Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Disparidades retributivas do profesorado do ensino público non universitario, Disparidades retributivas del profesorado de la enseñanza pública no universitaria, Non University Public Teaching Staff Remuneration Disparities

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vila, Manuel César

Analízase a evolución das retribucións do profesorado público non universitario nas diferentes comunidades autónomas do Estado español. Faise un repaso da teoría económica que relaciona a oferta de profesorado co salario, concluíndo que non sería aplicable para o estudo da dispersión salarial no Estado español ao contar cunha oferta elástica. Deseguido exponse a estrutura salarial do profesorado público non universitario, pasando a estudar as diferenzas existentes entre as distintas comunidades...



Deseño da unidade curricular sobre o solo “dez mil anos nun centímetro”

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sóñora Luna, Francisco, Brañas, Manuel P., Jiménez Aleixandre, María Pilar, García-Rodeja Gayoso, Isabel

Nesta comunicación preséntase unha síntese do deseño da unidade curricular "Dez mil anos nun centímetro" sobre o solo, a súa formación, degradación, coidado e restauración que está sendo desenvolvida dentro do proxecto RODA (Razoamento, Discusión e Argumentación). Este proxecto pretende investigar o desenvolvemento de destrezas que ten lugar no contexto de aprendizaxe das ciencias no ensino secundario; en particular, a capacidade de argumentación na discusión sobre hipótesis...



Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Míguez, Vítor

Esta tese dá un primeiro paso no estudo da modalidade epistémica en galego prestando atención á súa expresión adverbial. Ante a falta dun acordo xeral sobre como entender a modalidade, a primeira parte do traballo dedícase a examinar e avaliar as principais propostas teóricas para o seu estudo. Ademais, o ámbito máis concreto da modalidade epistémica (entendido aquí nun sentido estrito como a área semántica da certeza e a incerteza) garda estreitas relacións con categorías como o tempo, o modo,...



O desenvolvemento dos territorios de montaña das serras de Queixa, San Mamede e Montes do Invernadeiro (1975-2015): enfoques institucionais, políticas públicas e percepcións comunitarias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Rodríguez, Manuel

Investíganse a ordenación, a planificación e o desenvolvemento territoriais practicados nas Serras de Queixa, San Mamede e Montes do Invernadeiro, que constitúen conxuntamente un macizo montañoso ben discerníbel situado no sueste de Galicia, no período que descorre desde os anos 1970 até a actualidade. A maior parte deste ámbito atópase englobado na Zona de Especial Conservación (ZEC) do Macizo Central e, cunha superficie moito menor, na do Bidueiral de Montederramo. O enfoque escollido...



Estudio histórico e investigación das ideas dos alumnos : metabolismo das plantas verdes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Castiñeiras, Xosé Manuel, Díaz de Bustamante, Joaquín María, Illobre González, María Laura




Prólogo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Soengas Pérez, Xosé

Os relatorios que neste libro se recollen foron expostos durante o congreso Comunicar no Século XXI que se celebrou entre os días 22 e 26 de novembro de 1999, organizado polo Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela



Dúas contribucións á Romanística do Príncipe Louis-Lucien Bonaparte con presenza de voces galegas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Gondar, Francisco

A historiografía da lingüística galega conta xa con varios traballos dedicados a dar noticia e/ou analizar a contribución do Príncipe Louis-Lucien Bonaparte (1813-1891) ao coñecemento científico do galego e mesmo ao desenvolvemento da prosa literaria nesta lingua, como promotor da tradución do Evanxeo de San Mateo (Sánchez de Santamaría 1861). Foi Alonso Montero (1958, 1959, 1962)1 quen, por primeira vez, deu noticia e salientou o interese da contribución bonapartiana. Posteriormente, Kabatek...



