Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Inseminación artificial na vaca

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Becerra González, Juan José

A Obstetricia e Reprodución (131504) é unha materia que se imparte no quinto curso da licenciatura en Veterinaria. Non existen requisitos previos legais e calquera alumno matriculado na licenciatura en Veterinaria pode cursar esta materia. Porén, é conveniente que o alumnado teña coñecementos previos de anatomía e fisioloxía veterinaria, así como de patoloxía xeral e propedeútica clínica. Tamén sería aconsellable que os estudantes teñan coñecementos básicos de TICs, xa que serán de aplicación...



Cinética formal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Al-Soufi, Wajih, Novo, Mercedes

A materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia aborda os sistemas en cambio debido a reaccións químicas, polo que é complementaria da materia Termodinámica Aplicada impartida no primeiro cuadrimestre do mesmo curso, que estuda o comportamento...



As hortas municipais de Belvís (Santiago de Compostela) : ¿unha experiencia de educación ambiental? Estudo do caso

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bisquert i Pérez, Kylyan Marc

[GL] Xa dende os anos 70, desenvolvéronse nas cidades occidentais proxectos de Hortas Urbanas vinculadas ao campo de actuación da Educación Ambiental. Nun momento de crise (económica, social, ambiental...) como o actual, é de suma importancia revisar todas aquelas ferramentas a disposición da Educación Ambiental potencialmente capaces de promover as transformacións sociais, económicas e políticas necesarias para configurar sociedades máis responsables, socialmente xustas e ambientalmente...



As bibliotecas e a súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares, Las bibliotecas y su historia: De los almacenes documentales a las bibliotecas escolares, Libraries and its history: Documentaries stores to school libraries

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lavandeira García, Lucia

[GL] No presente traballo exporase unha visión histórico – pedagóxica do nacemento e evolución das bibliotecas, tanto a nivel mundial coma, máis concretamente, español. Asemade, terase en conta a aparición das denominadas “escolares”, dándolle especial importancia aos acontecementos sociais que promoveron o seu nacemento. Non se debe esquecer a clara influencia que supón para as bibliotecas a aparición da escritura, a súa evolución, técnicas, o libro, a imprenta ou, un dos aspectos máis...



A emoción como base dunha aprendizaxe social crítica: experiencias de aula para unha escola transformadora, La emoción como base de un aprendizaje social crítico: experiencias de aula para una escuela transformadora, Emotion as a basis for critical social learning: classroom experiences for a transformative school

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Méndez, Alejandro, González Paz, David, Iglesias Seoane, Rubén, Martínez Domínguez, José Manuel

A emoción, tan presente na maioría de instantes da vida do ser humano, encontra, incomprensiblemente, infinidade de barreiras para acceder ó currículo escolar. Docentes e direccións semellan mostrar temor ou receo á hora de incluíla na organización docente, a pesar de que novos espazos de investigación comecen a demostrar a súa capacidade para producir un cambio significativo nas aprendizaxes do alumnado. Neste traballo preséntase a posta en práctica dunha secuencia de actuacións didácticas con...



Intervención educativa nas altas capacidades: o modelo SEM como metodoloxía de enriquecemento para toda a aula, Intervención educativa en las altas capacidades: el modelo SEM como metodología de enriquecimiento para toda el aula, Educational intervention in high abilities: the SEM model as an enrichment methodology for the whole classroom

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Abucide García, Laura

O seguinte traballo consiste nunha proposta de intervención nas altas capacidades intelectuais a través do modelo SEM (Schoolwide Enrichment Model), unha metodoloxía de enriquecemento que busca a optimización do talento dos alumnos e alumnas, a cal comezou desenvolvéndose só cos estudantes con altas capacidades pero que rematou aplicándose a todo o alumnado despois de comprobar os múltiples beneficios que ofertaba para toda a aula. A primeira parte do traballo consiste nunha análise...



A creatividade na Educación Primaria: análise da cuestión en docentes en exercicio e futuros/as docentes da provincia de A Coruña, La creatividad en la Educación Primaria: análisis de la cuestión en docentes en ejercicio y futuros/as docentes de la provincia de A Coruña, Creativity in the Primary School: analysis of the issue in question in working teachers and future teachers of the province of A Coruña

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Piñeiro, Laura

Ao longo da historia, a concepción da intelixencia sufriu cambios. Na actualidade Sternberg fala de tres tipos de intelixencia: académica, práctica e creativa. Os escritos sinalan que un dos problemas actuais da educación recae na predominancia do desenvolvemento da intelixencia académica en detrimento da práctica e, en última instancia, da creativa. É dicir, o colexio céntrase en desenvolver o pensamento converxente, en lugar de complementalo, a partes iguais, co diverxente, directamente...



A posta en práctica da Educación Plástica nas aulas de Primaria, A posta en práctica da Educación Plástica nas aulas de Primaria, La puesta en práctica de la Educación Plástica en las aulas de Primaria

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Táboas González, Lucía

El presente trabajo de Fin de Grado en Maestro/a de Educación Primaria desarrolla una investigación de campo, en la cual se pretende analizar la situación actual sobre la puesta en práctica de la Educación Artística Plástica en las aulas de Educación Primaria. Esta investigación partirá de una revisión bibliográfica previa sobre los aspectos relacionados con la enseñanza-aprendizaje de dicha materia, que serán complementados con un cuestionario destinado a los maestros tutores pertenecientes a...



Características diferenciais entre pacientes con infección vs colonización por Klebsiella pneumoniae produtora de carbapenemasas tipo OXA-48

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morán Fernández, Emma

Introducción/obxectivos: A detección de K. pneumoniae produtora de carbapenemasas tipo OXA-48 (KPOXA48) é cada vez máis frecuente no noso medio e supón un grave problema pola ausencia dun tratamento óptimo. Propoñémonos revisar as características de pacientes con afectación por KPOXA48 e os factores asociados á presenza de infección. Material e métodos: estudo observacional retrospectivo de pacientes con colonización ou infección por KPOXA48 nun hospital terciario dende o brote en febreiro de...



Restauración de imaxes dixitais mediante técnicas matemáticas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torrón Yáñez, Jeniffer

[GL]O traballo comeza cunha descrición do problema de restauración dixital (inpainting). A continuación proponse un modelo variacional para dito problema. Continúase transformando o problema variacional nun problema evolutivo auxiliar para a súa posterior resolución numérica. Finalmente, propóñense exemplos prácticos para por de manifesto as bondades e inconvintes do método



O ius ad bellum: o problema da guerra xusta, unha aproximación dende a teoría política, The ius ad bellum: the concept of just war, an approach from political theory, El ius ad bellum: el concepto de guerra justa, una aproximación desde la teoría política

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Vázquez, Manuel

A guerra foi, é, e posibelmente será unha constante nas relacións humanas, porén nin o máis puro dos realistas se atreve a vindicala sen algún tipo de xustificación teórica. O presente traballo ten por obxecto coñecer a historia do ius ad bellum, o dereito a guerra, especialmente a doutrina da guerra xusta, dende o seu orixe, no seo da Igrexa Católica, a súa crise e a recuperación para o actual debate por parte de Michael Walzer, todo isto dende unha perspectiva teórico política, da man dos...



Que len as futuras mestras? Estudo sobre o perfil lector do alumnado do Grao en Mestra/e de EP, ¿Qué leen las futuras maestras? Estudio sobre el perfil lector del alumnado del Grado en Maestra/o de EP, What do future teachers read? Research into the reading profile of the student body of the Bachelor’s Degree in Elementary Education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Manrique-Velayos, Clara

O presente Traballo de Fin de Grao versa sobre a educación literaria e o hábito lector do futuro profesorado de Educación Primaria. Valorando a importancia da lectura nos logros académicos, tanto na etapa primaria como nas posteriores, así como a súa relevancia para a formación permanente, investígase o nivel de compromiso do alumnado do Grao coa difícil tarefa da creación e o afianzamento do hábito lector. O estudo consiste nunha revisión das esixencias curriculares que se establecen para a...



