Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Rivas, Áurea Antía

A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que permite inducir cambios nas oscilacións cerebrais endóxenas involucradas en diferentes procesos cognitivos. En estudos previos, a estimulación mediante oscilacións theta (4-7 Hz) e gamma (30-80 Hz) tivo a capacidade de modular a memoria episódica (ME) e a memoria de traballo (MT). Entón, o obxectivo deste traballo é determinar a efectividade da HD-tACS-theta (6 Hz) e HD-tACS-gamma (60 Hz)...



O uso das novas tecnoloxías na SBS (Special Broadcasting Service) da Televisión Pública Australiana

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vaz Álvarez, Martín

Esta investigación pretende analizar os usos das novas tecnoloxías e os novos formatos na televisión pública australiana a través do caso do Special Broadcasting Service, a emisora étnica deste país. O principal interese desta investigación centrase na súa segunda canle, a SBS Viceland, onde a súa recente fusión coa produtora norteamericana Viceland está a plantexar novas posibilidades comunicativas a través dunha maior atención á cultura de Internet e aos formatos típicos desta plataforma



A utilización do modelo espartano na educación nazi

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mosteiro Cagide, Virginia

Para a realización deste TFG, levouse a cabo unha análise das relacións existentes entre o sistema educativo espartano e a educación alemá nun período histórico concreto (1939-1945). O nacionalsocialismo foi difundido e asentado na mente da xuventude, que defendeu ata a súa caída ao Estado nazi e á figura do Führer, mediante a revisión deste modelo clásico. Esparta caracterizouse por instaurar un sistema educativo-militar marcado pola formación de guerreiros sanguinarios que gañaron guerras...



O formato podcast na comunicación política: análise das súas potencialidades e da súa situación actual en España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Río Ferreiro, Carmen del

O podcast experimentou unha grande expansión durante a pandemia e mantivo a súa relevancia ata a actualidade. Este formato interesa ás audiencias ofrecendo comodidade ás persoas grazas á súa portabilidade, que permite escoitar os programas onde e cando elas queiran. Grazas ao seu auxe, a oferta de podcasts aumentou notablemente nos últimos anos. Dende entretemento, ata noticias, ciencia e marca persoal, as plataformas ofrecen episodios adaptados a todo tipo de consumidores. Así, este formato...



Historias silenciadas: a censura da literatura infantil e xuvenil nas aulas de educación primaria, Historias silenciadas: la censura de la literatura infantil y juvenil en las aulas de educación primaria, Silenced stories: the censorship of children's and young adult literature in primary education classrooms

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Boullosa, Lidia

En pleno século XXI, pode chegar a parecer que a censura na literatura infantil e xuvenil é propia do pasado e exclusiva dos gobernos conservadores. Porén, esta percepción non se axusta á realidade, xa que hoxe en día, como consecuencia do afán excesivo por protexer á infancia, nos enfrontamos a un novo tipo de censura: a censura do “politicamente correcto”. De xeito silencioso, esta censura coacciona cada vez máis, entre outros colectivos, ao profesorado, quen se ve coartado á hora de...



Do canon ao contracanon: Tecendo novos discursos. Unha revisión do sistema da moda a través da análise de catro deseñadores, Del canon al contracanon: tejiendo nuevos discursos. Una revisión del sistema de la moda a través del análisis de cuatro diseñadores, From canon to countercanon: weaving new discourses. A review of the fashion system through the analysis of four designers

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cao Cao, Marta

O presente traballo ten como finalidade analizar e cuestionar o ideal estético e corporal perpetuado polo sistema da moda a través de diferentes dinámicas. A partir dunha revisión bibliográfica, examinaranse os factores socioculturais e mediáticos que contribuíron a consolidar, especialmente dende a década dos 80, unha visión delimitada e distorsionada do corpo. Este enfoque, permite tamén reflexionar sobre o concepto de beleza na sociedade actual e entender a moda como un vehículo de expresión...



O acibeche en Compostela: historia, materialidade e análise de obras

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Illán Lorenzo, Olivia

O acibeche como material artístico, preséntase —dende a Idade Media ata o marco actual— como un material estreitamente ligado a Compostela e ao contexto da peregrinación xacobea, sendo un importante reflexo da sociedade e das crenzas supersticiosas que os diferentes pobos lle atribuíron ao longo da historia. De este xeito, o presente traballo —estruturado en tres capítulos ben diferenciados— baséase no estudo deste material. Mediante unha compilación detallada das fontes historiográficas...



A silicose como reflexo da expansión industrial: a crise dos afectados pola industria do granito en Porriño e a comarca da Louriña (1980-actualidade)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa Romero, Manuel

A industria do granito en Porriño comezou a súa andaina dende comezos do século XX. A partir das décadas de 1970 e 1980, experimenta unha forte expansión, traendo consigo a bonanza económica e a creación de numerosos empregos. Sen embargo, as pésimas condicións ambientais de traballo provocaron un alto número de intoxicados pola sílice que se suspendía no aire; como consecuencia centenas de afectados pola industria comezaron a sufrir silicose. A partir deste traballo búscase dar visibilidade á...



Impacto do exercicio intenso durante o embarazo nos resultados neonatais e perinatais: Unha revisión sistemática, Impacto del ejercicio intenso durante el embarazo en los resultados neonatales y perinatales: Una revisión sistemática, Impact of intense exercise during pregnancy on neonatal and perinatal outcomes: A systematic review

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Caaveiro, Andrea

Introdución e obxectivos: O obxectivo deste traballo é valorar o impacto do exercicio intenso durante o embarazo nos resultados neonatais e perinatais, comparando os estudos publicados en artigos dos últimos anos. Sabemos que o exercicio físico durante o embarazo foi amplamente recomendado para mellorar tanto a saúde materna como a fetal, pero neste estudo quérese avaliar os efectos específicos do exercicio de alta intensidade ou alto impacto. Tratarase de identificar como o exercicio intenso...



Algoritmo de computación cuántica para optimización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivas Pidre, Pablo

Na área da computación cuántica, existe un gran interese no aproveitamento das propiedades cuánticas para resolver problemas de optimización pola súa potencial vantaxe fronte aos métodos clásicos. Neste traballo introdúcense os fundamentos da computación cuántica, tanto os elementosbásicos —o cúbit e o p-cúbit— como as portas cuánticas e o proceso de medición. A continuación,formúlanse problemas de optimización mediante hamiltonianos e descríbense os modelos QUBOe Ising. Explórase a computación...



Ecuacións diofánticas nas olimpíadas matemáticas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Rodríguez, María

O obxectivo principal deste traballo será explorar e analizar diferentes métodos de resolución das ecuacións diofánticas nos problemas de olimpíada matemática. Preténdese comprender como estas ecuacións, que requiren solución enteira, poden aplicarse en problemas competitivos e de que maneira os conceptos teóricos se traducen en técnicas para a súa resolución. Deste xeito, o traballo está divido en tres capítulos. O primeiro deles trata sobre a historia destes problemas, o seguinte sobre...



Redes neuronais artificiais e aplicacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vence Nogueira, Roi

No seguinte traballo presentarase unha introdución ás redes neuronais dende a perspectiva da aprendizaxe automática mediante a minimización do risco empírico. Darase unha noción dos conceptos fundamentais no ámbito da estatística como o sobreaxuste, o infraaxuste e algunhas técnicas de regularización para evitar o desbalance entre ambas. Posteriormente e dentro do marco anterior, darase unha introdución ás redes neuronais centrada na súa estrutura de grafo. Este marco permitirá establecer un...



Modelos de epidemias usando ecuacións diferenciais ordinarias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Cochón, Sabela

Os modelos de compartimentos tipo SIR en epidemioloxía dividen a poboación en Susceptibles, Infectados e Recuperados. Trátase dun sistema de ecuacións diferenciais ordinarias e serven para estudar como evoluciona unha epidemia usando modelos sinxelos. Estudiranse as principais propiedades e aplicarase a algún caso real e concreto.



