Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Intoxicacións por gases asfixiantes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cruz Landeira, Angelines

Esta unidade didáctica denominada «Intoxicacións por Gases Asfixiantes» forma parte da materia «Medicina Legal» que se imparte no segundo semestre do 5o curso do Grao en Medicina. Esta materia aborda, entre outros contidos, a aplicación dos coñecementos médicos para a resolución de cuestións xudiciais, e estrutúrase en diferentes módulos temáticos. A materia está adscrita ás Areas de Medicina Legal e de Toxicoloxía. A maior parte dos módulos son impartidos pola primeira, mentres que o...



A primeira columna da inscrición en persa antigo de Behistum: transcrición, tradución, comentario e glosario etimolóxico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Neira, Laura

Este traballo de fin de grao consistirá na transcrición, tradución e comentario filolóxico dun texto en persa antigo: a columna I da inscrición de Behistum. O texto consérvase en escritura cuneiforme, inscrito no monte que leva este mesmo nome, no oeste de Irán. Data do século VI ou V a.C. (periodo do Imperio Aqueménida) econtén unha autobiografía do rey Darío I. Aínda que análise se centrará na lingüística, será necesario recorrer as outras disciplinas como a historia antiga ou a historia da...



Auga, Educación e Desenvolvemento Sustentable, Agua, Educación y Desarrollo Sostenible, Water, Education and Sustainable Development

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Souto Farto, Juan Carlos

Este traballo "A auga, educación e desenvolvemento sustentable" toma como punto de partida a actual situación da sociedade que está inmersa nun proceso coñecido como cultura da globalización. Por este motivo, avoga por unha educación que persiga o desenvolvemento humano integral que garanta a súa inserción social, que debe comprometer á educación con valores e principios como a paz, a democracia, a xustiza, a liberdade, a equidade, a responsabilidade, a solidariedade, a...



Pedagogía gerontológica: la atención gerontológica centrada en la persona (AGCP) desde la educación social, Pedagoxía xerontolóxica: a atención xerontolóxica centrada na persoa (AXCP) dende a educación social, Gerontological pedagogy: person-centred care (PCC) from the social education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rodríguez, Laura

El objetivo principal de esta investigación documental es mostrar la Atención Gerontológica Centrada en la Persona (AGCP) como un modelo para orientar la mejora de la calidad de vida de las personas mayores, donde se consideran valores nucleares la salvaguarda de la dignidad de la persona, el respeto a su singularidad y el derecho al control de su propia vida. Dentro de la AGCP, la autonomía se reconoce como un asunto clave en la atención cotidiana, donde la Educación Social juega un papel...



Interpolación numérica aplicada ao cálculo da altitude na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Gamarra, Ana

[GL] Neste traballo aplicamos a interpolación numérica ao cálculo da altitude na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Traballaremos coa presión atmosférica e estudaremos como Domingo Fontán calculou a altitude de moitos cumios a partir de medicións desta variable. Os valores das altitudes obtidos, por interpolación e con diferentes fórmulas de Laplace, compararanse cos datos proporcionados polos Sistemas de Información Xeográfica analizando a precisión dos mesmos.



Fabricación de fosfatos cálcicos nanoporosos para rexeneración ósea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Granja Fondevila, Andrea

A historia dos fosfatos cálcicos no campo da medicina comeza no 1769 co descubrimento da existencia destes compostos nos ósos. Isto esperta o interese da comunidade científica e podemos dicir que os fosfatos cálcicos abren as portas ao desafío da rexeneración ósea. A porcentaxe de poros, o tamaño de poro así como a interconectividade dos poros son factores determinantes para que este proceso sexa exitoso. Propiedades coma a súa biocompatibilidade, osteointegración e rápida reabsorción fan do β...



Toponomástica, documentación histórica e estudo lingüístico: unha aproximación á toponimia maior do concello de Antas de Ulla

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santiso Arias, Andrea

O presente traballo ten por obxectivo o estudo da toponimia maior dos 133 lugares en que se dividen as 28 parroquias que conforman o concello lucense de Antas de Ulla. Para este propósito, partirase dos nomes de lugar adscritos ao concello que constan no Nomenclator de Galicia (NG). Ademais, non se descarta a posibilidade de incorporarmos topónimos non recollidos no inventario oficial, pero que nomean igualmente núcleos habitados de Antas. Deste material levarase a cabo unha análise etimolóxica...



Revisión e actualización da fisiopatoloxía da enurese nocturna

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aboy Campos, Paula Belén

1.1. Introdución. A enurese nocturna infantil, de aquí en adiante (EN) é unha alteración que afecta a un número elevado de nenos e que hasta o momento pese a existir múltiples teorías plausibles, a súa fisiopatoloxía non foi esclarecida. Esta revisión está centrada especialmente na enurese de tipo primario e monosintomática. 1.2. Obxectivo. A presente revisión ten como obxectivo mostrar a información máis actualizada en relación as principais teorías dos factores que neste momento se consideran...



Unha introdución á integración numérica: fórmulas de Gauss

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez González, Antía

Neste traballo trataranse as fórmulas de cuadratura de tipo interpolatorio-polinómico. Primeiro realízase unha breve introdución, na que se motiva o seu uso e se definen unha serie de conceptos que se empregarán ao longo do traballo, para despois profundar no seu estudo. Inicialmente, veranse as fórmulas de Newton-Cotes, nas que os nodos de cuadratura están igualmente espaciados, para despois pasar ás fórmulas de Gauss, nas que se realiza unha escolla óptima dos nodos de cuadratura para cada...



O grao topolóxico de Leray-Schauder e aplicacións ás ecuacións diferenciais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Rodríguez, Manuel

Na primeira década do século XX comezan os primeiros estudos sobre o grao topolóxico, unha ferramenta de utilidade na topoloxía alxébrica e na análise funcional non linear. No presente traballo, desenvolvemos unha pormenorizada introdución á teoría do grao. Partindo de espazos de dimensión finita, definimos o grao de Brouwer para funcións continuamente diferenciables e, posteriormente, para funcións continuas. Presentamos as propiedades máis importantes do grao, que nos permiten, entre outras...



Inferencia estatística con datos censurados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Añón Dosil, Álvaro

Neste traballo estúdanse algunhas das ferramentas máis habituais na análise de datos con censura, enmarcadas dentro da rama da estatística denominada análise de supervivencia. Para comezar, introducíronse unha serie de conceptos, definicións e funcións básicas recurrentes ao longo do traballo. A continuación, explicouse o método de estimación de modelos paramétricos mediante máxima verosimilitude con datos censurados. Ademais, facendo uso de R fíxose un estudo de simulación para analizar as...



Series de Fourier diverxentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Fernández, Alberto

O obxectivo deste traballo, recollido no propio título, é a demostración da existencia de series de Fourier diverxentes. O documento estrutúrase en tres partes diferenciadas. A primeira na que se realiza un achegamento á teoría básica de series de Fourier, incluíndo definicións e resultados sobre converxencia das mesmas, e na que tamén se construirá unha función continua con serie diverxente. O segundo capítulo dedicarase ao desenvolvemento de conceptos e propiedades propias da Análise...



Análise socioeconómico e laboral do Concello de Allariz, Análisis socioeconómico y laboral del Ayuntamiento de Allariz, Socioeconomic and labor analysis of the town council of Allariz

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gómez Conde, Adrián

O presente traballo de fin de grado está dedicado á análise da situación socio económica e laboral do municipio de Allariz. Municipio galego situado na Provincia de Ourense. A través de indicadores demográficos, laborais e empresariais tentarase xustificar as modificacións producidas durante o período crítico que sufre a sociedade allaricense no ano 1.989 e das súas repercusións na vida da vila para localizar as distintas intervencións que se levaron a cabo dende o consistorio ata a actualidade...