As expresións de futuro e de ir + infinitivo na prensa escrita

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Martínez, María Sol

O galego para se referir a acontecementos vindeiros emprega o futuro morfolóxico cantarei, as perífrases vou cantar ou hei (de) cantar cos verbos auxiliares en presente de indicativo e o presente de indicativo acompañado dun adverbio de tempo mañá canto. De maneira semellante, o latín dispoñía tamén de varias posibilidades para a expresión de futuridade: a forma sintética amabo, legam etc. ao lado de formas coma o pre-sente de futuridade e outras, entre elas, as perífrases constituídas polo...



O monterismo en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barral Martínez, Margarita

Dende a experiencia da Revolución francesa e as ideas que propagou nas sociedades de Europa occidental pretendeuse responder á cuestión do fundamento da lexitimación do poder, ¿era de esencia divina ou residía na soberanía dos cidadáns? Arredor desta dicotomía consolidáronse as familias políticas ao longo do século XIX, a tradicionalista e contrarrevolucionaria unha, e as familias liberal e democrática as outras. O enfrontamento entre liberais e demócratas acada un carácter maior dende o...



Cibermedios locais e hiperlocais en España: mapa, modelos e produción informativa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negreira Rey, María Cruz

O ecosistema dos medios de proximidade sufriu unha profunda transformación derivada da crise económica e da industria mediática tradicional, que deixou múltiples áreas xeográficas sen unha cobertura informativa local. No contexto da sociedade rede, a cidadanía demanda unha información próxima e confiable, necesidade ante a cal xorden novos modelos de medios nos ámbitos local e hiperlocal. A investigación parte do mapeo e análise dos cibermedios locais e hiperlocais en España. O estudo de dez...



Cara á deseucaliptización de Galicia? Un conflito paisaxístico caracterizado a través dalgunhas manifestacións no territorio galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cidrás Fernández, Diego

Esta tese analiza a conflitividade xerada ao redor da expansión do eucalipto no territorio galego. Así, a investigación destínase a estudar as deseucaliptizacións, entendidas como un conxunto de accións organizadas que arelan a eliminación e/ou contención do eucalipto nos montes. A parte contextual da tese ofrece unhas coordenadas teóricas xerais, nas que salienta a conceptualización de paisaxe e natureza, así como unha revisión dos antecedentes en campos como o estudo do monte galego, das...



Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos, Is anyone there? The new platforms and the future of galician public media

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro-Rozados, Manuel

Analizamos a transformación dos medios públicos galegos no contexto da expansión das plataformas dixitais (OTT) e do fenómeno da converxencia mediática global. Partimos das formulacións teóricas da Industria Cultural propostas por Adorno e Horkheimer, así como da reinterpretación de Umberto Eco, para comprender como se produce a transición desde os medios tradicionais cara á sociedade rede descrita por Castells. Neste novo ecosistema, o suxeito pasa a ser un prosumidor, con maior capacidade de...



Os anos das xestoras. A Deputación da Coruña na II República (1931-1936)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Grandío Seoane, Emilio

Varias circunstancias inciden no desenvolvemento das Deputacións Provinciais durante os anos da II República, entre as que cabe salientar especialmente un período político altamente dinámico e polarizado, inserto dentro dunha situación económica moi crítica. Mais o resultado das iniciativas levadas a cabo fundamentalmente polos grupos republicanos progresista e socialista foi positivo para a institución: dende solucións para xestionar os problemas orzamentarios ata a aplicación...



Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueira Fernández, Xosé Luís

As actitudes puristas están presentes en moitos dos estudos sobre lingua galega, por estaren moitos deles relacionados coa planificación do corpus. En traballos recentes foron utilizados conceptos como “autenticidade” e “calidade da lingua”, pero estas nocións non foron definidas nin xustificadas. Neste traballo defenderei que “autenticidade” e “calidade da lingua” non son conceptos lingüísticos, senón que se basean en actitudes sociolóxicas e ideolóxicas.Non obstante, pode defenderse que as...



