Pasar al contenido principal

Idioma del documento

Encontrados 11055 resultado(s)
Encontradas 111 página(s)

Estudo motivacional das denominacións galegas de “hijo menor” no ALPI

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mouzo Villar, Rosa

O obxectivo do presente traballo é realizar un estudo motivacional das formas galegas que aparecen recollidas no Atlas Lingüístico da Península Ibérica para a pregunta hijo menor. A nosa análise consiste en clasificar e estudar as diferentes formas rexistradas, segundo a motivación que provoca a elección duns determinados nomes que van ligados a un novo referente. Para acadar este obxectivo, seguindo o esquema presentado por Alinei (2002), foi necesario realizar pesquisas etimolóxicas e tamén...



Alelos HLA DRB1 no Lupus Eritematoso Incompleto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Maure Noia, Brenda

O lupus eritematoso sistémico é unha enfermidade multifactorial na que se sabe que participan mecanismos xenéticos. A asociación máis consistente encontrouse nos xenes do complexo maior de histocompatibilidade de clase II, en concreto nos alelos DRB1*03 e DRB1*15. Entre os pacientes atendidos en consultas de enfermidades autoinmunes hai algúns con anticorpos anti-nucleares (ANA) positivos e manifestacións clínicas suxestivas de LES, pero que non reúnen 4 criterios de clasificación, polo que son...



Utilización dos potenciais evocados na procura de marcadores de vulnerabilidade ao alcoholismo: delimitación de grupos de alto risco

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Holguín, Socorro

El objetivo es identificar marcadores neurofisiológicos de vulnerabilidad genética al alcoholismo en sujetos de riesgo por su historia familiar del trastorno, y valorar su evolución con la edad. Se evaluaron 102 hombres y mujeres (7 a 15 años) en tres grupos: alto riesgo (historia de alcoholismo en padre y al menos 2 familiares paternos 1-2 grado), bajo riesgo (padre alcohólico sin otros antecedentes del trastorno) control (sin historia familiar de alcoholismo). Se registraron los potenciales...



Ensinar e aprender ciencias na aula inclusiva. materiais multimedia e recursos para atender a déficits comunicativos e lingüísticos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Vázquez Martínez, Susana, García-Rodeja Gayoso, Isabel

A investigación en educación científica (Campanario, 1999; García-Barros e Martínez Losada, 2001) indica que non se atende suficientemente ás necesidades de aprendizaxe dos alumnos e que nas clases de ciencias o obxectivo principal debería centrarse en habilidades de pensamento e razoamento científico máis que no libro de texto. Se isto é un feito: Como podemos atender as necesidades específicas das e dos estudantes con dificultades en comunicación lingüística na aula ordinaria? Que metodoloxía...



Realismo máxico, conflito nacional e metaficción historiográfica de referencia galega (1972-1987): modelos discursivo ideolóxicos na narrativa de G. Torrente Ballester, V. F. Freixanes e X. L. Méndez Ferrín

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pesado Rodríguez, Pablo

Esta tese de doutoramento estuda a chegada do realismo máxico ao sistema literario galego como un episodio fundamental do conflito nacional galego-español contemporáneo. Con ese obxectivo propón unha interpretación alternativa desa poética, considerándoa unha ferramenta para a nacionalización das poboacións orixinarias do continente latinoamericano. Desde ese punto de partida, reconstrúe a historia dos conceptos de maxia, imaxinación e fantasía no sistema cultural galego no século XX e rastrexa...



Elas, leváronnos ao espazo

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez Fernández, Inés, Calvo Iglesias, Encina, Lorenzo González, María de las Nieves, Rodríguez González, Manuela Elizabeth

Neste libro amosámosvos algunhas das mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e na posterior exploración do espazo. Elas calcularon as traxectorias de voo, programaron os primeiros computadores, descubriron o combustible dos foguetes e deseñaron o interior dos transbordadores, entre outras moitas cousas. Sen elas, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou de poñer un pé en Marte. Con este libro queremos darlles referentes ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o...



