata de impulsos y matices de ideas existentes cuyo éxito dependerá de la capacidad de condicionar la actividad sistémica y su alcance. En este sentido, no es raro que ciertos grupos dominantes intenten negociar nuevas propuestas, en varias direcciones; entre estoa, reformular los conceptos e ideas...



O debate entre Estevan da Guarda e Josep. Análise estrutural e léxica, The debate between Estevan da Guarda and Josep. Structural and vocabulary analysis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

O obxectivo principal do traballo que se presenta é a análise e esclarecemento dunha serie de dificultades que tradicionalmente teñen obstaculizado tanto a edición como o estudo do texto da tenzón Vós, don Josep, venho eu preguntar (B1315-V920), entre o trobador portugués Estevan da Guarda e un case descoñecido Josep. Este texto de esencia satírica, transmitido polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) e polo Cancioneiro da Vaticana (V), ten sido observado como incompleto e de difícil...



A métrica rítmica em Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prieto Alonso, Domingo

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Toponimia do concello de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez García, Carlos

O presente traballo ten por obxecto o estudo toponímico das 352 aldeas nas que se dividen as 55 parroquias que conforman o termo municipal de Lugo, ademais doutros 59 lugares que se corresponden con barrios, portas, prazas, rúas, etc., que, aínda que non figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia, si constan nos mapas urbanos do concello ou na documentación antiga. Para o seu estudo partimos das diferentes ocorrencias medievais que atopamos nos diversos documentos catedralicios. Dende aí,..., In this thesis we provide an exhaustive toponimic study of the 352 small villages into which the 55 parishes in the municipality of Lugo are divided, together with another 59 neighbourhoods, gates, squares, streets, etc. which, even though not yet included in the Xunta de Galicia catalogue of place names, are mentioned in council urban maps or in old documents. The study starts with medieval references found in several cathedral documents. Then the origin of each place name is traced taking...



Dixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corbelle Rico, Eduardo José, Vila García, David, Crecente Maseda, Rafael, Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as...



A ecografía como ferramenta para mellorar a eficiencia reprodutiva no gando vacún

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Yáñez, Uxía

A avaliación do tracto reprodutor no gando vacún experimentou un grande avance ao longo dos anos, especialmente coa chegada da ecografía. Esta técnica atópase nun desenvolvemento continuo para sacar o máximo rendemento dos diferentes modos de exame. Así, tanto a ecografía en modo B como en modo Doppler, son útiles para realizar diferentes prácticas referidas á avaliación do corpo lúteo e dos folículos, con aplicacións directas en canto á selección de receptoras, diagnósticos de xestación e...



Unha análise empírica dos factores que inflúen no boca a boca electrónico nas redes sociais tras unha promoción de marca, Un análisis empírico de los factores que influyen en el boca a boca electrónico en las redes sociales tras una promoción de marca, An empirical analysis of factors influencing Electronic Word of Mouth in Social Networking Sites after a brand promotion

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Camoiras Rodríguez, Zaira, Varela Neira, María Concepción

As redes sociais experimentaron nos últimos anos un gran crecemento en termos de uso por parte de consumidores e empre-sas, sendo cada vez máis frecuente o desenvolvemento de estratexias de comunicación de márketing nestes medios. As em-presas están aumentando o seu investimento en redes sociais co fin de atraer novos consumidores a través do boca a boca electrónico (electronic word of mouth [eWOM]) e estimular a intención de compra. Este estudo contribúe á literatura incrementando o...