Efecto do xaxún intermitente sobre o peso e sobre a composición corporal. Revisión sistemática

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Fociños, Carlos

Introdución: O tratamento da obesidade implica necesariamente conseguir un balance calórico negativo, para o cal é necesario realizar modificacións dietéticas que leven a que a inxesta calórica sexa inferior ao gasto enerxético. Nos últimos anos, foi adquirindo auxe, para o tratamento do exceso de peso, un tipo de restrición calórica denominada globalmente "xaxún intermitente", ou "restrición calórica intermitente". Calquera procedemento de perda de peso implica...



Análise matemática de modelos de poboacións microbianas en cultivos controlados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mourelle Ramos, Pablo

[GL] O presente traballo ten como obxectivo principal levar a cabo o estudo do crecemento microbiano en cultivos controlados da microalga Haemotococcus pluvialis en fase verde. A materia deste traballo está organizada do seguinte xeito: No Capítulo 1 familiarizarémonos cos conceptos de sistemas con impulsos a tempos fixos e variables, así coma cos seus respectivos exemplos. Empregaremos os sistemas con impulsos a tempos fixos para modelar o noso cultivo. Ademais, estudaremos os seus conceptos...



Inmersións e submersións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Otero, Antón

[GL] No estudo do comportamento das aplicacións entre variedades diferenciables xoga un papel importante o coñecemento das propiedades das aplicacións tanxentes. Isto leva a considerar as inmersións e as submersións. As inmersións, e o caso particular dos embebementos regulares, son esenciais no estudo das subvariedades e as submersións son necesarias para estudar as variedades cocientes. Analizamos diferentes formas de considerar as subvariedades e tamén estudamos variedades cocientes, en...



Mulleres en situación de prostitución. Saúde mental e a problemática que as envolve

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Rama, Clara

Introdución: A prostitución é o intercambio de sexo por unha recompensa, normalmente económica. Ao longo dos anos foi creada unha industria do sexo onde a maioría das implicadas son mulleres e os maiores consumidores (99, 7%) son homes. Nun contexto onde o consentimento é comprado e a violencia é intensa, as prostitutas viven desprotexidas e cunha falta de liberdade que atenta contra os dereitos humanos. Obxectivos: demostrar que a prostitución é unha situación que afecta á saúde mental das...



Inclusión do fin de vida na avaliación ambiental dos (bio)plásticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Vázquez, Brais

Este traballo céntrase naqueles biopolímeros plásticos non xestionados tras a súa fase de uso, e en particular ao efecto que ten a radiación UV sobre eles. Mediante o deseño previo da experimentación oportuna acadáronse datos e información extrapolables á realidade sobre o comportamento destes no medio. Dita información é necesaria para poder avaliar a sustentabilidade ambiental dos biopolímeros plásticos baixo unha perspectiva de ciclo de vida completa, é dicir, incluíndo tamén o seu fin de...



Colectivizacións de terras, industrias e servizos na zona republicana na Guerra Civil Española (1936-1939)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Beiro Torres, Manuel Urías

Durante a Guerra Civil Española (1936-1939), na zona republicana desenvolvéronse unhas mudanzas políticas, sociais e económicas que podemos cualificar como revolucionarias, pola súa profundidade e porque se deberon á posición de poder na que as organizacións de carácter revolucionario (anarquistas e socialistas) quedaron naquelas zonas onde conseguiran derrotar coas súas armas aos militares sublevados en xullo de 1936, e a conseguinte debilidade na que quedou o Estado republicano. Neste...



Exposición de cans de Galicia a Leishmania infantum no período 2018-2022, Exposición de perros de Galicia a Leishmania infantum en ,el periodo 2018-2022, Exposure of Galician dogs to Leishmania infantum. in the period 2018-2022

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pazo Moa, Eilún del

[GAL] A leismaniose canina (CanL) é unha enfermidade parasitaria zoonósica causada polo protozoo Leishmania infantum, sendo o seu vector biolóxico o flebótomo. O principal reservorio doméstico é o can, dificultándose o control e vixilancia a alta porcentaxe de infeccións subclínicas nas zonas non endémicas. O obxectivo deste estudo transversal foi avaliar a influenza dos diferentes factores de risco tanto individuais e ambientais coma espaciais na exposición dos cans a L. infantum, mediante a...



Efectos da hipocalcemia subclínica na vaca de leite e estratexias para previla

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Delgado, Alba María

[GAL] O calcio é un mineral moi abundante nas vacas de leite (1-2% do seu peso vivo), é importante por que participa en moitos procesos fisiolóxicos. Nos momentos inmediatos antes e despois do parto prodúcese un desequilibrio da súa concentración no sangue, dando lugar a hipocalcemia. Na actualidade a incidencia da hipocalcemia subclínica nas vacas leiteiras é moi elevada, atópase ao redor do 50%, varía dependendo do autor. Hai algúns factores que predispoñen a súa presenza como a raza, a...



Efectos do ambiente percibido sobre a capacidade de restauración e o benestar psicolóxico. Un estudo con realidade virtual

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Ozón, María

A exposición a contornas simuladas con realidade virtual ten o potencial de mellorar a capacidade de restauración psicolóxica e o benestar percibido. Aínda que escasa, a literatura previa apunta incluso a un posíbel rol mediador da capacidade de restauración. Neste traballo estudamos o efecto de distintas contornas naturais, clasificadas como paletas de cor, sobre o estado de ánimo e a vitalidade subxectiva a través da capacidade de restauración. Contamos coa participación dunha mostra de...



Apoderando a sexualidade femenina: Proxecto de educación sexual para mulleres maiores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero López, Lucía

Antecedentes A sexualidade correspóndese cun aspecto biopsicosocial que acompaña aos seres humanos durante todas as súas etapas vitais, sendo un indicador de calidade de vida para as persoas maiores. No proceso de envellecemento experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos, funcionais, psicolóxicos, sociais, económicos... que poden producir alteracións á hora de vivir a sexualidade. Ademais dos cambios mencionados, outro factor que inflúe en gran medida na sexualidade das persoas maiores,...



O rol da pornificación cultural na socialización de xénero das crianzas de Educación Infantil: unha mirada dende as familias e a contorna, El papel de la pornificación cultural en la socialización de género de las crianzas de Educación Infantil: una mirada desde las familias y el entorno, The role of cultural pornification in the gender socialization of Childhood Education upbringings: a look from families and the environment

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Serrano, Sofía

A pornificación cultural considérase un fenómeno social complexo, relativamente actual e omnipresente na sociedade e na vida das crianzas. Por elo, este traballo busca analizar coas familias do 2º ciclo de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, o seu imaxinario sobre a pornificación cultural e o rol deste fenómeno na socialización de xénero das crianzas. Para abordar dito obxectivo, realizouse unha Investigación-Acción-Participación utilizando como técnicas o grupo de...



O procesamento da estrutura sintáctica nos modelos de linguaxe neurais: a concordancia suxeito-verbo en galego e portugués, El procesamiento de la estructura sintáctica en los modelos de lenguaje neuronales: la concordancia sujeto-verbo en gallego y portugués, Processing of Syntactic Structure in Neural Language Models: Subject-Verb Agreement in Galician and Portuguese

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pérez Puente, Helena

Combinando coñecementos das áreas de lingüística computacional e de psicolingüística, neste traballo explórase o coñecemento sintáctico dos modelos de linguaxe neurais, concretamente o principio da concordancia suxeito-verbo en galego e portugués. Co fin de estudar se os modelos procesan este fenómeno de forma semellante aos humanos, elaboráronse dous datasets (un en galego e outro en portugués) con 16 oracións e 8 variantes para cada unha de delas, que teñen en conta a gramaticalidade, a...



