Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

O proxecto eTwinning: tecendo redes entre música e sostibilidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pico Suárez, Sarai

O presente Traballo de Fin de Grao entrelaza os campos de música e ciencia a través dun ambicioso proxecto de colaboración cun alumno da Universidade Pública de Navarra. Este proxecto levouse a cabo a través de eTwinning, unha plataforma dixital de colaboración que facilita a comunicación entre a comunidade educativa de Europa, e das súas inmediacións, creando redes de colaboración entre centros e proporcionando unha grande variedade de recursos aos docentes. Na actualidade, o noso planeta...



Hexemonía, lexitimidade e democracia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendizábal Recuna, Pablo

No presente Traballo de Fin de Grao pretendo clarificar unha perspectiva teórica sobre como se dan as relacións entre a hexemonía, a lexitimidade e a democracia. Deste xeito, abordarei a interrelación entre hexemonía e democracia nas súas dimensións normativas e funcionais. Á hora de abordar as interrelacións que se dan entre estes dous conceptos, o concepto de lexitimidade xoga un papel fundamental. Isto en tanto que a lexitimidade é a base sobre a que se sustenta a relación hexemonía...



Análise das causas da perda dentaria mediante microscopio dixital e a súa correlación clínica e radiográfica, Análisis de las causas de la pérdida dentaria mediante microscopio digital y su correlación clínica y radiográfica, Research about the causes of tooth loss through digital microscopy with the clinical and radiographic correlation

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Mariño, Laura

A perda de dentes causa un efecto negativo na calidade de vida e saúde dos nosos pacientes. O estudo e coñecemento das causas do fracaso dental é fundamental para poder combater isto. Este estudo busca principalmente usar a microscopia dixital como ferramenta de diagnóstico para o análise das causas do fracaso dentario. Para o seu desenvolvemento descalcificouse un total de 6 dentes somerxíndoos en ácido nítrico ao 5% acuoso durante 7 días, unha vez descalcificados cortáronse cun bisturí número...



Levantamentos de tensores dunha variedade ao seu fibrado tanxente

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias López, Antón

Os obxectivos principais deste traballo son: Primeiro, describir os levantamentos, verticais e completos, de distintos obxectos tensoriais (funcións, campos de vectores, 1-formas, campos de tensores...) aos fibrados tanxente e cotanxente dunha variedade diferenciable. En segundo lugar introdúcense, utilizando estes levantamentos, elementos xeométricos canónicos dos mesmos, como son a estrutura tanxente canónica e o campo de vectores de Liouville no fibrado tanxente, ou a estrutura simpléctica...



Pensamento sistémico con enfoque “One Health” na aprendizaxe de problemas de saúde en Secundaria, Pensamiento sistémico con enfoque “One Health” en el aprendizaje de problemas de salud en Secundaria, Systems thinking from the One Health perspective in the learning of health issues in High School

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Pena, Inés

A noción “Unha soa Saúde” (One Health) fai referencia a existencia de relacións interdependentes entre a saúde humana, a saúde animal e a dos ecosistemas. Esta perspectiva resulta clave para a comprensión integral de problemáticas de saúde complexas, como a pandemia de COVID-19. Malia a súa relevancia, existen escasas investigacións de aula que aborden este enfoque na ensinanza de problemas de saúde na aula de ciencias. Este TFM sitúase nesta liña de investigación emerxente na didáctica das...



Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática, Beneficios del entrenamiento musical en las habilidades cognitivas del alumnado de Educación Primaria: una revisión sistemática, Benefits of musical training in cognitive abilities of Primary Education students: a systematic review

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Otero, Xurxo

Existe literatura que investiga sobre a posible influencia do adestramento musical (AM) no desenvolvemento cognitivo do alumnado. Non obstante, apenas contamos con traballos científicos que condensen esta información e ofrezan un estudo específico exclusivo para a etapa de Educación Primaria, dende os 6 aos 12 anos. Así, o obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica que nos permitise coñecer en que medida o exercicio musical pode potenciar as habilidades cognitivas. Polo...



A linguaxe como un medio de comunicación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Pena, Manuela Susana

Esta materia impártese no 3º curso da Diplomatura de Mestre en Lingua Estranxeira, e a pesar de non ter uns requisitos normativos escritos para poder cursala, ó impartirse en lingua inglesa, é recomendable posuír un nivel de inglés oral e escrito equivalente a un upper-intermediate. A materia de Didáctica da Lingua Inglesa, no que se refire ó aspecto lingüístico, forma parte dun bloque formativo dentro da Diplomatura de Lingua Estranxeira que está en relación directa coas materias de Lingua...



Xestión ambiental e control de calidade na industria forestal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marey Pérez, Manuel

Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal (G4071442)” do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural dentro do grupo de materias G4071M12 de Intensificación en Industrias Forestais. No primeiro módulo dedicado a xestión medioambiental da industria forestal consta de dous temas con cadansúa unidade didáctica. No primeiro tema (Ud1) preséntanse os conceptos básicos relativos...



O Holocausto baixo a mirada dos nenos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Escudero, Lúa

A historiografía abordou cumpridamente o tema do Holocausto pero prestou menos atención aos nenos. Este traballo proponse explorar como estes percibiron e documentaron o xenocidio xudeu a través dos seus diarios e debuxos. Examinaranse diversos aspectos, como as políticas antisemitas, a Solución Final e a vida cotiá nos campos de concentración e exterminio. Ademais, analizarase como se lembra o Holocausto na actualidade tanto en contextos oficiais como en institucións e museos, así como na...



Tamén Contamos: a divulgación dixital do VIH desde unha óptica LGTBI e o xornalismo de datos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Portela Otero, Daniel

Hai máis de corenta anos comezou a estenderse unha epidemia que se chegou a coñecer como “cáncer gay”, “peste rosa” ou “síndrome das catro haches”. O tratamento mediático do VIH xerou un estigma cara determinados colectivos na sociedade occidental, como a comunidade LGTBI, que nos peores momentos da epidemia conseguiu artellar unha resposta comunitaria que desafiou á mensaxe institucional en numerosas ocasións. O estigma sobre o VIH non desapareceu e segue pesando sobre todas aquelas persoas...



O TDAH como factor de risco para o consumo de substancias. Unha análise dende a Educación Social, El TDAH como factor de riesgo para el consumo de sustancias. Un análisis desde la Educación Social, ADHD as a risk factor for substance use. An analysis from Social Education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez López, Carla

Este Traballo de Fin de Grao [TFG] investiga a relación entre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade [TDAH] e o consumo de substancias, utilizando unha metodoloxía de análise documental. Tras realizar un marco teórico sobre o estado da cuestión, examínanse dezaseis documentos de bases de datos de relevancia educativa como Dialnet, Scopus e Web of Science. Analízanse doce documentos que se centran na relación entre o TDAH e o consumo de substancias e catro que ofrecen pautas e...