Beneficios percibidos polo sector de aloxamento turístico español da implantación dun sistema de xestión da calidade, Beneficios percibidos por el sector de alojamiento turístico español de la implantación de un sistema de gestión de la calidad, Benefits received by the spanish tourist accommodation sectorin the implementation of quality management system

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez García, José, Fraiz Brea, José Antonio, Río Rama, María Cruz del

A forte competitividade que existe entre as empresas do sector turístico levou a estas a integrar dentro da súa xestión estratexias de diferenciación edecalidade, mellorando a cali-dade dos servizos prestados, o que xera resultados positivos e medibles. Neste artigo expóñense os resultados do estudo empírico levado a cabo en 186 empresas de aloxamento turístico a nivel nacional certificadas coa marca “Q de CalidadeTurística”, e cuxo obxectivo era analizar o impacto e os...



Políticas rexionais de innovación no Reino Unido: a nova relación entre a industria e as institucións de educación superior (HEI) e o papel dos parques científicos, Políticas regionales de innovación en el Reino Unido: la nueva relación entre la industria y las instituciones de educación superior (HEI) y el papel de los parques científicos, Regional Innovation Policies in the United Kingdom: The New Industry-Heis Relationship and the Role of Science Parks

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Salvador, Elisa

Este traballo pretende examinar as actuais políticas rexionais de innovación do Reino Unido, dedicándolle unha especial atención á nova relación entre as institucións de educación superior (HEI) e a industria, e ao papel que desenvolven os parques científicos. Despois dunha completa descrición da estrutura do Goberno relacionada coas políticas de innovación no Reino Unido, realízase unha breve análise da relación entre a industria e os HEI logo da implementación do novo sistema científico no...



O léxico non estándar en CORTEGAL

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Álvarez de la Granja, María

A análise levada a cabo nos textos de CORTEGAL mostra a presenza dun elevado número de unidades léxicas non estándares, superando os 3000 casos e as 800 formas léxicas distintas. Neste capítulo ofrécese unha análise cuantitativa e cualitativa deste conxunto de formas léxicas, que se clasifican atendendo ao tipo de desviación con respecto ao estándar e á orixe da forma diverxente.



O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Marcenaro, Simone

Nesta contribución analízanse algúns textos trobadorescos de asunto político nos que se observa unha estratexia argumentativa peculiar: os autores empregan diversos modelos literarios no proceso de composición e construción das súas sátiras. Malia as numerosas diferenzas existentes entre o sirventés provenzal e a cantiga de escarnio e maldizer galego-portuguesa, hai unha tendencia común nos dous xéneros a usar hipotextos moi coñecidos para incidir na mensaxe proposta; os cantares de xesta...



Exploración psicolóxica nunha mostra de universitarios de quinto curso da Universidade de Santiago de Compostela

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Becoña Iglesias, Elisardo, Dosil Maceira, Agustín

En el curso 1978/79, el Departamento de Psicología Evolutiva y Diferencial de la Universidad de Santiago de Compostela, en colaboración con diversas entidades científicas y culturales, en especial con el Instituto de Ciencias da Educación (ICE), ha venido celebrando seminarios, conferencias y reuniones científicas sobre “desarrollo Humano”. Participaron en las mismas, psicólogos, pedagogos, sociólogos, antropólogos, pediatras, psiquiatras y filósofos, en un número superior a una veintena, y...



Novas tendencias no transporte marítimo, Nuevas tendencias en el transporte marítimo, New Shipping Trends

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Laxe, Fernando

Analizamos as tendencias do transporte marítimo internacional: a forte especialización de tráficos, a selectividade de rutas e a intensificación da xerarquía portuaria. O proceso de utilización de colectores e a maior cantidade de bens transportados impulsaron a concentración empresarial nesta actividade. A nosa achega subliña as principais traxectorias: en primeiro lugar, o novo papel das compañías marítimas de liñas regulares, que reforzan o control dos transportes e das rutas; en segundo...



Os arquivos do tempo: reconstrución paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tallón Armada, Rebeca

Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra á Arqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambiental en arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continental mediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica,...



Bases ecolóxicas para o control de especies exóticas invasoras en relación co lume

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riveiro, Sheila F.