Castelao: humor e literatura, Castelao: humor y literatura, Castelao: humor and literature

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rial, Inés

O humor foi unha das características principais da obra de Castelao, tanto pictórica como literaria. Os intelectuais de Nós, entre os que se inclúe o autor obxecto de estudo, destacaron o humor como un dos trazos identitarios da Volkgeist do individuo galega. Castelao traballou co humor na súa traxectoria artística baixo esta perspectiva de elemento que contén o espírito do pobo. Primeiramente, neste estudo destácanse os momentos na carreira artística do autor nos que o humor tivo un lugar...



O mundo do románico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cendón Fernández, Marta

A unidade didáctica a desenvolver, «O mundo do románico», que consta de catro apartados que seguen unha estrutura cronolóxica excepto o último que está en relación cunha nova orde monástica: o Císter. Dentro do conxunto da materia, establécense uns obxectivos xerais. Estes son: — obxectivo 1: coñecer as manifestacións artísticas máis relevantes de Galicia; — obxectivo 2: relacionar as obras conservadas en Galicia coas doutros lugares e períodos; — obxectivo 3: ter en conta que tanto a historia,...



Carteiras eficientes e técnicas para o seu cálculo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Penabad, Celia

Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Investimentos Financeiros correspondente ao 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas, é unha materia optativa de Finanzas. Céntrase na determinación de carteiras eficientes para un investidor tanto de forma gráfica e intuitiva como mediante a aplicación da Teoría de Markowitz que permite a súa determinación de xeito cuantitativo. O contido desta unidade é moi importante para calquera suxeito que se enfronte a unha toma de decisión...



O Proceso analítico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Yebra Biurrun, María del Carmen

Esta unidade didáctica enfócase de maneira que permita proporcionar unha visión global da Química Analítica e a súa terminoloxía básica, mostrando a importancia da Química Analítica para a resolución de problemas de diversos ámbitos. Este enfoque faise sobre o esquema do proceso analítico como medio de resolución dunha determinada problemática analítica real. Deste xeito, partindo dun esquema sinxelo, explícase o obxectivo e as distintas etapas do proceso analítico: definición do problema a...



Medidas de frecuencia en epidemioloxía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barros Dios, Juan Miguel

A presente Unidade Didáctica vai dirixida aos alumnos do terceiro ano da Licenciatura de Medicina, da disciplina “Epidemioloxía xeral e Demografía sanitaria”. Con ela preténdese contribuír á aprendizaxe máis autónoma do alumnado, de xeito que lles sirva de guía dun dos temas do programa, quizais un dos máis importantes, que supón a introdución ás ferramentas de medida dos fenómenos epidemiolóxicos estudados en Epidemioloxía, Saúde Pública e nas Ciencias da Saúde en xeral: as vulgarmente...



O Testamento do Arcediano de Toro : entendido como texto satírico dentro da produción medieval galego-castelá

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Veiga Rilo, Elena

Ante o Testamento do Arcediano de Toro, texto recollido no Cancioneiro de Baena (composición 316) e que situamos no século XIV (encadrándoo dentro da produción galego-castelá), dispoñémonos a estudar o seu carácter de sátira burlesca (unha das tendencias do baixo Medievo máis arraigadas), onde poderemos analizar unha ironía branda a nivel xeral e unha parodia do tema alusivo ao ¨mártir de amor¨. Así, teremos tamén en conta, na medida do posible, os aspectos lingüísticos que nos permiten...



Concepcións sobre o espazo rural galego nunha aula de primaria : estudo de caso mediante a aplicación dun test de palabras asociadas, Concepciones sobre el espacio rural gallego en un aula de primaria : estudio de caso mediante la aplicación de un test de palabras asociadas, Conceptions about Galician rural environment in a primary classroom : a case study through the application of a test of associated words

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Otero, Nuria

[GL] Nas aulas de Educación Primaria non sempre se empregan as mellores ferramentas para coñecer o medio que rodea ao alumnado. Neste traballo, pretendemos buscar a maneira máis efectiva de ensinar estes contidos. Aplicaremos un test de palabras asociadas nunha aula de terceiro curso para coñecer as concepcións que teñen sobre o medio rural, lugar onde estudan e viven. Segundo os resultados levarase a cabo unha Unidade Didáctica e, finalmente, avaliaremos os resultados obtidos para coñecer como...



A Lavacolla: análise socioeconómica e proposta de mellora da calidade de vida local

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lanzós López, Carlos, Limés Pombo, Sergio, Malvar Piay, Javier, Pérez Ferrás, Salomé

Neste traballo fixemos unha análise DAFO sobre a zona de Sabugueira, centrándonos sobre todo na parroquia de Lavacolla. Para isto utilizamos a información recollida nas distintas entrevistas e os coñecementos que fomos acadando durante estes anos de formación. Ademais, realizamos un estudo no que intentamos procurar que servizos estaban proporcionados na zona e cales non. Con todo esto realizado, propuxemos unha serie de medidas para mellorar a calidade de vida no territorio, baseándonos sobre...



Distribucións circulares

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lago Balseiro, Adrián

[GL] Este traballo consiste nunha introdución ás distribucións circulares do mesmo xeito que se faría nun curso de estatística. Primeiramente, definiranse os conceptos previos, como os momentos trigonométricos, a media ou a moda, que serán empregados posteriormente para estudar as principais distribucións circulares absolutamente continuas que existen, cuxas propiedades serán ilustradas. A maioría destas distribucións serán unimodais e simétricas, pero tamén se fará alusión a outras que non..., [EN] This work deals with an introduction to circular distributions the same way it would be developed in a statistics course. First of all, previous concepts, such as trigonometric moments, mean and mode, will be defined in order to be able to understand the distributions’ propierties, which will be illustrated. Most of these distributions will be symmetric and unimodal, but some examples of other distributions will be shown, emphasizing the von Mises mixtures. After that, parameter estimation...



Abaixo o cliché! Unha revisión ao concepto deleuzeano de diagrama, ¡Abajo el cliché! Una revisión al concepto deleuzeano de diagrama, Down with the cliché! A review of the Deleuzean concept of diagram

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa Custodio, Belén

O presente traballo pretende analizar o momento pre-pictórico/ caos-xerme a partir do cal xorde o concepto deleuzeano de diagrama. Partindo dun introductorio marco teórico, que nos permitirá —minimamente— adentrarnos no manexo de certas nocións básicas do campo da estética concibidas polo filósofo francés, trataremos de diseccionar a obra de varios artistas contemporáneos para así acadar o que, ao noso xuízo, podería designar unha nova aplicación do concepto de diagrama.



O poder da imaxe Fotográfica como reflexo social e cultural da sociedade contemporánea, El poder de la imagen fotográfica como reflejo social y cultural de la sociedad contemporánea, The power of the photographic image as a social and cultural reflection of contemporary society

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Salgueiro, Adrián

Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal poñer de manifesto o poder da imaxe fotográfica no seo da sociedade contemporánea. A fotografía como un reflexo social e cultural, máis aló da propia subxectividade da imaxe, amosa unha perspectiva determinada dentro das múltiples realidades que conforman o mundo. É unha certificación da experiencia, un rexistro universal e unha fonte para a análise e a conceptualización crítica dos movementos do ser humano dende o século XIX ata os...



O movemento Kepleriano perturbado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Anido Pereiro, Diego

[GL] Neste traballo trataremos o tema do movemento kepleriano perturbado, un tipo de movemento orbital que ten como base o movemento kepleriano do Problema de dous corpos, que xorde por pequenas alteracións destas órbitas keplerianas, provocadas por diferentes causas. O obxectivo consiste en explicar cando aparece este movemento e saber en que medida afecta ao modelo teórico, exemplificando este modelo na órbita dun satélite arti- ficial, perturbada por causa do achatamento da Terra. Tamén...