Pistoia e Santiago de Compostela : relación e culto ao Apóstolo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Senra, María

A partir do século XII, trala chegada dunha reliquia ósea do apóstolo Santiago e dunha copia incompleta do Codex Calixtinus, a cidade de Pistoia consagrouse como a “Compostela Italiana”, quedando baixo o padroado do santo e mergullada no seu culto. O acontecemento resultou tan relevante, que a cidade toscana quedou fixada coma unha das etapas fundamentais da peregrinación italiana a Santiago, xa que conseguiu conformar un novo lugar de devoción ao apóstolo no altar de San Jacopo da catedral...



Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega: pasado, presente, futuro?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alvite Sánchez, Saray

Tomando como punto de partida algunhas das coplas froito das “recollidas” realizadas, e especialmente as que se atopan no Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, afondaremos no papel destinado á muller dentro da música tradicional galega, así como nos instrumentos destinados de xeito hexemónico a elas, destacando os de percusión considerados como “menores”, tales como cunchas, culleres, pandeireta, pandeiro, etc. A maiores, teranse en conta os lugares de convivencia...



Sesenta anos das Xornadas de Folclore Galego. Un paseo sonoro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Giráldez Salgado, Carme

[GLG] As Xornadas de Folclore Galego naceron no 1969 no marco da programación de Educación y Descanso coincidindo coa celebración das festas do Apóstolo en Santiago de Compostela. Dende entón sufriron múltiples transformacións, adaptándose aos tempos, ao público e aos cambios sociais pero mantendo como sinal de identidade o uso da Praza da Quintana como espazo simbólico e escenario principal. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal recompilar, investigar e analizar a...



O cambio social, político e económico da Marina guardesa: a Cofradía de Pescadores “Santa Tecla” da Guarda (1939-1975)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Flores Martín, Sara

Este traballo pretende aproximarse ao que foi o desenvolvemento da política social do franquismo para as traballadoras e os traballadores do mar a través das Cofradías de Pescadores, centrándose no caso da Cofradía de Pescadores “Santa Tecla” da Guarda, coa intención de que, a través do estudo deste caso en particular, poidan obterse unhas primeiras conclusións que contribúan a unha análise máis ampla do fenómeno. Con todo, buscaremos aproximarnos a como é que a institución exerceu as súas...



Tranformadas integrais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Raposeiras Mariño, Sara

Este traballo céntrase no estudo das transformadas de Laplace e Fourier, destacando a súa importancia na resolución de ecuacións diferenciais. Defínense ambas transformadas e as súas respectivas inversas, e analízanse as súas propiedades principais, incluíndo a súa relación co produto de convolución. Inclúense exemplos prácticos que amosan a súa utilidade na resolución tanto de ecuacións diferenciais ordinarias como de ecuacións en derivadas parciais, ilustrando a súa aplicabilidade en...



Teoría de categorías

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mancebo Mann, María Madalena

A teoría de categorías podería describirse coma a de nición duns fundamentos matem áticos de múltiples dimensións. Estuda as diferentes estruturas matemáticas, así como as relacións que existen entre elas, creando pontes que conectan e organizan todo tipo de áreas de estudo. Deste xeito, constitúen unha ferramenta que, aínda sendo bastante abstracta e formal, é moi potente á hora de resolver problemas de múltiples naturezas. Proporciona a posibilidade de trasladar ditas cuestións a un marco no...



Fundamentos de deseño organizativo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Chas, Romina

A realidade actual en cambio constante do contorno empresarial provoca que, cada vez máis, os empresarios precisen dispoñer dunha serie de capacidades e habilidades que lles permitan traballar nese contorno de incerteza e cambio. Na xestión de empresas non existen receitas máxicas pero a implantación dun determinado sistema de cara a toma das decisións ou de cara a resolución de conflitos pode incrementar as posibilidades de éxito. A materia Fundamentos de Dirección de Empresas, correspondente...



Modelos de equilibrio e eficiencia no mercado de capitais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Penabad, Celia

Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Investimentos Financeiros correspondente ao 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas, é unha materia optativa de Finanzas. Céntrase no estudo da Teoría da Eficiencia do mercado e nas súas implicacións para a xestión de carteiras e nos dous modelos mais coñecidos e empregados en valoración de activos financeiros, o CAPM e o APT. O contido desta unidade é moi importante para calquera suxeito que se enfronte á xestión dunha carteira...



A importancia da inclusión nunha sociedade en cambio: proposta de intervención educativa para un caso do rural galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Martínez, Elysabeth

[GL] O presente traballo consiste na elaboración dun proxecto de innovación e inclusión, precedido por unha investigación documental sobre a inclusión educativa, a través da que se dará conta do concepto, o modelo de inclusión ideal, e como aparece recollido na lexislación educativa. Unha vez introducida a lexislación estudaranse con máis concreción as necesidades educativas que existen dentro dunha escola. Poderemos ver os distintos tipos existentes e aprender a afrontar esta realidade nas...



Laringais e alternancia vocálica: consecuencias da súa evolución na flexión nominal grega e latina

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rajo Campo, Alejandra

No presente traballo tense como obxectivo o estudo dos problemas que se dan nas formas das linguas históricas que presentan alternancias vocálicas. Neste terreo teñen un papel fundamental as laringais. Así, como primeiro apunte, as laringais permiten reducir todas as alternancias a un só tipo. Pero, a súa reconstrución non sempre é doada. Son moitos os problemas que resolveu a teoría laringal, pero da man dela chegaron, tamén, novos dilemas. O primeiro, ver que efectos causaban en cada posición...



Proposta de integración da mediación lingüística na materia de inglés no Ensino Secundario, Propuesta de integración de la mediación lingüística en la asignatura de inglés en la Enseñanza Secundaria, Proposal to integrate linguistic mediation into the English subject in Secondary Education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Álvarez, Laura

O Consello de Europa publica a finais de 2017 unha actualización do coñecido Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas na cal amplía certos conceptos ignorados anteriormente. Entre eles atópase o de mediación. Esta destreza lingüística aparecía vinculada ás de comprensión, expresión e interacción, mais non era explorada no documento orixinal de 2001. Esta actualización pon de manifesto a importancia da mediación na sociedade actual e a necesidade de traballala dentro do enfoque...



Barrio de Vite

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Andrade Mira, Noelia, Bardanca Romero, Sara, Beiroa Rodríguez, Olalla, Villanueva Vázquez, David

Neste traballo vamos a realizar unha análise socioeconómica do barrio de Vite, situado na cidade de Santiago de Compostela. O obxectivo principal é coñecer a situación do territorio e valorar as propostas de mellora que se lle poden aplicar. Para realizar o traballo fixemos varias entrevistas á xente do Barrio e puxémonos en contacto co persoal do Centro Sociocultural, reunindo así información para poñer de manifesto os diferentes problemas que presenta o Barrio e intentar darlles solución co...



Problemas de regresión e clasificación usando SVM

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dono Caramés, Ángela

[GL] O noso obxectivo é estudar un tipo de algoritmos de aprendizaxe coñecidos como support vector machines. Comezamos por introducir un caso sinxelo de clasificación binaria, o clasificador de marxe máxima, que empregamos para clasificar datos linealmente. Despois presentamos o concepto de función kernel, importante á hora de realizar clasificacións non lineais e introducimos as variables slack para mellorar a capacidade de predición. A continuación, estudamos dous métodos que nos permiten...