Disidencia, sexualidade e xénero na narrativa galega contemporánea: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez e Nee Barros, Disidencia, sexualidad y género en la narrativa galega contemporánea: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez y Nee Barros, Dissidence, sexuality and gender in contemporary Galician narrative: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez and Nee Barros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Valcárcel, María

O presente traballo de investigaciónten como finalidade analizar as representacións da disidencia sexual e de xénero nunha escolma de obras narrativas da literatura galega, publicadas dende os anos oitenta ata os nosos días. O corpus do estudo está constituído polas obras Amantia, de María Xosé Queizán, Herba Moura, de Teresa Moure, Pirata, de María Reimondez e Nom estamos quebrades, de Nee Barros. A través dunha análise crítica e comparativa, abordaranse personaxes, discursos e conflitos...



Impacto das especies exóticas invasoras nos ecosistemas galegos: proxecto de sensibilización e fomento da acción ambiental dende o ocio sostible, Impacto de las especies exóticas invasoras en los ecosistemas gallegos: proyecto de sensibilización y fomento de la acción ambiental desde el ocio sostenible, Impact of invasive alien species on galician ecosystems: A project to raise awareness and promote environmental action through sustainable leisure

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Ourille, Sara

As Especies Exóticas Invasoras supoñen unha ameaza tan importante como descoñecida. A súa introdución e expansión nos ecosistemas galegos pode provocar devastadoras consecuencias para a biodiversidade local. Esta problemática xustifica a necesidade dun proxecto de intervención que fomente o coñecemento e a acción individual e colectiva ante esta ameaza dende unha perspectiva pedagóxica enmarcada na Educación Ambiental. O presente Traballo de Fin de Grao, circunscrito dentro da modalidade de...



Análise de supervivencia en modelos multi-estado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Dapía, Lucía

A Análise de supervivencia é unha parte da Estatística que estuda tempos de vida, entendidos como o tempo transcorrido desde un suceso inicial (nacemento) ata un suceso final (morte). En múltiples ocasións, ademais destes dous estados inicial e final, hai unha serie de estados intermedios que reflicten a evolución dun paciente ou dun sistema que queiramos estudar. Nestas circunstancias, construíronse modelos que describen as posibles transicións entre estados, e establecéronse procedementos...



Regresión esférica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rendo Blanco, Roi

Este traballo estuda un modelo de regresión para variables esféricas, é dicir, aquelas que están definidas na superficie dunha esfera. Comeza cunha introdución aos conceptos e resultados básicos e necesarios da regresión lineal simple, da múltiple e da non lineal; para posteriormente comezar a tratar con datos esféricos, incorporando as definicións fundamentais. Para isto, axudarémonos de representacións gráficas. Incorporaremos tamén as distribucións máis importantes, onde nos resultará de...



A ecuación da corda vibrante e a xénese da análise de Fourier

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Giao, Paula

O problema da corda vibrante, impulsado como un xeito de explicar a música a través das matemáticas, xerou un dos maiores debates na historia das matemáticas, xogando un papel fundamental no esclarecemento do termo «función» que, ata o momento, non estaba claramente definido e servindo tamén para romper co axioma de fe da época, ao redor do século XVIII. Para resolver este problema foron necesarias aportacións de distintos matemáticos e dende distintas perspectivas. Neste traballo destacaremos...



Predición do tempo con Machine Learning

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez-Brunete Facal, Sofía

Neste traballo búscase construír un modelo de Machine Learning capaz de realizar predicións meteorolóxicas. Para isto, introducirase o funcionamento dos algoritmos de Machine Learning e, en particular, das Redes Neuronais. Exporanse tamén as ferramentas matemáticas detrás do funcionamento destes algoritmos. Posto que os modelos de Machine Learning traballan a partir dun conxunto de información dada, no Capítulo 1 escollerase e analizarase o conxunto de datos que será empregado posteriormente...



Introdución ás ecuacións diferenciais de orde fraccionaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villanueva Doforno, Iago

Este traballo fai un percorrido polo cálculo fraccionando, pormenorizando as diversas definicións de derivadas fraccionarias e os seus usos. Por outra parte introdúcense resultados correspondentes ás ecuacións diferenciais de orde fraccionaria, ás súas aplicacións e á súa utilidade.



Introdución ós conxuntos fractais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Aguiar, Adrián

Un conxunto fractal é aquel que posúe unha dimensión fractal que excede á dimensión topolóxica deste. Algúns presentan autosemellanza, sendo idénticos ao orixinal nos detalles a menor escala. Exploraremos que entendemos por dimensión fractal, dando exemplos de estas e calculándoa para algún conxunto, así como expoñendo as vantaxes e problemas que presenta cada unha. Despois, centrarémonos nos fractais que presentan autosemellanza, que son de gran interese a nivel práctico. Definiremos os...



Os problemas DEA e as súas aplicacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Escudero Sartages, Lucía

Este traballo céntrase no estudo e avaliación da eficiencia de varios aeroportos en España, tendo en conta os datos recollidos durante o ano 2022 [2]. Esta análise realízase utilizando a técnica de Análise Envolvente de Datos (DEA) tras unha revisión teórica detallada dos fundamentos e aplicacións desta metodoloxía. Para procesar e analizar os datos, emprégase o software R [33], unha ferramenta de código aberto, que nos permite calcular a eficiencia destas unidades dentro do sector aéreo. O...



Aparato dixestivo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Pérez, Ana Isabel

O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo organismo. O estudo deste aparato é moi importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso coñecer...



Análise do mercado do moble en España. Situación actual e perspectivas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alberte Fírvida, Óscar

A recente etapa vivida, caracterizada por unha forte desaceleración económica e a falta de confianza dos consumidores, provoca que bens de consumo duradeiro coma os mobles mostren unha forte caída na súa demanda. Así, o obxectivo fundamental do presente estudo é o de levar a cabo unha análise en profundidade do sector industrial do moble en España. A situación actual caracterízase por unha forte contracción dos niveis produtivos, do número de empresas e da empregabilidade no sector. Ante esta...



A Sociedade de Responsabilidade Limitada e doutrina do levantamento do veo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bugallo Porto, Sara

O obxecto do presente traballo é a análise da aplicación da doutrina do levantamento do veo cando o ente interposto é unha Sociedade de Responsabilidade Limitada. Para iso, a modo introdutorio farase unha breve referencia á orixe e evolución da figura, acudindo primeiro á xurisprudencia da doutrina de terceiros desenvolta polo Tribunal Supremo durante as primeiras décadas do século XX. A continuación, será obxecto de estudo a STS de 30 de maio de 1984 que marca un...



Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Vizcaíno, Elvira

As plantas son seres vivos cunhas particularidades morfolóxicas e biolóxicas polas que se inclúen no Reino Plantas. Forman parte da nosa vida cotiá (alimentos, bebidas, menciñas, materias primas como a madeira, papel, combustíbeis fósiles, entre outros), resultando indispensábeis para a vida animal e humana en particular. Son a principal fonte de fotosíntese na Terra (outros seres vivos fotosintetizadores como as algas, xunto coas bacterias fotosintetizadoras, o son en medios acuáticos),...



Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miranda Castañón, Marta Inés, Rigueira Rey, Lucas

Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar...



Resolución numérica de ecuacións de Fokker-Planck nunha dimensión espacial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Pedrares, Javier

[GL] O traballo comeza introducindo un coñecido problema no mundo da física, o cal formulamos matematicamente. Posteriormente continuamos describindo un esquema numérico que permite obter unha solución para o problema baseado nas diferenzas finitas. Ademais dunha formulación matemática apórtase unha visión e unha explicación física do problema. Finalmente, describimos o algoritmo iterativo que resolve o problema e implementámolo en Matlab para obter resultados numéricos.



Técnicas matemáticas de planificación e programación de proxectos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Picáns Rey, Mario

[GL] As técnicas de programación e planificación de proxectos son métodos que axudan á dirección dun proxecto, relacionando todos os factores que interveñen, e presentando a situación dende unha perspectiva máis clara, facilitando a toma de decisións e a análise dun proxecto. Os principais obxectivos que teñen as diferentes técnicas de planificación, son a optimización da duración e do custo das actividades que conforman o proxecto, a distribución óptima dos recursos, e a estimación da duración...



Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casas Fontán, Ángela

[GL] Un breve percorrido sobre a evolución histórica do concepto de función trata sobre os diferentes momentos históricos polos que este concepto atravesa e como evoluciona segundo as diferentes necesidades ás que os matemáticos se van enfrentando. Este percorrido comeza hai 4000 anos, momento no que temos constancia das primeiras anticipacións ao concepto da man da civilización babilónica. A seguinte parada é Grecia, onde matemáticos como Euclides e demais xeómetras gardan, sen sabelo, o...



Ao redor do feminismo decolonial en Abya Yala: xénero, raza e colonialidade: colectánea dos resultados dunha investigación bibliográfica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Rivera, Érika

Este traballo é o resultado do proxecto realizado ao longo do curso 2020/2021 no marco dunha bolsa de colaboración coa Área de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O seu cometido era o de levar a cabo unha investigación bibliográfica sobre unha das correntes feministas que está adquirindo un notable auxe nesta cuarta vaga do feminismo contemporáneo: o feminismo decolonial de Abya Yala. Nestas páxinas, o lector encontrarase cunha antoloxía de fichas de lectura que fun...



Unha introdución á Topoloxía dos espazos euclidianos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Oubiña Galiñanes, José Antonio, Vázquez Abal, María Elena

Esta é a versión imprimible das presentacións utilizadas para impartir a docencia da materia “Topoloxía dos Espazos Euclidianos” no primeiro curso do Grao de Matemáticas na USC. Estúdanse os conxuntos abertos e pechados nos espazos euclidianos e os relativos aos seus subconxuntos, a caracterización da topoloxía pola converxencia de sucesións, a continuidade, homeomorfismos e propiedades topolóxicas, e especialmente a conexión e a compacidade nos subconxuntos dos espazos euclidianos



Valoración de opcións americanas con tipos de interese negativos: Aplicacións a opcións reais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez González, Abel

[GL] As opcións americanas con tipo de interese negativo baixo certas condicións dan lugar á aparición dunha dobre rexión de continuación non estándar e, debido a esto, estudiamos as propiedades da dobre fronteira libre que separa a dobre rexión de continuación e a rexión de exercicio. A súa vez, estudamos os métodos numéricos necesarios para a resolución de problemas de valoración de opcións e vemos algunhas aplicacións reais que estes problemas poden ter.



O Péndulo de Foucault: a xeometría diferencial da forma e do movemento da Terra

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Paz Valiela, Carlos

[GL] Nesta memoria, o noso obxectivo é mostrar o funcionamento do Péndulo de Foucault, o que nos levará a ser capaces de probar a rotación da Terra. Faremos uso de técnicas de xeometría diferencial, coma a derivada covariante ou a holonomía, que nos permitirán unha comprensión da xeometría e dinámica do péndulo.



De lonxitudes, áreas e volumes a medidas: un breve percorrido histórico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quintans Vinke, Claudia Johanna

[GL] A necesidade de calcular lonxitudes, áreas ou volumes preséntasenos de forma habitual: á hora de comparar precios ao facer a compra, ou cando decidimos que camiño tomar, medimos de forma natural as cantidades antes de elixir. Entendemos de forma intuitiva o cálculo de moitas áreas e volumes, mais engadir rigor matemático a estas ideas non e unha tarea sinxela. Neste traballo faremos un percorrido histórico seguindo o desenvolvemento de diversas aproximacións e cálculos que tiveron lugar...



Rankings baseados en problemas DEA

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villanustre Otero, Julián

Os problema DEA (Charnes et al., 1978) plantéxanse co obxectivo de medir a eficiencia relativa individual dunha DMUs (Unidades de toma de decisión) dentro dun conxunto delas. En concreto, preténdese clasificar as devanditas DMUs dacordo coa súa capacidade de influír na eficiencia global do sistema. Para acadar este obxectivo, faremos uso da teoría de xogos cooperativos a través da definición de xogos TU específicos e o uso de solucións específicas para os mesmos. Neste traballo preséntanse...



Dixitalización e innovación: dixitalización da economía e impacto nas PEMES: o caso das PEMES galegas do sector alimentario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Gendra, Alejandro

O obxectivo deste traballo é realizar en primeiro lugar unha aproximación teórica ao concepto de dixitalización, así como mostrar a diferenza con outros procesos semellantes como son a transformación dixital e a innovación. Trátase dun tema que cobra unha gran importancia nos últimos anos, non só por atoparse en pleno auxe da era dixital, senón tamén polo efecto motivador que exerce a UE co seu Plan Next Generation, así como o plan de dixitalización a nivel español. Abordarase esta temática...



Grafos planares e triangulación de superficies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodil López, Noel

Neste traballo, levaremos a cabo un estudo detallado dun artigo publicado por Carsten Thomassen en 1992, no que presenta probas elementais de catro grandes teoremas, culminando co Teorema de Clasificación de Superficies Pechadas. Profundizaremos nos resultados e as probas expostas neste artigo, e propoñeremos algún resultado adicional para facelo máis doado de seguir. Tamén engadiremos numerosas ilustracións dos conceptos e probas máis importantes, e aclararemos todos os detalles que o autor...



Métodos de prevención de ataques de lobo ao gando e a súa aplicación en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silvarrey López, Sabela

O lobo (Canis lupus) é o maior depredador da Península Ibérica. A relación entre este animal e os humanos comezou no Paleolítico pero viuse interrompida pola chegada da gandería durante o Neolítico. Na actualidade, a nivel europeo existen 9 poboacións diferentes deste depredador. Dentro do territorio peninsular, encontramos 297 mandas da subespecie signatus en proceso de expansión cara o sur e o leste e, no marco da nosa comunidade autónoma, atopamos 90 mandas reprodutoras distribuídas ao longo...



