Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11037 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Interinidade e conflitividade: dinámica institucional do Concello de Lugo na Segunda República

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Somoza Cayado, Antonio

A arquitectura institucional do Estado no período republicano, ben como resultado directo ou indirecto da vontade popular, exerce un rol relevante no proceso de cambio social que arelaban amplos sectores sociais co advimento da República, facendo patente a aplicación de novas políticas dende a óptica reformista. Non obstante, a situación política e social vivida a nivel estatal, con tres convocatorias de eleccións a Cortes —unha delas repetida— e unha constante fluctuación na composición dos...



As disparidades rexionais na Unión Europea ampliada, Las disparidades regionales en la Unión Europea ampliada, Regional Disparities in the Enlarged European Union

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ezcurra, Roberto

Neste traballo estúdanse as disparidades rexionais en termos de PIB por habitante na Unión Europea ampliada ao longo do período 1995-2006. Para iso combínase a información proporcionada por unha análise non paramétrica da distribución obxecto de estudo co cálculo de diferentes medidas procedentes da literatura dedicada ao estudo da desigualdade persoal da renda. Os resultados obtidos mostran unha redución das disparidades rexionais ao longo do período analizado, debido fundamentalmente á...



Complexos de lantanoides como potenciais moléculas imán

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Corredoira Vázquez, Julio

A presente Tese de Doutoramento enmárcase dentro da área do magnetismo molecular, campo en continua expansión, motivada polas potenciais aplicacións dos imáns moleculares no almacenamento magnético de alta densidade, na espintrónica molecular e/ou na xeración de qubits que proporcionen melloras no campo da computación cuántica. Este traballo ten por obxectivo final a obtención de novos imáns moleculares de lantanoides con barreiras enerxéticas e temperaturas de bloqueo elevadas. Nel descríbense...



Golpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da Provincia de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Buxeiro Alonso, Xabier

Na presente disertación realízase unha análise de conxunto sobre a violencia derivada Golpe de Estado de 1936 en Galiza, a partir do estudo de 24 concellos situados no norte da Provincia de Lugo. O texto divídese en tres grandes partes. A primeira, analiza a acción militar golpista de toma do poder, así coma os cambios producidos nos concellos que seleccionamos como área de estudo preferente. A segunda, estuda os asasinatos perpetrados a raíz do Golpe, coa intención de explicar os distintos...



Morfodinámica, reconstrución paleoambiental e xestión do Illote Areoso (Ría de Arousa)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cajade Pascual, Daniel

Esta tese céntrase no estudo da morfodinámica, a evolución paleoambiental, os cambios do nivel do mar e a xestión do illote Areoso, situado na parte central da ría de Arousa (NO da Península Ibérica). O elevado valor patrimonial deste enclave singular estase a ver ameazado pola dinámica erosiva e a elevada presión turística durante os meses estivais. Os resultados obtidos permiten establecer un modelo de xestión enfocado no equilibrio entre conservación e uso público.



Proposta. I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (2021-2030). Década de acción polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Proposta de I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (2021-2030) elaborada a pedimento das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo integrantes da RGCUD.



Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Monteagudo, Julio Carlos

A muiñeira está recoñecida como unha das pezas musicais que mellor representa á música galega, como símbolo identitario de Galicia. Mais este recoñecemento non é froito dunha evolución natural e desinteresada, senón dun longo proceso que ten a súa orixe no século XVII, no baile da gaita galega, e que se consolida definitivamente no século XIX. Esta evolución fundaméntase na transformación do ideario colectivo, que pasa dunha percepción negativa do galego, consecuencia dunha visión...



Xaime Isla Couto. Raíz e utopía de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Chegados ao centenario do seu nacemento, desde a Fundación Isla Couto e a Editorial Galaxia realizamos a botadura deste libro como dorna da memoria para que navegue fendendo o mar das neboentas lembranzas e aproando cara ao agradecemento colectivo por unha vida de devota paixón por Galicia. Tras dunha cronobiografía que escolma os feitos máis significados da súa existencia, por vez primeira axúntanse os textos que dedicou á familia, aos amigos e irmáns no galeguismo así como os escritos nos que...