Dúas das meirandes ameazas ós montes son os incendios forestais e as especies exóticas invasoras (EEI). Neste traballo de tese trátase a relación entre ambos a través da xerminación ou os compostos alelopáticos e estudáronse tratamentos mecánicos para o control das EEI. Estudáronse 11 especies, das cales 9 son EEI presentes na Galiza e norte de Portugal, entre as que destacan diversas acacias, o eucalipto ou a albizia. As diferenzas achadas na resposta xerminativa das especies poderían mudar a...



Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Jorge Soto, Cristina

OBXECTIVOS: Coñecer o impacto das situacións de intimidación e/ou acoso durante a realización das prácticas clínicas no estudantado galego do Grao en Enfermería. 1. Identificar as situacións nas que puidesen existir nesgos por cuestión de xénero, identidade e/ou orientación sexual nas prácticas clínicas do Grao en Enfermería 2. Estudar a incidencia e tipoloxía de comentarios despectivos ou desapropiados realizados no contexto das prácticas clínicas 3. Coñecer as reaccións das persoas vítimas...



A educación en Galicia en perspectiva: alicerces para o porvir

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gabriel Fernández, Narciso de, Peña Saavedra, Vicente, Cid, Xosé Manuel, Deibe Fernández Simo, Jesús, Rey Vilas, Raquel, Marful Castañal, Bibiana, Mayorga Martín, María, Otero Urtaza, Eugenio Manuel, Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, González Sanmamed, Mercedes, Fuentes Abeledo, Eduardo José, Ocampo Gómez, Camilo Isaac, Sobrado Fernández, Luis Martín, Sarmiento Campos, José Antonio, Porto Castro, Ana María, Mosteiro García, María Josefa, López Facal, Ramón Vicente, Castro Fernández, Belén María, Rial Sánchez, Antonio Florencio, Sarceda Gorgoso, María del Carmen, García Mosconi, Eduardo, Franco Vázquez, Carmen, Gillanders, Carol, Touriñán López, José Manuel, Caride Gómez, José Antonio, Gradaílle Pernas, Rita, Fernández de Sanmamed, Alberto, Ramos García, Tania, Sabio Sanz, Carme Adela, Godás Otero, Agustín, Caballo Villar, María Belén, Costa Rico, Antón, García García, Iván, Santos Rego, Miguel Ángel, Lorenzo Moledo, María del Mar, Míguez Salina, Gabriela Dolores, Alonso Ruido, Patricia, Iglesias Galdo, Ana, Iglesias Da Cunha, Lucía, Pardellas Santiago, Miguel, Meira Cartea, Pablo, Rodríguez Rodríguez, Jesús, Castro Rodríguez, María Montserrat, Area Moreira, Manuel, Fernández Morante, Carmen, Mareque León, Francisco, Casal Otero, Lorena, Rodríguez Fernández, José Eugenio, Eirín Nemiña, Raúl, Parrilla, Ángeles, Crestar, Irene, Vázquez-Rodríguez, Ana, García Álvarez, Jesús, Agrafojo Fernández, Javier, Olveira Olveira, María Esther, Rosende Seijas, Belén, Rodríguez Martínez, Antonio, Méndez Lois, María José, Villar Varela, Milena, García Docampo, Laura, Puig Mauriz, Blanca, Bugallo-Rodríguez, Ánxela, Pérez-Rodríguez, Uxío, López Sández, María, Agrelo-Costas, Eulalia, Fernández Rial, Rosalía, Rodríguez-Llorente, Carolina, Rodríguez Martínez, Susana, Valle Arias, Antonio, Jiménez Aleixandre, María Pilar, Sotelino-Losada, Alexandre

O porvir ten sido sempre unha expresión que anuncia, e mesmo condensa, cobizas individuais e colectivas, moduladas no tempo por expectativas xeradas na singularidade de circunstancias que artellan marcos de representación sociocultural, acordes, en maior ou menor medida, coa experiencia e a traxectoria das persoas e as súas contornas familiares. Nese senso, a educación, e os procesos que comporta como grande alicerce de progreso e desenvolvemento, ten conformado –non sen serios atrancos– o...



