RUC. Repositorio da Universidade da Coruña
Publication
Libro o Monografía (Book)
Universo Cantigas I. Cantigas de Amor
[Resumo] Co presente volume iníciase a publicación do conxunto da lírica profana galego-portuguesa. Esta primeira entrega en soporte papel reúne un total de 704 cantigas de amor e en cada unha delas ofrécense as referencias identificativas, o texto crítico, a referencia das edicións previas da composición, a paráfrase e algunhas notas aclaratorias. Alén disto, e como é habitual neste tipo de publicacións, inclúese un prefacio –que contén a explicación xeral desta iniciativa, a organización e características do volume, unha caracterización das cantigas de amor, os criterios de edición e a bibliografía citada–, así como tamén os índices de primeiros versos e de autores.
Project:
MINECO FFI2015-63523-P
View at: https://hdl.handle.net/2183/47060