Análise morfolóxica do sufixo -ble, Análisis morfológico del sufijo -ble, Morphological analysis of the suffix -ble

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Gómez, Manuel

[GL]O sufixo -ble forma adxectivos a partir de verbos: a partir de esperar formamos esperable e a partir de poder, posible. Neste traballo, analizarei o tipo de unidades morfolóxicas coas que se combina o sufixo -ble e como se desenvolve o proceso de sufixación. Ademais, tamén prestarei atención ó seu comportamento cando forma parte da base sobre a que se leva a cabo un proceso de derivación, como no caso de posibilidade, fronte a posiblemente, ou de inflexibilidade, fronte a inflexiblemente....



Deseño dunha proposta de intervención sobre a Música Tradicional para a Educación Primaria, Diseño de una propuesta de intervención sobre la Música Tradicional para la Educación Primaria, Design of an intervention proposal related to Traditional Music for Primary Education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vidal Cortizo, Ángel

Este traballo de Fin de Grao asume o potencial didáctico da música tradicional como elemento vehicular para o desenvolvemento da materia de Educación Musical no sexto curso de Educación Primaria. Empregando a modalidade de deseño dun proxecto de intervención, este traballo parte dunha aproximación ao estado da música tradicional galega no ensino para elaborar unha proposta de intervención que empregue esta como eixe principal. O obxectivo final deste traballo é o de xerar conciencia e interese...



Descifrando a Tim Burton: as influencias que conforman o seu cinema, Descifrando a Tim Burton: las influencias que conforman su cine, Deciphering Tim Burton: the influences that make up his cinema

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barrientos Rivadulla, Lola

As películas de Tim Burton teñen unha estética que se configura como a marca de identidade do director. Crea un estilo único e fácil de identificar como seu. Pero a estética burtoniana non aparece como algo inédito, senón que se constrúe mediante pequenas pezas, que xuntas terminan sendo un estilo novo e orixinal. Estas pezas atópanse na infancia do director, no gótico, no Expresionismo alemán e nos filmes de terror. Pero logo tamén aparecen unhas figuras esenciais que terminan por conformar a...



Teorema dos ceros de Hilbert. Tema e variacións

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gallego Fernández, Alfonso

[GL] Este traballo ten como obxectivo enunciar e demostrar o Nullstellensatz, ou Teorema dos Ceros, de Hilbert, un importante teorema alxébrico que fai de ponte entre a álxebra conmutativa e a xeometría alxébrica, permitindo deducir propiedades das variedades alxébricas afíns mediante o estudo dos ideais do anel de polinomios. Previamente enunciaranse os preliminares alxébricos e xeométricos necesarios para a realizar a proba e para comprender a súa conexión coa teoría de variedades alxébricas...



Resolución de ecuacións non lineares. Estratexias de globalización do método de Newton-Raphson

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Revuelta Flores, Lucía

[GL] No primeiro capítulo deste traballo introducimos os métodos clásicos de dicotomía, regula falsi, Newton-Raphson, secante e Müller para a resolución de ecuacións non lineares nunha variable. Na práctica, ningún destes métodos se presenta de forma illada debido as súas problemáticas, senón que se acompañan doutros métodos ou técnicas que lles aportan robustez. Así pois, no segundo capítulo analizaremos diferentes estratexias de globalizaci ón que serán útiles para construír métodos...



Factores de risco cardiovascular nunha poboación con diabetes mellitus tipo 1, Factores de riesgo cardiovascular en una población con diabetes mellitus tipo 1, Cardiovascular risk factors in a population with type 1 diabetes mellitus

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Santiago

A principal causa de morte nos pacientes con diabetes mellitus tipo 1 (DM1) é a enfermidade cardiovascular (ECV). A diferenza da diabetes mellitus tipo 2 (DM2), na que o aumento do risco cardiovascular pode explicarse pola asociación da enfermidade con factores de risco cardiovascular (FRCV) clasicamente ligados á ECV, os FRCV tradicionais non bastan para explicar a elevada prevalencia de eventos cardiovasculares que presentan as persoas con DM1. Isto implica que a DM1 produce un aumento do...



Método de Givens-Hyman para cálculo de autovalores de grandes matrices

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tuñez Alcalde, Rosa María

O traballo comeza cunha breve introdución acerca da importancia dos autovalores de grandes matrices na nosa vida diaria para resolver diferentes tipos de problemas. Móstrase, ademais, unha clasificación dos diferentes métodos de cálculo de valores propios para grandes matrices e para centrarse despois no método de cálculo de autovalores baseado en reducir unha matriz calquera a unha semellante (e polo tanto cos mesmos autovalores) de tipo Hessenberg superior mediante matrices de rotación de...



Consumo de drogas, violencia e estigma asociados á prostitución e á trata con fins de explotación sexual : un estudo exploratorio.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández del Río, Lucía

A prostitución e a trata sexual son dous fenómenos extremadamente complexos que teñen a súa orixe en causas estruturais e desigualdades económicas, socias e de xénero. Polo tanto, non reducibles a circunstancias individuais das persoas envoltas. Estas implícanse nestes contextos coa esperanza de mellorar as súas vidas, pero o certo é que a evidencia amosa que é pouco habitual que isto chegue a ocorrer. De feito, a participación no mercado prostitucional adoita derivar en múltiples consecuencias...



Códigos alxebraico-xeométricos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteagudo Lago, Pablo

O obxectivo deste traballo é o estudo dos códigos alxebraico-xeométricos dende unha dobre perspectiva. Por un lado, introdúcense as nocións fundamentais da Teoría de Códigos que permiten entender o papel que desempeñan estes na comunicación e a necesidade de construír códigos que, coa mínima redundancia posible, teñan a capacidade de corrixir un gran número de erros. Por outra banda, preséntanse os conceptos básicos de curvas alxebraicas que permiten a construción dos códigos baixo estudo,...



Introdución á teoría de operadores lineares

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Le Creurer Quinteiro, Nicolá Xoán

A teoría de operadores lineares en espazos de Banach e Hilbert ten aplicacións en diversas áreas de coñecemento do ámbito científico, como a mecánica cuántica ou a teoría ergódica. Neste traballo faremos unha análise dos conceptos máis destacados das bases da teoría de operadores: operadores compactos, operadores de rango finito ou operadores Fredholm, entre outros. Enunciaremos resultados que os caracterizan e probaremos teoremas que establecen relacións entre os diversos tipos de operadores....



Deseño de EfficientNets para a clasificación de imaxes multiespectrais usando técnicas de aprendizaxe profunda

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilela Pérez, Nicolás

Neste traballo adaptáronse as EfficientNets ao problema de clasificación de imaxes multiespectrais, explorando distintas configuracións para descubrir así cales funcionan mellor. As observacións experimentais demostraron que algunhas arquitecturas específicas de EfficientNets obteñen precisións moi similares ás doutros esquemas de clasificación empregados neste problema de clasificación, como a rede residual, á vez que teñen menor custo computacional.



