Encontrados 11037 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)
Encontradas 111 página(s)
Transicións ocupacionais e representacións na procura de traballo. Comparación de mercados de traballo baixo distintos réximes de welfare: São Paulo, París e Tokío, Transiciones ocupacionales y representaciones en la búsqueda de trabajo. Comparación de mercados de trabajo bajo distintos regímenes de welfare: São Paulo, París y Tokyo, Occupational Transitions and Patterns of Job Search. Comparing Labor Markets under Different Welfare Regimes: São Paulo, Paris and Tokyo, Transições ocupacionais e representações sobre a procura de trabalho. Comparando mercados de trabalho sob distintos regimes de welfare: São Paulo, Paris y Tóquio
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guimarães, Nadya A.
Este texto compara tres mercados metropolitanos de traballo -São Paulo, París e Tokío-, que se basean en tres tipos diferentes de réxime de welfare, para reflexionar sobre dúas cuestións. Primeira: ao variar os sistemas de emprego e as formas de institucionalización do desemprego, varían os patróns asumidos polas transicións e traxectorias ocupacionais, incluso as formas de recorrencia do desemprego. Segunda: ao variar as configuracións do mercado, varían as representacións sobre a busca de...
Comprometámonos co Pasatempo: unha proposta de Aprendizaxe-Servizo dende o ámbito educativo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Balvís, Erea, Cousillas Pena, Paula, Giadás Quintela, Miguel, Pajón Soto, Sara
A metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou Service Learning conta cunha longa traxectoria que a avala como un dos métodos máis eficaces do ámbito educativo, pois con ela o alumnado aprende facendo un servizo. Ademais dos múltiples beneficias que achega ao alumnado e ao ensino, esta ferramenta comporta un impacto positivo dende o punto de vista social, pois a finalidade desta é transformar as necesidades existentes na contorna.
Tendo en conta esta posibilidade, no seguinte artigo presentamos...
A transversalidade no currículo: prevención de alcoholismo e tabaquismo en escolares galegos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueiras Mascareñas, Luis Miguel, Delgado Montoto, José Amador, Díaz García, María Luz, Fernández Vázquez, Xosé Ramón
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/5205
A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Biscaínho Fernandes, Carlos Caetano
A intervención realizada pola Escola Dramática Galega (EDG)
durante algo máis de década e media –a cooperativa coruñesa
tivo existencia legal entre os anos 1978 e 1994– no sistema
teatral e, por extensión, no sistema cultural que o engloba, atinxiu
unha diversidade e un calado que non é comparábel a outro
colectivo semellante. Ademais, toda esta actividade ultrapasou
A Coruña e alcanzou un número importante de cidades e vilas
galegas e a voz da EDG estivo presente na práctica totalidade
dos...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/7586
A xestión indirecta dos servizos sociais de titularidade autonómica en Galicia, en especial o concerto
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Almeida Cerreda, Marcos, Santiago Iglesias, Diana
Os servizos sociais de titularidade autonómica creados pola Administración da Xunta
de Galicia, en uso da competencia que lle corresponde de acordo co Estatuto de
Autonomía, poden ser xestionados pola mesma de forma directa, a través da súa propia
estrutura organizativa, ou indirecta, a través das distintas modalidades de xestión de
servizos públicos reguladas na normativa de contratos do sector publico. De entre as
formas de xestión indirecta, en Galicia, por disposición legal, no ámbito dos...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/7897
Investimento estranxeiro e industrialización en Galicia. Unha aproximación en termos de emprego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/8494
Perfil dos alumnos que abandonan o ensino básico, cursado en réxime ordinario, sen o título de graduado en ESO
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morandeira Roel, María del Pilar
A elaboración do perfil-tipo do alumno que abandona o ensino básico, cursado en réxime ordinario, sen o título de Graduado en ESO debería servir para comprobar si as características que o configuran son propias e únicas de cada un ou son comúns a todos eles e, en que medida, dependen do contexto espazo xeográfico no que residen. Para dar resposta a estas dúas cuestións proponse unha investigación, dende unha perspectiva ecolóxica, na que se aborda o estudo dos contextos do espazo xeográfico,...
Presentación
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álamo Jiménez, Carlos del
Tendencias productivas nas explotacións de leite galegas, Tendencias productivas nas explotacións de leite galegas, Tendencias productivas en las explotaciones de leche gallegas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Miguel Domínguez, José Carlos de, Pérez Vidal, Tomás, Rodríguez González, Xosé Antón
Neste traballo analízase o comportamento productivo do sector productor de leite en Galicia nos últimos anos, utilizando os datos dispoñibles de 32 explotacións que se recollen no Programa de xestión de explotacións de leite de Galicia (Consellería de Agricultura). Como resultado deste dedúcense os cambios que experimentou o modelo productivo das explotacións de leite galegas, cuantifícase o papel das distintas variables productivas nas ditas transformacións e concrétanse os factores...