Construción e destrución da cidadanía societaria: dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Somoza Cayado, Antonio

O presente traballo estuda para o caso da provincia de Lugo a etapa da Segunda República enmarcada no desenvolvemento da democracia liberal en España ao longo do primeiro terzo do século XX; a creba dese contexto polo golpe de Estado e posterior guerra civil e imprantación dun réxime autoritario cunha orientación totalitaria. O período 1930-1950 é unha fase de cambio brusco entre dous sistemas políticos radicalmente distintos, que se procura observar dende a óptica da Cidadanía societaria;...



Rosalía de Castro e Madrid. Análise literaria dos lugares na novela “El caballero de las botas azules” (1867)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
García Vega, Lucía

A nosa intención neste artigo é, en primeiro lugar, indicar e demostrar a sobresaliente e ininterrompida relación que existiu entre a escritora Rosalía de Castro e o ámbito editorial madrileño, durante a segunda metade do século XIX. En segundo lugar, centrámonos no domi-nio biográfico, recuperando os espazos urbanos de Madrid nos que viviu, á vez que aportamos aos estudos do rosalianismo unha descuberta acerca da súa estancia nunha pensión situada na que antano fora rúa dos Negros. Xa, en...



Os mercados emerxentes

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Chousa, Juan Ramón, Rodríguez Sandiás, Alfonso, Díez de Castro, José Alberto




Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro semestre de 2018, LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Nogueira López, Alba

A política lingüística autonómica, sen produción normativa de interese, mantén un pulso lánguido. Tan só merece unha certa atención a publicación do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola administración local en exercicio de competencia propia, co que a Xunta quere resolver as dúbidas creadas pola Reforma e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL) sobre as competencias locais en relación co mantemento de servizos municipais de normalización lingüística....



Articulación de competencias na gobernanza multinivel no seo da Unión Europea e a súa relación co principio de Subsidiariedade

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Arias Balsa, Iván

A tese de doutoramento presentada pretende a descripción do modelo competencial europeo e galego e o grao no cal a integración europea incide sobre as competencias propias de Galicia, recoñecidas no seu Estatuto de Autonomía. Para este estudo, realizouse unha aproximación ós diversos modelos de organización política, así como se analizou a distribución competencial deseñada na Constitución Española, e o Estatuto de autonomía; poñéndoo en relación coas competencias que se atribúen nos Tratados...



A evolución da percepción social dos trastornos da conduta alimentaria, e da imaxe, do estudantado de traballo social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a súa influencia na práctica profesional

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Labora González, Juan José

Este traballo expón, coma froito dunha investigación de carácter cualitativo e dentro do marco da teoría sistémica, cómo a percepción dos trastornos da alimentación e da imaxe do estudantado da Universidade de Santiago está determinada polo imaxinario do chamado modelo médico. Polo cal eses trastornos son percibidos desde un punto de vista empirista e reduccionista, adolecendo dun baixo nivel de complexidade. Tal percepción, por outra banda, estaría cargada de nocións de carácter moral (culpa,...



Estimación de beneficios en espacios de uso recreativo na provincia de Pontevedra, Estimating benefits of recreational sites in Pontevedra, Estimación de beneficios en espacios de uso recreativo na provincia de Pontevedra

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
González Gómez, Manuel

Este artigo presenta resultados de valoración e avaliación de distintos espacios con uso recreativo na provincia de Pontevedra. Para tres casos, o Parque Natural do Monte Aloia (MA) no Concello de Tui, o Monte Santa Tegra (MST) no Concello da Guarda e as Pozas de Mougás (PM) no Concello de Oia, calculámo-lo beneficio de uso recreativo. Para o Parque Natural das Illas Cíes (IC) estímase o valor que ten para os visitantes e para os non-visitantes a súa conservación. No Concello de Vigo obtense o...



Análise da integración das contas económicas e meioambientais do monte, Analysis of the Integration of Environmental and Economic Accounts for Forest, Análisis de la integración de las cuentas económicas y ambientales del monte

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Doldán García, Xoán Ramón, Chas Amil, María Luisa

Moitos economistas cren que os bosques non teñen recibido unha correcta valoración en termos económicos. Os problemas de valoración existen porque o monte proporciona unha grande cantidade de bens e servizos que, moitas veces, pasan polo mercado tradicional pero tamén se comercializan en mercados informais producindose infravaloracións. Outro grupo de outputs procedentes dos montes non son comercializados polo que o seu valor é totalmente ignorado. Parece claro que, ainda recoñecendose o valor...



