Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

As orquestras da verbena galega e a publicidade exterior: un mercado por explotar, The Galician live party bands and the outdoor advertising: a market to utilize

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fandiño, Xaime, Neira Pereira, Henrique, López, Zósimo

Un 65% dos habitantes de Galicia acode cando menos unha vez por ano a algunha das milleiros de verbenas que se celebran na comunidade. As orquestras máis famosas atraen milleiros de persoas en case cada actuación, pero salvo excepcións non explotan as posibilidades publicitarias que ofrecen estes eventos. A través da análise dos datos que obtivemos sobre as actuacións musicais en agosto de 2015 das catro orquestras galegas de verbena máis populares pretendemos amosar que estes eventos poden ser...



Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vicente Álvarez, Rosa María

A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade que lle toca vivir de preto, como mestra de educación infantil e especialista de música na etapa de primaria. As necesidades metodolóxicas abordadas, así como o desenvolvemento da escrita que se presenta, dividida en tres partes piares e cinco puntos que fundamentan a escrita do estudo, responden a criterios de investigación relacionados coa propia implicación da investigadora. Os piares do estudo son a...



Escritoras irlandesas e nación: Crónica dun desencontro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Palacios González, Manuela

Fronte á feminización simbólica da nación e a nacionalización da muller levadas a cabo por certos discursos nacionalistas, as poetas irlandesas actuais denuncian as institucións e ideoloxías que non garanten os seus dereitos e só entenden a muller como nai de patriotas. Dende o movemento sufraxista a inicios do século XX até a actualidade, houbo en Irlanda unha loita de intereses entre as mulleres e os discursos sobre a nación sustentados, ben no control ideolóxico exercido pola Igrexa Católica...



As PEMES galegas ante a formación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro Cotón, Manuel, Fernández López, Sara, Rodríguez Sandiás, Alfonso, Ximénez Rodríguez, Santiago




Entre o uso e a norma. O proxecto de Gramática da Real Academia Galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Blanco, Rosario, Cidrás Escáneo, Francisco Antonio, González Seoane, Ernesto Xosé, Regueira Fernández, Xosé Luís, Xove Ferreiro, Xosé

En novembro de 2000, a Real Academia Galega fíxolle o encargo da redacción da gramática da institución ao equipo de gramática do ILG constituído polos asinantes desta comunicación. Ben entendido que no seo do ILG hai outros investigadores que tamén se ocupan de cuestións gramaticais, cos que mantemos unha relación de colaboración fluída, pero este equipo así conformado ten tras si unha xa longa experiencia de traballo conxunto, desde o momento en que eramos os cinco profesores que tiñan o...



Extracção de relações semânticas. Recursos, ferramentas e estratégias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García González, Marcos

A extracção de relações, enquadrada dentro das tarefas de extracção de informação, visa obter automaticamente exemplos de relações semânticas presentes em textos. Esta informação pode ser posteriormente organizada em formatos legíveis por computadores, sendo útil para diversas aplicações que necessitem conhecimento semântico estruturado. A presente tese avalia diferentes estratégias para a extracção automática de relações semânticas de textos em português, espanhol e galego. Com esse fim, são...



Análise dos Fondos Europeos para innovación rexional: Avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para Galicia en 2007-2015

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sande Veiga, Diego

Esta tese ten por obxectivo analizar o deseño e aplicación das políticas de innovación rexional dos Fondos Europeos en Galicia. O estudo parte dun enfoque estrutural e sistémico, que permitirá comprender as dinámicas do Sistema Galego de Innovación e o comportamento dos axentes relacionados con este. A través da avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para o período 2007-2015, na que se combina a explotación e cruce de datos de diversas fontes, compróbase o impacto desta...



A industria maquieira de exportación mexicana hai 40 anos, La industria maquiladora de exportación mexicana hace 40 años, The Maquilera's Industry Has 40 Years Old

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mercier, Delphine

Este artigo intenta facer un balance das formas de integración rexionais da industria maquieira mexicana. A industria maquieira de exportación que se desenvolve inicialmente na fronteira cos Estados Unidos coñeceu, grazas á evolución do sistema xurídico, unha difusión en todo o país. A partir da zona franca de exportación industrial fronteiriza, situada sobre un territorio limitado circunscrito (26 km cara ao interior e 3.000 km de fronteira), pasouse á creación de puntos francos en todo o país...