Relatoría da xornada “A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional"
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Aitlaarabi, Rabab, Formoso, Olga, Chahir, Manal, Cabanas, Paula
O venres 22 de novembro celebrouse na Facultade de Dereito, no Salón de Graos, a charla titulada "A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional". Este evento reuniu a destacados expertos en Dereito Internacional e Relacións Internacionais para abordar, dende distintas perspectivas, as complexidades do conflito palestino e as súas implicacións legais e humanitarias. Entre estes expertos figuraban Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos de Conflitos...
Unha experiencia de inclusión da perspectiva de xénero na docencia de mestrado
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Carreira, María del Carmen, Blanco Varela, Bruno
O presente traballo describe a experiencia de inclusión da perspectiva de xénero na docencia da materia Estrutura Social e Estado do Benestar, impartida nun mestrado da Universidade de Santiago de Compostela. A inclusión da perspectiva de xénero unida á utilización de metodoloxías activas constitúe unha experiencia de innovación docente. Realízase unha introdución dende a óptica do xénero a través do desenvolvemento de contidos específicos e tamén de xeito transversal, a través do fomento da...
O declive demográfico da parroquia rural galega : o caso da provincia de A Coruña
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pazo Labrador, Alberto José, 1963-, Santos Solla, Xosé Manuel
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/516
A vida cotián como eixe para unidades didácticas en ciencias sociales
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cortizo Nieto, Xavier
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/580
Victoriano García Martí ou as rosalianas dores de viver
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Rodríguez, Helena, Sánchez Rodríguez, Ramón
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985
Algunhas consideracións ó redor do [ŋ] en galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González González, María, González González, Manuel
Un cinema do fan. Os fans e as gravacións amadoras nos modos de representación da música en directo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tenreiro Uzal, Cibrán
Esta tese investiga os modos de representación da música en directo para explorar, a través da comparación dos vídeos amadores e os profesionais, se o cambio tecnolóxico dixital favorece unha democratización da imaxe dos directos ou os códigos convencionais prevalecen. A análise destas gravacións amadoras obriga a construír unha metodoloxía interdisciplinar para abordar as diferentes tensións que os vídeos acollen: non só as propias das promesas democratizadoras da tecnoloxía dixital, senón...
Sementeira e outono dun poeta : Ildefonso-Manuel Gil
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso Girgado, Luis
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1764
Cortazar e a teoría do tunel : Aniversario dunha ausencia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Pereira, María Xesús
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1827
Ambiente e desenvolvemento rural. Proxecto LIFE99 ENV/E/00286 "Rehabilitación Tambre I Proxecto Piloto", Environment and Rural Development: LIFE 99 ENV/E/000286 Project: “Tambre I Rehabilitation - Pilot Scheme”, Ambiente y desarrollo rural. Proyecto LIFE99 ENV/E/00286 "Rehabilitación Tambre I Proyecto Piloto"
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez López, Carlos José, Palmeiro Ramos, Manuel, Crecente Maseda, Rafael
Este traballo comenta os aspectos máis significativos do proceso proxectual seguido desde o encargo de realizar unha candidatura á Iniciativa LIFE-MEDIO AMBIENTE, ata a actualidade, cando faltan escasos meses para finaliza-la execución do proxecto. Pretendemos discuti-los termos de referencia do proceso de formulación, da fase de xestión, da execución e, por último, formularémo-las previsións para a explotación. A idea do presente proxecto partiu da necesidade de diversificación da economía...
Pensamento crítico e prácticas científicas na formación do profesorado e a súa implicación na aula de infantil: indagando sobre a caída de obxectos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mosquera Bargiela, Inés
Esta tese ten como obxectivo principal analizar as prácticas científicas e de pensamento crítico polo alumnado de educación infantil no contexto dunha tarefa de indagación. Para a consecución deste obxectivo, levouse a cabo un estudo de caso integrado de carácter cualitativo formado por seis unidades de análise: o currículo e os plans formativos do profesorado de infantil, entrevistas a educadores/as de futuros/as mestres/as e a aula. Os resultados amosan que as prácticas científicas e o...
Estudo da satisfacción dos cidadáns galegos cos servizos públicos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Castromil, Antón, Voces López, Carmen, Caínzos López, Miguel Ángel
Este traballo consta de cinco bloques diferenciados. No primeiro, que aquí se inicia, delinéase o marco xeral en que xorde a “Enquisa sobre satisfacción dos cidadáns cos servizos públicos galegos” posta en marcha pola Escola Galega de Administración Pública, sinálanse os seus obxectivos, caracterízase o enfoque que a orienta e danse algúns detalles sobre o deseño da primeira edición da enquisa. O segundo dedícase á descrición da mostra. No terceiro bloque efectúase unha análise concisa da...