Manuel Freire Castrillón e a “Carta de Galicia” de El Censor (1786), Manuel Freire Castrillón y la “Carta de Galicia” de El Censor (1786), Manuel Freire Castrillón and El Censor’s “Carta de Galicia” (1786)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Paz, Ramón, Suárez Vázquez, Damián

Baseándonos sobre todo en argumentos de índole lingüística, mais tamén en indicios biográficos e ideolóxicos, atribuímos esta “Carta de Galicia” a Manuel Freire Castrillón. Argumentos do mesmo tipo móvennos a postular que Freire foi tamén o autor doutros textos en castrapo e en galego, entre eles Un labrador que foy sarxento á os soldados do nobo alistamento (ca. 1808). Finalmente, ofrecemos unha transcrición anotada e minimamente intervida da carta.



O proxecto educativo dos Irmáns García Naveira nas escolas do asilo de Betanzos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fuentes Abeledo, Eduardo José, Muñoz Carril, Pablo César

En Betanzos, as Escolas García Irmáns eran coñecidas como Escolas do Asilo. O edificio do centro educativo estaba a carón do Asilo García Irmáns, outra das obras produto da xenerosidade destes fillos de Betanzos. As Escolas creáranse para acoller, sobre todo, os nenos «pobres» e «orfos» e contaban con aulas para alumnos e alumnas. En Galicia, como se recolle en traballos de investigadores como Cid Fernández (1994), Costa Rico (2004) ou Peña Saavedra (1991 e 1995/96), foi un numeroso grupo de...



Guide My W@y! Un portal interactivo para a orientación da carreira, Guide My W@y! An interactive Website for career guidance in international youth mobility

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira Pérez, Miguel Anxo, Ceinos Sanz, María Cristina

Neste traballo preséntase un Portal Interactivo para a e-Formación na e-Orientación, resultado do desenvolvemento do Proxecto de Investigación Guide My W@y! O seu deseño parte dun estudo de necesidades contextual, apoiado nunha metodoloxía de carácter mixto. Nel aplícase un modelo formativo dirixido a orientadores/as profesionais en activo baseado no Concepto Europeo de Orientación da Carreira, deseñado tamén no marco do Proxecto. Ademais, supón un espazo virtual para a información e o...



Os problemas léxicos e semánticos en CORTEGAL, Corpus de textos escritos por estudantes no ámbito académico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez de la Granja, María

CORTEGAL, Corpus de textos galegas escritos por estudantes no ámbito académico, é un corpus conformado por 1000 textos extraídos dos exames de Lingua e Literatura galegas das probas de acceso á universidade, que inclúe corrección e anotación das formas non estándares en seis niveis lingüísticos. O obxectivo <leste traballo é xustificar a necesidade de establecer un nivel semántico diferenciado do nivel léxico á hora de levar a cabo o proceso de corrección dos textos. Tras presentar as...



Contra a morte das linguas: o caso do galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Moreira Barbeito, Miguel

This doctoral thesis is divided in three principal chapters. The first one looks for a status quo from an ecological view. It treats general aspects: epistemology; the interpretation that the different cultures do of the linguo-diversity; the both positions of the linguistics faced by the decrease of the number of languages; and the dangerous relation between economy and linguistics. The second chapter is centred on the category of linguistic right, treating it from an ethical perspective. The...



Os hábitats de interese comunitario en Galicia: fichas descritivas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ramil Rego, Pablo, Rodríguez Guitián, Manuel Antonio, Ferreiro da Costa, Javier, Rubinos Román, M., Gómez-Orellana Rodríguez, Luis, De Nóvoa Fernández, B., Hinojo Sánchez, B. A., Martínez Sánchez, S., Cillero Castro, C., Díaz Varela, Ramón Alberto, Rodríguez González, Patricia María, Muñoz Sobrino, Castor

A DC 92/43/CEE do Consello,do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres supuxo un neto e positivo revulsivo na formulación das políticas de conservación nos países da Unión Europea. A aprobación da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e Biodiversidade, incorpora de forma definitiva, e sen ambigüidades, as directivas Hábitat e Aves ao ordenamento xurídico español. Fortalecendo o camiño que previamente marcaran as normas comunitarias. Os hábitats...



Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Negro Romero, Marta

No presente artigo analizaremos cuantitativamente os castelanismos introducidos no campo semántico das partes do corpo humano. O emprego de métodos cuantitativos no estudo da variación lingüística estivo restrinxido durante moito tempo ao ámbito da sociolingüística, xa que no campo da dialectoloxía sempre houbo reticencias á hora da súa aplicación. No caso galego, o primeiro estudo que emprega métodos estatísticos para analizar as falas galegas foi realizado por Xulio Sousa e data do ano 2006,...



As denominacións dos dedos da man: un estudio motivacional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Triñanes, Mario, Santos Suárez, Larisa

Unha ollada ós cuestionarios do Atlas Lingüístico Galego revela a gran complexidade á hora de denominar as partes "menores" ou "subpartes" que compoñen as divisións principais do corpo humano. Así, por exemplo, fronte á escasa diverxencia de formas empregadas para denominar as 'mans' en todo o territorio galego, e mesmo os 'dedos', termo xenérico que designa as cinco subpartes que compoñen cada unha das nosas mans, existen serias dificultades á hora de...



Castelao e a loita pola conformación dunha prosa galega

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López, Mª Teresa, Dobarro Paz, Xosé María

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Valoración ambiental por medio de opcións reais, Environmental assessment through real options

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Chousa, Juan Ramón, Feás Vázquez, Jacobo

Trala Segunda Guerra Mundial, os países occidentais comezaron a tomar conciencia das repercusións que os seus proxectos de desenvolvemento e industrialización tiñan sobre o medio. O rápido crecemento industrial obviara, a principios de século, os efectos que podería producir sobre as próximas xeracións. O obxecto desta análise será a consideración dunha ferramenta de xestión, como complemento das existentes e non como substituto, que nos proporcione un método de valoración global en termos...



Linares Fernández, Laura (ed.) (2016): ‘Verbas atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro’. Cambados: Fundación Plácido Castro, 305 pp.

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Palacios González, Manuela

Reseña de: Linares Fernández, Laura (ed.) (2016): ‘Verbas atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro’. Cambados: Fundación Plácido Castro, 305 pp.



Soñar sen cancelas: Manuel María e a construción dunha educación literaria en galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pena Presas, Monserrat

No artigo téntase demostrar como Manuel María foi unha das voces pioneiras que posibilitou o eriximento dunha literatura infantil e xuvenil en galego nos finais da década dos sesenta, a pesar de que contou con algúns impe-dimentos para facelo. Asemade, realízase un percorrido crítico pola súa produ-ción para nenos e nenas, que tenta descubrir as claves da súa poética á vez que contextualiza a obra no seu tempo. Igualmente, demóstrase que a significación que o autor lle daba á produción infantil...



Estudo de aplicación de fitosanitarios en invernadoiros de Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barrasa Rioja, Martín, Lamosa Quinteiro, Santiago, Ginzo Villamayor, María José, López Ratón, Mónica

A Prevención de Riscos e a mellora das Condicións de Traballo da poboación laboral deben ser obxectivos importantes e prioritarios, ós que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dedica interese e medios, mediante un conxunto de medidas e actuacións planificadas. Neste contexto sitúanse un conxunto de decisións para levar a cabo estudos nos diferentes campos productivos, onde a agricultura ocupa un posto de gran incidencia. A utilización de productos fitosanitarios no sector...



Servicio de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT). O antecedente da Editorial Galaxia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Malores Villanueva, nun recente artigo en GRIAL e na súa documentada tese de doutoramento sobre a Editorial Galaxia, traza unha xenealoxía cos principais fitos que entre 1945 e 1950 conduciron á súa constitución. Entre eles destaca unha iniciativa de negocio de librería na que participaron Xaim e Isla Couto, Plácido R. Castro del Río, Celso Collazo Lema e Xosé Meixide González: o Servicio de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT). Os traballos de ordenamento e catalogación do Fondo Xaime...