Medindo con perspectiva de xénero. Reflexións a partir da enquisa do uso do tempo dos fogares de Galicia, Midiendo con perspectiva de género. Reflexiones a partir de la encuesta de los usos del tiempo de los hogares de Galicia, Measuring with a Gener Perspective. Reflections since the Uses of Time in the Galician Households Survey

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Galdo, María Xosé, Pis Sánchez, Eduardo

Este artigo reflexiona, desde unha análise dos usos do tempo dos fogares de Galicia, sobre a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na medición dos fenómenos socioeconómicos. Os usos do tempo gardan unha estreita relación co benestar e coa calidade de vida e son un instrumento útil para profundar na súa medición. Preséntanse os principais resultados obtidos a partir da enquisa de usos do tempo dos fogares de Galicia



Consideracións estratéxicas para a promoción do turismo en Galicia a través do cine, Consideraciones estratégicas para la promoción del turismo en Galicia a través del cine, Strategic Considerations for the Promotion of Tourism in Galicia Throughout Its Movies

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Campo, María Lorena, Fraiz Brea, José Antonio

Diversos investigadores están analizando o papel que o cine pode ter na creación da imaxe dun destino turístico. Recentemente, López e Osácar (2008) aplicárono ao caso de Barcelona ao tratar de determinar a imaxe que ese destino consegue a través da longametraxe de Pedro Almodóvar «Todo sobre mi madre» (1999). Ambos os dous autores sosteñen que é unha boa ferramenta de transmisión dos elementos da súa identidade e do posicionamento que o destino previamente estableza, realizando como...



A obra científica do matemático e astrónomo galego José Varela Ulloa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Pérez, Iván

A figura do mariño José Varela Ulloa e, en especial a súa obra científica, é bastante descoñecida en Galicia. Pretendemos dar a coñecer os principais traballos astronómicos e cartográficos deste mestre de Matemáticas da na Academia de Gardas Mariñas de Cádiz, o cal participou en distintas misións ordenadas pola Coroa española. Cabe salientar, ademais dos seus escritos, a elaboración de varios mapas bastante precisos de distintas zonas das costas africanase de América do Sur.



6 x 6: Novas tendencias da literatura e da ilustração portuguesas para a infância

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reis da Silva, Sara

Neste ensaio apresentaremos uma abordagem da produção literária e pictórica de seis autores e de seis ilustradores da nova geração, procurando destacar a novidade da sua criação, bem como as suas implicações ao nível da renovação do panorama editorial português destinado aos leitores mais pequenos.



Ollos dentro de espellos. Rosalía de Castro e Cecília Meireles: um diálogo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negreiros de Figueiredo, Carmen Lucia

Este artigo analisa as afinidades e diferenças entre vozes líricas –galega e brasileira– a partir da compreensão da presença da paisagem em suas obras. Água, estrelas, nuvens, vento, árvores, céu e mar são elementos naturais que adquirem, tanto quanto a linguagem, caráter volátil e fluido, para expressar, com solidez, traços de identidade cultural, o viés trágico da condição humana, o sentido de mistério e religiosidade, a serenidade, a angústia ou a dor de viver. A paisagem, em Rosalía de...



Animación Sociocultural na infancia: iniciativas e programas nos tempos de lecer en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ferreiro Núñez, Xesús

Os principais argumentos da Tese toman como referencia a animación sociocultural (ASC) protagonizada pola infancia en Galicia: un eido de teorías e prácticas que se insiren nunha determinada concepción da cultura e do quefacer cultural, nun sentido extenso; un horizonte antropolóxico, político, pedagóxico, cívico e social que invoca a democracia cultural e que transcende a mera democratización cultural. Nesta perspectiva, estúdase e interprétase que se está a facer –tamén como se está a facer–...



Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma, Johan de Requeixo, juglar olvidado de las tierras de Asma, Johan de Requeixo, forgotten jongleur of the Asma lands

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez García, Tania

Johan de Requeixo é un dos autores máis descoñecidos da nosa lírica medieval. A súa condición de xograr e o escaso corpus preservado fan que este singular personaxe sexa xeralmente esquecido. Debido á nosa especialización curricular, realizamos unha divulgación literaria, complementada co rigor filolóxico, na que nos achegamos aos mínimos datos biográficos do autor que están ao alcance dos investigadores. Así mesmo, analizamos dende o punto de vista temático e formal as súas cantigas,...



