Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Concepción Arenal, pensamento social en acción, Concepción Arenal, pensamiento social en acción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira López, Alba

Pensar e escribir para convencer e facer. Non se pode separar o pensamento social de Concepción Arenal recollido nos seus numerosos escritos da súa vocación de activismo social. Concepción Arenal escribiu sobre a condición da muller, sobre as prisións, sobre a infancia, sobre os obreiros, sobre a vivenda, sobre a situación das institucións de beneficiencia… e todo o que escribiu intentou canalizalo nun intenso labor de creación de institucións e asociacións desde a sociedade civil neses mesmos...



Sobre linguas e fronteiras no noroeste da Península

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Reflexión sobre a posible segmentación do contínuum xeolectal do noroeste da Península



A mobilidade dos dereitos de propiedade da terra rústica en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Enríquez García, María José

Como se move a terra en Galicia? Facémonos a pregunta nun momento en que o discurso da reestruturación agraria é tan importante como o da responsabilidade social e ambiental da propiedade e debullámola a través da análise institucional, dos escenarios sobre as estruturas de gobernanza, dos determinantes territoriais, da caracterización dos acordos e da estimación de indicadores



Os criterios de localización na industria auxiliar do automóbil de Galicia, Site Selection in the Galician Automotive Components Industry, Los criterios de localización en la industria auxiliar del automóvil de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Fraiz, José Santiago, García Vázquez, José Manuel

Nos últimos anos a actividade industrial experimentou fortes transformacións como consecuencia da evolución seguida en plans como o tecnolóxico, o laboral ou o organizativo. Especialmente relevantes foron as repercusións no ámbito socioeconómico derivadas dos episodios de "cambio industrial". Unha das máis significativas, pola súa notoriedade, afectaría á distribución da industria no espacio. Habitualmente, eses episodios van acompañados de novas xerarquías nos factores de...



Innovación e novas tecnoloxías nas pemes de Galicia. Os sectores téxtil e conserveiro, Innovación y nuevas tecnologías en las pymes de Galicia. Los sectores textil y conservero, Innovation and New Technology in Small and Medium Sized Companies in Galicia. The Textile and Canned Fish Industries

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Suárez, Águeda, González Lamas, Jorge, Lusa Bernal, Exter, Osorio Montenegro, Juan Luis

Neste artigo preséntanse os resultados dunha investigación realizada durante o ano 2003 para o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía sobre as actividades innovadoras e a aplicación das TIC nas pemes do litoral galego dos sectores téxtiles e conserveiros. Finalmente, descríbense varias experiencias de “boas prácticas” identificadas nestas empresas e expóñense unha serie de recomendacións destinadas ás administracións públicas, ás asociacións e ás propias pemes para mellorar estes dous ámbitos



Xeran as competencias básicas resultados empresariais mellores en pemes rexionais?, ¿Generan las competencias básicas resultados empresariales mejores en PYMES regionales?, Do Core Competences Make Performance in Regional SMEs?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández-Jardón Fernández, Carlos María, Martos, María Susana

As competencias básicas son características das empresas que lles permiten situarse en mellor posición que os seus competidores. Partindo da teoría de recursos e capacidades é habitual considerar que esas competencias, que se forman a partir de factores internos e externos das empresas, se combinan mediante a estratexia. Este traballo, mediante unha análise de traxectorias, analiza se as competencias básicas xeran mellor desempeño, para o cal partimos de cinco grandes competencias básicas:...



Capacitación e comportamento financeiro da xeración millennial en España, Capacitación y comportamiento financiero de la generación millennial en España, Financial capability and financial behaviour of the millennial generation in Spain

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Espiño, Marcos, Fernández López, Sara, Rey-Ares, Lucía, Castro-González, Sandra

A capacitación ou competencia financeira dos individuos, resultado da combinación da súa cultura financeira e da oportunidade de acceder aos produtos financeiros, supón un reto nas sociedades actuais e, particularmente, para certos colectivos de poboación como a xeración millennial. Por esta razón, é importante coñecer a competencia financeira dos millennials e constatar se existen diferenzas con respecto ás xeracións predecesoras. Tras a revisión da literatura, a análise empírica baséase nunha...