(Des-)continuidade de léxico dialectal na fronteira galego-portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Pérez, Xosé Afonso

Este relatorio tratará diferentes aspectos relacionados coa análise contrastiva de léxico galego e portugués. Desde a perspectiva metodolóxica, examinaranse as potencialidades e insuficiencias dalgunhas fontes empregadas neste tipo de aproximacións e presentarase unha nova ferramenta: o Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués. Finalmente, ofreceranse diferentes exemplos que amosan diversos modelos de distribución lexical en Galicia e Portugal e comentaranse os primeiros pasos dunha...



(Des-)continuidade de léxico dialectal na fronteira galego-portuguesa

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Pérez, Xosé Afonso

Este traballo trata diferentes aspectos relacionados coa análise contrastiva de léxico galego e portugués. Desde a perspectiva metodolóxica, examínanse as potencialidades e insuficiencias dalgunhas fontes empregadas neste tipo de aproximacións e preséntase unha nova ferramenta: O Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués. Finalmente, ofrécense diferentes exemplos que amosan diversos modelos de distribución lexical en Galicia e Portugal e coméntanse os primeiros pasos dunha iniciativa de...



A alternancia on/l’on nun corpus dos séculos XIV e XV

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez Palomino, Mª Dolores

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



Cultivo de Echinacea purpurea (L.) Moench. baixo distintos métodos de control de flora arvense en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Barros Camba, Ruth María

Echinacea purpurpurea (L.) Moench é unha planta perenne orixinaria de América do Norte, utilizada na prevención e tratamento do arrefriado común, a gripe e outras afeccións das vías respiratorias. Na actualidade é unha das plantas medicinais máis amplamente utilizadas no mundo. Este ensaio, levado a cabo en Lugo (Galicia), evaluou catro métodos de control de flora arvense durante tres anos de cultivo de E. purpurea: escarda manual, acolchado con malla perforada de polipropileno negro, acolchado...



As escolas da emigración. Un proxecto educativo de valorización do patrimonio

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Peña Saavedra, Vicente

Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantas se teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que comezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á altura de 1904. Desde entón e ata o alborexar da década dos trinta, ano a ano e mes a mes foron constituíndose...



Historia de Unión Fenosa no marco do sector eléctrico 1982 - 2008. Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Dios Vicente, Adrián

O presente traballo ten por obxectivo analizar a vida de Unión Fenosa como unha das principais empresas do sector eléctrico español. Dende o ano 1982, no que FENOSA e Unión Eléctrica Madrileña deciden realizar a súa fusión, a compañía situarase como unha empresa de tamaño medio, que foi quen de adaptarse a diversos contextos para sobrevivir até a súa desaparición no ano 2008. Así, analizaranse as diversas estratexias empresariais desenvoltas pola empresa no marco do sector eléctrico, moi...



Economía, gandería e medio ambiente, Economy, Livestock and Environment, Economía, ganadería y medio ambiente

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sánchez García, Luciano, Monserrat Bermejo, Lorenzo, Moreno López, Teresa

Formúlase a posibilidade de crear unha organización que asocie a función económica do aparato de producción do sector agrario e as múltiples funcións dun territorio considerado á vez patrimonio vivo, recurso, marco vital e regulador sociolóxico. A producción de carne de vacún con razas rústicas locais presenta unha boa oportunidade en sistemas extensivos, baseados no aproveitamento económico da vexetación arbustiva e herbácea a través do manexo do gando en ecosistemas pastorais. Os mellores...



Xestión de solos forestais: produción sostible e calidade ambiental

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Merino García, Agustín, Omil Ignacio, Beatriz

O presente volume, o primeiro da serie Cursos da revista Recursos Rurais, Xestión de Solos Forestais: produción sostible e calidade ambiental recompila, de maneira didáctica, as importantes funcións que desempeña o solo nos sistemas forestais. Abordanse unha serie de coñecementos que xeralmente non se inclúen na docencia de primeiro e segundo ciclos universitarios, pero que son necesarios para resolver as actuais esixencias ambientais e de produción no sector forestal. O contido da publicación...