A accesibilidade residencial unha revisión da literatura, La accesibilidad residencial una revisión de la literatura, Housing affordability. A literature review

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taltavull de la Paz, Paloma, Juárez Tárraga, Francisco

O concepto de accesibilidade á vivenda tomou unha gran relevancia durante a última década na literatura especializada, e especialmente tras o impacto da crise financeira. Os distintos enfoques aplicados, a medición ou as situacións paradoxais nos problemas de acceso deron lugar a múltiples conceptos de accesibilidade e a unha recente literatura que trata tanto de asentar os principios teóricos como de medila apropiadamente. Neste artigo realízase unha clasificación destes distintos enfoques...



Creación de demanda e reducción de custos baixo ameaza de entrada, Demand-creating and cost-reducing under entry threat, Creación de demanda y reducción de costes bajo amenaza de entrada

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Antelo Suárez, Manel

Este artigo analiza un xogo de entrada no que a empresa establecida dunha determinada industria ten liderado á hora de investir en publicidade (creadora de demanda) e en I+D (reductor de custos) fronte á ameaza de entrada dun potencial competidor que produce un ben substitutivo. O investimento en publicidade presenta efectos filtración, mentres que o gasto en I+D é completamente apropiable. A combinación destes dous investimentos xera efectos estratéxicos cruzados tales que, baixo condicións...



A imposición ambiental galega, Environmental Taxation in Galiza, La imposición ambiental gallega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gago Rodríguez, Alberto, Labandeira Villot, Xavier

Este traballo comeza fundamentando teóricamente a imposición ambiental, cun resumo das principais razóns económicas para a aplicación destes instrumentos e a análise da súa asignación xurisdiccional. A continuación situamos os tributos próprios ambientais da comunidade galega (canon de saneamento e imposto sobre a contaminación atmosférica) tanto no contexto español como internacional. Neste senso, o relato pormenorizado e valorativo do deseño regulatório escollido nos tributos ambientais...



O comercio electrónico e a asimetría da información: unha aproximación desde os custos de transacción, E-Commerce and the asymmetry of information: an approach from transactional costs, El comercio electrónico y la asimetría de la información: una aproximación desde los costes de transacción

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez López, Nuria, Vázquez Abad, Jesús, Martínez Carballo, Manuel

Ó comercio electrónico atribúenselle numerosas vantaxes entre as que destacan as ganancias potenciais derivadas da eliminación de intermediarios e o trato directo entre compradores e vendedores. Sen embargo, a eficiencia das transaccións non pasa unicamente pola reducción de custos de busca e comunicación entre as partes concorrentes na transacción senón que cómpre supera-los problemas derivados da información asimétrica sobre as características dos productos, para o cal a presencia de...



Calidade, orientación ao servizo dos empregados e ratio H/E: efecto das características dos hoteis, Calidad, orientación al servicio de los empleados y ratio H/E: efecto de las características de los hoteles, Quality, Service Orientation of the Employees and Ratio R/E: The Effects of Characteristics of the Hotels

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Garazo, Teresa, Benito Torres, José Leandro, Varela Neira, María Concepción

A calidade de servizo das empresas hoteleiras constitúe un elemento clave do seu éxito, polo que resulta de interese o seu coñecemento, así como en que medida esta variable se asocia a diferentes características das empresas. Tamén ten interese coñecer o nivel da orientación ao servizo dos empregados de contacto cos clientes e a ratio “cuartos/empregados”, xa que estas variables teñen potencial para incidir na calidade de servizo percibida. Este traballo propón medir este conxunto de variables...



Presares: comitatum, commisso, territorio? Dimensión documental e espacial dun topónimo abandonado, Presares: comitatum, commisso, territorio? Dimensión documental y espacial de un topónimo abandonado, Presares: comitatum, commisso, territorio? Documentary and spatial dimension of a forsaken toponym

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bermúdez Beloso, Mariña

O topónimo Présaras como nome da entidade na que se situaba o mosteiro de Sobrado dos Monxes ten unha considerable presenza na documentación da Plena Idade Media, en especial nos tombos de Sobrado, ata a súa práctica desaparición con este significado a partir do século XII. Empregando estes cartularios sobradeses como fonte principal proponse unha aproximación a dita realidade, así como aos distintos termos que se identifican nos textos acompañando á forma latina Presares e derivados...