Propostas de modernización do dereito

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Goldar, Mónica, Ammerman Yebra, Julia

A presente obra trae causa nas xornadas celebradas os días 28 e 29 de setembro de 2017 na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela tituladas “Propostas de modernización do Dereito en cuestións que afectan á mocidade”. A temática abordada neste encontro incluiu asuntos que nos preocupan aos mozos e mozas galegas, como a presenza da violencia de xénero en idades temperás, a realidade e o deficitario réxime galego das parellas de feito, e a reivindicación de que os nenos...



É o noso fuso horario un problema?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mira Pérez, Jorge

O debate público suscitado nos últimos tempos sobre a conveniencia ou non do cambio do fuso horario en Galicia, en particular, e en España, en xeral, e a súa resolución nun ou noutro sentido afecta a todos os niveis da poboación, así como aos hábitos e costumes. É por isto que o Consello da Cultura Galega considerou pertinente realizar a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, en outubro do pasado ano 2016, un debate, con defensores dunha ou outra postura, en relación cos...



Aimé Césaire, a negritude e o Caderno dun retorno ao país natal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Outeiriño, Manuel

Caderno dun retorno ao país natal publicouse por primeira vez en agosto de 1939 no número 20 da revista Volontés, en versión claramente diferente da que agora ofrecemos. A edición pasou desapercibida, por causa da declaración da Segunda Guerra Mundial. Despois do rencontro azaroso de Aimé Césaire con André Breton, en abril de 1941, publicouse unha nova pasaxe de Caderno dun retorno ao país natal: é a sección final titulada “A xeito de manifesto literario”, aparecida no nº 5 da revista Tropiques...



Reflexións sobre o concepto de racionalidade na teoría económica, Reflexiones sobre el concepto de racionalidad en la teoría económica, Some thoughts on the concept of rationality in economic theory

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Panico, Carlo

O concepto de racionalidade ten un papel crucial en economía. Distintas versións de racionalidade acompañan o periplo da disciplina desde os economistas clásicos, pasando polas formulacións da teoría neoclásica de finais do século XIX ata a teoría da elección racional dos nosos días, para chegar ás contribucións actuais dos enfoques da racionalidade limitada, da economía experimental, da do comportamento ou da neuroeconomía. No percorrido aparecen distintos problemas: é posible considerar...



O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 horizonte 2020, El Plan Estratégico de Galicia 2010-2014 horizonte 2020, The Strategic Plan of Galicia 2010-2014 Horizonte 2020

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de Fondos

O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 (PEG) configúrase como un documento aberto de planificación económica que asume como obxectivos propios os principios orientadores da Estratexia 2020 da Unión Europea. A planificación formulada recolle tres niveis de obxectivos: un obxectivo global (OG), cinco eixes de actuación e dezaseis obxectivos estratéxicos (OE), que establecen e desenvolven un conxunto de máis de cen medidas nas que se integran as actuacións dos programas de gastos...



O impacto da política rexional comunitaria en Galicia. Unha panorámica, El impacto de la política regional comunitaria en Galicia. Una panorámica, The Impact of EU Regional Policy in Galicia. An Overview

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Armesto Pina, José Francisco

O obxectivo deste artigo é presentar os principais estudos cuantitativos sobre a incidencia dos fondos estruturais nos indicadores económicos básicos da Comunidade Autónoma galega. Logo da presentación do volume e da asignación de fondos comunitarios entre as distintas comunidades autónomas españolas desde o ano 1986 ata o ano 2006, a conclusión máis importante que se pode sacar é que, aínda que en termos relativos non se poida falar en Galicia dunha aproximación ou converxencia activa, si hai...



Actores, coalicións e implementación nas políticas de eSaúde: Entre a continuidade e a innovación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barral Buceta, Bran

Esta tese profunda na análise dos sistemas autonómicos e os respectivos servizos de eSaúde coa finalidade de entender a súa implementación. As novas tecnoloxías supoñen unha oportunidade para a Administración Pública -e en particular para a sanitaria- a efectos da eficiencia, a eficacia e da calidade, pero tamén supoñen un reto e un elevado investimento. A fenda dixital desempeña un papel obstaculizador que é de vital importancia salvar na implementación destes servizos, pero non é o único. As...