Identidade propia e industrias creativas e culturais. O caso das rexións europeas, Identidad propia e industrias creativas y culturales. El caso de las regiones europeas, Own identity and cultural and creative industries. The case of European regions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Amoedo, José Manuel, González López, Manuel

Neste artigo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. En primeiro lugar, facemos unha recompilación da literatura existente sobre os factores clave para explicar a aglomeración das ditas industrias. En segundo lugar, presentamos as nosas hipóteses sobre o efecto da identidade propia nas industrias culturais e creativas. A continuación, mostramos catro modelos...



Sinais da Guerra Civil española no cinema galego: O lapis do carpinteiro

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Folgar de la Calle, José María, Martín Sánchez, Rita

Partindo dunha historia real, o relato cinematográfico achégase a un período especialmente conflictivo na Galiza do derradeiro século.



Correspondencia Camilo J. Cela – María Zambrano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Serantes López, María Aránzazu

A presente correspondencia foi froito dunha investigación realizada na Fundación María Zambrano financiada pola Xunta de Galicia e na Fundación Camilo J. Cela, que me ofreceu a posibilidade de consultar os seus arquivos. Agradezo a ambas as institucións a colaboración prestada.



Memoria e guerra civil na narrativa vasca (1937-2007)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Kortazar, Jon

O obxectivo do traballo consiste en facer un percorrido pola narrativa vasca –novela e conto– sobre a Guerra Civil española. Identificáronse os principais momentos de produción da narrativa sobre o tema, así como os principais eixes xenéricos, dende o momento da experiencia e a propaganda até a recreación da guerra na obra dos novos escritores da terceira xeración.



Os insultos en galego. Estudo lingüístico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Novo Folgueira, Paulino

A tese consta de dúas partes diferenciadas: unha introdución teórica e un dicionario de insultos, outros apelativos e significados figurados aplicados a persoas, relacionados co reino animal. 1. A introdución teórica pretende achegarse a esta materia erma para a investigación en galego desde varias disciplinas lingüísticas. Intentáronse abordar os aspectos lingüísticos que interveñen na formación e uso dos insultos, e considérase unha achega interesante a sistematización de ilustracións en todo...



Voz cantada e colectivos vulnerables, Singing voice and vulnerable groups

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casal de la Fuente, Lucía

DEFINICIÓN DO PROBLEMA: Exponse como problema de investigación se a mellora da baixa autoestima que presentan os grupos vulnerables está asociada ou relacionada cos beneficios que o traballo da voz cantada aporta a nivel persoal e grupal no ámbito social, educativo e cognitivo, e se polo tanto serve como axuda nos procesos de integración e inclusión social. OBXECTIVO XERAL: Comprobar se a baixa autoestima que presentan en xeral os colectivos vulnerables se ve favorecida a través de actividades...



Avaliación da calidade percibida polos clientes de establecementos termais a través da análise das súas expectativas e percepcións, Evaluación de la calidad percibida por los clientes de establecimientos termales a través del análisis de sus expectativas y percepciones, Evaluation of Thermal Tourists’ Perceived Service Quality Through the Analysis of their Expectations and Perceptions

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Alén González, María Elisa, Rodríguez Comesaña, Lorenzo

A calidade é o que os clientes din que é, isto é, os clientes son os que teñen a última palabra sobre a calidade. Por iso, e aínda que existen numerosas definicións de calidade de servizo, a maioría delas céntranse en lograr as necesidades e os requirimentos dos consumidores e en coñecer ata que punto o servizo prestado alcanza as súas expectativas. Neste sentido, entendemos que o coñecemento tanto das percepcións como das expectativas dos clientes debe ser o punto de partida dunha...



A Lei de augas de Galicia: unha nova economía da auga?, La Ley de aguas de Galicia: ¿una nueva economía del agua?, The Galician Law of Water: A New Economy of Water?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doldán García, Xoán Ramón, Nogueira Moure, Emilio

Este artigo fai unha análise do contido, obxectivos e consecuencias da Lei de augas de Galicia aprobada no ano 2010. Esta Lei é o principal instrumento co que contará o Goberno galego para darlles resposta a aspectos complexos da xestión da auga, tales como o abastecemento, o saneamento e a depuración das augas residuais, a planificación hidrolóxica ou a protección das rías. De acordo co principio europeo de quen contamina paga, esta Lei introduce na lexislación galega o principio da...