Deseño dun proxecto de educación emocional para alumnado de sexto de educación primaria: atrévete a emocionarte!, Diseño de un proyecto de educación emocional para alumnado de sexto de educación primaria: atrévete a emocionarte!, Design of an emotional education project for sixth graders: dare to get excited!

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Laranjo, María

A pesar de que cada vez son máis os/as profesionais e as institucións que apostan por introducir programas, recursos e metodoloxías relacionadas coa educación emocional, este proceso socioeducativo segue a ter unha influencia moi débil no que respecta ao currículo escolar do noso territorio. Isto débese a que aínda se mantén presente a idea de que a adquisición de coñecementos teóricos e contidos académicos é máis importante que desenvolver as nosas habilidades sociais, así como as capacidades...



A aprendizaxe baseada en competencias como paradigma formativo na Educación Primaria. Deseño dun proxecto de formación para profesorado en Galicia, El aprendizaje basado en competencias como paradigma formativo en Educación Primaria. Diseño de un proyecto de formación para profesorado en Galicia, Competence-based learning as an educational model for Primary Education. Design of a training syllabus for teacher in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Ocampo, Nuria

A promulgación da LOMLOE no ano 2020 supuxo un impulso á aprendizaxe baseada en competencias (AbC) en todos os niveis educativos. Así pois, no presente TFG proponse a elaboración dun proxecto de formación para o profesorado de Educación Primaria de Galicia, onde a temática principal serán as metodoloxías de ensino que favorezan unha aprendizaxe competencial no alumnado, ao amparo da normativa da Comunidade Autónoma sobre a ordenación e o currículo de Primaria. Por tanto, enmárcase dentro da...



Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil, Aprovechamiento educativo de los parques naturales urbanos desde la perspectiva del profesorado de la Educación Infantil, Educational exploitation of natural urban parks from the perspective of Early Childhood Education teachers

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias González, Helena

Neste traballo analízase o uso dos parques urbanos por parte do profesorado de Educación Infantil que participa no estudo e as aplicacións educativas que poden ofertar estes parques para os centros educativos das cidades. O obxecto de estudo consiste en analizar a perspectiva do profesorado sobre as vantaxes e limitacións do contacto directo co medio natural, o emprego destes espazos naturais urbanos e os usos educativos que se lles poden dar. A metodoloxía seguida é a investigación de campo na...



Codificación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bouzada Gil, María Teresa

A disciplina xurídica Fundamentos Históricos do Dereito atópase na Memoria de Grao da Facultade de Dereito da USC como unha materia troncal no primeiro cuadrimestre do primeiro curso, cunha asignación de seis créditos ECTS. Nesta materia abórdase a evolución do Dereito español, das súas fontes e das súas institucións, dende a chegada dos romanos á Península ata a actualidade. A vinda dos romanos supuxo un fito xurídico fundamental na nosa historia xurídica, ata o punto que se chegou a definir...



As industrias lácteas. Os seus inicios e o despegue da actividade de transformación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabana Iglesia, Ana

Nesta UD os alumnos/as atoparán información sobre os diferentes modelos de industrias agroalimentarias dedicadas á transformación e comercialización do leite presentes en Galicia dende finais do século XIX ata hoxe en día: empresas familiares, cooperativas, multinacionais e centrais leiteiras. A súa evolución será estudada inscribíndoa nos marcos estatal e europeo de modo que se consiga solvencia no coñecemento de realidades parellas e/ou diferentes ás existentes en Galicia, tanto no que se...



Decisións de prezos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Neira, María Concepción

Na actualidade, a Comercialización –tradución española do termo anglosaxón Marketing– está en todas partes. As persoas e as empresas levan a cabo múltiples actuacións que poderían considerarse “comerciais”. De feito, o márketing é cada vez máis importante para lograr o éxito empresarial. Isto débese a que se centra nas necesidades, desexos e demandas dos consumidores e na forma de satisfacelas de xeito rendible. As relacións co mercado constitúen unha peza clave na estratexia empresarial para...



A comunicación externa nas organizacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Túñez López, Miguel

As organizacións funcionan interactuando en sistemas sociais que se comportan como entidades vivas, complexas e cambiantes. Por iso deben ser analizadas desde perspectivas multidisciplinares para conseguir intervencións que transcendan do ámbito de cada ciencia e eviten análises illadas porque, como apunta a Teoría Xeral de Sistemas1, toda organización está inmersa nun sistema holístico, é dicir, nunha contorna na que non pode planificar e actuar completamente illada do sistema social,...



Manexo optométrico en pacientes con diabetes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamarina Anes, Antía

A diabetes é unha enfermidade de gran importancia a nivel mundial actualmente, cuxa prevalencia está en constante aumento. Esta condición leva a complicacións graves se non se detecta e manexa adecuadamente. Unha das principais preocupacións é que, nas súas fases iniciais, a diabetes pode cursar de maneira asintomática. Por elo, a detección temperá é fundamental para minimizar os riscos asociados. Enfermidades relacionadas, tales como a retinopatía diabética ou o edema macular diabético, son...



O éxito no liderado a través do estudo da autoeficacia no alumnado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, El éxito en el liderazgo a través del estudio de la autoeficacia en el alumnado de la Facultad de Ciencias Políticas y Sociales de la USC, Leadership success through the study of self-efficacy in students at the Faculty of Political and Social Sciences at the USC

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Moroño, Ánxela

O liderado é a capacidade que ten un individuo de influír noutro ou nun grupo de individuos para lograr un ou varios obxectivos. Esta investigación pretende analizar o éxito no liderado dunha mostra de estudantes e examinar se a personalidade normal, avaliada mediante o modelo dos Big Five, pode predicir este éxito. Para realizar esta tarefa establecéronse catro obxectivos. O primeiro deles é o estudo do liderado mediante a avaliación da autoeficacia no liderado e do potencial percibido para o...



O papel do recoñecemento emocional no diagnóstico diferencial entre a variante condutual da demencia frontotemporal e a demencia de Alzheimer: unha revisión sistemática

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Facal, Julia

A demencia frontotemporal (DFT) é a terceira enfermidade dexenerativa máis común en persoas maiores de 65 anos. A súa variante condutual (DFTvc), que supón o 50% de casos, asóciase cunha dexeneración progresiva dos circuítos neurais implicados na cognición social. A presentación máis frecuente da demencia de Alzheimer (DA), pola súa parte, está asociada coa dexeneración hipocampal e caracterízase por un marcado deterioro da memoria episódica, mentres que a súa variante frontal presenta unha...