“Un ollo de vidro”: sátira e compromiso en Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Millán Otero, Xosé Manuel

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986)



Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Palacios González, Manuela

Este artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritoras de Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúas comunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nos dous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratorios non está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unha perspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migración e da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca...



O fragmento galego-portugués do Livro de Tristam. Nova proposta cronolóxica e diatópica, El fragmento gallego-portugués del Livro de Tristam. Nueva proposta cronológica y diatópica, The Galician-Portuguese Fragment of the Livro de Tristam. A New Chronological and Diatopic Proposal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pichel Gotérrez, Ricardo, Varela Barreiro, Francisco Xavier

Na tradición de estudo do Livro de Tristam é comunmente aceptada como cronoloxía para o fragmento galego-portugués a segunda metade ou as últimas décadas do século XIV. Nas súas coordenadas xeográficas non se foi máis aló de situar a copia do manuscrito en territorio galego (por oposición ao portugués). Centrando a atención neses dous eixos, os autores presentan neste artigo unha nova proposta cronolóxica e xeográfica apoiada en indicios de natureza lingüística, paleográfica e grafemática. Con...



A política de creación de clusters institucionais: o cluster do sector naval de Galicia (ACLAUNAGA), Institutional cluster creation policy: the shipbuilding cluster in Galicia (ACLUNAGA), La política de creación de clusters institucionales: el cluster del sector naval de Galicia (ACLUNAGA)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodríguez Domínguez, María del Mar, Ferro Soto, Carlos A., Vila Alonso, Mercedes

Neste traballo, realizamos unha aproximación práctica ós novos plans de política industrial para mellora-la competitividade mediante a potenciación das vantaxes do territorio, sendo o seu obxectivo a revitalización de agrupamentos sectoriais territoriais. Inicialmente, debullámo- las condicións que deben cumprir estes agrupamentos para que se poidan emprender actuacións encamiñadas á creación de clusters institucionais. Entre elas atópanse a tradición histórica na zona, a concentración...



Clausus est Ianus : Augusto e a transformación do noroeste hispano

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pereira Menaut, Gerardo, Cruz Andreotti, Gonzalo, Villanueva Acuña, Manuel, Santos Yanguas, Juan, Palao Vicente, Juan José, Sillières, Pierre, Montero Herrero, Santiago, Ramil Rego, Pablo, Calo Lourido, Francisco, Álvarez González, Yolanda, López González, Luis Francisco, Villa Valdés, Ángel, Dopico Caínzos, María Dolores, Morais, Rui Manuel Lopes de Sousa, Revilla Calvo, Víctor

Coa presentación deste volume, damos comezo a unha nova colección monográfica con vocación de continuidade que, baixo o título de philtáte, dará cabida no futuro á publicación de estudos inéditos sobre a antiga Callaecia e a propia Lucus Augusti. Tal e como os responsables do coloquio e editores científicos destas actas explican no prólogo, escolleron este título por ser o nome dunha escrava turinesa asentada na cidade lucense e cuxa inscrición funeraria, da que intencionadamente foron borradas...



Miraxes complementarias. A presenza de Portugal e Brasil nas revistas Nós e Grial, Visions complementàries. La presència de Portugal i el Brasil a les revistes Nós i Grial, Complementary views. The presence of Portugal and Brazil in the magazines Nós and Grial

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
López Sández, María, Pena Presas, Monserrat

O artigo analiza canto e como aparecen representadas as culturas portuguesa e brasileira nas revistas Nós e Grial, o cal permite rastrexar os intereses e as arelas dos inte-lectuais que participaron en ambas as dúas publicacións. O traballo é o resultado dun ba-leirado sistemático destas revistas dende os seus inicios ata o seu cese, no caso de Nós, e dende os comezos ata o ano 2000, tomado este como fronteira simbólica, no caso de Grial.A investigación comeza cunha contextualización de ambas...