Haluros de Alquilo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seijas Vázquez, Julio Antonio, Vázquez Tato, María del Pilar

A planificación para un curso de química orgánica xeral no que se encadra esta unidade didáctica fíxose mediante unha ordenación segundo os distintos grupos funcionais. Isto permite subministrar os coñecementos básicos sobre a estrutura das moléculas orgánicas ao mesmo tempo que posibilita a introdución progresiva dos distintos tipos de reaccións(substitución, eliminación, adición, etc.). Esta ordenación é aconsellable, dende o punto de vista pedagóxico, para o alumnado que se inicia no estudo...



Os Bancos do Tempo: unha iniciativa pedagóxica e social para o desenvolvemento comunitario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maroñas Bermúdez, Andrea

[GL] O Traballo Fin de Grao que presentamos analiza –desde unha perspectiva pedagóxica e social– os Bancos do Tempo, co fin de entendelos como unha estratexia idónea para promover e impulsar os procesos de Desenvolvemento Comunitario no eido Local. Neste sentido, faremos unha aproximación teórico-conceptual do tempo social e do tempo educativo para achegarnos á filosofía dun dos ámbitos de acción-intervención da Pedagoxía-Educación Social. Isto permitirá afondar nunha das iniciativas..., [ES]El Trabajo Fin de Grado que presentamos analiza –desde una perspectiva pedagógica y social– los Bancos del Tiempo, con el fin de entenderlos como una estrategia idónea para promover e impulsar los procesos de Desarrollo Comunitario en el contexto Local. En este sentido, haremos una aproximación teórico-conceptual del tiempo social y del tiempo educativo para acercarnos a la filosofía de uno de los ámbitos de acciónintervención de la Pedagogía-Educación Social. Esto permitirá profundizar en..., [EN] This Degree Final Project analyzes from a pedagogical and social perspective Time Banks, in order to understand them as a suitable strategy to promote and encourage Community Development processes in the Local context. In this direction, we are using a theoretical-conceptual approach of social time and educational time to near the philosophy of one of the action-intervention fields of Pedagogy-Social Education. This will allow deepening of one of the most innovative methodological and...



Análise do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na Universidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Toja Fernández, Noemí

Ademais das funcións de docencia e investigación a Universidade ten unha terceira misión que é a transferencia de coñecementos a sociedade colaborando así ao desenvolvemento económico e social do seu entorno. Esta transferencia pode ser realizada dun modo directo, a través da creación de empresas ligadas a ela mesma, denominadas spin-off universitarias. O termo spin-off universitaria, tamén coñecido mediante o acrónimo do termino inglés USOs (university spin-offs), expresa a idea da creación de...



O K-pop como ferramenta educativa e de difusión cultural

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cons Pequeño, Antía

A influencia da música no ser humano é grande e abarca toda unha ampla gama de estudos que o demostran. O feed-back cultural expresado a través da música, é un exemplo desta corrente contínua e multidireccional que existe entre as distintas culturas do mundo. Así a música logra un papel especial á hora de unir e homoxeneizar a percepción de outras culturas por parte do individuo. O K-pop non é únicamente música, senón que é todo un produto cuidadosamente creado, perfeccionado e distribuído. A...



O Goberno local do BNG en Carballo : carreira de fondo ou tormenta perfecta? (2003 - 2016), El caso del gobierno local del BNG en Carballo: ¿carrera de fondo o tormenta perfecta? (2003 - 2016), BNG local government in Carballo : long distance run or perfect storm? (2003 - 2016)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Pan, Manuel

Este traballo pretende realizar unha aproximación ás chaves da consolidación do goberno local do BNG no Concello de Carballo entre os anos 2003 e 2015. A través da análise dos principais acontecementos destes doce anos. Intentaremos achar os resortes políticos e comunicativos que contribuíron ao éxito deste proxecto político dentro dun contexto que, en principio, parecía bastante desfavorable.



O despoboamento rural galego como problema didáctico: un proxecto para o colexio público do Incio, La despoblación rural gallega como problema didáctico: un proyecto para el colegio público de O Incio, The depopulation of the Galician rural communities as didactic problem: project for the Incio public school

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Somoza Fernández, Jesús

Este traballo céntrase no despoboamento do rural galego, realidade que constitúe un problema fundamental da actual sociedade. De aí que xurda a necesidade de presentar no ámbito educativo un conflito sobre o cal reflexionar dentro das aulas a través da organización e xestión dun centro educativo. O tratamento do mesmo, será a partires da realización dun proxecto de centro crítico, abrindo o mesmo á realidade e á democracia e sometendo a toda a comunidade educativa ao desenvolvemento dunha...



Análise comparada do sector agroalimentario de Galiza e Bretaña: estrutura, principais magnitudes e dinámica nas décadas recentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Luaces Rozados, Lucas Jacobo

O obxectivo deste traballo é ofrecer unha aproximación á estrutura do sector agroalimentario en Galiza e as súas transformacións nos tres últimos decenios (o período transcorrido desde a integración na Unión Europea), tomando como termo de comparación unha rexión europea coa que, a priori, ten notables similitudes: a Bretaña francesa. Para iso, nun primeiro apartado examinamos as principais características e a dinámica nas últimas tres décadas das macromagnitudes básicas do sector...



Os tempos de lecer das mulleres adultas no rural. O caso de Viana do Bolo (Ourense), Os tempos de lecer das mulleres adultas no rural. O caso de Viana do Bolo (Ourense), Los tiempos de ocio de las mujeres adultas en el rural. El caso de Viana do Bolo (Ourense)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Gómez, Tania

No presente Traballo de Fin de Grao (TFG), investigamos sobre os tempos de lecer das mulleres adultas no rural, no concello de Viana do Bolo (Ourense), co obxectivo de diagnosticar as dificultades e posibilidades neste eido e formular alternativas desde a perspectiva da Pedagoxía/Educación Social. Empregamos as potencialidades da indagación cualitativa para coñecer a perspectiva das protagonistas. O informe fundaméntase nos tres piares conceptuais básicos que tecen as temáticas vertebradoras do...



Retículos de subgrupos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Giadas Amado, Irene

[GL] O obxectivo deste traballo é facer unha incursión na teoría de retículos para dar resposta a algunhas preguntas tales como que relacións hai entre a estrutura dun grupo G e a do seu retículo de subgrupos L(G), centrándonos especialmente nos grupos finitos. Para iso, introduciremos previamente algúns conceptos elementais da teoría básica de retículos, á que lle dedicaremos os primeiros capítulos. A relación máis básica que atopamos é que os isomorfismos entre grupos inducen isomorfismos..., [EN] The purpose of this work is to make a foray into lattice theory to answer some questions such that what are the relationships between the structure of a group G and that of its subgroup lattice L(G), focusing especially on finite groups. In order to do this, we will previously introduce some elementary concepts of basic lattice theory, to which we will dedicate the first chapters. The most basic relationship we find is that isomorphisms between groups induce isomorphisms between their...



Tests de independencia entre obxectos estatísticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Meixide, Carlos

[GL] Examínase cunha linguaxe marcada pola análise funcional e a teoría da medida o problema matemático da independencia estatística dende unha perspectiva contemporánea. Introdúcese o marco conceptual preciso de cara a acadar tal obxectivo para posteriormente desenvolver de xeito rigoroso os dous formalismos que historicamente guiaron a evolución do estudo da independencia, así como o sorprendente paralelismo que entre eles gardan. Transpasando a fronteira entre o mundo poboacional e o...