A pulsión de morte nas súas imaxes : Bellmer entre o perverso e o sinistro freudiano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Lorenzo, Cristina

Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal estudar os conceptos freudianos do sinistro e o perverso a través da análise da obra de Hans Bellmer. A hipótese principal consiste en afirmar que as bonecas de Bellmer, que descompoñen e fusionan o corpo feminino, expresan a pulsión de morte freudiana a través da estética do perverso e sinistro. Tamén se formula a cuestión de se o uso do sinistro e o perverso na arte pode ser unha ferramenta de subversión e revolución ao desafiar...



Unha guerra no cine: 1936 - 1939: Análise da produción cinematográfica como elemento propagandístico durante a Guerra Civil Española

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Figueroa de la Fuente, Uxío

Análise da produción cinematográfica realizada durante a Guerra Civil Española (1936-1939), facendo especial énfase na utilización do cinema como propaganda. Nopresente traballo analizaranse os filmes do bando republicano, do bando sublevado e a meirande parte da axuda exterior que recibiron ambos no apartado cinematográfico. Ademais, dentro de cada apartado analízase a produción propia de cada bando. Por outra banda, buscase entender tamén a importancia que tiña o cine, unha arte aínda...



Categorías (finitamente) universales, Categorías (finitamente) universais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lugaresi Palomares, Daniel

Un dos problemas clásicos que impulsou importantes avances en álxebra é o Problema Inverso de Galois, proposto por Hilbert en 1892. Inspirado por este problema e seguindo unha lóxica semellante, xorde a comezos do século XX o problema de realización de grupos, que formula unha cuestión aparentemente sinxela: dada unha categoría C e un grupo G, existe algún obxecto de C cuxo grupo de automorfismos sexa isomorfo a G? Cando isto ocorre para todo grupo (finito), dise que a categoría é (finitamente)...



Modelado de datos no plano, Modelado de datos en el plano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Hermida Costas, Noa

Os datos espaciais representan localizacións xeográficas cuxa análise permite detectar posibles patróns e estruturas no espazo. Neste Traballo de Fin de Grao preséntase unha introdución á estimación non paramétrica da densidade bidimensional, centrada no uso do estimador tipo núcleo, co fin de obter representacións suaves da distribución espacial dos datos. Os diferentes métodos ilustraranse mediante a implementación de códigos en R, aplicados a datos reais de casos e controis de leucemia...



Xogos sobre grafos, poder e centralidade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xuíz García, Antón

Os xogos de utilidade transferible empréganse para modelizar todo tipo de situacións de cooperación social ou acordos entre calesqueira número de partes, e en particular cando se presenta unha estrutura de rede e é preciso repartir recursos entre os participantes. Na realidade, na maioría de casos non todos os involucrados determinan de igual maneira o fluxo de información na rede, nin teñen as mesmas disposicións cara a negociar, polo que resulta importante deseñar unha serie de solucións que...



Teoría de Morse discreta

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Polo Rodríguez, Andrea

A presente memoria consiste nunha introdución á teoría de Morse discreta. O traballo ten por obxectivo final dar unha proba das desigualdades de Morse que só se fundamenta en argumentos simpliciais (a diferenza das probas máis habituais, apoiadas en resultados de teoría de homotopía). O carácter da antedita demostración favorece a súa implementación no ordenador, o cal lle outorga especial interese dende o punto de vista da topoloxía aplicada ou computacional



O algoritmo de punto interior para os problemas de programación linear

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mourelle Abelenda, Ángel

Neste traballo estúdase o algoritmo de punto interior de Karmarkar para problemas de programación linear, o concepto de complexidade computacional e como se relacionan ambos os dous. Este algoritmo comeza cun punto no interior do conxunto de solucións posibles e aproxímase, mediante iteracións, ao punto extremo que resolve o problema. A súa principal ferramenta é o uso dunha aplicación chamada transformación proxectiva e a de nición, en cada paso, dunha esfera sobre a que se optimiza a función...



Resolución numérica de problemas de fluxo de sangue nun conducto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero García, Brais

Propónse un método de volumes finitos completamente implícito para a simulación de fluxo de sangue 1D. Comezamos introducindo o concepto de sistemas de leis de conservación e os métodos de volumes finitos como unha ferramenta para achar solucións numéricas para este tipo de EDPs. Logo, presentamos o modelo de fluxo de sangue 1D que, para a súa posterior discretización, é dividido en tres subsistemas: un para os termos convectivos, un das variables difusivas e un para a presión. Estúdase un...



Cohomoloxía de de Rham

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Amado, Cristina

As formas diferenciais constitúen un obxecto matemático de gran relevancia na Topoloxía Diferencial e na Xeometría Diferencial e con importantes aplicacións á Física. O obxectivo deste traballo é estudar distintos usos das formas diferencias e mostrar como estas permiten abordar numerosos problemas de maneira eficaz. En primeiro lugar, daranse unhas nocións básicas sobre teoría de fibrados, que son fundamentais para abordar o resto do traballo. Tras isto, definirase o concepto de orientación...



Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambiental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Peña Vázquez, Elena María, Barciela Alonso, María Carmen

O Máster de Enxeñería Ambiental impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela, cuns 30 estudantes anuais de nova matrícula. Consta de 90 créditos ECTS e realízase nun período de 18 meses. No primeiro ano (60 ECTS) impártense cinco módulos, que se distribúen dende setembro a xullo. No segundo ano (30 ECTS), nos dous primeiros meses impártense as clases teóricas do módulo seis e o resto dos meses dedícanse ao Proxecto Fin de Máster. Os módulos...



Enxeñaría do Tráfico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte, Fuentes Faílde, Pablo

Con esta unidade didáctica iníciase o primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. Nela preséntanse conceptos básicos da enxeñaría do tráfico que se empregarán en temas posteriores. Analízanse as variables fundamentais que serven para caracteriza-lo tráfico por estradas, explícanse os métodos empregados nos estudos de tráfico para obter estas variables, e...



A liberalización do sector eléctrico en España e Europa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Balo García, Sergio

Este traballo ten como obxectivo analizar os efectos da liberalización do sistema eléctrico en España e en Europa. Nas últimos décadas Europa estivo inmersa nun proceso de liberalización do sector eléctrico que buscaba introducir competencia nun sector que tradicionalmente se desenvolveu nun marco de competencia imperfecta. Preténdense analizar os cambios na forma de organización do sistema derivados do cambio a un mercado competitivo. Para isto contextualízase o tema teórica e historicamente...



A Participación do testador como forma de participación: réxime xurídico e comparativa con outras disposicións particionais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carrete Pardal, Xudit

O tema central deste traballo é a partición polo testador. Fundamentalmente, analízanse os aspectos que maior problemática práctica presenta este tipo concreto de partición. A tal efecto , divídese nunha introdución, a cal fai unha aproximación á do testador como unha forma de partición particular, e tres capítulos. No primeiro realízase unha comparativa entre a partición do testador e outras disposicións testamentarias: adxudicacións e normas particionais. Desta forma, diferéncianse as tres...



A literatura do Prestige dende unha perspectiva ecocrítica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rei Martiz, Antía

Dende a catástrofe do Prestige no ano 2002 xurdiron en Galicia diferentes manifestacións literarias que teñen como tema central a crise medioambiental que supuxo; este traballo pretende facer unha achega a esta literatura do Prestige dende un punto de vista ecocrítico. Para comezar, fa rase unha breve introdución ao tema, contextualizando o desastre ecolóxico nas súas coordenadas históricas e sociais e o papel da ecocrítica nos estudos literarios. A continuación, trataranse as principais...



Meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz Ruiz, María del Carmen, Muñoz Patiño, Ana María, Rodríguez Pallares, Jannette

Esta unidade didáctica está dedicada ao estudo dos “Sistemas de protección do sistema nervioso central (meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica)”. Inclúese dentro da materia obrigatoria de Neuroanatomía, unha materia da rama das Ciencias da Saúde enmarcada no Módulo “Morfoloxía, estrutura e función do corpo humano”, que se imparte no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. A materia está dedicada ao estudo da...



Creadores de narración oral. Un manual de elaboración de contos a partir das fórmulas características da tradición galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Monteagudo Alonso, Iria

Este trabajo busca ser un material de ayuda para la realización de talleres sobre creación de cuentos populares de tradición oral en contextos educativos y/o de dinamización cultural. Concretamente, su objetivo es proporcionar, a través de una serie de actividades, los recursos y técnicas necesarios para poder crear nuevos cuentos populares que reproduzcan las características propias que este género literario muestra en la tradición gallega. Por este motivo, el trabajo presenta una estructura...



Aproximación de solucións de ecuacións diferenciais con iterantes de Picard

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Pedreira, Ana

[GL]O teorema de Picard asegura a posibilidade de aproximar a solución dun sistema de EDOs mediante os chamados iterantes de Picard cando a parte non linear é continua e satisfai unha condición de Lipschtiz con respecto á variable dependente. É interesante estudar o que ocorre coa sucesión de iterantes de Picard noutros casos, e así, ver se constitúen unha ferramenta válida para aproximar solucións. O traballo consiste en describir a demostración do teorema de Picard baseada no teorema da...



Análise do cambio en tempo aparente do uso da gheada en Lalín: descrición e percepción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pol López, María

O traballo ten por obxectivo describir e estudiar a variación e o cambio no emprego das distintas realizacións do fonema /g/ en falantes de tres xeracións na área do concello de Lalín. A gheada é un fenómeno fonético sobre o cal temos constancia nos últimos anos, polos datos que hai, de que se está producindo un cambio lingüístico. Ademáis e unha variante que conta cunha valoración negativa polos propios falantes e pola sociedade galega en xeral, o que tamén contribúe e inflúe na súa...



Prevalencia de síntomas extrapiramidais en pacientes con esquizofrenia en fase crónica institucionalizados de longa estancia, Prevalencia de síntomas extrapiramidales en pacientes con esquizofrenia en fase crónica institucionalizados de larga estancia, Prevalence of extrapyramidal symptoms in long-stay institutionalized patients with chronic phase schizophrenia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Suárez, Ronsel Noemí

Os síntomas extrapiramidais son un conxunto de síntomas motores que se dan nalgunhas persoas a tratamento con antipsicóticos. O obxectivo deste estudo é atopar a prevalencia destes efectos adversos na poboación diagnosticada de esquizofrenia que reside nas unidades de media e longa estancia do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Empregáronse para tal fin as escalas de Simpson-Angus (versión breve) e a Escala Breve de Avaliación Psiquiátrica (BPRS). Logo de aplicárllelas a unha mostra de 18...



A inxerencia estadounidense no goberno de Salvador Allende

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nóvoa Giráldez, Iago

Este traballo versará sobre os distintos plans e accións que o goberno dos Estados Unidos, da man ca CIA, levou a cabo para debilitar e derrocar ao goberno esquerdista de Salvador Allende en Chile, entre os anos 1970 e 1973, que culminará co golpe de estado do 11 de setembro de 1973. Ademais, veremos a evolución do goberno en Chile dende os anos 60 e as súas relación cos EEUU.



Percepción dos adolescentes en violencia de xénero

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sanmartín Andújar, Marta

Introdución: A violencia contra a muller nace como resultado da existencia dunha sociedade patriarcal. No caso de que sexa nunha parella de adolescentes, recolle o nome de “violencia no noivado”. Constitúe un problema global ca privación de dereitos nas mulleres e consecuencias nas vítimas. O obxectivo do traballo é coñecer a percepción dos adolescentes desta violencia. Metodoloxía: Realizouse un estudo transversal entre o alumnado de catro centros galegos que estiveran cursando entre 3º da ESO...



Variación dos patróns de consumo de cannabis na poboación durante a pandemia da COVID-19: unha revisión sistemática, Variación de los patrones de consumo de cannabis en la población durante la pandemia de la COVID-19: una revisión sistemática, Variation in cannabis use patterns in the population during the COVID-19 pandemic: a systematic review

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Senande Dosil, Alexandre

Introdución. O cannabis é a terceira substancia máis consumida a nivel mundial, así como a máis consumida dentro do grupo das drogas ilegais. O inicio da pandemia da COVID-19 supuxo importantes cambios nas relacións sociais, a saúde mental e a calidade de vida das persoas, o que puido traer consigo importantes modificacións nos patróns de uso de substancias poboacionais, en especial no poboamento adolescente, un colectivo vulnerábel en período de desenvolvemento social e emocional. O obxectivo...



Modelos gráficos e redes neuronais para a estimación da densidade en alta dimensión

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Prada Corral, Manuel de

Os modelos gráficos son modelos estatísticos que se apoian na Teoría de Grafos para modelar interaccións complexas entre variables aleatorias. Neste traballo estúdanse as súas bases teóricas e a aplicación dos mesmos na estimación de densidade en contextos de alta dimensión. Comezamos introducindo as técnicas clásicas de estimación de densidade non paramétrica e ilustrando as dificultades que aparecen empregando un conxunto de datos real. A continuación, desenvólvese a teoría dos modelos...



Proxecto Ateneo: atendendo a quen coida

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Búa Barbosa, Eduardo

Coidar de xente maior dependente que presenta demencia é unha tarefa que condiciona a vida de quen a realiza. Os cambios de personalidade propios da enfermidade, o empeoramento da doenza, os niveis crecentes de supervisión requiridos e a diminución de actividades non relacionadas coa persoa maior teñen importantes repercusións na vida das persoas coidadoras (maioritariamente mulleres). Entre os principais problemas identificados destacan o estrés, a ansiedade, a depresión ou a sobrecarga. Malia...



A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castrillo Sotelo, Carmen

O avance, nos últimos tempos, das técnicas de reprodución humana asistida influíu favorablemente na superación da infertilidade biolóxica e estrutural. Este feito, xunto co recurso á adopción, supuxo que cada vez máis homes e mulleres satisfixesen o seu desexo de conformar unha familia. Neste contexto, a autonomía da vontade acada unha nova dimensión cando xorde a posibilidade de optar pola xestación por substitución. Dende regulacións amplamente permisivas, ata prohibitivas restricións, en...



A resistencia antifranquista nas terras de Ordes, Curtis e Mesía: unha aproximación ás mulleres da IV Agrupación guerrilleira

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vaamonde Lesta, María

A loita antifranquista trátase dun tema de certa controversia xa que o esquecemento do pasado ou as mudanzas que se producen na narración do mesmo, en función das esixencias do presente, leva á complicación do seu estudo. Isto aumenta a súa dificultade se atendemos aos nomes femininos que participaron de facto na resistencia e no apoio á guerrilla, posto que desde as fontes orais case non son mencionadas, mentres que no relato historiográfico a participación das mulleres semella escurecida, xa...