Bosques e plantacións forestais: dous ecosistemas claramente diferentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Cordero Rivera, Adolfo

[GAL] As plantacións industriais ocupan cada ano maior superficie, mentres que os bosques se reducen. Aínda que ambos tipos de ecosistemas están dominados por arbóres, teñen diferente estrutura e funcionamento. Existe un continuo dende bosques primixenios ata plantacións industriais de especies exóticas, pero o grado de autoctonía é o que define os bosques: plantar especies exóticas nunca orixina bosques. Neste artigo revísanse tres das razóns esgrimidas para xustificar as plantacións como...



40 anos de facenda autonómica en Galicia, 40 años de hacienda autonómica en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Taín, Miguel Anxo

O aniversario dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia coincide tamén con outra efeméride de gran transcendencia para a nosa Comunidade: no ano 2018 se compren 40 anos dos primeiros pasos da autonomía de Galicia e, con ela, da súa facenda. Aproveitamos polo tanto os actos que está a organizar a Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela conmemorando o primeiro fito, para facer un repaso do que foi a configuración e evolución do sector público autonómico dende a...



L’in house providing, tra ordinamento comunitario e categorie giuridiche nazionali

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iunti, Antonella

Quando ci si confronta con concetti giuridici di provenienza comunitaria, si deve sempre tenere presente che questi non hanno, di norma, una “valenza” precisa, come solitamente avviene negli ordinamenti interni dei Paesi membri. L’ordinamento comunitario è, infatti, privo di una tradizione dogmatica e di categorie giuridiche proprie, in quanto trova origine e fondamento negli ordinamenti degli Stati membri, pur differenziandosi da essi. Non si possono, allora, interpretare correttamente...



Estado da cuestión da construcción naval galega: os novos factores de competitividade, Shipbuilding Industry Situation in Galicia: New Competivity Factors, Estado de la cuestión de la construcción naval gallega: los nuevos factores de competitividad

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Guisado Tato, Manuel, Vila Alonso, Mercedes, Ferro Soto, Carlos A.

O carácter polar do sector de construcción naval converte a esta industria no motor –ou, cando menos, nun dos principais motores– da economía dos enclaves xeográficos nos que se atopa implantada. España, pola súa posición xeográfica, desenvolveu historicamente toda unha industria vinculada co mar e, xa que logo, a construcción naval é un sector cunha importante tradición, que foi mudando co devir dos tempos ata concentrarse en puntos concretos da súa xeografía costeira. Entre eles, o que maior...



As prácticas contables das confrarías de pescadores galegas. A coerción como vehículo de institucionalización cultural normativa, Las prácticas contables de las cofradías de pescadores gallegas. La coerción como vehículo de institucionalización cultural normativa, Galician Fishermen’s Guild Accounting Practices. Coercion as a Vehicle for Normative Cultural Institutionalisation

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Taboada Mella, María Salomé

Este traballo adopta como perspectiva de investigación a teoría institucional e, sobre a base do estudo dos procedementos contables das confrarías de pescadores nos diferentes ambientes en que se insiren ao longo da súa historia, demostra que: a) como organizacións formais, os seus procedementos contables racionais foron deseñados na pretensión da eficiencia na xestión dos seus recursos; e b) como entidades institucionalizadas, adoptaron estruturas contables que garanten a lexitimidade e os...



Efecto empresa versus efecto sector. Un estudo empírico en empregas galegas e portuguesas, Efecto empresa versus efecto sector. Un estudio empírico en empregas gallegas y portuguesas, Business Effect Versus Industry Effect. An Empirical Study in Galician and Portuguese Firms

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Iglesias Antelo, Susana, López López, Vicente Ángel, Rodríguez Rey, Marcos

Este traballo é unha contribución á análise da importancia relativa dos factores industria e empresa na explicación da variabilidade do rendemento organizativo. Nel aplícase un modelo xerárquico lineal de efectos fixos a unha mostra de empresas de Galicia e do norte de Portugal. Os resultados obtidos mostran que a capacidade explicativa do factor empresa é cando menos cinco veces superior á do factor sector de actividade. Estes resultados favorables para o efecto empresa son similares aos...