Novas tecnologías, novos sujeitos aprendentes: o desafio pedagógico em tempos de múltiplos aprendizados

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Kroeff Mayer, Valéria Neves

O presente artigo propõe uma reflexão sobre as múltiplas formas de se aprender e os novos modos de aprendizagem forjados pelas inovações tecnológicas que não param de surgir e que impõem aos professores e à escola, um novo fazer pedagógico, capaz de acomodar uma outra lógica do aprender, não mais circular, nem linear, mas rizomática, complexa. Nos dias atuais a transmissão oral do conhecimento ainda é muito valorizada, sendo que a aula expositiva é o modelo que ainda predomina em nossas escolas...



Moita costa, ‘pouco’ mar: o léxico mariñeiro e a construcción do estándar galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Fernández Rei, Francisco

Galicia ten moita costa, pero na cultura, na literatura e na lexicografía galega hai relativamente pouco mar. Nos diccionarios de uso xeral, a pesar do moito que se leva feito, e ben, é bastante o que hai que revisar pois faltan acepcións mariñeiras de uso común e cómpre unha revisión de acepcións con mar, co fin de reflectir de xeito máis adecuado a fala viva da xente mariñeira. No propio Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG 1989) hai voces comúns que faltan, a algunhas referireime...



Outras lecturas dende a nosa cultura

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Figueroa Lorenzana, Antonio

Libro homenaxe ó profesor Constantino García nos seus 25 anos como catedrático (Filoloxía Románica). Está estructurado en dous volumes: t. 1. Lingüística t. 2. Historia externa, historiografía, sociolingüística. Filoloxía e literatura medievais. Literatura moderna e contemporánea, teoría da literatura. Miscelanea.



A inserción das economías periféricas no novo patrón de comercio intra-industrial: o caso da economía galega (1988-2005), La inserción de las economías periféricas en el nuevo patrón de comercio intra-industrial: el caso de la economía gallega (1988-2005), The Insertion of Peripheral Economies in the New Pattern of Intra-Industrial Trade: The Case of Galician Economy (1988-2005)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rodil Marzábal, Óscar

Entre as pautas que acompañan o proceso de desenvolvemento das economías, atópase a crecente presenza dos intercambios comerciais de carácter intra-industrial; isto é, comercio bilateral dentro do mesmo sector. Entre os factores que o determinan destacan, entre outros, as economías de escala, a diferenciación de produtos e a diversidade nas preferencias dos consumidores; factores aos que se une a propia estratexia trazada polas empresas multinacionais (comercio intra-firma como parte do...



A oferta formativa de Formación Profesional Dual en centros públicos en Galicia

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Fernández, Raquel, Santamaría Queiruga, Olaya

A Formación Profesional Dual atópase regulada polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. Segundo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a FPD é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun...



Proxecto de Plan Estratéxico (2013-2016) da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Proxecto de Plan Estratéxico elaborado a pedimento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e que estivo en vigor entre 2013 e 2016.



As políticas culturais municipais en Galicia. Análise socioeducativa, territorial e perspectivas de transformación dende a Pedagoxía Social

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Esparís Pereiro, Julio

A cultura constitúe un factor esencial para o desenvolvemento e a cohesión das comunidades, especialmente no ámbito local onde se materializa a relación directa entre as institucións e a cidadanía. Esta investigación examina as políticas culturais municipais en Galicia desde a perspectiva da Pedagoxía Social, analizando a súa configuración actual, as tensións que as atravesan e as posibilidades de transformación cara a modelos máis participativos e democrático. O estudo articúlase arredor de...



Presencia da Nación! O galeguismo xuvenil de Xaime Isla Couto

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Nos relatos e recontos verbo da Xeración Galaxia e do galeguismo desde a II República sempre se anota unha ausencia ou unha presenza velada: a de Xaime Isla Couto, o proxectista, ideador e imaxinación creadora do grupo que liderou a resistencia interior do galeguismo tras a Guerra Civil. O propio Xaime contribuíu a este minguamento biográfico. De todos era ben coñecida a súa loita interior coa escrita, a súa confortable estadía nos eidos da palabra falada e da conversa maiéutica, e o seu...