Retrato dunha Galiza en tránsito

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casanova Martínez, Emma

As fondas transformacións socioeconómicas acaecidas en Galiza no último medio século mudaron radicalmente o perfil económico, demográfico, laboral e social do territorio. En pouco máis de trinta anos, Galiza pasou de ser unha economía eminentemente agraria e rural a ser unha economía máis moderna, dinámica, conectada e mellor posicionada. Con todo, tamén se presenta como unha sociedade máis vella, máis concentrada xeograficamente e con profundos retos aos que debe facer fronte. A repoboación do...



Unha mirada feminina á “xudicialización da violencia golpista”: a causa militar incoada contra Urania Mella Serrano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Baliño Rodríguez, Paula

No presente traballo analízase a violencia golpista implementada dende o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a través do labor dos tribunais militares, centrándonos, dende unha visión micro, nas especifidades de xénero. Primeiramente, analizarase en que consistiu a “xudicialización da violencia golpista”, profundizándose na principal ferramenta de mesma: os xuízos sumarísimos. Destes, examinaranse as características que os definían e, especialmente, as razóns que motivaron a súa...



Análise topolóxica de datos e sistemas dinámicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez López de la Vega, Ramón

Logo de introducirnos na análise topolóxica de datos e nos sistemas dinámicos, o noso obxectivo será combinar ambas disciplinas para obtermos un resultado usando homoloxía persistente para dar unha cota inferior á entropía dun sistema dinámico.



Plantas Invasoras

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Varela, Ramón Alberto

As invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta. A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto...



Cálculo financeiro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o cálculo financeiro e as diferentes formas de capitalización e desconto que se utilizan na práctica para valorar activos. Aínda que parte dos coñecementos que se desenvolven nesta unidade xa son coñecidos polo estudante que xa cursou un curso de matemáticas...



Cestodoses

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Fernández, Pablo, Panadero Fontán, Rosario

Esta Unidade didáctica denominada Cestodoses forma parte da materia Enfermidades Parasitarias I que se imparte no segundo semestre do 3º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 2 grandes bloques. No primeiro trátanse aspectos básicos da enfermidade parasitaria, que conforman unha única unidade didáctica. O segundo, constituído por varias unidades didácticas, está dedicado ao estudo dos aspectos patoxénicos, clínicos, diagnósticos e terapéuticos das distintas helmintoses...



Juan Antonio Saco Arce no Rexurdimento galego, Juan Antonio Saco Arce en el Rexurdimento gallego, Juan Antonio Saco Arce and the Galician Renaissance (Rexurdimento)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villanueva Patao, Belén

No século XIX prodúcese un cambio en positivo cara á dignificación e estudo da lingua galega. Logo dun período de escuridade no que se deu un baixo nivel de uso escrito do galego e en que éste sufriu un proceso de substitución lingüística, danse unha serie de factores que propiciarán un cambio na mentalidade da época. Esas causas, e o Rexurdimento no seu conxunto, serán o noso primeiro obxecto de estudo. De seguido, situaremos a figura de José Antonio Saco Arce neste contexto de aparición e...



Análise socioeconómica dos barrios de San Lourenzo e Carme de Abaixo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Irimia Paz, Manuel

Neste traballo vaise analizar os barrios de San Lourenzo e Carme de Abaixo, ambos pertencentes á “área urbana” da cidade de Santiago de Compostela. Faise conxuntamente e non por separado debido á forte conexión entre os dous barrios, ás veces confundidos. Pode darse que se atope tamén algunha referencia a certa parte do barrio do Pombal ou á Rúa de Galeras, tamén limítrofes cos outros dous



Predición electoral mediante promedios de enquisas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couselo Silveira, Javier

[GL] Ante un escenario electoral xorde o interese de anticipar quen gañará e como será o reparto de votos resultante. Nas semanas e meses previos véñense facendo sondaxes por parte de diferentes casas de enquisas. Neste contexto, aparece a idea de agregar enquisas, isto é, considerar un conxunto amplo de enquisas feitas ata ese momento e usalas para facer un promedio que prediga o resultado o día das eleccións. Este será un promedio local que priorice as enquisas máis próximas ó día do que se...



Caos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Ángel Pablo

[GL] A Teoría do Caos é a rama das matemáticas que estuda o comportamento e evolución de sistemas dinámicos caóticos, nos cales resulta moi complicado predecir o comportamento futuro do sistema. Ao longo deste traballo presentaremos as definicións básicas e veremos algúns dos resultados máis relevantes no referente ao caos, así como veremos algúns exemplos clásicos de caos: a función loxística e o atractor de Hénon (sistemas discretos) e os atractores de Lorenz e de Rössler (sistemas continuos).



Optimización en modelos de regresión

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miranda Mouzo, Fabián

[GL] O obxectivo deste traballo é a introdución de diversos métodos de optimización para o cálculo de parámetros en distintos modelos de regresión, centrándonos especialmente nos que teñen a propiedade de ser convexos. Para isto, comezamos expoñendo os modelos de regresión lineal, tanto simple como múltiple, plantexándoos como problemas de optimización e dando unha solución explícita do cálculo dos seus parámetros obtida por mínimos cadrados. No seguinte capítulo, falamos brevemente da...



Sobre o problema inverso de Galois para grupos abelianos finitos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lago Fidalgo, Raquel

O Problema Inverso de Galois, no seu enunciado clásico, trata de determinar para que grupos finitos G existe unha extensión de Galois sobre Q que teña grupo de Galois isomorfo a G. Neste traballo tratarase o caso particular no cal o grupo finito sexa ademais abeliano. A exposición do traballo divídese en dúas partes. Na primeira parte probarase que, no caso de grupos abelianos, sempre existe unha extensión que resolve o Problema Inverso de Galois. Na segunda parte demóstrase o Teorema de...



Estabilidade dos algoritmos da álxebra lineal numérica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Gómez, Adrián

A análise do erro cara atrás, técnica principalmente desenvolta e popularizada por James H. Wilkinson, baséase en explicar os erros de redondeo na solución calculada dun problema matemático como consecuencia dunha lixeira perturbación dos respectivos datos de entrada. No Capítulo 1 incluímos algunhas definicións, notacións e resultados acerca da aritmética en coma flotante, nos que se fundamenta o resto do traballo. No Capítulo 2 describimos como se leva a cabo a análise do erro cara atrás e...



Deseño e implementación dunha proposta para a aprendizaxe de programación en Java, Diseño e implementación de una propuesta para el aprendizaje de programación en Java, Design and implementation of a teaching sequence for learning Java

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ordóñez Iglesias, Álvaro

Programación era ata hai pouco tempo unha materia restrinxida aos ciclos de formación profesional ou aos graos universitarios. Hoxe en día, a cada vez maior importancia que lle outorgan a sociedade e os poderes económicos fixo que esta forme xa parte dos currículos de educación primaria e secundaria. Neste traballo de fin de máster preséntase o deseño e posta en práctica dun conxunto de actividades para a materia de programación en Java do ciclo superior en Desenvolvemento de Aplicacións...