As matemáticas do cubo de Rubik

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Freire Míguez, Laura

[GL] Neste traballo imos introducir a matemática necesaria para entender como o cubo de Rubik opera como un grupo e construír este explicitamente. Para isto, incluímos os conceptos básicos de grupos e subgrupos, os tipos de grupos máis relevantes para o traballo (cíclicos e simétricos) e os produtos de grupos (directo, semidirecto e coroa). Finalmente, describimos o grupo do cubo de Rubik, tanto os movementos das súas pezas como as posicións e orientacións posibles da totalidade do cubo, grazas...



Descomposición primaria en aneis noetherianos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Parrado Freijo, Marcos

[GL] A teoría de aneis e ideais é un obxecto de estudo dende mediados do século XIX e xoga un papel fundamental no desenvolvemento da álxebra e da xeometría moderna. Este traballo trata de achegar unha xeralización do teorema fundamental da aritmética dentro do contexto da teoría de ideais. Este será o teorema de Lasker-Noether e o fundamento a teoría de descomposición primaria para ideais. Con este fin introducimos todas as ferramentas necesarias para chegar ao noso propósito: un estudo da...



Fórmulas de cuadratura. Aplicación ao cálculo de coeficientes de Fourier

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rodríguez, Aroa

[GL] Neste traballo presentaremos diferentes fórmulas de cuadratura, centrándonos na fórmula do trapecio composta e con especial interese nun tipo de converxencia que esta presenta, chamada converxencia superalxébrica, onde se mellora a orde 2 de converxencia. Tras iso, introducirémonos nas series de Fourier, veremos como obter os coeficientes da citada serie empregando fórmulas de cuadratura e abordaremos algúns resultados en canto á converxencia. Máis tarde, pasaremos a estudar a transformada...



A conxectura de Andrews-Curtis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sendón Blanco, Alba

[GL] A conxectura de Andrews-Curtis foi proposta por James J. Andrews e Morton L. Curtis en 1965, é orixinalmente alxébrica e afirma que toda presentación balanceada do grupo trivial pode converterse (a través de transformacións de Andrews-Curtis) na presentación trivial. O noso obxectivo é mostrar dúas versións diferentes da conxectura de Andrews-Curtis, ambas cun enfoque topolóxico: unha para complexos simpliciais finitos e outra para posets finitos. Ademais, estableceremos a equivalencia...



Glosario básico de econometría

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guntín Araújo, Xulia, VVAA

Este glosario é o resultado do traballo colaborativo dun grupo de alumnas e alumnos da materia de Econometría II, realizado baixo a titorización de Xulia Guntín Araújo, durante o curso 2019-2020. Forma parte do proxecto de innovación educativa “Aprendizaxe creando e compartindo contidos para a análise cuantitativa no ámbito socioeconómico, a través do Campus Virtual” do grupo de innovación docente “Mellora da aprendizaxe da análise de datos para a Economía e a Empresa”, formado por docentes do...



Introdución ás redes neuronais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Leboráns, Ana

A aprendizaxe profunda é unha disciplina que está en auxe dada a súa adecuación para resolver problemas complexos. Este traballo recolle a historia da aprendizaxe profunda dende os seus inicios, así como os conceptos básicos necesarios para a súa comprensión. Introdúcense as definicións formais dalgunhas funcións de activación, distintos tipos de redes neuronais como as redes recorrentes ou convolucionais e algoritmos e conceptos relativos ao seu adestramento. Finalmente, amósanse algunhas das...



Proposta de programa de intervención de adestramento cognitivo destinado a adultos maiores sen deterioro, con declive cognitivo subxectivo e con deterioro cognitivo leve, Propuesta de programa de intervención de entrenamiento cognitivo destinado a adultos maiores sin deterioro, con declive cognitivo subjetivo y con deterioro cognitivo leve, Proposal for a cognitive training intervention program for older adults without impairment, with subjective cognitive declive and whit mild cognitive impairment

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez Bouzas, Antía

O presente traballo é unha proposta de intervención que ten como público obxectivo os residentes da residencia Servisenior Santiago cun GDS 1, 2 ou 3, pero podería ser aplicado noutros centros con características semellantes. O obxectivo deste traballo é a elaboración dun programa de intervención non farmacolóxica dirixida a este grupo de residentes. Por este motivo, realizouse unha busca na literatura previa dos últimos 5 anos, nas bases de datos PsycInfo, Medline e Web of Science para...



O desenvolvemento da destreza auditiva para a expresión musical na Educación Primaria: Un estudo exploratorio, El desarrollo de la destreza auditiva para la expresión musical en Educación Primaria: Un estudio exploratorio, The development of listening skills for musical expression in Primary Education: An exploratory study

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Areán Fernández, Tania

El proceso de musicalización del alumnado implica el desarrollo de habilidades musicales y más concretamente auditivas, fundamentales para lograr que este proceso se lleve a cabo de manera significativa y continua. El presente Trabajo de Fin de Grado desarrolla un estudio exploratorio sobre las habilidades de audición y de escucha propias de la destreza auditiva, vinculadas a la percepción sonora y discriminación del sonido del alumnado de educación primaria. Así pues, el principal propósito de..., O proceso de musicalización do alumnado implica o desenvolvemento de habilidades musicais e máis concretamente auditivas, fundamentais para lograr que este proceso se leve a cabo de maneira significativa e continua. O presente Traballo de Fin de Grao desenvolve un estudo exploratorio sobre as habilidades de audición e de escoita propias da destreza auditiva, vínculadas á percepción sonora e discriminación do son do alumnado de educación primaria. Así pois, o principal propósito deste é indagar..., The process of musicalization of students involves the development of musical and more specifically auditory skills wich are essential to ensure that this process is carried out in a meaningful and continuous manner. This Final Degree Project develops an exploratory study on the listening and hearing skills of the auditory skills, linked to sound perception and sound discrimination of primary school students. Thus, the main purpose of this study is to investigate the auditory perception of...



O movemento polos dereitos civís (1954-1968) a través dunha situación de aprendizaxe: resultados do traballo cun grupo de 1º de Bacharelato

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Insua González, Aloia

Na actualidade existen en todo o globo formacións políticas que alentan medidas institucionais e uns discursos e comportamentos racistas e xenófobos aos que o alumnado de secundaria pode acceder a través das redes sociais. Neste contexto, propuxemos e executamos unha intervención educativa sobre o movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos de América nas décadas de 1950 e 1956, nun grupo de 1º curso de Bacharelato, na materia de Historia do Mundo Contemporáneo, nunha vila costeira da...



A detección e o diagnóstico da dislexia dende a perspectiva familiar, La detección y el diagnóstico de la dislexia desde la perspectiva familiar, The detection and diagnosis of dyslexia from the family perspective

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Souto, Serxio

A dislexia é unha das dificultades de aprendizaxe de maior prevalecía. A pesares dos numerosos avances realizados ao longo dos anos neste eido, no noso país persiste un gran baleiro no que respecta ao estudo do trastorno dende o impacto que produce a nivel familiar. Co obxectivo de coñecer a perspectiva das familias en relación á detección e o diagnóstico da dislexia, elaborouse un cuestionario mixto aplicado a unha mostra de 62 pais e nais de nenos e nenas diagnosticados con dislexia,...



Alfredo o Grande : o arquitecto da Inglaterra medieval e o seu legado

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fouce Fernández, Pablo

Alfredo, alcumado o Grande, naceu arredor do ano 850 e non sería ata o ano 871 que se convertería en rei de Wessex, cargo que conservaría ata a súa morte no 899. Durante o seu mandato tívose que facer fronte ás incursións nórdicas que ameazaban coa conquista dos reinos anglosaxóns. Alfredo logrou frear a este continxente invasor mediante reformas militares e a formulación de acordos cos líderes viquingos. No transcurso do seu goberno tamén se levaron a cabo outros proxectos reformistas...