Imaxes do vencido: María Zambrano e Rafael Dieste

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Leyra Fernández-Labandera, María del Mar

O presente estudo aborda as figuras do vencido nas obras de María Zambrano e Rafael Dieste como enclave privilexiado onde nace un novo concepto de razón. A investigación artéllase en tres capítulos nos que se analizan aspectos como as coordenadas culturais e políticas da II República na obra de ambos dous autores. A contorna da revista Hora de España ou o servizo activo nas Misións pedagóxicas son algunhas das achegas. Por outra banda, o concepto de pobo será estudado como conca pola que...



Parques eólicos e Rede Natura: unha análise desde o marco da Xustiza Enerxética para o caso da Serra do Xistral. https://doi.org/10.1344/sn2022.26.39404

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Copena, Damián, Simón, Xavier

Galicia é un territorio cun forte desenvolvemento da enerxía eólica. A instalación de parques eólicos tivo lugar rapidamente afectando a espazos con relevancia ambiental. Este feito é especialmente importante no caso da Serra do Xistral, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000 e que conta con hábitats prioritarios, especialmente os vinculados coas turbeiras. O presente traballo analiza, a partir do marco da xustiza enerxética, como foi o proceso de desenvolvemento eólico neste espazo...



Unha aproximación xenómica á susceptibilidade do tabaquismo e outros trazos de consumo de substancias en pacientes con esquizofrenia e poboación xeral

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Al-Soufi Novo, Laila

O consumo de substancias representa un grave problema de saúde global. A susceptibilidade xenética aos trazos de consumo de substancias, altamente polixénicos, é estudada principalmente mediante estudos de asociación do xenoma completo (GWAS). Nos cinco estudos desta tese, emprégase unha batería de ferramentas xenómicas baseadas en GWAS para investigar os factores xenéticos implicados na susceptibilidade ao consumo de substancias. Ademais, analízase a posible causa da alta prevalencia do...



Libro de Resumos da IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ 4)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xuntanza Investigador@s Nov@s no ámbito da Química

A XINQ é un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poden dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria. A xuntanza está pensada para que @s nov@s investigador@s entendan que se pode explicar a ciencia, a química no noso caso, en lingua galega ao mesmo tempo que desenvolven as súas capacidades de comunicación en público. A xuntanza desenvólvese a través dunha serie comunicacións orais de carácter divulgativo...



O alumnado ante o reto da incorporación das TIC na universidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, Felicidad, Méndez Lois, María José, Zamora Rodríguez, Elisa Teresa




A fronteira entre galego e portugués. A perspectiva portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Pérez, Xosé Afonso

Dadas as naturais limitacións de espazo, os apartados desta contribución serán necesariamente sumarios. En primeiro lugar, daranse unhas notas sobre o nacemento do reino de Portugal e o establecemento progresivo dunha fronteira que o afasta de Galicia. No segundo apartado reflexionarase sobre o propio concepto de espazo fronteirizo, as relacións que se tecen entre os dous lados da Raia e as súas implicacións lingüísticas, exemplificadas sobre todo co clásico estudo de Maria José de Moura Santos...



Sobre a decadencia do subxuntivo en prótases condicionais en galego e español e a subxuntivización da forma cantara

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga, Alexandre

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Algunhas das especificidades máis problemáticas do traballo no mar realizado a bordo de embarcacións pesqueiras, Algunas de las especificidades más problemáticas del trabajo en el mar realizado a bordo de embarcaciones pesqueras, Some of the Most Problematic Specialities of the Seawork on Board Fishing Vessels

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carril Vázquez, Xosé Manuel

O traballo no mar comprende numerosas actividades. Unha destas actividades é a realizada a bordo dos barcos de pesca, que rexistra moitas peculiaridades derivadas fundamentalmente da consideración do buque como un centro de traballo singular e que dificultan a aplicación a este traballo específico das normas laborais e de Seguridade Social de carácter xeral. Estas peculiaridades presentan problemas moi concretos que, xunto cos problemas estruturais do sector, impiden que poida falarse con rigor...