Unha introdución á Regresión Modal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueiro Espiño, Ramón Daniel

[GL] A regresión modal xorde como alternativa á regresión en media para tratar de modelar relacións entre variables nos casos nos que esta poida non ser adecuada, dado que a media condicional non é sempre unha medida resumo que representa fielmente a relación entre as mesmas. Este traballo ten como obxectivo presentar a regresión modal non paramétrica. Comezamos mostrando varias simulacións e un caso real onde a regresión en media paramétrica non é adecuada, para abordar así a estimación da...



O manexo do recentemente nado nos límites da viabilidade, El manejo del recién nacido en los límites de la viabilidad, Management of the newborn at the limits of viability

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Penas Iglesias, Tania

Introdución. A prematuridade é na actualidade a principal causa de mortalidade perinatal. Co paso do tempo o que consideramos que é o límite de viabilidade dun bebé prematuro, foi diminuíndo, situándose actualmente nas 23-24 semanas de idade xestacional para os países occidentais debido ás melloras na atención prenatal, perinatal e posnatal. Obxectivos. O obxectivo é dar resposta ao manexo dos recentemente nados dentro dos límites da viabilidade, coñecer cal é o manexo perinatal máis adecuado...



A vocación dialóxica na novela de iniciación sentimental dos anos setenta, La vocación dialógica en la novela de iniciación sentimental de los años setenta, The dialogical vocation in the 70’s Coming-of-Age novels

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Barcala, Alba

O presente traballo busca confirmar e exemplificar, a través da análise de tres obras narrativas, a maneira na que as novelas de iniciación sentimental aparecidas na década dos setenta na narrativa galega contemporánea se configuraron ao servizo dunha vocación dialóxica, de maneira que as estruturas enunciativo-discursivas empregadas contribuísen a incluír voces que canalizasen literariamente a desorientación e angustia vital tanto dos seus protagonistas como da sociedade do momento. Preséntase...



Risco sanitario por consumo de marisco furtivo en Galicia, Riesgo sanitario por consumo de marisco furtivo en Galicia, Sanitary risk because of poached seafood consumption in Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riveiro Millán, Andrea

Neste traballo de divulgación reúnese información sobre os principais riscos sanitarios que comporta o consumo de marisco furtivo en Galicia. O furtivismo é unha práctica moi estendida nesta comunidade autónoma e trae consigo repercusións económicas, sociais e sanitarias, particularmente nunha zona xeográfica onde o sector pesqueiro é un dos grandes motores da economía. Preséntase una breve introdución ó fenómeno do furtivismo, e explícase cales son as principais condicións que permiten que...



A tradución no ámbito Galeusca: análise cuantitativa e cualitativa das traducións entre galego, catalán e éuscaro, La traducció a l’àmbit Galeusca: anàlisi quantitativa i qualitativa de traduccions entre gallec, català i basc, Itzulpengintza Galeusca esparruan: galego, katalan eta euskarazko itzulpenen analisi kualitatibo eta kuantitatiboa, La traducción en el ámbito Galeusca: análisis cuantitativo y cualitativo de las traducciones entre gallego, catalán y euskera, Translation in the Galeusca sphere: quantitative and qualitative analysis of translations between Galician, Catalan, and Basque languages

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Vila, Diego

[GL]Galiza, País Vasco e Cataluña son tres nacións que experimentaron situacións políticas e sociolingüísticas moi semellantes ao longo da súa historia. Após a ditadura franquista, conformáronse como “nacionalidades históricas” dentro do estado español grazas á promulgación de cadanseu Estatuto de Autonomía durante a Segunda República. Ademais, posúen cadansúa lingua propia distinta do castelán, coa que coexisten nunha situación diglósica que é enfrontada mediante cadansúa Lei de Normalización...



Evolución en catro xeracións da educación en igualdade de xénero, Evolución en cuatro generaciones de la educación en igualdad de género, Evolution of gender equality education in four generations

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noya Pérez, Andrea

A evolución social e normativa en materia de igualdade de xénero, ten amosado nas últimas décadas un constante avance cara á adquisición de dereitos e liberdades para todos os xéneros. Non obstante, parecerá que a realidade educativa continúa impregnada por dinámicas patriarcais e androcéntricas. O obxectivo deste traballo é analizar a educación en igualdade de xénero a través de 4 xeracións dende a perspectiva feminista. A través dunha metodoloxía cualitativa, realizáronse 12 entrevistas a...



Creación dunha revista de moda e lifestyle de ámbito autonómico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Castro, Leila

No presente Traballo de Fin de Grao atopamos o proceso de creación dunha revista de moda e lifestyle impresa e de ámbito autonómico, desde a idea ata a materialización da mesma. Pártese dunha investigación previa sobre o deseño editorial e faise un repaso histórico polas revistas desta temática, abarcando a presenza destas publicacións na comunidade galega actualmente. O primeiro número de BRINKO é froito deste proxecto. A primeira revista impresa en galego, que pretende ser unha ventá para a...



Rituais visuais de identidade: O papel dos vestidores na conformación da estética e o simbolismo da Semana Santa de Ferrol

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñón Regueira, Carmen

A figura dos vestidores foi, e sigue sendo, unha das menos valoradas dentro da organización das procesións de Semana Santa. Sen embargo, a súa labor é clave para a creación dun imaxinario devocional concreto e colectivo. Sendo un tipo de arte efímero descoñecido en Galicia, é fundamental por en valor este oficio. Se ben no caso andaluz é unha cuestión xa superada, no caso das Semanas Santas galegas, especialmente en Ferrol, unha das festividades máis importantes da comunidade, falar deste tema...



A cultura popular durante o franquismo: experiencias, disidencias e control social

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Poza Otero, Roi

O presente traballo abarca o estudo e análise do control social da ditadura franquista sobre o lecer e as manifestacións lúdicas na provincia de Ourense, enmarcado dentro dos ámbitos de sociabilidade informal. Un achegamento ao “día a día” destas poboacións e aos marcos e regulacións que os moldearon, que de forma directa ou indirecta nos transmiten información acerca das súas comunidades, do papel que os individuos adoptaron dentro delas, e das relacións e estratexias que xurdiron nas...



Revisión e comparativa de metodoloxías para a formación de grupos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Blanco, Mariña

Co crecente volume de datos dispoñible, comprender a súa estrutura interna sen depender de información previa converteuse nunha tarefa crucial da análise de datos. Este traballo explora as metodoloxías de clustering, ou agrupamento non supervisado, que permite descubrir grupos naturais dentro dos datos sen coñecemento previo das súas categorías. O obxectivo principal é analizar e comparar diferentes familias de algoritmos de clustering. Examínanse métodos particionais como o k-medias e o k...



O problema de comparación de poboacións: que facer cando non podemos aplicar o test t

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lorenzo Poncela, Ariadna

O problema de comparación de poboacións encádrase dentro da Inferencia Estatística e ten como finalidade detectar diferenzas entre distintos grupos. Este traballo comeza cunha introdución á problemática do mesmo, seguida dun capítulo adicado á presentación de conceptos básicos da Estatística que van ser necesarios para a correcta comprensión de todo o documento, entre os que cómpre destacar os contrastes de hipóteses. A continuación, explícase detalladamente o problema de comparación de...



Análise de modelos matemáticos con sistemas de ecuacións diferenciais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabada Armada, Victor

As EDO son unha das mellores ferramentas que temos hoxe en día para modelar e solucionar problemas. Neste traballo estudaremos algúns modelos con ecuacións diferencias ordinarias, pasando polos resultados teóricos que sexa necesarios, así coma por algún exemplo. En cada modelo estudiado represéntanse os posibles planos de fases, así coma o comportamento das solucións, todo isto axudándonos de Maple. No primeiro capítulo farase unha revisión da teoría e dalgún resultado útil para a resolución....