A desnasalización vocálica no galego medieval
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Paz, Ramón
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/3363
As prácticas escolares na formación do profesorado de ensino primario
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Porto Ucha, Anxo Serafín, 1945-
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/377
Manual de Comunicación Institucional de Proximidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sixto García, José
Economía e deporte profesional: aspectos xurídico-mercantís de actualidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Gallardo, Alfredo
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/8721
Unha enxeñeira ou científica en cada cole
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Iglesias, Encina, Pérez Comuñas, María José, López Martínez, Paula, Aymerich López, María de la Inmaculada, Bao Varela, María del Carmen, Flores Arias, María Teresa, García Fandiño, Rebeca, Costas Lago, Natalia, Rodríguez Malmierca, María José, Cernadas García, Eva, Hospido Quintana, Almudena, Roibás Cela, Laura, Ling Ling, Josefina F., García Deibe, Ana María, Domínguez González, Raquel, Acevedo Arteaga, Laura, Pérez Meirás, María Dolores, Taboada Iglesias, María Jesús, López Lago, María Elena, Aguayo Lorenzo, Eva
Nesta comunicación, presentamos o proxecto Unha enxeñeira ou científica en cada cole organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Esta iniciativa pretende incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas STEM (ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas), mediante actividades didácticas nos centros educativos que rachen cos estereotipos sexistas da nosa sociedade....
A cota de erro na medida das audiencias
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mira Pérez, Jorge, Sánchez Sellero, César
Emprego sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisán Seijas, María del Carmen
Emprego sectorial e participación das mulleres en Galicia e Europa presenta os resultados dun traballo de investigación sobre o desenvolvemento económico, o emprego e a calidade de vida desde unha perspectiva de xénero, procurando respostas a preguntas cruciais: pode Galicia achegarse aos niveis de emprego, salarios, calidade de vida e participación das mulleres similares aos das rexións e países máis avanzados?. Que factores principais poden axudar a avanzar nesa dirección?. Ademais de atender...
Heine e Rosalía
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Neira, Manuel Xosé
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1874
O abastecemento de augas na cidade da Coruña durante o franquismo, The Water Supply in the Town of A Coruña During the Franco years, El abastecimiento de aguas en la ciudad de A Coruña durante el franquismo
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mirás Araújo, Jesús, Piñeiro Sánchez, Carlos
O artigo examina a evolución do servicio de abastecemento de auga nunha cidade
española de tipo medio durante o franquismo mediante unha análise da empresa subministradora,
“Aguas de La Coruña, S.A.”. Durante esta etapa, esa sociedade atravesou diversas dificultades
que condicionaron unha xestión empresarial máis eficiente. Os principais factores responsables
foron o contexto autárquico imperante, os cambios nas pautas de demanda (asociados
a un considerable crecemento urbano) e o cambio...
Política rexional comunitaria, Política regional comunitaria
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Gil, Manuel Jaime
Caracterización da dinámica socieconómica galega : unha perspectiva microxeográfica, Caracterización de la dinámica socioeconómica gallega: una perspectiva microgeográfica, Characterization of Galician Socioeconomic Dynamics: A Microgeographic Perspective
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena López, José Atilano, Sánchez Santos, José Manuel
No presente traballo preténdese caracterizar os diversos modelos de desenvolvemento
socioeconómico dos municipios galegos e a conseguinte distribución da actividade económica
no espazo da Comunidade Autónoma. Con este obxectivo, o estudo lévase a cabo en dúas
fases. Nunha primeira etapa, a aplicación de técnicas multivariantes permite a identificación de
áreas homoxéneas e funcionais e o establecemento dunha orde de prelación de territorios en
función do seu maior ou menor dinamismo...