Determinantes do crecemento das emisións de gases de efecto invernadoiro en España (1990-2007), Determinantes del crecimiento de las emisiones de gases de efecto invernadero en España (1990-2007), Determinants of Greenhouse Gases Emission Growth in Spain (1990-2007)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alcántara Escolano, Vicent, Padilla Rosa, Emilio

A evolución dos gases de efecto invernadoiro en España estase distanciando notablemente do obxectivo marcado polo Protocolo de Kyoto. No presente traballo analízanse os diferentes factores que contribuíron ao importante aumento experimentado nas emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes do consumo de enerxía en España no período 1990- 2007. A metodoloxía de descomposición factorial utilizada permite facer unha distribución exacta (sen residuos) da variación de emisións en diferentes...



A entrada de tecnoloxía estranxeira en Galicia, The entry of foreign technology in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doval Adán, Antonio

O presente traballo estudia a tecnoloxía estranxeira que entra en Galicia a través dos contratos de asistencia técnica e transferencia de tecnoloxía estranxeira, realizados polas empresas galegas dende 1965 ata 1987. De modo especial, a investigación confirma a dependencia tecnolóxica das empresas galegas, e pon de relevo o peso das empresas multinacionais e das grandes compañías estranxeiras na transmisión de tecnoloxía foránea a Galicia



Estimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Iglesias, Edelmiro, Andrade Calvo, José Manuel, Ribas Álvarez, Alfonso, Fernández Piñeiro, Ángela

Os resultados da estimación realizada poden resumirse así: • A cadea de produción vitivinícola xeraba en 2020 en Galicia unha produción de 361,6 millóns de euros, un VEB de 229,1 millóns e ao redor de 4.300 postos de traballo. • Iso supón o 7,6% do VEB e o 6,8% do emprego do complexo agroalimentario. E algo máis do 0,4% do VEB e do emprego total da economía galega. • Dos dous compoñentes da cadea, a industria vitivinícola achega preto do 41% do VEB, mentres que en termos de emprego ten moita...



Perigos e medos nas Cantigas de Santa Maria. Do mar e dos seus tormentos, Danger and fear in the Cantigas de Santa Maria. Do mar e dos seus tormentos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González, Déborah

Nas Cantigas de Santa Maria de Alfonso X, a sociedade medieval aparece representada dun modo máis ou menos realista. Textos e imaxes dan conta da mobilidade característica dos distintos grupos sociais que aparecen retratados nesta colección. Ademais, estas viaxes adoitan presentarse en estreita relación ao marabilloso, de tal modo que se presentan como unha aventura transformadora, non exenta de risco e emocións. Este traballo céntrase naquelas narracións das Cantigas de Santa Maria que...



"Por eso meu carro canta". Manuel María e a canción galega, 1967-1982

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Teijeiro Suárez, Eva María

Nos anos centrais da segunda metade do século XX, nun contexto adverso para o idioma e a cultura de Galiza, no marco das relacións entre a canción con carácter reivindicativo e a poesía, destaca a figura de Manuel María, quen denuncia na súa obra a opresión á que está sometido o pobo galego e a progresiva perda da identidade que iso implica. A súa contribución ao nacemento e á consolidación da moderna canción galega, insírese nun amplo abano de actuacións a prol da lingua e da cultura propias...



Teorizando o relato breve: tres achegas á crítica do xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casado Villanueva, María

O presente artigo revisa tres obras publicadas nos últimos anos: Contemporary Debates on the Short Story (2007), de José Ramón Ibáñez, José Francisco Fernández e Carmen M. Bretones (eds.); The Cambridge Introduction to the Short Story (2007), de Adrian Hunter; e The Short Story. An Introduction (2009), de Paul March- Russell, e reflexiona sobre a súa achega en relación á crítica existente sobre o relato breve. Dende perspectivas diferentes, os autores destes volumes salientan a multiplicidade...