Con Xosé Luís Méndez Ferrín en Vigo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Pereira, María Xesús, Lama López, María Xesús

Na mañá do 31 de decembro de 2010 reunímonos en Vigo con Xosé Luís Méndez Ferrín para falar sobre poesía. Ao longo da conversa tivemos ocasión de coñecer o seu parecer sobre a función que a poesía desempeña hoxe en día na sociedade, de percorrer a súa propia traxectoria poética, de comentar os seus gustos en canto lector e a súa visión do panorama da creación actual.



As oracións condicionais no ALPI. Unha análise contrastiva do noroeste peninsular

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mouzo Villar, Rosa, Pérez Capelo, Carolina

No eido da sintaxe as oracións condicionais foron xa obxecto de investigación de múltiples estudos centrados en diferentes aspectos destas construcións (estrutura, tempos verbais usados na prótose e na apódose, etc.). Algúns deles téñense fixado nas peculiaridades que presentan as condicionais segundo o territorio lingüísitico que ocupan (Pato:2003; Veiga: 1991; Xove: 1986). Tendo en conta isto, desenvolvemos esta pescuda que ten como obxectivo analizar as condicionais nas diferentes linguas...



Unha lectura de Castelao: o debate sobre a historia da nación galega en Sempre en Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mato Domínguez, Alfonso

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Estudo dun problema de perturbación singular para unha clase de inecuacións variacionais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Barro, José Carlos

O comportamento asintótico dun problema de perturbación singular para unha familia de inecuacións variacionais non lineais dependentes dun pequeno parámetro positivo centra os obxectivos desta tese. Estas inecuacións teñen a súa orixe na aplicación de técnicas variacionais en problemas de difusión en estados estacionarios relacionados con diferentes disciplinas do eido científico. Ademais da non linealidade, outras achegas destacables son a incorporación dun termo fronteira e dunha función...



A demanda de crédito hipotecario en España: especial referencia á situación galega, The Mortgage Credit Demand in Spain: A Special Reference to the Galician Situation, La demanda de crédito hipotecario en España: especial referencia a la situación gallega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Redondo López, José Antonio, López Penabad, Celia

No presente traballo analizámo-los factores determinantes da demanda de crédito hipotecario e da demanda de vivenda, tanto aqueles que explican a decisión de compra dunha vivenda e a cantidade de vivenda comprada como aqueles vinculados ás características do mercado financeiro no que se realizan as operacións hipotecarias. Aspectos como a evolución dos factores sociodemográficos, a situación económica, a capacidade económica das familias ou a inflación inmobiliaria son revisados para o mercado...



A competitividade externa das rexións españolas. Unha análise do impacto da Capacidade tecnolóxica, External competitiveness of spanish regions. Analysis of impact technology capacity, La competitividad externa de las regiones españolas. Un análisis del impacto de la capacidad tecnológica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taboada Fontao, María Carmen

O presente traballo constitúe un intento de análise da competitividade das comunidades autónomas españolas no mercado mundial durante os últimos quince anos. Para a dita análise estudiámo-la evolución das cotas rexionais nas exportacións mundiais, xunto co impacto do factor tecnolóxico como variable explicativa do nivel competitivo acadado por cada rexión. Trátase así de destacar en certa medida a relevancia da tecnoloxía fronte a outras variables explicativas tradicionais, así como o carácter...



Historia do Cine do Salnés. A exhibición cinematográfica en Cambados e outras vilas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pillado Villaronga, Sabela

Ao abeiro do camiño iniciado por outros estudos de cine local en Galicia, a presente tese de doutoramento pretende ser un achegamento ao que foi, e segue a ser, a historia do cine na comarca galega do Salnés. O principal obxectivo do proxecto é facer un estudo local, con especial fincapé no punto de vista social, da chegada do cine á comarca e a evolución do mesmo nos seus diferentes períodos a nivel nacional e internacional, movido polos cambios sociais, económicos, políticos ou técnicos. Para...