A hidra tricéfala de Galaxia: o equipo de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

A editorial Galaxia e o labor do seu equipo humano durante o franquismo pode analizarse desde múltiples perspectivas. Mais Xaime Isla sempre insistía en que se debía prestar unha atención especial á súa organización colectiva como equipo, unha teima que reflectiu con asisada creatividade en data indeterminada na súa caracterización caricaturesca de Piñeiro, Del Riego e el mesmo como unha hidra de tres cabezas. A análise das dinámicas positivas, nutritivas e produtivas deste traballo en equipo...



Regresión demográfica e finanzas locais: o caso dos municipios galegos 2001-2019, Demographic regression and local finances: the case of the Galician municipalities 2001-2019, Regresión demográfica y finanzas locales: el caso de los municipios gallegos 2001-2019

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Leiceaga, Xoaquín María

A regresión demográfica que afecta a Galicia intégrase, con algunha singularidade, nun cadro máis xeral con consecuencias económicas e sociais diversas. Entre elas, potencialmente, unha maior presión sobre as finanzas locais. Estudamos a situación por grupos de concellos, diferenciados en función da dinámica demográfica, nos exercicios 2001, 2010 e 2019. Os resultados sorprenden: o gasto por habitante presenta un crecemento superior alí onde a regresión demográfica é máis intensa, e acaba sendo...



Cara una televisión educativa centrada no desenvolvemento global do neno: o caso de Pocoyó

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Quinteiro Otero, Esther

A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos educativos orientados ao desenvolvemento global do neno no programa de televisión destinado á etapa de Educación Infantil Pocoyó. Na procura dese obxectivo, elabórase unha análise de contido dos 104...



Os estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueira Fernández, Xosé Luís

Os estudos de lingua e cultura galegas teñen un punto de xiro a fi nais da década de 1980 e nos primeiros anos da década seguinte. Ao longo do século xx a lingua e a cultura galegas foran empezando a ser estudadas nalgunhas universidades, sobre todo alemás, mais de maneira limitada á investigación levada a cabo por unhas poucas figuras illadas, deixando á parte a literatura medieval e facendo excepción de Krüger e dos seus discípulos da universidade de Hamburgo. A partir do final da ditadura, a...



Marxinalismo e racionalidade en Economía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Toimil, Abilio

Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona. Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é posible integrar e polos motivos desa...



Execución financeira 2007-2011 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, Ejecución financiera 2007-2011 del Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, Financial execution 2007-2011 FEDER Galicia’s Operative Program 2007-2013

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación e Fondos

O Programa Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007, C(2007) 6079, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros, modificada pola Decisión da Comisión de 27 de marzo de 2012, C(2012) 1621 final. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia...



¿Por qué os solos arxilosos se encharcan no inverno e presentan fendas no verán? Modelos implícitos no discurso da aula

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Luna, Francisco, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Neste traballo analízanse 45 minutos do discurso dos estudiantes e do profesor durante a posta en práctica dunha unidade didáctica de Ciencias do solo, programada para alumnos de 3º de ESO e enmarcada dentro do curriculo da área Ciencias da Natureza. Trátase de interpretar e valorar os diferentes modelos implícitos que os alumnos utilizan para explicar as diferencias na capacidade de retención dos solos areosos e dos arxilosos e a aparición de fendas de retracción nos segundos. O punto de...



A semente caía en terra propicia. Cartas ao meu benquerido irmán Xaime (1927-1957)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Isla Couto, Ramiro

A Fundación Isla Couto, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recupera o epistolario de Ramiro Illa co seu irmán Xaime Isla. Un total de 55 cartas enviadas desde Arxentina, Brasil, Galicia, Portugal, Colombia, Perú, Uruguai e Venezuela entre 1927 e 1956 e que para Xaime eran “o mellor tesouro que teño na miña vida”, porque “esta correspondencia foi a miña escola e a mellor universidade a distancia que tiven na vida”. Como salienta Xosé M. Núñez Seixas no...



Documentación romance no Tombo de Toxos Outos: edición filolóxica e estudo toponímico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Lema, Paulo, Pichel Gotérrez, Ricardo

O presente artigo recolle a edición interpretativa e estudo toponomástico da documen-tación romance integrada no tombo de Toxos Outos (Lousame, A Coruña). Desde o punto de vista ecdótico-lingüístico, o interese radica nas particularidades fonográficas dos diplomas ver-náculos presentes na escolma orixinal do tombo (aa. 1271-1283). Por outra banda, a análise do material toponímico achega información relativa ao carácter autónomo ou constitutivo das for-mas extraídas, á súa representatividade...