Aplicando coñecementos e familiarizándonos cos procesos da ciencia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García-Rodeja Gayoso, Isabel, Díaz de Bustamante, Joaquín María
Os anuncios e a linguaxe publicitaria como axuda do desenrolo léxico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Rodríguez, Helena
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/432
Mourão, P. The Economics of Motosports. The case of Formula One. Londres, Palgrave MacMillan, 2017 [review]
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Carreira, María del Carmen, Varela Vázquez, Pedro
Apuntamentos para un estudo da historia da violencia entre as clases traballadoras da Galicia urbana (1890-1936)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez Macho, Antonio
A violencia como conceito culturalmente construido é obxecto de análise no presente artigo, en particular,
canto a relación existente entre a violencia política e os movementos sociais, a partir do caso
de estudio histórico do movemento obreiro en Galicia. Un movemento social creador dun novo repertorio
de acción colectiva que tivo que competir coa existencia de repertorios pretéritos baseados
na protesta comunitaria e, ao tempo, coa acción represiva do Estado e doutros contramovementos,...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/4545
Tres lustros para investigar dous séculos: un desenvolvemento desigual
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Beramendi, Justo
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/4775
Competencia directiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díez de Castro, Emilio Pablo, Martín Jiménez, Francisca
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/8541
A sustentabilidade dos recursos pesqueiros en termos biolóxicos, La sustentabilidad de los recursos pesqueros en términos biológicos, Fishing Resources Sustainability in Biological Terms
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González-Garcés Santiso, Alberto
Neste artigo faise unha descrición dos criterios e da linguaxe científicos usados actualmente para determinar o estado de explotación e o desenvolvemento sostible das pesqueiras desde o punto de vista biolóxico. En función destes criterios, preséntase a situación actual do conxunto dos recursos pesqueiros mundiais e analízase a situación dalgunhas poboacións de interese pesqueiro para Galicia en función dos puntos de referencia biolóxicos. Finalmente, faise un exame dos elementos que cumpriría...
Análise da lealdade dos turistas que visitan a cidade de Santiago de Compostela, Análisis de la lealtad de los turistas que visitan la ciudad de Santiago de Compostela, An Analysis of Tourism Loyalty: The Case of Santiago de Compostela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Roget, Fidel, Novello, Simone, Murias Fernández, Pilar
Nos últimos anos no ámbito turístico, ao igual que no conxunto da economía, produciuse
un cambio de paradigma na xestión das empresas e a medición da satisfacción dos clientes
foi desprazada polo concepto de lealdade, ao consideralo un mellor indicador do seu comportamento
real. Neste artigo proponse un enfoque integrado para tratar de comprender a lealdade
do turismo co destino Santiago de Compostela, á vez que se examinan as relacións teóricas
e empíricas acerca dos vínculos entre a...
Autopoética
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castaño, Yolanda
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/2012
Que entendemos por biodiversidade?: actividades de ordenación do territorio para o empoderamiento ambiental
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Montero Vilar, Santiago, Brown, David, García-Rodeja Gayoso, Isabel
Os problemas socio-científicos poden representar un marco axeitado para a alfabetización
ambiental. Neste tipo de problemas é onde a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade interfiren na
toma de decisións.
A biodiversidade considérase un clásico dentro dos problemas socio-científicos xa que é un
problema que pode ser pertinente tanto no ámbito persoal como social de cada persoa (van
Weelie & Walls, 2000)
Con este traballo preténdese coñecer en que medida os alumnos melloran o coñecemento dun...
Aportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa cantábrica (NW Ibérico)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guitián, Manuel Antonio
Realízase unha revisión da tipoloxía
fitosociolóxica das formacións arboradas dominadas por
especies do xénero Quercus existentes no extremo
setentrional de Galicia e o NW de Asturias a partir da
revisión da información existente e da aportada nunha
mostraxe de 183 novas localidades. Aínda que se mantén a
inclusión dos bosques maioritarios deste territorio na
asociación Blechno spicant-Quercetum roboris,
reinterprétase o número e xerarquía das unidades de rango
inferior (subasociacións,...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/3824
Language as object of research versus language as political object: old and new horizons in the study of Galician
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueira Fernández, Xosé Luís
The emergence of the study of Galician from a Linguistics perspective occurred quite late (1960’s and 1970’s) compared with the other languages spoken in the Iberian Peninsula but its development has finally helped made Galician into what can be considered a “legitimate object of study” at the local, national, and international levels. This essay highlights the distinction between the effects of works of linguistic research (language as a research object) and works of political interest...
Do son e movemento á linguaxe musical
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Suárez Sixto, María Jesús
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/519
Os dois sentidos de “sustancia” em Aristóteles
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mesquita, António Pedro
Para Aristóteles, “sustancia” designa, en sentido propio, el sujeto último de todas las predicaciones.
Por otro lado, Aristóteles aplica también esta expresión a la categoría de sustancia,
esto es, al orden categorial en que se incluyen los predicados esenciales de las sustancias, en
el primer sentido del término. Sin embargo, estos mismos predicados, los predicados que
se predican de la sustancia bajo la categoría de sustancia, ¿como deben ser catalogados?