Algunhas notas diferenciais no galego de Asturias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Testa Fernández, Balbino

O traballo que imos presentar aquí vaise centrar na descrición dunha serie de fenómenos lingüísticos a partir dunha zona moi concreta do panorama lingüístico galego: a terra Navia-Eo.



O desemprego e as repercusións emocionais: análise dun curso de formación, Unemployment and its emotional repercussions: analysis of a training course

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

No Concello de Santiago de Compostela leváronse a cabo en 2012 unhas accións formativas para persoas desempregadas. Unha das actividades é a que se propón como partida para o desenvolvemento deste traballo. Baixo a metodoloxía da observación participante, ofrécese unha síntese desta. Separados/as por grupos en función do tempo que levaban en desemprego, os/as participantes tiveron que reflexionar sobre como se sentían. Primeiro, cada grupo por separado verbalizaba e tomaba nota das sensacións e...



Daquelas areas estas lamas?: o mercado de traballo en España desde unha perspectiva histórica, ¿De aquellas arenas estos lodos?: el mercado de trabajo en España desde uan perspectiva histórica, From that sand to this sludge?: labour market in Spain from a historical perspective

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilar Rodríguez, Margarita

O mercado de traballo adquiriu un crecente protagonismo nos recentes debates políticos, económicos e mediáticos para explicar as elevadas taxas de desemprego e as dificultades para recuperar a senda do crecemento económico na economía española. Pero a maioría dos argumentos utilizados resultan algo miopes ao esquecer a perspectiva histórica. Partindo desta idea, este traballo invita a reflexionar sobre tres cuestións principais: analizar as características básicas do funcionamento do mercado de...



Desigualdade de xénero en Latinoamérica desde a perspectiva dos indicadores de desenvolvemento humano, Desigualdad de género en Latinoamérica desde la perspectiva de los indicadores de desarrollo humano, Gender Inequality in Latin America According to Human Development Indicators

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia, Aguayo Lorenzo, Eva

A problemática da igualdade de xénero foi unha constante nos estudos realizados polo PNUD sobre desenvolvemento humano. Para estes efectos establecéronse unha serie de indicadores que permiten avaliar o seu comportamento. Este traballo presenta unha panorámica comparativa da súa evolución nos últimos anos en determinados países latinoamericanos, cuestionando o alcance da relación entre o Índice de Desenvolvemento Humano relativo ao Xénero (IDX) e o Índice de Potenciación de Xénero (IPX). Malia...



Análise das conversacións entre estudantes xordos sobre fenómenos relacionados cá transformación da materia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Martínez, Susana, García-Rodeja Gayoso, Isabel

A integración escolar dos alumnos xordos nas aulas de Secundaria, precisa do deseño de situacións e experiencias curriculares adaptadas a estes estudantes. Un primeiro paso nesta tarefa é coñecer en que medida os coñecementos que surxen da área da didáctica das ciencias son aplicables a este colectivo. Nesta comunicación preséntase unha investigación que estamos realizando co propósito de coñecer si os modelos que utilizan os estudantes xordos, á hora de interpretar fenómenos relacionados ca...



Pensa globlamente. Si, pero ... ¿Como? O efecto invernadoiro. Unha proposta de actuación na aula

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García-Rodeja Gayoso, Isabel

Un dos eslogans mais significativos e utilizados na Educación Ambiental é: "pensa globalmente e actúa localmente". Refírese á necesidade de que os alumnos e o público, en xeral, desenvolvan unha comprensión do contexto global onde teñan significado as súas accións. Sen embargo, o ensino, e en concreto o ensino da bioloxía, tense tratado dunha forma bastante reduccionista e se lles da poucas oportunidades ós alumnos de adquirir esa forma de pensamento global



Ideas dos alumnos de 2º ciclo de E.S.O. sobre "o efecto invernadeiro"

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Luna, Francisco, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Presentamos nesta comunicación un resumo dunha investigación feita en colaboración co Departamento de Didáctica de las Ciencias Experimentales e o Seminario de Ciencias do I.E.S. "Porto do Son''



Unha vella sociedade rural do interior coruñés: a comarca de Ordes entre o Antigo e o Novo Réxime (séculos XVIII-XIX)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sandoval Verea, Francisco Manuel

Durante o Antigo Réxime e primeiras décadas do Novo Réxime Liberal, Galicia amosa un panorama de ampla diversidade socioeconómica. Neste contexto, a comarca de Ordes preséntase como unha terra de transición entre as zonas economicamente máis desenvolvidas do litoral, dos vales prelitorais e das zonas vitícolas do interior, e as áreas máis atrasadas do interior de Lugo e Ourense. A súa climatoloxía pouco benigna limitou a variedade de cultivos dándolle especial relevancia á gandería. A estrutura...