Cálculo de variacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carrillo Pereiro, Iria

O obxectivo principal deste traballo será a busca de extremos dun funcional continuo. Primeiro, farase unha recopilación dos conceptos previos necesarios para xeneralizar ao caso dos espazos normados as definicións de Rⁿ. Posteriormente, centrarémonos na obtención de condicións, tanto necesarias como suficientes, para garantir a existencia de extremos de funcionais definidos sobre espazos de Banach.



A transformada de Laplace

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Méndez, Miguel Ernesto

A transformada de Laplace é un método de gran eficiencia á hora de resolver un certo tipo de ecuacións diferenciais e integrais. Ademais do interese que pode ter desde o punto de vista puramente matemático, constitúe unha ferramenta básica na enxeñaría de control moderna e resulta especialmente útil á hora de resolver determinados problemas de valor inicial con termos non homoxéneos de natureza descontinua ou impulsiva. Este tipo de problemas aparece con relativa frecuencia en enxeñaría,...



Algúns conceptos básicos de radiometría e fotometría

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Flores Seijas, José Ramón

Os optoelectrónicos son dispositivos de base electrónica que emiten, modulan ou detectan radiación óptica, i.e. radiación electromagnética ultravioleta, visíbel ou infravermella. A maior parte deste tipo de dispositivos están baseados en semicondutores inorgánicos, se ben é posíbel que nun futuro os semicondutores orgánicos pasen a desempeñar un papel máis importante. Nesta unidade introdúcense unha serie de conceptos relacionados coa radiación electromagnética, imprescindíbeis para o estudo...



A violencia contra a muller

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Calvo, María Sol

Esta unidade didáctica denominada “Violencia contra a muller”, está incluída no bloque de “Clínica forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina legal propiamente dita). O segundo ocúpase da regulación xurídica da práctica médica (Dereito médico)....



Disolución e liquidación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vivel Búa, Milagros

A constitución dunha empresa realízase, en termos xerais, cunha motivación temporal indefinida, aínda que poden xerarse acontecementos de diversa natureza que provoquen a súa extinción dende un punto de vista xurídico e económico. Este tema analiza a disolución dunha sociedade mercantil, a cal supón o primeiro paso cara á súa desaparición dado que constitúe un acto xurídico indispensable para iniciar o proceso legal da extinción. Deste xeito, tras disolverse legalmente a sociedade, iníciase un...



Contribución ao estudo da entoación do galego: variación dialectal e contacto lingüístico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Filgueira Lorenzo, Sara

O presente traballo pretende ser unha contribución ao estudo da prosodia do galego en relación co contacto lingüístico galego-castelán. Concretamente, prestarémoslle atención á entoación dos enunciados ninterrogativos nas galegofalantes de lingua inicial galego e de lingua inicial castelán da Costa da Morte



Os proxectos na educación infantil : análise dunha experiencia sobre os dinosauros, Los proyectos en la educación infantil : análisis de una experiencia sobre los dinosaurios, Projects in early childhood education : analysis of an experience on dinosaurs

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Pérez, Irene

[GL] No presente Traballo Fin de Grao, correspondente ó Grao en mestre ou mestra de Educación Infantil preténdese un estudo de caso acerca do desenvolvemento do proxecto de traballo “Os dinosauros”. Este proxecto realizouse no curso 2013-2014 con nenos e nenas de 3 e 4 anos no CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños. A Coruña). No curso seguinte á súa realización levouse a cabo unha sesión de recordo cos estudantes do proxecto na que a entrevista e a observación participante constituíron os...



A elección de carreira: intereses vocacionais, aspiracións e expectativas de éxito en estudantes de ciclo formativo superior e universidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Trillo Sánchez-Brunete, Rosa

[GL] O núcleo principal da teoría social cognitiva do desenvolvemento da carreira (Lent, Brown, e Hackett, 1994) establece que as expectativas de autoeficacia na toma de decisións, as expectativas de resultado e os intereses vocacionais, conforman de forma directa e indirecta as aspiracións de carreira e as accións que vai realizar unha persoa para cumplir eses obxectivos. O presente estudo pretende, mediante diferentes análises estadísticas, investigar, nunha mostra de 618 suxeitos estudantes...



A industria do moble no concello de A Estrada

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Sueiro, David

O traballo divídese en tres grandes partes, a primeira na que se intenta explicar o contexto forestal, demográfico e económico do concello para o cal se presentan datos, mapas e gráficos coa intención de facer un seguimento da evolución que tivo esta importante industria no concello estradense. O segundo apartado intenta percorrer de xeito breve a historia e desenvolvemento da industria do moble, facendo especial fincapé na importancia das empresas e organismos locais, que dende os comezos da...



Análise socioeconómica do barrio de Sar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lamas Sóñora, Miriam, Rodríguez Castro, Aitana, Rodríguez Soto, Belén, Quintas Crespo, Alejandro

O Barrio de Sar leva o nome do río que o cruza; creceu ao redor do camiño sur da entrada á cidade de Santiago de Compostela. A súa configuración quedou determinada polo río e polo antigo mosteiro. O pequeno núcleo inicial foise unindo paulatinamente á cidade e os vellos camiños son hoxe rúas urbanas aínda que, a pesar diso, o barrio conserva aínda a súa esencia rural nas súas hortas e nas súas edificacións tradicionais



Combativas e guerrilleras. Resistencia e loita de mulleres na Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Núñez Cobas, María

Mi Trabajo Fin de Grado aportará una visión histórica de la participación de las mujeres en la resistencia y lucha sociales durante el siglo XX en Galicia. Comenzando con un preámbulo en el que se contextualice la situación de las mujeres en los inicios de la Guerra Civil, tanto de las ya politizadas durante la República como de las que se vieron inmersas en una guerra sin tener formación ideológica previa. A lo largo de este trabajo he prestado atención a las mujeres, en su mayoría de origen...



Transitividade en laboro e elaboro dende unha perspectiva diacrónica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Santana, Sara

Neste traballo tratarase o grao de transitividade do verbo "laboro" e o seu composto "eleboro" , empregando como marco de referencia os exemplos recollidos no dicionario "Thesaurus Linguae Latinae". Estes datos ofrecen unha perspectiva diacrónica ampla, polo tanto centrarase nos que se encadren entre o latín arcaico e o latín de época imperial, así, establecerase como punto de partida temporal as obras de Plauto e Catón, rematando cos exemplos de Valerio Flaco....



Lingua e identidade: revisión das categorías neofalante e falante nativo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Díaz, Noelia

O traballo que pretendo desenvolver busca abordar o estudo das categorías neofalante e falante nativo de galego dende unha perspectiva sociolingüística, por unha banda, e dende a óptica da análise do discurso, pola outra. Tradicionalmente, a lingüística galega considerou estas dúas categorías como compartimentos pechados e estancos, o cal trouxo consigo unha serie de problemas, fundamentalmente no ámbito práctico, como poden ser as dificultades para a delimitación de perfís dos informantes....



Un estudo estatístico sobre a gripe no marco das steam, Un estudio estadístico sobre la gripe en el marco de las steam, A statistical study on influenza in the framework of steam

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reborido Santos, Alejandro

Nun mundo globalizado como o actual, require que os sistemas educativos promovan un ensino interdisciplinario no que se fomente o saber aplicado, o traballo en equipo e a investigación, entre outros. En particular, resulta fundamental realizar esta labor nas ciencias experimentais, co obxectivo de resolver os problemas de falta de motivación e de interese da sociedade polo estudo das mesmas, necesidade que da sentido ás actividades STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas), as...



Auditoría informática dos sistemas do Instituto da Lingua Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cutrín Garabal, Jose Antonio

O obxectivo principal que se pretende acadar coa realización deste traballo e o desenvolvemento dunha auditoría informática dos sistemas e aplicacións que posúe o Instituto da Lingua Galega. Este obxectivo concretarase en tres particulares: Auditor a de sistemas, que consistir a nunha reestruturación de servidores segundo a proposta de solución, ademais de actualizar o sistema operativo a ultima versión dispoñible e compatible coas aplicacións do Instituto da Lingua Galega. Auditor a de...



Problemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelato

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Gallego, Ana

Ao final da etapa postobrigatoria da Educación Secundaria supónselle ao alumnado galego un elevado dominio da expresión escrita en lingua galega: para superar esta fase necesitan, en principio, coñecer o código e mais os procesos de composición textual. Non obstante, como é natural, os escritos destes aprendentes presentan unha serie de problemas que convén identificar e analizar para sermos máis eficientes á hora de atallalos desde as aulas ao longo do proceso de aprendizaxe. O obxectivo do...



Entre a tradición relixiosa e a busca da virtude: a teoría política do comunitarismo conservador contemporáneo, Between religious tradition and the search for virtue: the political theory of contemporary conservative communitarianism, Entre la tradición religiosa y la búsqueda de la virtud: la teoría política del comunitarismo conservador contemporáneo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fernández, Alberto

Este traballo pretende a análise da teoría política comunitarista contemporánea na súa vertente conservadora, con especial énfase nos seus postulados de carácter moral e relixioso. Isto realizarase mediante un exame e descrición detallada das proposicións normativas de dous dos principais autores desta corrente teórica, Sir Roger Scruton e Alasdair MacIntyre, para unha posterior comparación, coas conclusións pertinentes.



As diferentes configuracións da propiedade e a súa relevancia nas sociedades dende unha perspectiva histórica: a importancia das herdanzas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pillado Rico, Pablo

A composición da propiedade privada en diferentes rexións do planeta ofrécenos información sobre como as políticas levadas a cabo polo Estado e os sistemas económicos imperantes subordinan as relacións da poboación coa propia propiedade privada. Por esta mesma razón para a análise, que comprende o século XX e primeiros anos do XXI, empregamos, dunha banda, a China e a Rusia, como países ex-comunistas, e doutra banda a España e Francia, como países cunha historia económica similar entre elas,...



Evaluación de la calidad de vida en mayores institucionalizados, Evaluation of quiality of life in institutionalized elders, Evaluación de la calidad de vida en mayores institucionalizados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sandoval García, Ingri

A calidade de vida (CV) fai referencia a como percibe o individuo a súa propia vida tendo en conta o contexto e o sistema de valores nos que vive, ademais da relación cos seus obxectivos, normas e preocupacións. Este termo relacionado coas persoas maiores resultou de gran relevancia desde hai anos debido entre outros aspectos ao envellecemento poboacional, aumento da esperanza de vida e incremento da institucionalización. Ante este último aspecto e reflectíndose en numerosas investigacións que...



A posición do suxeito nas construcións intransitivas do galego, La posición del sujeto en las construcciones intransitivas del gallego, The position of the subject in galician intransitive constructions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Area Falcón, Mariña

Do punto de vista tipolóxico, o galego é unha lingua xeralmente incluída dentro do tipo S(uxeito) - V(erbo) - O(bxecto), e.g. A nena mercou un libro. Aínda que admitindo certo grao de liberdade, como é propio no caso das linguas flexivas, esta é a distribución de constituíntes predominante nas oracións básicas do galego. No entanto, nas construídas sen obxecto directo, i.e. intransitivas, a orde básica non é así tan fácil de determinar: certos verbos e estruturas semellan favorecer a...



As vítimas xitanas do Nacional Socialismo : do silencio ao recoñecemento

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aragundi Triñanes, Moraima

O seguinte traballo xira en torno ao xenocidio do pobo xitano perpetrado polo réxime Nacional Socialista, co foco na caracterización dos romaníes como colectividade de vítimas. Con este obxectivo, non só se referenciarán as prácticas xenocidas cometidas en contra deles entre 1933 e 1945, senón que tamén é preciso analizar as dinámicas antixitanas previas e a súa influencia, o seu tardío recoñecemento e as iniciativas de memoria promovidas para visibilizalo. É un tema complexo, con constantes...



Os muxes no s. XX. Etnicidade, nación e globalización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nores Fresco, Manuela

A traxectoria dos muxes ao longo do século XX, como expresións xenéricas indíxenas e disidentes co sistema sexo-xénero occidental, estivo definida pola evolución do movemento indíxena e pola concepción que o nacionalismo mexicano tiña deste último. A influencia destes movementos sobre a comunidade muxe e as mudanzas provocadas pola globalización determinarían as transformacións identitarias destas expresións xenéricas así coma o seu papel como suxeito politizado. A través da construción dun fío...



Programas de intervención para o desenvolvemento da autonomía emocional e autoestima na educación infantil: unha revisión, Programas de intervención para el desarrollo de la autonomía emocional y autoestima en educación infantil: una revisión, Intervention programs for the development of self management and self esteem in early childhood education: a review

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sousa Martínez, Katia

A autonomía emocional fai referencia ao coñecemento e xestión da propia realidade emocional, pensamento e valoración positiva de si mesmo/a e toma de decisións responsable e crítica. Ven vertebrada por unha serie de elementos dentro dos que se atopa a autoestima, entendida como a valoración das propias características, capacidades e limitacións. A pesares da evidencia da estreita relación entre esta cuestión e a construción dunha boa saúde mental, non existen, no noso coñecemento, traballos de...



Dos comités á cidadanía pasando polas urnas : o maurismo como cultura política nos distritos de Noia e Padrón (1910 – 1923)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Pajares, Jesús Luís

O presente traballo pretende unha aproximación ao estudo do maurismo en Galicia (na franxa que abarca os concellos comprendidos nos distritos de Noia, Padrón e as áreas circundantes), nun marco local que entendemos coma propicio a estas investigacións, dirixidas á identificación das orixes e concrecións prácticas daquel ideal da “contrarrevolución conservadora” e a politización das “masas neutras”. Partindo deste punto, a ambición do texto é a de ofertar un marco interpretativo co que poder ler...



A necrópole megalítica dos Campiños (Leiro, Rianxo) : traballo de campo, novas tecnoloxías e análise de conservación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vicente Fernández, Lois

Os Campiños é unha das necrópoles tumulares e megalíticas máis importantes da península do Barbanza e do Baixo Ulla. Isto é debido tanto á magnitude dalgúns dos seus monumentos, que conservan ortostatos e coirazas pétreas en superficie, como á existencia dunha estela antropomorfa decorada aparecida durante as escavacións arqueolóxicas realizadas no ano 1984, que posúe gravados prehistóricos. Os obxectivos deste Traballo de Fin de Grao son, por un lado, realizar un estudo de actualización...



Detectives de contos: Situación de aprendizaxe no eido da educación literaria para a deconstrución de prexuízos, Detectives de cuentos: Situación de aprendizaje en el campo de la educación literaria para la deconstrucción de prejuicios, Story Detectives: Learning situation in the field of literary education for the deconstruction of prejudices

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carballo Gómez, Cristina, Fernández Rubio, Carla

O panorama actual con respecto á lectura progresou ao longo destes anos, aínda que queda camiño por percorrer para promocionar a lectura e lograr instaurar un hábito lector estable. Ao mesmo tempo, a Literatura Infantil e Xuvenil é unha ferramenta eficaz coa que tratar problemáticas circundantes. Consecuentemente, a pretensión inicial deste traballo é erradicar, partindo da literatura, os estereotipos e prexuízos para a creación dunha sociedade na que impere o pensamento crítico. A este aspecto...