A recepción galego-portuguesa da Sexta Partida: dous novos fragmentos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arbor Aldea, Mariña

Analízanse dous fragmentos inéditos da Sexta Partida de Afonso X. As Sete Partidas son unha obra clave do dereito común europeo e a súa Sexta Partida aborda herdanzas e testamentos, regulando desde a desherdación ata os dereitos de orfos. Este código legal influíu significativamente na Península Ibérica, sendo traducido e adaptado ao galego-portugués nos séculos XIV e XV. O primeiro fragmento, conservado no Arquivo da Catedral de Ourense, é un folio do século XIV que contén partes do título VII...



Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lago Caamaño, Clara

Este traballo ten como finalidade contribuír a aumentar o coñecemento sobre o cambio lingüístico no léxico dispoñible do galego a partir da análise de datos do ámbito léxico da alimentación. O obxectivo fundamental desta investigación é coñecer as mudanzas que se observan entre dúas mostras de léxico dispoñible recollidas en 2008-2008 e en 2020-2021 e comprobar se algunhas das diferenzas que se rexistran gardan relación con cambios nos hábitos alimentarios. A metodoloxía que empregamos...



Estimación dos custos das operacións de extinción de incendios forestais: estudo de caso no distrito forestal da Limia, Estimation of Fire Suppression Costs: A Case Study for a Limia Forest District

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Vázquez, María Cristina, Chas Amil, María Luisa, Touza Montero, Julia María

Os incendios forestais producidos en Galicia, na meirande parte dos casos intencionadamente, arrasan miles de hectáreas de superficie forestal cada ano. Neste traballo realizamos un estudo descritivo dos incendios rexistrados durante o período 1999-2008 no Distrito XV-A Limia, así como unha estimación económica dos custos derivados das operacións de extinción. Para isto empregamos os partes de incendio dos 6.383 incendios forestais ocorridos neste distrito, e deseñamos dous escenarios de...



Banquetes e serentas para os caciques. Santiago na etapa da Restauración

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barral Martínez, Margarita

Dentro do sistema de redes clientelares que se estableceu a partir do turnismo na etapa da Restauración o monterismo foi a “plataforma política” que dominou no distrito e concello de Santiago. O “agradecemento” do pobo de Compostela á “protección” que o grande cacique Eugenio Montero Ríos desenvolvía cara a cidade dende a política central manifestábase de diferentes xeitos. As celebración na súa honra que máis destacaban, polo arraigo popular que acadaban, eran os banquetes e as serenatas. Os...



A natureza en “La hija del mar”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Matalobos, Manuel Celso

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Vicios e virtudes da regulación galega en materia de liquidación sucesoria e algunha proposta "de lege ferenda", Vices and virtues of the Galician regulation about inheritance liquidation and a proposal De lege ferenda

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Goldar, Mónica

Neste traballo imos analizar sucintamente o réxime liquidatorio na sucesión mortis causa do Código Civil español, por aplicarse supletoriamente en Galicia, así como dúas figuras da regulación galega que teñen implicacións na liquidación da herdanza. Tamén se fará un estudo comparativo entre o resto de Comunidades Autónomas con competencias lexislativas en materia civil para chegar a unha conclusión: a necesidade de reformar a Lei de Dereito civil de Galicia



Magnetismo en 2 dimensións: do papel á realidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mira Pérez, Jorge

Os planos CuO2 existentes nos cupratos de terra rara R2CuO4 son presentados coma implementación física dun sistema magnético bidimensional con interaccións de curto alcance. A existencia dunha compoñente ferromagnética feble no composto Gd2Cu04, creada por interacción Dzyaloshinskii-Moriya, é empregada coma propiedade delatadora da presencia dunha transición de fase de dúas a tres dimensións no composto, co obxeto de estudar posibles efectos de tamaño no magnetismo bidimensional deses planos....



Execución financeira da anualidade 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, Ejecución financiera de la anualidad 2009 del programa operativo FEDER Galicia 2007-2013, Financial Execution of 2009 Annual Payment of the Operational Program FEDER Galicia 2007-2013

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de Fondos

O Programa Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007 –C(2007)6079–, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores económicos e sociais e coas autoridades...