Claramente, no se trata de cualidades...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/5992
Integración dos recursos humanos en concentracións empresariais
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Neira Fontela, Edelmira, Castro Casal, Carmen
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/8467
Estudio socioeconómico da localización dos estudios universitarios e profesionais de montes, do sector da madeira e do moble, do sector agroforestal en Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Veira, Pedro, Cancio Álvarez, Miguel
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/8481
Achegamento á sintaxe dos falares mañego, lagarteiro e valverdeiro: o nivel frástico
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Guerra, Alexandre
Duns anos para acó a cantidade de estudos sobre a(s) lingua(s) das localidades cacereñas de S. Martiño de Trevello, As Ellas e Valverde experimentou un importante
aumento. Así, e dentro das nosas fronteiras, ocupáronse das mesmas filólogos, xornalistas,
e incluso protagonizaron programas nos medios de comunicación audiovisual; fóra
delas, cómpre destaca-lo Congreso Internacional Luso-Español de Lingua e Cultura na Fronteira con cinco comunicacións sobre estas falas. De xeito proporcional vai...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/9878
O sufixo –EIRO con valor individualizador no suroeste galego
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Costas González, Xosé Henrique
Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes:
t. 1. Lingüística
t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.
O emprego do cine no último teatro español
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Morales Astola, Rafael
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/2072
Personajes de Dante en el Camino de Santiago : conferencia pronunciada por D. Alvaro Cunqueiro en Aloia, o día 17-IV-69, (tomada en estenotipia pola alumna María Elvira Díez)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cunqueiro, Alvaro
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/2152
Estratexias para a redución de dose de radiación en TCMD torácica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sineiro Galiñanes, Miguel
Neste traballo estudamos a adecuación dos niveis de dose de radiación na
TC de tórax oncolóxica obtida no nosa práctica diaria. O obxectivo secundario foi avaliar o efecto sobre a dose de
radiación do axuste individual da quilovoltaxe en imaxes de tomografía computadorizada torácica multidetector
(MDCT) adquiridas con fonte única e tecnoloxía dual. Tamén se avaliou o impacto da baixada do quilovoltaxe na
calidade diagnóstica destes estudos. 161 pacientes foron incluídos no estudo. Os exames de...
Había + participio no español falado en Galicia: un estudo de corpus
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Rozas, Victoria
As referencias xerais ao español falado en Galicia adoitan sinalar a ausencia de formas verbais compostas como un dos trazos característicos desta variedade condicionado pola influencia do galego. Con todo, as escasas investigacións baseadas nun estudo sistemático de datos de uso mostran que as formas compostas non son alleas aos falantes galegos, o que non exclúe unha notábel variación histórica e individual na frecuencia, distribución e valores das mesmas. Temos indicios de que na segunda...
Producións non madeireiras e desenvolvemento rural nos montes da Reserva de Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rigueiro Rodríguez, Antonio
[GAL]
Entre as producións non madeireiras do monte que teñen ou poden ter unha incidencia socioeconómica bastante directa na Reserva de Biosfera dos Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá podemos destacar (ademais da caza, pesca continental, aproveitamentos de biomasa, canteiras, etc.) as seguintes: cogomelos ou setas, plantas medicinais e aromáticas, plantas melíferas, pequenos froitos (frutais arbustivos), froitos e sementes de árbores e pastos. Neste traballo centrámonos nestas...
Vellas son as cousas. Folklore, mitoloxía e antropoloxía da xente maior na Galiza e arredores
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arizaga Castro, Álvaro R.
Con este artigo preténdese un achegamento xeral á reflexión tradicional sobre a vellez na cultura
rural galega, empregando coma contraste diversas testemuñas de áreas próximas a Galicia e de cultura
semellante (Asturias, Portugal), así como algunhas breves citas tomadas da remota antigüidade.
A continuación, faise fincapé en tres temas: o motivo folklórico do abandono dos vellos, a
suposta existencia dunha “vella” mitolóxica e a perspectiva científica e académica sobre a “morte”
inminente da...
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/4568
Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís
A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e militares refuxiados en Francia. Tras o fin da Guerra Civil o 1 de abril, moitas das iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas...
A banda deseñada na aula : do icónico ó interdisciplinar
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Vázquez, Xosé Ramón
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/566
O léxico tradicional no campo semántico das partes da cabeza: proposta de recuperación nos dicionarios normativos, Traditional lexis in the semantic fi eld of parts of the head: a lexical recovery proposal for prescriptive dictionaries
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negro Romero, Marta
No presente artigo analizamos o léxico común estándar do campo semántico das partes da cabeza, polo tanto, a nosa análise encádrase dentro do campo da lexicografía e non da terminoloxía. Para tal fin, traballamos co léxico recollido no Diccionario da Real Academia Galega e no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, por consideralas as dúas grandes obras de referencia a nivel normativo, e tamén coas voces utilizadas en textos de carácter literario e nalgúns manuais e libros de texto, xa que..., [EN] This article analyses standard common vocabulary relating to the semantic fi eld of parts of the head. Thus the study pertains to the fi eld of lexicography rather than terminology. To this end, the two lexical resources employed were the Diccionario de la Real Academia Galega and the Vocabulario Ortográfi co da Lingua Galega, considered major works of reference in normative terms. Words occurring in a number of textbooks, manuals and literary works are also taken into account, given that...