The New York Times: a política externa na campanha presidencial de 2008

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mateus Dota, Maria Inez

Este artigo visa mostrar como o jornal The New York Times apresenta os posicionamentos sobre política externa dos dois principais candidatos – Barack Obama e John McCain, na eleição presidencial de 2008. Fundamenta-se nos Estudos do Jornalismo desenvolvidos por Sousa (2004 e 2006) e Traquina (2004 e 2005) e tem como aporte metodológico a Análise Crítica do Discurso, com os trabalhos de Bell (1991), Fairclough (1995 e 2003) e Fowler (1991), e os estudos do discurso de linha francesa, com...



Os valores éticos en Castelao

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Tobío Fernánez, Lois

Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds



Quentamos as mans ou quecemos as mans? Unha aproximación á alternancia causativa en galego

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Domínguez Oroña, María Beatriz

Relatorio presentado no III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC). Santiago de Compostela, 25-26 marzo 2015



Wenceslao Fernández Flórez: o columnista que soñaba con ser un literato universal

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Reboiras Loureiro, Óscar

Wenceslao Fernández Flórez foi un dos autores máis lidos e máis influíntes da súa época. Ao longo de máis de cinco décadas pasa de ser un humilde redactor en xornais locais galegos ao columnista político de referencia en ABC. Esa faceta de cronista está hoxe case esquecida, ata o punto de que só El bosque animado semella sobrevivir a unha vida chea de recoñecementos, pero á que si permanece a etiqueta de conservador. Buscamos desmontar os clixés da súa vida e obra, destacando a súa complexa...



Xénero e mercado de traballo en Galicia: análise de equidade mediante indicadores sintéticos, Género y mercado de trabajo en Galicia: análisis de equidad mediante indicadores sintéticos, Gender and Labour Market in Galicia: Analysis of Equity Through Synthetic Indicators

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Riobóo Lestón, Irene, Martín López, Carolina

O estudo das desigualdades de xénero constituíu un área de grande interese na análise económica nos últimos anos, polo que resultou necesario dispoñer de medidas que permitiran a súa cuantificación. De entre as múltiples posibilidades que existen, cómpre destacar a utilización de indicadores sintéticos, xa que permiten considerar as diversas dimensións que subxacen tras o complexo concepto de equidade de xénero. Neste traballo centrámonos na medición do nivel de igualdade ou de desigualdade...



Directrices para orientar a xestión ambiental cara á creación de valor empresarial, Directrices para orientar la gestión ambiental hacia la creación de valor empresarial, Guidelines to Orient Environmental Management Towards Corporate Value Creation

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Piñeiro Chousa, Juan Ramón, Romero Castro, Noelia María

Aínda que as interrelacións entre a economía, a empresa e o medio son cada vez máis evidentes e se constatan na toma de decisións políticas e de xestión a todos os niveis, aos xestores empresariais aínda lles resulta difícil unir o obxectivo financeiro clásico de creación de valor para o accionista coa mellora do desempeño ambiental da súa organización. Para conseguilo precísase dun marco conceptual que faga explícitos os vínculos entrambos os dous. A partir dese marco conceptual, faise posible...



O rol do galego no cinema galego de ficción: 2000 - 2015

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Romero Suárez, Brais

En O rol do galego no cinema galego de ficción: 2000-2015 preténdese describir a relación existente entre a lingua galega e o cinema galego. A aprobación da Lei 6/1999 dotou dun marco legal á actuación do goberno en materia de fomento do audiovisual, porén, o cinema galego era xa unha realidade desde décadas anteriores. Partindo dunha descrición do estado da arte e do obxecto de estudo, a presente investigación profundiza nas axudas autonómicas ao fomento do cinema para pescudar o funcionamento...



Narrativas culturais sobre Santiago de Compostela: técnicas de análise automática mediante Processamento de Linguagem Natural

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Sotelo, Susana

A ideia prévia que as pessoas têm de um lugar determina significativamente não só o seu desejo de o visitar, mas também as suas práticas e comportamentos durante a visita. Esta perceção prévia está geralmente fundamentada em narrativas culturais, ideias de grande alcance e impacto que dão forma ao modo em que o lugar é percebido e ao seu significado. O propósito deste trabalho é melhorar a capacidade de análise das narrativas e práticas culturais que giram em torno da cidade de Santiago de...