Vidas en suspense : o internamento dos xaponeses americanos na IIGM

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Neira Luaces, Alex

O ataque xaponés a Pearl Harbor e a consecuente entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial motivou unha evacuación masiva dos xaponeses americanos que residían nos estados da costa pacífica. Desta forma, todos os individuos de orixe xaponesa, aínda que naceran nos Estados Unidos, víronse obrigados a deixar atrás as súas pertenzas e fogares polo mero feito da súa ascendencia racial. Ata 120.000 xaponeses americanos foron trasladados a campos de concentración a comezos de 1942,...



Máis aló do abandono e infanticidio : a consideración da infancia na Plena e Baixa Idade Media

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reino Cancela, David

Dende a publicación da clásica e polémica obra de Philippe Ariès, L’Enfant et la vie familiale sous l’Ancien Régime no 1960, os estudos sobre as infancias medievais ampliaron os horizontes e perspectivas con respecto ao papel e consideración que terían os máis pequenos na sociedade deste momento. Botando man destes relatos así como de fontes de época, o presente traballo ten como obxectivo desenvolver a consideración que tería a infancia na Plena e Baixa Idade Media (séculos XI-XV),...



Calidade da dieta e factores asociados en adolescentes de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Bello, Lucía

Introdución: A adolescencia é o punto de inflexión para a consolidación de hábitos saudables que repercutirán, positiva ou negativamente, na saúde das persoas. Nas últimas décadas, observouse un cambio no patrón dietético da poboación da nosa contorna, especialmente no das novas xeracións. Neste contexto, as taxas de exceso de peso infanto-xuvenil aumentaron supoñendo un grave problema de saúde pública. Obxectivos: Propúxose como obxectivo principal avaliar os hábitos alimenticios dos...



A construcción do fenómeno metropolitano: Unha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rocha, Carmen

Esta investigación consiste nunha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo (AMVi), que xunto con Barcelona constitúe unha das dúas únicas áreas metropolitanas recoñecidas por lei en España. Se ben a AMVi permanece paralizada desde o ano 2020, esta investigación pretende definir a estrutura que configuran os concellos que forman ou poderían ter formado parte dela, así como analizar o seu estado actual en termos legais, académicos, económicos e políticos. Emprégase para iso unha metodoloxía...



Os grupos de apoio mutuo: unha alternativa eficiente para a promoción da saúde mental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Soutelo Amoedo, David

Este traballo explora os grupos de apoio mutuo (GAM) como alternativa para mellorar a saúde e o benestar da poboación. Xorde tanto da experiencia propia, traballando en GAMs no Reino Unido durante máis de dous anos e abrindo un GAM durante as miñas prácticas do mestrado no barrio compostelán de Vite, como da constatación da falta de recursos públicos para a atención en saúde mental. Realizouse unha procura bibliográfica exhaustiva para entender o mellor posible os mecanismos que permiten aos...



Claves para o éxito na recría de vacún de leite: Estratexias de Manexo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aldao García, Javier

[GLG] Este traballo analiza as estratexias de manexo na recría de gando vacún de leite, destacando a importancia dunha xestión eficiente dende as primeiras etapas de vida da tenreira ata o último terzo da súa primeira xestación. A través da experiencia adquirida no Centro de recría Recría Castro SL e dunha revisión bibliográfica, demostráronse os beneficios da externalización da recría en termos de optimización de recursos, mellora do benestar animal, desenvolvemento do potencial xenético e...



Programa de difusión do Arquivo Provincial da Deputación de Lugo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Luaces Canto, Froilán Pedro

[GLG] O presente proxecto consiste na elaboración dun programa institucional de difusión para o Arquivo da Deputación Provincial de Lugo (ADPL). O obxectivo a cumprir é dobre: por unha banda, búscase transformar a percepción social estereotipada dos arquivos como espazos alleos e complexos, por outra, trátase de dar resposta ás actuais esixencias en materia de difusión arquivística, tal como se contempla en diferentes marcos normativos. No galego, en particular, figura na Lei 7/2014, de...



A Movida como producción cultural na cidade de Vigo (1982-1986)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Freire Fontaíña, Alba

No presente traballo abordarase o estudo do fenómeno cultural desenvolto na década dos oitenta na cidade de Vigo coñecido como a Movida. O seu estudo realizarase en senso amplo, entroncándose coa situación sociopolítica da cidade que entendemos que resulta definidora e chave para o seu mantemento e popularidade. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada e a análise de fontes búscase entender os particularismos da Movida viguesa que permitieron o seu desenvolvemento e...



O soño do ferrocarril: proxectos ferroviarios en Bergantiños e a Costa da Morte (1877-1912)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Beiro Torres, Mauel Uría

Entre as décadas de 1880 e 1920, existiu nas comarcas de Bergantiños e a Costa de Morte o desexo de contar cunha vía de comunicación moderna que os unise co resto do mundo e os sacase do seu secular illamento. O presente traballo ten como obxecto analizar a historia dos proxectos ferroviarios nesta zona entre a década de 1880, e mesmo antes, e 1913, desde a liña A Coruña-Santiago por Carballo até os ferrocarrís estratéxicos A Coruña-Carballo-Corcubión –coñecido como o “ferrocarril dos tres ces”...



O problema de tres corpos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pavón Souto, Carmen

Este traballo aborda o problema de tres corpos, considerado o sistema dinámico non integrable máis sinxelo da Mecánica Celeste. Comezarase cunha revisión do percorrido histórico do problema, cos seus resultados e aplicacións máis importantes, para despois pasar a motivar e plantexar as súas ecuacións. O estudo empezará cunha sección preliminar, con resultados previos tanto matemáticos coma físicos e coa presentación de certas características do problema de N corpos para un N natural arbitrario....



Cinética de reaccións complexas e mecanismos de reacción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Al-Soufi, Wajih, Novo, Mercedes

A materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia aborda os sistemas en cambio debido a reaccións químicas, polo que é complementaria da materia Termodinámica Aplicada impartida no primeiro cuadrimestre do mesmo curso, que estuda o comportamento...



Introdución ao laboratorio químico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rumbo Gómez, Antonio

A materia inclúese no primeiro ano de estudo da titulación de Enxeñería Técnica Industrial especialidade de Química Industrial. Impártese no primeiro cuadrimestre e é o primeiro contacto que ten o alumnado co laboratorio de química, polo que se considera de indubidable interese o estudo de certos conceptos básicos desta area. Os conceptos desta unidade didáctica serán aplicables a todos os laboratorios que o alumnado terá que realizar ao longo da titulación noutras materias prácticas xa que...



Transformación xenética de plantas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torre Noya, Francisco Luís de la, Segura Iglesias, Antonio Luis

A presente unidade didáctica forma parte da Biotecnoloxía Vexetal, que trata da modificación dos vexetais de cara ao seu aproveitamento. É unha materia ordinaria do grao (RD 1393/2007),que necesita un alto nivel de comprensión de materias anteriores, como Bioquímica I e II e Xenética I e II de segundo curso, as Fisioloxías Vexetais I e II de terceiro curso, e moi especialmente a Bioloxía Molecular, obrigatoria do primeiro semestre de cuarto curso. Durante séculos, dende o inicio da...



Cancioneiro tradicional Galego: Instrumentos pobres na Escola, Cancionero tradicional Gallego: Instrumentos pobres en la Escuela, Traditional Galician Songbook: Poor instruments in Schools

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo López, Alberte

[GL] O Cancioneiro tradicional Galego: Instrumentos pobres na Escola é un proxecto de intervención socio-educativa centrado na actual situación da música tradicional galega dentro da realidade escolar. Froito dunha profunda investigación documental e curricular a proposta de innovación concrétase na elaboración dun cancioneiro escolar asentado nas melodías e nos instrumentos (instrumentos pobres) propios do noso patrimonio cultural. A finalidade última do traballo é ofrecer aos mestres de..., [ES] El Cancionero tradicional Gallego: Instrumentos pobres en la Escuela es un proyecto de intervención socio-educativa centrado en la actual situación de la música tradicional gallega dentro de la realidad escolar. Fruto de una profunda investigación documental y curricular la propuesta de innovación se concreta en la elaboración de un cancionero escolar asentado en las melodías y en los instrumentos (instrumentos pobres) propios de nuestro patrimonio cultural. La finalidad última del trabajo...