Desenrolo continuo e desenrolo discontinuo: o estudo dos estadios evolutivos
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Díaz, Olga, Dosil Maceira, Agustín
En el curso 1978/79, el Departamento de Psicología Evolutiva y Diferencial de la Universidad de Santiago de Compostela, en colaboración con diversas entidades científicas y culturales, en especial con el Instituto de Ciencias da Educación (ICE), ha venido celebrando seminarios, conferencias y reuniones científicas sobre “desarrollo Humano”. Participaron en las mismas, psicólogos, pedagogos, sociólogos, antropólogos, pediatras, psiquiatras y filósofos, en un número superior a una veintena, y...
Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario, Ataque Escampe: thinking about resistance through music and literature
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Villamarín, María
Mediante a análise das cancións do grupo Ataque Escampe este artigo pretende pescudar se o seu discurso musical alberga unha actitude política. No caso de ser así, tratará de responder por que o grupo mantén este carácter crítico e resistente con respecto a certos conflitos sociopolíticos no contexto galego, onde conviven dúas culturas en desigualdade. Tamén busca entender se dentro deste contexto as identidades se atopan fragmentadas ou en vías de formación, e que función social exercen as...
A facenda autonómica ante o novo século: unha reforma en busca de autor, La hacienda autonómica ante el nuevo siglo: una reforma en busca de autor, The autonomous finance before the new century: a reform in search of an author
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Caramés Viéitez, Luis Antonio
Pásase revista ás últimas reformas do financiamento autonómico, discútense a oportunidade
e mailas consecuencias da cesión de parte do IRPF ás Comunidades Autónomas e explóranse posibles vías de reforma
A cooperación das empresas galegas como mecanismo de supervivencia. O caso Cenor, La cooperación de las empresas gallegas como mecanismo de supervivencia. El caso Cenor, Cooperation of Galician Companies as Competitive Survival. The case of CENOR
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Calvo Babío, Nuria Begoña, Dávila Aparicio, Raúl
As difíciles condicións da contorna competitiva actual están favorecendo o que hai uns anos parecía imposible: a cooperación empresarial das empresas galegas de pequeno tamaño. Neste traballo, a partir da análise previa dos motivadores e das barreiras á cooperación, realizouse o estudo do proceso de integración estratéxica da empresa Hermanos Pena, SL na Central de Compras CENOR. O diagnóstico da súa predisposición organizativa á cooperación permitiunos propoñer unha metodoloxía destinada non...
Efecto sobre o patrimonio neto das empresas galegas da nova contabilización dos gastos amortizables, Efecto sobre el patrimonio neto de las empresas gallegas de la nueva contabilización de los gastos amortizables, Effect of New Deferred Costs Accounting on Galician Companies Equity
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ruiz Lamas, Fernando, Teijeiro Álvarez, Mercedes
Os apartados de gastos de establecemento e de gastos por distribuír en varios exercicios
desaparecen do activo do balance no novo Plan xeral de contabilidade (PXC), xa que non
cumpren coa definición de activo recollida no “Marco conceptual da contabilidade”. Neste traballo
preténdese analizar o peso relativo destas partidas previo á data de transición ao novo PXC,
así como o impacto do axuste dos gastos de establecemento sobre a solidez patrimonial das
empresas galegas en función dos diferentes...
A agricultura das antigas provincias de Betanzos e Coruña na crise do Antigo Réxime segundo o catastro de Martín de Garay (1750-1820): conflitividade labrega e innovación nunha agricultura orgánica
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Remuiñán, Alberto
Nesta investigación abórdase unha fonte para coñecer a crise do Antigo Réxime apenas empregada polos investigadores. En maio de 1817 estableceuse a reforma do sistema tributario impulsada polo ministro aragonés Martín de Garay, punto inicial do derradeiro intento do absolutismo para tratar de paliar os efectos desa crise na Facenda. En Galicia, as medidas conducentes á súa implantación presentaron importantes particularidades e, pese ao seu fracaso final debido a unha serie de eivas...