Disparidades no benestar económico rexional. O caso das rexións españolas e italianas obxectivo 1, Disparidades en el bienestar económico regional: el caso de las regiones españolas e italianas objetivo 1, Disparidades en el bienestar económico regional: el caso de las regiones españolas e italianas objetivo 1

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Roget, Fidel, Murias Fernández, Pilar, Novello, Simone

Este traballo parte dunha visión revisada do benestar económico rexional para analizar as disparidades económicas entre trinta e oito rexións españolas e italianas e comparalas coas que se obteñen a partir do PIB per cápita (PIBpc). Para iso proponse un indicador sintético de benestar rexional baseado nas catro compoñentes do benestar económico suxeridas por Osberg (1985): capacidade de consumo, acumulación, desigualdade e inseguridade económica. Estes aspectos son integrados nun único índice a...



O Val de Barcala e as súas bases lingüísticas galegas no Catastro de Ensenada (século XVIII)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Fonseca, Guillermo

O Catastro de Ensenada é un dos documentos máis prezados polos distintos investigadores humanísticos para as súas pescudas sobre a Idade Moderna galega e española, se ben o seu proceso de edición carece aínda de uniformidade e de amplitude. A través deste traballo propoñemos unha nova metodoloxía para a súa edición tomando como base seis documentos catastrais da comarca galega da Barcala e levamos a cabo, a partir da edición, un estudo lingüístico centrado no seu valor como fonte indirecta para...



Cultivos mariños e comercialización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Negro, María do Carme

Actas do II Seminario Cultivando o Mar. O Grove, 10 e 11 de outubro de 1990



Unha mostra do tratamento da Homonimia nos diccionarios galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González González, Manuel

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central. Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada de Galicia e dos fluxos interterritoriais ocultos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Turnes Abelenda, Alberto

Esta tese ten por obxectivo xeral, estudar as relacións de fluxos fiscais directos e indirectos que se dan entre Galicia e a Administración Central. Para a análise dos fluxos fiscais directos elabórase a balanza fiscal de Galicia para o período 2002-2013, seguindo o seguinte razoamento. En primeiro lugar estímase o “saldo da balanza fiscal básica”, onde só se teñen en conta as transferencias da Administración Central do Estado ás Administracións Autonómica e Local, o gasto do Estado en bens e...



Xestión estratéxica da sostibilidade no ámbito local: a Axencia 21 local, Local Strategic Management of Sustainability: Local Agenda 21, Gestión estratégica de la sostenibilidad en el ámbito local: la Agencia 21 local

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casares Long, Juan José, Arca Ruibal, Julio César

“Pensar e actuar local e globalmente” é unha frase que resume os distintos ámbitos que inflúen na sostibilidade. O presente artigo realiza unha aproximación ós aspectos filosóficos, políticos e institucionais da sostibilidade e de cómo esta se instrumenta estratexicamente no ámbito local dando lugar a unha iniciativa de Axenda 21 Local



Deberían os accionistas poder votar a retribución dos directivos?, ¿Deberían los accionistas poder votar la retribución de los directivos?, Should Shareholders Be Entitled to a Vote on Executive Compensation? A Critical Survey

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Loveira Pazó, Rosa María

Os escándalos corporativos das últimas décadas demostraron que unhas boas medidas de control corporativo non son só unha necesidade moral, senón tamén económica. Un mecanismo de goberno corporativo que actualmente está no punto de mira é o «say-on-pay», unha forma de activismo accionarial que lles permite aos accionistas votar as políticas de remuneración das súas empresas. Os defensores da implementación do «say-on-pay» por lei argumentan que é a existencia do «problema da remuneración aos...



Unha alternativa para detectar cambios tecnolóxicos na industria turística, Una alternativa para detectar cambios tecnológicos en la industria turística, An Alternative Method for Detecting Technological Changes in Tourism Industry

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira López, Xesús, Fernández Fernández, Melchor, Pena Boquete, Yolanda

Neste artigo introdúcese un procedemento para detectar cambios nas estruturas produtivas de calquera rama de actividade dunha economía. Para os efectos prácticos analízanse dous sectores que abastecen en boa medida á demanda turística española: o aloxamento e a restauración. O método proposto permite actualizar por unha vía alternativa a á xeralmente utilizada polos organismos oficias estatísticos as distintas matrices encadradas no marco input-output, que son necesarias para cuantificar os...