A minería do wolframio en Galicia durante o século XX. Aspectos económicos e sociais. O caso de Santa Comba

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila Velo, Natalia

A minería do wolframio tivo unha gran importancia en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial (1936-1939) e máis durante a denominada Guerra de Corea(1950-1953). Unha das zonas mineiras máis notables foi a de Santa Comba, concretamente, as minas situadas no lugar de Barilongo. Neste traballo fixemos unha revisión da bibliografía existente sobre a historia deste mineral en Galicia e especialmente no devandito lugar, para seguir centrándonos nun aspecto ata agora descoñecido: o do impacto local...



O relevo xeracional na agricultura : experiencias nas explotacións. Caso práctico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rial Ameijeiras, Berta

O sector agrario galego tivo que adaptarse a un marco contextual moi cambiante trala entrada de España na UE. Un número elevado de explotacións non logrou adaptarse e acabaron desaparecendo. As que si o conseguiron seguen en funcionamento hoxe en día. O relevo xeracional é fundamental para calquera sector posto que garante a súa supervivencia. Isto tamén sucede na agricultura e quixen comprobalo a través das explotacións agrarias da zona de Santa Comba. Realizando entrevistas e entregando...



Economía da pesca e acuicultura III: O furtivismo, estudo de caso na confraría de pescadores de Noia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tuñas Suárez, Natalia

O obxecto primordial deste traballo de fin de grao é estudar o furtivismo marisqueiro na vila de Noia. Para iso, tentouse profundar na relación das mariscadoras coa súa profesión, buscando a súa opinión e tentando sempre responder a varias preguntas de investigación, tales como, se as mariscadoras eran quen de identificar aos distintos tipos de furtivos e se esta diferenciación podía acarear unha diferente tolerancia para elas. Para levar a cabo esta tarefa, non soamente se consultaron fontes...



Os permisos retribuidos do 37.3 ET : tratamento e ampliación da negociación colectiva, Los permisos retribuidos del 37.3 ET : tratamiento y ampliación de la negociación colectiva, Paid leaves of 37.3 in the ET : processing and expansion of collective bargaining

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mirás Palacios, Jesús

O Real Decreto Legislativo 1/1995, de 24 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores ( no sucesivo ET ) adicado o seu art.37 ao “Descanso semanal, fiestas y permisos”. É no punto terceiro deste artigo onde o lexislador enumera unha serie de circunstancias e situacións polas que o traballador ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo con dereito a remuneración , pero coa obriga de cumprir cuns requisitos formais



Tendencias recentes na evolución enerxética en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cuiñas Mouta, Alejandro

O obxectivo principal deste traballo é dar a coñecer cales foron as tendencias recentes na evolución enerxética galega. Enmarcada nun contexto global de inestabilidade e incerteza en materia de enerxía, Galicia afrontou nas últimas décadas tempos de importantes cambios, nos que factores como o progresivo esgotamento dos combustibles fósiles, o continuado auxe do consumo ou a irrupción das enerxías renovables se unirían a outras eventualidades específicas da nosa comunidade, como a elevada...



Aspectos ético-legais na abordaxe dos pacientes terminais, Aspectos ético-legais na abordaxe dos pacientes terminais, Legal and ethical aspects in the approach of terminal patients

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pacoret Pimentel, Rosa

Existe un amplo espectro de posibles actuacións no referente ós coidados na fin da vida. Non todos, sen embargo, están regulados dunha forma xuridicamente segura; e en moitos casos existen numerosas controversias a nivel ético sobre a idoneidade da súa aplicación. Mediante unha revisión bibliográfica, procurouse clarificar e ordenar as distintas abordaxes, realizando unha análise pormenorizada das regulacións legais pertinentes. O estudo, así e todo, centrouse claramente no aspecto ético,...



A vida é un plano secuencia. Percorrido pola historia da enunciación fílmica (e televisiva) en continuidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereiro Araújo, Ángela

O termo de “plano secuencia” foi acuñado por André Bazin para describir as tomas longas empregadas por Orson Welles en Ciudadano Kane (1941). Esta película non foi a primeira e moito menos a última na que podemos velo, pois o plano secuencia está presente en directores de todo o mundo: dende Alfred Hitchcock ata Theo Angelopoulos ou Kenji Mizoguchi. Ademais, foi amplamente teorizado como ferramenta para representar o tempo ou a manipulación do mesmo, xunto con outros recursos estéticos dos que...



Criptografía simétrica vs. asimétrica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Gómez, Sara

[GL] A criptografía clásica xorde no século V a.C. ligada ao mundo militar e co único fin de ocultar mensaxes dun xeito rudimentario. Non é ata arredor do 1948, cando esta se sitúa nun contexto computacional e matemático grazas ao científico Claude Shannon, nacendo así a criptografía moderna. Esta última clasifícase en simétrica e asimétrica. Na primeira tanto quen emite como quen recibe empregan unha mesma e única clave previamente compartida por unha canle segura, para cifrar e descifrar a...



A influencia das emocións nos niveis de glicosa: Estudo de revisión bibliográfica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Fernández, Clara

Introdución: A Diabetes Mellitus (DM) é unha enfermidade metabólica caracterizada pola presenza de elevados niveis de glicosa en sangue. Un axeitado control metabólico asóciase coa diminución no desenvolvemento e progresión da enfermidade. Son varios os factores que poden contribuír á presenza de oscilacións nos niveis de glicosa ao longo do día, sendo a influencia das emocións un deles. Obxectivos: Explorar como as diferentes emocións poden influír nos niveis de glicosa en persoas con...



Ideais de operadores

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Fernández, Alberto

A partir do Teorema espectral para operadores compactos e autoadxuntos obtere mos unha descomposición espectral para operadores compactos baseada na sucesión de números singulares. A velocidade de converxencia desta sucesión a cero dará lugar a definición das clases de Schatten-von Neumann, ideais billáteros do espazo de operadores lineais e limitados cuxa orixe histórica é a extensión a dimensión infinita da traza dunha matriz. Tamén probaremos que coa norma axeitada constitúen unha escala de...



A externalización da recría en vacún de leite

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Penelas Devesa, María Alicia

As gandeirías de vacún de leite tradicionalmente realizan a recría nas propias instalacións. Isto xera numerosas desvantaxes, principalmente adicar unha parte da man de obra a un lote que non se encontra producindo beneficios. Ademais, o manexo soe presentarse mellorable, habitualmente con lotes heteroxéneos en idade e polo tanto, non adaptados ás propias necesidades de cada xata. Esta realidade pode optimizarse derivando as xatiñas a un Centro de Recría como Recría Castro SL (Castro de Rei,...



A potencialidade da toponimia na aula: unha proposta de intervención educativa, La potencialidad de la toponimia en la aula: una propuesta de intervención educativa, The potentiality of toponymy in the classroom: a proposal for educational intervention

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiso Arias, Andrea

Este traballo ten como obxectivo principal fomentar a presenza da disciplina lingüística e científica da onomástica nos centros de ensino secundario. Para este fin, pártese dunha proposta de intervención educativa en que se aborda, sobre todo, a dimensión micro da toponimia. Galicia posúe unha riqueza toponímica extraordinaria: o Nomenclátor de Galicia (NG) recolle preto de 40000 nomes de núcleos de poboación. Estes datos correspondentes á toponimia maior soben cuantiosamente ao aludirmos á...