Actas do III Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Seoane, Carmen Denébola, Alonso Ferreiro, Almudena, Rodríguez Cagiao, Héctor M.

O libro de actas do III COGALICIE reúne os traballos presentados no congreso celebrado na Universidade de Santiago de Compostela do 18 ao 20 de abril de 2012. Inclúe o prólogo e limiar institucionais, onde se destaca o papel do congreso como espazo de encontro de investigadoras e investigadores noveis e a consolidación da Asociación Herminio Barreiro. Contén conferencias, obradoiros, charlas e coloquios sobre metodoloxía da investigación, igualidade de xénero, financiación científica e...



”Porque os corpos se entendem/mas as almas não”: Lupe Gómez e Olga Savary

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marcondes e Ferreira de Toledo, Marleine Paula

Um confronto entre Pornografia, da poeta galega Lupe Gómez, e Magma, da brasileira Olga Savary, mostra que a primeira quer ser substantivamente pornógrafa e a última, erógrafa. Lupe, numa catarse a seu modo, expõe-se, coisifica-se, vende-se, machuca-se. Olga é toda sensualidade, gozo, êxtase. A ambas pode-se e não se pode aplicar o dístico de Manuel Bandeira: “Porque os corpos se entendem / mas as almas não”. Aplica-se a Olga, porque é uma poeta quase nada contemplativa, mas não se aplica,...



As aves na poesía galega de Rosalía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Brea López, Mercedes

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



A Galicia rosaliana na ollada do viaxeiro vasco: R. Becerro de Bengoa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Rodríguez, Xosé

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Concepções e prática docente do professorado galego entorno ao ensino-aprendizagem do conceito de limite funcional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Conde, Luís Alonso

Este trabalho contém, essencialmente, a descrição, aplicação e valoração de um inquérito desenhado para que professores e professoras de Matemática do ensino secundário e Bacharelato da Galiza aportem informação ao respeito da instrução que realizam do conceito de ‘limite funcional’. Nele recolhem-se as opiniõe s dos profissionais do ensino a respeito de diversos aspetos relativos ao conceito de limite funcional, como podem ser: o nível adequado para sua introdução, o rigor na definição, as...



A innovación e a tecnoloxía nos Medios de Servizo Público Europeos Post-Covid: Automatización, Verificación e Co-creación para o desenvolvemento corporativo e social

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vaz Álvarez, Martín

O obxecto desta investigación é o rol da innovación e a tecnoloxía na era post-covid nas radiotelevisións públicas de Europa. Tras un momento no cal os PSM europeos erguéronse como unha referencia informativa en momentos de crise para gran parte da poboación europea, a tecnoloxía toma agora un papel relevante á hora de manter e reforzar o capital social recuperado, así como tamén facer fronte ás ameazas máis inminentes da desinformación e responder ás novas necesidades de produción en remoto e...



A xeografía do xeógrafo Ramón Otero Pedrayo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arroyo Núñez, Manuel

Don Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, naceu en Ourense, o 5 de marzo de 1888 e morreu nesa cidade o 10 de abril de 1976. Foi un escritor e político galego, que recibiu o título de Patriarca das Letras Galegas. Pois escribiu novelas, teatro, poesía, artigos de prensa e ensaios. Toda esa experiencia vital estivo sementada ao longo da súa vida dun intenso galeguismo político. Pero hai unha circunstancia do vivir de Otero, que foi, e é pouco coñecida, e quizais esquecida. Perdida na memoria...