Análise das dimensións cognoscitiva e afectiva do comportamento ecolóxico do consumidor, Analysis of the Cognoscitive and Affective Dimensions of the Ecological Consumer Behaviour, Análisis de las dimensiones cognoscitiva y afectiva del comportamiento ecológico del consumidor

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, José Manuel, López Cabarcos, María Ángeles, Losada Pérez, Fernando, Ruzo Sanmartín, Emilio

A conservación do medio natural constitúe un tema dunha enorme importancia na sociedade actual. Nesa conservación ten unha grande importancia o comportamento de compra e de consumo dos individuos, polo que cómpre analizar cáles son os determinantes básicos dese comportamento. Neste traballo analízanse os compoñentes que residen na base do comportamento ecolóxico do consumidor, o nivel de coñecemento ecolóxico e a conciencia ambiental, tratando de establece-la estructura desta conciencia e a súa...



A perspectiva de xénero na planificación da actividade estatística na Comunidade Autónoma de Galicia, La perspectiva de género en la planificación de la actividad estadística de la Comunidad Autónoma de Galicia, Gender Perspective in the Statistical Planning of the Autonomous Community of Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Touriño Sánchez, Ana, Villar Cheda, Estefanía, Iglesias Patiño, Carlos Luis

O propósito deste artigo é referir o estado da cuestión polo que respecta á integración da perspectiva de xénero nas estatísticas oficiais na Comunidade galega a través da revisión da planificación estatística. Este propósito concrétase nun dobre obxectivo. Por un lado, analizar as estatísticas de xénero postas en marcha no contexto do Plan Galego de Estatística e, por outro, presentar unha aproximación innovadora á avaliación, a través de indicadores de seguimento da integración da perspectiva...



Análise da incorporación do tópico biodiversidade no currículo no bacharelato en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montero Vilar, Santiago, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Nesta comunicación descríbese como se incorpora o tópico da biodiversidade a través dos tres últimos currículos no bacharelato en Galicia. Faise un especial fincapé na materias pertencentes o seminario de bioloxía e xeoloxía no decreto curricular vixente 86/2015.



Xuízas e testemuñas. O papel da creación literaria nos procesos de construcción da identidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rábade Villar, María do Cebreiro

Este artigo proponse explorar as repercusións da aliaxe entre a actividade crítica e literaria na recente produción poética das mulleres en Galicia. Para iso, pártese da hipótese de que en sociedades como a galega a construción das identidades nacional e de xénero precisou a conivencia das dúas dimensións, moi a miúdo anoadas nas mesmas axentes. Dende Rosalía de Castro até Chus Pato é posíbel verificar múltiples graos de participación das escritoras na esfera crítica e mediática. A...



Sistema de certificación de lingua galega (Celga) no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Estudo de fiabilidade e validez

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Chamorro Díaz, Margarita

A tese que leva por título Sistema de certificación de lingua galega (Celga) no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Estudo de fiabilidade e validez, presenta un traballo de investigación sobre as probas de dominio do Celga deseñadas mediante tarefas. A partires dos datos obtidos nas convocatorias dos anos 2009 e 2010 móstranse dous estudos, un deles sobre a actuación dos avaliadores que corrixen ditas probas e a opinión que teñen sobre o sistema Celga; o segundo estudo versa...



Palacios, Manuela (ed.) (2016): "Six Galician Poets" (trad. Keith Payne). Todmorden (Reino Unido): Arc Publications, 189 pp

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fernández, Arancha

A presente antoloxía, Six Galician Poets, recolle a voz de seis poetas actuais de Galicia nunha edición bilingüe galego-inglés que pretende achegar estas voces ao público anglófono. O volume pertence á colección New Voices From Europe and Beyond, da editora inglesa Arc, de recoñecido prestixio na publicación de poesía internacional, que xa conta con volumes adicados –entre outros– á poesía de Cataluña e do País Vasco, así como a diversas nacións de cariz tan diverso como a República Checa ou...