Patrimonio inmaterial, comunidade e familia na antroponimia da Galicia interior (ss. XVII-XIX), Patrimonio inmaterial, comunidad y familia en la antroponimia de la Galicia interior (ss. XVII-XIX), Intangible heritage, community and family in the anthroponymy of the interior of Galicia (17th-19th centuries)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González López, Tamara
O nome constituía unha posesión inmaterial que se recibía no bautismo e conformaba unha das principais pezas da identidade do neonato. A súa escolla respondía a uns parámetros que foron mudando conforme ao contexto, pero que, na práctica, mantiña o simbolismo que o vinculaba coa familia carnal e espiritual, así coma coa propia comunidade na que a persoa se integraba. Non se trataba da simple asignación dun nome, senón que ese nome acostumaba ser transmitido por unha persoa do seu entorno a modo...
A formación de turismólogos nas universidades estaduais do Paraná e o turismo consciente: máis que un concepto, unha responsabilidade
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lopes, Aurelinda Barreto
Esta tese destaca a importância da formação de turismólogos em aspectos relacionados com a ética e a sustentabilidade. Nela se investiga a percepção de turismólogos sobre o turismo consciente e avalia como o tema é abordado nas universidades estaduais do Paraná. O objetivo é analisar as práticas de turismo consciente que contribuem para um turismo sustentável, integrando aspectos ambientais, sociais e econômicos. Utiliza-se entrevistas e questionários para coletar os dados. Os resultados...
Retos para o patrimonio cultural do futuro. A conviencia entre o patrimonio mundial e arte urbana
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rodríguez, Begoña
En los último años se ha producido una proliferación del arte urbano en muchas de la ciudades españolas que tratan de mejorar, con la incorporación de estas nuevas manifestaciones artísticas, su imagen. Ello ha llevado a la multiplicación de estas obras en los espacios urbanos de los conjuntos históricos, de las cuales muchas, tal y como sucede en la ciudad de Lugo, han alcanzado reconocimiento internacional, lo que lleva a que su presencia destaque en el entorno en el que se ubican, con...
O proceso de modernización escolar na provincia de Lugo (1900-1936)
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez López, José Manuel
A presente tese doutoral recolle o estudo dos cambios educativos que se realizaron na provincia de Lugo dende 1900 ata 1936 para modernizar a escola e combater o deficitario estado do ensino primario herdado do século XIX. Con estas miras, esta investigación analizou a escola, os mestres, a inspección e os factores de modernización que favoreceron a toma de conciencia social sobre a importancia da educación, a procura da igualdade de oportunidades e as iniciativas educativas de melloramento. A...
O presumíbel galego extenso de Gregorio de Lobariñas Feijó, Gregorio de Lobarinas Feijo and his presumed extensive Galician
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Paz, Ramón
Gregorio de Lobariñas Feijó (ca. 1577 – ca. 1637) foi un clérigo que escribiu en galego unha Historia de Galicia que recibiu a preceptiva licenza de publicación en 1626 mais nunca chegou á imprenta e acabou perdéndose. Recentemente foi tamén identificado como o autor da copia manipulada e lingüisticamente modernizada da Crónica de Santa María de Iria (séc. XV) que está depositada na Biblioteca Apostólica Vaticana (Barb. Lat. 3578). Neste artigo mostro que existen indicios consistentes que...
Estructuras narrativas na obra de Marina Mayoral
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Noia Campos, María Camino
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1782
Autopoética
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pato, Chus
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1922
Os Bancos do Tempo en España: un estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maroñas Bermúdez, Andrea
Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse nun sistema de intercambio de servizos onde a unidade de permuta é o tempo, contribuíndo á recuperación de redes locais que –en planos de igualdade– favorecen a autoestima e cohesión social. Non obstante, a variedade de finalidades e modelos de xestión, xunto a un escaso percorrido científico-académico, fai que o coñecemento dos BdT no contexto español sexa superficial e pouco sistematizado.
O obxectivo desta investigación consiste en analizar as posibilidades...
A Música como recurso didáctico para a Educación Ambiental: análise da realidade e perspectivas na CCAA de Galicia
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tojeiro Pérez, Laura
Este trabajo analiza el potencial educativo de la música como recurso didáctico para promover en el aula valores de concienciación ambiental. La integración entre los recursos culturales y ambientales se analiza en esta investigación desde una perspectiva evolutiva, biológica, zoológica, ecológica e interdisciplinar que fundamenta una aproximación a la educación ambiental desde la materia de música. Teniendo en cuenta la estrecha conexión entre medioambiente y cultura en la Comunidad Autónoma...
XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións : Ferrol, do 26 ao 28 de outubro de 2017 : actas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ginzo Villamayor, María José, Naya, Salvador, Tarrío-Saavedra, Javier
As políticas activas de emprego: análise do fomento da contrataçom por conta alhea
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Verdugo Matés, Rosa Maria
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/7724
Grilos e ralos, rans albariñas
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García, Constantino
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985
Cartas inéditas a Luis Pimentel
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alonso, Dámaso, Aleixandre, Vicente, Guillén, Jorge
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1654
Posibilidade, necesidade e tratamento da complexidade na física: unha aproximación histórica, Posibilidad, necesidad y tratamiento de la complejidad en la física: una aproximación histórica, The possibility, necessity and treatment of complexity in physics: a historical approximation
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Carrete Montaña, Jesús
Neste traballo faise un percorrido ao longo da historia da física, partindo do que é posible
especular sobre as actitudes protocientíficas dos primeiros seres humanos e rematando
polas máis importantes achegas á disciplina no s. XX. O obxectivo é proporcionarlle ao lector
unha idea do longo camiño percorrido polo pensamento desde que apareceron as inquedanzas intelectuais sobre a natureza ata que se puido dispoñer dun método científico suficientemente próximo a esta e emancipado da filosofía e...
A xestión de refugallos en Izar Estaleiro Fene: aspectos que cómpre considerar para a mellora continua, The Waste Management in Izar Fene Shipyard: Aspects to be Considered Regarding the Continuous Improvement, La gestión de residuos en Izar Astillero Fene: aspectos a considerar para la mejora continua
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Real Gamundi, Francisco Javier del, Carro Mahía, María Ángeles
A adecuada xestión de refugallos xerados na construcción naval é, sen dúbida, unha das maiores preocupacións ambientais existentes. A política ambiental de Izar Estaleiro Fene así o explicita a fin de incidir nunha correcta segregación, cumpri-los requisitos legais aplicables e establecer ferramentas adecuadas para o seu control e valoración deste mandato.
O presente traballo reflicte o conxunto de ferramentas e de accións que se levan a cabo para facer efectiva a filosofía establecida na...
Análise de viabilidade de mercados financeiros de acordos de vida e doutros instrumentos vinculados á esperanza de vida: unha referencia ao caso español, Análisis de viabilidad de mercados financieros de acuerdos de vida y de otros instrumentos vinculados a la esperanza de vida: una referencia al caso español, Viability Analysis of Financial Markets on Like Settlements and Other Instruments Linked to Life Expectancy: A Reference to the Spanish Case
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mendoza Resco, Carmen, Monjas Barroso, Manuel
Os acordos de vida son un instrumento financeiro mediante o que un tomador de seguros
de vida véndelle a súa póliza a un intermediario financeiro a cambio dun único cobramento
en efectivo, superior ao que percibiría como valor de rescate. As entidades financeiras
poden comprar as pólizas de seguros e adquirir o dereito a cobrar a indemnización na data de
falecemento dos asegurados para, desta forma, mellorar a rendibilidade da súa carteira de investimentos.
Neste traballo estúdanse as...
Vida, paixón e morte de Lorenzo Varela
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Axeitos, Xosé Luís
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/1958
O modelo cooperativo como organización que favorece a participación das mulleres na xestión empresarial e no empredemento
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Olveira Blanco, Ana
Esta investigación ten como obxecto abordar dous ámbitos de estudo: (1) o marco da Economía Social (ES) como obxecto das políticas públicas, e (2) a análise do emprendemento cooperativo como catalizador da igualdade de xénero. Esta dualidade de enfoque permite facer contribucións teóricas e prácticas en ambos eixos, ademais de axudar a comprobar empiricamente algúns plantexamentos teóricos previos. No primeiro bloque mostra como resultado que Galicia conta cun ecosistema propio de políticas...
O asociacionismo no desenvolvemento socioeducativo e cultural do Concello de Vedra. Orixes, actualidade e prospectiva
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García García, Iván
Esta investigación ten como obxectivo analizar en clave descritiva e interpretativa o tecido asociativo do Concello de Vedra estudando os antecedentes, o perfil, as accións e o impacto no seu desenvolvemento socioeducativo e cultural. Para acadar este propósito, optamos por unha metodoloxía que combinou métodos cualitativos e cuantitativos, empregando como técnicas de recollida de datos: a investigación documental, entrevistas a políticos locais, nas que contamos con seis participantes; dous...
As vocáis "e", "o" en rima na obra de Curros
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Couceiro, Xosé Luís
Ver en: http://hdl.handle.net/10347/3131
Crise e modelo de financiamento autonómico 2009: leccións para o futuro
Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
A crise económica transformouse en España nunha crise fiscal. A crise supuxo un agudo problema de suficiencia, un notable desafío á estabilidade financeira e un acicate claro ao exercicio da autonomía tributaria. E, especialmente, puxo en primeiro plano a discusión sobre o nivel desexable de equidade entre gobernos rexionais (máis igualdade ou menos?) ao tempo que as preferencias rexionais diverxían máis aínda. A próxima revisión do sistema debería aclarar o grao de nivelación aplicable, se se...