O mercado inmobiliario galego: do auxe á crise. Unha estimación da situación actual do mercado e a súa evolución futura, El mercado inmobiliario gallego: del auge a la crisis. Una estimación de la situación actual del mercado y su evolución futura, The galician housing market: from boom to crisis. An estimate of the current market situation and its future evolution

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vilas Fernández, Manuel

A finais do ano 2011 o mercado galego da vivenda atópase cun stock aproximado de 35.000 vivendas, cuxa venda está comprometida polo escaso dinamismo da demanda. Esta debilidade da demanda derívase de múltiples factores entre os que aparecen como máis relevantes a sobrevaloración de custo, as expectativas deflacionistas, o racionamento do crédito e a saturación do mercado, todo iso unido a unha pobre dinámica demográfica que contrae a demanda de vivenda. Neste artigo analízanse estes factores,...



A Formación Profesional Dual en España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mata Rivas, Marina, Santamaría Queiruga, Olaya

Pese a que existen antecedentes normativos que levaron ao nacemento da formación profesional dual, verdadeiramente a formación profesional dual (FPD de aquí en adiante) créase a partir do Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. Neste RD, defínese a FPD como: “o conxunto de accións e iniciativas formativas, mixtas de emprego e formación, que teñen por obxecto a...



Problemática da “orfandade” na obra de Rosalía de Castro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Castro, Xavier

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



Poe e Dieste: universo de influencias posibles

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Fernández, Mª Fé

Actas del I Congreso Internacional “Adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas” (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, septiembre de 1995)



A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López López, Paulo Carlos

As eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2009 foron uns comicios con características especiais, dende o nivel fenomenolóxico ata o comunicativo e o político, onde, nun momento de varias crises superpostas, cada axente xogou un papel determinante na configuración das diferentes axendas e no encadre dos actores. Os acontecementos que tiveron lugar entre setembro de 2008 e marzo de 2009 no contexto económico e social, dinamitaron a posibilidade de continuidade no poder por parte de dous...



As políticas públicas no desenvolvemento da miticultura en Galicia: o papel da Unión Europea, Las políticas públicas en el desarrollo de la miticultura en Galicia: el papel de la Unión Europea, Public Policy in the Development of Mussel Farming in Galicia: the Role of European Union

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rodríguez, Gonzalo, Villasante Larramendi, Carlos Sebastián, García Negro, María do Carme, Carballo Penela, Adolfo

Actualmente, a miticultura galega pasa por ser unha actividade económica fortemente apoiada polo sector público. Para os efectos de sopesar e de contrastar esta aseveración, neste traballo realízase unha revisión histórica do papel desenvolvido pola Administración, particularmente pola Unión Europea, desde o nacemento deste tipo de cultivo ata a actualidade, sistematizando os diversos ámbitos a través dos que influíu no desenvolvemento. Para a sistematización dos diversos ámbitos a través dos...



A dificultade da muller para deixar de fumar

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Durán, Ana, Martínez Vispo, Carmela, Fernández del Río, Elena, Martínez Pradeda, Úrsula, Piñeiro Neiro, Bárbara, Becoña Iglesias, Elisardo

Nos últimos anos estase rexistrando un incremento do consumo de tabaco entre as mulleres, así como unha maior demanda de tratamento para deixar de fumar superando xa aos homes. A finalidade do estudo foi analizar en mulleres a influencia da presenza de determinados patróns de personalidade nos resultados dun tratamento para deixar de fumar (ao final do tratamento e no seguimento de 12 meses). A mostra estivo formada por 170 mulleres que recibiron un tratamento psicolóxico cognitivo-condutual...



Estudos ibéricos: posibilidades e límites. Cuestións de método sobre revistas literarias, mediación e transferencia cultural

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casas Vales, Arturo

Este libro pretende contribuír ao desenvolvemento duns estudos ibéricos críticos co apoio de metodoloxías innovadoras. De inicio, informa sobre a emerxencia dos estudos ibéricos como perspectiva investigadora e presenta un balance dos seus operativos e axendas. O obxectivo é activar unha reflexividade crítica atenta ás potencialidades dos estudos ibéricos sen desatender os seus condicionantes históricos, xeopolíticos, institucionais e simbólicos. O capítulo máis extenso céntrase no estudo das...