Educación e societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936), Educación y societarismo obrero. Un estudio de caso histórico: A Coruña (1886-1936), Education and workers' society. A historical case study: A Coruña (1886-1936)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Merayo Fernández, Inés

A Coruña dende as últimas décadas do século XIX estivo caracterizada polo seu dinamismo asociativo. Como cidade industrial, neste societarismo destacou o de tipo obreiro e, como cidade portuaria, pola influencia das ideas nacionais e de ultramar, este foi de tendencia maioritariamente anarquista. Neste contexto, no período de entreséculos naceron multitude de entidades comprometidas coa educación das clases populares, algunhas delas xurdidas do propio movemento obreiro. Mediante a análise das...



Fundamentos conceptuais e estatísticos da investigación científica. A medida de características psicolóxicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Andrade Fernández, Elena

A presente unidade didáctica pertence á materia “Métodos, deseño e técnicas de investigación psicolóxica”. Este título é a denominación xenérica que recibe o encargo docente da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Facultade de Psicoloxía. A materia é un complemento de formación para o acceso a Psicopedagoxía dos estudantes que teñen superado ben Maxisterio, ben Educación Social ou o primeiro ciclo de Pedagoxía. Está deseñada para proporcionar ao alumnado unha base sólida e...



Investigación da morte violenta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Calvo, María Sol

Esta unidade didáctica denominada “Investigación da morte violenta” está incluída no bloque de “Patoloxía forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina Legal propiamente dita). O segundo ocúpase das normas xurídicas que regulan a práctica médica...



A Educación na Natureza na provincia de Lugo. Análise da percepción das AMPAS, La Educación en la Naturaleza en la provincia de Lugo. Análisis de la percepción de las AMPAS, Education in Nature in the province of Lugo. Analysis of the perception of the AMPAS

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Buján López, Paula

Na actualidade, cómpre crear alternativas sociais que promovan a reflexión sobre a crise ecolóxica na que estamos inmersas. Dende o punto de vista do ecofeminismo e partindo dunha ética ecolóxica, na que os seres humanos se reconcilian coa natureza e pasan a verse como unha parte dela, tendo moi presentes ás xeracións futuras, proponse a análise documental do concepto de Educación na Natureza, entendendo as súas bases e fundamentos. A través da observación non participante e de entrevistas non...



A Reprodución da forza de traballo na sociedade industrial: Unha análise comparada da obra de Karl Marx e Karl Polanyi

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Sánchez, Marco Antonio

O obxectivo deste traballo é avanzar no deliñamento das bases conceptuais da reproducción da forza de traballo, nas análises de Karl Marx e Karl Polanyi da forza de traballo como mercadoría creadora de plusvalor e mercadoría ficticia, respectivamente. Ambos autores presentan obras de contido e obxectivos moi semellantes, centrándose no papel fundamental do traballo asalariado nas sociedades industriais. Tamén na especificidade do modo de produción capitalista (que por extensión se podería...



Incluíndo e comprendendo a Diversidade Funcional Cognitiva na aula: unha proposta de intervención inclusiva, Incluyendo y comprendiendo la Diversidad Funcional Cognitiva en el aula: una propuesta de intervención inclusiva, Including and understanding Cognitive Functional Diversity in the class: a proposal for inclusive intervention

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Doval, María

O obxectivo do presente traballo de fin de grado identifícase co deseño dun programa de intervención individualizado para as características dunha alumna con diversidade funcional cognitiva baseado nos principio de inclusión e equidade. A fin de deseñar e planificar adecuadamente o plan de apoio, foi preciso afondar no coñecemento teórico que concirne á diversidade funcional cognitiva contextualizando e definindo as particularidades desta necesidade educativa especial. Para elo fíxose unha...



LocalRSE: proxecto local de responsabilidade social empresarial, LocalRSE: proyecto local de responsabilidad social empresarial, LocalRSE: local corporate social responsibility project

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Romero, Víctor

A Responsabilidade Social Empresarial consiste esencialmente na integración voluntaria, por parte das empresas, das preocupacións sociais e medio-ambientais nas súas operacións comerciais e nas súas relacións cos seus interlocutores. É a contribución das empresas ao obxectivo de acadar un desenvolvemento máis sostible de forma que melloren o crecemento social, a protección medio-ambiental e o respecto dos dereitos humanos, adoptando un modo de gobernanza aberta que reconcilia intereses tanto...



Singularidades da autoría feminina galega na abordaxe da memoria do 36. Susana Sanches Arins e Iria Morgade Valcárcel, dous estudos de caso, Singularidades de la autoría femenina gallega en el abordaje de la memoria del 36. Susana Sanches Arins e Iria Morgade Valcárcel, dos estudios de caso, Singularities of the Galician female authorship in the approach of the memory of 36. Susana Sanches Arins and Iria Morgade Valcárcel, two case studies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nieves Barreiro, Elisa

A memoria non é fiable pero constitúenos. O seu recordo non é idéntico de cada vez que a lembramos e a súa transmisión nunca é homoxénea pero nela reside o valor da experiencia individual e, como membros dunha sociedade que somos, por extensión, tamén da colectiva. Conscientes do inestable desta facultade -quizais deturpada, perdida ou subxectiva en exceso-, quérese nestas páxinas ir máis aló: crendo na súa capacidade para mostrar a relación causa-efecto entre os tempos pasados e os actuais, o...



Análise das percepcións da mocidade sobre xénero e feminismo no ecosistema dixital contemporáneo, Análisis de las percepciones de la juventud sobre género y feminismo en el ecosistema digital contemporáneo, Analysis of youth perceptions of gender and feminism in the contemporary digital ecosystem

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Novo, Nuria

O traballo aborda a crecente presenza de discursos antifeministas na mocidade, especialmente nos homes novos. Examina como o feminismo é percibido hoxe en día nun contexto dixital dominado polas redes sociais e pola cultura do consumo rápido de contido, destacando a tensión entre avances feministas e o backlash cultural. O obxectivo principal é analizar o impacto das redes sociais nas percepcións da mocidade sobre o feminismo, estudando como os contidos dixitais moldean as actitudes cara á...



A transformación e cohesión social da música. Proxecto Banda-Escola de Música

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Arias, Xosé

[SPA] Este trabajo de fin de máster analiza el papel transformador y cohesionador de la música en el contexto sociocultural gallego, a través del desarrollo de un proyecto de formación de una Banda-Escuela de Música. La investigación se centra en la capacidad de la música, en concreto de las bandas y escuelas de música, para fomentar la participación ciudadana, fortalecer la identidad local y promover dinámicas de integración intergeneracional, sociales y educativas para la juventud. La primera...



A historia de España actual: presenza na educación primaria e análise dunha actuación didáctica. Memoria histórica no franquismo e na transición, La historia de España actual: presencia en la educación primaria y análisis de una actuación didáctica. Memoria histórica en el franquismo y en la transición, Contemporary Spanish History: presence in primary education and analysis of a didactic approach. Historical memory during Francoism and the Transition

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Souto, Antía

Este Traballo de Fin de Grao aborda unha investigación educativa no contexto do Prácticum II de Educación Primaria, sendo o seu obxectivo principal analizar as competencias sociais e cívicas que pode desenvolver no alumnado o estudo do pasado histórico recente a través de cuestións socialmente conflitivas. Neste caso abórdase a cuestión da memoria a partir do franquismo e o seu tratamento no proceso de transición democrática centrada na perspectiva das vítimas da longa ditadura . A devandita...



Produción literaria para a infancia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Pedreira, Rocío, Neira Rodríguez, Marta, Ferreira Boo, Carmen

Esta unidade didáctica constitúe a segunda das catro unidades que conforman a programación completa da materia Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase dos clásicos da literatura de tradición oral e as súas reescrituras, das vinculacións entre narrativa infantil e ilustración e da poesía infantil.