A lingua de chegada do fragmento da tradución do "Fuero Real" do Archivo Histórico Provincial de León, La lengua de llegada del fragmento de la traducción del "Fuero Real" del Archivo Histórico Provincial de León, The Target Language of the Fragment of the Fuero Real’s Translation of the Archivo Histórico Provincial de León

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Mariño Paz, Ramón

Como primeira contribución ao proxecto de edición e estudo dos tres fragmentos de traducións do Fuero Real, da Tercera Partida e das Flores de Derecho que están depositados no Archivo Histórico Provincial de León, neste artigo presento unha análise lingüística que demostra que a lingua de chegada do primeiro deles é a variedade de galego propia da comarca de Vilafranca do Bierzo, con ocasionais adopcións de variantes propias de variedades máis orientais. O...



A música dos desprazados: teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII (Compostela | Madrid | Lisboa)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Gándara Feijóo, Javier

Partimos de dúas ideas polémicas. A primeira: moitos elementos que caracterizan os galegos proveñen, en realidade, do teatro e a música creados hai máis de 250 anos fóra de Galicia. A segunda é que tanto a colectividade galega como as persoas da farándula tiveron trazos en común, especialmente no relativo á condición compartida de migrantes ou desprazados. Estes e outros asuntos interrelacionados explícanse realizando un percorrido que oscila entre a realidade setecentista e a ficción escénica...



As profundas raíces rosalianas (das jarchas ós cantares)

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Rubia Barcia, Xosé

Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: Santiago, 15-20 de xullo de 1985



¿Pertencen á tradición clásica os modelos de crecemento "endóxeno"?, Do "endogenous" growth models belong to the "classical" tradition?

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Kurz, Heinz D., Salvadori, Neri

Analizase a teoría do crecemento propugnada polos economistas clásicos. Demóstrase que é unha teoría de crecemento endóxeno e que, unha vez que a análise do crecemento se illa da escaseza de terra, pode xerar un crecemento continuo. A continuación, esta teoría é comparada con algúns dos recentes modelos de crecemento endóxeno, e demóstrase que estes pertencen con toda seguridade á mesma tradición. En especial, a taxa de beneficio non se determina sobre a demanda e oferta de capital, como no...



O investimento extranxeiro na República de Cuba na etapa contemporánea, La inversión extranjera en la república de Cuba en la etapa contemporánea

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Estévez Mártir, Manuel A.

Tendo en conta o incremento dos investimentos estranxeiros na República de Cuba fundamentalmente nos últimos anos e, por outro lado, considerando a influencia que sobre a estructura industrial cubana tiveron sucesos comprendidos entre os anos 1898 e 1990, no presente traballo vincúlanse ámbolos dous aspectos, a súa interdependencia e a influencia nas características dos investimentos estranxeiros contemporáneos, Teniendo en cuenta el incremento de las inversiones extranjeras en la República de Cuba y fundamentalmente en los últimos años y, por otro lado, considerando la influencia que sobre la estructura industrial cubana han tenido sucesos comprendidos entre 1898 y 1990, en el presente trabajo se vinculan ambos aspectos, su interdependencia y su influencia en las características de las inversiones extranjeras contemporáneas



Política sectorial da enerxía eólica en Galicia: participación social e comparación internacional, Política sectorial de la energía eólica en Galicia: participación social y comparación internacional, Political Wind Energy Sector in Galicia: Social Participation and International Comparison

Repositorio: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Regueiro Ferreira, Rosa María, Doldán García, Xoán Ramón

Nas últimas décadas produciuse un notable desenvolvemento da enerxía eólica no mundo, e é destacable o liderado da Unión Europea, de España ou de Galicia. Diversas directrices recollen as políticas sectoriais dos países en apoio ás iniciativas empresariais, entre as que destaca a Directiva 2001/77/CE da Unión Europea. As diferenzas nos criterios de actuación aprécianse no modo de implicar á cidadanía no proceso de implantación de parques eólicos, con modelos como o xaponés, onde participan...