Os petróglifos de Terra de Montes e a súa percepción social

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Soto Cardesín, Iván

Os petróglifos son elementos culturais prehistóricos que, xunto con mámoas e castros, forman unha parte importante da identidade galega. A pesar de que en Galicia se concentran no litoral atlántico, en zonas como o curso baixo e medio do río Lérez, co paso do tempo tamén se atopa cada vez unha maior cantidade deles en zonas de interior, aínda que cunha concentración menor e cunha variedade tipolóxica máis repetitiva. Este traballo non busca servir como un catálogo completo de todos os...



Polonia: o recordo de dous pasados traumáticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dans Fernández, Marina

Neste traballo analizarase o recordo acerca do pasado de Polonia durante os dous totalitarismos que experimenta dende o estalido da Segunda Guerra Mundial, é dicir: a ocupación Nazi e a Ditadura comunista subordinada á URSS. Tamén se atenderá ó período de Transición que comeza en 1989, co fin de comprender como se chega á situación actual. O traballo centraráse especialmente no tratamento do pasado en diferentes momentos históricos, co fin de comprender como e por que a memoria histórica foi...



Análise e descrición do hábito tabáquico da poboación adulta nova : implicacións para o deseño de futuras intervencións psicolóxicas de saúde móbil para deixar de fumar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Andrea

O tabaquismo continua sendo a primeira causa evitable de enfermidade, invalidez e de morte prematura no mundo. Dado que as características da poboación adulta nova fumadora se atopan habitualmente pouco descritas na literatura, o obxectivo deste estudo consiste en analizar e describir as características do hábito tabáquico deste sector da poboación e examinar a súa opinión sobre as aplicacións móbiles para deixar de fumar e as barreiras percibidas para o seu uso. Levouse a cabo un estudo de...



O consumo normal de alcol: unha revisión bibliográfica e un estudo de campo, El consumo normal de alcohol: una revisión bibliográfica y un estudio de campo, Normal alcohol consumption: a bibliographical review and a field study

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Pérez, Francisco José

O consumo de alcol, cunha alta prevalencia, ten diversos efectos prexudiciais na saúde, que supoñen unha gran carga de enfermidade a nivel global, cun risco que aumenta con calquera cantidade de alcol. Isto fai imprescindible o rexistro preciso do consumo na anamnese, que pode verse dificultado pola normalización social deste. Co obxectivo de profundar na definición de consumo normal de alcohol, tanto por parte da comunidade científica como pola poboación, realizouse, por un lado, unha revisión...



Razoamento pragmático

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Valiña García, María Dolores

A habilidade para razoar é fundamental na nosa vida cotiá. Moitos dos xuízos que emitimos e das decisións que tomamos dependen da nosa capacidade para elaborar inferencias. Estas habilidades inferenciais non son exclusivas da investigación científi ca ou do ámbito de determinados profesionais. Todas as persoas derivamos conclusións a partir da información da que dispoñemos. Cando a partir de certa información de acontecementos previos ou de determinados supostos chegamos a nova información,...



Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Rodríguez, Paula, Vila Vázquez, Guadalupe

O persoal directivo ten que enfrontar hoxe en día novos retos. As funcións tradicionais da administración ―planificar, organizar, dirixir e controlar― deben ser levadas a cabo de forma axeitada para que a organización acade o éxito empresarial. Pero, ao contrario que antigamente, o desempeño destas funcións non só lles corresponde aos altos directivos, senón que se disemina entre os diferentes niveis da organización e dá como resultado organizacións máis descentralizadas e máis flexibles,...



O delito de acoso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Rivas, Natalia

O acoso defínese, de forma xenérica, como «unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados». Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con...



Modelos de financiación das radiotelevisións públicas en Europa, Modelos de financiación de las radiotelevisiones públicas en Europa, Financing models for public broadcasters in Europe

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Cantelar, Paula

Nun contexto de cambios no consumo e nos soportes dos servizos de comunicación de masas faise preciso estudar novas vías de financiamento dos medios ou adaptar os existentes ás novas realidades, todo para que poidan sobrevivir. A Comisión Europa pon especial atención neste eido a respecto dos medios de comunicación públicos, pois un axeitado financiamento destas corporacións deriva nunha maior independencia na súa actuación en prol do servizo público. Co obxectivo de pescudar o modelo que...



MELONI, un Marqués en La Gomera: elaboración dun podcast xornalístico-narrativo - A historia de Franco Meloni en La Gomera

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Diéguez Couñago, Aldara

Este traballo sintetiza os esforzos realizados na ideación, creación e edición dun podcast sobre a vida de Franco Meloni, pai da actual presidenta italiana, Giorgia Meloni, durante a súa estancia en La Gomera, a segunda illa máis pequena de Canarias, onde pasou un periodo incerto -case 10 anos-dende mediados dos anos 80 ata 1994. Para a realización deste podcast, houbo crearse un plan de rodaxe en La Gomera, a onde me despracei para realizar entrevistas, captar ambientes sonoros e coñecer...



A Lei do “si é si” e o seu impacto na percepción da violencia de xénero: un estudo da cobertura mediática e da opinión pública en España (2020 – 2023), La Ley del “sí es sí” y su impacto en la percepción de la violencia de género: un estudio de la cobertura mediática y la opinión pública en España (2020 – 2023), The “sí es sí” Law and its impact on the perception of gender – based violence: a study of media coverage and public opinion in Spain (2020 – 2023)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Galbán, Aida

Os obxectivos do presente traballo son examinar o papel dos medios de comunicación na configuración da opinión pública no que respecta á Lei do “si é si” e a percepción actual da cidadanía no que respecta á concienciación sobre a violencia de xénero. A consecución destes obxectivos levouse a cabo mediante unha metodoloxía mixta e cun análise de datos a través do aplicativo SPSS. Finalmente, tras unha minuciosa análise obtívose que os medios de comunicación si tiveron influencia significativa na...



Bailarinas de pés descalzos: proxecto expositivo sobre as pioneiras da danza moderna en España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro López, Ana Belén

[GAL] Bailarinas de pés descalzos, cuxo título fai referencia ao sobrenome co que Rubén Darío bautizou a Tórtola Valencia, é unha proposta de exposición itinerante que promove o papel das mulleres pioneiras da danza moderna en España. A danza moderna é un xénero que encarnou os ideais modernistas a finais do século XIX e principios do XX, cuxas artistas desafiaron a artificialidade do ballet clásico, que dominaba a escena occidental nese tempo. Contrariamente, buscaban un movemento “natural” e...



Factores bióticos e abióticos que afectan á abundancia do Pardal común (Passer domesticus) na cidade de Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Souto, Alejandro

A evolución ao longo de 3.500 millóns de anos deu lugar a unha inmensa biodiversidade, pero o crecemento humano descontrolado está a causar a extinción acelerada das especies. Esta "Sexta Extinción", impulsada pola urbanización, a fragmentación de hábitats, a contaminación e a sobreexplotación, ameaza os ecosistemas e os servizos esenciais que estes proporcionan aos seres humanos. Aínda así, as cidades poden converterse en "refuxios do Antropoceno", ofrecendo hábitats...