Economía circular, reparación e obsolescencia. As limitacións da estratexia europea de reparación e potencialidades para o desenvolvemento rexional sustentábel da Galiza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López-Bermúdez, Francisco

Nesta tese abordamos o estudo da reparación no contexto da economía circular. A reparación consiste na corrección de erros específicos que devolven os bens a un estado funcional. A reparación constitúe un elemento crucial da lóxica da economía circular ao tratarse dunha actividade de reutilización que permite manter o valor atribuído aos materiais, prolongar a vida útil dos bens e ralentizar a demanda de materias primas. No contexto da actual crise ambiental, que está provocada por un sistema...



Cogomelos comestibles en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rigueiro Rodríguez, Antonio

[GAL] Neste traballo facemos referencia ós principais cogomelos comestibles de Galicia, que se sitúan sistematicamente nos grupos Ascomycetes e Basidiomycetes, centrándonos na descrición dos carpóforos, época de fructificación, hábitat, posibles confusións con especies similares e importancia económica.



A experiencia do traballo no rural: os enxeñeiros agrónomos (unha visión dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López González, Francisco Javier

[GAL] Neste traballo preténdese amosar unha visión da experiencia dos Enxeñeiros Agrónomos e das súas posibles implicacións nos modelos actuais de Desenvolvemento Rural, en primeiro lugar, analizando a presenza e o traballo deste colectivo en Galicia e no estado Español en xeral, a través de datos proporcionados pola súa organización colexial, e en segundo lugar, expoñendo os retos que terán que afrontar nun futuro os enxeñeiros agrónomos, desde o punto de vista do propio colectivo profesional....



San Domingos de Pontevedra. Fortuna Patrimonial e Memoria urbana dunha ruina

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rodríguez, Begoña

Las ruinas del Convento de Santo Domingo de Pontevedra son uno de los principales monumentos de la ciudad. Importancia que no solo radica en las formas, en las que se testimonia la trascendencia del pasado medieval y, por extensión la relevancia que la Orden de Predicadores alcanzó en Pontevedra. Aspectos que, aunque importantes, no explican por si mismos el protagonismo que la cabecera adquirió en la vida de Pontevedra y de sus habitantes. Si importante es el proceso de creación, mucho más...



Espinosa: Ética e Política

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Blanco Echauri, Jesús

Encontro Hispano-Portugués de Filosofía, Santiago de Compostela, 5-7 de abril de 1997



Presentación

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Santos Solla, Xosé Manuel, Durán Villa, Francisco Ramón




Un Appendix Probi na Galicia do XIX

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Taboada, Carme

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Desafíos do desenvolvemento económico de América Latina: evolución en 1950-2000 e perspectivas, Desafíos del desarrollo económico de América Latina: evolución en 1950-2000 y perspectivas, Desafíos del desarrollo económico de América Latina: evolución en 1950-2000 y perspectivas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisán Seijas, María del Carmen, Aguayo Lorenzo, Eva

Neste artigo faise unha análise comparativa do desenvolvemento económico de América latina durante o século vinte, en comparación cos EE.UU., co Canadá e con algúns países de Europa. Este estudo pon de manifesto que aínda que a taxa de crecemento do Produto Inte-rior Bruto real foi maior en Latinoamérica ca nas outras áreas, o incremento do PIB real por habitante foi menor, debido ás importantes diferenzas nas taxas de crecemento poboacional. As ditas taxas foron relativamente moderadas nos EE...



Unha síntese da literatura arredor das concepcións do alumnado no dominio conceptual da materia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sesto Varela, Vanessa, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Nesta comunicación preséntase unha revisión sistemática da literatura acerca das concepcións básicas do alumnado no dominio conceptual da materia. Para tal fin, efectuouse unha busca de palabras clave en bases de datos internacionais de medio e alto impacto como ERIC, SCOPUS, Web of Science, e Dialnet. Como resultado deste proceso, foron sometidos a análise 185 estudos.



As probas de valor público en Europa: unha análise da súa transferencia, adaptación e uso centrada en Alemaña, Bélxica e España

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Castro, Marta

A expansión da actividade das radiotelevisións públicas cara aos novos medios desenvolveuse nun contexto de presións por parte dos medios de comerciais e sen contar cunha regulación adaptada ao novo contexto mediático. A solución deseñada no Reino Unido consistiu na aprobación ex ante e de forma individual dos novos servizos da BBC a través do Public Value Test, no que se determinaba se o valor público da proposta xustificaba o seu impacto de mercado. Esta idea foi transferida á Comisión...