O asolagamento de Castrelo de Miño. Unha lectura ecocrítica, La inundación de Castrelo de Miño. Una lectura ecocrítica, The flooding of Castrelo de Miño. An ecocritical reading

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Justo, Marta

A construción no ano 1966 do encoro de Castrelo de Miño supuxo un antes e un despois na historia deste concello ourensán. Como forma de contestación ó drama vivido pola poboación obrigada a marchar, xurdiron diferentes mostras literarias que narran o suceso. No referido ó estado da cuestión, até o momento a meirande parte da investigación académica realizada sobre o mesmo xira arredor da súa vertente histórico-política. Atendendo a isto, no marco da ecocrítica, o presente traballo ten como...



As intoxicacións por silicose e manganose. O caso de Carburos Metálicos en Brens e no Salto de Castrelo en Ézaro (1947-1969)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costa Romero, Manuel

No ano 1903 a empresa Carburos Metálicos establece unha nova fábrica en Brens (Cee), comezando unha nova etapa para a comarca. Se ben unha nova fonte de emprego e prosperidade económica semellaba ser unha gran noticia para os veciños, as intoxicacións aparecen entre os traballadores. Primeiramente un foco de silicose no Salto de Castrelo (1947-1954) e posteriormente un foco de manganose na fábrica de Brens (1952-1969), producen a axitación entre os obreiros e veciños. A cobertura xornalística,...



As “casas baratas” de Fedorento na vila da Guarda : un estudo a través da política social de vivenda do franquismo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Flores Martín, Sara

O obxectivo deste traballo é realizar unha primeira aproximación aos proxectos de vivenda social construídos no lugar de Fedorento, na vila da Guarda, en Pontevedra, Galicia, durante os anos cincuenta e sesenta do século XX, no contexto da ditadura franquista, e baixo a dirección do Instituto Nacional de Vivenda, a Delegación Nacional de Sindicatos e a Obra Sindical del Hogar. Deste xeito, abórdase, en primeira instancia, o proceso de construción e asignación das vivendas aos seus primeiros...



Formas modulares e teoría de Hida

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Omil Pazos, Lois

O obxectivo deste traballo é estudar os resultados básicos de formas modulares, con especial énfase nas chamadas familias de Hida e nos fenómenos inherentes aos números p-ádicos. Traballaremos tanto os aspectos alxébricos da teoría como aqueles máis xeométricos, que están detrás dos últimos avances na área. Na primeira parte do traballo, o obxectivo é familiarizarse coas formas modulares, entender a estrutura alxébrica dos espazos correspondentes e motivar as súas aplicacións a problemas...



Deprescrición de benzodiacepinas en adultos maiores de 65 anos dende o punto de vista da enfermaría: unha revisión sistemática

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moure Presas, Cecilia

Introdución: As benzodiazepinas (BZD) son fármacos amplamente usados como tratamento de varias enfermidades, destacando o seu uso no caso do insomnio e da ansiedade. Nos últimos anos o seu uso está en aumento e con el os riscos asociados ao mal uso ou control, especialmente nos adultos maiores de 65 anos. Por iso, cómpre impartir educación sanitaria á poboación e plantexar a posibilidade de reducir o consumo sempre que sexa posible mediante pautas de deprescrición adecuadas e controladas....



A Vila de Gaudila: a toponimia como memoria popular e identidade cultural

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Porral, Xoán Carlos

[GAL] Partimos da localización da parroquia de Goiás atendendo aos lindes referenciados no Catastro de Ensenada e mudados no Arranxo Parroquial de 1891. De seguido, e como eixo do traballo, recompilamos microtoponimia (aldeas, fontes, augas, terras pedras) relacionada con esta parroquia de Lalín (dita recompilación, ao ser moi extensa, achegámola no apéndice por cuestión de espazo). Dela, máis que a súa etimoloxía, interésanos a información que achega a través da tradición oral: uso, calidade...



Da outra ourela á chaira: memorias das mulleres da colonización

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villanueva García, Zaida

[GAL] Este traballo parte da recuperación das memorias das mulleres que saíron do concello de Negueira de Muñiz e se instalaron en Veiga de Pumar no marco do programa do Instituto Nacional de Colonización.Este programa foi impulsado polo réxime franquista nas décadas de 1950 a 1960 e buscaba fomentar os asentamentos de colonos para favorecer a concentración parcelaria co obxectivo de superar o modelo agrícola e gandeiro do minifundismo e autoconsumo. Pola súa parte, a historia del concello de...



Dinámicas da cultura na Galiza, na actualidade: O caso da feira CULTURGAL e o campo editorial galego, Dinámicas de la cultura en Galicia, en la actualidad: EL caso de la feria CULTURGAL y el campo editorial gallego, Culture dynamics in Galicia, nowadays: the case of the CULTURGAL fair and the Galician publishing field

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salgueiro Pérez, Sofía del Sol

No actual século, é perceptível o peso que foron gañando os diferentes ámbitos das industrias creativas de modo que cada vez resulta máis frecuente, por exemplo, certos aspectos cuantitativos das mesmas. Vinculadas a estas novas dinámicas, xurdiron e renováronse eventos como festivais e feiras que colocan o foco neses diversos sectores; un fenómeno a que non é allea a Galiza. Así, e como exemplo, ademais de festivais literarios e das xa consolidadas feiras do libro en vilas e cidades galegas,...



Proxectos de transformación ecosocial con perspectiva interseccional nos ámbitos rural e urbano de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Robleda Simón, Paula

[GLG] Ante un mundo consumido polos ritmos frenéticos do capitalismo e as súas desoladoras consecuencias, tanto nas dinámicas sociais como na esfera ecolóxica, nesta investigación visibilízanse as cooperativas de traballo asociado e/ou sen ánimo de lucro como forma empresarial alternativa que pode acompañar a transición ecosocial a un futuro máis xusto, horizontal e conectado coa nosa ecodependencia e interdependencia. A través dunha metodoloxía cualitativa, con especial atención á perspectiva...



Sistemas nanoestruturados con bevacizumab para o tratamento de oftalmopatías: interaccións lípido-fármaco, Nanostructured carriers with bevacizumab for the treatment of eye diseases: lipid-drug interactions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Lage, Emi

Este traballo estuda a interacción entre dous tipos de lípidos sólidos a temperatura ambiente (monoestearina e Compritol 888 ATO) que forman parte de sistemas nanoestruturados de liberación de fármacos, e entre estes e un principio activo, o anticorpo monoclonal bevacizumab, empregado para o tratamento intravítreo da dexeneración macular asociada á idade (AMD), unha retinopatía que causa perda de visión. A razón deste estudo reside na necesidade de aumentar a biodispoñibilidade do fármaco no...



A práctica teatral na infancia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Pedreira, Rocío, Neira Rodríguez, Marta, Ferreira Boo, Carmen

Esta unidade didáctica constitúe a terceira das catro unidades que conforman a programación completa de Literatura Infantil e Dramatización. Nela fálase do teatro infantil e da literatura dramática, así como do proceso de programación de sesións de expresión dramática para a aula.



Diferenciación en espazos normados e minimización de funcionais

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Troncoso, Ana

O obxectivo deste traballo é ampliar os coñecementos no referido ao cálculo diferencial, englobando un entorno máis xeralizado que o considerado no grao. Na primeira parte, fixaremos o concepto de diferencial de Fréchet, confrontándoo co de diferencial de Gâteau, para estudar, de aí en diante, numerosos resultados en base a ambas. Utilizaremos estas ideas para traballar con derivadas de segunda orde e superior, que nos permitirán, á súa vez, analizar as condicións necesarias e suficientes para...