Identificação e classificação de entidades mencionadas em galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García González, Marcos, Gayo, Iria, González López, Isaac

A identificação e a classificação semântica automáti-cas de entidades mencionadas são tarefas de especial relevância para variadas aplicações do processamento da língua natural, tais como a tradução automática, a extracção de informação ou os sistemas de resposta a perguntas. O presente artigo descreve a adaptação e implementação de diversas ferramentas de código aberto para a identificação e classificação dos seguin-tes tipos de entidades em galego: (i) datas, (ii) nume-rais, (iii) quantidades...



Universidade, responsabilidade social e aprendizaxe-servizo: un estudo na Universidade de Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Agrafojo Fernández, Javier

O presente estudo, co que se pretende optar ao grao de Doutor en Ciencias da Educación, xorde da idea de tratar de poñer en valor as diferentes competencias e habilidades, persoais, académicas e profesionais, que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que colabora en actividades de voluntariado e participación social obtén polas súas colaboracións. Pero non só dende unha visión teórica, senón dende a que eles mesmos perciben, logo de ter realizado as súas colaboracións. Así, son...



O teatro popular como medio de comunicación das subalternas. O caso do espectáculo de marionetas de Barriga Verde na Galiza da Posguerra. (1939-1960)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campoy García, Comba

A tese aborda unha expresión da cultura popular galega, a barraca de feira de Barriga Verde, e cuestiona o papel que xogou durante a súa última etapa de vida: os anos da postguerra (1939-1960). Pártese da consideración do teatro en xeral, e o teatro popular de marionetas en particular, como medio de comunicación. Por outra parte, empréganse as nocións teóricas de resistencia simbólica e massmediación para formular a hipótese de que o medio de comunicación analizado (o espectáculo de Barriga...



Desenvolvemento e estandarización de marcadores PET

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Fiel, Manuel

Nesta tese introdúcense as bases e a orixe da imaxe médica e en especial da técnica PET, con tódolos aspectos que se deben ter en conta a hora de traballar con estas imaxes. Facendo fincapé no emprego de biomarcadores de imaxe e a importancia da súa correcta cuantificación e estandarización no camiño de lograr unha medicina personalizada. Presentamos unha descrición completa da literatura dispoñible sobre a radiómica PET e a análise de texturas, onde observamos que o interese neste campo...



O sistema público de pensións en Galicia: elementos diferenciais dentro do estado español, The public system of pensions in Galicia: differential elements inside the Spanish State

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Taín, Miguel Anxo

Este traballo analiza o sistema público de pensións contributivas en Galicia e no conxunto do Estado español. Malia que o sistema de pensións é único en España, presenta elementos diferenciais a nivel territorial que singularizamos para o caso galego. Aspectos como o número e a evolución de pensionistas e pensións do sistema, a súa contía, a súa distribución por modalidades e polos reximes nos que se causan, a taxa de cobertura poboacional, a relación entre cotizantes e pensionistas e, como...



O romanceiro tradicional na Lusofonia e na Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Forneiro, José Luís

Neste trabalho dá-se conta da história, da vitalidade e das características do romanceiro tradicional da Galiza e do daqueles territórios onde se fala a língua portuguesa. Pode-se comprovar, assim, quais os elementos que compartilham ou que diferenciam os romances galegos com os dos países da denominada Lusofonia.



A recepción inmanente na obra literaria de Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tarrío Varela, Anxo

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



A propósito dalgunhas estructuras sintácticas do verbo mandar en galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Martínez, María Sol

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa, Cuando el “peso” de la investigación filológica se puede convertir en un lastre (I): que + vogal en la lírica profana gallego-portuguesa, When the “Weight” of the Philological Research may turn into Burden (I): que + Vowel in the Galician-Portuguese Secular Lyrical Poetry

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Guiadanes, Antonio

Tralos estudos realizados o século pasado por Nobiling e Cunha, que establecían que na lírica profana galego-portuguesa o encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os estudosos non teñen en conta este precepto á hora de establece-lo texto crítico das cantigas que editan. A presente contribución pretende revisar criticamente algunhas propostas de emenda realizadas por estes...