Síntese asimétrica de helicenos e de nanografenos quirais mediante reaccións de cicloadición de arinos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Lagares, Martín

A síntese asimétrica de helicenos e outros nanografenos quirais constitúe un reto científico de máximo interese actualmente, debido ás singulares propiedades optoelectrónicas deste tipo de compostos e a súa potencial aplicación no desenvolvemento de materiais quirópticos. Neste contexto, o presente traballo fin de grao abordou o estudo da síntese dun heptaheliceno quiral de forma enantioselectiva mediante cicloadición [2+2+2] dun arino derivado do fenantreno, o 3,4-dideshidrofenantreno (3...



Matemáticas proafectivas en educación secundaria, Proaffective mathematics in secondary education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Varela Rey, Sabela

Neste Traballo de Fin de Máster preséntase un estudo realizado en dous grupos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria, nos que se desenvolveron distintas actividades con vocación proafectiva, implementadas como parte dunha proposta didáctica integrada nun contexto de ensinanza tradicional. A través deste ensaio preténdese identificar os feitos afectivos que permitiron ou dificultaron o progreso nas distintas actividades realizadas. Para lograr isto, levouse a cabo un estudo...



Os procesos de dó no audiovisual contemporáneo. Dous casos de estudo e unha achega persoal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Garrido, Ylenia

O nacemento e a morte son dous feitos fundamentais na existencia de todo organismo vivo, marcando o período de tempo no que se desenvolve a súa actividade. Pese a isto, o noso coñecemento é incompleto e é cando experimentamos a perda dun ser querido cando isto se fai evidente. Para poder explicar como repercuten todas estas emocións nas prácticas artísticas, as diferentes maneiras de vivir e ser consciente da morte e de amosar a transformación do desgarro da morte do outro pero tamén da morte...



As artes comunitarias como vivencia de lecer e estratexia de transformación social. Un estudo de caso da Compañía Caracol, Las artes comunitarias como vivencia de ocio y estrategia de transformación social. Un estudio de caso de la Compañía Caracol, Community arts as a leisure experience and strategy for social transformation. A case study of the Compañía Caracol

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Álvarez, Álex

O presente Traballo de Fin de Mestrado centra o seu obxecto de estudo nas Artes Comunitarias como vivencias de lecer e nas súas potencialidades para a intervención socioeducativa. A investigación sitúase nun posicionamento crítico fronte ás lóxicas elitistas e mercantilizadas dos circuítos tradicionais das artes e á apropiación institucional da cultura comunitaria, defendendo a creatividade como un dereito colectivo, unha ferramenta de transformación social e unha estratexia de desenvolvemento...



Introdución á programación multiobxectivo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rial Fondo, Jorge

A optimización multiobxectivo emprégase para atopar as mellores solucións factibles aos problemas de programación matemática que dispoñan de máis dunha función obxectivo. Partindo dun problema de minimización, no primeiro capítulo comezamos facendo unha introdución á optimización multiobxectivo, definindo o principal concepto de solucións neste contexto: os puntos óptimos de Pareto ou puntos eficientes. Ademais, presentamos resultados teóricos de caracterización e existencia de solucións neste...



Coordenadas astronómicas. Medida do tempo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ling Ling, Josefina F.

Esta unidade didáctica complementa a anterior (Unidade IV)referida á esfera celeste e é fundamental para saber posicionar os astros nela. Ademais está estreitamente relacionada coa seguinte (Unidade VI) onde se describe a instrumentaci on óptica específica que se usa na Astronomía, xa que é precisamente nesta Unidade V onde se establecen as bases teóricas dos sistemas de referencia que dan lugar aos diferentes tipos de montura. O alumnado desta titulación de Grao en Óptica e Optometría, que...



Introdución á análise numérica. Erros no cálculo numérico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Iglesias, Carmen

A Matemática Aplicada caracterízase pola interpretación e creación de teoría matemática que posibilite a resolución de problemas. A abordaxe dende un punto de vista matemático dun problema real de interese esixe: o establecemento dunha formulación matemática do problema, a análise e a resolución de dita formulación e a interpretación da solución obtida. Estas tres etapas(formulación, análise máis resolución e interpretación de resultados)son os piares básicos do procedemento coñecido como...



Modelo de valoración de activos APT

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos por non arbitraxe, APT, que é un modelo multifactorial que permite valorar calquera activo por replicación a partir de una serie de carteiras factoriais. Nesta unidade estúdase con detalle o modelo factorial, os seus supostos...



Terminais de contedores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cota Mascuñana, David, Castro Ponte, Alberte

Esta unidade didáctica forma parte da programación da materia optativa “Explotación de Portos”, do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Civil. A programación docente da materia divídese en dous grandes módulos. O primeiro módulo, Explotación de Portos (6 unidades didácticas) dedícase a presentar os aspectos fundamentais relacionados coa xestión e explotación dos portos. Na primeira unidade do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados cos portos: funcións, zonas de influencia,...



Factores determinantes do comercio interrexional. Modelización econométrica para España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Faílde Souto, Carmen

Neste traballo abórdase o estudo do comercio interrexional e dos seus factores determinantes, analizando a influencia de ditos factores no ámbito español a partires dunha modelización econométrica. Conclúese que as variables con maior relevancia nas transaccións interrexionais son o nivel de emprego, os gastos en I+D e o valor engadido bruto da comunidade (cunha incidencia positiva no volume comercial interrexional), mentres que outras variables como o nivel salarial, os prezos dos bens e o PIB...



Os patios escolares nos centros de educación primaria: Adecuación da normativa de construción de Galicia ás necesidades do alumnado, Los patios escolares en los centros de educación primaria: Adecuación de la normativa de construcción de Galicia a las necesidades del alumnado, School playgrounds in primary schools: Adequacy of building regulations in Galicia to the students needs

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lomba González, Rosana

[GL]Este traballo é o resultado dun proceso de revisión documental co obxectivo de coñecer en que grao a normativa de construción dos patios escolares de Galicia se adecúa ás necesidades do alumnado de educación primaria, así como a aquelas conclusións que diferentes especialistas da educación teñen extraído das investigacións sobre a organización espacial dos patios escolares. Pártese dun achegamento á importancia do espazo nos procesos de ensino-aprendizaxe que xustifica a pertinencia dos..., [ES]Este trabajo es el resultado de un proceso de revisión documental con el objetivo de conocer en que grado la normativa de construcción de los patios escolares se adapta a las necesidades educativas del alumnado de educación primaria, así como a aquellas conclusiones que diferentes especialistas de la educación han extraído de las investigaciones sobre la organización espacial de los patios escolares. Se parte de un acercamiento a la importancia del espacio en los procesos de enseñanza..., [EN] This essay is the result of a text review process about if the constructions of schoolyards’ regulations in Galicia are adapted to the primary school students’ needs, as well as some education specialist’s conclusions from many researches about the space organization of the schoolyards. Firstly, the space importance in the teaching-learning process that justifies the relevance of the studies. At the same time, it is presented the students’ characteristics in primary schools which the space...



Análise do proxecto Abalar dende a perspectiva docente: kits de aula dixitais e proxecto E-DIXGAL, Análisis del proyecto Abalar desde la perspectiva docente: kits de aula digitales y proyecto E-DIXGAL, Analysis of the Abalar project from the teaching perspective: digital classroom kits and E-DIXGAL project

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Losada Loureiro, Cristina

O sistema educativo galego comeza unha nova fase no camiño cara á dixitalización das aulas. Unha vez implantados os proxectos Abalar e E-DIXGAL nos centros, asoman os primeiros estudos sobre as súas vantaxes e inconvenientes. Este traballo pretende, empregando o método de iniciación á investigación de campo, recoller información sobre a visión dos docentes como executores dos proxectos anteriormente citados. O obxectivo principal é coñecer de primeira man o tratamento que tres profesores/as de...