Diarios UCI na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos como medida de prevención fronte ao síndrome pos-coidados intensivos pediátricos: estudo piloto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Campos Gómez, Raquel

Introdución: O ingreso na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP) pode resultar traumático tanto para o menor ingresado como para a súa familia. Esta situación pode levar a que se desenvolva o chamado Síndrome Pos-Coidados Intensivos pediátricos (SPCI-p). Os diarios UCI constitúen unha ferramenta terapéutica que pretende a prevención do desenvolvemento de dito síndrome e unha mellora na recuperación pos-alta. Obxectivos: Explorar a utilidade do emprego dos diarios UCI na UCIP como...



O Segundo Sexo e o seu eco silenciado: a influencia de Simone de Beauvoir no feminismo español (1949-2000)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gey Lesende, Sabela

O Segundo Sexo de Simone de Beauvoir exerceu unha influencia determinante na evolución do feminismo en España, malia a censura franquista. A súa difusión, primeiro clandestina e logo institucional, converteuna nunha obra fundamental para comprender a loita pola igualdade de xénero no século XX. A lectura desta obra permitiu repensar o papel social e político das mulleres. Foi tamén unha fonte de inspiración para o feminismo español da Transición.



A educación afectivo sexual e as condutas sexuais de risco no estudantado da USC

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marcote Suárez, Marcote

Introdución: As condutas sexuais de risco están en aumento entre a mocidade española, especialmente durante a adolescencia e etapa universitaria. Esta situación contribúe ao incremento de ITS ou dás agresións sexuais. Factores como a carencia dunha educación sexual adecuada e o uso da pornografía como fonte de información agravan o problema. A pesar das recomendacións da UE e da UNESCO, España carece dunha lexislación sólida que garanta unha educación sexual integral e obrigatoria nas etapas...



A educación rural: identidade profesional e transformación educativa dende unha mirada narrativa na comarca de Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Neira Botana, Laura

A escola rural, invisibilizada e silenciada durante tanto tempo, pasou por numerosas transformacións condicionadas por cambios sociais, políticos e educativos. A súa documentación, análise e reflexión crítica permítenos coñecer o pasado e entender o presente desta, recoñecendo avances significativos e grandes perdas que se foron dando ao longo dos anos. Nesta liña, o seguinte traballo pretende estudar a evolución da educación rural nos arredores de Santiago de Compostela a través das historias...



Literatura, infancia e escola

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Pedreira, Rocío, Neira Rodríguez, Marta, Ferreira Boo, Carmen

Literatura, infancia e escola é a primeira das catro unidades didácticas que compoñen a programación da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela comézase falando da importancia dos libros e da lectura na sociedade, para logo profundar a nivel teórico en conceptos como a literatura infantil, a educación literaria, a mediación lectora en contexto escolar e a educación en valores a través de obras literarias.



O mundo do libro infantil nas aulas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Pedreira, Rocío, Neira Rodríguez, Marta, Ferreira Boo, Carmen

Esta unidade didáctica constitúe a última das catro unidades que conforman a programación completa da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela trátanse contidos vinculados coas posibilidades dos libros-obxecto e dos libros informativos na aula de infantil.



Desigualdades en Problemas de Olimpiadas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Zavalza, Julio

O obxectivo principal deste traballo será presentar as diferentes desigualdades matemáticas empregadas para resolver moitos dos problemas propostos nas distintas competicións de Olimpiadas Matemáticas, desde o nivel local ou autonómico até o internacional e a relativamente nova EGMO, a nivel feminino. Ademáis, recóllese unha escolma de problemas resoltos mediante o uso de unha ou varias destas desigualdades, facendo notar a potencia que teñen para aproximar ou resolver cada problema. Deste...



O teorema de Lax-Milgram

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Charlín Menéndez, María

Neste Traballo de Fin de Grao propónse o estudo exhaustivo do Teorema de Lax-Milgram, comezando pola maneira na que xurdiu, seguindo coa súa respectiva demostración e rematando con algunhas das súas posibles aplicacións. Antes de abordar o traballo, realizarase unha introdución para comprender como xurde este resultado a partir do estudo de ecuacións en derivadas parciais, ademais do seu contexto histórico. No primeiro capítulo, levarase a cabo unha revisión de conceptos e resultados relativos...



Elementos de criptografía cuántica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alfonso Rodríguez, Raquel

As comunicacións cuánticas xorden de maneira contemporánea á Teoría da Información clásica, cun maior potencial de computación pero tamén cunha maior desvantaxe de transmisión física. O presente traballo trata da comparación entre estas dúas formas de enviar información, do formalismo matemático detrás da mecánica cuántica, dos protocolos máis relevantes dunha nova criptografía adaptada a este fenómeno e dos primeiros códigos correctores de erros cuánticos.



Teorema fundamental dos módulos de Hopf

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ares García, Brais

A teoría das álxebras de Hopf nace nos anos 40 do século pasado a raíz do traballo do topólogo alemán Heinz Hopf. Debido ás súas numerosas aplicacións, principalmente no ámbito da física cuántica, o interese por esta área de estudo incrementouse notablemente nas últimas décadas. O obxectivo deste traballo é dar unha visión xeral desta teoría, coa intención de demostrar un dos seus resultados clásicos: o Teorema Fundamental dos Módulos de Hopf. En primeiro lugar, co propósito de definir o...



Programación linear enteira

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Fernández, María Ángeles

A unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Formación Básica Programación linear e enteira, de 6 créditos ECTS que se imparte no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Matemáticas. A materia á que corresponde forma parte da Formación Obrigatoriaque a titulación oferta en segundo curso. Pretende, por unha banda, que o alumnado afiance e desenvolva as destrezas fundamentais en relación á programación linear e enteira e ademais, propicia unha toma de contacto...



Ecuacións diferenciais. Aplicacións á bioloxía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Figueroa Sestelo, Rubén

A presente unidade didáctica enmárcase dentro da materia Matemáticas para Bioloxía, que pertence ao primeiro curso do plan de estudos do Grao en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Esta materia nace como ferramenta para que os futuros biólogos e biólogas adquiran os coñecementos e destrezas matemáticas necesarias para exercer no futuro a súa profesión científica. Máis concretamente, esta materia pretende proporcionar unha formación básica en cálculo infinitesimal e ecuacións...



Valoración de opcións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir diferentes formas ou modelos de valoración de contratos de opcións. Utilizando os suposto de non arbitraxe e a replicación, analízase a valoración binomial, a valoración de Black-Scholes e a valoración por simulación, modelos que utilizan diferentes...



As escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de Monterroso, Las escuelas de los centros penitenciarios: estudio del caso de Monterroso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fresno Saá, Elena

Ao longo deste traballo facemos un estudo sobre o funcionamento e a organización das escolas penitenciarias españolas, e centrámonos particularmente no caso da escola do Centro Penitenciario de Monterroso (provincia de Lugo). Unha vez detallados os obxectivos e a metodoloxía do traballo, facemos referencia aos diferentes documentos legais que apoian as funcións e bases organizativas das escolas dos centros penitenciarios. Despois de facer este achegamento normativo, expoñemos diferentes teorías...



A música na obra de Lois Pereiro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Souto, Xoán Carlos

Pódese afirmar que a música condiciona a escrita de Lois Pereiro. A partires dun gusto musical ecléctico (dende o rock e o punk até chegar á música clásica ou ó blues), a mesma ten numerosas referencias na súa obra: “tanto se apropia de títulos e de citas como fai encaixes ou diálogos intertextuais”. Esta perspectiva sobre a obra de Lois Pereiro vincula a súa imaxe á da súa xeración, reivindicada por el mesmo como perdida.



Coccidiose de aves e mamíferos e criptosporidiose

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díez Baños, Pablo, Díaz Fernández, Pablo

Esta unidade didáctica denominada Coccidiose de aves e mamíferos e Criptosporidiose forma parte da materia Enfermidades Parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas. Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y...



Patoloxías metabólicas asociadas á lactación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miranda Castañón, Marta Inés, Rigueira Rey, Lucas

Esta unidade didáctica denominada Patoloxías metabólicas asociadas á lactación forma parte de Aspectos básicos e clínicos da lactación, materia optativa que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia trátase o proceso fisiolóxico da lactación dun xeito transversal. Nunha primeira parte estúdanse os aspectos básicos do proceso relacionados coa estrutura anatómica e a formación da glándula mamaria, coa síntese e secreción dos compoñentes do leite e coa...



A Unión Europea e o individuo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lirola Delgado, Isabel

A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aínda que a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus...



Aproximación á economía circular na Unión Europea. Estudo de caso de modelos de negocio circulares nos sectores dos plásticos e da electrónica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Soto, Belén

Este Traballo Fin de Máster aborda a temática da sustentabilidade e o cambio sistémico por medio da economía circular. O estudo da economía circular lévase a cabo a nivel europeo e, en particular, céntrase en dúas das áreas estratéxicas marcadas pola Unión Europea neste eido, os plásticos e as materias primas críticas (electrónica). Perséguense dous obxectivos: o primeiro deles, a análise e a revisión crítica e introdutoria dos fundamentos e as estratexias ou...



Problemas de rutas de vehículos e algoritmos de aforro: o algoritmo de Clarke and Wright

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco González, Elena

[GL] Os Problemas de Rutas de Vehículos (VRP) son un exemplo de problemas para os que moitas veces non é posible aplicar algoritmos que os resolvan en tempo polinomial, principalmente debido ao seu tamaño e á súa complexidade. Habitualmente para resolver exemplos deste tipo de problemas usaranse algoritmos heurísticos. Neste traballo presentamos o Problema do Viaxante de Comercio (TSP) para continuar cos Problemas de Rutas de Vehículos. A continuación enunciaremos o algoritmo heurístico...



Os Espazos 𝐿ᵖ(𝒳, 𝑀, µ)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Pereiro, Noelia

[GL] Os espazos 𝐿ᵖ(𝒳;𝑀;µ), introducidos por F. Riesz en 1910, son uns dos espazos máis importantes de clases de funcións medibles. A partir da Teoría da Medida e Integración abstracta, presentamos nestre traballo un estudo da definición e construción dos espazos 𝐿ᵖ e das súas principais propiedades. Comentaremos tamén algúns resultados sobre densidade e inclusión e veremos algúns exemplos particulares de espazos 𝐿ᵖ.



Estudo etimolóxico e semántico da toponimia maior de Barreiros

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cando Cruña, María

O traballo perante o que nos atopamos ten como obxectivo a elaboración da toponimia maior do concello lucense de Barreiros, pertencente a comarca da Mariña Oriental. Para isto, realizarase un estudo etimolóxico e semántico dos 112 lugares repartidos polas oito parroquias que, segundo o Nomenclator de Galicia (NG), componen este concello. Introducido por unha pequena descrición xeográfica, demográfica e lingüística da zona, no estudo etimolóxico realizarase a explicación da orixe e da evolución...



En tempos de COVID: Educación Social e ámbito familiar nos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela, En tiempos de COVID: Educación Social y ámbito familiar en los Servicios Sociales Comunitarios de Santiago de Compostela, In times of COVID: Social Education and family level in the Community Social Services of Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García López, María

Este traballo busca investigar, dende unha perspectiva socioeducativa, como afectou a Covid-19 ao Servizo de Educación e Apoio Familiar dos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela e ás familias participantes no mesmo. Empregando a modalidade de iniciación á investigación de campo, deseñouse e desenvolveuse un estudo seguindo unha metodoloxía cualitativa. Entrevistáronse a tres educadoras sociais en calidade de educadoras familiares que traballan no servizo, ao igual que a tres...



Manifestacións cutáneas da COVID19

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Pena, Emilio del

Dende a súa descrición en decembro de 2019 a COVID19 cambiou o curso da humanidade. A COVID19 é unha enfermidade infecciosa viral causada polo SARS-CoV2. As manifestacións clínicas máis importantes son respiratorias acompañadas de sintomatoloxía xeral inespecífica, malia que pode afectar a unha gran cantidade de órganos e aparellos, entre eles a pel. A clínica cutánea da enfermidade é polimórfica, existindo unha ampla variedade de signos descritos, a pesares de que a meirande parte deles...



As pinturas murais de Santa María de Nogueira de Miño. Estudo iconográfico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Rodríguez, Berta

A seguinte monografía ocuparase da valoración e estudo do templo parroquial de Santa María de Nogueira de Miño entendido como continente e contido. Dende a súa valoración arquitectónica para afondar nas súas pinturas murais. O obxectivo deste estudo é, ante todo, relatar e informar sobre as pinturas ao fresco do monumento chantadino e conseguir así un estado da cuestión actualizado. Para acadar estes obxectivos empregaranse varias metodoloxías: dende o análise bibliográfico e iconográfico á...



Xestión do tempo : casos prácticos en Trello e MS Planner, Gestión del tiempo : casos prácticos en Trello y MS Planner

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Feijoo Costa, Gumersindo

O tempo é unha magnitude en continuo avance, na que se pode actuar parcialmente sobre o instante presente e planificar os feitos previsíbeis na liña do tempo futuro, pero irremediablemente non se pode volver a actuar sobre o tempo pasado. Unha axeitada xestión do tempo redunda na nosa calidade de vida, xa que permite unha maior conciliación entre a vida laboral e persoal. Ademais, unha boa planificación do binomio tempo/actividade leva asociada unha maior produtividade; por exemplo, en...