Perfil da maternidade en España, Profile of the maternity in Spain, Perfil de la maternidad en España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Verdugo Matés, María Victoria, Cal Bouzada, María Isabel

O comportamento procreador dunha muller depende dunha serie de condicionamentos, tales como o momento de reproducción no que se atope (idade), se vive ou non en parella (estado civil) ou se desenvolve ou non unha actividade fóra da casa, do lugar no que reside, etc. Parece evidente, pois, que a probabilidade de que unha muller decida ter ou non un fillo diferirá dependendo de se presenta unhas ou outras características. O principal propósito deste artigo é cuantifica-lo impacto deses..., El comportamiento procreador de una mujer depende de una serie de condicionamientos, tales como el momento de reproducción en el que se encuentre (edad), si vive o no enpareja (estado civil), si desarrolla o no una actividad fuera de casa, del lugar en el que reside,etc. Parece evidente, pues, que la probabilidad de que una mujer decida tener o no un hijo diferirá dependiendo de si presenta unas u otras características. El principal propósito de este artículo es cuantificar el impacto de dichos...



Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rubio Lareu, Laura

Nos últimos anos, a preocupación pola imaxe desencadea unha demanda que medra vigorosamente e un elevado consumo diario de produtos cosméticos e de coidado persoal. Isto supón un alto grao de exposición a multitude de compoñentes, polo que existe un crecente interese polo control da calidade e seguridade destes produtos. Esta tese centrouse no desenvolvemento de metodoloxías analíticas para superar os retos na análise de ingredientes cosméticos. Abarcou a determinación de familias de compostos...



Derivadores e cohomoloxía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Díaz, Beatriz

As operacións básicas en cohomoloxía requiren do emprego das categorías derivadas. Esta noción presenta limitacións cando se realizan construcións de paso ao límite, pero a través da teoría de derivadores é posible definir conceptos lixeiramente máis débiles que permitan en certo sentido superar esas limitacións. O obxectivo principal será obter unha descrición flexible e sinxela da estrutura de derivador da categoría derivada dunha categoría de Grothendieck con suficientes proxectivos, para...



Algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego común

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dubert García, Francisco

Ricardo Carvalho Calero publicou a súa "Gramática elemental del gallego común" na editorial Galaxia no ano 1966. Esta obra, que constituíu un fito na historia da nosa lingüística, foi analizada xa desde diferentes perspectivas. Nesta contribución, eu voume centrar no contexto de creación da obra máis ca na análise da obra en si, pois xulgo que entender o contexto permitirá entender e valorar ponderadamente o traballo como gramático de don Ricardo.



Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Tras o golpe de Estado de xullo de 1936, Florencio Delgado Gurriarán logrou salvar a vida e fuxir a Portugal. Tras residir en Francia, incorporouse ao Exército republicano en Cataluña e integrouse como secretario de propaganda do Partido Galeguista en Barcelona. Ao tempo, prestou servizo como tenente na intelixencia militar republicana até que a caída de Cataluña en febreiro de 1939 o sorprendeu en Francia en misión oficial. Xunto co galeguista Ramiro Illa Couto e en contacto coas institucións...



Os “Límites” de Borges: traduccións e interpretacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
March, Kathleen N.

As ideas de Borges sobre a tradución aclaran e tamén confunden aos seus tradutores. A miúdo hai unha tensión entre o traballo que se require para crear unha versión libre ou ‘natural’ e o que se precisa para crear unha versión que lembre aos lectores que non están a ler o orixinal. Os críticos complican aínda máis esta situación ao presentaren avaliacións contraditorias da transparencia e estranxeirización dos textos borgeanos. Como adoita pasar no caso do escritor arxentino, rematamos...



Escola inclusiva e formação de educadores: reflexões sobre a realidade brasileira

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gaio, Roberta, Dias, Tárcia

O texto tem como objetivo apresentar uma reflexão sobre a escola inclusiva e formação de professores de Educação Física no Brasil a luz do fortalecimento, mundial, do movimento inclusivo e a influência do mesmo na elaboração e efetivação de leis nacionais. Através de uma abordagem teórica, promovemos uma discussão sobre o sentido da escola na formação de crianças e jovens, resgatando o papel da disciplina de Educação Física Escolar e questionando a formação de professores e professoras. O...