Gestión de crisis de los incendios en Galicia: comparación de las crisis del 2006 y del 2016, Fire crisis management in Galicia: comparison of the crises of 2006 and 2016

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Louzao Dono, Gonzalo

Galicia ven soportando de lonxe un grave problema medioambiental relativo ós incendios forestais. Os esforzos postos na conservación do medio vense constantemente escurecidos pola constante queima que sofren os montes tódolos veráns. O ano 2006 supuxo un punto de inflexión no sentido de que foi o primeiro ano no que a superficie forestal queimada foi superior á de monte baixo e matogueira, propiciado por unhas condicións meteorolóxicas propicias para o espallamento dos incendios. Despois do...



A Estatalidade da República Árabe Saharauí Democrática

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prol Mariño, Rubén

Neste traballo abordaremos o conflito do Sáhara Occidental e a cuestión da estatalidade da República Árabe Saharauí Democrática, así como o problema do dereito da autodeterminación do pobo saharauí, de cara a establecer ante que clase de ente xurídico nos atopamos desde o punto de vista do Dereito internacional.



Identidade e coñecemento no culto dionisíaco e nas Bacantes de Eurípides

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Paleo, Elena

Este traballo ten como idea xeral a interese por tres cuestións centrais: os conceptos antigos sobre as transformacións de identidade e en que modo estes modelan a representación, a forte imbricación entre identidade y coñecemento no mundo grego e o papel que xogan as relixións mistéricas (moi especialmente a dionisíaca) nestas dúas concepcións. Para tratar estes aspectos tomarase como modelo As Bacantes de Eurípides, xa que é un texto emblemático neste ámbito porque, entre outras causas, é un...



Algunhas achegas ao tratamento do mundo tradicional na narrativa galega: da posguerra aos nosos días

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Campos, Lucía

Co estourido da Guerra Civil e a posterior etapa de represión, a literatura galega sufriu unha importante paralización da súa produción. Esta situación non mudaría ata chegada da década dos 50, cunha certa recuperación da creación literaria. Unha das primeiras liñas que aparece neste momento é a baseada no tratamento do noso mundo tradicional. Nela destacaron as novelas de autores como Anxel Fole, con "Á lus do candil" e "Terra brava"; ou Álvaro Cunqueiro, coas obras que...



Proposta de intervención para Química de 2º de Bacharelato baseada na “clase invertida”, Propuesta de intervención para Química de 2º de Bachillerato basada en la “clase invertida”, Intervention proposal for Chemistry of 2nd of High School based on the flipped classroom

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fernández, Daniel

Na actualidade, búscanse modelos didácticos que ofrezan ao alumnado unha ensinanza personalizada e que lle permita acadar os procesos cognitivos máis elevados. Por iso, cada vez é maior o número de docentes que empregan modelos como o da clase invertida. Sen embargo, tanto o número de estudos como o acceso aos materiais didácticos son reducido. Neste Traballo de Fin de Máster (TFM) preséntase unha proposta de intervención docente baseada no modelo de clase invertida, onde se reformula a...



Teoría do grao: introdución e aplicacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez García, Alba

[GL]A teoría do grao é una ferramenta fundamental nas matemáticas que nos da información acerca do número de solucións que ten unha ecuación. A idea consiste en que o chamado grao topolóxico denota un número que está estreitamente relacionado co número de ceros dunha función. Este traballo pretende estudar o comportamento e propiedades do grao topolóxico, así como certas aplicacións deste. As propiedades do grao topolóxico permitirannos demostrar o Teorema do punto fixo, que á súa vez será de...



Aplicacións da teoría de xogos ao problema do passepartout

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fuente Suárez-Pumariega, Antón de la

[GL] Nun sistema de passepartout, un grupo de provedores de servizos deciden emitir un passepartout que permite aos seus clientes acceder aos seus servizos durante un período limitado de tempo e a un prezo fixo. O problema do passepartout consiste en como dividir os beneficios comúns obtidos pola venda dos passepartouts. Neste traballo abordamos esta cuestión empregando diferentes ferramentas que nos proporciona a teoría de xogos cooperativos, centrándonos no caso no que o sistema de...



Determinación do camiño seguro para a neutralización dun incidente químico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miranda Barreiro, Eva

[GL] Neste traballo modélase o problema de búsqueda dunha ruta segura no proceso de neutralización dun incidente químico. Mediante a resolución de ecuacións en derivadas parciais obteremos o modelo de dispersión 𝐺𝑎𝑢𝑠𝑠𝑖𝑎𝑛 𝑃𝑙𝑢𝑚𝑒, co que daremos forma ao problema en cuestión. Faremos unha resolución numérica dun exemplo concreto de interese utilizando a ferramenta MATLAB e expoñeremos as conclusións extraídas durante todo o proceso.



Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gil Fernández, Juan José

O cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao este problema global. Non obstante, actualmente non existe ningún estudo que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega. Esta investigación pretende cubrir este vacío centrándose en 25 complexos industriais intensivos enerxeticamente (IIE), os...



A mediatización da axenda política dos partidos socialdemócratas do sur de Europa: os casos de España, Portugal e Italia, La mediatización de la agenda política de los partidos socialdemócratas del sur de Europa: los casos de España, Portugal e Italia, The mediatization of the political agenda of the social democratic parties of Southern Europe: the cases of Spain, Portugal and Italy

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Álvarez, Carlos

O obxectivo primario da nosa análise é o de analizar a mediatización dos partidos socialdemócratas do sur de Europa en función da categoría do paralelismo político sinalada por Hallin e Mancini (2004). Temos a vontade de coñecer en que medida esta familia de partidos é permeable ou non ás lóxicas mediáticas que establecen unha serie de formatos polos cales se lles outorga maior relevancia aos asuntos da competencia partidista en detrimento dos asuntos...



Urxencias toxicolóxicas: Epidemioloxía das intoxicacións agudas no Servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Urgencias toxicológicas: Epidemiología de las intoxicaciones agudas en el Servicio de Urgencias del Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Toxicologic emergencies: Epidemiology of acute poisoning in the Emergency Service of the University Clinical Hospital of Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couce Sánchez, Manuel José

Introdución. As intoxicacións agudas (IA) son un motivo frecuente de consulta nos Servizos de Urxencias. Este estudo pretende amosar as características IA no SU do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (SU). Material e métodos. Estudo descritivo observacional retrospectivo das IA atendidas no SU entre xuño e novembro de 2019, recolléndose variables demográficas, tóxico, distribución temporal, modalidade de IA, antecedentes persoais, clínica, tratamento e destino dos pacientes...



Historia da anestesia en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Graña Corral, Uxío

Na historia da medicina o descubrimento da anestesia xeral a mediados do século XIX marcou un antes e un despois na cirurxía. Este fito non tardou en espallarse polo mundo, sendo Galicia pioneira no seu uso no ámbito español. Nesta descrición narrativa preséntase a evolución que tivo a anestesioloxía, nomeadamente en Galicia, analizando as achegas que realizaron tanto anestesistas como as sociedades científicas creadas para este fin. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha revisión...



Conceptos de Análise Matricial. Resolución de sistemas lineais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Vidal, Verónica

[GL] Este traballo aporta un coñecemento máis amplo acerca de diferentes conceptos da Análise Matricial. Partindo do xa visto no grao, o seu principal obxetivo é proporcionar un maior dominio dentro deste campo. Posteriormente, apórtase un resumo de diferentes métodos para a resolución de sistemas lineais, prestando especial atención a dous métodos en particular. Finalmente, inclúense os códigos correspondentes en MATTLAB®, os cales usaremos para resolver algún exemplo de sistemas lineais.