Ecuacións p-Laplacianas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cambeses Franco, Paula

A fabricación de chalecos antibalas, a reparación de baches e outras moitas aplicacións motivaron o estudo dunha clase especial de fluídos, denominados Fluídos non Newtonianos. Estes caracterízanse por non presentar unha relación linear entre a tensión tanxencial e a velocidade de deformación. O seu estudo é de gran interese e conduce a análise das coñecidas como ecuacións p-Laplacianas, presentes tamén noutros campos como en problemas de reacción-difusión ou en medios porosos. En función do...



Equilibrios ácido-base

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barciela García, Julia, Peña Crecente, Rosa María

Nesta unidade repasaranse os fundamentos dos equilibrios ácidobase(tanto de ácidos e bases fortes como débiles), as súas constantes de equilibrio e os cálculos de concentracións para todas as especies participantes nos mesmos. Dentro da unidade tamén se tratará con especial detalle o concepto de disolucións reguladoras (preparación, cálculo de pH, mecanismos de regulación). Por último como aplicación práctica, a unidade centrarase no estudo das volumetrías ácido-base, as cales se usan en moitos...



Sistema articular e muscular humano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Crespo Vázquez, Elvira, Rodríguez Pérez, Ana Isabel, Rodríguez Cobos, María de los Ángeles

O sistema articular e muscular humano é unha unidade didáctica incluída no módulo de Aparello Locomotor, no que se pretende coñecer a organización xeral, as variedades morfolóxicas e o funcionamento dos ósos, articulacións e músculos, facendo fincapé nos que se encontran na rexión da cabeza e pescozo. Esta unidade didáctica pretende dar a coñecer a organización xeral, as variedades morfolóxicas e o funcionamento das articulacións e músculos na rexión da cabeza e pescozo. O módulo II de...



Proxecto de intervención educativa: igualdade e arte, Maruja Mallo, Proyecto de intervención educativa: igualdad y arte, Maruja Mallo, Design of educational intervention:equality and art, Maruja Mallo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Silva, Iria

[GL]Vivimos nunha sociedade profundamente machista, onde as mulleres estamos moitas veces invisibilizadas, e no ámbito da arte non ía ser menos. A obra e a figura de Maruja Mallo é descoñecida para a gran maioría da sociedade, tendo sido esta unha gran defensora da liberdade, reclamando a través das súas actuacións e da súa obra un espazo de igualdade para as mulleres. Ademais estamos a falar dunha autora cunha obra moi expresiva e colorida onde a muller é a protagonista indiscutíbel. Unha...



Proxecto de difusión turística de castros mineiros na comarca de O Courel

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cando Rodríguez, José María

O presente proxecto ten como obxectivo a posta en valor dos xacementos arqueolóxicos, tanto castros coma minas e infraestruturas auxiliares, do período galaico-romano (ss. II a.C - V d.C.) situados dentro da comarca do Courel, concretamente no concello de Folgoso do Courel, que é onde se atopa a maioría de xacementos destas características. Para lograr isto propóñense varias actuacións que inclúen o deseño de rutas turísticas, o acondicionamento das mesmas e unha ampla variedade de actividades...



Construción da Unión Económica e Monetaria: erros dende a perspectiva fiscal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tuñas Caamaño, Fátima

Coa firma do Tratado da Unión Europea en 1992 iniciouse o camiño cara a constitución da Unión Económica e Monetaria (UEM), o que acabou implicando a perda da soberanía monetaria dos países, tendo case como único instrumento de axuste a política fiscal. A teoría das Áreas Monetarias Óptimas (AMO) foi ignorada polas autoridades á hora de deseñar o proxecto, o que derivou nunha ausencia de diversos mecanismos para afrontar shocks asimétricos. Isto, xunto cun marco de gobernanza débil con...



Determinación da exposición a aditivos de plásticos mediante a análise de augas residuais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santamaría Álvarez, Brais

Os bisfenois son unha familia de plastificantes moi importante, empregados na produción de policarbonatos plásticos e resinas epoxídicas, principalmente. Ao tratarse dunhas substancias moi usadas na actualidade, a exposición humana a estes compostos é elevada,podendo crear numerosos trastornos e enfermidades. Debido a isto, é necesario desenvolver metodoloxías para cuantificar a exposición humana aos bisfenois de maneira rápida e precisa. Para iso, neste traballo en primeiro lugar, optimizouse...



Unha introdución aos polinomios de Bernstein

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cao Ríos, Ana

[GL] Neste traballo preténdese que o lector adquira unha idea básica sobre os polinomios de Bernstein e as curvas de Bézier. O capítulo 1 céntrase nos polinomios de Bernstein, nos polinomios de base de Bernstein e nas propiedades de ambos. No capítulo 2 faise unha introdución ás curvas de Bézier, expóñense algunhas propiedades e explícase un algoritmo recursivo para evaluar as curvas de Bézier, [EN] This essay intends that the reader learns a basic idea about Bernstein polynomials and Bézier curves. Chapter 1 focuses on Bernstein polynomials, Bernstein basis polynomials and properties of both. In chapter 2, it does an introduction to Bézier curves, it shows some properties and it explains a recursive algorithm to evaluate Bézier curves



Introdución á análise multivaluada e ás inclusións diferenciais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Méndez Alonso, Nuria

[GL] Neste traballo preséntanse as nocións básicas das aplicacións multivaluadas e as súas propiedades e caracterizacións máis importantes. Ó contrario do que ocorría para aplicaci óns univaluadas onde só había un tipo de continuidade, veremos que para aplicacións multivaluadas existen dous tipos, a semicontinuidade superior e a inferior. Isto é debido a que a imaxe recíproca dunha aplicación multivaluada pode definirse de dúas formas distintas. Ademais farase unha recopilación dos principais...



Os espazos W ⷦʻ¹, (I)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salgado González, María

[GL] No estudo das ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais adquiren unha especial relevancia os chamados espazos W ⷦʻ ⷬ(I) ou espazos de Sobolev, xa que lles dá nome o matemático ruso Serguéi Sobolev. Dada a amplitude do que abrangue este concepto, este traballo céntrase en concreto nos espazos W ⷦʻ¹(I) con I ⊂ R, para acabarmos vendo o caso particular do espazo W¹,¹(I). Este último permitiranos demostrar que se pode chegar a definir o espazo de Sobolev por medio de dúas vías...



O Problema de dous corpos con masa variable

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cerviño Asorey, Hernán

[GL] No presente traballo tratamos un dos problemas máis representativos e relevantes da Mecánica Celeste: o Problema de dous corpos con masa variable. O obxectivo do texto é dar unha visión global deste tema así como particularizalo en diferentes escenarios de perda de masa. No desenvolvemento do mesmo faise un percorrido por esta liña de investigaci ón, con implicacións tanto matemáticas como físicas, comezando pola formulación do mesmo no caso non perturbado, sentando así os conceptos...



Vantaxes e inconvenientes da estimulación cerebral profunda temperá na Enfermidade de Párkinson. É axeitada a estimulación cerebral profunda temperá na Enfermidade de Párkinson?, Ventajas e inconvenientes de la estimulación cerebral profunda temprana en la Enfermedad de Parkinson. ¿Es adecuada la estimulación cerebral profunda temprana en la Enfermedad de Párkinson?, Advantages and disadvantages of early deep brain stimulation in Parkinson's disease. Early deep brain stimulation is appropriate in Parkinson’s disease?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hervés González, Lidia

A Enfermidade de Párkinson é o trastorno do movemento máis común e a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente. Prodúcese pola dexeneración das neuronas dopaminérxicas da pars compacta da substancia negra, o que provoca un déficit dopaminérxico no corpo estriado. Caracterízase por unha sintomatoloxía motora e non motora, entre a que destaca a rixidez muscular, a bradicinesia e o tremor de repouso. O tratamento é sintomático, baseado na L-DOPA (levodopa). Os síntomas motores responden...