A auga

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández García, María Isabel, Labisbal Viqueira, María Elena

A presente unidade didáctica está englobada dentro do tema do hidróxeno, Bloque II, e centrado nos hidruros, nome adoptado xenericamente para todos os compostos que forma o hidróxeno con outro elemento químico. Estes temas abórdanse despois de facer unha presentación do que é a Química Inorgánica e que temas aborda. Nesta unidade faise un estudo da auga, da súa importancia biolóxica e a nivel xeral, da súa utilización industrial, e dos procesos que implican a obtención de auga potable. A súa...



Vento e xeración das ondas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Gallego, Mario, Veigas Méndez, José Miguel, Carballo Sánchez, Rodrigo, Iglesias Rodríguez, José Gregorio

A presente Unidade Didáctica, Vento e xeración das ondas, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñaría Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a xeomorfoloxía...



Modelo de mercado do mercado de valores en España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboredo Nogueira, Juan Carlos

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito é ilustrar como se organiza o proceso de negociación de activos nun mercado e as súas implicacións para a determinación do prezo, poñendo especial énfase no caso do mercado de valores español. A comprensión dos contidos desta unidade non reviste ningún grao de dificultade especial...



Dominio público portuario

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Ponte, Alberte, Cota Mascuñana, David, Gómez Calviño, Javier

Esta unidade didáctica forma parte da programación da materia optativa “Explotación de Portos”, do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Civil. A programación docente da materia divídese en dous grandes módulos. O primeiro módulo, Explotación e xestión de Portos (6 unidades didácticas) dedícase a presentar os aspectos fundamentais relacionados coa xestión e explotación dos portos. Na primeira unidade do módulo (UD1)preséntanse os conceptos básicos relacionados cos portos: funcións, zonas de...



O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local, El Colegio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): Un ensayo de respuesta a las demandas educativas de la burguesía local, The León XIII School from Vilagarcía de Arousa (1903-1935): A test response to the educational demands of the local bourgeoisie

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Torres Velo, Kely

[GL] Este Traballo de Fin de Grao (TFG) que expoñemos trátase dunha iniciación á investigación documental. O presente estudo pretende achegar unha interpretación e análise reflexiva acerca do que foi o Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa dende o 1900 ate o 1935. Imos abordar tanto aspectos que teñen que ver de maneira fundamental co colexio como a filosofía, a disciplina e a convivencia, a edificación e dotación de material, o profesorado e a mediación didáctica, como tamén outros..., [ES] Este Trabajo de Fin de Grado (TFG) que exponemos se trata de una iniciación a la investigación documental. El presente estudio pretende allegar una interpretación y análisis reflexiva acerca de lo que fue el Colegio León XIII de Vilagarcía de Arousa desde 1900 hasta 1935. Vamos a tratar tanto aspectos que tienen que ver de manera fundamental con el colegio como la filosofía, la disciplina y la convivencia, la edificación y la dotación de material, el profesorado y la mediación didáctica,..., [EN] This final project dissertation which we expose it is an introduction to a documentary research. This study aims to bring you an interpretation and a reflective analysis about what was the León XIII School in Vilagarcía de Arousa from 1900 till 1935. We are going to treat aspects that deal fundamentally with the school like philosophy, the discipline and coexistence and the equipment, teachers and teaching mediation, as well as other aspects that still occupy a secondly place in this...



A importancia das habilidades sociais na Educación Infantil. Programa de desenvolvemento das habilidades sociais para previr a agresividade infantil, La importancia de las habilidades sociales en la Educación Infantil. Programa de desarrollo de las habilidades sociales para prevenir la agresividad infantil, The importance of social skills in Early Childhood Education. Development program of social skills for children to prevent childhood aggressiveness

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rial Grille, Tamara

Ó longo do século pasado investigáronse as habilidades sociais e os seus beneficios nas relacións interpersoais. Está comprobado que os nenos que posúen estas habilidades son máis felices e desenvólvense mellor durante a súa vida. Así mesmo, contan con menos problemas e compórtanse mellor. Neste traballo analízase a súa relación coas condutas disruptivas na aula, especialmente coa agresividade infantil. Para iso, recóllese a información sobre os diversos programas de entrenamento destas..., Over the past century social skills and their benefits in interpersonal relationships were investigated. It is proven that children who possess these skills are happier and develop better during their lifetime. They also present fewer problems and behave better. In this work its relation with disruptive behavior in the classroom, especially with childhood aggressiveness, is analyzed. For that, information of many training programs of these skills is collected and, after that, their benefits...



Autoestima, autoconcepto: influencia do estilo educativo no seu desenvolvemento. A educación emocional como resposta educativa, Self-esteem, self-concept: influence of education style over this development. Emotional education as an educative answer, Autoestima, autoconcepto: influencia del estilo educativo en su desarrllo. La educación emocional como respuesta educativa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Silvariño Espasandín, Araceli

[GL]A autoestima e o autoconcepto son aspectos claves para un correcto desenvolvemento integral do neno/a. Estes marcan o seu rendemento escolar pero sobre todo o seu benestar emocional, condicionando a súa vez o seu carácter e as relacións coas demais persoas. Ao igual que calquera outra competencia, a autoestima e o autoconcepto poden ser educados e potenciados dende a escola para que cada neno/a encontre o seu equilibrio persoal sacándose o maior rendemento posible como individuo. O mestre/a...



Medidas e Prestacións para a Inclusión Social: Análise comparativa entre Galicia e Euskadi, Medidas y Prestaciones para la Inclusión Social: Análisis comparativa entre Galicia y Euskadi, The Acts and Social Benefits for Social Inclusion: Comparative Analysis between Galicia and Euskadi

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Docabo Iglesias, María

[GL] A inclusión social das persoas que se encontran en situación de risco ou excluídas continúa sendo un reto para esta sociedade, como así o demostran os datos dos informes máis recentes. Este traballo pretende revisar, dende a perspectiva da Educación Social, a situación actual das medidas e prestacións sociais que existen en Galicia e Euskadi para posibilitar a inclusión social. Partimos da premisa de que a tipoloxía das medidas, asistencial ou emancipadora, inflúe na calidade dos procesos...



Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión: Análise da relación nunha mostra de 473 adolescentes galegos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Villares García, Beatriz

[GL] Este traballo intenta determinar en que medida a realización de condutas agresivas se ve condicionada polas variables sexo, sexismo e identidade de xénero nos xóvenes galegos. Para iso realizouse un estudo empírico cunha mostra de 473 adolescentes (222 homes e 251 mulleres), con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, pertencentes a distintas localidades da Comunidade Autónoma de Galicia. A todos os participantes se lles aplicou a versión en castelán do Ambivalent Sexism Inventory...



O ensino do galego mediante tarefas: deseño dunha unidade didáctica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lodeiros Souto, Natalia

O obxectivo principal deste traballo é elaborar unha unidade didáctica no marco do "ensino comunicativo mediante tarefas". Este é un modelo didáctico que fomenta a competencia comunicativa dos aprendentes e utiliza as tarefas como elementos articulatorios das unidades. A tarefa pode definirse de modo xeral, como un exercicio de aula no que os aprendentes poñen en práctica a comunicación. estas unidades didácticas están compostas por unha tarefa final e unha serie de tarefas...