La novela Tea Rooms. Mujeres obreras, de Luisa Carnés. Un análisis desde la sociología de la literatura, A novela Tea Rooms. Mujeres obreras, de Luisa Carnés. Unha análise dende a socioloxía da litratura, The novel Tea Rooms. Mujeres obreras, by Luisa Carnés. An analysis from the sociology of literature

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cáceres Iglesias, Laura de

Luisa Carnés (1905-1964) fue una escritora y periodista española. Nacida en el seno de una familia obrera y de formación autodidacta, ha sido considerada por un sector de la crítica como la novelista más importante de la Generación del 27. Sin embargo, sigue estando al margen no solo del canon tradicionalmente masculino, sino también de gran parte de los estudios y proyectos sobre el grupo de las “Sinsombrero”, formado por las mujeres artistas de la época, quienes han sido históricamente...



Linfomas T intestinais primarios: Caracterización histopatolóxica e serie de casos, Linfomas T intestinales primarios: Caracterización histopatológica y serie de casos, Primary T-cell intestinal lymphomas: Histopathological characterization and case-series study

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Diéguez Iglesias, Víctor Manuel

Antecedentes: Os linfomas T intestinais primarios son tumores moi pouco frecuentes na poboación xeral, pese a ser o lugar de asentamento máis frecuente nos linfomas extraganglionares. Polo seu pronóstico infausto e a súa asociación a unha enfermidade de moderada prevalencia como a celiaquía constitúen un problema de saúde relevante a nivel global. Existen diferentes subtipos histolóxicos que foron reclasificados pola Organización Mundial da Saúde en 2017, condicionando así a súa evolución...



A cuestión racial nas acusacións de bruxería e feiticería na América colonial hispana

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rivera Dourado, Iria

Este traballo é unha aproximación histórica que relaciona as acusacións por bruxería e feiticería coa cuestión racial. Deste xeito, aproximándonos ao africanismo e o indixenismo americano e relacionándoos coa concepción de bruxería europea provinte da Idade Media, establecemos os factores raciais, culturais, étnicos e sociais que puideron axudar a que este problema afectase significativamente a persoas racializadas, especialmente mulleres negras e indíxenas, dende unha perspectiva de xénero e...



Anatomía descritiva e funcional do aparello respiratorio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Pérez, Ana Isabel, Rodríguez Cobos, María de los Ángeles, Crespo Vázquez, Elvira

A formación básica do médico debe achegar un coñecemento axeitado das ciencias en que se fundamenta a medicina. Dentro da rama das ciencias da saúde, a anatomía humana é unha das materias básicas que teñen como obxectivo “coñecer as bases morfolóxicas das funcións e do comportamento dos seres humanos, sans e doentes”. A materia ¨Anatomía Humana¨ no grao de Medicina da USC, inclúe as materias de, “anatomía xeral e anatomía do aparello locomotor”, e as materias de ¨esplacnoloxía¨, “neuroanatomía”...



A Unión Europea. Estrutura xeral

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Jorge Urbina, Julio

O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo, isto é, no establecemento de mecanismos de cooperación entre Estados en diferentes áreas rexionais para alcanzar determinados obxectivos de interese común. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes Organizacións Internacionais Rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación...



A aprendizaxe cooperativa: proposta educativa nunha aula de inglés, El aprendizaje cooperativo: propuesta educativa en un aula de inglés, Cooperative learning: educational proposal in an English classroom

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Teijo Lastra, Jessica

Este traballo pretende facer unha análise sobre unha das alternativas ao sistema de ensinanza tradicional da escola, a aprendizaxe cooperativa. Estúdase, en primeiro lugar, as súas características, a súa orixe e as súas principais técnicas pero, fundamentalmente, faise fincapé no seu desenvolvemento práctico. A partir de aquí, preséntase unha proposta didáctica deseñada para o primeiro curso de Educación Primaria na materia de Lingua estranxeira: Inglés, adaptándoa ás características dunha aula...



O desenvolvemento de hábitos saudables en educación infantil: unha ollada ao marco normativo e proposta didáctica a través de situacións de aprendizaxe, El desarrollo de hábitos saludables en educación infantil: una mirada al marco normativo y propuesta didáctica a través de situaciones de aprendizaje, Developing healthy habits in early childhood education: an exploration of the legal framework and a didactic proposal through learning situations

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Vázquez, Laura

As situacións de aprendizaxe, introducidas pola LOMLOE, constitúen un novo marco metodolóxico a través do cal estruturar o proceso de ensino-aprendizaxe, orientado cara unha aprendizaxe máis competencial. A lexislación vixente e os organismos competentes, ante as necesidades da sociedade actual, tamén inciden na importancia da educación para a saúde e a promoción de hábitos saudables no ámbito educativo. O obxectivo deste traballo foi deseñar unha proposta didáctica cos enfoques metodolóxicos...



Unha aproximación historiográfica á escritura da Cruzada dos Nenos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Diz Mejuto, Laura

O presente traballo busca analizar como se conformou a escritura da Cruzada dos Nenos dende a súa aparición nas crónicas medievais ata as representacións máis actuais. Con este obxectivo, encadrarase dito acontecemento na evolución da guerra santa e no devir de cruzadas coetáneas ó mesmo. Tamén se estudarán as distintas interpretacións relativas á súa orixe e composición social. Igualmente analizarase a visión que se ten desta Cruzada no ámbito non académico.



Relixión e comunicación: do sentimento de comunidade á comunidade de sentimentos, Religión y comunicación: del sentimiento de comunidad a la comunidad de sentimientos, Religion and communication: from the community feeling to the community of feelings

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García-Puertas Pérez, Mario

Segundo unha das posibles interpretacións, a orixe etimolóxica do termo “relixión” provén do verbo latino religare, traducible como “reunir”. Deste modo, a relixión consistiría na recuperación dunha unión sagrada que tivera sido “perdida”. Con todo, os distintos enfoques dende os que se ten estudado este fenómeno constitúen, na súa maioría, puntos de vista reducionistas ou esencialistas. Por este motivo defendemos, partindo dunha perspectiva filosófico-antropolóxica, que a experiencia relixiosa...



Análise descritiva do perfil clínico e manexo terapéutico de pacientes con estenose valvular aórtica nun Proceso Asistencial Integrado, Análisis descriptivo del perfil clínico y manejo terapéutico de pacientes con estenosis valvular aórtica en un Proceso Asistencial Integrado, Descriptive analysis of clinical profile and therapeutic management of patients with aortic valve stenosis in an Integrated Care Process

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gato Vilaseca, Mara

Este estudo de cohortes levouse ao cabo incluíndo 971 doentes consecutivos diagnosticados de estenose aórtica (EAo) no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela que foron sometidos a tres alternativas de tratamento: implante transcatéter da válvula aórtica (TAVI) (488), recambio valvular cirúrxico (421) e manexo conservador (62). Recompiláronse datos demográficos, clínicos, analíticos e complicacións peri e postintervención e realizáronse análises estatísticas para comparar...



Criterios de unicidade para sistemas de EDO’s de primeira orde

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Airas Fernández, Diego

A teoría das ecuacións diferenciais ordinarias é unha das ramas máis salientables da Análise Matemática. Dentro da teoría das ecuacións diferenciais ordinarias, a existencia e unicidade de solución é unha das cuestións máis tratadas polos grandes matemáticos. O obxectivo deste traballo é estudar, dende un punto de vista teórico, que condicións se precisan para garantir a unicidade de solución. Comezarase introducindo unha serie de conceptos básicos que serán necesarios ao longo do texto. A...



Procesos biolóxicos de transformación dos alimentos. Fermentacións. Cultivos iniciadores. Uso de enzimas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Rubio, Olga, Cobos García, Ángel

A materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» empézase a impartir no curso 2011/2012 no primeiro semestre do 2º curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética, onde comeza a docencia do módulo de Ciencia dos Alimentos. No primeiro curso o alumnado só estudou materias do módulo de Formación Básica. Esta unidade didáctica denomínase Procesos biolóxicos de transformación dos alimentos.Fermentacións.Cultivos iniciadores. Uso de enzimas. En primeiro lugar trátase a fermentación. É un método de...