Os desequilibrios por conta corrente e a crise na eurozona, Los desequilibrios por cuenta corriente y la crisis en la eurozona, Current Account Imbalances and the Crisis in the Euro Area

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Frías Pinedo, Isidro, Díaz Vázquez, María Rosario, Iglesias Casal, Ana

Neste traballo estudamos os factores que determinan a sostibilidade dos déficits co-rrentes na área euro e a súa vinculación coa crise, centrándonos en especial en España. A estimación das ecuacións de comercio exterior españolas mostran unha situación sostible dos déficits que poderían terse alcanzado diminuíndo o diferencial de crecemento entre España e os seus socios, especialmente a través de dúas vías: en primeiro lugar, cunha actuación concertada na Unión Monetaria Europea (UME) que...



II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación. Etapa de Posgrao, 14, 15 e 16 de abril de 2010, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Seoane, Carmen Denébola, Lodeiro Enjo, Laura, Lorenzo Castiñeiras, Juan José, Merelas Iglesias, Tania, Rego Agraso, Laura, Rodríguez Cagiao, Héctor Manuel, Sánchez Souto, Vanesa, Sobrino Fernández, María Elena, Teijeiro Bóo, Yésica

Libro de actas do II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación: Etapa de Posgrado, un congreso orientado a investigadoras e investigadores noveis en ciencias da educación de Galicia. O volume inclúe as conferencias invitadas do congreso que abordan temas de gran relevancia arredor do proceso, ética e metodoloxía de investigación. Tamén inclúe as comunicacións presentadas nas diversas modalidades do congreso -oral, alternativa e póster-, con contido que abarca unha amplia...



O cine galego dos anos dez: Castelao, actor ocasional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Folgar de la Calle, José María

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



As estibadas ou estivadas. Nota etimolóxica

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Navaza, Gonzalo

Nesta nota pretendo iluminar a etimoloxía do substantivo galego estibada / estivada, moi común como topónimo, e a doutros termos pertencentes á mesma familia léxica. Achego exemplos tirados da documentación medieval e razóns semánticas e fonéticas que contradín a etimoloxía máis difundida, segundo a cal tería relación co latín AESTAS e AESTIVUS. Sosteño a etimoloxía que o explica a partir do verbo STĪPARE. Razoo a evolución do significado de estibada a partir de ‘terreo cercado con sebes ou...



Estado e “cultura de resistencia”: aproximación ao estudo dos mecanismos definidores da conflitividade rural durante o primeiro franquismo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cabana Iglesia, Ana

Existe no agro galego unha tradición de conflitividade, enmarcable no tempo longo, que foi actualizada ante o franquismo cando éste desmantelou as formas de protesta propias dos movementos sociais. Este artigo ten por obxecto por de manifesto que o repertorio de formas no que se reflicte a conflitividade desenvolvida polas comunidades rurais nas primeiras dúas décadas de franquismo ten como elementos definidores dúas realidades. Unha conxuntural, o Estado, en tanto que foron as súas normas e...



O porco de pé e algo máis

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tarrío Varela, Anxo

Anxo Tarrío opina que a atención que se lle prestou á novela de Vicente Risco O porco de pé (1928) eclipsou outras do mesmo autor e de talante escritural semellante pero redactadas en castelán despois da Guerra Civil. Por iso céntrase en dar claves para comprender os textos narrativos que Risco publicou na posguerra ou deixou inéditos e só se fixeron públicos despois da súa morte. Tales textos son as novelas La puerta de paja, Gamalandalfa, El niño de dos cabezas de Promonta, Saitaphernes e...



Algunhas claves da formación dos xornalistas para os novos tempos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López García, Xosé

Os relatorios que neste libro se recollen foron expostos durante o congreso Comunicar no Século XXI que se celebrou entre os días 22 e 26 de novembro de 1999, organizado polo Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela



Galicia/Europa, 1955-2005. Medio século de proximidade, Galicia/Europa, 1955-2005. Medio siglo de proximidad

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Gil, Manuel Jaime

A historia económica e social de Galicia está contextualizada en Europa, de maneira especialmente evidente desde mediado o século XX, cando se perfilan dúas grandes etapas de relación: a primeira, desde o ano 1950 ata o ano 1986, como país emigrante, e a segunda, desde o ano 1986 ata a actualidade, como rexión española integrada no sistema institucional europeo, e cuxa política económica se insire nas políticas comunitarias de cohesión e de converxencia