A morte dunha forma de vida. A paisaxe cultural como recurso para a aprendizaxe das Ciencias Sociais en Educación Primaria, La muerte de una forma de vida. El paisaje cultural como recurso para el aprendizaje de las Ciencias Sociales en Educación Primaria, The death of a way of life. The cultural landscape as a social science learning resource in primary school

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rey Suárez, Darío

O traballo que se presenta a continuación ten como obxecto o estudo da paisaxe cultural local nunha aula de 6º de educación primaria para ofrecer diferentes solucións á problemática social que está a xerar un proxecto de mina a ceo aberto na localidade dos estudantes (Touro, A Coruña). Preténdese que o alumnado coñeza en profundidade a súa contorna e aprenda a analizar de xeito crítico e razoado as actuacións que se dan nela, polo que o estudo do patrimonio local e a análise crítica da...



Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social, Mujeres gallegas emprendedoras en el ámbito de la Educación Social, Enterprising galician women in the field of Social Education

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Vicente, Rebeca

A presente investigación pretende indagar acerca dunha realidade coa que se convive na actualidade, que é o traballo das mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social. Estas mulleres contan a súa experiencia, onde expoñen as dificultades que se atopan na integración ao mundo laboral por conta propia como educadoras sociais, así como a importancia dos aspectos positivos que pesan para poder seguir adiante cos seus proxectos de intervención socioeducativa. O obxectivo principal é...



Violencia en parellas xóvenes : papel sobre os mitos do amor romántico e as actitudes sexistas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Millán, José Antonio

A violencia en parellas xoves constitúe un fenómeno alarmante debido ás elevadas cifras de prevalencia e ás consecuencias que acarean tales agresións para a saúde das persoas involucradas. A teoría feminista denuncia que as falacias que propugna o amor romántico, xunto cas crenzas sobre a suposta inferioridade da muller como grupo humano, promoven dinámicas de dominación-submisión dentro da parella e facilitarían a aparición dos abusos. Partindo desta perspectiva, preténdese indagar no papel...



Estimación da densidade no plano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bugallo Porto, María

[GL] A estimación da densidade é un problema que xorde co obxectivo de coñecer como é a concentración dunha poboación a partir dunha mostra da mesma. Neste TFG abordaremos a estimación non paramétrica da densidade, permitindo así que a función a estimar adopte case calquera forma posible, sen máis que esixir que sexa unha densidade. Comezando co caso unidimensional para, posteriormente, centrarnos no caso bidimensional, presentaremos e analizaremos o estimador histograma e o estimador tipo..., [EN] Density estimation is a problem that arises with the aim of knowing how a population is concentrated from a sample of it. In this TFG we will address non-parametric density estimation, thus allowing the function to be estimated to take almost any possible form, requiring it to be a density. Starting with the one-dimensional case and then focusing on the two-dimensional case, we will present and analyze the histogram estimator and the kernel estimator. To this end we will introduce...



Curvas Planas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Maestro, Adrián

[GL] O obxectivo deste traballo é abordar algúns dos teoremas clásicos máis importantes no referente ao ámbito das curvas planas, prestando especial atención ás curvas planas convexas. Para elo será preciso expor unha serie de nocións e resultados previos a modo de introducción á teoría de curvas planas. En consecuencia, o traballo pode verse como a unión de dous bloques distintos. O primeiro estaría conformado polos capítulos un e dous, onde ofrecemos unha formación básica en teoría local e...



Xeometría extrínseca global de superficies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero Vázquez, Fabián

[GL] O obxectivo deste traballo é facer un percorrido polos resultados máis importantes da xeometría diferencial dende un punto de vista extrínseco, ata chegar ao célebre Teorema de Alexandrov e ser tamén capaces de responder ao problema isoperimétrico. Comezamos definindo os conceptos básicos de 𝘰𝘷𝘢𝘭𝘰𝘪𝘥𝘦 𝘦 𝘥𝘰𝘮𝘪𝘯𝘪𝘰 𝘪𝘯𝘵𝘦𝘳𝘪𝘰𝘳, que nos permitirán adentrarnos no Teorema de Hadamard-Stoker, o cal nos brinda propiedades das superficies conexas, pechadas en 𝕽³ e con curvatura de Gauss positiva en...



A publicidade de bebidas alcohólicas: redes sociais e protección do menor

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Seoane Pena, Andrés

O alcohol é unha droga de produción, distribución e consumo legal en España que, para chegar aos individuos, emprega unha publicidade que debemos considerar non só dende o ámbito mercantil e das empresas, senón como un auténtico instrumento de influencia e conformación social. Estamos ante unha publicidade dun produto altamente nocivo para a saúde, sendo o alcohol na actualidade a droga máis estendida en todo o mundo, e converténdose o seu consumo nun auténtico problema de saúde pública a nivel...



Por que máis de tres millóns en apenas catro anos confiaron na extrema dereita?: 100 páxinas para entender a Vox: análise das estratexias de marketing e comunicación política de Vox

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendizábal Recuna, Pablo

En 2015 preséntase un novo partido político en España, Vox. A pesares de ter uns resultados modestos nun principio, catro anos despois, en 2019, acada máis de tres millóns e medio de votos, sendo a terceira forza política en España. Este fenómeno social ten creado unha gran controversia xa que ademais do rápido crecemento, a forza política consolida por primeira vez en España desde a ditadura franquista unha estrema dereita forte, tanto a nivel electoral como a nivel mediático....



A relevancia política das figuras mediáticas do deporte e o seu tratamento nos medios de comunicación, La relevancia política de las figuras mediáticas del deporte y su tratamiento en los medios de comunicación, The political relevance of sports celebrities and their treatment in the media

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cea Rama, Duarte

Política e deporte son dous mundos presentados como <<incompatibles>>, malia que ao longo do tempo existisen manifestacións que poñen en dúbida esta afirmación. O seguinte documento trata de indagar nesa idea a través das figuras mediáticas deportivas, analizado os casos de Rafa Nadal e Gerard Piqué, para comprender o nivel de importancia que teñen as súas manifestacións políticas, sendo os medios de comunicación a canle utilizada para comprobar dita cuestión.



Análise e resolución numérica de modelos de fluxo de persoas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salgado Pais, Alfonso

[GL] Este traballo introduce un modelo para estudar o fluxo de persoas en 2D nun dominio rectangular, supoñendo diferentes saídas segundo o caso. Dito modelo basease nas leis de conservación hiperbólicas. Descríbese ademais o método de volumes finito que se aplica ás ecuacións dos fluxo de persoas.



Mecanismos moleculares da acantose nigricans na síndrome de Rabson- Mendenhall, Mecanismos moleculares de la acantosis nigricans en el síndrome de Rabson- Mendenhall, Molecular mechanisms of acanthosis nigricans in Rabson-Mendenhall syndrome

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Antelo Abeijón, Andrés

Introdución e obxectivos: A síndrome de Rabson-Mendenhall encádrase dentro das síndromes de resistencia á insulina extremas e é causado por variantes bialélicas no xene do receptor da insulina. Unha das súas características clínicas é a presenza de acantose nigricans. A literatura máis actual considera que a acantose nigricans relacionada coa resistencia á insulina pode explicarse pola acción da insulina sobre o receptor de IGF-1. Este traballo ten como obxectivo entender cales son os...



Valorización de residuos do procesamento de produtos do mar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ameneiro Cereijo, Mateo

A industria de transformación de produtos procedentes do mar é un sector clave para Galicia. O seu labor no procesamento de pescados, crustáceos e moluscos xera unha enorme cantidade de residuos en forma de subprodutos de procesamento (cabezas, espiñas, recortes, cunchas, augas de cocción, etc.) e descartes por motivos comerciais, que se suman aos producidos noutras etapas da cadea de valor da pesca. O desperdicio de recursos alimenticios mariños dificulta o obxectivo de alimentar unha...