Xoán González-Millán: a projeção de um pensamento crítico

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Casas Vales, Arturo, Lourido, Isaac, Martínez Tejero, Cristina, González, Helena, Alonso Nogueira, Álex, Liñeira, María, Pesado, Pablo, Rábade Villar, María do Cebreiro

A partir dos estudos sobre textualidades e discursos literários, o pensamento teórico-crítico de Xoán González-Millán evoluiu durante a última década do século XX até conformar um modelo de análise institucional da literatura e da cultura literária. O seu último programa de investigação pretendeu delinear uma sociologia da literatura que pudesse estudar, de uma perspetiva interdisciplinar, situações políticas, económicas e socioculturais de subalternidade como a galega, ainda que o seu modelo...



Aterrando no sector agrario: como apoiar ás persoas novas entrantes no acceso á terra?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Ónega López, Francisco José, Pérez Rodríguez, Nieves, Fernández Villar, Guillermina, López Colmenero, Elena

[GAL] Esta guía elaborada polo Grupo Operativo TERRACTIVA ofrece unha proposta metodolóxica para apoiar ás persoas novas entrantes no acceso á terra (dende a propia busca de terras ata a formalización do acceso). Diríxese a aquelas entidades e profesionais que, en maior ou menor medida, acompañan e asesoran a estas persoas no inicio da súa actividade, e tamén a aquelas outras que queren comezar a prestar ese tipo de apoio. O proxecto TERRACTIVA desenvolve ferramentas para apoiar aos novos e...



Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Bernárdez Villegas, José Gaspar, Rigueiro Rodríguez, Antonio

[GAL] Esta monografía da serie CADERNOS DA ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL céntrase no estudo das árbores e formacións senlleiras das serras dos Ancares e do Courel e da súa contorna, un patrimonio natural que se debe conservar e tamén por en valor, pois constitúe un atractivo turístico máis desta comarca que é xenerosa en valores naturais. Despois de analizar o que entendemos por árbore ou formación senlleira analízase o papel dos monumentos vexetais destas serras e da súa contorna ao longo da...



As empresas situadas en parques científicos e tecnolóxicos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: análise comparativa das características empresariais, financeiras e de innovación, Las empresas situadas en parques científicos y tecnológicos en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: análisis comparativo de las características empresariales, financieras y de innovación, Companies based in science and technology parks in the Galicia-Northern Portugal Euroregion: Comparative analysis of their business, financial and innovation features

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez-Gulías, María Jesús, Martíns, Julio Paulo, Rodeiro-Pazos, David

Os parques científicos e tecnolóxicos son considerados unha ferramenta esencial do Sistema Rexional de Innovación. Por iso, neste traballo realízase unha análise das características empresariais, financeiras e de innovación das empresas situadas en parques científicos e tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. As empresas de parques galegos son máis antigas e grandes en canto a vendas e en canto a emprego, mentres que a proporción de empresas que prestan servizos intensivos en...



O turismo como fonte de riqueza en Galicia: análise dalgunhas experiencias, El turismo como fuente de riqueza en Galcia: análisis de algunhas experiencias

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Martínez Roget, Fidel, Castro Domínguez, María Nava, Fraiz Brea, Antonio

Aínda con algunhas experiencias previas, Galicia mantívose allea ao boom turístico que nos anos sesenta experimentou boa parte do territorio español e foi a partir da aprobación do Estatuto de Autonomía cando se comeza a sentar as bases do desenvolvemento do turismo na Comunidade. Nas últimas décadas a actividade turística experimentou un importante crecemento contando na actualidade cunha oferta importante e diversificada. Unha das características máis importantes da actividade turística en...