Transformacións e permanencia do municipium na Gallaecia baixo-romana (séculos III-V), Transformaciones y permanencia del municipium e la Gallaecia bajo-romana (siglos III-V), Changes and continuity of the municipium in late Roman Gallaecia (3rd-5th centuries)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Calo, Martín

Examínase a evolución do entramado organizativo local da Gallaecia entre os séculos III e V, determinando as trasformacións experimentadas polo municipium asentado nos séculos anteriores e incardinándoas na análoga evolución do Occidente coetáneo. Saliéntase finalmente a aparente permanencia post-romana da estrutura básica deste réxime organizativo



Perfil da vítima de mobbing en Galicia: especial atención ás diferenzas de xénero, Perfil de la víctima de mobbing en Galicia: especial atención a las diferencias de género, Mobbing victim profile in Galicia: special attention to gender differences

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Cabarcos, María Ángeles, Vázquez Rodríguez, Paula, Montes Piñeiro, Carlos

Este traballo analiza o perfil da vítima de “mobbing” entre unha mostra da poboación asalariada de Galicia, prestándolles especial atención ás diferenzas de xénero. Neste sentido, os resultados mostran diferenzas significativas entre os homes e as mulleres en relación coa taxa de incidencia de “mobbing” e co tipo e gravidade das condutas sufridas. En concreto, as mulleres vense máis afectadas polos procesos de acoso psicolóxico que os homes, padecendo un maior número de condutas nocivas, pero...



A situación actual e de futuro dun viño novo: a denominación de orixe Rías Baixas, The Present Situation and Future of a Young Wine: The Designation of Origin Rías Baixas, La situación actual y de futuro de un vino joven: la denominación de origen Rías Baixas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Rodríguez, Paula, Gayo López, Alberto, López Cabarcos, María Ángeles

España é un dos países de Europa occidental que conta cunha maior tradición vitivinícola. A gran variedade de solos e de climas incentivou unha extensa gama de viños, cada un deles marcado por unha personalidade diferente. Todas esas circunstancias determinaron no seu día a necesidade de regulamentar estes viños con denominacións de orixe para protexelos, regula-la producción e garanti-la calidade. O maior patrimonio da denominación de orixe Rías Baixas radica en ser capaces de proporcionar...



Implicacións ambientais do proceso de implantación dos parques eólicos: a situación en Galicia, Las implicaciones ambientales del proceso de implantación de los parques eólicos: la situación en Galicia, Environmental Implications of the Implementation Process of the Wind Farms: The Situation in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueiro Ferreira, Rosa María

O desenvolvemento conseguido polas enerxías renovables nos últimos anos estivo motivado en parte polo auxe conseguido pola enerxía eólica como fonte subministradora de electricidade nun contexto de esgotamento dos recursos fósiles e de busca de recursos alternativos que garantisen o abastecemento, pero cun menor impacto ambiental. Neste contexto, a enerxía eólica destaca pola non emisión de substancias tóxicas ao medio pero, con todo, o proceso de instalación e construción dos parques eólicos...



Os plans eólicos empresariais en Galicia. Unha análise do seu desenvolvemento, Los planes eólicos empresariales en Galicia. Un análisis de su desarrollo, The Galician Wind Energy Policy. An Analysis of Its Development

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montero Muñoz, María, Simón Fernández, Xavier, Giménez Fernández, Eduardo L., Castro Rodríguez, Fidel

Neste traballo descríbense os Plans Eólicos Empresarias, principal figura do marco regulador do sector eólico galego, e a súa incidencia no seu desenvolvemento. Analízanse os obxectivos de potencia instalada, de investimentos globais, de investimentos en/con empresas galegas e de impulso do tecido industrial vinculado coa enerxía eólica e coa enerxía solar. Conclúese que o avance da enerxía eólica en Galicia foi espectacular entre os anos 1995 e 2009, aínda que os obxectivos de política...



Os combustibles e as manufacturas en madeira durante a Idade do Ferro: estudo antracolóxico do xacemento de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra), Woodfuel and the woodworking during the Iron Age: charcoal analysis data from Castrolandín (Cuntis, Pontevedra)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martín Seijo, María

O estudo antracolóxico do xacemento de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra) ofrece información sobre o consumo de especies leñosas como combustibles e para a elaboración de manufacturas nun xacemento castrexo de interior cunha cronoloxía que vai do s. II ANE ata finais do s.I da nosa era